MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para...

30
MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA

Transcript of MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para...

Page 1: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O

CAMBIO É AGORA

Page 2: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes. En Marea da Vila cremos que a transformación do noso concello debe ser produto do debate e a reflexión colectiva, traballando polo miúdo, xunto á veciñanza, acadaremos unha vila a medida das persoas que a habitamos. Vivimos nun entorno privilexiado cun enorme potencial por desenvolver. A Vilagarcía non hai que inventala, a Vilagarcía hai que deixala ser.

2 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 3: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA CONTIGO

3 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 4: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

O Concello debe ser unha institución próxima e en constante diálogo coa veciñanza, pero con demasiada frecuencia sentimos que os nosos representantes están illados da realidade, e isto afecta ás políticas e o desenvolvemento da nosa vila. Precisamos que o concello sexa unha extensión das rúas, das parroquias, dos nosos barrios. Por iso crearemos espazos de participación, levaremos o pleno á xente e faremos de Ravella un concello aberto e transparente.

• Publicar toda a información relevante do concello segundo esixe a lei de transparencia e cumprindo cos seguintes requisitos:

1. Información completa, clara e correctamente organizada para facilitar a busca de datos, e a súa lectura e comprensión.

2. Formatos procesables, para facilitar o procesamento informático dos mesmos e a súa auditoría.

3. Vías de obtención áxiles e rápidas: ademais de solicitudes presenciais, a información debe ser accesibles vía web.

• Creación dun punto de atención cidadá no que se podan realizar a maioría dos trámites municipais. Revisar a posibilidade de abrir este punto varios días á semana en Carril e Vilaxoán.

• Creación de diferentes tipos de ferramentas (APP móbil, páxina web e caixa do correo anónima) para uso cidadán, que permita facer achegas ao concello (queixas, suxestións...).

• Posta en marcha de orzamentos participativos.

• Elaborar un Plan anual de visitas do equipo de goberno aos barrios e ás parroquias e crear espazos de deliberación colectiva, co fin de aproximar o concello á xente, informar da evolución das políticas e coñecer as necesidades da veciñanza.

• Poñer en marcha o Plan de limpeza intensiva “Todas as mans”, para as parroquias e os barrios, co fin de involucrar á veciñanza no deseño do coidado do espazo urbano e optimizar o proceso de limpeza.

• Plan de usos para os locais do concello co fin de optimizar os espazos e racionalizar a ocupación dos mesmos para que poidan ser empregados polo global do tecido asociativo.

4 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 5: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA PARA VIVILA

5 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 6: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

O lugar que habitamos ten incidencia nas nosas vidas e as transforma, polo que é necesario poñer as vidas no centro á hora de reformular os espazos públicos. O que pretendemos é que a Vila sexa habitable para calquera persoa, independentemente da súa realidade. Unha vila que favoreza a convivencia, a mobilidade e que sexa accesible. Unha vila que nos permita vivila.

• Fomentar a utilización de infraestruturas baleiras para así optimizar o aproveitamento dos inmobles existentes.

• Procurar un plan de medidas para evitar o abandono de inmobles e edificacións en risco de derrubo. Actualizar o censo e inspeccións destes para velar pola súa conservación e asunción de responsabilidades por parte dos propietarios.

• Establecer unha clara prioridade nas intervencións urbanísticas, empezando por as infraestruturas existentes, e co compromiso de non realizar obras superfluas que non aporten un verdadeiro valor engadido á calidade de vida da veciñanza e tendo en conta todo o concello, non limitándose só á zona centro.

• Apostar por un urbanismo con perspectiva de xénero co fin de mellorar a percepción da seguridade e apoderamento das mulleres no espazo público. Para elo é necesario o análise da cidade/pobo dende distintos aspectos:

1. Iluminación: co fin de corrixir as zonas que por falta de luz ou por un menor tránsito poidan percibirse como perigosas.

2. Mobilidade: Ampliando beirarrúas e revisando os elementos que inflúan na accesibilidade, favorecendo así os desprazamentos a pé en cadeiras de rodas, e outros medios alternativos.

3. O espazo público como espazo social: ponderar as prazas e lugares de encontro, buscando a comodidade e a configuración dos elementos que os compoñen de tal modo que se facilite a socialización.

• Crear unha bolsa pública de vivenda como alternativa habitacional para emerxencia social.

• Gravar aos grandes propietarios que posúan vivendas baleiras.

• Creación dun Recurso habitacional alternativo para as mulleres en situación de violencia de xénero e para as súas fillas e fillos.

• Impulsar a ampliación de zonas verdes, accesibles e cerca de zonas

6 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 7: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

residenciais co seu correspondente plan de mantemento. Uso de especies autóctonas para a repoboación das zonas verdes.

• Tratar o parque do Castriño como pulmón verde mellorando o acceso dende o centro urbano e transformando o Castro Alobre nunha prolongación do Castriño.

• Revisar a posibilidade de cubrir os parques infantís para posibilitar o seu uso durante todo o ano.

• Substitución da graviña dos parques infantís que aínda a manteñen por superficies de caucho. Incorporar nos mesmos elementos de xogo que favorezan a participación de nenos e nenas con diversidade funcional

• Queremos acadar unha vila accesible, o que significa que todas as persoas, con independencia das súas circunstancias, teñan garantido o acceso tanto aos espazos físicos, como aos servizos e actividades do concello.

1. Facer un estudo de accesibilidade na vila que poña o foco na accesibilidade de parroquias e barrios co fin de elaborar un plan de corrección das barreiras arquitectónicas e das carencias nos servizos.

2. Elaboración dun procedemento de traballo para que en cada obra realizada se asegure a accesibilidade dende o mesmo deseño.

• Priorizar a accesibilidade nos orzamentos de inversión e obra pública municipal, establecendo no 2020 un Plan urxente de Accesibilidade Universal que asegure a liberdade de movementos das persoas con calquera tipo de discapacidade ou dependencia, nos seus fogares e no seu entorno.

• Fomentar os métodos de transporte alternativos ao coche, como a bicicleta ou o transporte a pé. Reformular e dinamizar o Vai Bike e incluír Vilagarcía de Arousa na Rede de cidades que camiñan, ademais de colocar mapas de referencia que contribúan á eficiencia destas medidas.

• Auditoría de tráfico do conxunto da Vila co fin de favorecer a fluidez, a seguridade e a redución do número de vehículos a motor en circulación por zonas especialmente conflitivas.

• Traballar coas administracións competente para acadar a intermodalidade das estacións de tren e autobuses, e a creación dunha vía peonil entre a estación de autobuses e a do tren.

• Revisar o actual sistema de bonificacións no transporte público co fin de adecualo ás distintas realidades, favorecendo o aceso de persoas maiores, mocidade, familias numerosas, monoparentais, e ás de rendas máis baixas.

7 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 8: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Incorporar la perspectiva de xénero nos instrumentos de planificación das políticas de mobilidade na cidade, favorecendo os desprazamentos segundo as distintas realidades que conviven nela.

• Estudar e modificar o transporte público dependente do concello para que se adapten mellor á realidade das mulleres. Poñendo especial atención a como superar as dificultades de conexión que afectan ao rural.

• Ver as posibilidades de reforzo do persoal da policía local e redistribuír a súa presenza nas rúas e nas zonas peonís, así como no Paseo Marítimo da praia a pé ou en vehículo lixeiro.

• Actualizar a ordenanza Municipal no referente á circulación de vehículos eléctricos (patinetes, bicicletas e outros) axustando esta á nova normativa da DGT respecto á circulación destes vehículos por beirarrúas e paseos.

• Instar á Xunta Local de Seguridade a que actualice as medidas para garantir a seguridade das persoas e a integridade dos bens, sobre todo nas zonas de especial conflitividade, como a Zona TIR ou outras, nos fines de semana e en datas especiais, como festas locais

• Impulsar un protocolo contra as agresións sexistas no ocio que inclúa tanto as festas locais e eventos organizados polo Concello, como os locais de ocio mediante a súa adhesión ao mesmo.

• Ofrecer ferramentas de prevención, detección e protección de situacións de acoso sexual e por razón de sexo.

8 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 9: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA QUE NON DEIXE A NINGUÉN ATRÁS

9 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 10: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

A crise evidenciou o inxusto dun sistema que non garante o básico para vivir unha vida digna e deixa a persoas e familias en situación de vulnerabilidade. Á vez sinalou a necesidade de que os concellos se transformen para converterse en institucións que coidan, evitando que a vulnerabilidade se converta en exclusión. Debemos poñer a axenda social no centro das políticas, para contrarrestar un sistema inxusto, traballaremos por unha vila xusta.

• Impulsaremos a creación dunha renda social municipal.

• Aplicar o enfoque de Inclusión Activa non asistencial e fortalecer os Servizos Sociais Comunitarios e as Unidades Multidisciplinares de Intervención Social.

• Garantir o respecto á dignidade das persoas na pobreza ou exclusión.

• Crear unha Mesa pola inclusión social e o emprego, que asegure a participación e a coordinación política e técnica entre todas as institucións e axentes sociais implicados.

• Establecer un Plan integral de loita contra a pobreza e a inclusión social e laboral das persoas vulnerables. Con actuacións específicas de atención a familias monoparentais (o 80% encabezadas por unha muller).

• Loita efectiva e urxente contra a pobreza severa en familias con nenos e nenas, asegurando a educación gratuíta de 0 a 3 anos e a loita contra a pobreza hereditaria.

• A vivenda accesible é o primeiro. Erradicación do chabolismo e a infravivenda e impulsar medidas contra o senfogarismo, a exclusión social e a vivenda baleira así como fomentar o aluguer social e prevención de desafiuzamentos.

• Implantar un programa de emprego municipal para persoas en situación de exclusión.

• Manter servizos básicos contra a exclusión territorial e a pobreza rural (sanitarios, educativos, transporte ou vivenda) e erradicación da brecha dixital e de acceso ás novas tecnoloxías.

• Impulsar o voluntariado e a participación social, especialmente co programa específico contra a soidade das persoas maiores que favoreza o acompañamento e a convivencia interxeneracional.

• Protección das mulleres vítimas de violencia machista, en especial as que están en situación mais extrema: exclusión severa ou vítima de trata e prostitución. Implicar a toda a cidadanía na defensa de igualdade de xénero.

10 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 11: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Impulsar a incorporación da perspectiva de xénero nas subvencións municipais.

• Elaboración dun plan contra a feminización da pobreza que inclúa medidas de política social, vivenda, traballo e ensino.

• Desenvolver un plan de axudas á vivenda para as vítimas que favoreza a súa autonomía.

• Elaboración dun programa de atención especializada a familias monoparentais, encabezadas maioritariamente por mulleres e en moitos casos en situación de precariedade.

11 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 12: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA COMO PROXECTO DE VIDA

12 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 13: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

A falta de oportunidades provoca que para moitas persoas Vilagarcía sexa só unha etapa das súas vidas. É preciso construír unha vila na que quedarse e unha vila á que volver, pero para elo o emprego continúa a ser o reto fundamental. O concello debe asumir un papel motor e facilitar a transición cara unha economía das persoas, que se caracterice pola cooperación e a creación de empregos de calidade, favorecendo o emprendemento e acompañando ás persoas nos retos que decidan levar a cabo.

• Crear a oficina municipal de axuda ao pequeno emprendedor.

• Facer partícipe ao Concello de Vilagarcía de Arousa do programa PROTURA, para encamiñarnos cara un modelo turístico sostible.

• Retomar a participación do Concello no GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) O Salnés

• Axilizar e simplificar os trámites relativos á concesión de licencias.

• Propoñer a inclusión da praza de abastos na Rede de Mercados de Galicia. Elaborar xunto ás praceiras e comerciantes da praza estratexias encamiñadas a dinamizar e adaptar os servizos ás necesidades da demanda actual. Potenciar a praza como punto de interese turístico e gastronómico poñendo en relevancia o seu papel de eixo comercial e vertebrador dos concellos de Arousa.

• Crear unha marca de produto propio de Vilagarcía de Arousa, para fomentar o comercio de produtos de elaboración local.

• Deseñar xunto ao tecido asociativo e comerciantes un plan de apoio ao comercio local, promovendo estratexias de valor engadido co fin de dinamizar a actividade do pequeno comercio.

• Promover chan industrial suficiente para que se establezan as empresas lonxe do centro da vila incorporando unha conexión de transporte público cos núcleos cunha maior densidade de poboación.

• Dotar ao concello dunha figura responsable da captación de empresas de diversos sectores cara a súa instalación a nivel municipal e da interlocución e cooperación coas empresas xa establecidas, favorecendo así a creación de emprego de calidade.

• Creación dun viveiro de empresas, dotando á Vila dun espazo onde aproveitar sinerxías, favorecendo o cooperativismo e a interrelación entre pequenos emprendendores

• Deseño dunha Estratexia Municipal de Economía Social.

13 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 14: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Realizar un estudo que identifique as entidades de Economía Social na Vila e que as relacione co resto do país ademais de identificar aqueles sectores potenciais para a súa implementación.

• Introducir a Economía Social en todos os programas de fomento do emprego e en especial naqueles que están dirixidos a colectivos en risco de exclusión.

• Incluír as fórmulas de emprendemento da economía social -nomeadamente: cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción- como prioritarias á hora de facilitar financiamento público.

• Solicitar a adhesión á Rede Eusumo para o fomento e o desenvolvemento da economía social.

• Elaborar un plan de apoio ao emprendemento e ás oportunidades formativas e laborais das mulleres.

• Fomentar a inclusión da equidade de xénero na contratación e nas concesións do Concello incorporando cláusulas de xénero nos pregos das correspondentes.

• Inscribir a Vilagarcía de Arousa no programa de Turismo Verde, apostando por un modelo turístico sostible.

• Facer un inventario do patrimonio cultural e natural da Vila e poñelo a disposición pública, coa finalidade de elaborar un plan de promoción e a súa posta en valor.

• Mellorar instalacións das praias baseado nos seguintes parámetros:

1. Control e saneamento da calidade da auga, máis un semáforo da calidade da auga.

2. Garantir a accesibilidade nas nosas praias corrixindo as eivas existentes e incluíndo o criterio de accesibilidade en cada obra ou acción realizada.

3. Reformular o deseño das zonas verdes das praias, co fin de estendelas e diversifica Incluír a praia, as actividades que alí se realicen, ou cuestións positivas como o fácil acceso na web de turismo co fin de convertela en parte da oferta.

4. Cooperar co tecido hostaleiro para o desenvolvemento das actividades. r os espazos dinamizando o seu uso.

• Colaborar cos municipios veciños para fomentar e impulsar un turismo comarcal.

• Apostar polos eventos deportivos como recursos de atracción turística.

• Asistir a feiras turísticas cun plan de promoción turística de Vilagarcía de Arousa.

Page 15: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Potenciar as rutas turísticas etnográficas relacionadas con Cortegada, o marisqueo e a gastronomía da Vila.

• Creación do programa “Vilagarcía Arqueolóxica”

1. Identificación e catalogación de todos os xacementos arqueolóxicos do municipio.

2. Facer os trámites e intervencións necesarias para a súa conservación e posta en valor.

3. Creación dunha páxina web onde estean georreferenciados todos os xacementos, así como fotos, vídeos, explicacións dos mesmos, entre outros, para enlazala coa web de turismo do concello.

• Posta en valor do monte Xiabre a través de:

1. Creación de rutas novas de sendeirismo así como a limpeza e acondicionamento das actuais.

2. Actuacións de conservación, sinalización e posta en valor do Castro da Xaiba e dos petróglifos da bacía do río Salgueiro co fin de convertelo nun espazo turístico-didáctico.

• Dinamización do Museo do Ferrocarril e elaboración un catálogo de actividades didáctico-culturais arredor da historia ferroviaria de Vilagarcía. Seguir

traballando para que a locomotora Sarita se incorpore aos fondos do Museo do Ferrocarril dada a súa vinculación con Vilagarcía

• Impulsar un Centro de Interpretación arredor de toda a historia e legado da Vila que terá como eixos a investigación, conservación, divulgación e a súa posta en valor, que ademais inclúa e desenvolva o potencial natural e cultural do Monte Xiabre.

15 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 16: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA VIVA

16 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 17: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

A nosa sempre foi unha vila creativa e dinámica, na que as iniciativas individuais e colectivas van por diante das institucións. Nunha vila de persoas creando, o concello debe actuar de facilitador e acompañar ao tecido cultural, habilitando espazos para o desenvolvemento do potencial, dándolle soporte aos novos talentos, e recoñecendo que o máis importante patrimonio de Vilagarcía son as persoas. Desta maneira a cultura e as actividades deportivas contribuirán a crear a identidade da Vila, axudarán a establecer lazos de comunidade e xerar apego.

• Descentralización, desestacionalización e democratización da cultura. Levar a programación cultural, tamén ás instalacións municipais dos barrios e as parroquias da vila e descentralizar por tipo de actividade á hora de realizar inversións e por estacionalidade. Así como impulsar que asociacións, colectivos ou artistas teñan en conta estas instalacións para realizar ou expoñer o seu traballo. Favoreceremos que calquera persoa, independentemente dos seus ingresos e diversidade, poida achegarse á cultura na Vila.

• Dotar a Vila dunha nova biblioteca como epicentro cultural na que poidan convivir diferentes usuarios e se leven a cabo actividades de fomento da lectura e da escritura, converténdoa nun espazo vivo. Unha biblioteca accesible, con salas e horarios coherentes coa demanda, acondicionadas para o estudo e cunha páxina web.

• Impulsaremos espazos de encontro e creación cultural. Restauraremos o Hórreo do parque da Xunqueira transformándoo nunha sala de exposicións, charlas, concertos ou microteatro, actividades culturais en definitiva, a disposición da xente da Vila e das asociacións e colectivos vinculados.

• Fomento da cultura e arte urbana nas nosas rúas. Como medida que axude á dinamización da Vila ao tempo que rematamos con parte do feísmo existente, potenciando á vez unha nova atracción turística para a creación e visualización de obras de arte ao aire libre.

• Elaboración dun plan para Locais de Ensaio do auditorio. Redefinir, mellorar o servizo e as instalacións. Impulsalos debidamente con campañas de información nos centros de ensino e facer actividades constantes nas propias instalacións, aproveitándoas ao máximo. Facer un apartado propio

17 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 18: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• na web/app e estudar a posibilidade de impulsar unha rede comarcal de grupos e artistas de música.

• Mellorar a comunicación e información en cultura. A través dunha web/app clara e accesible subiremos a programación cultural do concello e de todos os colectivos que soliciten acceso e teñan cabida. Melloraremos a comunicación con puntos fixos de información nos barrios e as parroquias.

• Compromiso co idioma galego e a cultura galega. Fomentar o uso da nosa lingua en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio, para o que se creará, potenciará e consolidará, de ser o caso, un servizo de normalización lingüística (SNL) estable, dotado de recursos humanos e partida orzamentaria suficientes, cuxa función será planificar, xestionar, executar e avaliar as accións e medidas axeitadas para promover o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais.

• Rexistro do material e patrimonio artístico do concello. Facer un inventario de bens culturais para a súa posta en valor, coidado e promoción. Ademais, crearase un catálogo do material municipal que se recollerá na web/app do concello para que as asociacións leven a cabo os trámites de maneira máis áxil, e conten con toda a

información necesaria á hora de solicitalo.

• Creación do Consello da Memoria Local, ente consultivo para facilitar o cumprimento da Memoria Histórica e impulsar a reparación da memoria das vítimas do Franquismo..

• Desbloqueo das actuacións e actividades culturais en directo. Recuperar a través dunha Ordenanza municipal as actuacións en directo nos locais da Vila a través da regulación da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais, de maneira que se vincule ás condicións dos locais, dando saída á problemática xerada pola Lei de Espectáculos de Galicia aprobada pola Xunta.

• Visibilizar na contorna urbana á muller. Fomentar a inclusión de nomes femininos e da muller traballadora característica do matriarcado galego na cultura municipal e facela visible outorgándolle espazos públicos relevantes na localidade.

• Introducir o criterio de xénero na contratación de eventos e actividades, co fin de corrixir o desequilibrio que se reproduce ano tras ano.

• Apertura doutros espazos para a realización de actividades deportivas fóra de horario. Abrir

18 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 19: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

centros públicos para poder utilizar as zonas deportivas, como por exemplo os centros educativos.

• Recuperación e impulsar os deportes de mar.

• Repensar o uso dos espazos da praia coa finalidade de incluír zona dedicadas aos deportes de praia aproveitando os espazos privilexiados cos que contamos e potenciar Vilagarcía como referente deste tipo de actividades.

• Compromiso co mantemento das instalacións deportivas do municipio optimizando o seu uso.

• Crear escolas municipais de deporte, accesibles para todos os públicos e que se articulen en base a uns valores e principios como non competencia, inclusión, igualdade, solidariedade e traballo en equipo, entre outros.

• Fomentar o deporte como piar fundamental do concello, dirixido a toda a cidadanía.

• Olimpíadas escolares, entre os diferentes centros educativos do concello ou entre concellos próximos para visibilizar e fomentar diferentes clases de deportes.

• Por un deporte sen prexuízos e inclusivo. Erradicar calquera tipo de discriminación dentro das actividades deportivas, xa sexa

por xénero, culturais, diversidade funcional ou outras.

• Campañas para o bo uso dos materiais e instalacións deportivas.

• Dotar a todas as instalacións deportivas municipais do material necesario para a súa adecuación ao proceso selectivo de lixo.

• Impulso dos deportes minoritarios.

• Reordenación do uso dos espazos.

• Promover a participación e a visibilización das mulleres no deporte.

19 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 20: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA PARA O FUTURO

20 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 21: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

A transformación de Vilagarcía non acontecerá en 4 anos, nin sequera en 8. Sería incongruente formular un proxecto de futuro sen incorporar ás xeracións vindeiras, sen embargo sempre se exclúe a mocidade das políticas. Debemos repensar a Vila xunto á xuventude, promover o debate e a reflexión de tal modo que se saiban partícipes da Vila que vén.

• Creación dunha Escola de familias e igualdade cun equipo especializado para abordar as diferentes etapas de crecemento e complementar as deficiencias dos departamentos de orientación dos centros educativos para loitar contra a problemática do fracaso escolar.

• Establecer un vínculo directo entre os centros educativos e as ANPAs e a actividade dos servizos sociais do concello para traducir as expulsións en medidas reeducativas.

• Apoio e ampliación aos Bancos de préstamo de libros dos centros educativos.

• Asegurar o mantemento dos centros escolares en coordinación coas ANPAs.

• Ampliación e mellora de espazos de conciliación gratuítos a través dun estudo de viabilidade en función da demanda para a súa extensión a barrios e parroquias.

• Posta en marcha dun proxecto de promoción de novos talentos locais para apoialos.

• Crear un programa de actividades lúdico-educativas infantís e xuvenís tanto nos centros de ensino como nos centros socioculturais, descentralizando a actividade e asegurando a súa presenza en barrios e parroquias; coa finalidade de promover valores éticos, humanos e de convivencia.

• Elaborar un plan formativo para a xuventude en materia de asociacionismo e deseño e realización de eventos para o fomento da súa organización, autoxestión e apoderamento, converténdoa deste xeito en actor partícipe das actividades da Vila, facilitando así a recuperación de eventos como o Urban-VGA ou o Trinkadeira.

• Promocionar entre a xente nova a futura rede de espazos de coworking públicos en coordinación coa proposta de creación dunha mesa informativa para o emprendemento coa finalidade de que a xuventude poda realizar e desenvolver o seu proxecto de vida na Vila.

21 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 22: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Realizar campañas para a sensibilización respecto ás violencias machistas dirixidas á mocidade.

• Levar a cabo accións específicas de sensibilización sobre a repulsa colectiva da LGTBifobia, facendo especial incidencia nas escolas e IES do municipio.

• Impulsar a elaboración de programas e formacións nas escolas para a detección e prevención das violencias machistas

22 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 23: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

UNHA VILA VERDEE AMIGA DOS ANIMAIS

Page 24: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

Cada vez somos máis as persoas conscientes de que non existe un planeta B, tal e como acaba de recordarnos a xuventude que saíu ás rúas no 15M verde. O coidado do medio comeza no propio entorno, polo que o Concello debe asumir a súa responsabilidade e garantir a acción local contra a loita do cambio climático e a conservación da natureza.

• Impulsar a remunicipalización do servizode lixo.

• Ampliar o programa de compostaxe.

• Estudar a posibilidade de creación a nivel comarcal dunha planta de xestión de residuos para aforrar e aumentar o nivel de reciclaxe.

• Priorizar a mellora da rede de saneamento para erradicar as verteduras.

• Solucionar os graves problemas do saneamento no barrio de Faxilde (Sobrán), onde pluviais e fecais conflúen ladeira abaixo e provocan situacións insalubres.

• Auditar periodicamente as concesións públicas dos servizos do concello e fomentar a reciclaxe nos barrios a través de campañas de sensibilización e formación.

• Co fin de protexer á veciñanza en caso de lume, inundacións e outras inclemencias temporais promovemos a creación de cinturóns de árbores autóctonos ó longo de todos os roteiros e estradas/rúas do rural.

• Promover a través do Concello unha xestión forestal biosostible en colaboración coas CMVMC

(Comunidades de Montes Veciñais en Man Comun).

• Adecuar a Contratación Pública do Concello ao novo marco normativo promovido pola Comisión Europea, Parlamento Europeo e Comité das Rexións, para reducir o impacto ambiental das mercancías, servizos e obras realizados polo Concello e favorecer a Economía Circular.

• Cooperar coas comunidades de montes para o mantemento da masa forestal do municipio e traballar para que os organismos competentes cumpran coas súas obrigas con respecto á prevención de incendios.

• Só se tallaran árbores en zona urbana no caso de ser un perigo para bens ou persoas.Promover a creación dunha Estación Medioambiental que vele pola salubridade da veciñanza.

• Impulsar a instalación de placas fotovoltaicas e termosolares en todas as cubertas dos edificios públicos, e acondicionar as infraestruturas públicas para mellorar a súa cualificación de eficiencia enerxética.

24 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 25: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Rematar o cambio do alumeado público cara o alumeado intelixente e led.

• Instalación de pequenos aeroxeneradores nalgunhas farolas e puntos elevados con vento suficiente.

• Instalar un hidrorrotor para xerar enerxía ao verter a auga das depuradoras.

• Uso de sistemas de calefacción eficientes nos centros sostidos polo concello.

• Planificar a futura renovación do parque municipal de vehículos con vehículos eléctricos.

• Contratar a electricidade cunha comercializadora con certificación enerxética verde.

• Actualización da normativa de benestar animal municipal, adecuándoa á normativa vixente, incluíndo non só a cuestión da tenencia dos animais domésticos, coa finalidade de reforzar as políticas do Concello relacionadas, asegurando que se regulen aspectos como: tenencia responsable de animais, bo trato, necesidades especiais, coidado dos espazos públicos, recollida de animais, adopción, etc.

• Planificación de campañas e iniciativas para fomentar os coidados responsables dos animais,

a adopción e a prevención do abandono, así como a convivencia inclusiva cos animais nos municipios.

• Compromiso por manter a supresión do uso de animais en espectáculos e actividades públicas, apostando pola substitución por actividades especialmente dirixidas á nenez que fomenten o coidado polos animais e o Medio natural.

• Impulso de modelos participativos para fomentar a creación de espazos de convivencia con animais superando os vellos modelos de “áreas caninas” para fomentar a interrelación responsable.

• Modelos e contratación da xestión da fauna urbana, en especial as aves, a través de propostas non letais que fomenten o seu control cunha perspectiva ética e non lesiva, así como servizos de recollida de animais extraviados, maltratados e abandonados primando o traballo das ONG.

• Colaboración coas asociacións animalistas e dedicación total para que os animais do municipio gocen dunhas vidas dignas.

• Xerar campañas para fomentar a adopción, en lugar da compra, e benestar animal.

25 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 26: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

CARA A VILA FEMINISTA: O TRAZO MORADO

Page 27: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

Estamos nun momento no que unha gran parte da sociedade identifica na proposta feminista a mellor alternativa ao actual sistema de desigualdades. A premisa do feminismo “o persoal é político” anticipa unha sociedade na que as vivencias e as persoas se sitúan no centro das políticas. Lexislar para vivir é a forma de abrir un novo tempo, tomando a diversidade e as nosas distintas realidades como punto de partida cara unha igualdade real.

Vilas que coidan son vilas que traballan en prol da accesibilidade, que toman medidas para a prevención das violencias machistas e poñen recursos e acompañamento a disposición das vítimas, que promoven unha economía da cooperación, coas persoas no centro e que non deixa a ninguén atrás, que saben que o medio e finito e debemos protexelo, que loitan por preservar o rural, a súa identidade e o modelo de vida que representa, que asumen o seu papel de garante do benestar porque o concello é, ante todo, a institución da xente.

Se somos quen de incluír a perspectiva feminista nas distintas áreas de goberno, iremos máis alá da transversalidade de xénero, pois estaremos promovendo modelos de cidade e vilas feministas. É por elo que as distintas áreas do programa recollen propostas identificadas cun “trazo morado”, posto que as mesmas supoñen a inclusión da perspectiva das mulleres. O desafío feminista é o desafío que formula unha sociedade que aposta cada vez máis por crear vilas vivibles, con oportunidades e futuro, sustentables e diversas, nas que os afectos e a comunidade ocupan un lugar central.Incluiremos a perspectiva feminista nas distintas áreas de goberno para encamiñarnos cara un modelo de vila feminista como garante da igualdade e a diversidade. Para reafirmar ese compromiso, asociaremos dita transversalidade á máxima responsabilidade de goberno, a alcaldía.

27 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 28: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Fomentar a inclusión da equidade de xénero na contratación e nas concesións do Concello incorporando cláusulas de xénero nos pregos correspondentes.

• Crearemos a Casa das Mulleres como espazo de encontro, debate e reflexión.

• Elaboración dun Plan de sensibilización e formación interno de carácter obrigatorio dirixido ao persoal técnico e a todos os/s concelleiros/as que formen parte da corporación municipal. Ofertar formación de xénero para o persoal das empresas que traballan en exclusiva para o concello.

• Posta en marcha dos Orzamentos municipais de xénero. Avaliar o orzamento desde unha perspectiva de xénero, e redistribuír os ingresos e os gastos para promover a igualdade de xénero.

• Impulsar a incorporación da perspectiva de xénero nas subvencións municipais.

• Ofrecer ferramentas de prevención, detección e protección de situacións de acoso sexual e por razón de sexo.

• Promover que os premios e as distincións públicas, como mecanismos de recoñecemento e visibilidade, teñan en conta criterios de igualdade de xénero

• Elaborar un plan de apoio ao emprendemento e ás oportunidades formativas e laborais das mulleres

• Elaboración dunha ordenanza de igualdade en colaboración co tecido asociativo e os colectivos feministas.

• Apostar por un urbanismo con perspectiva de xénero co fin de mellorar a percepción da seguridade e apoderamento das mulleres no espazo público. Para elo é necesario o análise da cidade/pobo dende distintos aspectos:Iluminación: co fin de corrixir as zonas que por falta de luz ou por un menor tránsito poidan percibirse como perigosas.

• Mobilidade: ampliando beirarrúas e revisando os elementos que inflúan na accesibilidade, favorecendo así os desprazamentos a pé en cadeiras de rodas, e outros medios alternativos.

• O espazo público como espazo social: ponderar as prazas e lugares de encontro, buscando a comodidade e a configuración dos elementos que os compoñen de tal modo que se facilite a socialización.

• Incorporar la perspectiva de xénero nos instrumentos de planificación das políticas de mobilidade na cidade, favorecendo os desprazamentos segundo das distintas realidades que conviven nela.

28 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 29: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.

• Estudar e modificar o transporte público dependente do concello para que se adapten mellor á realidade das mulleres. Poñendo especial atención a como superar as dificultades de conexión que afectan ao rural.

• Elaborar un plan específico de apoderamento para as mulleres no rural, incluíndo medidas concretas e formacións co fin de dotalas de recursos e axudalas a superar a fenda dixital, poñendo especial atención na realidade das mulleres maiores.

• Creación dun Recurso habitacional alternativo para as mulleres en situación de violencia de xénero e para as súas fillas e fillos.

• Desenvolver un plan de axudas á vivenda para as vítimas que favoreza a súa autonomía.

• Elaboración dun programa de atención especializada a familias monoparentais, encabezadas maioritariamente por mulleres e en moitos casos en situación de precariedade.

• Impulsar a mellora da coordinación insterinstitucional entre todas as administracións e axentes que poden detectar ou atender as mulleres vítimas de violencias machistas.

• Impulsar un protocolo contra as agresións sexistas no ocio que inclúa tanto as festas locais e

eventos organizados polo Concello, como os locais de ocio mediante a súa adhesión ao mesmo Impulsar a elaboración de programas e formacións nas escolas para a detección e prevención das violencias machistas.

• Realizar campañas para a sensibilización respecto ás violencias machistas dirixidas á mocidade.

• Elaboración dunha diagnose participativa sobre as desigualdades que afronta o colectivo LGTBIQ no municipio e deseño dun Plan Municipal de Igualdade para a diversidades sexual e de xénero.

• Levar a cabo accións específicas de sensibilización sobre a repulsa colectiva da LGTBifobia, facendo especial incidencia nas escolas e IES do municipio.

• Posta en marcha dun plan de formación específico en atención ás diversidades sexuais e de identidade para traballadoras e traballadores públicos, especialmente dirixido a escolas e policía municipal, que inclúa a loita e prevención das violencias lgtbifóbicas.

• Realización de campañas de sensibilización contra a violencia lgtbifóbica no ocio nocturno.

29 | MAREA DA VILA | PROGRAMA ELECTORAL

Page 30: MAREA DA VILA: COA TÚA VOZ, O CAMBIO É AGORA...Son moitas as voces que piden un cambio para Vilagarcía. Pero os cambios non se fan a golpes de efecto, nin os levan a cabo gobernantes.