MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE...

8
MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLOREZ. Seguindo as pautas sinaladas no proxecto de fomento do uso do galego para o curso 2014- 2015 do CEIP Wenceslao Fernández Florez , e fundamentalmente priorizando nos obxectivos a acadar para a unha efectiva dinamización da lingua galega , as catividades e os contidos traballados ao longo do presente curso foron : 1. Creación da páxina web “ quer que lle quer “ : Polo Google , temos que buscar por “ quer que lle quer “ Wenceslao A creación desta páxina web foi sen dúbida un dos grandes éxitos deste curso , xa que ademais de contar nesta con grande parte de actividades feitas en prol da lingua galega , engadíronse cantidade de recursos para todas as idades ( educativos , xogos , axendas culturais ...) , tamén foi plataforma para a exposición e promoción de novidades bibliográficas e discográficas , mostra do seu éxito é que dende finais de xaneiro ata hoxe , xa son 1500 as visitas realizadas , número importante tendo en conta que non se trata de unha páxina de consulta obrigada para traballos de clase , en todo caso visitando esta páxina poderedes observar claramente a maiores gran parte das actividades realizadas . 2. Creación de tres expositores para incentivar a lectura en galego , no terceiro trimestre do curso dedicamos un destes tamén á música en galego , de aí que fixeramos un desembolso de máis de 300 € en audios axeitados ás diferentes idades :

Transcript of MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE...

Page 1: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLOREZ.

Seguindo as pautas sinaladas no proxecto de fomento do uso do galego para o curso 2014- 2015 do CEIP Wenceslao Fernández Florez , e fundamentalmente priorizando nos obxectivos a acadar para a unha efectiva dinamización da lingua galega , as catividades e os contidos traballados ao longo do presente curso foron :

1. Creación da páxina web “ quer que lle quer “ :

Polo Google , temos que buscar por “ quer que lle quer “ Wenceslao A creación desta páxina web foi sen dúbida un dos grandes éxitos deste curso , xa que ademais de contar nesta con grande parte de actividades feitas en prol da lingua galega , engadíronse cantidade de recursos para todas as idades ( educativos , xogos , axendas culturais ...) , tamén foi plataforma para a exposición e promoción de novidades bibliográficas e discográficas , mostra do seu éxito é que dende finais de xaneiro ata hoxe , xa son 1500 as visitas realizadas , número importante tendo en conta que non se trata de unha páxina de consulta obrigada para traballos de clase , en todo caso visitando esta páxina poderedes observar claramente a maiores gran parte das actividades realizadas .

2. Creación de tres expositores para incentivar a lectura en galego , no terceiro trimestre do curso dedicamos un destes tamén á música en galego , de aí que fixeramos un desembolso de máis de 300 € en audios axeitados ás diferentes idades :

Page 2: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

3. Concurso “ Coñeces Galicia “ para todos os ciclos , repartidos por ciclos e para cada trimestre , sendo de carácter voluntario , a resposta a este foi verdadeiramente boa , xa que a practica totalidade do alumando participou no mesmo , sendo unha actividade que foi de moito agrado por parte do profesorado , xa que levou a traballos interdisciplinarios con outras materias ( coñecemento do medio ) e a moito traballo coas TICS :

Page 3: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

4. Ciclo ¡ CANTOS CONTOS CONTAS ! , foi un ciclo que comezou a finais de xaneiro e no que contamos coa participación de toda a comunidade escolar , pais e nais e alumnado participaron xoves e venres ás horas dos recreos contándonos historias , relatos , realizando obras de teatro ou contando experiencias , estas participacións foron anunciadas ao longo de cada semana polo que contaron coa asistencia de numeroso público en cada sesión , foi sen dúbida tamén un grande éxito , xa que mesmo tivemos que cortar a cota de participación xa que non contabamos con tantas datas , ademais como colofón a este ciclo contamos coa presenza especial de Paula Carballeira , quen nos veu a contar unhas historias no salón de actos o 11 de xuño .

Page 4: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

Aproveitando a visita de Paula Carballeira , fixemos o certame “ Debuxando en galego “ tratábase de que tod@s @s que quixeran asistir a este evento tiña que facer un debuxo a partir deste epígrafe , polo que evidentemente o que se buscaba era o enfoque cara a calqueira elemento ou imaxe suxerente para @s nen@s á hora de debuxar Galicia .

5. “ SEMANA DA ARTE EN GALEGO “ : Aproveitando a chegada do día das letras galegas , ao longo de todo o mes de maio celebramos a nosa “semana da arte en galego , na que tras facer diversos niveis traballos de investigación arredor dunha personaxe relacionado ao mundo da cultura , posteriormente viñeron as devanditas a facernos unha visita , e pasaron unha mañá na compaña do alumnado dándose a coñecer , estamos a falar das visitas de : - A ilustradora María Lires, que estivo co alumnado do 1º nivel :

- O Ilustrado Xacobe Fernández que estivo co alumando do 2º nivel :

- O pintor Jano Muñoz , que acompañou ao alumnado de 6º :

Page 5: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

- A intérprete musical Mercedes Peón , para o alumando de 5º :

- O escritor Xabier Docampo con alumando de 3º e 4º :

Como sinalábamos anteriormente estas visitas levaron un traballo anterior que consistiu en facer unha investigación arredor destas personaxes por parte de cada nivel , traballos que se viron reflectido en murais , prezis ..., ademais de preparar con xeito as entrevistas .

6. Concerto didáctico en colaboración co departamento de música , do musicólogo Pablo Carpinteiro , dedicado e centrado especificamente na música tradicional , e no coñecemento da enorme variedade da súa instrumentación , nestes concertos participaron todo o alumnado do 2º e 3º ciclo :

Page 6: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

7. Intercambio do 2º nivel ao longo de todo o curso co colexio Xosé Pichel de Coristanco , durante o curso realizáronse moitas actividades de coñecemento entre o alumnado de ambos centros : debuxos da paisaxe , cartas entre amigos , agasallos , debuxos estacionais , un power point de coñecemento das zonas e deles mesmos , e este intercambio rematou coa nosa visita ao centro de Coristanco , onde xantamos e xogamos tod@s xuntos , e aproveitamos para coñecer o forno de alfareiros de Buño :

Page 7: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

8. Actuación de Paco Nogueiras para ed.infantil e 1º ciclo :

9. Fomento e divulgación do homenaxeado polo día das letras galegas , Filgueira Valverde , para isto empregamos todos os recursos que nos chegaron a través da coordinadora que se traballaron en todos os niveis nas aulas , ademais creamos unha páxina especial xa dende febreiro sobre o autor na páxina “ quer que lle quer “ onde inserimos posteriormente as devanditas actividades e na semana das letras galegas colgamos toda a carteleira en relación ao autor , ademais de facer un grande mural en prol do galego , que foi precedido da campaña “ Nós tamén en galego “ todas as clases do centro colgaron esta lenda nas súas portas , e finalmente foi a base para o cartel principal do día das letras galegas , ademais da figura de

Page 8: MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA … · 2020-06-13 · MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA, CURSO 2014-15, POR PARTE DO EDLG DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ

Filgueira Valverde .O propio día das letras galegas aproveitamos para que tod@s aquel@s que quixeran tocar un instrumento tradicional , podía facer a súa interpretación na hora do recreo , moit@s foron os que nesta hora fixeron soa as súas gaitas e pandeiretas :

10. Igualmente na intención do fomento do galego , fixemos un traballo no que participaron todas as clases , polo que cada unha escollía as súas dez palabras máis bonitas en galego , despois estas irían rotuladas nunhas tiras de colores que se expoñerían polo centro e valerían tamén para o cartel principal das letras galegas :

11. Reforzo de todas as necesidades técnicas e de recursos para o profesorado , en prol do fomento do galego . 12. Participación activa en colaboración con todos os departamento do centro que o precisaran en prol do

fomento e uso do galego . 13. Merca de material discográfico e bibliográfico para o fomento e maior coñecemento da lingua galega . 14. Exposición de todos os traballos realizados en relacións ao compendio total das devanditas actividades .

E para que conste a efectos oficiais a certificación dos contidos desta memoria queda esta asinada e ratificada por :

Directora do centro Coordinador do EDLG

Ana Rial Rial Fernando Martínez Cruz