Matemáticas de cine

19
MATEMÁTICAS DE CINE

description

 

Transcript of Matemáticas de cine

Page 1: Matemáticas de cine

MATEMÁTICASDECINE

Page 2: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

21: BLACK JACK (2008)

Coa cidade das Vegas como escenario, a película 21 Black Jack trata as matemáticas a través dun grupo de estudantes do Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) e Micky Rosa, profesor desta materia e virtuoso da estatística que desenvolveu un sistema que permite gañar nos casinos desta cidade grandes sumas de diñeiro xogando ao Black Jack.

Page 3: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

ÁGORA (2009)

No século IV, Exipto era unha provincia do Imperio Romano. A cidade máis importante, Alexandría, convertérase no último baluarte da cultura fronte a un mundo en crise, dominado pola confusión e a violencia. No ano 391, hordas de fanáticos asañáronse coa lendaria biblioteca de Alexandría. Atrapada tras os seus muros, a brillante astrónoma Hypatia, filósofa e atea, loita por salvar a sabedoría do mundo antigo.

Page 4: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

CONTACT (1997)

Ás ordes de Robert Zemeckis, Jodie Foster protagonizou esta película, baseada na novela do mesmo nome escrita por Carl Sagan. Dende nena, Elli sentiu atracción cara ao mundo das ciencias e as matemáticas, facendo delas a súa profesión. A interceptación dunha mensaxe extraterrestre, tras descifrar unha secuencia de número primos, é o punto de partida desta historia.

Page 5: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

CUBE (1997)

Cuartos en forma de cubo de diferentes cores e claves que hai que descifrar son algúns dos ingredientes da película de terror Cube. Desenvólvese nun labirinto e unha das persoas atrapadas nel, unha estudante de matemáticas, achará a estratexia baseada en número primos que lles permitirá saír do lugar no que están atrapados.

Page 6: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

DONALD EN EL PAÍS DE LAS MATEMÁTICAS (1959)

Cunha duración de 25 minutos, nesta película o protagonista é o entrañable Pato Donald. Este achegaralles aos máis pequenos algúns aspectos desta materia de xeito divertido.

Page 7: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

EL CÓDIGO DA VINCI (2006)

O catedrático Robert Langdon vese obrigado a acudir unha noite ao Museo do Louvre, cando o asasinato dun restaurador deixa tras de si un misterioso rastro de símbolos e pistas. Coa axuda da criptógrafa da policía Sophie Neveu, Langdon descobre que a obra de Leonardo Da Vinci esconde unha serie de misterios que apuntan a unha sociedade secreta encargada de custodiar un antigo segredo que permaneceu oculto durante dous mil anos...

Page 8: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

EL INDOMABLE WILL HUNTING (1997)

Matt Damon interpreta neste filme a Will Hunting, un mozo dos suburbios de Boston cunha capacidade e un talento innato para as matemáticas. Pero Will tamén sofre unha serie de problemas emocionais que debe afrontar. O profesor e terapeuta Sean McGuire (Robin Williams) axudaralle a canalizar ese don innato polos números e a superar as súas carencias afectivas.

Page 9: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

EL NÚMERO 23 (2007)

Un home vive obsesionado cun libro que parece describir detalles da súa vida íntima. O home empeza a sentirse ameazado e vólvese paranoico debido a un número que se repite unha e outra vez no libro: o 23.

Page 10: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

LA ECUACIÓN PREFERIDA DEL PROFESOR (2006)

Película dirixida por Takashi Koizumi na que teñen cabida os números primos, as raíces factoriais, os números amigos, o número Pi... Relata a historia dunha nai solteira que empeza a traballar na casa dun profesor de matemáticas que, a consecuencia dun accidente de tráfico, ten limitada a súa memoria a 80 minutos. Pronto xurdirá unha bonita amizade entre este profesor e o fillo da súa empregada ao que cariñosamente chama 'Root' (en inglés, Raíz).

Page 11: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

LA HABITACIÓN DE FERMAT (2007)

Nesta longametraxe española descubrimos, entre outros, aos actores Luis Homar, Alejo Sauras, Santi Millán e Elena Ballesteros. Nela menciónanse a algúns dos matemáticos máis importantes que existiron. A trama xira arredor da Conxectura de Goldbach, un dos problemas abertos máis antigos das matemáticas relacionados coa teoría dos números.

Page 12: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

LA PIZARRA (2000)

Un grupo de profesores viaxa a través do Kurdistán iraniano en busca de alumnos aos que ensinarlles a ler e escribir. As matemáticas, a través da aritmética, tamén teñen presenza nesta película que (así mesmo) denuncia a opinión de que para algunhas persoas a educación non constitúe un valor.

Page 13: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS (2010)

Adaptación da obra literaria do mesmo título, escrita por Paolo Giordano. As matemáticas aparecen representadas a través dos números primos xemelgos: son aqueles números moi próximos entre si e unicamente se interpoñen entre eles un número par (o 17 e o 19 son números primos xemelgos). O seu protagonista, Mattia, traslada este concepto á relación que establece coa moza Alice.

Page 14: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

LA VERDAD OCULTA (2005)

Anthony Hopkins, Gwyneth Paltrow e Jake Gyllenhall son algúns dos actores que protagonizan esta película, na que as matemáticas e as relacións persoais dos seus protagonistas se mesturan. Paltrow encarna unha estudante de Matemáticas atrapada entre un futuro -algo incerto - e un pasado ligado á figura do seu pai, un eminente matemático que antes de falecer descubriu un importante cálculo con número primos.

Page 15: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

LOS CRÍMENES DE OXFORD (2008)

ProtagonIzada polos actores Elijah Wood e John Hurt. Estudante e docente enfróntanse a unha serie de crimes, tras os cales se esconde unha serie cuxa lóxica teñen que descifrar a partir dunha imaxe e un signo que asasinato tras asasinato vai cambiando. A película é unha adaptación do libro 'Crimes imperceptibles' do arxentino Guillermo Martínez.

Page 16: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

MENTES QUE BRILLAN (1991)

O seu protagonista é Fred Tate, un neno de sete anos virtuoso das matemáticas que se sente incomprendido polo mundo que o rodea. Un día a súa nai, interpretada por Jodie Foster, decide internalo nun centro para mozos superdotados.

Page 17: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

MOEBIUS (1996)

Nun futuro non moi afastado, un misterioso accidente acontece no metro de Bos Aires: un coche que circulaba pola vía desaparece, perdéndose no tempo debido a un estraño fenómeno que só un científico pode resolver. Filme futurista de ciencia-ficción realizado integramente por alumnos dunha escola de cine arxentina e dirixido polo profesor e cineasta Gustavo Mosquera.

Page 18: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

PI, FE EN EL CAOS (1998)

Forma parte das películas de cine independente norteamericanas. Trátase dun thriller psicolóxico con dose de intriga, ciencia ficción e drama que conta a historia dun matemático que está a traballar no sistema numérico que xestiona e rexe o mercado bolsista.

Page 19: Matemáticas de cine

Matemáticas de cine

UNA MENTE MARAVILLOSA (2001)

Gañadora de numerosos premios e protagonizada por Russell Crowe e Jennifer Connelly, a película relata a vida do Premio Nobel, economista e matemático John Forbes Nash.