Monitorizar as actividades do Concello de Ourense

2
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de novembro (06/11/2015). Monitorizar as actividades do Concello de Ourense Moción presentada para o estudo e avaliación das actividades sufragadas ou patrocinadas en todo ou en parte, en base aos orzamentos municipais. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: “Non podes xestionar o que non podes medir” - Edwards Deming DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN Son moitos os estudos levados a cabo sobre pobreza e exclusión social que demostran que son as capas sociais menos desfavorecidas as que máis se benefician dos recursos públicos. Por citar algúns traballos podemos tomar como referencia o Estudo da Universidade de Glasgow, “Poverty and Social Exclusión” dos investigadores Hasting A. e Matthew P., que demostraron en tres rexións diferentes do planeta o feito da dobre exclusión nos perfís sociais máis baixos no acceso aos servizos públicos. Así é que todos estes traballos coinciden na necesidade de levar a cabo un control efectivo mediante prácticas estatísticas que permitan avaliacións periódicas do uso e goce dos servizos públicos. Que demanda a sociedade?, en que barrios?, en que rangos de idade?, axuda no contexto laboral?, ten en conta o xénero?, que criterios de ingresos ano/unidade familiar se valoran?, cal é o horario preferente?, etc. Son preguntas sen resposta na actualidade para a maioría das actividades sufragadas en todo ou parte polo Concello de Ourense sen que podamos deste modo mellorar os servizos prestados e adaptalos a unha realidade social cambiante. Só coa recollida destes datos e o seu procesamento mediante procedementos de enfoque entre todo os axentes implicados poderemos facer unha análise das necesidades reais. Sen esta información a administración local non será quen de tomar nunca medidas correctoras e de adecuación para un mellor e máis axeitado aproveitamento das persoas beneficiarias. EPÍLOGO: Monitorizar as actividades do Concello de Ourense Recentemente véñense de presentar as actividades para asociacións veciñais promovidas dende diferentes concellarías municipais. Algunhas destas actividades están orientadas a colectivos específicos aínda cando carecemos de calquera dato estatístico que oriente a súa oferta (idade, renda, nivel cultural, procedencia, xénero, necesidades formativas...). É polo anterior que dende Ourense en Común demandamos que para próximas convocatorias se deseñe un programa estatístico de avaliación e seguimento destas actividades. Estes datos, se ben deberán ter un carácter anónimo e en cumprimento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (Lei 15/1999), poderán facilitarnos grande cantidade de información coa que mellorar o servizo e adaptación as necesidades reais e específicas das veciñas e veciños do noso Concello. Asemade, apelando ao compromiso programático desta organización pola transparencia, e a propósito da recente inclusión desta institución na Rede de Concellos pola Transparencia e a Participación Cidadá, demandamos que sexan públicas todas as bases de contratación destes servizos, criterios de selección, importe da súa contratación, número de persoas beneficiadas pola actividade, retorno social, etc.

description

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de novembro (06/11/2015). Moción presentada para o estudo e avaliación das actividades sufragadas ou patrocinadas en todo ou en parte, en base aos orzamentos municipais.

Transcript of Monitorizar as actividades do Concello de Ourense

Page 1: Monitorizar as actividades do Concello de Ourense

Moción do Grupo Municipal Ourense en

Común a presentar no pleno ordinario do mes

de novembro (06/11/2015).

Monitorizar as actividades do Concello de Ourense

Moción presentada para o estudo e avaliación das actividades sufragadas ou patrocinadas en todo

ou en parte, en base aos orzamentos municipais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

“Non podes xestionar o que non podes medir” - Edwards Deming

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

Son moitos os estudos levados a cabo sobre pobreza e exclusión social que demostran que son as

capas sociais menos desfavorecidas as que máis se benefician dos recursos públicos. Por citar algúns

traballos podemos tomar como referencia o Estudo da Universidade de Glasgow, “Poverty and Social

Exclusión” dos investigadores Hasting A. e Matthew P., que demostraron en tres rexións diferentes do planeta

o feito da dobre exclusión nos perfís sociais máis baixos no acceso aos servizos públicos. Así é que todos

estes traballos coinciden na necesidade de levar a cabo un control efectivo mediante prácticas estatísticas

que permitan avaliacións periódicas do uso e goce dos servizos públicos.

Que demanda a sociedade?, en que barrios?, en que rangos de idade?, axuda no contexto

laboral?, ten en conta o xénero?, que criterios de ingresos ano/unidade familiar se valoran?, cal é o horario

preferente?, etc. Son preguntas sen resposta na actualidade para a maioría das actividades sufragadas en

todo ou parte polo Concello de Ourense sen que podamos deste modo mellorar os servizos prestados e

adaptalos a unha realidade social cambiante.

Só coa recollida destes datos e o seu procesamento mediante procedementos de enfoque entre

todo os axentes implicados poderemos facer unha análise das necesidades reais. Sen esta información a

administración local non será quen de tomar nunca medidas correctoras e de adecuación para un mellor e

máis axeitado aproveitamento das persoas beneficiarias.

EPÍLOGO: Monitorizar as actividades do Concello de Ourense

Recentemente véñense de presentar as actividades para asociacións veciñais promovidas dende

diferentes concellarías municipais. Algunhas destas actividades están orientadas a colectivos específicos

aínda cando carecemos de calquera dato estatístico que oriente a súa oferta (idade, renda, nivel cultural,

procedencia, xénero, necesidades formativas...).

É polo anterior que dende Ourense en Común demandamos que para próximas convocatorias se

deseñe un programa estatístico de avaliación e seguimento destas actividades. Estes datos, se ben deberán

ter un carácter anónimo e en cumprimento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (Lei 15/1999),

poderán facilitarnos grande cantidade de información coa que mellorar o servizo e adaptación as necesidades

reais e específicas das veciñas e veciños do noso Concello. Asemade, apelando ao compromiso

programático desta organización pola transparencia, e a propósito da recente inclusión desta institución na

Rede de Concellos pola Transparencia e a Participación Cidadá, demandamos que sexan públicas todas as

bases de contratación destes servizos, criterios de selección, importe da súa contratación, número de

persoas beneficiadas pola actividade, retorno social, etc.

Page 2: Monitorizar as actividades do Concello de Ourense

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu

debate e aprobación os seguintes

ACORDOS:

1. Incluír en todas as actividades en curso, subvencionadas en todo ou parte polo Concello de

Ourense, un cuestionario-enquisa de avaliación deseñado polos servizos sociais municipais que

permita a recollida de datos estatísticos referidos ao perfil e necesidades dos seus usuarios.

2. Todas as convocatorias futuras de actividades subvencionadas en todo ou parte polo Concello

de Ourense deberán contar cun programa estatístico de avaliación e seguimento.

3. Unha vez acadado o apartado 2 as bases de contratación de ditas convocatorias deseñaranse

sempre en base a estas necesidades.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato con D.I.

en calidade de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente

documento en Ourense a 30/10/2015

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato