Manager Futbollucense.com

4
M f L futbollucense mánager

description

ManagerFutbollucense é un espazo de entretemento que pretende emular aos grandes simuladores de xestión de equipos de fútbol. A diferenza: Facémolo cos xogadores amateurs de Lugo. Explicámosche máis a fondo o proxecto neste dossier

Transcript of Manager Futbollucense.com

Page 1: Manager Futbollucense.com

M f L futbollucense

mánager

Page 2: Manager Futbollucense.com

Futbollucense.com nace en xuño de 2010 para facer visible o fútbol amateur da provincia de Lugo na In-ternet, aproveitando a dimensión glocal da plataforma, abrindo ó mun-do unha fiestra de información terri-torializada e definida.

O reto co que xorde a idea é fa-cer que os arredor de 4.000 futbo-listas amateurs da provincia se sintan respetados e valorados ó practicar deporte como calquera deportista profesional. Para iso son imprescin-dibles medios de comunicación que traten con continuidade, rigor e pro-

fesionalidade todo o caudal informa-tivo que estas persoas xeran.

Pero a comunicación deportiva deu un paso máis nos últimos tem-pos. Ademáis da vertente informati-va, coa evolución da rede déronse pasos para converter ó consumidor da información en usuario activo da mesma.

É por iso que o deportista ama-teur precisa novas vías para sentirse recoñecido no hemisferio do depor-te, e futbollucense.com quere dar ese paso.

deO porqué

futbollucense.com

Page 3: Manager Futbollucense.com

Para saltar esa barreira do consumo ó uso apelamos a unha compoñente emotiva e psicolóxica.

Como usuario, xestionar dende a virtualidade un equipo de fútbol no que os propios futbolistas amateurs reais sexan os traspasados, cedidos, incluídos en aliñacións ou subastados é dar un paso máis no uso para en-riquecer a satisfación persoal do de-portista amateur.

Os propios usuarios xestionan clubs virtuais e poden competir contra os seus amigos. Gañarán ligas en fun-ción deses xogadores previamente mercados, que suman puntos nos partidos de cada fin de semana do fútbol amateur en función do seu xogo real.

Unha dimensión virtual que se vale do deporte real e que pretende xe-rar unha nova ferramenta de reco-ñecemento do deporte amateur.

Futbollucense.com xa testou esta ferramenta comunicativa e de ocio na recta final da tempada 2011-2012.

A magnitude da primeira experiencia cifrase en 800 deportistas de 40 equipos incluídos na base de datos do xogo, preto de 400 usuarios xes-tionando cadanseu equipo virtual e arredor de 40 ligas privadas nas que os usuarios competían entre eles. Ademais, futbollucense.com, a web na que se aloxaba o xogo, duplicou as súas visitas mensuais coa súa creación.

Esta segunda edición pretende ir un paso máis alá, e mellorar a base de datos, as interfaces, e a navegación, así como as compoñentes do soft-ware que fai funcionar o xogo.

de xestión deportiva

entre o virtual eo real

Un xogo

Page 4: Manager Futbollucense.com

¿Pódete beneficiar o noso proxecto?

¿Gústache a idea e queres colaborar?

¿Pódesnos axudar a melloralo?

Contacta connosco sen compromiso Contacta connosco sen compromiso Contacta connosco sen compromiso

 

  Contidos   Jesús Penelas    Tlf: 666848504  redacció[email protected]

 

  Desenrolo web     José Manuel Lorenzo   Tlf: 636171821  redacció[email protected] 

@futbol_lucense futbollucensecom