Moción Relativa á Constitución e Posta en Marcha Do Consello Escolar Municipal

4
Vilalbaberta MOCIÓN RELATIVA Á CONSTITUCIÓN E POSTA EN MARCHA DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL Ao Pleno do Concello de Vilalba D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB; formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Entre as moitas obrigas que se lle debería presupoñer a un goberno municipal merecente dese nome, debería atoparse a de garantir e salvagardar o bo funcionamento en materia de educativa do seu Concello, explorando os propios límites competenciais en tanto que entidade local, e utilizando todos os recursos, tanto económicos como institucionais, legais e humanos ao seu alcance. Dende esta premisa, resulta imprescindible abordar os problemas e solucións do noso Concello en cuestións de educación co rigor que isto merece e coa seguridade de que serán os veciños e as veciñas os e as que, coa súa participación activa, sentarán as bases para unha educación pública e de calidade para as novas xeracións que chegan. A educación é un dos eixos fundamentais sobre os que pivota toda comunidade con aspiracións de benestar e progreso, de xeito que a día de hoxe ninguén pode concibir unha sociedade na cal o sistema educativo non sexa unha das preocupacións fundamentais tanto das administracións públicas, nos seus distintos niveis, como dos individuos e as familias, os e as cales ven tamén na educación da infancia e a mocidade, unha condición ineludibel para progresar como persoas e coma pobo. Non en balde, a educación é considerada un dereito de todo ser humano ben sexa no ámbito dos estados como a nivel supranacional, e tanto a solemne Declaración

description

Pleno Ordinario 28/1/2016

Transcript of Moción Relativa á Constitución e Posta en Marcha Do Consello Escolar Municipal

Page 1: Moción Relativa á Constitución e Posta en Marcha Do Consello Escolar Municipal

Vilalbaberta

MOCIÓN RELATIVA Á CONSTITUCIÓN E POSTA EN MARCHA DO

CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Ao Pleno do Concello de Vilalba

D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do

disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Entre as moitas obrigas que se lle debería presupoñer a un goberno municipal

merecente dese nome, debería atoparse a de garantir e salvagardar o bo

funcionamento en materia de educativa do seu Concello, explorando os propios límites

competenciais en tanto que entidade local, e utilizando todos os recursos, tanto

económicos como institucionais, legais e humanos ao seu alcance.

Dende esta premisa, resulta imprescindible abordar os problemas e solucións do noso

Concello en cuestións de educación co rigor que isto merece e coa seguridade de que

serán os veciños e as veciñas os e as que, coa súa participación activa, sentarán as

bases para unha educación pública e de calidade para as novas xeracións que chegan.

A educación é un dos eixos fundamentais sobre os que pivota toda comunidade con

aspiracións de benestar e progreso, de xeito que a día de hoxe ninguén pode concibir

unha sociedade na cal o sistema educativo non sexa unha das preocupacións

fundamentais tanto das administracións públicas, nos seus distintos niveis, como dos

individuos e as familias, os e as cales ven tamén na educación da infancia e a

mocidade, unha condición ineludibel para progresar como persoas e coma pobo.

Non en balde, a educación é considerada un dereito de todo ser humano ben sexa no

ámbito dos estados como a nivel supranacional, e tanto a solemne Declaración

Page 2: Moción Relativa á Constitución e Posta en Marcha Do Consello Escolar Municipal

Universal dos Dereitos Humanos, que declara o dereito universal á mesma, como a

propia Constitución Española, que establece no seu artigo 27 o dereito de todos á

educación, mediante unha programación xeral do ensino, con participación efectiva de

todos os axentes afectados, constitúen un exemplo preciso ao que acudir.

Paralelamente, a sociedade civil consciente da súa importancia, foi progresivamente

implicándose cada vez máis no proceso educativo, así coma na articulación de

fórmulas de participación nesta importante tarefa para apoiar ás administracións no

obxectivo común de lograr a mellor das educacións posible.

A lexislación, consciente da importancia da implicación de todos os estamentos na

educación, previu diversos mecanismos que fagan efectiva a participación de todos os

membros da comunidade educativa, sendo os Consellos Escolares nos seus diversos

ámbitos de actuación, xunto coas Asociacións de Nais e Pais, de alumnos ou de

profesores, un dos elementos máis significativos.

Neste sentido, a mesma Lei de Bases de Réxime Local no seu artigo 25.2 concreta que

a Administración Local debe “participar na programación da ensinanza, cooperar coa

Administración Educativa na creación, construcción e sostemento dos centros

educativos públicos, así coma intervir nos seus órganos de xestión e participar na

vixilancia e o cumprimento da escolaridade obrigatoria”

O Consello Escolar establécese, pois, como un órgano colexiado de primeiro nivel de

importancia e a súa posta en marcha conta, alá onde xa opera a nivel municipal, cun

especial tratamento por parte das diferentes institucións, dada a importancia que,

dende a maioría se lle presupón, á participación efectiva do conxunto da comunidade

educativa.

O noso Concello non dispón aínda dun Consello Escolar Municipal, a pesares de que,

en base á experiencia das entidades municipais onde xa está a funcionar, constituiría

un elemento importante para mellorar a calidade do ensino na nosa localidade, en

colaboración cos diversos niveis das Administracións educativas e como un xeito,

tamén, de optimizar recursos así coma de evitar duplicidades innecesarias.

Entre as finalidades que o CEM pode ter destacaremos:

Planificar a rede de centros.

Escolarizar equitativamente aos alumnos

Distribuír e controlar fondos destinados a programas educativos.

Facer propostas de mellora da convivencia e do fracaso escolar.

Potenciar a participación de toda a comunidade educativa.

Page 3: Moción Relativa á Constitución e Posta en Marcha Do Consello Escolar Municipal

Realizar de forma coordinada actividades educativas, culturais e deportivas de

calidade para todos os Centros Escolares.

Potenciar os convenios entre os Centros Educativos e o Concello para un mellor

aproveitamento das instalacións escolares e municipais.

Desenvolver programas educativos en diferentes niveis.

Fomentar o asociacionismo xuvenil.

Nun Concello coma Vilalba a cuestión educativa é de primeira orde e dende logo, existen multitude de asuntos que clarificar e mellorar neste campo, isto é; o reforzamento da rede pública de escolas infantís ata cubrir a demanda do ciclo de 0 a 3 anos, a respetiva análise das causas da sobredimensión do custo dos estudos no noso Conservatorio Municipal con respecto ao que acontece noutros Concellos que ofertan tamén estudos profesionais de música, a elaboración dun Plan Integral de Formación Profesional en base ás expectativas de emprego ou o mantemento das instalacións dos nosos centros educativos, entre outras. Cómpre, pois, axuntar esforzos e aparcar diferenzas á hora de afrontar os asuntos relacionados coa educación, a fin de ser capaces de chegar a acordos negociados na certeza de que iso redundará en beneficio das novas xeracións, e polo tanto do noso propio futuro coma Concello. Neste sentido, e á vista de todo o anteriormente exposto, Vilalba Aberta, a través da súa coportavocía no Grupo Municipal Mixto PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO DE VILALBA A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1º Poñer ao servizo de toda a comunidade educativa do Concello o Consello Escolar Municipal e proceder a informar aos diferentes actores do mesmo utilizando os medios de que este Concello dispón.

2º Compromiso por parte do Concello de encargar a redacción dos seus estatutos a unha comisión formada por:

O Alcalde, ou persoa en quen delegue.

Representantes das forzas políticas con representación municipal

Representantes das AMPAs.

Representantes dos diferentes Consellos Escolares.

Representantes do noso Movemento Asociativo, sempre que así o desexen.

Un experto/a en materia educativa especificamente convidado para esta tarefa

Page 4: Moción Relativa á Constitución e Posta en Marcha Do Consello Escolar Municipal

3º Vinculación cun prazo que non exceda en tempo ao do presente curso académico para redacción do seu Regulamento e a súa sucesiva aprobación no Pleno, a fin de que o devandito Consello Escolar Municipal poida operar en Vilalba a partires do curso académico 2016/2017

En Vilalba, a 11 de Xaneiro de 2016

Fdo.: Modesto Renda Santiso

Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto