MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que...

44
1 ESTATUTOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN JUAN BAUTISTA” DE BURELA

Transcript of MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que...

Page 1: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

1

ESTATUTOS

DA

CONFRARÍA DE PESCADORES

“SAN JUAN BAUTISTA”

DE

BURELA

Page 2: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

ESTATUTOS ELABORADOS POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BURELA SEGUNDO O DISPOSTO NOS ARTIGOS 2.2 E 2.3 DA LEI 9/1993, DO 8 DE XULLO,

E NO ARTIGO 4 DO DECRETO 261/2002, DO 30 DE XULLO.

ÍNDICE

CAPITULO I Denominación. Ámbito Territorial. Domicilio. CAPITULO I I Das funcións da Confraría. CAPITULO I I I Dos membros da Confraría. CAPITULO IV Estructura Orgánica. CAPITULO V Do proceso electoral. Sección 1ª: Normas electorais xerais. Sección 2ª: Preparación do proceso electoral. Sección 3ª: Desenvolvemento do proceso electoral Sección 4ª: Constitución dos órganos rectores. CAPITULO VI Do persoal da Confraría. CAPITULO VII Do réxime económico. Sección 1ª: Dos recursos da Confraría. Sección 2ª: Do orzamento. Sección 3ª: Do réxime contable e contas anuais. Sección 4ª: Da responsabilidade. CAPÍTULO VIII Sistemas de garantías e recursos. CAPITULO IX Do procedemento sancionador CAPITULO X

Das relacións con outras Confrarías, convenios, asociacións, e da disolución da Confraría.

CAPITULO XI Da reforma do estatuto. CAPITULO XII Das festas oficiais.

DISPOSICIÓN ADICIONAL DISPOSICIÓN DERROGATORIA DISPOSICIÓN DERRADEIRA

2

Page 3: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

3

CAPITULO I DENOMINACIÓN, ÁMBITO TERRITORIAL E DOMICILIO.

Artigo 1º A Confraría de Pescadores “SAN JUAN BAUTISTA” de Burela,concello de Burela, provincia de Lugo, é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do sector, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estructura interna e funcionamento. Artigo 2º O seu ámbito territorial comprende dende Rueta a punta de Nois. Artigo 3º A Confraría ten o seu domicilio social en Porto Pesqueiro, s/n -27880- BURELA (Lugo), podendo o Cabido acorda-lo cambio de domicilio, dando conta á Xunta Xeral e á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

CAPITULO II DAS FUNCIÓNS DA CONFRARÍA.

Artigo 4º Son funcións da Confraría. 1. Como órgano de consulta e colaboración coa administración, correspóndenlle as seguintes funcións: a) Orientar a tódolos seus membros sobre as accións derivadas da aplicación da normativa concernente ó sector pesqueiro e, en particular, sobre axudas, subvencións e programas establecidos pola Administración pública. b) Actuar como oficinas públicas, no referente á recepción, rexistro e tramitación de documentación dirixida á Administración da Comunidade Autónoma, cando expresamente así se estableza en virtude de disposición regulamentaria. c) Promover actividades de formación dos profesionais nas actividades referidas á pesca.

Page 4: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

4

d) Servirlle como entidade de consulta á Administración en tódalas cuestións concernentes ó sector, en especial na elaboración das disposicións de carácter xeral que lle sexan sometidas. e) Elevarlle á Administración propostas sobre materias de interese pesqueiro e, en particular, sobre aquelas accións tendentes a mellora-las condicións técnicas, económicas e sociais da actividade pesqueira. f) Promove-la creación de servicios comúns para os seus membros. g) Velar polo estricto cumprimento da normativa vixente en materia de pesca, de descarga, primeira venda e de comercialización dos recursos mariños. h) Colaborar coa Administración na elaboración das estatísticas do sector pesqueiro e marisqueiro e, en particular, remitir á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos os datos relativos á descarga e primeira venda dos recursos mariños en fresco, no prazo máximo de dous días e na forma determinada regulamentariamente. 2. Así mesmo, na defensa dos intereses profesionais, correspóndenlle as funcións de: a) Promove-la creación de servicios sociais, recreativos, culturais ou análogos para os seus membros. b) Xestiona-las áreas da zona marítimo e marítimo-terrestre que lle foran confiadas mediante o título administrativo habilítante correspondente, expedido pola Administración competente. c) Xestionar e administrar aqueles bens patrimoniais que lles sexan cedidos por calquera administración pública para o cumprimento dos seus fins. d) Responsabilizarse da vixilancia das zonas de dominio público marítimo e marítimo-terrestre que lle foran confiadas para o seu aproveitamento . e) Administra-los seus propios recursos e patrimonio. f) Promove-la execución de plans de capturas, concentra-la oferta e regulariza-los prezos. g) Establece-los plans de producción e comercialización co fin de mellora-la calidade dos productos e adapta-lo volume da oferta ás esixencias do mercado. h) Adopta-las medidas necesarias para a aplicación da política pesqueira comunitaria que sexan da competencia dos productores. i) Fomenta-lo movemento asociativo como instrumento para a consecución dos obxectivos de ordenación e potenciación do sector.

Page 5: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

5

j) Prestar servicios de carácter xeral ós socios. k) Representar, defender e promociona-los intereses socioeconómicos dos obxetivos de ordenación e potenciación do sector. l) Utiliza-las fontes de crédito a fin de facilita-la adquisición de embarcacións e utillajes necesarios para as mesmas. m) Fomenta-lo desenrolo da acuicultura e potencia-los recursos marisqueiros. n) Fomenta-las axudas para intensifica-la acción asistencial a favor dos seus asociados. ñ) Fomentar cantas medidas conduzcan o incremento da rendabilidade do esforzo pesqueiro e un maior benestar económico e social dos seus afiliados.

3. Desenvolver aqueloutras funcións que lle sexan atribuídas ou encomendadas pola administración pública; ou se é o caso polas federacións de confrarías as que estea asociada.

CAPITULO III DOS MEMBROS DA CONFRARÍA

Artigo 5º.- Dos membros 1. Poden ser membros da Confraría as persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira ou marisqueira, e estean en posesión do correspondente título administrativo que os habilite para o exercicio da actividade extractiva. 2. Os membros da Confraría integraranse en dúas agrupacións, unha de traballadores e unha de empresarios:

a) Integraranse na agrupación de traballadores:

- Os traballadores por conta allea debidamente enrolados en embarcacións dedicadas a actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría.

- Os traballadores por conta propia que realicen os labores necesarios para a extracción dos recursos mariños no ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por conta allea que presten os seus servicios en actividades de explotación de parques de cultivo que estean no ámbito territorial da Confraría ou en viveiros flotantes, sempre que a súa embarcación teña base nun porto do ámbito territorial da Confraría.

Page 6: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

6

b) Integraranse na agrupación de empresarios:

- As persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade como armador de embarcacións dedicadas a actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría.

- Os titulares de concesións ou autorizacións pesqueiras ou marisqueiras, que estean dentro do ámbito territorial da Confraría. - Os titulares de parques de cultivo que estean no ámbito territorial da Confraría ou de viveiros flotantes, sempre que a súa embarcación teña base nun porto do ámbito territorial da Confraría. 3. Cando unha persoa xurídica estea composta por varios profesionais do sector extractivo, esta integrarase na agrupación de empresarios a través do seu representante legal, mentres que os socios que a compoñen, e se cumpren os requisitos do punto 2.a) deste artigo, se poderán integrar na agrupación de traballadores. 4. No caso das comunidades de bens, un dos seus integrantes formará parte da agrupación de empresarios e os restantes integraranse na agrupación de traballadores. 5. Poderán mante-la condición de membro da Confraría as persoas que estean en situación de inactividade ou desemprego ocasional. O período máximo de permanencia na Confraría nesta situación será dun ano. Así mesmo poderán mante-la condición de membro os que estean en situación de incapacidade permanente total, sempre que nesta situación desenvolvan traballos dentro do ámbito do sector pesqueiro ou marisqueiro. 6. As persoas que sendo membros da Confraría pasen á situación de incapacidade permanente absoluta, grande invalidez ou xubilación, manterán a condición de membro honorario da Confraría sen ter dereito a ser elector nin elixible. 7. A Confraría poderá contar con membros colaboradores que terán dereito a voz pero non a voto. A súa admisión deberá ser aprobada pola Xunta Xeral. 8. Ningún membro da Confraría poderá pertencer simultaneamente a outra Confraría. Artigo 6º.- Adquisición e perda da condición de membro da Confraría. 1. A condición de membro da Confraría adquírese pola solicitude de afiliación manifestada por escrito, e o acordo favorable do Cabido, logo da comprobación dos requisitos determinados no artigo anterior. 2. A condición de membro da Confraría atribúe, desde o momento da súa afiliación, a plenitude de igualdade dos dereitos e obrigas inherentes á mesma, agás o de ser elixible que

Page 7: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

7

requirirá dous anos de antigüedade na confraría, sen discriminación algunha por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou de calquera outra clase, e a partir dos 18 anos de idade. 3. A perda da condición de membro da Confraría producirase nos seguintes casos: a) cando se deixen de reuni-los requisitos esixidos para a súa adquisición, b) por falecemento, c) por baixa voluntaria manifestada por escrito,

d) por sanción disciplinaria de expulsión da Confraría, logo da tramitación do correspondente expediente disciplinario.

Artigo 7º.- Dereitos dos membros. Son dereitos dos membros da Confraría: a) Elixir e ser elixidos para postos de representación e dirección dentro da Confraría e exercer, se así fosen designados, dita representación. b) Exercitar accións e recursos en relación cos seus dereitos e instar á Confraría ó exercicio das actuacións necesarias para a defensa dos seus membros. c) Participar en tódolos actos e reunións ós que sexan convocados. d) Solicitar ó Cabido as aclaracións e informes que coiden necesarios sobre o estado da administración, patrimonio, funcionamento e actuacións da Confraría, en todo aquelo que lles poida afectar. e) Formular todo tipo de propostas e resolucións ós seus representantes. f) Utiliza-los servicios da Confraría. g) Participar na constitución e desenvolvemento das correspondentes seccións. h) Constituírse, dentro da Confraría, en agrupacións sectoriais e participar na constitución das mesmas, de conformidade co disposto no presente estatuto. i) Expresar libremente as súas opinións en materia e asuntos de interese do sector. j) Reunirse na Confraría para tratar asuntos propios da profesión, con suxeición ás normas estatuarias. k) Dispoñer dunha copia dos estatutos e regulamentos de réxime interior. l) Ter acceso ó censo de afiliados de conformidade ca lexislación vixente.

Page 8: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

8

Artigo 8º.-Obrigas dos membros . Son obrigas dos membros da Confraría: a) Actuar conforme ó disposto nos estatutos e regulamento de réxime interior da Confraría, así como ó establecido na legalidade vixente. b) Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno da Confraría. c) Actuar con lealdade e boa fe, non obstaculizando o normal funcionamento da Confraría. d) Respeta-la libre manifestación de pareceres e non entorpece-las actividades da Confraría. e) Facilitar información solvente e responsable sobre cuestións que non teñan natureza reservada, cando lle sexa requirida pola Confraría. f) Satisface-las cotas ou derramas que se establezan para contribuír ó sostemento da Confraría ou agrupación. g) Asistir e participar en tódalas accións, actos e reunións ós que sexan convocados pola Confraría. h) Acata-los estatutos, regulamentos de réxime interior, e demais normas de funcionamento da Confraría. Artigo 9º.- Censo de afiliados. A Confraría levará un censo de afiliados no que se inscribirán tódalas persoas físicas ou xurídicas que adquiran a condición de membros da Confraría de conformidade ca normativa vixente. A levanza do censo poderá realizarse nun soporte informático.

CAPÍTULO IV ESTRUCTURA ORGÁNICA

Artigo 10º.- Órganos rectores. 1. Son órganos rectores da Confraría a Xunta Xeral ou Asemblea, o Cabido ou Comisión Permanente e o Patrón Maior. 2. Tódolos cargos electos serán gratuítos, sen prexuízo das indemnizacións que por razóns do servicio correspondan en cada caso segundo o acordado anualmente na Xunta Xeral.

Page 9: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

9

3. Os órganos rectores da Confraría axustarán a súa actuación ó disposto no Decreto 261/2002 de 30 de xullo polo que se aproban as normas reguladoras das Confrarías de pescadores e as súas federacións e ós seus acordos validamente adoptados, con sometemento expreso ó principio de legalidade. Artigo 11º.- Da Xunta Xeral. 1. A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno e decisión da Confraría na que están representados tódolos profesionais do sector afiliados á mesma. 2. A Xunta Xeral actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos rectores da Confraría. Os acordos que adopte obrigan á totalidade dos afiliados. Artigo 12º.- Composición da Xunta Xeral. 1. Os membros da Xunta Xeral elixiranse mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, por un período de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración ata un máximo de tres mandatos consecutivos. 2. A Xunta Xeral está presidida polo Patrón Maior, asistido polos Vicepatróns maiores e o secretario. 3. A Xunta Xeral está composta por 24 membros. Respetará a paridade entre traballadores e empresarios tendo representación nela a totalidade dos sectores da producción que integran a Confraría. Artigo 13º.- Das funcións. Correspóndenlle á Xunta Xeral as seguintes funcións: a) Aprobar e modificar total ou parcialmente os estatutos e regulamentos internos da Confraría. b) Acorda-la disolución dos órganos rectores e convocatoria de eleccións, por propia iniciativa ou por acordo do Cabido.

c) Elixir e cesar ó Patrón Maior e ós membros do Cabido. d) Nomear e cesar ó secretario da Xunta Xeral e do Cabido. e) Defini-lo ámbito territorial da Confraría e acorda-la súa modificación.

f) Acorda-la fusión, disolución ou federación da Confraría. g) Aproba-lo orzamento anual e as súas modificacións, cando estas, illada ou acumulativamente excedan do 10% do total do orzamento.

Page 10: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

10

h) Acorda-la fixación das cotas ordinarias ou derramas extraordinarias. i) Acordar calquera actuación que comprometa en máis do 10% os fondos propios da Confraría reflectidos nas contas anuais correspondentes ó exercicio inmediatamente anterior. j) Autoriza-lo Patrón Maior para tomar diñeiro a préstamo, concertar avales e demais instrumentos financeiros, asinar convenios, concertos e acordos e interpoñer recursos e litixios. k) Aproba-la memoria anual relativa ás actividades da Confraría e á súa situación socioeconómica. l) Constituí-la sección de organización da producción. m) Autoriza-la contratación do persoal laboral propio. n) Decidir sobre aquelas cuestións de interese que outro órgano rector someta á súa consideración. ñ) Solicitar e recibir do Cabido a información oportuna sobre a situación da Confraría. o) Aprobar anualmente a actualización do censo de afiliados.

p) Acordar anualmente as indemnizacións que por razóns do servicio lle correspondan ós cargos electos. Artigo 14º.- Da delegación de funcións. 1. A Xunta Xeral, por acordo da maioría absoluta dos seus membros, poderá delegar no Cabido, coas limitacións que estime conveniente, o exercicio das funcións recollidas nos apartados j) e m) do artigo anterior. 2. En caso de urxencia, e sen necesidade de delegación, o Cabido poderá autorizar, única e exclusivamente, ó Patrón Maior para interpoñer recursos e litixios dándolle conta á Xunta Xeral na súa primeira reunión. Artigo 15º.- Do funcionamento da Xunta Xeral.

1. As reunións da Xunta Xeral poderán ser ordinarias ou extraordinarias: a) Xunta Xeral Ordinaria: Celebrarase alomenos unha vez cada seis meses, logo da convocatoria realizada por escrito polo Patrón Maior dirixido a cada un dos membros da Xunta Xeral, expresando lugar, día e hora en que se celebrará a reunión en primeira e segunda convocatoria, así como a orde do día. A convocatoria deberá remitirse cunha antelación mínima de sete días a data en que se celebre a Xunta Xeral.

Page 11: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

11

b) Xunta Xeral Extraordinaria: Celebrarase en calquera momento cando o soliciten:

- O Patrón Maior, - O Cabido, - Ou unha cuarta parte dos membros da Confraría (¼).

A convocatoria deberá cursarse con tempo suficiente para o coñecemento dos asuntos que se van tratar.

2. Para a válida constitución da Xunta Xeral, ós efectos de adopción de acordos, requirirase a presencia do Patrón Maior, secretario ou, se é o caso, de quen os substitúan, e da metade alomenos dos seus membros. Calquera membro da Xunta Xeral, poderá delegar a súa representación noutro membro da mesma, expresamente para cada reunión. 3. Para seren válidos os acordos adoptados pola Xunta Xeral deberán ser aprobados pola maioría dos membros presentes, agás nos seguintes casos: a) A constitución, dentro da Confraría, da sección de organización da producción, a federación con outras Confrarías, así como o cesamento do Patrón Maior antes da expiración do seu mandato requirirán do respaldo da maioría absoluta. b) As funcións recollidas nos apartados a) e i) do artigo 13 deste estatuto requirirán do respaldo dos dous tercios (2/3) dos membros da Xunta Xeral. c) A fusión e disolución da Confraría, requirirá o respaldo das tres cuartas (3/4) partes dos membros da Xunta Xeral.

4. As votacións serán secretas agás nos casos nos que a totalidade dos membros da Xunta Xeral acorden o contrario, nos que será a man alzada. 5. En caso de empate repetirase a votación e, de persistir, decidirá o voto de calidade do Patrón Maior. Rematadas as votacións o Patrón Maior proclamará o resultado e os acordos que se adoptaron. 6. Un extracto dos actos e acordos da Xunta Xeral serán expostos no taboleiro de anuncios por un período de quince días desde a data da súa adopción, para facilitar a súa divulgación. Artigo 16º.- O Cabido e a súa composición. 1. O Cabido é o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría. 2. A composición do Cabido será paritaria nos mesmos termos previstos para a Xunta Xeral. Estará presidido polo Patrón Maior e composto por 10 vocais dos que dous serán obrigatoriamente os Vicepatróns maior primeiro e segundo, e polo secretario.

Page 12: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

12

Artigo 17º.- Funcións do Cabido. Son funcións do Cabido: a) Dirixir e realiza-las actividades necesarias para o exercicio das facultades atribuídas á Confraría. b) Velar polo cumprimento dos acordos da Xunta Xeral. c) Velar polo normal funcionamento dos servicios da Confraría. d) Elaborar e propoñer á Xunta Xeral o proxecto de orzamento e as súas modificacións, cando estas excedan do 10% do total. e) Executa-lo orzamento aplicando o plan de contabilidade correspondente, e proceder ás súas modificacións, sempre que o global destas non excedan do 10% do total, debendo dar cumprida conta de cada un destes acordos á Xunta Xeral. f) Acordar calquera actuación que non comprometa en máis dun 10% os fondos propios da Confraría reflectidos nas contas anuais do exercicio inmediatamente anterior. g) Elabora-la memoria anual relativa ás actividades da Confraría e á súa situación socioeconómica, someténdoa á Xunta Xeral para a súa aprobación. h) Resolve-las altas e baixas dos seus afiliados, e previa instrucción do oportuno expediente, acorda-la separación daqueles por razóns disciplinarias. i) Propoñer ó pleno da Xunta Xeral os programas anuais de actuación e xestión corporativa e realizar e dirixir os xa aprobados, dando conta do seu cumprimento. j) Confeccionar e propoñer ó pleno da Xunta Xeral a aprobación de toda clase de proxectos de orzamento e as súas liquidacións. k) Tomar acordos en materia de ordenación de cobros e pagos e inspecciona-la contabilidade xeral de cobros e pagos da Confraría. l) Propoñerlle á Xunta Xeral a disolución dos órganos rectores e a convocatoria de eleccións. Artigo 18º.- Funcionamento do Cabido. 1. As reunións do Cabido poden ser:

a) Ordinarias: Celebrarase alomenos unha vez cada dous meses, logo da convocatoria realizada por escrito polo Patrón Maior dirixido a cada un dos membros, expresando lugar, día e hora en que se celebrará a reunión en primeira e segunda convocatoria, así como a orde do día. A convocatoria deberá remitirse cunha antelación mínima de catro días a data na que se celebre.

Page 13: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

13

b) Extraordinarias: Celebrarase en calquera momento cando o soliciten:

- O Patrón Maior, - Ou unha cuarta parte (¼) dos membros do Cabido ou da Confraría.

A convocatoria deberá facerse con tempo suficiente para coñecer os asuntos a tratar. 2. Para a válida constitución do Cabido, ós efectos de adopción de acordos, requirirase a presencia do Patrón Maior, secretario ou, no seu caso, de quen os substitúa, e a metade alomenos dos seus membros. Calquera membro do Cabido, poderá delegar a súa representación en outro membro do mesmo, expresamente para cada reunión. 3. As votacións para adopción de acordos serán secretas agás nos casos nos que a totalidade dos membros do Cabido acorden o contrario, nos que será a man alzada. 4. Os acordos do Cabido adoptaranse por maioría simple. En caso de empate repetirase a votación e, de persistir, decidirá o voto de calidade do Patrón Maior. Rematadas as votacións o Patrón Maior proclamará os acordos que se adoptaron. 5. Un extracto dos actos e acordos do Cabido serán expostos no taboleiro de anuncios por un período de quince días desde a data da súa adopción, para facilitar a súa divulgación. Artigo 19º.- Do Patrón Maior.

1. O Patrón Maior é o órgano representativo da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabido, participando nas súas reunións con voz e voto. 2. O cargo de Patrón Maior é incompatible con calquera outro nos órganos de goberno das agrupacións e sectores da producción integrados na Confraría. Artigo 20º.- Da elección do Patrón Maior. 1. O Patrón Maior será elixido pola Xunta Xeral de entre os seus membros, de acordo co disposto no artigo 56º. 2. Os candidatos a Patrón Maior deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ser membro da Confraría

b) Ser cidadán da Unión Europea. c) Ser maior de 18 anos.

Page 14: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

14

d) Ser proposto, alomenos, por 3 vocais da Xunta Xeral. Cada vocal só poderá asina-la proposta dun candidato.

Artigo 21º.- Das funcións do Patrón Maior. Correspóndenlle ó Patrón Maior as seguintes funcións: a) A dirección e xestión da Confraría. b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las reunións dos órganos colexiados da Confraría, dirixi-la discusión dos asuntos incluídos na orde do día da convocatoria, conceder e retira-la palabra ós oradores, declarar cerrada a deliberación e someter a votación a proposta. O Patrón Maior moderará a extensión dos debates, respectando en todo caso dúas quendas a favor e outras dúas en contra das respectivas propostas. c) Coordina-la actuación dos membros do Cabido e demais órganos da Confraría. d) Ostenta-la representación legal da Confraría e se-la canle de relación desta con calquera outra entidade e institución. e) Colaborar coas federacións nas que se integre a Confraría. f) Ordena-los pagamentos previstos nos orzamentos. g) Servir de canle de relación entre a Confraría e as agrupacións que a integren. h) Contrata-la realización de auditorías e demais estudios sobre a situación económica da Confraría.

i) Velar polo cumprimento da legalidade. Artigo 22º.- Da indemnización do Patrón Maior. O Patrón Maior poderá recibir unha indemnización polos gastos de representación segundo o acordado na Xunta Xeral. Artigo 23º.- Do cesamento do Patrón Maior. 1. O cesamento do Patrón Maior poderase producir por acordo do pleno da Xunta Xeral adoptado antes da expiración do mandato, e irá precedido das seguintes formalidades en canto á actuación interna da Xunta Xeral: a) Presentarase escrito razoado no que se fundamenten os motivos da solicitude, suscrito, alomenos, pola terceira (1/3) parte dos vocais do pleno da Xunta Xeral. b) O Cabido reunirase en sesión extraordinaria para examina-la regularidade da petición e se a atopase conforme co previsto no apartado anterior, acordará a convocatoria do pleno da Xunta Xeral cunha antelación mínima de oito días á data da reunión.

Page 15: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

15

c) A reunión do pleno da Xunta Xeral será presidida pola persoa que lle corresponda nos termos fixados no artigo 24 do presente estatuto.

d) A reunión terá lugar sen solución de continuidade e a votación será nominal.O Patrón Maior, por si ou por medio dun representante, poderá asistir á reunión do pleno e participar nela.

e) Para prosperar a moción de censura requírese a súa aprobación por maioría absoluta, producíndose o cese do Patrón Maior neste suposto. f) Se a votación non acadara a maioría suficiente, non poderá presentarse nova solicitude antes de transcorrer un ano. Artigo 24º.- Dos Vicepatróns Maiores. 1. Elíxense de entre os membros da Xunta Xeral, un pola agrupación de traballadores e outro pola agrupación de empresarios. Será Vicepatrón Maior primeiro o que pertenza á agrupación distinta á de procedencia do Patrón Maior e Vicepatrón Maior segundo o que corresponda á mesma agrupación de procedencia do Patrón Maior. 2. Os Vicepatróns maiores, en función da súa orde, substituirán ó Patrón Maior nos casos de vacante, en tanto non se proceda a unha nova elección deste, ausencia ou enfermidade. Artigo 25º.- Da provisión de vacantes nos órganos de goberno. As baixas definitivas producidas entre os membros dos órganos de goberno cubriranse do seguinte xeito: a) Na Xunta Xeral, pola persoa da mesma agrupación e sector de producción que lle corresponda en función do número de votos obtidos no proceso electoral. b) No Cabido, mediante designación efectuada pola agrupación de empresarios ou traballadores que corresponda, entre os seus representantes na Xunta Xeral. c) No caso do Patrón Maior, elixirase pola Xunta Xeral na forma prevista no artigo 20 deste estatuto. d) Polo que respecta ós Vicepatróns maiores, actuarase de acordo co disposto no artigo 24 deste estatuto. Artigo 26º.- Do secretario da Xunta Xeral e do Cabido. 1. A Xunta Xeral e o Cabido contarán cun secretario que poderá ser unha persoa ó servicio da Confraría, actuando neste caso con voz pero sen voto. A designación do mesmo correspóndelle á Xunta Xeral. 2. Correspóndelle ó secretario.

Page 16: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

16

a) Asistir ás reunións. No caso de ser membro dos órganos de goberno terá voz e voto e no caso de ser persoa contratada pola Confraría terá dereito a voz pero non a voto. b) Efectua-la convocatoria por orde do Patrón Maior, así como as citacións ós seus membros. c) Recibi-los actos de comunicación dos membros co órgano, e xa que logo, as notificacións, peticións de datos, rectificacións ou calquera outra clase de escrito dos que deba ter coñecemento. d) Prepara-lo despacho dos asuntos e extende-las actas das sesións transcribindo no libro de actas o contido dos acordos que se acaden coa extensión necesaria para a súa posterior interpretación - e) Expedir certificacións das consultas, dictames e acordos aprobados. f) Custodiar e vixiar o libro de actas da Confraría. g) Cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de secretario. Artigo 27º.- Da Comisión Xestora. 1. No suposto da demisión da maioría dos membros da Xunta Xeral, entenderanse disoltos os órganos de goberno da Confraría, debendo o seu secretario comunicalo a Administración no prazo máximo de cinco días naturais. 2. Neste caso, a Consellería competente en materia de pesca designara unha Comisión Xestora entre os socios da Confraría, composta por cinco membros, dos que un será o traballador máis antigo da Confraría, outro o empresario máis antigo na Confraría , un terceiro que será o secretario dos órganos de goberno e outros dous por proposta da federación provincial. En ningún caso poderán formar parte da comisión xestora os membros dos órganos de goberno. 3. Esta comisión xestora constituirase no prazo máximo de quince días a contar desde que a Consellería teña coñecemento da demisión da maioría dos membros da Xunta Xeral. 4. Os membros da comisión elixirán de entre eles a un presidente. Actuará como secretario o dos órganos de goberno. 5. Son funcións da Comisión Xestora: a) A convocatoria de eleccións xerais nun prazo máximo de cinco días a contar desde a súa constitución.

b) Adopta-las decisións ordinarias necesarias para o normal funcionamento da Confraría ata a toma de posesión dos novos órganos de goberno.

Page 17: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

17

Artigo 28º.- Asamblea xeral No primeiro trimestre do ano deberá ser convocada unha asemblea, informativa e sen facultades decisorias, de tódolos membros da Confraría, baixo a presidencia e dirección do Patrón Maior, na que se dará conta do exercicio económico anual, do proxecto de orzamento, das actuacións levadas a cabo e dos proxectos que se van desenvolver, así como de todas aquelas cuestións de transcendencia para a Confraría. Artigo 29º.- Das Seccións. 1. Cando a Confraría pretenda levar a cabo actividades de organización e comercialización da producción, estructurarase en dúas Seccións que se denominarán de "orientación", que existirá en todo caso, e de "organización da producción”. 2. Á Sección de orientación correspóndenlle as funcións recollidas no artigo 4.1 deste estatuto e os apartados a) b) c) e i) do apartado 2 do mesmo artigo. 3. Á Sección de organización da producción correspóndenlle as funcións recollidas no artigo 4.2, agás os apartados a) b) c) e i), deste estatuto e ademais darlle saída por medio da Sección, se se coida necesario, ó producto ou conxunto de productos explotados polos seus membros, como tamén a de adopta-las medidas oportunas para garanti-lo exercicio racional da pesca e as condicións de venda da producción. 4. A Sección de organización da producción contará con órganos diferenciados e establecerá as súas propias normas de funcionamento sen prexuízo de someterse ás recollidas con carácter xeral por este estatuto. . 5. A xestión das seccións que se constitúan poden corresponder se o establece a Xunta Xeral o xerente, regulado no artigo 60 dos Estatutos. Artigo 30º.- Das Agrupacións 1. Pódense constituír na Confraría agrupacións formadas por colectivos de traballadores ou empresarios que se dediquen o mesmo sector da producción. Son sectores da producción a estes efectos:

- marisqueo a pé - marisqueo desde embarcación - recursos específicos - pesca baixura artesanal

- pesca cerco - pesca arrastre de litoral - pesca altura e grande altura - outros.

2. Constituída unha agrupación integraranse nela a totalidade dos membros da Confraría dese sector da producción.

Page 18: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

18

3. As agrupacións terán como obxectivo organiza-los traballos dos membros de cada sector, facendo propostas ós órganos de goberno da Confraría sobre os plans de traballo, de comercialización e calquera outro que consideren beneficioso para o sector, correspondéndolle- la levanza deses plans, sen prexuízo da competencia atribuída legal e estatutariamente ós órganos de goberno da Confraría. Artigo 31º.- Procedemento: Para a válida constitución dunha agrupación o procedemento será o seguinte:

a) Comunicación ó Patrón Maior por escrito da vontade de constituír unha agrupación

profesional no seo da Confraría, que deberá ir asinada, alomenos, por 6 traballadores ou empresarios do sector.

b) O Patrón Maior unha vez recibido o escrito deberá convocar a unha Xuntanza a

tódolos membros da Confraría que se dediquen á actividade do sector da producción que se vai agrupar. Esta xuntanza deberá celebrarse no prazo máximo de 15 días naturais contados desde o día seguinte á presentación do escrito recollido na liña a) deste artigo. A convocatoria exporase no taboleiro de anuncios da Confraría, podendo participar na xuntanza, única e exclusivamente, os membros da Confraría integrantes do colectivo que se pretende agrupar, debendo ser comprobada tal condición polo secretario dos órganos de goberno mediante o correspondente censo que se deberá elaborar con tal motivo.

c) Transcorrido o prazo anterior sen que o Patrón Maior realizase os trámites establecidos, poderán directamente os promotores da agrupación realiza-la convocatoria da xuntanza que deberá celebrarse no prazo de 7 días naturais contados a partir do día seguinte ó do cumprimento do prazo establecido na liña b) deste artigo. Neste suposto, a convocatoria deberá ser exposta polo secretario dos órganos de goberno no taboleiro de anuncios da Confraría e naqueles lugares que os promotores estimen oportunos, debendo o secretario facilitarlles ós promotores da agrupación un censo dos membros do sector correspondente.

d) Na xuntanza convocada, que deberá estar presidida polo Patrón Maior, ou, de se-lo

caso, polos promotores da agrupación, acordarase a constitución ou non da agrupación. Este acordo requirirá o voto favorable dos dous tercios dos membros do sector asistentes á xuntanza, sempre que representen, alomenos, a metade dos membros do sector. Da citada xuntanza levantará acta o secretario dos órganos de goberno da Confraría ou a persoa designada para o efecto entre os presentes, na que deberá xuntarse unha copia do censo, número de persoas asistentes, número de votos emitidos, o sentido destes e todos aqueles aspectos que se consideren de interese.

e) No suposto de que o resultado sexa o de constituír unha agrupación, elevarase tal

acordo á Xunta Xeral da Confraría para a súa ratificación, no primeira reunión que se convoque.

f) Celebrada a Xunta Xeral, o secretario dos órganos de goberno deberá remitir á Consellería competente en materia de pesca un certificado sobre o acordo da Xunta Xeral e

Page 19: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

19

toda a documentación relativa ó proceso de constitución da agrupación no prazo máximo de cinco días naturais desde a celebración da Xunta Xeral.

g) Recibida a documentación contemplada no parágrafo anterior, a Consellería

ratificará a constitución da agrupación, inscribíndoa no rexistro de Confrarías no folio aberto á Confraría de orixe.

h) Ratificada a constitución da agrupación, a Consellería designará, por proposta da Confraría, e de entre os membros do colectivo constituído, unha comisión xestora composta por cinco membros que terá como misión, única e exclusivamente, a prevista no artigo 27.5.a) do presente estatuto.

i) Constituídos os órganos rectores da agrupación, correspóndelle á xunta directiva

resultante a elaboración, no prazo de 7 días hábiles, do regulamento de réxime interior, que deberá ser sometido á aprobación da asemblea xeral, precisando o apoio dos dous tercios dos membros presentes, sempre que representen, alomenos, a metade dos membros da agrupación.

j) Aprobado o regulamento, este remitirase á Xunta Xeral da Confraría para que, na

súa primeira reunión, o ratifique.

k) Celebrada a Xunta Xeral, no prazo de cinco días naturais, o secretario dos órganos de goberno, deberá remitir á Consellería tres copias do regulamento aprobado pola asemblea xeral e certifica-lo cumprimento dos trámites anteriores, así como as posibles alegacións realizadas pola Xunta Xeral ó regulamento aprobado pola asemblea do sector.

l) Recibida toda a documentación anterior, a Consellería resolverá aprobando o regulamento no prazo máximo de 7 días hábiles, facendo indicación, no caso de ser necesario, das modificacións necesarias para adapta-lo regulamento á normativa vixente e ós estatutos da Confraría.

m) Aprobado o regulamento procederase á súa inscrición no rexistro de Confrarías.

Artigo 32º.- Órganos rectores das agrupacións: Son órganos rectores das agrupacións: a) A asemblea xeral, constituída pola totalidade dos membros da agrupación. b) A xunta directiva, constituída por cinco vocais elixidos entre os membros da asemblea

xeral. c) O presidente, que será elixido entre os membros da asemblea xeral. Artigo 33º.- Normas de aplicación e regulamento de réxime interior.

Page 20: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

20

1. As agrupacións rexeranse polo Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das Confrarías de pescadores e as súas federacións, polos estatutos da Confraría e polo seu regulamento de réxime interior. En todo caso, a súa actuación estará suxeita ós principios de observancia da legalidade e democracia na súa estructura interna e funcionamento.

2. O réxime interno de funcionamento de cada agrupación virá determinado polo seu regulamento, que deberá conter como mínimo: órganos de goberno, dereitos e deberes dos socios, réxime disciplinario, procedemento electoral e causas de disolución.

CAPITULO V DO PROCESO ELECTORAL

Sección 1ª: Normas Electorais Xerais

Artigo 34º.- Duración do mandato electoral

1. A duración do mandato dos órganos rectores da Confraría será de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración ata un máximo de tres mandatos consecutivos.

2. O prazo de catro anos empezará a contar desde o día seguinte ó da toma de posesión

dos vocais da Xunta Xeral da Confraría.

Artigo 35º.- Eleccións anticipadas. Poderanse celebrar eleccións anticipadas para a renovación dos órganos de goberno da Confraría nos seguintes supostos:

a) Acordo dos dous tercios (2/3) dos membros da Xunta Xeral. b) Petición por escrito asinada polos dous tercios (2/3) dos membros da Confraría.

Artigo 36º.- Convocatoria: 1. Cun mes de antelación ó remate do mandato dos órganos rectores, a Xunta Xeral acordará a celebración de eleccións, agás no caso de eleccións anticipadas. Neste último suposto o acordo deberase adoptar no prazo máximo de sete días desde a presentación do escrito asinado polos membros da Confraría ou na mesma xuntanza onde os dous tercios dos membros da Xunta Xeral acorden anticipa-las eleccións. 2. Durante o proceso electoral os órganos rectores estarán en funcións, podendo realizar unicamente actos de mero trámite ou de xestión ordinaria, concluíndo os seus mandatos coa toma de posesión dos vocais electos. 3. Transcorrido o prazo de catro anos sen que se convoquen ou celebren eleccións quedará extinguido automaticamente o mandato dos órganos rectores e a convocatoria de

Page 21: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

21

eleccións será realizada pola comisión xestora designada pola Consellería competente en materia de pesca de acordo co artigo 88 do Decreto 261/2002 de 30 de xullo. Artigo 37º.- Electores: a) Poderán ser electores as persoas que reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter 18 anos cumpridos o día en que se celebren as votacións. 2. Ser membro da Confraría e estar incluído no censo electoral. 3. Non estar inhabilitado por norma legal, estatutaria ou resolución firme de órgano competente. Para os efectos dos procesos electorais, aquel afiliado que durante o mandato electoral desenvolvera a súa actividade en máis dun sector, entenderase que pertence ó sector no que permaneceu máis tempo no ano anterior ás eleccións, salvo que solicite por escrito a súa inclusión noutro sector dos que formou parte. Artigo 38º.- Elixibles: 1. Poderán ser elixibles as persoas que, ademais de reuni-la condición de elector, cumpran os seguintes requisitos: a) Saber ler e escribir. b) Acreditar no período inmediato anterior á convocatoria, un mínimo de dous anos de antigüidade e actividade profesional na Confraría, estando ó día no pagamento das obrigas económicas con ela. Non se esixirá o requisito da antigüidade cando o número de candidatos non sexa suficiente para cubri-las prazas de vocais da Xunta Xeral. c) Non estar inhabilitado para o exercicio de cargo representativo por norma legal , estatutaria ou resolución firme do órgano competente. d) Non desempeñar outra actividade profesional principal distinta á de empresario ou traballador do sector extractivo. e) Ser proposto por 2 socios. f) Ser proclamado candidato. 2. Así mesmo, son inelixibles:

a) Os que carezan de título administrativo habilitante para o exercicio da actividade extractiva.

b) Os que estean en situación de xubilación.

c) Os que foran reelixidos durante tres mandatos consecutivos.

Page 22: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

22

3. A cualificación de inelixible procederá, respecto dos que incorran nalgunha das causas indicadas, o mesmo día da presentación de candidatura ou en calquera momento posterior ata a celebración de eleccións. 4. As causas de inelixibilidade tamén o son de incompatibilidade. Producida a incompatibilidade, decaerán na súa condición, debendo ser ocupada a súa praza na Xunta Xeral no prazo de cinco días naturais polo primeiro candidato en número de votos non electo, e así sucesivamente. No caso de non cubrirse a vacante polo procedemento anterior, deberá procederse a convocatoria de eleccións parciais para a cobertura da vacante, nun prazo máximo de cinco días. Transcorrido o dito prazo sen que se convoquen eleccións polo órgano competente aplicarase o disposto no artigo 88 do Decreto 261/2002 de 30 de xullo para a designación dunha comisión xestora ca única misión de convocar e celebrar eleccións no prazo dun mes. Artigo 39º.- Sistema electoral A elección a membros da Xunta Xeral rexerase polo disposto nas alíneas seguintes: a) Cada elector poderá da-lo seu voto a un número máximo de vocais atribuídos pola comisión electoral ó sector de producción á que pertenza. b) Serán proclamados electos aqueles candidatos que obteñan o maior número de votos, ata completa-lo de vocais atribuídos a cada sector de producción de cada agrupación. No caso de empate resolverase a favor do socio de maior antigüidade na Confraría; no caso de persistir este, a favor do de maior idade e, se fose necesario, resolverase por sorteo. c) En caso de falecemento, incapacidade ou renuncia dun vocal da Xunta Xeral, a súa vacante cubrirase de conformidade co apartado 4 do artigo anterior. Artigo 40º.- Listas electorais. 1. As eleccións para a renovación dos órganos rectores desenvolveranse presentando dúas listas separadas, unha para a agrupación de traballadores e outra para a agrupación de empresarios. 2. A distribución de vocais entre a agrupación de traballadores e de empresarios respetará, sempre que sexa posible, a paridade. 3. Cando unha agrupación non conte co número suficiente de afiliados para cubri-las vacantes de vocais, estas prazas acumularanse á outra agrupación. 4. En cada candidatura de agrupación deberá existir alomenos, un representante por cada sector da producción integrado na agrupación; distribuíndose pola comisión electoral o número de vocais de xeito proporcional ó número de afiliados cos que conte cada sector, debendo constar tal distribución no plan e normas electorais. Artigo 41º.- Paralización do proceso electoral. 1. As resolucións da Consellería competente en materia de pesca anulando as eleccións dunha agrupación paralizará o proceso electoral sen invalida-la elección da outra agrupación.

Page 23: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

23

2. A comisión electoral introducirá no plan electoral as modificacións que sexan necesarias para continua-lo proceso electoral e unha vez aprobadas e rectificadas as irregularidades que motivaron a paralización continuarase ca elección a partir do acto que ordene a Consellería.

Sección 2ª: Preparación do Proceso Electoral

Artigo 42. Da Comisión Electoral. 1. Unha vez acordada a celebración de eleccións, no prazo máximo de 5 días constituirase a comisión electoral. 2. A Comisión Electoral estará formada por un presidente, catro vocais e polo secretario da Confraría. Os vocais serán designados pola Xunta Xeral de entre os seus membros, dous por agrupación, debendo designa-lo mesmo número de suplentes. En caso de empate, o voto do presidente será dirimente. 3. Non poderán formar parte da comisión electoral os membros da Xunta Xeral que se presenten como candidatos nalgunha das listas. A aceptación da condición de membro da comisión electoral implica a renuncia a formar parte das candidaturas. 4. No suposto de que non se puidera constituír parcial ou totalmente a comisión electoral, a Xunta Xeral designará os membros desta entre os afiliados da Confraría. 5. Compételle á Comisión Electoral. a). Elabora-lo plan, normas e calendario electoral. b). Exposición do censo electoral e resolve-las reclamacións que se presenten. c). Designa-los compoñentes da mesa electoral. d). Aprobar e proclama-las candidaturas e resolve-las reclamacións sobre estas. 6. A comisión electoral será a encargada de confecciona-las papeletas e sobres electorais. As papeletas confeccionaranse distinguindo con claridade as que correspondan a unha agrupación e a outra, mediante a utilización de distintos cores. Así mesmo a comisión electoral será a encargada de prepara-lo colexio electoral, as urnas e, en xeral, toda a organización do material electoral. Artigo 43º.- Plan e normas. 1. A comisión electoral elaborará as normas e o plan electoral no prazo máximo de 5 días desde a data da súa constitución e someterao a aprobación do Cabido, quen o remitirá a Consellería competente en materia de pesca para a súa ratificación, no prazo máximo de cinco días. 2. A ratificación do plan e normas comunicaráselle ó presidente da comisión electoral. O secretario da comisión electoral expoñerá no taboleiro de anuncios o plan e as normas electorais

Page 24: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

24

durante todo o proceso electoral, retirándoos cando tome posesión a totalidade dos membros dos órganos de goberno da Confraría. 3. O plan e as normas desenvolverán as diversas fases do proceso electoral reguladas neste capítulo, contendo, como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Os prazos para o exercicio do voto por correo. b) Os prazos para a exposición do censo e a presentación de reclamacións a el.

c) Os prazos para a presentación de candidaturas e proclamación destas.

d) O día das votacións, tempo de duración e lugar.

e) O día de proclamación de candidatos elixidos e o da constitución dos órganos

rectores. 4. Os prazos sinalados poderán modificarse pola comisión electoral logo de autorización da Consellería. Artigo 44º.- Censo electoral. 1. Dentro dos dous días naturais seguintes á data de ratificación do plan, normas e calendario electoral, a comisión electoral expoñerá, por un período de 15 días, o censo de afiliados elaborado con anterioridade e que deberá ser facilitado polo secretario dos órganos de goberno da Confraría. Durante este prazo, os afiliados poderán efectuar reclamacións sobre a súa exclusión. 2. A comisión electoral deberá resolve-las reclamacións no prazo de dous días contados desde a finalización do período de exposición ó público do referido censo. Contra a resolución das reclamacións poderá interpoñerse recurso ante o conselleiro competente en materia de pesca, nun prazo de 5 días naturais a partir da notificación. Resoltas as reclamacións en vía administrativa o censo de afiliados converterase en censo electoral, sen que nun momento posterior se poda impugnar. Artigo 45º.- Voto por correo. Os electores poderán exercita-lo seu dereito ó voto por correo de acordo co seguinte procedemento: 1. A papeleta de voto introducirase nun sobre da agrupación á que pertenza o elector. 2. O sobre contendo a papeleta introducirase, xunto coa fotocopia compulsada do documento nacional de identidade, pasaporte ou permiso de conducir, polo secretario da comisión electoral, noutro sobre que será enviado ó presidente da mesa electoral. 3. O prazo de solicitude do voto por correo iniciarase unha vez resoltas as reclamacións sobre o censo e o prazo para que a comisión reciba os votos finalizará 24 horas antes das votacións. 4. O voto persoal terá preferencia e anulará o voto emitido previamente por correo.

Page 25: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

25

Artigo 46º.- Da mesa electoral. 1. A comisión electoral designará os compoñentes da mesa electoral e os suplentes e notificarálle-la designación, que deberá ser aceptada por escrito. 2. A mesa electoral estará formada por un presidente e catro membros, dos que dous serán os traballadores de maior e menor idade do censo, e os outros dous, os armadores que reúnan iguais características, mailo secretario dos órganos de goberno da Confraría. Así mesmo, designaranse dous suplentes por cada agrupación, que serán os traballadores e armadores que sigan en idade ós membros da mesa. 3. Será nomeado presidente o Patrón Maior, sendo dirimente o seu voto en caso de empate. Designaranse suplentes ós Vicepatróns. 4. No suposto de que algún membro da mesa electoral se presente como candidato, deberá renunciar a formar parte da mesa, para os efectos de designa-lo primeiro suplente no seu lugar. A aceptación da condición de membro da mesa implicará a renuncia a ser candidato. 5. A mesa constituirase o día da votación unha hora antes da apertura do colexio electoral e será a encargada de dirixi-la votación, vixia-la súa regularidade, realiza-lo escrutinio e velar pola legalidade do sufraxio. No caso de ausencia ou enfermidade do presidente, substituirao o primeiro suplente. En caso de que este tampouco compareza, substituirao o segundo suplente, e se este tampouco comparece, tomará posesión o primeiro vocal. Os vocais que non se presenten ou tomen posesión serán substituídos polos suplentes. 6. Non poderá constituírse a mesa electoral sen a presencia do presidente e catro vocais e o secretario. No caso de que non se poida cumprir este requisito, poderán formar parte da mesa algúns dos electores que estean no local, sempre que non sexan candidatos. 7. A mesa electoral contará con dúas urnas, unha para a agrupación de empresarios e outra para a agrupación de traballadores. Artigo 47º.- Secretario da comisión e da mesa electoral 1. Será secretario da comisión e da mesa electoral o secretario dos órganos de goberno da Confraría. 2. O secretario citará os membros da comisión e da mesa electoral para a súa constitución, e velará polo control da legalidade das actuacións de ambas, e en particular do proceso electoral no día das votacións, realizando as reservas legais nos supostos de transgresión daquela, que deberán reflectirse en acta. 3. O secretario remitirá á Consellería competente en materia de pesca, no prazo de tres días, tódalas actas que levante a comisión e a mesa electoral,. As actas das votacións remitiranse no prazo das vintecatro horas seguintes á celebración destas. 4. As funcións anteriores soamente as poderá desempeña-lo secretario dos órganos de goberno, agás no caso de enfermidade, ausencia ou vacante, nos que poderá ser substituído nas

Page 26: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

26

súas funcións por quen sexa habilitado pola comisión electoral, dando conta deste cambio, no prazo de 24 horas, á Consellería. Artigo 48º.- Interventores. 1. Cada candidato poderá nomear un interventor que deberá ser acreditado como tal pola comisión electoral cunha antelación de 48 horas á celebración das eleccións. Esta acreditación deberá presentarse ante a mesa electoral. 2. Os interventores poderán asistir á mesa electoral, participar nas súas deliberacións con voz pero sen voto e exercer ante ela os dereitos inherentes á súa función, debéndose recoller en acta as alegacións que fagan. 3. O día das votacións os interventores poderán examina-lo censo que utilizará a mesa electoral. Artigo 49º.- Publicidade institucional A Confraría poderá realizar publicidade para promove-la participación dos electores durante o proceso electoral e ata as 24 horas antes do día fixado para a celebración das eleccións, que en ningún caso influirá na orientación do voto dos electores.

Sección 3ª: Desenvolvemento do Proceso Electoral Artigo 50º.- Confección das candidaturas 1. As candidaturas para participar no proceso electoral presentaranse ante a comisión electoral dentro dos quince días naturais seguintes ó da publicación do censo definitivo. 2. As candidaturas para vocal da Xunta Xeral son individuais para efectos de votación e escrutinio, aínda que poden agruparse en listas a efectos de presentación e campaña electoral. 3. O escrito de presentación de cada candidato deberá expresar claramente o sector de producción da agrupación, indicando o seu nome, apelidos e DNI. Artigo 51º.- Proclamación de candidaturas. 1. Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a comisión electoral publicaraas no taboleiro de anuncios da Confraría e comprobará no prazo de dous días naturais, o cumprimento dos requisitos para a súa proclamación. A comisión comunicará ós candidatos as irregularidades detectadas, concedendo un prazo de dous días para a súa subsanación. 2. Recibidas as alegacións a comisión resolverá sobre elas no prazo de dous días naturais. 3. Resoltas as alegacións, a comisión electoral procederá a proclamación de candidatos. As candidaturas proclamadas deberán ser obxecto de publicación no taboleiro de anuncios da Confraría.

Page 27: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

27

4. No prazo de 5 días naturais desde a proclamación de candidatos, poderase interpoñer recurso contra o acordo da comisión electoral ante a Consellería competente en materia de pesca, que resolverá no prazo de 5 días. A partir da proclamación definitiva das candidaturas comezará a campaña electoral, que rematará ás cero horas do día inmediatamente anterior á votación. 5. Se o número dos candidatos presentados coincidise co número de membros que hai que elixir por cada un dos sectores profesionais non será necesario proceder á elección, sendo proclamados pola comisión electoral membros da Xunta Xeral. 6. De non presentarse candidaturas a vocais da Xunta Xeral, declararase elixibles a tódolos membros da Confraría incluídos no censo electoral que cumpran os requisitos establecidos no artigo 38. Artigo 52º.- Celebración das votacións 1. O día indicado no plan, que deberá estar comprendido no prazo dos dez días desde a proclamación definitiva de candidatos, celebrarase a elección dos membros da Xunta Xeral. 2. Reunida a mesa electoral o día fixado para as votacións, estas non poderán iniciarse sen que previamente se levante a acta de constitución da mesa, na que deberán consta-los seus membros e a relación nominal dos interventores. 3. A votación durará desde as nove horas ata as vinte horas, salvo que no plan se sinale outro horario para facilita-la maior presencia de votantes. Unha vez iniciada non poderá suspenderse, salvo por razóns de forza maior, sempre baixo a responsabilidade do presidente da mesa electoral. 4. No caso de suspensión levantarase a correspondente acta, que será remitida no prazo de dous días naturais á Consellería competente en materia de pesca, e a comisión proporá unha nova data de votacións. 5. O dereito a votar acreditarase pola inscrición do elector no censo electoral. O voto será secreto. Os electores depositarán o seu voto na urna correspondente mediante unha papeleta dobrada e introducida nun sobre. 6. O secretario da mesa electoral anotará os electores que voten, con indicación do número co que figure o elector no censo, así como o seu documento nacional de identidade, pasaporte ou carné de conducir con foto, cando se trate de persoa física e a representación coa que intenta exercer o seu dereito, ademais, se se trata dunha persoa xurídica. 7. O presidente da mesa electoral será o encargado de velar para que a entrada ó local das votacións sexa libre, de mante-la orde nel durante a votación e escrutinio e de asegura-la liberdade dos electores no local convertido para ó efecto en colexio electoral. 8. Unicamente terán entrada no local electoral os electores, os membros das candidaturas así como os seus interventores, os notarios requiridos para dar fe de calquera extremo da votación, os axentes da autoridade requiridos polo presidente da mesa electoral e o persoal da Confraría expresamente autorizado ó efecto pola mesa electoral. Unha vez realizada a votación, os electores deberán abandona-lo local electoral.

Page 28: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

28

9. O presidente da mesa electoral, previa consulta co resto dos compoñentes da mesa, poderá expulsar do colexio electoral a calquera persoa que interfira a boa marcha das votacións. Artigo 53º.- Escrutinio. 1. Rematado o período sinalado para a votación, o presidente da mesa electoral anunciará que vai remata-la mesma e preguntará se algún dos electores presentes non votou, admitíndose os votos que se dean a continuación e non se permitirá a ninguén máis a entrada no local.

2. Acto seguido, o presidente introducirá na urna os sobres que conteñan as papeletas remitidas por correo, logo de comprobar que non exerceron o voto persoalmente. Finalmente votarán os membros da mesa e os interventores, sempre que teñan dereito, declarándose pechada a votación.

3. Declarada pechada a votación, comezará inmediatamente o escrutinio, cometido que corresponde exclusivamente á mesa electoral. Concluído o escrutinio, que non poderá ser interrompido, estenderase a oportuna acta, asinada por tódolos compoñentes da mesa electoral. Os interventores asinarán potestativamente, agás no caso que quixeran facer constar na acta observacións, debendo, neste último caso, asinar obrigatoriamente.

4. Na acta figurarán, obrigatoriamente, os seguintes extremos:

a) Número de electores inscritos no censo.

b) Número de votos emitidos.

c) Votos declarados nulos, en branco e válidos.

d) Número de votos obtidos por cada candidato.

e) Observacións presentadas ante a mesa electoral sobre a votación e escrutinio

polos representantes das listas, membros das candidaturas, interventores e

electores.

f) Resolucións motivadas da mesa electoral sobre as observacións presentadas,

cos votos particulares se os houbera.

5. As actas serán entregadas, dentro do día seguinte hábil, polo secretario da mesa

electoral á comisión electoral e á Consellería competente en materia de pesca. Estas actas serán expostas no taboleiro de anuncios da Confraría durante dous días naturais, nese prazo poderase presentar reclamación ante a comisión electoral, que resolverá no prazo de dous días. Contra a resolución da comisión electoral, dentro dos dous días seguintes á súa notificación, cabe recurso ante a Consellería, que resolverá no prazo de 5 días.

Sección 4ª: Constitución dos órganos rectores

Artigo 54º.- Proclamación dos membros da Xunta Xeral

Page 29: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

29

1. Dentro dos seis días naturais seguintes á resolución dos recursos contra as actas, a comisión electoral proclamará os membros que formarán parte da Xunta Xeral.

2. Contra o acordo de proclamación efectuado pola comisión electoral, poderase interpoñer, no prazo de tres días naturais, recurso ante a Consellería competente en materia de pesca, que resolverá nun prazo de 5 días. Artigo 55º.- Constitución da Xunta Xeral.

Os membros electos das candidaturas tomarán posesión dos seus cargos de vocais da Xunta Xeral na sede da Confraría, no prazo de dez días desde a súa proclamación. Artigo 56º.- Elección do Patrón Maior, Vicepatrón Maior primeiro e segundo e Cabido.

1. Os candidatos a Patrón Maior deberán presenta-la súa candidatura no prazo de dous días desde a constitución da Xunta Xeral. Dita candidatura deberá ir avalada por tres membros da Xunta Xeral. Cada vocal só poderá avala-la proposta dun candidato.

2. Ó día seguinte da data de remate de presentación de candidaturas, a comisión electoral procederá á proclamación de candidatos a Patrón Maior, expoñendo no taboleiro de anuncios dita candidatura, por un prazo de dous días, podéndose presentar, nese prazo de exposición, reclamación ante a comisión electoral que resolverá no prazo de dous días. Contra esa resolución, e no prazo de dous días desde a súa notificación, caberá interpoñer recurso ante a Consellería competente en materia de pesca, que se resolverá nun prazo de cinco días.

3. A mesa electoral será a mesma cá constituída para a elección de vocais da Xunta Xeral.

4. Ós dez días da presentación da candidatura procederase polos vocais da Xunta Xeral á elección do Patrón Maior, por maioría simple en primeira volta. No caso de empate, repetiranse as votacións en segunda volta; de manterse aquel, resolverase a favor do de maior antigüidade na Confraría e no caso de persisti-lo empate, a favor do de maior idade.

5. Elixido o Patrón Maior, o primeiro suplente da agrupación á que pertenza o Patrón Maior entrará a formar parte da Xunta Xeral. A Xunta Xeral elixirá, a continuación, de entre os seus membros ós Vicepatróns maiores primeiro e segundo e ós vocais do Cabido, respetando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a Xunta Xeral.

6. Rematadas as eleccións a Patrón Maior e vocais do Cabido, e levantada a acta correspondente polo secretario da mesa, esta expoñerase no taboleiro de anuncios da Confraría durante dous días naturais, podéndose presentar nese prazo de exposición reclamación ante a comisión electoral que resolverá no prazo de dous días. Contra esa resolución, e no prazo de dous días desde a súa notificación, caberá interpoñer recurso ante a Consellería competente en materia de pesca, que se resolverá nun prazo de cinco días.

7. Resoltos os recursos a comisión electoral proclamará o Patrón Maior e os vocais do Cabido nun prazo de dous días naturais desde a notificación das resolucións.

Page 30: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

30

Artigo 57º.- Toma de posesión do Cabido, Patrón Maior e Vicepatrón Maior primeiro e segundo.

1. Dentro do prazo dos dous días da proclamación prevista no artigo anterior, procederase á toma de posesión e constitución dos postos de Patrón Maior, Vicepatrón Maior primeiro e segundo e vocais do Cabido.

2. Previo ó acto de toma de posesión poñeranse a disposición do Cabido entrante os libros de actas da Confraría correspondentes ó mandato electoral inmediatamente anterior, así como os estados financeiros da Confraría na data da convocatoria do proceso electoral, xunto coa liquidación do orzamento na dita data.

3. Desta toma de posesión e constitución levantará a correspondente acta o secretario da comisión electoral, quen as remitirá, xunto con toda a documentación do proceso electoral, á Consellería competente en materia de pesca. Artigo 58º.- Disolución da comisión electoral.

Unha vez constituídos tódolos órganos de goberno da Confraría entenderase disolta a comisión electoral, o seu secretario levantará acta na que faga consta-la data da disolución e na que figurarán as sinaturas do presidente e secretario.

CAPITULO VI DO PERSOAL DA CONFRARÍA

Artigo 59º.- Do persoal laboral. 1. A Confraría para o cumprimento dos seus fins e exercicio das súas funcións poderá contratar persoal laboral propio. 2. O persoal laboral propio da Confraría estará suxeito á autoridade dos órganos de goberno competentes en cada caso. 3. As funcións a desempeñar por este persoal, serán as que determine o Cabido no contrato laboral, de conformidade coas disposicións de carácter xeral. 4. Para a selección do persoal laboral as Confrarías deberán publicar no seu taboleiro de anuncios a oferta de emprego, especificando os requisitos que deberán reuni-los candidatos. 5. Este persoal rexerase polo disposto no convenio colectivo e demais normativa que lles sexa de aplicación. Artigo 60º.- Do Xerente.

1. Co fin de xestiona-las Seccións de que dispón a Confraría, e en todo caso se se constitúe a sección de organización da producción, aquela poderá contratar un Xerente, de acreditada solvencia técnico-profesional, que, baixo as ordes do Patrón

Page 31: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

31

Maior, terá atribuídas as funcións que lle encomende o órgano de goberno competente en cada caso.

2. O Xerente dará conta da súa actividade ó Patrón Maior, ó Cabido e á Xunta Xeral da Confraría.

CAPITULO VII DO RÉXIME ECONÓMICO.

Sección 1ª: Dos recursos da confraría

Artigo 61º.- Patrimonio da Confraría. 1. O patrimonio da Confraría estará integrado por: a) Os bens e dereitos que na actualidade posúe e os que adquira no sucesivo por calquera título. b) As doazóns e legados. c) As accións ou títulos representativos do capital de empresas públicas ou privadas e as obrigas ou títulos análogos dos que a Confraría sexa titular. d) Os dereitos de propiedade incorporal que poida posuír. 2. A titularidade do patrimonio inmoble quedará debidamente reflectida no Rexistro da Propiedade, a través da correspondente inscrición que se instará obrigatoriamente e baixo a responsabilidade do órgano de goberno competente. 3. O inventario dos bens e dereitos propiedade da Confraría, clasificados e valorados economicamente, será actualizado cada ano e aprobado polo Cabido, dándose coñecemento do mesmo ó pleno da Xunta Xeral.. 4. O patrimonio é indivisible e está ó servicio de tódolos membros. Artigo 62º.- Recursos económicos. 1. A Confraría disporá dos seguintes recursos económicos: a) As cotas ordinarias e extraordinarias que deben satisface-los seus membros. b) Os dereitos e exencións que lle sexan legalmente establecidos. c) Os productos e rendas do seu patrimonio.

Page 32: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

32

d) As doazóns, legados e achegas que reciba. e) As contías percibidas en concepto de sancións impostas polas Confrarías ós seus

membros. f) Os ingresos procedentes da prestación de servicios pola Confraría. g) As subvencións e demais consignacións orzamentarias que reciban con cargo ós

orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Estado.

h) Os retornos. i) Calquera outro recurso obtido, de conformidade coas disposicións legais e preceptos estatutarios. 2. Para os efectos previstos na letra h) no caso de que a Confraría realice actividades de venda, ben directamente, a través dunha organización de producción ou calquera outra entidade que realice esta función, está obrigada a descontar da factura de venda respecto das capturas das embarcacións que non pertenzan a ela, a cantidade do 1% (un por cento) do valor da pesca vendida e retornalo á Confraría á que pertenza a embarcación sen prexuízo da tarifa X4 de pesca fresca. Os retornos aboaranse trimestralmente e os gastos que orixinen serán descontados da cantidade que se transfira. Artigo 63º.- Cotas extraordinarias. 1. Por acordo da Xunta Xeral poderanse establecer cotas extraordinarias baixo algunha das seguintes formas: a) Exacción directa ós membros individuais da Confraría. b) Participación fixa ou alícuota nas cotas recadadas polas agrupacións constituídas dentro da Confraría. As cotas pódense establecer como un só pagamento, por entregas periódicas durante un tempo determinado ou por un tempo indefinido, segundo a índole das necesidades que hai que cubrir. 2. O establecemento das cotas extraordinarias deberá ser proporcional ó investimento ou gasto que se vai realizar, debendo xustificarse debidamente a transcendencia dos fins perseguidos, e a insuficiencia dos medios orzamentarios dispoñibles. 3. Esta xustificación requerirá dunha memoria que deberá conter, alomenos, os seguintes aspectos: a) As necesidades que xustifiquen a implantación das cotas e obxectivos que se traten de acadar. b) Medios requiridos para logra-lo fin proposto.

Page 33: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

33

c) Dispoñibilidades orzamentarias existentes na Confraría. d) Forma de recadación e de distribución das cargas, tarifas orzamentarias e incidencias económicas previsibles nos obrigados ó seu pagamento. e) Beneficios esperados da aplicación dos recursos obtidos, debendo estes ser verificados unha vez aprobada a determinación da cota.

f) Importe das cotas extraordinarias.

Sección 2ª: Do orzamento.

Artigo 64º.- Do orzamento e da súa elaboración. 1. A Confraría desenvolverá a súa xestión económica a través dun orzamento único de ingresos e gastos, que estructurará, se é o caso, de acordo coas seccións nas que estean organizadas. 2. O orzamento constitúe a expresión cifrada, conxunta e sistemática das obrigas que, como máximo, poidan recoñecer, e dos dereitos que se prevexan liquidar durante o exercicio económico. O exercicio orzamentario coincidirá co ano natural. 3. O Cabido elaborará o proxecto de orzamento da Confraría no que se integrarán as propostas de financiamento dos proxectos que efectúen os responsables da xestión económica de cada Sección. Artigo 65º.- Da aprobación do orzamento. 1. O proxecto de orzamento será aprobado pola Xunta Xeral, por proposta do Cabido, antes do dia 31 de decembro do ano anterior ó do exercicio en que deba aplicarse. De non ser aprobado antes desta data quedará automaticamente prorrogado o do exercicio anterior, por doceavas partes. 2. O orzamento aprobado será exposto durante 20 días no taboleiro de anuncios da Confraría, para coñecemento dos afiliados. Artigo 66º.- Das modificacións orzamentarias. O Cabido poderá acordar modificacións de partidas orzamentarias, sempre que, illada ou acumulativamente, non excedan do 10% do total do orzamento; daralle coñecemento posterior á Xunta Xeral. As modificacións que excedan desta contía serán aprobadas pola Xunta Xeral por proposta do Cabido. Artigo 67º.- Da execución orzamentaria. 1. A execución do orzamento correspóndelle ó Cabido.

Page 34: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

34

2. En cada Sección haberá un encargado da xestión económica, nomeado pola Xunta Xeral por proposta do Cabido, quen elaborará os documentos orzamentarios e contables que sexan necesarios, sendo responsable da veracidade dos datos que neles se recollan. 3. No caso de que na Confraría exista xerente, este asumirá as funcións descritas no parágrafo anterior. Artigo 68º.-

O encargado da xestión económica informará ó Cabido, cunha periodicidade mínima trimestral, do desenvolvemento da execución orzamentaria co fin de poder efectuar con oportunidade os reaxustes que considere necesarios.

Artigo 69º.- Da notificación dos acordos que afecten ós orzamentos.

Dos acordos de aprobación, modificación e liquidación dos orzamentos, remitiráselle copia á Consellería competente en materia de pesca, no prazo de 15 días desde a súa adopción.

Sección 3ª: Do réxime contable e das contas anuais

Artigo 70º.- Do réxime contable.

1. A Confraría levará un plan contable único, aprobado pola Consellería competente en materia de economía e facenda, sendo aplicable, coas súas peculiariedades propias, o disposto no titulo V, capítulo II, do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

No plan contable reflectirase o movemento de ingresos e gastos de forma separada, se é o caso, para cada unha das seccións nas que se estructuren, así como todas aquelas modificacións que se produzan na súa situación patrimonial. Anualmente confeccionarase o correspondente balance, no que se reflectirá a súa situación patrimonial, económica e financeira.

Artigo 71º.- Das contas anuais.

1. As contas anuais da Confraría comprenderán o balance, a conta de perdas e ganancias e a memoria, debendo ser formuladas polo Cabido e aprobadas pola Xunta Xeral.

2. A formalización das contas anuais realizarase polo Cabido dentro do primeiro semestre do ano seguinte a aquel ó que correspondan.

3. A aprobación das contas anuais corresponderá á Xunta Xeral, no prazo determinado no parágrafo anterior.

4. Durante un período mínimo de quince días, previos á súa formulación, deberá estar exposta a documentación contable no taboleiro de anuncios da Confraría. Durante este prazo tódolos membros da Xunta Xeral poderán consultar nos locais da Confraría a documentación

Page 35: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

35

soporte das operacións e actividades realizadas ó longo do ano. Rematado ese prazo o Cabido formalizará as contas.

5. As contas anuais, unha vez aprobadas pola Xunta Xeral, serán expostas a tódolos

membros da Confraría, reunidos en asemblea xeral.

6. Realizadas tódalas actuacións anteriores, o secretario dos órganos de goberno, no prazo máximo de cinco días, deberá remiti-las contas anuais á Consellería competente en materia de pesca e ó Consello de Contas, xunto cunha certificación acreditativa do cumprimento das obrigas establecidas no presente artigo.

7. Aprobadas as contas pola Xunta Xeral, non se autorizará a consulta da documentación soporte das mesmas. A Administración poderá reclamar, non obstante, esa documentación en calquera momento. Artigo 72º.- Da documentación contable.

A Confraría levará en orde e ó día os seguintes libros: a) Libro de inventarios e balance e libro diario, conforme ó disposto para eles na

normativa mercantil.

b) Calquera outro libro que veña esixido por esta e outras disposicións legais. Artigo 73º.- Obriga da legalización das contas anuais.

1. Os libros que legal e obrigatoriamente levará a Confraría, segundo o artigo anterior, serán dilixenciados e legalizados, con carácter previo á súa utilización, polo rexistro mercantil se a Confraría realiza actividades económicas. No caso de que a Confraría realice soamente actividade social, os libros serán dilixenciados polo secretario dos órganos de goberno.

2. Non obstante o anterior, será válida a realización de asentamentos e anotacións por calquera procedemento idóneo, sobre follas que despois serán encadernadas correlativamente para forma-los libros obrigatorios, os que serán presentados ó rexistro mercantil para a súa legalización antes de que transcorran os catro meses seguintes á data do pechamento do exercicio. No caso de que a Confraría non desenvolva actividade económica, as follas serán dilixenciadas polo secretario dos órganos de goberno.

3. Os libros e demais documentos da Confraría estarán baixo a custodia, vixilancia e responsabilidade do Cabido. Artigo 74º.- Obriga da presentación das contas anuais.

1. A Confraría están obrigadas a presenta-las contas anuais para o seu depósito no rexistro de Confrarías, dentro do prazo de un mes contado desde a súa aprobación pola Xunta Xeral.

Page 36: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

36

2. Nos supostos de disolución e liquidación da Confraría, os liquidadores estarán obrigados a presentar no rexistro citado a conta xeral de liquidación e proposta de reparto do patrimonio da Confraría en liquidación.

3. As contas anuais, asinadas por tódolos membros do Cabido, deberán presentarse de

conformidade co plan de contabilidade aprobado pola Consellería competente en materia de economía e facenda, achegando o balance, a conta de perdas e ganancias e a memoria. No caso de que faltase algunha sinatura, deberá facerse indicación expresa dos motivos da ausencia. Así mesmo, deberá xuntarse certificación do acordo de aprobación das contas anuais pola Xunta Xeral e imputación dos resultados, coas sinaturas do Patrón Maior e do secretario dos órganos de goberno, lexitimadas notarialmente. A dita certificación deberá identifica-las contas anuais, que estarán debidamente asinadas. Se faltase a sinatura dalgún dos dous, indicarase expresamente a causa da ausencia. Artigo 75º.- Da obriga de conserva-las contas anuais.

As contas anuais e documentos complementarios depositados no rexistro de Confrarías deberanse conservar por un período mínimo de seis anos á data da práctica do asento. Artigo 76º.- Das exencións e beneficios fiscais.

A Confraría gozará, para o cumprimento dos seus fins, das exencións e beneficios fiscais que en cada momento se lle recoñezan.

Sección 4ª: Da responsabilidade

Artigo 77º.- Da responsabilidade

1. O Patrón Maior, membros do Cabido e xerentes, como administradores ou xestores da Confraría, responderán perante ela, fronte ós membros e acredores da Confraría, do dano que causen por actos contrarios á lei ou ós estatutos ou polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeña-lo cargo.

2. Responderán solidariamente tódolos membros dos órganos da administración que realizou o acto ou adoptou o acordo lesivo. Cando os membros do órgano voten en contra ou se absteñan, quedarán exentos da responsabilidade que, de se-lo caso, poida derivarse dos acordos.

3. En ningún caso exonerará da responsabilidade a circunstancia de que o acto ou acordo lesivo fora adoptado, autorizado ou ratificado pola Xunta Xeral da Confraría.

Page 37: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

37

Artigo 78º.- Da acción de responsabilidade

1. A acción de responsabilidade contra os administradores ou xestores será exercida pola Confraría, logo de acordo da Xunta Xeral.

2. A aprobación das contas anuais non impedirá nin suporá o exercicio da acción de responsabilidade nin a renuncia á acción acordada ou exercitada.

CAPITULO VIII SISTEMAS DE GARANTÍAS E RECURSOS

Artigo 79º.- Petición, demandas e recursos dos asociados Calquera asociado pode dirixir peticións, formular demanda ou interpoñer recursos ante os órganos de goberno da Confraría de acordo cos procedementos respectivamente aplicables. En todo caso, é deber dos órganos de goberno competentes dar xustificación das cuestións presentadas, orientar, se houbera lugar a elo, sobre os requisitos de procedemento, resolver segundo sexa procedente e notificar ó interesado o contido do acordo, con indicación dos posibles recursos e prazos. Artigo 80º.- Recursos Contra os actos, acordos e disposicións da Confraría adoitados no exercicio das súas funcións públicas e suxeitas ó dereito administrativo caberá recurso de alzada ante a Consellería competente en materia de pesca, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, tendo en todo caso esta consideración as seguintes cuestións: a) Constitución, funcionamento e órganos de goberno da Confraría b) procesos electorais c) actos de afiliación d) segregación, disolución e fusión da Confraría. Nas cuestións de contratación de persoal por parte da Confraría, a súa actividade patrimonial de carácter mercantil ou comercial, o seu réxime disciplinario, así como todas aquelas cuestións de natureza xurídica distinta a sinalada no punto anterior caberá recurso ante o órgano xurisdiccional competente, de acordo coas normas que lle sexan de aplicación.

Page 38: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

38

CAPÍTULO IX

DO PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Artigo 81º.- - Do réxime sancionador 1. O incumprimento das obrigas dos membros da Confraría poderá dar lugar á esixencia de responsabilidade a través do correspondente procedemento sancionador. O procedemento sancionador requerirá, salvo para as faltas leves, a apertura dun expediente previo conforme o regulado neste capítulo. 2. Non se imporá sanción algunha por infraccións que non estean previamente tipificados neste Estatuto. 3. Corresponde ó Patrón Maior a incoación do expediente sancionador, ben por propia iniciativa ou en virtude de denuncia. No acordo de iniciación de expediente nomearase ó instructor do procedemento. 4. As infraccións cometidas polos membros da Confraría clasifícanse en leves, graves e moi graves. Artigo 82º.- Iniciación 1. O acordo de iniciación do expediente sancionador formalizase co contido mínimo seguinte:

a) Identificación da persoa ou persoas presuntamente responsable

b) Os feitos que motivan o expediente con indicación da posible calificación e da sanción

que poida corresponder , sen prexuízo do que resulte da instrucción.

c) Instructor, que poderá ser recusado de conformidade co establecido na Lei 30/92 de 26

de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

d) Órgano competente para a resolución do expediente.

e) Indicación do dereito a formular alegacións e a audiencia no procedemento, e do prazo

para o seu exercicio.

2. O acordo de iniciación deberá ser comunicado ó instructor e notificado ó interesado ca advertencia de que no caso de non formular alegacións no prazo concedido o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución.

Page 39: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

39

Artigo 83º.- Instrucción 1. Os interesados disporán dun prazo de 5 días para aportar alegacións, documentos ou informacións que estimen convenientes e no seu caso propor a práctica de probas. 2. Concluída, no seu caso, a práctica da proba proposta que se estimase pertinente, e aquela outra que acorde o instructor, este formulará proposta de resolución na que se fixarán de forma motivada os feitos, con indicación dos que se consideren probados, a súa calificación xurídica, determinando a infracción cometida e a sanción que se propón impor, así como a indicación da persoa responsable. 3. A proposta de resolución notificaráselle ó interesado concedéndolle un prazo de 3 días para para formular alegacións e aportar os documentos que estime pertinentes. 4. Salvo no caso de que o interesado non tivera feito alegacións no prazo concedido no apartado 1, pódese prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polo interesado. 5. A proposta de resolución cursarase ó órgano competente para resolver xunto con tódolos documentos do procedemento . Artigo 84º.- Resolución 1. Ó órgano competente para resolver dictará resolución motivada. 2. A resolución formalizarase por calquera medio que acredite a vontade do órgano competente para adoptalo. A resolución que poña fin o expediente incluirá a valoración das probas practicadas nas que se funde a decisión, fixará os feitos e a persoa responsable, a infracción cometida e a sanción que se impón e será notificada ó interesado. Artigo 85º.- Das infraccións. 1. Considéranse infraccións leves: a) A inasistencia inxustificada ás convocatorias de reunións.

b) A falta de colaboración na aportación de datos e informes que non sexan exclusivos

de dominio privado.

c) A perturbación da orde nas reunións.

d) Non aboa-las cotas ou derramas obrigatorias nos prazos fixados.

Page 40: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

40

e) Causar danos nos bens ou elementos das instalacións da Confraría en contía non

superior a 90,00 euros.

2. Considéranse infraccións graves. a) As palabras ou manifestacións ofensivas en relación cos órganos de goberno, coas

persoas que os constitúen ou co persoal da Confraría.

b) A inobservancia grave das regras de convivencia da vida asociativa.

c) A reiteración de tres faltas leves.

d) O incumprimento ou desobediencia dos acordos dos órganos de goberno da Confraría.

e) A falta de respeto, desconsideración ou desobediencia ós membros da Xunta Xeral,

Cabido e Patrón Maior no uso das súas funcións. f) Causar danos nos bens ou elementos das instalacións da Confraría en contía entre

90,01 euros ata 600,00 euros. 3. Considéranse infraccións moi graves. a) A agresión física ós membros ou persoal da Confraría.

b) A reiteración de tres faltas graves. c) Causar danos nos bens ou elementos das instalacións da Confraría en contía igual ou

superior a 600,01euros. Artigo 86º.- Sancións. 1. Clasificadas as infraccións, gradúanse as sancións atendendo á neglixencia, á intencionalidade ou a da reincidencia do infractor, así como á índole ou a transcendencia do prexuízo causado á institución ou ós seus representantes.

2. De conformidade cos citados criterios as sancións serán: a) Pola comisión de infraccións leves, apercibimento ou multa hasta 60 €. b) Pola comisión de infraccións graves, multa de 61 a 150 €.

c) Pola comisión de infraccións moi graves, expulsión da confraría ou multa de 151 a

300 €.

Page 41: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

41

3. Imposta a sanción, o seu importe será abonado da seguinte forma: a.- Por medio de pago voluntario, admitíndose o pago fraccionado. b.- En defecto do anterior o importe da multa será deducido do importe de venta en lonxa, admitíndose a deducción de forma fraccionada. 4. As sancións serán impostas por: - O Patrón Maior, as sancións leves. - O Cabido, as sancións graves.

- Pola Xunta Xeral, as sancións moi graves.

Artigo 87º.- Prescrición. 1. As infraccións previstas neste Estatuto prescribirán as leves ós tres meses, as graves ós seis meses, e as moi graves ó ano. O prazo de prescrición das infraccións comezará a contar desde o día da comisión da infracción. Interrompe a prescrición da infracción a iniciación do procedemento sancionador. 2. As sancións prescribirán o cabo de seis meses as impostas por faltas leves, o ano as impostas por faltas graves, e os dous anos as impostas por faltas moi graves. O prazo de prescrición da sanción comezará a contar desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impón a sanción.

Interrompe a prescrición o procedemento de execución da sanción. Artigo 88º.- Outras responsabilidade. Se os órganos de goberno da Confraría entenden que a conducta axuizada pode ser constitutiva de delicto ou falta tipificada no Código Penal, denunciará tales feitos ante o órgano xurisdiccional competente. Artigo 89º.- Tanto nos casos de infracción como no incumprimento das obrigas establecidas no estatuto, o órgano que resolva o expediente sancionador poderá impor ó responsable a indemnización por danos e perdas a favor da Confraría.

Page 42: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

42

CAPITULO X DAS RELACIÓNS CON OUTRAS CONFRARÍAS, CONVENIOS, ASOCIACIÓNS E

DA SÚA DISOLUCIÓN

Artigo 90º.- Da relación con outras Confrarías. Cando así o acorde a Xunta Xeral, a Confraría poderá federarse con outras Confrarías , ou acudir a modalidades asociativas distintas, destinadas á xestión de determinados servicios de interese común, de acordo coa lexislación vixente en materia de asociacións que lle sexa aplicable. Neste suposto, e unha vez aprobada a constitución da asociación polo órgano competente, deberá remitir unha copia dos estatutos aprobados para proceceder á inscrición da asociación no rexistro de Confrarías. Artigo 91º.- Dos convenios e das asociacións. 1. A Confraría, ou a súas federacións están facultadas para establecer, entre si ou con outras entidades, convenios de colaboración, sempre que teñan un obxecto lícito e a súa consecución redunde nun mellor cumprimento dos seus fins, debendo remitir unha copia á Consellería competente en materia de pesca para o seu coñecemento. 2. Os convenios fixarán o obxecto, as competencias dos órganos que o suscriben, os mecanismos de asistencia técnica e control, o réxime de financiamento e a súa duración.

3. Os acordos de asociación e convenios de colaboración que realicen serán obxecto de inscrición no rexistro de Confrarías e das súas Federacións.

Artigo 92º.- Disolución da Confraría.

1. A disolución da Confraría producirase polas seguintes causas:

a) Polo acordo favorable das tres cuartas partes dos membros da Xunta Xeral que deberá ser aprobado pola Consellería competente en materia de pesca.

O acordo deberá recolle-lo destino dos bens e dereitos, unha vez atendidas as obrigas. En ningún caso estes bens e dereitos poderán repartirse entre os membros da Confraría, agás aquelas cantidades ingresadas en concepto de cotas no último ano.

b) Cando, decretada a intervención administrativa da Confraría, os interventores nomeados para ó efecto considerasen inviable economicamente a súa continuidade. c) Pola imposibilidade de constituí-la Xunta Xeral da Confraría ó carecer do número mínimo de membros determinado no artigo 12.3 do Decreto 261/02 do 30 de xullo, polo que se aproban as Normas reguladoras das Confrarías de Pescadodres e as súas Federacións.

Page 43: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

43

d) Pola imposibilidade de constituír a comisión xestora no caso de dimisión da maioría dos membros da Xunta Xeral.

2. A disolución terá as seguintes consecuencias: a) Suporá a perda das autorizacións e concesións administrativas para o exercicio das actividades de marisqueo e cultivos mariños. b) O ámbito territorial da Confraría será outorgado ás Confrarías colindantes, segundo acordo das mesmas ou por partes iguales se non existe acordo, implicando a conseguinte modificación estatutaria e rexistral. c) Os socios da Confraría poderán integrarse nalgunha das limítrofes. d) Nos supostos b), c) e d) do apartado 1 o destino dos bens e dereitos virá determinado no decreto que aprobe a disolución, que deberá ser, en primeiro termo, unha entidade, sen ánimo de lucro, do concello no que se atopaba a Confraría disolta. e) O persoal funcionario que presta servicio nelas será redistribuído de acordo coas normas vixentes en materia de función pública.

CAPITULO XI DA REFORMA DO ESTATUTO

Artigo 93º.- Da reforma. 1. A reforma do estatuto poderá ser proposto por: a) Petición de dous tercios (2/3) dos membros do Cabido. b) Petición da metade máis un dos membros da Xunta Xeral. c) Petición das tres quintas (3/5) partes da totalidade dos socios da Confraría. 2. A proposta presentarase por escrito asinado por tódolos propoñentes, indicando o obxecto da reforma.

3. No prazo máximo de dous meses, a Xunta Xeral da Confraría deberá resolve-la proposta formulada. O acordo favorable requerirá do apoio dos dous tercios (2/3) dos membros da Xunta Xeral.

Page 44: MODELO DE ESTATUTOS PARA A ELABORACIN E APROBACIN … · actividade pesqueira ou marisqueira que teñan base nun porto do ámbito territorial da Confraría. - Os traballadores por

44

CAPÍTULO XII DAS FESTAS OFICIAIS

Artigo 94º.- Das festividades. A Confraría de pescadores de BURELA, ten como Patrón a “SAN XOAN BAUTISTA” e Patroa a “VIRXE DO CARME” declarando festas oficiais obrigatorias os dias das súas festividades de cada ano. Tamén se declaran festas oficiais obrigatorias as de usos e costumes da localidade. DISPOSICIÓN ADICIONAL. A Confraría réxese polo presente estatuto e polo disposto na Lei 9/1993, de Confrarías de pescadores de Galicia; o Decreto 261/2002 do 30 de xullo, e demais normas aplicables. No suposto de colisión entre o presente estatuto e as normas antes citadas, aplicaranse estas últimas. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. Quedan derrogados o estatuto e as disposicións que ata agora viñan rexendo na Confraría de pescadores de BURELA. DISPOSICIÓN DERRADEIRA. O presente Estatuto entrará en vigor cando sexa inscrito no Rexistro de Confrarías. Burela, 12 de outubro de 2003. O Patrón Mayor, Asdo.: Alfonso García Ben.