Medios de vida 1

6
MEDIOS DE VIDA Os medios de vida e os traballos da nosa contorna. 3º e 4º de E. PRIMARIA Curso 2015/2016

Transcript of Medios de vida 1

Page 1: Medios de vida 1

MEDIOS DE VIDA

Os medios de vida e os traballos da nosa contorna.3º e 4º de E. PRIMARIA

Curso 2015/2016

Page 2: Medios de vida 1

Comezamos esta unidade vendo o que é o traballo e intentaremos descubrir cales son os traballos e os medios de vida da nosa contorna.Como consideramos que o horto ecolóxico é un medio de vida na nosa contorna e é un traballo que contribúe económicamente nas familias tentaremos de coñecer e valorar o mesmo a través do noso horto escolar (invernadoiro, cultivo exterior, horto de aromáticas).

O que imos traballar:-Coñecer e descubrir a nosa contorna.-Sectores laborais.-Maquinaria e ferramentas-Riscos laborais-Evolución dos traballos.

Page 3: Medios de vida 1

O TRABALLOO traballo é calquera actividade que realizan os seres humanos para obter un diñeiro a cambio.

Xubilados Poboación activaA poboación que ten entre 16 e 65 anos considérase que está en idade de traballar e chamámoslle poboación activa. Dentro de este grupo hai persoas que non teñen traballo, é dicir, están en paro.

A poboación non activa está formada polas persoas que pola súa idade ou saúde non poden traballar, é dicir, nenas, nenos, e persoas xubiladas ou enfernmas. As persoas realizan traballos moi diferentes, estes traballos clasifícanse en tres grupos chamados sectores de producción e son:Sector Primario: Traballos para obter produtos da natureza.Sector Secundario: Traballos para transformar los produtos naturais en elaborados.Sector Terciario: Prestar servizos ou axuda ás persoas.

Page 4: Medios de vida 1

O Concello da Pontenova conta cunha poboación de 2.913 persoas.

O noso Concello ten as súas orixes nos traballos do sector primario.A Pontenova nace cunha explotación mineira de xacementos de limonita. A importancia desta actividade fixo que se construíra un ferrocarril que se puxo en funcionamento no 1905 para transportar o mineral hacia o porto de Ribadeo. Neste momento pasou a chamarse concello de Puentenuevo-Vilaoudriz . No ano 1979 acordouse a denominación actual de : A Pontenova.

POBOACIÓN E ORIXES DO NOSO CONCELLO

Page 5: Medios de vida 1

A realidade económica do Concello da Pontenova está marcada polo sector primario, que ocupa algo máis do 40% da súa poboación activa.A agricultura atópase condicionada polo medio físico, ao que se une a falta de recursos técnicos, unha propiedade moi fragmentada e o elevado avellentamento da poboación. O trigo, o millo e a pataca constitúen os principais cultivos, con todo, mentres se intenta modernizar a agricultura para conseguir unha maior produtividade, atópase un complemento nas explotacións madereiras.A gandería é unha actividade pouco especializada e na que o bovino predomina sobre o resto de tipos de gando. O seguinte tipo máis común é o gando porcino e para rematar o ovino, o cabrún e o cabalar.A industria e o sector terciario foron incrementado as súas porcentaxes de poboación empregada ao longo dos anos no Concello da Pontenova.Dentro do sector secundario, a construcción é sen dúbida o apartado máis importante. En canto ao sector terciario, que abarca case un 30% da poboación activa, pódese dicir que cobre todos os servizos comunitarios necesarios, tales como: supermercados, bancos, cafeterías, restaurantes, hoteis e hostais, bares, tendas...

Page 6: Medios de vida 1