Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3...

6
Yoani Jartín. Oficina de Turismo. Concello de Meira. 2009 1 Altar Maior 2 Capelas laterais* 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes 8 Banco dos enfermos 9 Porta dos monxes 10 Coro dos conversos 11 Porta do corredor dos conversos 12 Nártex 13 Claustro reglar con pozo central 14 Armarium dos libros 15 Collatio ou galería dos bancos 16 Sala capitular 17 Escaleira dos monxes 18 Dormitorio dos monxes 19 Latrinas dos monxes * Na igrexa de Meira so hai dúas capelas laterais aos lados do altar maior. 20 Auditorium ou locutorio dos monxes 21 Scriptorium ou sala dos monxes 22 Sala dos novizos 23 Calefactorio coa cheminea 24 Lavatorium 25 Refectorio dos monxes 26 Púlpito do lector 27 Torno 28 Cociña 29 Despensas 30 Auditorium ou locutorio dos conversos 31 Refectorio dos conversos 32 Paso dos conversos 33 Bodega 34 Escaleira dos conversos 35 Dormitorio dos conversos 36 Latrinas dos conversos 37 Desaugue Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial de Santa María de Meira

Transcript of Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3...

Page 1: Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes ...

Yoani Jartín. Oficina de Turismo. Concello de Meira. 2009

1 Altar Maior 2 Capelas laterais* 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes 8 Banco dos enfermos 9 Porta dos monxes 10 Coro dos conversos 11 Porta do corredor dos conversos 12 Nártex 13 Claustro reglar con pozo central 14 Armarium dos libros 15 Collatio ou galería dos bancos 16 Sala capitular 17 Escaleira dos monxes 18 Dormitorio dos monxes 19 Latrinas dos monxes * Na igrexa de Meira so hai dúas capelas laterais aos lados do altar maior.

20 Auditorium ou locutorio dos monxes 21 Scriptorium ou sala dos monxes 22 Sala dos novizos 23 Calefactorio coa cheminea 24 Lavatorium 25 Refectorio dos monxes 26 Púlpito do lector 27 Torno 28 Cociña 29 Despensas 30 Auditorium ou locutorio dos conversos 31 Refectorio dos conversos 32 Paso dos conversos 33 Bodega 34 Escaleira dos conversos 35 Dormitorio dos conversos 36 Latrinas dos conversos 37 Desaugue

Modelo da planta dunha abadía cisterciense

Igrexa Monasterial de Santa María de Meira

Page 2: Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes ...

OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 2

A IGREXA DE STA. MARÍA DE MEIRA

A fundación da igrexa de Meira, establécese no s.XII, arredor do 1143; o rei Alfonso

VII dona estas terras aos Condes de Sarria: D. Álvaro Rodríguez e Dna. Sancha

Fernández. Estes a súa vez, ven a florecente e rápida expansión da orde relixiosa do

Císter por España e Europa, polo que entregan a esta congregación as terras doadas polo

rei.

O enclave é moi adecuado para os obxectivos dos monxes; un lugar apartado dos

núcleos de poboación, e con boas condicións para os

traballos agrícolas e industriais.

Esta orde procede de Claraval (Francia), da cal o seu

promotor é S. Bernardo. Da grande abadía de Claraval

saían filiacións co obxectivo de erguer mosteiros e

establecer vida relixiosa de acordo

coa orde. A principal premisa é “Ora

et labora”, polo que todas as

construccións son funcionais e sen

ornamentación para así evitar a

distracción visual e centrarse no

rezo, na meditación e no traballo

diario.

En cada nova filiación enviábanse 12 monxes e un abade, que portaban a estructura e

características que o mosteiro debía cumprir. A de Meira foi a 43ª filiación.

Esta orde destaca pola súa simplicidade, austeridade e falta de decoración. Seguían a

regra de S. Bieito que rexeitaba as pinturas, os adornos, as esculturas, as dimensións

desproporcionadas coma en Cluny, e as riquezas e dezmos argumentando que deben

“abandonar os encantos deste mundo para entregarse a Cristo”. A pobreza absoluta

axudaba a enriquecer o espírito e dedicarse a Deus.

DESCRIPCIÓN DO TEMPLO

A igrexa ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior, unha no cruceiro e

con cinco capelas na cabeceira.

Cóbrese con bóveda de canón apuntado.

Ó igual q na maioría dos mosteiros cistercienses, a fachada forma un ángulo recto co

resto do mosteiro. Escasamente pode ter algo que sobresaia fóra da súa severidade

característica cisterciense.

Desapareceron totalmente o claustro procesional, o mesmo q sucedeu coa fermosa

sala capitular e de igual modo o resto das estancias. O único que se conserva intacto do

mosteiro é a igrexa, que é a parte máis artística. É interesante porque conserva, máis ca

Está cubrindo dúas portas tapiadas: abaixo á esquerda

a que daba á sancristía, e arriba á dereita a dos

maitines que comunicaba co cuarto dos monxes.

Sobre este retábulo ábrense 3 fiestras abucinadas

iguais as da nave principal.

A continuación, seguindo pola nave sur, á esquerda

atópase primeiramente a porta dos monxes, por onde

estes accedían do claustro baixo ao interior do templo,

exceptuando á hora dos maitines. O seguinte retábulo

corresponde a S.Antonio de Padua co neno na imaxe

central, á dereita S. Caetano e á esquerda S.Sebastián.

É un retábulo posterior aos vistos anteriormente.

Exceptuando a de S.Antonio, nas outras dúas imaxes

acentúase a desproporción das distintas partes do

corpo, así como as 2 mans dereitas que ten S.Caetano.

Estas observacións xunto cos datos existentes de que os

propios monxes ou legos acostumaban a colaborar nas

construcións das propias igrexas, fainos pensar na

posibilidade de que estas 2 imaxes pertenzan á fábrica

dos propios monxes.

A última imaxe ubicada nesta nave corresponde á

Virxe de Fátima. É unha donación de finais do s. XX.

Seguida a esta figura, existe outra porta tapiada que

correspondería aos legos, coa mesma función que a dos

monxes, pero neste caso comunicaba co corredor de

legos. Xa no muro da fachada principal vemos unha

pequena porta un pouco elevada que corresponde ao oco

da torre do reloxo, e que no seu día albergaba unhas

escaleiras de caracol para subir

ao tellado. Estas escaleiras

destruíronse para que penduraran as pesas do reloxo. A día de

hoxe está baleiro, posto que o reloxo é mecánico e a el accédese

por medio do coro.

De novo, á dereita atopamos a porta da entrada principal que

abre as súas impresionantes ferraxes cara a praza do concello.

IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 11

Page 3: Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes ...

que se conserva hoxe en día como sancristía, para

evitar que fora víctima do espolio.

A continuación, á dereita do altar maior, atópase o

retábulo de S.Bernardo, moi similar ao de S.Bieito e

rodeado por dúas imaxes femininas; á esquerda

Sta.Ludgarda e á dereita Sta.Xuliana de Cornillón. Na

parte superior aparecen S.Famiano e Sta.Umbelina, esta

última era irmá de S.Bernardo.

A carón, á dereita está a capela da Santa María de

Meira, patroa da vila. É un retábulo do s.XVII, dun estilo

b a r r o c o m o i

recargado, con imaxes

laterais de S. Fernando e S. Luís. Na parte superior do

retábulo atópase unha imaxe da lactación de

S.Bernardo. A imaxe da virxe é unha imaxe vestida, con

cara e mans de porcelana. A perruca é feita de pelo

natural, donativo dunha freguesa. Non loce alfaias pero

si unha coroa. Esta imaxe sae en procesión o 15 e 16 de

agosto.

Esta capela está comunicada coa capela de S.Xosé

polo oco dunha ventá situada no muro medianeiro que

as separa.

A estructura do retábulo de S. Xosé é igual ó da

Virxe, coincidindo tamén na súa datación.

É moi destacable a imaxe central de S.Xosé co neno sentado no ombreiro esquerdo. É

unha imaxe dun S.Xosé moi novo e con moito movemento e alegría. As imaxes laterais

que complementan o retábulo pertencen, a da dereita a

Sta. Flora e a da esquerda a S.Valeriano. Na parte

superior atópase a imaxe da Inmaculada Concepción.

Xa na parede sur do cruceiro sitúase un retábulo do s. XVI

no que se representa a lactación de S.Bernardo. É a

mesma imaxe que hai na capela de Sta. María. Na parte

superior atópase a cada lado, de dereita a esquerda as

esculturas de S.Bernardo e S.Bieito respectivamente, e na

parte inferior, unhas pinturas da vida cotiá da Virxe. Este

retábulo estivo anteriormente no altar maior ata que se

instalou o actual no século XVIII.

OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 10

IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 3

ningunha outra de España, a pureza do císter borgoñón.

A fachada está dividida en 3 fragmentos verticais que se

corresponden coas 3 naves. O fragmento central está, a súa vez,

repartido en outras 2 zonas horizontais.

No 1º fragmento, ao norte, destaca na parte de abaixo, unha

porta tapiada de pouca altura, que conducía ó interior da igrexa

por medio do baptisterio.

No tramo

c e n t r a l

distínguense con facilidade as

dúas zonas horizontais: a parte

alta, onde chama a atención un

grandioso rosetón con arcos

radiais circunscritos e cristais de

cores, que aporta unha gran

luminosidade á nave central e á

capela maior. Na parte baixa desta

fachada, aparecen dúas ventás

estreitas aos lados, e xusto

debaixo, unha magnífica porta

baixo un tímpano liso e flanqueada por tres

columnas embebidas en cada xamba, das que

arrancan as arquivoltas que completan a súa

decoración. Nembargantes, a parte que máis chama

a atención é a propia porta de madeira maciza e

decorada con orixinais ferraxes do s. XIII. Sen

dúbida, unha excepcional obra sen par, das que

poucas podemos atopar ao longo da xeografía

española. Entre a amplísima variedade de formas,

podemos atopar as imaxes zoomórficas como cans,

serpes, cabezas de porco bravo, una cabeza de

dragón e unha ra. Ademais tamén aparecen

repetidamente flores de lis.

Pola contra, no fragmento que corresponde á nave

sur, está a torre do reloxo e o campanario, do cal as

Page 4: Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes ...

campás obedecen unicamente aos sinais horarios.

No lateral desta mesma nave, vemos os restos dos

arranques dos arcos do claustro, no medio de cada

unión dos arcos cegos. Sobre estes, aparece outra

porta tapiada, tamén de medio punto; neste caso

serviría para dar acceso desde a parte alta do claustro,

d o

corredor, ao interior do templo,

concretamente ao coro alto, lugar

correspondente aos conversos.

Ao final desta arquería aínda se

conserva unha estancia cerrada de

unión entre a parte baixa do claustro

e a igrexa. Este era un acceso de uso

exclusivo para os monxes. Da mesma

exclusividade eran as dúas portas

tapiadas que se distinguen na parede do cruceiro. A de abaixo correspondíalle á

“Sancristía”, e a de arriba, chamada “de Maitines” por ser

usada polos monxes para acceder desde o dormitorio ao

templo para realizar este rezo.

No alto deste mesmo muro, observamos una impresionante

espadana composta por 3 campás: 2 á par e 1 superposta. A

súa creación é posterior e de dimensións maiores ás

habituais. O seu uso está destinado aos avisos: chamar á

misa, anunciar defuntos, .... .

Continuamos rodeando o templo e atopámonos con cinco

capelas, das cales catro son cadradas e iguais, e a central é

máis grande e semicircular, decorada con bólas, follas,

motivos xeométricos e unha cabeza de porco bravo (igual á

d a po r t a

principal). As fiestras que lle aportan luz

son abucinadas, estreitas e tamén de

medio punto.

A capela central ten apegada unha

estancia cadrada que a abarca

completamente. A súa construcción é

posterior e recorre a parte traseira da

ábsida, situándose nela a sancristía.

OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 4

Ao lado dereito desta capela, atópase o

retábulo de S. Bieito, quen iniciou a reforma

da igrexa e quen redactou a regra de rectitude

e austeridade que posteriormente adoptaría S.

Roberto de Molesmes como directrices do

císter, e que máis tarde, S. Bernardo de

Claraval, elevaría o seu máximo apoxeo. Este

é o motivo polo que se lles considera pais do

císter a S. Bieito e a S. Bernardo. Na imaxe

aparece acompañado dun corvo con un bolo

de pan no peteiro. (as imaxes que o rodean

son: Sta. Xertrude, Sta. Umbelina,). Igual que

S. Bieito se identifica coa vestimenta moura,

S. Bernardo fai o mesmo pero de branco, cor

dos hábitos do císter.

A

continuación

está o altar

maior, feito a medida e pertencente ao século XVIII. Nel

represéntase a Asunción da Virxe María, sendo

observado o seu cadaleito con estupor polos 11

apóstolos na parte inferior, e esperada polo pai e o fillo

rodeados de anxos na parte superior. No lateral

esquerdo aparece de

novo a imaxe de S.

Bieito e no dereito S.

Bernardo.

Xusto debaixo de cada

ventá hai unha porta

pequena que comunica cun corredor circular o cal

desemboca nunha estancia cadrada. Este foi feito como

deambulatorio, coa idea de xuntarlle capelas arredor da

ábsida central para completar os rezos diarios e

aumentar os retábulos, seguindo a tendencia que se

estendía cada vez máis rápido.

Pero un novo abandono forzoso do mosteiro obrigou

aos monxes a pechar esta obra edificando a estancia

IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 9

Page 5: Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes ...

torreóns que tiñan nas súas posesións. Esta obra rematouse en 1543. Nunha inscrición da

cabeceira pódese ler “Aquí yace Don Pedro de Miranda y su mujer Doña Inés”, el era o pai

de María de Bolaño.

Neste muro do cruceiro, atópase a porta chamada

“dos mortos”. O seu significado refírese a que nun

tempo no que abundaban as solicitudes de

enterramento na igrexa coas súas correspondentes

donacións, debido á imposibilidade física de continuar

enterrando no interior do templo por falta de espazo,

procédese a bendicir unha parte do xardín reglar, ao

cal se accedía por esta porta, facendo así o servizo de

cemiterio.

A pr imeira

capela que está

pegada ao

muro norte do

cruceiro é a

capela das

dores. Este retábulo divídese en 2 partes

horizontais. A superior é posterior, e alberga unha

imaxe de Santiago peregrino que non está ubicada

no seu lugar orixinal. Na parte baixo, a imaxe

central corresponde á Virxe das Dores, á dereita S.

Froilán e a

e sque r da S .

Atilano.

A s e g u i n t e

capela, en fronte

do enterramento de Frei Atanasio Zepeda, corresponde

ao altar do Cristo o cal lle dá nome a toda a nave norte.

Anteriormente nesta capela había un Cristo crucificado

moito máis grande. O cruceiro da cruz estaba encaixado

na parede, nos dous tramos que faltan apoiando na

parede leste da capela e albergando unha imaxe de

Cristo a tamaño real. Debido a súa sustracción

modificouse o retábulo e instaláronse as imaxes que

vemos hoxe en día.

OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 8

Nesta zona da cabeceira, se nos situamos mirando cara

a Serra, é dicir, ao nacente, vemos que á nosa man dereita

existe aínda un tramo de muralla de pedra que cercaba

parte do entorno monástico, polo menos nesta zona que

linda co río.

Xa na parede norte da igrexa, atópase novamente unha

porta na zona do cruceiro. Esta vez non foi tapiada, senón

que dá acceso directo á igrexa; é a chamada “Porta dos

mortos”. A entrada componse dun arco de medio punto ,

portón de madeira maciza e unha portalexa pequena no

mesmo portón. Aos lados acompáñana dous pares de

columnas con basas decoradas e ben conservadas. Na parte

de arriba, hai unha gran ventá que ilumina esta zona do

cruceiro.

Ao longo do muro desta nave norte

consérvanse unha serie de contrafortes

embebidos na parede intercalándose

cunhas ventás un pouco máis pequenas

que a vista anteriormente no cruceiro,

pero maiores ás da nave sur. Na parte de

arriba, hai outra serie de ventás que

aumentan a luminosidade da nave central.

Ao final deste muro, atopámonos de

novo fronte á fachada principal da igrexa e do resto do conxunto conservado, e que a día

IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 5

Page 6: Modelo da planta dunha abadía cisterciense Igrexa Monasterial … · 2011. 4. 14. · 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes ...

de hoxe utilízase como Casa Reitoral, Casa do Concello e

Oficina de Correos.

Dispoñémonos a acceder ao interior da igrexa.

Dentro da igrexa destaca a altura que esta alcanza e a

claridade que entra polas fiestras, sobre todo polo rosetón.

Xusto enriba da

entrada, e baixo o

rosetón, está o coro,

con armazón de

madeira. A día de

h o x e a t ó p a s e

retrasado 2 arcos,

posto que o orixinal

ocupaba un total de 4 arcos. Nas dúas pilastras

seguintes, na 3ª e 4ª, aprécianse as marcas dos

piares arrimados que faltan e sobre os que se sostiña

o coro, así como o recorte do percorrido dos arcos

faixóns que baixan desde o alto da bóveda de canón

apuntado, e a súa traxectoria é máis curta que a dos

demais.

Desta forma, a porta que aparece sobre o arco

formeiro rebaixado, servía para acceder desde a

parte alta do claustro ao coro alto anterior, lugar

onde se situaban os conversos ou legos. A súa

presenza no templo, ao igual que no resto do

mosteiro, estaba independizada da dos monxes.

A situación do gran rosetón non é arbitraria,

como non o é ningún

elemento que queiramos estudar, posto que todo ten un

lugar e un porqué. Neste caso o rosetón servía para

iluminar a igrexa, sendo especialmente útil á última hora da

tarde, no ocaso, para rezar as completas, último rezo do

día.

No arco seguinte á porta de entrada ao coro, aprécianse

con claridade as marcas onde estaba

encaixada a reixa que separaba a parte baixa

da igrexa ata onde podía entrar o pobo. Esta

OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 6

reixa a día de hoxe foi utilizada para cerrar o baptisterio.

Estas pedras, que forman os arcos e o propio muro, parte

delas están marcadas por distintos sinais que identificaban ao

canteiro que as traballaba, por exemplo: I, +, A, R, ... A máis

repetida é I, que se atopa sobre todo no lado norte do cruceiro

e nas capelas dese lado.

No fondo da nave norte, entre as reixas, atópase o

baptisterio. A porta que lle dá acceso desde o exterior do

templo, actualmente está tapiada. Baixo a pía bautismal,

valórase a posibilidade de que estea a piscina de inmersión.

Desta maneira, a persoa non bautizada que quixese entrar á igrexa, tería que acceder por

esta estancia, bautizarse e logo abriríase a reixa para

unirse o resto do pobo.

Nesta mesma nave do baptisterio, a media altura está

situado o retábulo de Santiago.

A imaxe central corresponde a Santiago ecuestre, e as

laterais a S.Roque á esquerda e a

S.Xosé á dereita (á cal lle falta a

imaxe do neno no regazo.)

Este retábulo é o máis antigo dos

conservados na igrexa e pertence

o século XV.

Ao final desta nave, apréciase no chan un enterramento con

lápida esculpida e que pertence a Frei Atanasio Zepeda, monxe

de Sobrado dos Monxes, que quixo que o enterrasen no

mosteiro de Meira en 1659. Este monxe estaba emparentado

coa liñaxe dos Zepeda de Ávila, con Santa Teresa de Jesús. O

outro enterramento que podemos observar, é o que se atopa

arrimado ao muro norte do cruceiro

e que pertence a Dona María de

Bolaño, a cal está representada na

efixie da súa tapa. Así mesmo, as

imaxes labradas no lateral deste

cadaleito fan referencia a clase á

que pertencía esta familia por medio

do escudo dos Bolaño -> Bolo +

Año, e as representacións dos

IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 7