Máis vale previr que lamentar€¦ · súa autoestima e convértenas en per-soas máis...

2
Máis vale previr que lamentar Boletín Mensual Nº 66 / Agosto 2018 O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos “Sen dúbida o verán da miña vida!” Encantoume pasar tempo coas miñas no- vas amizades. Cada día había cousas dis- tintas que facer: xogos, excursións, viaxes, cacharelas, traballos manuais... Paseino moi ben”. María “Como me gusta!” O/a teu/túa fillo/a pode elixir entre campa- mentos urbanos ou residenciais. Hainos dedicados á robótica, ás artes escénicas, á cociña, campamentos deportivos ou musi- cais... Ademais, son divertidos, aprenden a compartir, están en contacto coa natureza, desenvolven habilidades sociais e auto- nomía persoal adaptándose a un ámbito descoñecido e afrontando novas situa- cións. E, sobre todo, pais e nais descansan coa tranquilidade de saber que os menores están en boas mans. Porque, ademais: os campamentos deben estar ben asegura- dos. A Lei obriga a que os campamentos te- ñan contratado un Seguro de Accidentes, protexendo, tanto os monitores como os nenos e as nenas, de calquera incidente que poidan sufrir, grazas a esta garantía cóbrense os gastos de asistencia sanitaria, mesmo indemnizacións por discapacidade ou falecemento. Por suposto, tamén deben ter contratado un Seguro que cubra a Responsabilidade Civil, respondendo así dos danos, tanto persoais como materiais, que puidesen causarlles a terceiras persoas. “Ademais ensináronme valores para a vida; valores educativos para ser mellores per- soas e para mellorar o mundo no que vivi- mos.” Apolline “Meu Deus, están tirando guitarras!” “Estabamos sentados na parte traseira do avión e unha persoa que non sabía que era- mos músicos berrou: Meu Deus, están tiran- do guitarras fóra! Finalmente, despois de 9 meses, ofrecéron- me 1.200 dólares en efectivo e outros 1.200 dólares en pasaxes de avión. Díxenlles que moitas grazas pero que nese punto xa non estaba buscando unha compensación”. Dave Carroll é un músico canadense que viaxou en 2008 cunha compañía aérea. Unha neglixencia da compañía rompeu a súa guitarra Taylor valorada en 3.500 dó- lares. Como non lle ofrecían unha solución gravou un vídeo cunha canción onde conta- ba a historia e, en moi pouco tempo, obtivo máis de 4 millóns de reproducións. “A grandes males, grandes remedios” Como non queremos que che aconteza nada disto nas túas viaxes, recomendámos- che estes consellos para evitar contratem- pos. Planifica con tempo e goza dos prepara- tivos buscando destino e deseñando que lugares visitarás ao chegar. Prepara a equipaxe a conciencia e non esquezas: cargadores, cables especiais, medicamentos, suficiente roupa interior e un bolso ou unha mochila. E, ademais, contrata un Seguro de Viaxe. Evitarás sorpresas. Con este económico seguro aforras desgus- tos as 24 horas do día. Pode axudarche se perdes o voo ou a equipaxe, se cancelas a viaxe, se enfermas mentres estás lonxe da casa ou sofres un accidente cando percorres a Selva de Irati ou fotografas as Casas Colgadas de Cuenca. O seguro tamén asumirá a túa Responsabilidade Ci- vil, se, por exemplo, deixas enchufadas as pranchas do pelo e se queima o cuarto do hotel. Din que non hai mal que por ben non veña. Sabes como rematou a historia do músico canadense? A aeroliña que destruíu a súa guitarra, United Airlines, asinou con el un contrato para adestrar o persoal laboral en atención ao cliente. E2KBROKERNET - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións. C/ Marzo, 23. Bajos , - Albacete Tf: 902 114 913 | Email: [email protected] e2kglobal.com/

Transcript of Máis vale previr que lamentar€¦ · súa autoestima e convértenas en per-soas máis...

Page 1: Máis vale previr que lamentar€¦ · súa autoestima e convértenas en per-soas máis extravertidas. As mascotas fan que vaiamos un 15% menos ás consultas médicas. Axúdan-lles

Máis vale previr que lamentar

Boletín MensualNº 66 / Agosto 2018

O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos

“Sen dúbida o verán da miña vida!”Encantoume pasar tempo coas miñas no-vas amizades. Cada día había cousas dis-tintas que facer: xogos, excursións, viaxes, cacharelas, traballos manuais... Paseino moi ben”. María

“Como me gusta!”

O/a teu/túa fillo/a pode elixir entre campa-mentos urbanos ou residenciais. Hainos dedicados á robótica, ás artes escénicas, á cociña, campamentos deportivos ou musi-cais... Ademais, son divertidos, aprenden a compartir, están en contacto coa natureza, desenvolven habilidades sociais e auto-nomía persoal adaptándose a un ámbito descoñecido e afrontando novas situa-cións. E, sobre todo, pais e nais descansan coa tranquilidade de saber que os menores están en boas mans. Porque, ademais: os campamentos deben estar ben asegura-dos.

A Lei obriga a que os campamentos te-ñan contratado un Seguro de Accidentes, protexendo, tanto os monitores como os nenos e as nenas, de calquera incidente que poidan sufrir, grazas a esta garantía cóbrense os gastos de asistencia sanitaria, mesmo indemnizacións por discapacidade ou falecemento.

Por suposto, tamén deben ter contratado un Seguro que cubra a Responsabilidade Civil, respondendo así dos danos, tanto persoais como materiais, que puidesen causarlles a terceiras persoas.

“Ademais ensináronme valores para a vida; valores educativos para ser mellores per-soas e para mellorar o mundo no que vivi-mos.” Apolline

“Meu Deus, están tirando guitarras!”

“Estabamos sentados na parte traseira do avión e unha persoa que non sabía que era-mos músicos berrou: Meu Deus, están tiran-do guitarras fóra!

Finalmente, despois de 9 meses, ofrecéron-me 1.200 dólares en efectivo e outros 1.200 dólares en pasaxes de avión. Díxenlles que moitas grazas pero que nese punto xa non estaba buscando unha compensación”.

Dave Carroll é un músico canadense que viaxou en 2008 cunha compañía aérea. Unha neglixencia da compañía rompeu a súa guitarra Taylor valorada en 3.500 dó-lares. Como non lle ofrecían unha solución gravou un vídeo cunha canción onde conta-ba a historia e, en moi pouco tempo, obtivo máis de 4 millóns de reproducións.

“A grandes males, grandes remedios”

Como non queremos que che aconteza nada disto nas túas viaxes, recomendámos-che estes consellos para evitar contratem-pos.

• Planifica con tempo e goza dos prepara-tivos buscando destino e deseñando que lugares visitarás ao chegar.

• Prepara a equipaxe a conciencia e non esquezas: cargadores, cables especiais, medicamentos, suficiente roupa interior e un bolso ou unha mochila.

E, ademais, contrata un Seguro de Viaxe. Evitarás sorpresas.

Con este económico seguro aforras desgus-tos as 24 horas do día. Pode axudarche se perdes o voo ou a equipaxe, se cancelas a viaxe, se enfermas mentres estás lonxe da casa ou sofres un accidente cando percorres a Selva de Irati ou fotografas as Casas Colgadas de Cuenca. O seguro tamén asumirá a túa Responsabilidade Ci-vil, se, por exemplo, deixas enchufadas as pranchas do pelo e se queima o cuarto do hotel.

Din que non hai mal que por ben non veña. Sabes como rematou a historia do músico canadense? A aeroliña que destruíu a súa guitarra, United Airlines, asinou con el un contrato para adestrar o persoal laboral en atención ao cliente.

E2KBROKERNET - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións.C/ Marzo, 23. Bajos , - Albacete

Tf: 902 114 913 | Email: [email protected]

e2kglobal.com/

Page 2: Máis vale previr que lamentar€¦ · súa autoestima e convértenas en per-soas máis extravertidas. As mascotas fan que vaiamos un 15% menos ás consultas médicas. Axúdan-lles

Máis vale previr que lamentarRede Nacional de Corredores de Seguros

Hai 7 anos, un pingüín apareceu nunha praia brasileira. João Pereira, un pensio-nista de 71 anos, encontrouno cuberto de petróleo a punto de morrer. Levouno á súa casa, limpouno e coidouno duran-te 1 semana. Cando xa estaba curado, devolveuno ao mar. Meses despois vol-veu. Hoxe Dindim, o pingüín, pasa 8 me-ses ao ano co seu rescatador. Na época de reprodución desprázase a Arxentina e Chile, pero logo volve ao seu fogar con João Pereira.

As persoas expertas aseguran que as relacións con animais achegan saúde física ás súas familias, fan que creza a súa autoestima e convértenas en per-soas máis extravertidas.

As mascotas fan que vaiamos un 15% menos ás consultas médicas. Axúdan-lles a nenos e nenas a ser máis res-ponsables, ter máis disciplina e xene-rosidade. Está demostrado que fai máis doado o estudo das matemáticas e que asimilan mellor os conceptos sobre a vida e a morte.

A viaxe de Pipper

En España viven 5 millóns de cans, un deles chámase Pipper. El e o seu dono

percorren xuntos España como turistas, fomentando o turismo dog friendly. E é que o 7% das buscas turísticas por Inter-net son para encontrar hoteis onde acep-ten mascotas.

Cando saias de vacacións coa túa mascota non esquezas o transportador. Se non o tiveses, lembra que o animal debe ir suxeito, ben cun arnés homolo-gado ou cunha reixa separadora. Pre-para ben a súa maleta, bebedoiro e co-medeiro, unha camiña para que teña un lugar onde descansar e non esquezas o seu xoguete preferido.

Cando o deixes na casa busca unha persoa responsable do seu coidado, ponte de acordo con alguén de confian-za, ou lévao a unha residencia de ani-mais.

E, sobre todo, protéxeo. Un Seguro de Mascotas pode proporcionar un servizo de busca en caso de extravío e roubo, asistencia telefónica, asistencia veteri-naria e responsabilidade civil. Mesmo pode incluír os gastos causados polo falecemento.

Non mintas que é peorNa “correduría” temos para ti un modelo de Parte Amigable que debes encher en caso de accidente con outro vehículo. Cando o asi-nas, de común acordo, os trámites axilízanse.

Por culpa da “picaresca”, algunhas persoas menten e falsean o parte de accidentes, mes-mo se chega a simular accidentes que non aconteceron nunca. Non obstante, quen practica estas trampas, debe saber que inco-rre nun delito de falsificación de documen-to mercantil con penas de prisión de ata 3 anos; e ao pretender enganar a aseguradora cun parte falso, tamén se incorre nun delito de estafa (tamén con pena de prisión e mul-ta), paga a pena arriscarse?

Alerta! Este verán pódenche cancelar o vooUSCA (Unión Sindical de Controladores Aé-reos) non descarta a convocatoria de posibles folgas para este verán. Nos 5 primeiros me-ses do ano anuláronse 1.100 voos que obri-garon a recolocar 120.000 pasaxeiros. Quen che devolve o diñeiro do billete? Tes dereito a indemnización?

Cando a folga está confirmada, a aeroliña ofrecerache outras alternativas (cambiar a data ou o reembolso do diñeiro). Mesmo en ocasións procede unha indemnización por cancelación do voo, sempre e cando esta non se deba a circunstancias excepcionais, que a compañía non avisase cun mínimo de dúas semanas de antelación á cancelación do voo programado ou que non propoña un transporte alternativo.

De todos os xeitos, a mellor opción para es-tas desavinzas é contratar, no noso Seguro de Viaxe, o pagamento de indemnización para aqueles supostos de voos perdidos, atrasados e cancelados.

A familia e un ou unha máis

Inve

stig

ació

nRe

com

enda

ción

Dep

ósito

Leg

al M

-415

89-2

012

Edita

: E2K

Glo

bal B

usin

ess

Solu

tions

, S.A

.

Enviámosche este Boletín Informativo en calidade de cliente de E2KBROKERNET, coa finalidade de informarte sobre distintos aspectos relacionados co sector dos seguros.

Se non queres recibir a partir deste momento o Boletín, pregámosche que nos envíes un correo electrónico coa palabra "Baixa" ao seguinte enderezo: [email protected]