Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso...

12
Literatura galega María Xesús Nogueira Pereira GUÍA DOCENTE 2018/2019 FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Transcript of Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso...

Page 1: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

Literatura galega

María Xesús Nogueira Pereira

GUÍA DOCENTE 2018/2019

FACULTADE DE HUMANIDADES

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Page 2: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

ÍNDICE

1. Datos descritivos da materia

2. Obxectivos

3. Competencias

4. Contidos

5. Metodoloxía

6. Avaliación

7. Distribución da carga ECTS

8. Cronograma

Page 3: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

1. Datos descritivos da materia

MATERIA: Literatura Galega

CÓDIGOS: G5101223A

TIPO DE MATERIA E CURSO NO QUE SE IMPARTE: Obrigatoria, 1º cuadrimestre

do 2º curso. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

HORARIO DA MATERIA:

Martes de 11.00 a 12.30 (aula 12)

Mércores de 17.30 a 19.00 (aula 12)

REQUISITOS: Non se estabelecen requisitos esenciais para a materia

PROFESORA ENCARGADA DA MATERIA: María Xesús Nogueira Pereira

([email protected])

DEPARTAMENTO: Filoloxía Galega

2. Obxectivos

Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da

literatura galega centrado nas súas principais obras, figuras,

movementos e liñas creativas.

Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que

caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e

as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.

Proporcionar información complementaria sobre o contexto social,

cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega.

Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da

literatura galega.

Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para

comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no

momento actual.

Page 4: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

3. Competencias

Coñecemento da evolución da literatura galega.

Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria

galega.

Coñecemento dos textos representativos da literatura galega.

Lectura e análise de textos

Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.

Habilidade no uso das novas tecnoloxías.

4. Contidos

TEMARIO:

1. Panorama xeral da literatura galega

2. A literatura medieval

1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros

1.2. O verso

1.3. A prosa

2. A literatura do século XIX

2.1. Contexto e periodización

2.2. Os Séculos Escuros

2.3. O Rexurdimento

3. A literatura dos séculos XX e XXI

3.1. A preguerra

3.2. A guerra e o exilio

3.3. A posguerra

3.4. A democracia

Page 5: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO:

Tema 1. A LITERATURA MEDIEVAL OBXECTIVOS:

Contextualizar as primeiras manifestacións da literatura galega escrita.

Comprender as particularidades da literatura galega medieval.

Pór de relevo a importancia da produción medieval.

EPÍGRAFES:

1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa

LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual.

BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA:

Beltrán, C. (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais.

Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998). A cantiga de amigo, Vigo: Xerais.

Lanciani G. / G. Tavani (eds.) (1996). Dicionario da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.

Lanciani G. / G. Tavani (1995). As cantigas de escarnio, Vigo: Xerais.

Oliveira, A. (1995). Resende de, Trobadores e xograres. Contexto histórico,

Vigo: Xerais.

Pena, X. R. (1986): Literatura Galega Medieval, I. A Historia, Barcelona: Sotelo

Blanco.

Tavani, G. (1986). A poesía lírica galego-portuguesa, Vigo: Galaxia.

Page 6: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

Tema 2. A LITERATURA DA IDADE MODERNA E DO SÉCULO XIX

OBXECTIVOS:

Comprender as dinámicas histórico-culturais dos Séculos Escuros.

Comprender o proceso de marxinación ao que se viu sometida a cultura

galega e reflexionar sobre as consecuencias no desenvolvemento da

literatura.

Entender as principais claves do Rexurdimento.

Coñecer as principais manifestacións literarias producidas nestes séculos.

EPÍGRAFES:

2.1. Contexto e periodización

2.2. Os Séculos Escuros

2.3. O Rexurdimento

LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual. Rosalía de Castro, Follas novas

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

Alonso Montero e outros (eds.). Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o seu tempo”. Santiago: Consello da Cultura Galega.

Carballo Calero, R. (1979). Estudios Rosalianos. Vigo: Galaxia.

Ferreiro, M. (1991). Pondal. Do dandismo á loucura. Compostela: Laiovento.

Forcadela, M. (1995). A poesía de Eduardo Pondal. Vigo: Edicións do Cumio.

Mariño Paz, Ramón (ed.). 2008. Papés d'emprenta condenada : a escrita

galega entre 1797 e 1846. Santiago de Compostela: Consello da Cultura

Galega.

Hermida, M. (1994). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo: Xerais.

Page 7: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra.

VV. AA. (1986). Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago), 3 vols.

Tema 3. A LITERATURA DOS SÉCULOS XX E XXI

OBXECTIVOS:

Comprender os feitos histórico-políticos máis relevantes do período anterior

á Guerra Civil e reflexionar sobre a súa transcendencia.

Entender as consecuencias do levantamento militar, a Guerra Civil e a

Ditadura na cultura galega

Coñecer as manifestacións máis importantes producidas tanto na Galicia

interior como na emigración e no exilio

Comprender as principais claves culturais da posguerra

Coñecer a evolución da literatura galega até os nosos días.

Coñecer os textos fundamentais deste período.

Comprender as claves do sistema literario actual

EPÍGRAFES:

3.1. A preguerra

3.2. A guerra

3.3. A posguerra

3.4. A democracia

LECTURAS:

Escolma de textos distribuída a través da aula virtual

Manuel Antonio, De catro a catro

Eduardo Blanco Amor, A Esmorga

Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas

Page 8: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

Alonso Montero, X. (1991). Luís Pimentel: biografía da súa poesía. Pontevedra: Edicións do Cumio.

Casares, C. (coord.), (1996). Congreso Rafael Dieste. Santiago: Xunta de Galicia.

Casares, C. (coord.) (1996). Congreso Vicente Risco. Santiago: Xunta de Galicia.

Casas, A. (1995). Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia.

Forcadela, M. (1993). Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Santiago:

Sotelo Blanco.

Gaspar, S. (1995). “A narración excéntrica (1985-1995)”, Grial 127.

González Gómez, X. (1995). Manifesto das vangardas europeias. Santiago: Laiovento.

González-Millán, X. (1994). Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo:

Xerais.

González-Millán, X. (1996). A narrativa galega actual (1975-1984). Vigo: Xerais.

López Silva, I. e D. Vilavedra (2002). Un abrente teatral. Vigo: Galaxia.

López Casanova, A. (1990). Luís Pimentel e Sombra do aire na herba. Vigo: Galaxia.

Méndez Ferrín, X. L. (1992). De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais (1ª ed.

1984)

Noia, C. (1992). A Nova Narrativa Galega. Vigo: Galaxia.

Nogueira, M. X. (1997), “Poesía galega dos oitenta”. Boletín Galego de

Literatura 18, 57-84.

Raña, R. (1996). A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de

posguerra. Santiago: Sotelo Blanco.

Pena, X. R. (1996), Manuel Antonio e a vangarda. Santiagto: Sotelo Blanco.

Pozo Garza, L. (1996). A bordo de Barco sin luces ou o mundo poético de Luís Pimentel. Barcelona: Sotelo Blanco.

Page 9: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

Rabunhal, H. (1994). Textos e contextos do teatro galego (1671-1936). Santiago: Laiovento.

Requeixo, A. (1996). Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en

galego. Vigo: Edicións do Cumio.

Rodríguez, F. (1993). Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada.

Vilaboa: Edicións do Cumio.

Rodríguez Fer, C. (1997). Ánxel Fole. Vida e obra. Vigo: Xerais.

Rosales, M. (1997). A narrativa de Castelao. Santiago: Sotelo Blanco.

Tarrío Varela, A. (1989). Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo:

Galaxia.

Tarrío Varela, A. (coord.) (1990). Actas do Simposio Internacional: Otero Pedrayo no panorama literario do século XX. Santiago: Consello da Cultura Galega.

Tato Fontaíña, L. (1995). Teatro e nacionalismo (Ferrol 1917-1936). Santiago: Laiovento.

Vieites, M. (1996). Manual e escolma da literatura dramática galega. Santiago:

Sotelo Blanco.

Vieites, M. (coord.) (1998). Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo:

Xerais.

Vilavedra, D. (2010) A narrativa galga na fini de século. Unha ollada desde

2010. Vigo: Galaxia.

BIBLIOGRAFÍA XERAL: AA. VV., Historia da literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996. Carballo Calero, Ricardo. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-

1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981). Pena, X. R., Historia da literatura galega. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e

2016. Tarrío Varela, Anxo. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica).

Vigo: Xerais, 1994.

Page 10: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999. Villanueva Prieto, Darío (coord.). Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña:

Hércules de Ediciones, 2000-2002. VV.AA. Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996. RECURSOS NA REDE: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), www.cirp.es Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es

Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org

OBRAS DE LECTURA:

Rosalía de Castro, Follas novas Manuel Antonio, De catro a catro Eduardo Blanco Amor, A esmorga Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual.

5. Metodoloxía As clases expositivas estarán dedicadas á explicación dos contidos centrais da

materia. Apoiaranse en textos e, presentacións en power point e internet.

As sesións de seminario dedicaranse ao traballo con textos das lecturas

obrigatorias.

As titorías programadas dedicaranse a facer un seguimento personalizado do

alumnado.

Page 11: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

Utilizarase a aula creada no Campus Virtual.

Empregarase tamén, como ferramenta de comunicación, un grupo pechado de

Facebook.

A profesora encargará actividades relacionadas cos texto estudados.

Distribuiranse a través da aula virtual e deberan ser enviadas a través desta

nun prazo que se dará a coñecer no seu momento.

6. Avaliación

Na primeira oportunidade, a avaliación levarase a cabo conforme o estabelecido nos seguintes puntos: 1. Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase e nos foros da aula virtual e do grupo pechado de Facebook. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia e a nota obtida suporá un 20% da cualificación final. 2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual. A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas (corrixidas nunha escala de 0 a 3 puntos) e suporá un 30% da cualificación final. 3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da cualificación final. As persoas que non poidan asistir á clase por algunha razón xustificada serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados coa profesora; a avaliación dos puntos 2 e 3 realizarase conforme os criterios máis arriba indicados. Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades: a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida nos puntos 1 e 2, nas porcentaxes indicadas (sempre que tivese unha asistencia regular e enviase os traballos ao longo do curso nos prazos establecidos), e someterse a unha proba escrita cun valor do 50% da cualificación final. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados. b) Realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100 % da cualificación final. As probas escritas deberán ser realizadas nas datas oficiais sinaladas no calendario de exames e consistirán na elaboración dun ou varios temas a partir dun material de apoio proporcionado pola profesora.

Page 12: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2. ...

CALENDARIO DE EXAMES

14/01/2019 12.00 aula 15

5/07/2019 16.00 aula 15

7. Distribución da carga ECTS

Sesións expositivas: 24 horas

Sesións de titoría programada: 3 horas

Sesións de avaliación: 3 horas

Horas de traballo dirixido: 21

Horas de traballo autónomo: 75

9. Cronograma

DÍAS TEMAS ACTIVIDADES VIRTUAIS*

11, 12 Introdución

18, 19, 25 e 26 de setembro 2 e 3 de outubro

TEMA 1 A literatura medieval [lectura: escolma aula virtual]

3 de outubro

9, 10, 16, 17, 23 e 24, 30 e 31 de outubro

TEMA 2 A literatura do século XIX [lectura: Follas novas]

31 de outubro

6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro 4, 5, 11 e 12 de decembro

TEMA 3 A literatura dos séculos XX e XXI [lecturas: De catro a catro, A esmorga e Si o vello Sinbad volvese ás illas]

12 de decembro

* Non haberá clase presencial