LIC Estaca de Bares

68
ESPAZOS NATURAIS LIC Estaca de Bares

Transcript of LIC Estaca de Bares

Page 1: LIC Estaca de Bares

ESPAZOS NATURAISLIC Estaca de Bares

Page 2: LIC Estaca de Bares

Abrangue a zona comprendida entre a praia do Eirón en Espasante e a Punta Almeiro en Bares. A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón. É unha área de grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.

Page 3: LIC Estaca de Bares

SITUACIÓN: No extremo norte da provincia da Coruña. Localidades de referencia: Bares, O Barqueiro e Espasante.

SUPERFICIE: 852 ha

CONCELLOS: Mañón e Ortigueira

VALORES NATURAIS: paisaxístico, xeolóxico, flora e fauna (en especial aves mariñas)...

Page 4: LIC Estaca de Bares

Estaca de Bares

PROTECCIÓN-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014-SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL, 1933 -A área correspóndese parcialmente coa IBA 006 Punta Candeeira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Page 5: LIC Estaca de Bares

CLIMAOceánico

Page 6: LIC Estaca de Bares

XEOLOXÍA/RELEVOO territorio do espazo cae ao mar en abruptos cantís nos que se intercalan algúns areais e coídos. Acada a máxima altura na Caldeira, con 328 m.

Page 7: LIC Estaca de Bares

Cantís de Loiba. Ao fondo o Chao da Caldeira, o cume máis alto do espazo, coa miña de seixo “Sonia”.

Page 8: LIC Estaca de Bares

Cantís de Loiba

Page 9: LIC Estaca de Bares

A COSTAForma parte de dúas unidades diferentes, o Arco Cantábrico e o Arco Ártabro. É unha costa moi diversa morfoloxicamente (cantís, illotes, furnas, areais...) e constituída por unha grande variedade de rochas: granitos, gneis, xistos, lousas, gabros, cuarcitas...

Page 10: LIC Estaca de Bares

Detalle das lousas puídas polo mar. Praia de Esteiro.

Xistos en Espasante

Page 11: LIC Estaca de Bares

Forma típica de erosión dos granitos de Bares. Prodúcese en granitos que sufriron unha forte descompresión no momento da súa formación, o que ocasionou a aparición de diferentes capas.

Page 12: LIC Estaca de Bares

RÍA DO BARQUEIROÁbrese entre as puntas do Embarcadoiro e Bares. É unha ría de beiras escarpadas. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo e algúns neis.Neste espazo está incluída desde a punta Almeiro.

Praia de Bares e punta do Almeiro

Page 13: LIC Estaca de Bares

Bares

Page 14: LIC Estaca de Bares

Coído de Bares

Page 15: LIC Estaca de Bares

ESTACA DE BARESÉ o punto máis ao Norte de Galiza e da Península Ibérica e divide as augas do Atlántico e o Cantábrico. Está formada maioritariamente por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira) que forman cantís de ata 200 m de altura e varios illotes. A erosión orixinou unha paisaxe granítica de bolos. Na zona aparece unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo e formacións de gabros.É unha área de grande interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e etnográfico.

Faro e punta de Estaca de Bares

Page 16: LIC Estaca de Bares

Faro de Bares, construído en 1850.Está situado a 101 m de altitude e a torre mide 30 m de altura. A luz ten un alcance de 25 millas mariñas.

Page 17: LIC Estaca de Bares

Punta Estaca de Bares

Page 18: LIC Estaca de Bares

Cantís entre Estaca de Bares e punta Maeda iluminados co solpor

Page 19: LIC Estaca de Bares

RÍA DE ORTIGUEIRAÉ a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e recortada, con numeros entrantes e zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos A nivel xeolóxico é unha zona moi complexa onde converxen distintas formacións: a parte central e oriental comprende o dominio Ollo de Sapo, no sur hai unha faixa de xistos, e a zona Oeste está ocupada polas rochas ultrabásicas da Capelada.Neste espazo está incluído o tramo desde a Estaca de Bares ata a praia de San Antonio (Espasante).

Vista panorámica da ría de Ortigueira, desde Cariño ata a Estaca de Bares.

Page 20: LIC Estaca de Bares

Vista parcial da Ría de Ortigueira desde a costa de Espasante

Page 21: LIC Estaca de Bares

Punta Herbosa

Page 22: LIC Estaca de Bares

Punta Herbosa

Page 23: LIC Estaca de Bares

Punta Herbosa

Page 24: LIC Estaca de Bares

Praia de Esteiro, entre as puntas Vilardeira e Herbosa

Page 25: LIC Estaca de Bares

Praia do Esteiro e punta Vilardeira

Page 26: LIC Estaca de Bares

Praia do Esteiro

Page 27: LIC Estaca de Bares

Praia na desembocadura do río Esteiro

Page 28: LIC Estaca de Bares

Praia de Esteiro, ao fondo o Cabo Ortegal

Page 29: LIC Estaca de Bares

Vista desde os Cantís de Loiba ata a Estaca de Bares. No primeiro plano a praia do Castro e Pena Furada. A continuación a punta da Costa dos Xuncos ou do Picón, máis alá a punta Maeda, e ao fondo Estaca de Bares.

Page 30: LIC Estaca de Bares

Os Coitelos

Page 31: LIC Estaca de Bares

Praia do Sarridal e punta Bandexa. Ao fondo Espasante e a ría de Ortigueira

Page 32: LIC Estaca de Bares

O Coitelo de Penafurada e a praia dos Castros

Page 33: LIC Estaca de Bares

Pena Furada (O Coitelo) nos cantís de Loiba

Page 34: LIC Estaca de Bares

Lousas nos cantís do Picón

Page 35: LIC Estaca de Bares

Punta de Pena Furada

Page 36: LIC Estaca de Bares

Praia do Sarridal, Punta Bandeixa e Pena das Tres Marías, desde a Ribeira do Carro. Ao fondo Cabo Ortegal, pechando a Ría de Ortigueira.

Page 37: LIC Estaca de Bares

Solpor sobre a praia do Sarridal

Page 38: LIC Estaca de Bares

Pena das Tres Marías, chamada tamén Pena Furada e Pena do Carro

Page 39: LIC Estaca de Bares

Vista desde o monte de San Antón: enseada e praia de San Antón, praias Eirón e Mazorgán e punta Bandexa. Na praia de San Antón consérvanse interesantes restos xeolóxicos; lavas almofadadas, pregues...

Page 40: LIC Estaca de Bares

Río Esteiro

REDE FLUVIALNo espazo protexido desembocan pequenos regos que caen directamente nos cantís ou forman esteiros protexidos da forza do mar aberto por areais.O río máis importante é o Esteiro, que nace no monte Couto Vilariño (serra da Coriscada) e desemboca facendo fronteira entre os concellos de Ortigueira e Mañón, na praia de Esteiro.

Page 41: LIC Estaca de Bares

O río Esteiro forma na desembocadura unha pequena marisma pechada cunha barra de area na que hai dunas

Page 42: LIC Estaca de Bares

Muíño en Estaca de Bares

Page 43: LIC Estaca de Bares

A sucesión de cantís e areais máis ou menos expostos da lugar a hábitats variados cunha rica biodiversidade de flora e fauna mariña e terrestre.

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Vexetación perenne de coídos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)-Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)-Depresións intradunales húmidas...

Page 44: LIC Estaca de Bares

...TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Furnas mariñas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

Page 45: LIC Estaca de Bares

Breixos e toxos nos cantís de punta Herbosa

FLORAA vexetación dominante na zona de Bares é o monte baixo (toxos, xestas e queirugas, Leucanthemum pluriflorum. Nos cantís hai aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), herba namoradeira (Armeria pubigera), catalinas (Silene scabriflora subsp. gallaecia), pudia xesta (Cytisus commutatus subsp. merinoi), Linaria Polygalifolia subsp. aguillonensis, (que so se atopa na costa da Coruña do cabo Vilán a Estaca de Bares), Inula Crithmoides...

Page 46: LIC Estaca de Bares

Inula Crithmoides, planta de follas carnosas que medra en marismas e cantís

Page 47: LIC Estaca de Bares

Correola das praias (Calystegia soldanella)

Nos areais hai herba leiteira (Euphorbia paralias), correola das praias (Calystegia soldanella), cardo mariño (Eryngium maritimum), feo (Ammophila arenaria), cardo das praias (Eryngium maritimum), Linaria polygalifolia, Cochlearia aestuaria (endémica das costas do golfo de Biscaia), Limonium dodartii (en perigo crítico de extinción), esparragueiras (Asparagus officinalis)...

Page 48: LIC Estaca de Bares

O espárrago (Asparagus officinalis subsp. postratus) é unha planta común na Estaca de Bares e nos areais de Esteiro.

Page 49: LIC Estaca de Bares

Colexas (Silene uniflora subsp. uniflora), especie típica de areais e rochedos marítimos

Page 50: LIC Estaca de Bares

Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis

ESPECIES DE INTERESECladonia subgenus Cladina Narcissus bulbocodium Sphagnum spp.CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis

Page 51: LIC Estaca de Bares

Gaivotas

FAUNAO máis destacado deste espazo son as aves mariñas, sobre todo nos pasos migratorios: mascatos (segundo algúns autores pasan máis de 80.000 desde mediados de agosto ata finais de outubro), parrulos pentumeiros, corvos mariños, gaivotas, palleiras ou merdeiros, pardelas, falaropos...Bares é un punto privilexiado para observar as migracións das aves, en marzo en desprazamento cara ó norte e en setembro cara ó sur.

Page 52: LIC Estaca de Bares

Golfiños (Delphinus delphis)

ESPECIES DE INTERESEMAMÍFEROS Delphinus delphis Genetta genetta Globicephala melas Myotis myotis Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

Page 53: LIC Estaca de Bares

Pardela cincenta (Calonectris diomedea)

AVES Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Anas platyrhynchos Apus apus Arenaria interpres Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calonectris diomedea Caprimulgus europaeus Cisticola juncidis Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Delichon urbica Dendrocopos major Emberiza cirlus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Erithacus rubecula ...

Page 54: LIC Estaca de Bares

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

...Falco peregrinus Falco tinnunculus Garrulus glandarius Hirundo rustica Hydrobates pelagicus Larus cachinnans Larus fuscus Larus melanocephalus Lullula arborea Melanitta nigra Monticola solitarius Motacilla alba Motacilla cinerea Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Phalacrocorax aristotelis Phoenicurus ochruros Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis ...

Page 55: LIC Estaca de Bares

...Prunella modularis Puffinus griseus Puffinus mauretanicus Puffinus puffinus Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus Rissa tridactyla Saxicola torquata Stercorarius skua Sterna hirundo Sterna sandvicensis Streptopelia turtur Strix aluco Sula bassana Sylvia atricapilla Sylvia undata Turdus merula Turdus philomelos Tyto alba Uria aalge

Os mascatos (Sula bassana) son aves mariñas oceánicas que non se achegan á costa pero é posíbel observalas con prismáticos mergullandose para pescar.

Page 56: LIC Estaca de Bares

Tartaruga mariña común (Caretta caretta)

RÉPTILES Anguis fragilis Caretta caretta Chalcides striatus Iberolacerta monticola Lacerta schreiberi

Page 57: LIC Estaca de Bares

Sapiño pinto(Discoglossus galganoi )

ANFIBIOS Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Pelophyllax perezi

Page 58: LIC Estaca de Bares

Corniño (Nucella lapillus)

INVERTEBRADOS Elona quimperiana Nucella lapillus Patella ulyssiponensis

Page 59: LIC Estaca de Bares

Carrán común (Sterna hirundo)

ESPECIES DOS ANEXOS DA DIRECTIVA DA CEEMAMÍFEROSMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosAVES Calonectris diomedea Falco peregrinus Hydrobates pelagicus Larus melanocephalus Lullula arborea Puffinus mauretanicus Pyrrhocorax pyrrhocorax Sterna hirundo Sterna sandvicensis Sylvia undata Uria aalge RÉPTILESCaretta carettaLacerta monticolaLacerta schreiberiANFIBIOSDiscoglossus galganoiINVERTEBRADOSElona quimperiana

Page 60: LIC Estaca de Bares

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla)

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS MAMÍFEROS Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Hydrobates pelagicus Phalacrocorax aristotelis Puffinus mauretanicus Rissa tridactyla RÉPTILES Caretta caretta Iberolacerta monticola INVERTEBRADOS Bolma rugosa Echinus esculentus Elona quimperiana Eunicella verrucosa

Page 61: LIC Estaca de Bares

Barco pequeiro en Bares

ACTIVIDADESPesca, marisqueo, recollida de algas, lecer, mineiría, explotación forestal...

Page 62: LIC Estaca de Bares

Recollendo algas na costa do Carro.

Page 63: LIC Estaca de Bares

Coído do porto de Bares, formado por grandes penedos graníticos. Ao fondo vese a illa Coelleira (O Vicedo). O Porto de Bares data da Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. Na zona apareceron tamén restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA zona estivo habitada desde tempos moi antigos do que dan testemuña os restos arqueolóxicos: porto de Bares, castros...

Page 64: LIC Estaca de Bares

Eucaliptos

PROBLEMASPresión turística, actividades mineiras, especies invasoras, plantacións de eucaliptos...

Porto de Bares no verán

Page 65: LIC Estaca de Bares

PUNTOS DE INTERESEMAÑÓN:-Estaca da Bares: faro, muíños, observatorio ornitolóxico-Porto e coído de Bares-Praias: Bares, Esteiro-Punta Herbosa

Observatorio ornitolóxico de Bares, construído en 1988. Bares é punto de encontro de Grupos Ornitolóxicos e Naturalistas de moitos países para observar os pasos migratorios das aves, en marzo en desprazamento cara ao norte e en setembro cara ao sur. As costas galegas son un dos principais lugares en Europa para o paso das aves mariñas, e Estaca de Bares é un dos puntos máis destacados xa que as aves que voan seguindo a costa vense obrigadas a rodeala e as que cruzan o mar fanno por este punto aproveitando a súa situación norteña.

Page 66: LIC Estaca de Bares

Muíños en Estaca de Bares. Os pequenos regos salvan grandes pendentes que foron aproveitadas para instalar muíños hidráulicos, e a súa situación exposta para situar muíños de vento.

Page 67: LIC Estaca de Bares

ORTIGUEIRA:-Praias: Esteiro, Picón, Fabregas, Sarridal, Mazorgán, San Antón-Puntas e cantís: Picón, Pena Furada, Bandeixa-Illotes: Coitelo da pena Furada, As Tres Marías

Os Aguillóns dos cantís de Loiba

Page 68: LIC Estaca de Bares

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro

marzo 2017