Literatura Popular

13
LITERATURA A arte da palabra

description

diferenzas entre literatura popular e literatura culta. Para ESO

Transcript of Literatura Popular

Page 1: Literatura Popular

LITERATURA

A arte da palabra

Page 2: Literatura Popular

DIFERENZAS ENTRE LITERATURA POPULAR E LITERATURA CULTA

• Literatura popular• Non ten autor coñecido

• Transmítese oralmente (por iso hai variacións ente os textos)

• A linguaxe é sinxela. Abundan as repeticións (porque así era máis fácil de recordar)

• Ten unha finalidade concreta ensinar, divertir, entreter, ridiculizar…

• Moitas veces vai acompañada de música.

• Literatura culta• Normalmente ten escritor coñecido.

• É escrita

• A linguaxe é máis difícil. Utilízanse recursos estilísticos máis variados

Page 3: Literatura Popular

XÉNEROS LITERARIOS

• LITERATURA POPULAR • LITERATURA CULTA

NARRATIVA: contos (de costumes,de animais, marabillosos) lendas...

POÉTICA

+ adiviñas, refráns, cantos de berce, xogos...

NARRATIVA: novela, relato

POESÍA

TEATRO: traxedia, comedia, drama

Page 4: Literatura Popular

CONTO

Era unha vez un corvo que se achegou a unha ventá na que había un queixo pousado. Como tiña fame, colleuno e marchou con el. Polo camiño viu unha árbore moi xeitosa e decidìu parar alí e comer o seu queixo. Nese intre chegou un raposo e dìxolle: —Que plumaxe máis bonita tes! Canta, a ver como cantas!O corvo, ó recibir tantas loubanzas do raposo, púxose a cantar. Non se deu conta do que ía facer, e por ser tan orgulloso caeulle o queixo e o astuto do raposo marchoulle con el.Moralexa: Desconfía do que te alabe, porque a alabación sempre foi unha perdición.

Page 5: Literatura Popular

LENDA

A Pedra Alta é un menhir, tamén é coñecido como Antela, e é a que dá nome á lagoa de Antela. Era o marco divisorio de tres concellos da provincia de Ourense: Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreáus, que forman parte do Val de Antela ou A LimiaA virxe ía voando de camiño a Cortegada dende o monte Poedo levando a pedra na cabeza e ó chegar onde está hoxe, caéulle quedando chantada no chan. Outros dín que era unha moura que ía fiando á vez que levaba a pedra na cabeza.

Page 6: Literatura Popular

REFRÁNS E DITOS

• Non hai sardiña sen espiña. • Canto máis se agacha un, máis se lle ve o cu.• Dime de que te alabas e direiche o que che falta.

• O que non agradece, ó demo se parece.• Se non che agrada, fai que non ouves nada.

• Se te roe un alacrán, busca viño e busca pan, e máis crego e sancristán, antes hoxe que mañá, pois logo te enterrarán.

Page 7: Literatura Popular

TODO TIPO DE TEMAS

De amor, esquecemento e outros sentimentos: Manuel con ManuelManuel con ManuelaA vida de namoradosNon che hai vida como ela

Mozas e mozosOs zapatos piden mediasAs medias piden zapatosAs rapaciñas bonitasPiden rapaciños guapos

A vida familiar e o paso do tempoEstreliña do luceiroe mais a da claridáfoise o día, foise a noitefoise a miña mocedá

A murmuraciónMurmura murmuradoramurmurar sempre é ruíneu sempre fun murmuradade quen é menos que min

Page 8: Literatura Popular

De terras e lugares Vexo Vigo, vexo CangasTamén vexo RedondelaVexo a Ponte de San PaioCamiño da miña terra.

Os compañeiros da natureza A rula vaise queixandoque lle roubaron o niñoquen cho mandou facer rulatanto á beira do camiño

A devoción e as crenzasVeño da Virxe da BarcaDa Virxe da Barca veñoveño de abala-la pedrade ablala-la pedra veño

Sentenzas e consellos O que garda sempre tene o gardar sempre foi bovelaí vai vai casar o netoleva o traxe do avó

Page 9: Literatura Popular

CANTOS DE BERCE

Non te troco, meu meniño,

non te troco, meu amor,

nin pola prata da lúa,

nin polo ouro do sol.

Page 10: Literatura Popular

NARRATIVA

• Obras en prosa nas que un narrador conta feitos reais ou ficticios protagonizados por uns personaxes, nun espazo en un tempo concreto.

Page 11: Literatura Popular

A TRAXEDIA:

obra dramática na que os personaxes que interveñen acaban enfrontados e cun desenlace fatal

Page 12: Literatura Popular

COMEDIA

Peza teatral con ton optimista, cun final feliz e elementos de humor ou de ironía.

Page 13: Literatura Popular

DRAMASíntese de comedia e traxedia (elementos

cómicos)