MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres,...

6
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA Santiago de Compostela Comisario: Javier Hontoria Inauguración: 4 de xullo ás 20:00 h Do 4 de xullo ao 18 de outubro de 2014 Hall, planta baixa, Dobre Espazo Organizada co apoio económico de: MARK MANDERS Curculio bassos

Transcript of MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres,...

Page 1: MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres, Bélxica. vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción do seuuniversoartístico,conesaideadetraballoencursotan

CGACDEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓNRúa Ramón del Valle Inclán 215703 Santiago de CompostelaTel.: 981 546 632 / Fax: 981 546 [email protected]

CCEENNTTRROO GGAALLEEGGOO DDEE AARRTTEE CCOONNTTEEMMPPOORRÁÁNNEEAASSaannttiiaaggoo ddee CCoommppoosstteellaa

CCoommiissaarriioo:: JJaavviieerr HHoonnttoorriiaa

IInnaauugguurraacciióónn:: 44 ddee xxuulllloo ááss 2200::0000 hhDDoo 44 ddee xxuulllloo aaoo 1188 ddee oouuttuubbrroo ddee 22001144HHaallll,, ppllaannttaa bbaaiixxaa,, DDoobbrree EEssppaazzoo

Co apoio de:

Organizada co apoio económico de:

MARKMANDERSCurc ulio basso s

Page 2: MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres, Bélxica. vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción do seuuniversoartístico,conesaideadetraballoencursotan

Curculio bassos é a primeira mostra individual do artistaholandés Mark Manders nunha institución española, unproxecto que inclúe algúns dos seus traballos máiscelebrados e outros que foron retomados e adaptados paraa súa exhibición no espazo compostelán proxectado porÁlvaro Siza. Calquera comisario dunha exposición de MarkManders encóntrase sempre ante un abismo de incerteza áhora de decidir como contar a súa obra. Por onde empezar?En que marco contextual situalo? Baixo que ditameshistoriográficos? Como a súa propia obra, esta exposiciónatópase en terra de ninguén con respecto a criterioscuratoriais normativos. En parte ten unha miradaretrospectiva, pois non tería sentido deixar pasar aoportunidade de mostrar con certa amplitude o traballo doartista. Pero tampouco sería procedente abstraerse do lugarno que se inscribe esta exposición, o CGAC, a instituciónespañola que posiblemente escribise as máis belas páxinassobre escultura contemporánea na museografía recente, eunha cidade, Santiago de Compostela, espléndido emblemada tradición románica. Ademais, a exposición pon encontexto a obra Hallway with Sentences (1999-2003), unhapeza textual propiedade do CGAC que reúne moitas dasclaves máis importantes do seu traballo.

Sen parar mentes, Curculio bassos evoca o nome técnicodalgún ser vivo no complexo mundo da flora ou da fauna.O curculio é un gurgullo, un tipo de insecto que coñecemoscomo escaravello. Pero non os levarei por aí. Para MarkManders a linguaxe é coma un torno sobre o que se traballao barro. Unha palabra, unha frase, pode ser modelada,transformada. Devén formas imprevistas e case sempreinsólitas. Sabemos —díxonolo Nauman— que só cando alinguaxe se corrompe xorde a poesía. A calidade do poéticoé esencial ao referirse ao seu traballo, pero sería necesariocomprobar se a linguaxe chegou a ser, se efectivamente sedeu algunha vez ou se, pola contra, está aínda por xerarse,por facerse.

O visitante avanzará no seu percorrido e comprobará que, nasúa maior parte, a luz natural nas salas foi negada, pois asventás foron cubertas por xornais. Pero non son xornais aouso. A súa linguaxe foi transformada levemente para impedir

unha lectura lóxica, para que o que damos por asumido setorne en expectativa. Expectativa é unha palabra moiapropiada para definir o traballo de Mark Manders, poisnada é habitualmente o que parece de inicio e todo requireunha lectura detida. Son xornais sen data, poderían saír encalquera día da historia ou en todos á vez. Curculio bassosacapara todo un titular dun destes xornais e, lonxe de contaro sucedido, como esperariamos de calquera diario, ábrenos aporta ao que virá. Porque Curculio bassos non significa nada,non ten entidade semántica. Tan só é un significante estraño ealgo áspero, aberto a toda continxencia perceptiva.

Toda a obra de Manders cífrase na tensión entre a linguaxe ea forma. Cando aínda era un adolescente descubriu quedesenvolvera unha rara afinidade co idioma das artes visuais.Con apenas dezaoito anos, en 1986, creou un primeirotraballo, Self-Portrait as a Building, que desencadearía ocaudaloso conxunto de obra que teñen agora ante vostedes. Atotalidade da súa obra foi concibida naquel momento decisivo,e o goteo extraordinario e clarividente de obras que veupresentando desde entón non é senón a visibilización desemomento xerminal. É unha obra que elude, como diría opoeta, o simple capricho das cronoloxías. Anticipa todo o queserá e condensa todo o que hoxe é. Na dilatada nómina de

MARKMANDERSCurculio bassos

Mark Manders: Life-Size Scene with Revealed Figure, 2009. Cortesía de Zeno XGallery, Anveres, Bélxica. Fotografía: Roger Wooldridge

Page 3: MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres, Bélxica. vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción do seuuniversoartístico,conesaideadetraballoencursotan

exposicións que realizou nas súas case tres décadas detraxectoria, veu mostrando diferentes fragmentos ou entregasdese autorretrato, un autorretrato sen biografía pero saturadode vida, porque se algo se desprende do seu quefacer é ainequívoca sensación de que algo está a pasar nese momentopreciso, de que as cousas, efectivamente, acontecen. Eacontecen, moitas veces, dinos o artista, sen nós. Self-Portrait asa Building é un proceso imperturbable polo cal o pensamentodevén forma. O edificio é a linguaxe e, consecuentemente,este contráese e expándese, oscila como sacudido por unhaforza innomeable. Todo empeza cunha palabra. Hallway withSentences, a citada peza pertencente á colección do CGAC,constitúe un extraordinario exemplo para entender esteproceso. É unha peza de texto formada por un conxuntodunhas setenta palabras ordenadas alfabeticamente e a partirdo cal se poden compoñer frases dun modo aleatorio.Significativamente, moitas destas frases deron lugar a grandesinstalacións, e axiña habemos comprobar como os procesosescultóricos teñen moito que ver con esta práctica.

Unha das súas cabezas, Unfired Clay Head, de 2011,preside a grande instalación do vestíbulo do CGAC.Disposta sobre un atril de ferro, está ligada a unha raratemporalidade, pois parece en perpetuo estado deformación. Alóxanse estas figuras nunha xestación

particular e propia, intermitente e relativa a un tempo quesó lles pertence a elas. Na súa realización hai estreitosvínculos co son —un que, sobra dicir, nós non oímos— queManders asocia coa composición musical. Moitas destascabezas fórmanse a partir da sucesión de ritmos verticais,polo xeral de madeira, que fan as veces de acordes e que,xuntas, configuran unha sorte de partitura. Cada un destesritmos sería á escultura o que cada palabra illada é aHallway with Sentences. Ambas as dúas son o xerme dopoético, o elo desa cadea que permite a progresivamaterialización do pensamento. Vemos, así, como unhapalabra ou unha nota poden desatar un incontible caudalcreativo, do mesmo modo que a incidencia dunha luzinesperada ou unha fortuíta interrupción do curso normaldas cousas cotiás pode acender a mecha da poesía.

Unfired Clay Head encóntrase no centro dun espazo quequere representar o traballo no estudio do artista. Situadona cidade belga de Ronse, a media hora ao sur de Gante,foi unha antiga factoría téxtil que o artista adquiriu hai seteou oito anos, e na que hoxe vive e traballa. Di Manders queapenas sae de alí, que alí se concentra todo o seu universo.Hai salas específicas para as diferentes prácticas, desdeespazos nos que traballar a madeira ata zonas con fornosnos que cocer o barro. Na representación deste estudio no

Mark Manders: Notional Cupboard, 2003. Kunsthaus Zürich, Vereinigung Zürcher Kunstfreunde Gruppe Junge Kunst. Fotografía: Peter Cox, cortesía de Zeno X Gallery,Anveres, Bélxica

Page 4: MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres, Bélxica. vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción do seuuniversoartístico,conesaideadetraballoencursotan

vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción doseu universo artístico, con esa idea de traballo en curso tansinalada, que nos convoca á vida que sucede en cada canto.Parece que estivese a traballar neste estudio ata segundosantes da nosa chegada. E, paradoxalmente, é coma se todoo que nel vemos levase toda a vida aí.

Sería erróneo pensar que na obra de Manders as nociónstemporais de pasado, presente e futuro son independentesunhas doutras. Resáltao o artista a través do seu singularmétodo de traballo. As figuras antropomorfas estánrealizadas en bronce, pero o seu aspecto —e esta é unhadas características esenciais no seu traballo— obríganos apensar que aínda non pasaron polo proceso de baleirado eque se atopan nun estado primitivo, coma se fosen sórecentemente modeladas con arxila. Ademais, moitas delasencóntranse aparentemente inacabadas. A algunhas fáltanllespernas e brazos, a outras o nariz ou parte da cabeza. Peropronto comprendemos que quizais avancen en sentidoinverso, que un día puideron ser figuras completas e que xaemprenderon o camiño de volta talvez cara ao nada, caraao que foron cando aínda non eran nin sequera a idea quequería ser forma.

Un bo exemplo é Living Room Scene (2008), pertencente aoStedelijk Museum de Amsterdam. Considerada unha dassúas pezas máis relevantes, componse de dúas grandesfiguras antropomorfas alzadas milagrosamente sobre unpedestal xeométrico de cobre, que pola súa vez se apoia enpezas de mobiliario doméstico. Nunha enigmática solución,Manders fragmentou as figuras en dúas metades, situando oconcepto de individuo no ámbito dunha rara e herméticapolaridade. A insólita monumentalidade en que se cifranestas figuras fálanos da relación entre o individuo e o seudobre, pero o individuo xa comprende unha dualidade claraen si mesmo, non en van, está dividido en dúas partes queparecen vivir vidas diferentes. A miríade de maticesinterpretativos que ofrece este traballo é sinxelamenteinesgotable. O seu título sitúanos ante a familiaridade docotián, pero hai unha sensación palpable de ausencia queresulta perturbadora. Indiferentes, as figuras sitúanse nuntempo melancólico que é, novamente, alleo ao noso. A quemundo pertencen? A un no que o definido e o completado,o realizado —en definitiva— tras un proceso evolutivo nonlogra superar a categoría de entelequia, porque nada naobra de Manders é máis proclive a ser vulnerado que undesenvolvemento lineal e lóxico.

Un podería preguntarse se este interese case obsesivo polatemporalidade ten que ver coa frustración de non vivir entodas as épocas da historia e poder así coñecer o modo enque os humanos realizaban as súas achegas ao acervo

cultural. Grazas á tecnoloxía, o artista emprende unhaincesante viaxe no tempo coa que situarse á vez endiferentes momentos históricos que desexaría vivir e a cuxasmanifestacións culturais anhelaría contribuír. Manders é moiconsciente da tradición á que pertence, mais por que nonformar parte de todas á vez? Nunha mesma obra podehaber alusións a certo clasicismo catrocentista, ao porososilencio dun interior holandés, ao rigor xeométrico doneoplasticismo. Un imaxínao pensando en que pasaría se oscretenses coñecesen o románico, se Vermeer soubese quepasaba pola cabeza de Van Doesburg, se Piero dellaFrancesca vise o Guernica...

Notional Cupboard (1989-2003), procedente da Kunsthausde Zürich, mitiga a acentuada verticalidade de Living RoomScene e resólvese nun sentido inapelablemente horizontal.Resulta difícil explicar todo canto sucede nesta peza, tantono seu exterior coma no seu interior. É inaudita asingularidade formal deste traballo, un tambor dilatado ataconverterse nunha sorte de féretro, esa cousa fálica en cuxointerior colgan apresadas dúas ratas xunto a imaxestomadas dun libro de Bataille... Fóra, en estraño voo,sórdidas imaxes de Cranach, Leonardo e Balthus. Apoiadosobre unha cadeira de brazos que novamente nos sitúa anteo familiar, esta peza de mobiliario encerra unha morea de

Mark Manders: Living Room Scene, 2008. Colección Stedelijk Museum, Amsterdam.Fotografía: Roger Wooldridge, cortesía de Zeno X Gallery, Anveres, Bélxica

Page 5: MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres, Bélxica. vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción do seuuniversoartístico,conesaideadetraballoencursotan

asociacións arredor do sexual, arredor da morte, arredordo estrañamento que pode encerrar a experiencia do cotián.

Un aire decididamente macabro percorre Nocturnal GardenScene (2005), a escura representación dunha paisaxenocturna procedente do S.M.A.K. de Gante. Fala Manders doseu interese polas cordas destensadas e pola melancolía queproxecta a súa curva (é unha melancolía que recorda moito aShort Sad Thoughts (1990), a pequena parella de barras decobre dobradas sobre si mesmas). A iso súmase unhareflexión sobre cuestións en aparencia nimias, pero queexplican a complexidade do mundo. Fascínalle ao artistapensar por que o curso normal das cousas sucede dun xeito enon doutro, por que o pensamento se dirixe nunha direcciónconcreta e baixo que circunstancias pode modificarse o seupercorrido. Neste caso, fálanos da imposibilidade de quedous obxectos —unha corda destensada e un gato— poidanocupar exactamente un mesmo espazo. Para que ambos osdous poidan coexistir debe darse unha solución radical que oespectador visualizará con claridade. Nela comungansensacións próximas ao tráxico coa poesía das pequenascousas da vida.

Resulta interesante mirar a obra de Manders á luz docontexto de Santiago de Compostela e da tradición deescultura románica que con tanta exuberancia aquí se dá.Henri Focillon, un dos historiadores que con maiorclarividencia debullou a natureza estética do románico,describe o estilo como misterioso en oposición áfamiliaridade coa que dixerimos a calidade do gótico. “Orománico —di— invita a formar parte dun soño que seperde en representacións afastadas no tempo e o espazo,soños que evocan unha humanidade que non é a nosa,organizados en complexas e enigmáticas combinacións”.Na escultura románica as formas humanas fóndense coasformas animais e vexetais, pero non se desbordan senónque permanecen ligadas con rigor á arquitectura. En Life-Size Scene with Revealed Figure (2009), vemos unha imaxerecortada fronte a un fondo dourado que semella unhaicona relixiosa nun altar. Está composta por unha amálgamade motivos procedentes de moi diversas fontes que se vertensimultáneas nun mesmo plano. Como toda a súa obra, apeza parece conter en si toda a historia da arte, fundidanunha imaxe individual e específica. Ten connotaciónsrelixiosas en termos de misticismo e aura, e conecta coidioma románico en termos de hibridación de motivos elinguaxes aínda que non co carácter excluínte de todarelixión, pois, como repetimos ao longo deste texto, otraballo de Manders condensa, como un Aleph borxiano,todos os motivos da historia da arte, todos os seus estilos,todos os seus momentos.

Mark Manders: Short Sad Thoughts, 1990. Cortesía de Zeno X Gallery Anveres,Bélxica. Fotografía: Brian Forrest

No emblemático Dobre Espazo do CGAC, Mark Manderssitúa unha das súas pezas máis coñecidas, Staged Android(Reduced to 88%) (2002-2014), un traballo presentado porvez primeira na Documenta 11, en 2002, e adaptado agorapara esta ocasión. Trátase doutra entrega do Self-Portrait asa Building, un organismo polo que flúe o pensamento e porcuxos órganos transita azarosamente. Estes órganos sonelementos cotiáns como mesas ou cadeiras de brazos queestán aquí coroadas por unha gran cheminea de ladrillo, undos motivos máis recoñecibles na obra do artista. Xunto aelas, diminutas na súa desfavorable proporción, pequenasbolsas de té murmuran unha palabra.

Javier Hontoria

Page 6: MARK MANDERS - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_mark_mandersGAl.pdf · Anveres, Bélxica. vestíbulo do CGAC observamos unha pequena porción do seuuniversoartístico,conesaideadetraballoencursotan

CGACDEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓNRúa Ramón del Valle Inclán 215703 Santiago de CompostelaTel.: 981 546 632 / Fax: 981 546 [email protected]

CCEENNTTRROO GGAALLEEGGOO DDEE AARRTTEE CCOONNTTEEMMPPOORRÁÁNNEEAASSaannttiiaaggoo ddee CCoommppoosstteellaa

CCoommiissaarriioo:: JJaavviieerr HHoonnttoorriiaa

IInnaauugguurraacciióónn:: 44 ddee xxuulllloo ááss 2200::0000 hhDDoo 44 ddee xxuulllloo aaoo 1188 ddee oouuttuubbrroo ddee 22001144HHaallll,, ppllaannttaa bbaaiixxaa,, DDoobbrree EEssppaazzoo

Co apoio de:

Organizada co apoio económico de:

MARKMANDERSCurc ulio basso s