Mar Por Medio

38
Galiza en América As comunidades galegas, un activo para a difusión da nosa cultura

Transcript of Mar Por Medio

Page 1: Mar Por Medio

Galiza en América

As comunidades galegas, un activo para a difusión da nosa cultura

Page 2: Mar Por Medio

Novos, tecnoloxizados e galego-globales:o xurdimento dun renovador modelo de

asociacionismo na colectividade galega de Bos Aires

Page 3: Mar Por Medio

As institucións que conforman o tecido da colectividade galega de Bos Aires atópanse atrapadas nunha

encrucillada

caída na cantidade de socios activos

natural envecellemento da súa poboación

imposibilidade de achegar ás novas xeracións de galegos

Page 4: Mar Por Medio

A primeira asociación galega de axuda ao emigrado que aparece nas Américas foi a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia (La Habana 31 de decembro de 1871). Oito anos despóis xurden o Centro Gallego de Buenos Aires e o Centro Gallego de Montevideo.

So entre a metade o século XIX e a Gran Depresión do 1929, máis de 4 millóns de españois emigraron cara a América.

Deles, algo máis de 2.070.000 escolleron a Arxentina e o 54% quedou alí para o resto da súa vida.

Os catro grupos nacionais que escolleron a Arxentina foron os galegos, os vascos, os cataláns e os andaluces.

Para mediados do século XIX, 4 de cada 10 emigrantes españois na Arxentina eran galegos.

Ao longo das décadas seguintes, estas proporcións acentuaríanse: os galegos chagaron a conformar o 54 por cento dos ibéricos na Arxentina.

Page 5: Mar Por Medio

As asociacións fixeron máis doada a chegada e adaptación dos emigrantes ao novo país

Hospitais, seguros médicos, de funeral, fogares para anciáns, pateóns nos cemiterios

Albergue temporal

Axudas materiais búsqueda de traballo, axuda

e asesoramento

Búsqueda de parentes no país, información legal, repatriacións

Page 6: Mar Por Medio

As asociacións fixeron máis doada a chegada e adaptación dos emigrantes ao novo país

Organización de festividades, banquetes, concertos

Actos patrios, eventos musicais, teatrais e deportivos

Actividades culturais e contención emocional

Publicación de xornais e revistas con información sobre Galiza e a colectividade

Sitio de encontro cos paisanos e de refuxio

Page 7: Mar Por Medio

¿qué pasou cos fillos deses emigrantes?

Page 8: Mar Por Medio

O ensino arxentino converteuse nunha eficaz e extendida ferramenta de homoxeneización e asimilación dos millóns de emigrantes que chegaron ao país.

Page 9: Mar Por Medio

Pretendíase conformar un sustrato de creenzas, valores e prácticas culturais cohesivo e homoxéneo fronte a un mundo de diversidade dunha nación que baseara a súa política poblacional na inmigración masiva. O ensino primario debía consumar o proceso de nacionalización dirixido aos fillos de inmigrantes.

Page 10: Mar Por Medio

Desplegaba un repertorio de liturxias patrióticas, rituais e ceremonias escolares tendiente á formación dunha conciencia nacional. Sistemáticamente e con obrigada insistencia se lles fala aos nenos e nenas da patria, da bandeira, dos persoeiros nacionais e dos episodios heroicos da historia; cantan o himno e recitan distintas letras con loubanzas aos símbolos da arxentinidade.

Page 11: Mar Por Medio

Para cando a emigración galega cara a América foi reemplazada pola emigración europea, xeracións e xeracións de fillos e netos de Galiza estaban perdidos a mans dunha idea da arxentinidade na que non había sitio para outras culturas, outras linguas, outras historias nacionais e, moito menos, outras identidades.

Page 12: Mar Por Medio

Unha rede que se baleira As chamadas Casas de

Galicia no Estado Español presentan unha situación moi parecida.

Segundo un informe publicado no ano 2005, existen institucións deste tipo en todas as comunidades autónomas ainda que -como consecuencia dos novos tempos no proceso inmigratorio galego- atópanse menos poboadas.

Centro de Barcelona, por exemplo, foi quen de contabilizar máis de 2.000 socios e hoxe os que ten non pasan dos mil.

Na actualidade, na Arxentina existen uns 25 centros galegos espallados polo país todo. A eles é preciso engadir outros 50 centros parroquiais (por rexions, cidades ou concellos).

Boa parte deles, constitúen centros de recreación e conservación da cultura galega.

Levan anos sen atopar o xeito de recuperar esas mesmas xeracións que foron educadas polo ensino da arxentinización pura.

Page 13: Mar Por Medio

* No Centro Galego de Río Gallegos (Santa Cruz, Arxentina) só quedan un 11% de galegos nativos e un 25% de fillos e netos. O resto son doutras procedencias ou arxentinos

* A Asociación Gallega de Cienfuegos (Cuba), veu reducirse o número dos seus socios nun 95% entre 1995e 2000: pasou de 763 a 38.

* A Agrupación Artística Gallega (Cuba) perdeu en 17 anos máis do 78% dos membros.

* O Centro Galego de México, entre 1988 e 2000 perdeu máis do 55% dos socios.

* O Centro Cultural e Recreativo Alma Gallega (Uruguai) perdeu o 65% en 11 anos (1989-2000).

* O Centro Galego de Barquisimeto (Venezuela) perdeu case o 68% en 19 anos.

Fonte: O papel de Internet na conservación da cultura e identidade galegas entre os descendentes dos emigrante. Manuel Casal Lodeiro (2003)

Page 14: Mar Por Medio

Ao mesmo tempo, a globalización do mundo abriu

novos vieiros Os conceptos de Estado,

Patria, Cidadanía, Identidade e Pertenza baleiranse do sentido tradicional

Mudan as condicións de traballo

Muda a subxectividade colectiva, a producción cultural, e a vida diaria

Pódense manter vínculos sociais máis alá da dimensión territorial

Page 15: Mar Por Medio

“Ao querer estudar como se reconstrúe a identidade nacional dos migrantes, como se reconstrúe a nación fore do territorio nacional, como se forma a diáspora e a comunidade transnacional, descubrimos que debiamos incorporar no noso traballo etnográfico un novo medio e contexto como o ciberespazo. É nel e a través del que, a pesar da distancia física dos emigrantes, desenvólvense relacións sociais, constrúense imaxinarios e recréase a nación”

Abril Trigo (2003)

Page 16: Mar Por Medio

A Galiza Global A través das posibilidades que

ofrecen as autovías da comunicación no mundo, milleiros de persoas que sinten o interese de coñecer a súa cultura de orixe, a terra dos seus, a lingua na que foi falada a súa memoria familiar, sérvense da internet para sair na procura desa información.

So a comunidade Fillos de Galicia achega a máis de 4.000 persoas no mundo, moitas delas sen participación nas institucións galegas formais dos seus países de residencia.

Page 17: Mar Por Medio

A Galiza GlobalDúas experiencias e a potencia da rede

Fillos de Galicia

Page 18: Mar Por Medio

A Galiza GlobalDúas experiencias e a potencia da rede

Fillos de Galicia Experiencia non so pioneira senón

tamén a testemuña de que o afastamento da cultura de orixe tamén pode lerse como unha certa incomunicación entre os fillos e netos de Galiza e as institucións.

É unha comunidade virtual cuxo nexo é ser descendentes de galegos emigrados. Os servizos que dan soporte a esta comunidade están localizados na web www.fillos.org, que se configura como unha especie de Centro Gallego Virtual.

Os obxetivos de Fillos de Galicia son manter e divulgar a cultura galega entre os descendentes da diáspora galega, e tamén ampliar e fortalecer os lazos con Galiza.

Participan de Fillos de Galicia gallegos emigrados, os seus fillos, netos e bisnetos.

Ten membros en todo o mundo: Alemania, Arxentina, Bélxica, Brasil, Canadá, Cuba, Chile, Ecuador, Estados Unidos, España, Francia, Italia, México, Nova Zelanda, Porto Rico, Países Baixos, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, República Dominicana, Reino Unido, Suecia, Uruguai, Venezuela...

Ten máis de 4000 membros activos en todo o mundo.

Page 19: Mar Por Medio

A Galiza GlobalDúas experiencias e a potencia da rede

ReNova Galiza (Segundo Monográfico)

Page 20: Mar Por Medio

A Galiza GlobalDúas experiencias e a potencia da rede

ReNova Galiza (Segundo Monográfico) O Monográfico "A Galiza global: as

galegas e galegos non mundo(I)" foi editado en Barcelona e reune máis de 50 traballos e textos de galegos e descendentes de galegos de todo o mundo. Escritores, xornalistas, científicos, artistas de todo o mundo reunidos pola súa orixe galega.

No volume participaron persoeiros galegos como Ramón Chao, Ignacio Ramonet, Fermin Bouza, ou o Ministro de Cultura de Venezuela, e supón un reto de achegar voces que ata o de agora non se xuntaron nunca.

O monográfico impulsou o fortalecemento dos lazos entre as sociedades nas que reside a diáspora galega e Galiza.

Coordinado pola experta en temas internacionais Ana Miranda, foi redactado literalmente por decenas e decenas de ordenadores en todo o mundo. As colaboracións chegaron desde os cinco continentes e -a pesar das variadas temáticas- cristalizaron o mellor das novas tecnoloxías e unha idea sobre a galeguidade que non ten fronteiras nin límites.

Non se trata de que todos miren cara a Galiza. Pola contra, trátase de reunir, intercambiar, comunicar e proxectar o que cada un está a facer para -entre todos- dar corpo a esa idea da Galiza Global, cunha cultura plural, polifónica que constrúa a galeguidade do século XXI.

Page 21: Mar Por Medio

É imposible non ver que as posibilidades que ofrece a rede, o momento histórico e o camiño percorrido ata

aquí evidencian unha oportunidade única

A conciencia individual de que é posible ser galego fóra de Galicia porque, hoxe en día, é posible ser moitas cousas, permanentemente.

Accións efectivas para integrar a esa diáspora en proxectos específicos que empuxan a unha maior visibilidade desa presenza mundial dos galegos.

Aínda que sexa un fenómeno que está só xurdindo e que non ten aínda unha dimensión demasiado extendida, o rol que os soportes dixitais están a cumprir nos lazos de pertenza dos galegos de segundas, terceiras ou cuartas xeracións na diáspora.

Unha nacente reformulación da imaxe desa diáspora.

Page 22: Mar Por Medio

Tres experiencias que están a renovar a colectividade galega de Bos Aires

Lectores Galegos en Bos Aires

Colectivo de galegas na diásporaHerbas de Prata

Biblioteca Galega de Bos Aires e Centro de InvestigaciónRamón Suárez Picallo

Page 23: Mar Por Medio

Lectores Galegos en Bos Aires

Presentouse o sábado 16 de decembro de 2006 Café Tortoni de Bos Aires.

É un ciclo deliteratura galega que se propon como espazo aberto e gratis para todas as persoas interesadas en traballar coas letras de Galiza.

A escolla do Tortoni non é casual: búscase continuar dalgún xeito a presenza galega nese mítico café.

Este ano trabállase “as representacións da Guerra Civil e o franquismo na nova literatura galega”.

Búscase engadir unha ollada dende as dúas beiras ao revisionismo histórico.

O corpus de novelas inclúe a autores como Xavier Alcalá, Suso de Toro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Anxo Angueira e Ma. Xosé Queizán, entre moitos outros.

Trabállase na reflexión sobre certos eixos centrais e de contacto entre Galiza e a Arxentina que percorren as obras seleccionadas: a violencia do Estado, a emigración, a resistencia, as mulleres coma sosténs da familia e a economía.

Page 24: Mar Por Medio

Lectores Galegos en Bos Aires

coordinadoras

Andrea Cobas Carralfilla e neta de galegos. Docente e investigadora da UBA. Bolseira do CONICET. Dictou cursos de literatura galega na Cátedra de Estudios Gallegos (UBA). No 2003 editouse o estudio “Unahistoria que no cesa” no que se recupera a historia dos Centros Provinciais Galegos da díaspora porteña. Dictou cursos na Universidade de Luján, de General San Martín e na Universidad del Cine.

jgbfhg

Débora Campos Vázquezfilla de galegos, xornalista e profesora na UBA. Formouse na UBA e na escola de xornalistas TEA, mentres traballaba en xornais e revistas. En Galiza, é colaboradora de Vieiros e columnista no Diario Cultural da Radio Galega. Na Arxentina, membro do Foro de Periodismo Argentino (FOPEA), redactora do xornal gratuito e universitario La U e autora do blog Fíos Invisibles.

Page 25: Mar Por Medio

Lectores Galegos en Bos Aires

Ademáis da lectura e o debate, engádese a utilización doutros soportes para complementar e enriquecer as xuntanzas: videos, documentáis, conferencias e visitas especiais.

É relevante suliñar o uso da internet: mensualmente os lectores atopan unhas fichas de axuda para a lectura en curso. Ademáis, é un medio para a información referida ás actividades. E, tamén, ciclo conta cunha sinxela páxina de internet.

Page 26: Mar Por Medio

Lectores Galegos en Bos Aires

Levar á páxina os mp3 e un resumo do que se debate e fala en cada tertulia.

Elaboración de materiais (resúmenes, fichas de lectura e guías) que permitan espallar a idea do ciclo alí onde un pequeno grupo de lectores se conforme.

En vinculación co Centro de Investigación Ramón Suárez Picallo, a elaborando dunha líña de investigación sobre as temáticas percorridas no ciclo.

A elaboración dun corpus para traballar o ano 2008 nas manifestación que na narrativa galega adoptou o xénero policial clásico.

Cara ao futuroProxectos Problemas

Falta de tempos disponibles para máis tarefas .

Dificultades para mercar libros galegos recentes.

As limitacións propias de traballar cos libros que se teñen ou que se poden atopar, en vez de traballar cos que se queren ou se escollen.

Page 27: Mar Por Medio

Herbas de Prata

No contexto da visita oficial do Vice-presidente da Xunta a Bos Aires, a secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, Carme Adán, que era parte da comitiva, visitou a un grupo diverso de mulleres.

Desa primeira xuntanza, na que se deixaron datos e correos electrónicos, xurdiu unha lista de correo que se chamou Queremos Poder, como lazo de continuidade cos panos que a funcionaria agasallou.

Nesa lista xurdiron inquietudes que non atopaban unha canle de realización no ciberespacio. De feito que esas mulleres comezaron a xuntarse.

Desas xuntanzas xurdiu o colectivo Herbas de Prata.

Fundado oficialmente no ano 2006, achega a mulleres de todas as idades, todos os intereses e todas as profisións.

A idea é a de tecer unha rede de mulleres que permita a colaboración con elas nas problemáticas propias.

Algúns dos propósitos son promover a capacitación das mulleres, a atencións dos seus problemas, a posible vinculación coas institucións públicas e privadas pertinentes.

Page 28: Mar Por Medio

Herbas de Prata

Herbas de Prata deuse a coñecer públicamente cun acto celebrado no Día da Muller do ano 2007.

Nas semanas seguintes, adiantaron nas actividades do colectivo como o taller de Autoestima (obradoiros, coordinados polas psicólogas Patricia Alonso e Adela Fernández Cruz que axudan á visibilización das emocións das integrantes do colectivo, á toma de conciencia sobre o propio lugar e o dos outros e ao establecemento de relacións equitativas).

Page 29: Mar Por Medio

Herbas de Prata

En maio editaron un video e organizaron unha lectura colectiva de María Mariño para lembrar o Día das Letras Galegas.

Nos meses seguintes, participaron na organización das visitas dos escritores Manuel Rivas e Suso de Toro á Federación de Sociedades Galegas.

Page 30: Mar Por Medio

Herbas de Prata

Consultorio legal gratuito: moitas das mulleres descoñecen os seus dereitos básicos. É urxente a implementación dunha asesoría especializada nos temas vencellados á muller.

Consultorio psicolóxico gratuito: ainda está sen escribir a historia médica que día conta das tremendas pegadas que deixa na psique dos emigrados e dos seus fillos o drama que implica a emigración e a vida ao lonxe.

Edición de traballos que rescaten da invisibilidade ás mulleres galegas que foron ignoradas e relegadas na colectividade.

Cara ao futuroProxectos Problemas

Falta de tempos disponibles para máis tarefas voluntarias.

Falta de recursos propios (algunhas das integrantes fan aportes voluntarios para pagar insumos necesarios).

Están facendo os trámites para inscribirse como organización civil con algúns problemas.

As dificultades de traballar dende unha perspectiva de xénero con mulleres maiores que naturalizaron os seus sitios periféricos e domésticos na colectividade.

Page 31: Mar Por Medio

Biblioteca Galega de Bos Aires

Trátase da primeira biblioteca galega fóra do Estado e os socios poden gozar da lectura en sala e o préstamo a domicilio.

Ten un patrimonio de doce mil exemplares que integran o acervo arquivístico e bibliográfico da Federación.

Na biblioteca non faltan o sector infantil e xuvenil, un catálogo en liña e a posibilidade de consulta especializada e actividades de extensión cultural, e está conectada á Rede de Bibliotecas de Galicia.

Conta coas doazóns de entidades como o Centro Republicano Español; tamén, doazóns de particulares, como a familia do coronel republicano Francisco Galán, e dun dos dirixentes do Centro Republicano Español, Antonio Salgado, a familia republicana López Silva, as fillas do dirixente nacionalista exiliado Manuel Pedreira, e os herdeiros do poeta e xornalista José González Ledo.

Ademáis, achegas da Editorial Galaxia, Ediciós Do Castro e a Fundación Sotelo Branco. A Biblioteca recibe tamén o mesmo material bibliográfico que as públicas galegas, de acordo co subscrito en abril de 2006 entre a Federación e a Consellaría de Cultura.

Page 32: Mar Por Medio

Biblioteca Galega de Bos Aires

Nos andeis da Biblioteca, podense consultar materiais relacionados coa historia, a literatura e as ciencias de Galicia, a Guerra Civil española e os movementos sociais do século XX, entre eles a emigración galega e española na Arxentina, e o labor intelectual das persoas exiliadas.

A sala da biblioteca, ademáis, foi a sede do xurdimento dunha proposta distinta: o Centro de Investigación Ramón Suárez Picallo (CIRSP).

Está coordinado polo historiador Hernán Díaz.

O CIRSP convocou a unha serie de investigadores universitarios a reunirse nun grupo de afinidade, que poida coordinar e relacionar as diferentes investigacións que veñan realizando ou tamén que actúe como marco para a posta en marcha de novas investigacións ao redor de temáticas que teñan que ver con Galicia, con España ou cos emigrantes dese país á Arxentina e a América.

Page 33: Mar Por Medio

Biblioteca Galega de Bos Aires

Ten entre os seus proxectos o de editar un boletín de traballos, onde os participantes teñan un ámbito de publicación propio para plasmar alí o seu labor, ao xeito de informes, resumos, relatorios ou traballos de maior envergadura.

Non leva nin un mes en funcionamento e xa conta coa participación dunha ducia de investigadores: María Rosa Lojo, Nadia De Cristóforis, Marina Guidotti, Laura Fasano, Patricio Cóccaro, Mariana Beheran, Jesús Castreje, os integrantes do Grupo de Historia desde Abajo da cidade de Mar del Plata, entre outros.

Page 34: Mar Por Medio

Cada un destes colectivos ten particularidades. Pero pódense sinalar unha serie de potencialidades

comunes e tamén algunhas problemáticas que os percorren.

A proposta que cada un destes novos colectivos fai é definitivamente cara fora: fora das institucións tradicionais, fora dos estilos desas institucións e fora dos participantes exclusivos da colectividade.

Evidénciase a procura dunha conformación transversal á colectividade e as súas institucións: trátase dunha construcción en positivo, coas ferramentas deste tempo, cunha ollada moito máis global e superadora da localidade e cunha mecánica propia desta época.

A circulación, o traballo que pode chegar a todos e relacionarse con todos, dende unha ollada de non distancias e de integración é sen dúbida a marca máis importante deste fenómeno.

A achega que están a producir de persoas non participantes da colectividade galega.

O estilo renovador e unha ollada completamente afastada dos tópicos e da morriña da que se fixo culto en moitas das institucións, o que seduce aos novos integrantes. A impresión de que se está diante dun par.

Potencialidades

Page 35: Mar Por Medio

Cada un destes colectivos ten particularidades. Pero pódense sinalar unha serie de potencialidades

comunes e tamén algunhas problemáticas que os percorren.

Como realidade en xurdimento e coas súas particularidades, tórnanse en interlocutores dificiles para os mecanismos tradicionais das institucións gubernamentais que son as naturais contrapartidas de este fenómeno.

O primeiro problema que se presenta é a súa informalidade administrativa.

Aunsencia de canles de información seria e comunicación que cheguen a todos os galegos (inscriptos no CERA ou non)

Non buscan relacións coas dependencias galegas que traballan oficialmente nos mesmos obxectivos de difusión da cultura dun xeito sistemático e profesional.

A vontade dos seus coordinadores como motor principal fai que estes protagonismos sexan ao mesmo tempo unha ponte e un risco: os colectivos dependen ao cento por cento do compromiso dos seus impulsores sen coller ainda unha conformación propia que os supere e garanta a súa durabilidade.

Problemas

Page 36: Mar Por Medio

Febles e fortes. Novos e tecnoloxizados.

Híbridos e galegos por escolla, porque queren. O futuro dunha colectividade con

historia.

Galegos globais

Page 37: Mar Por Medio

O que hai que conseguir é, en definitiva, que Galiza exista como rede, como esa aldea global que imaxinou Marshall Mc Luhan e que nós fixemos en carne e óso. Ademais, a achega que pode facer a diáspora é esencial porque temos alí -formando parte da propia cultura galega- unas antenas que nos permiten recibir simultaneamente, dunha maneira natural, dunha forma ademais simbiótica e fecundante, moitísima información do que está pasando no mundo. É dicir, temos o xeito de tecermos unha rede propia. Iso, se tivesemos que inventalo, sería imposible. Por iso, dunha vez hai que pensar en romper certos nichos mentais e pensar que o mapa de Galicia é o mapamundi.

Manuel Rivas

Page 38: Mar Por Medio

Mar por MedioGaliza en América. As comunidades galegas, un activo para a difusión da nosa cultura

Débora Campos VázquezRibadeo, 26 de xullo 2007