MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

2
D. JOSE ÁNGEL VÁZQUEZ BARQUERO, voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense, D. MARTIÑO X. VÁZQUEZ MATO, voceiro do grupo municipal de Ourense en Común no Concello de Ourense e D. GONZALO PÉREZ JÁCOME, voceiro do grupo municipal de Democracia Ourensana no Concello de Ourense, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presentan, diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO E A ESIXENCIA DA SÚA DIMISIÓN EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Nos derradeiros días, a través de distintos medios de comunicación estatais, autonómicos e provinciais, fíxose de dominio público que presentouse perante a Fiscalía Provincial de Ourense unha denuncia na que se acusa ao Presidente da Deputación de Ourense, D. José Manuel Baltar Blanco, de prometer un posto de traballo a cambio de favores sexuais. As gravacións publicadas polo medio de comunicación eldiario.es, que en ningún momento foron desmentidas por parte do Presidente da Deputación, D. José Manuel Baltar Blanco, evidencian indicios de presuntos delitos por prevaricación, tráfico de influencias e abuso de posición. Defendendo a necesaria presunción de inocencia á que calquera persoa ten dereito, esta debe circunscribirse no ámbito estritamente penal, non así político. Non hai que esquecer que D. José Manuel Baltar Blanco representa, nestes intres, a todos os cidadáns e cidadás da Provincia de Ourense. De modo que tales indicios deberían ser suficiente para esixir accións inmediatas para non manchar a institución que preside, nin facer pasar os ourensáns e as ourensás pola vergoña que supón que o seu máis alto representante estea inmerso nun caso que presuntamente atenta de forma directa á dignidade das mulleres, máis da metade da poboación da Provincia. D. José Manuel Baltar Blanco, como non pode ser doutro xeito, debe poder defenderse das acusacións feitas no ámbito penal. Así a todo, a responsabilidade política debe ser asumida de forma inmediata mediante a súa dimisión en aras dunha transparencia e ética da cal fixo gala nos seus anos de presidencia. A Ourensanía, da que tanto presume D. José Manuel Baltar Blanco, tamén é saber cando hai que dar un paso atrás para non prexudicar á propia Provincia de Ourense. Non se pode permitir, no estado no que se encontra actualmente, esta publicidade tan negativa.

description

MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO E A ESIXENCIA DA SÚA DIMISIÓN

Transcript of MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Page 1: MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

D. JOSE ÁNGEL VÁZQUEZ BARQUERO, voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de

Ourense, D. MARTIÑO X. VÁZQUEZ MATO, voceiro do grupo municipal de Ourense en Común no

Concello de Ourense e D. GONZALO PÉREZ JÁCOME, voceiro do grupo municipal de Democracia

Ourensana no Concello de Ourense, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida

resultar de aplicación, presentan, diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN SOBRE A

REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. JOSÉ

MANUEL BALTAR BLANCO E A ESIXENCIA DA SÚA DIMISIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos derradeiros días, a través de distintos medios de comunicación estatais, autonómicos e provinciais,

fíxose de dominio público que presentouse perante a Fiscalía Provincial de Ourense unha denuncia na que se

acusa ao Presidente da Deputación de Ourense, D. José Manuel Baltar Blanco, de prometer un posto de traballo

a cambio de favores sexuais.

As gravacións publicadas polo medio de comunicación “eldiario.es”, que en ningún momento foron

desmentidas por parte do Presidente da Deputación, D. José Manuel Baltar Blanco, evidencian indicios de

presuntos delitos por prevaricación, tráfico de influencias e abuso de posición.

Defendendo a necesaria presunción de inocencia á que calquera persoa ten dereito, esta debe

circunscribirse no ámbito estritamente penal, non así político. Non hai que esquecer que D. José Manuel Baltar

Blanco representa, nestes intres, a todos os cidadáns e cidadás da Provincia de Ourense. De modo que tales

indicios deberían ser suficiente para esixir accións inmediatas para non manchar a institución que preside, nin

facer pasar os ourensáns e as ourensás pola vergoña que supón que o seu máis alto representante estea inmerso

nun caso que presuntamente atenta de forma directa á dignidade das mulleres, máis da metade da poboación da

Provincia.

D. José Manuel Baltar Blanco, como non pode ser doutro xeito, debe poder defenderse das acusacións

feitas no ámbito penal. Así a todo, a responsabilidade política debe ser asumida de forma inmediata mediante a

súa dimisión en aras dunha transparencia e ética da cal fixo gala nos seus anos de presidencia.

A Ourensanía, da que tanto presume D. José Manuel Baltar Blanco, tamén é saber cando hai que dar un

paso atrás para non prexudicar á propia Provincia de Ourense. Non se pode permitir, no estado no que se

encontra actualmente, esta publicidade tan negativa.

Page 2: MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Por todo o exposto, os Grupos Municipais do PSdeG-PSOE, Ourense en Común e Democracia Ourensana,

presentan ao Pleno para o seu debate e aprobación os seguintes ACORDOS:

1. Esixir por parte da Corporación Municipal do Concello de Ourense a inmediata dimisión como

Presidente da Deputación de Ourense de D. José Manuel Baltar Blanco.

2. Esixir a inmediata desculpa pública de D. José Manuel Baltar Blanco a todas as persoas da

provincia, e en particular ás vítimas da violencia machista, por ter ostentando unha

representación institucional ensuciada nestes intres por novas que aínda non foron desmentidas.

Esta desculpa non suporá en ningún caso un menoscabo na súa presunción de inocencia no

ámbito penal, pero si atenderá un clamor social manifestado cando menos pola metade da

poboación da provincia de Ourense.

3. Manifestar por parte da Corporación Municipal do Concello de Ourense a máis enérxica repulsa a

estes feitos concretos en particular, e en xeral a todos os tipos de violencia de xénero. De modo

que se asuma un compromiso firme da corporación municipal para apoiar unha eventual

modificación da Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de

Xénero, para que esta recolla todas as formas de violencia de xénero.