Manifesto de Paz

10
dos Alumn@s de Educación Infantil e Primaria do CEIP SACO E ARCE de Toén-Ourense.

description

Os nosos compromisos

Transcript of Manifesto de Paz

Page 1: Manifesto de Paz

dos Alumn@s de Educación Infantil e Primaria do

CEIP SACO E ARCE de Toén-Ourense.

Page 2: Manifesto de Paz
Page 3: Manifesto de Paz

Se SEMENTAS PAZ …

a paz medrará.-

Moitas cousas pequenas,

en moitos lugares pequenos,

feitas por xente pequena,

poden mellorar o mundo.

A paz comeza na casa, na vida de cada día, coa familia, cos amigos, no

colexio, coidando as cousas pequenas.

A paz está nos bos propósitos, ao convivir cos demais, sendo máis

tolerantes, máis xenerosos e pacientes. En cada agasallo, nun sorriso,….

A paz é MATEMÁTICAS, é a suma de pequenos instantes, de

minutos, horas, días e anos que dedicas aos demais.

A paz tamén é LINGUA, oral e escrita, cando dis unha palabra

oportuna, unha palabra de perdón, un xesto solidario, un xesto de

amizade que fai que os demais se sintan mellor.

Somos pequen@s, pero XUNT@S e dende agora, podemos contruír

Un mundo máis xusto, máis solidario, máis libre, máis harmonioso

E onde todas e todos nos sintamos iguais e coas mesmas oportunidades.

Comecemos hoxe, agora, neste mesmo intre.

Page 4: Manifesto de Paz

EI 3 ANOS

Nós comprometémonos a pedir perdón e a non pelexar,

a cantar todos xuntos unha canción de Paz

EI 4 ANOS

Nós compartiremos contigo

a nosa amizade,

xogando xuntos ao balón

pero sen empurróns.

Eu coidarei de ti

e ti coidarás de min.

E todos xuntos construiremos

Un mundo feliz.

EI 5 ANOS-

Un gran corazón che regalarei

Cheo de respecto

E cheo de amor

Cheo de bicos e abrazos.

Escoitarei as túas palabras

Sempre con atención

Page 5: Manifesto de Paz

1 EP

Portareime ben

Coa familia, cos amigos

Con todos os mestres e mestras.

Tamén respectarei

A todos animais da terra e da natureza.

Porei interese

Ao facer as miñas cousas

E a todos axudarei

Falando pouco e escoitando moito

Para que todo nos saia ben.

Page 6: Manifesto de Paz

2 EP

Para nós a PAZ comeza cun sorriso

A paz é dar amor, alegría e cariño

É alumear alí onde ti estás.

Non facer “guerra entre nós”

Ser amable e respectuoso cos demais

Axudar no fogar aos meus pais.

Dar moitos bicos

E a todos coidar e mimar

Eu regalarei un sorriso ao que chora.

Farei un círculo máis grande

Para meter a todos.

TODOS nós dicimos,

!Que a paz sexa unha realidade

E non só algo con que soñar!

Page 7: Manifesto de Paz

3º E 4º EP-

Eu comprométome

A axudar aos meus pais

E a non pelexar cos irmáns.

Escoitar con atención

E aos compañeiros respectar.

Estar disposto a axudar

Convivir e dialogar.

Coidar o medio ambiente

Porque é o noso fogar.

A traballar en silencio

Para a ninguén molestar

E esperar o turno para poder falar.

Non culpar a ninguén

AMIGOS temos que ser

A verdade diremos e non defraudaremos.

Ler, escribir

Contar e cantar

Facer as tarefas sen rechistar

No recreo disfrutar,

Correr e xogar

Con outros compañeiros que se queiran acoplar.

Estas normas cumpriremos e a paz conseguiremos!

Page 8: Manifesto de Paz

5º E 6º EP

1.-Hoxe celebramos o Día da Paz

e se escoitamos as noticias

e camiñamos polas rúas da nosa cidade

vemos que moita xente está a pasalo mal

2.-Xente nas rúas pedindo esmola

buscando comida nos colectores do lixo,

pasando frío e sen abrigo..

3.-Moitas familias están a sufrir

sen traballo, sen salarios,

sen casa, sen dignidade...

vémolo cada día, non fai falla ir á India.

4.-Mulleres maltratadas,

nenos e nenas explotados

que as mafias os obrigan

a traballar como escravos.

T.-Estas inxustizas hai que denunciar

para que poidan vivir con dignidade

E así CONSTRUIR A PAZ.

5.-No mundo hai xente pobre

que non ten para comer

nin sequera auga potable

para poder beber.

Page 9: Manifesto de Paz

6.-Tamén hai xente rica e poderosa

que moito diñeiro ten...

7.-Por iso gustaríanos que de hoxe en diante

se repartiran as riquezas

para que tod@s teñan comida

e se extinga a pobreza.

8.--Gustaríanos vivir sen racismo

neste mundo de diversidade

e que nenos e nenas xoguemos xuntos

sen importar a súa nacionalidade.

9.-Gustaríanos que todo o mundo

tivera un fogar e non pasara fame

e da vida poder gozar

10.-E aínda que sabemos que todo isto

non podemos solucionar..

queremos aportar o noso compromiso

para que algo se poida mellorar...

T.-Nós comprometémonos a non volver a insultar

a respectar as ideas dos demais e a aprender a escoitar.

-A estar dispostos a compartir e axudar e

a respectarnos como persoas....

Para que todos os días SEXAN DÍAS DE PAZ…

Page 10: Manifesto de Paz

TODOS XUNT@S.

TOD@S POLA PAZ.

CEIP Saco e Arce- Toén - 2013