N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización...

10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 55 - outubro de 2014 N este número publica- mos unha entrevista ao novo secretario xeral da Federación de In- dustria de CCOO de Galicia, Víctor Ledo. O sindicalista ferrolán explícanos os prin- cipais retos do sector naval da ría de Ferrol, así como as principais liñas de traballo da Federación no que atinxe a esta actividade económica, da que dependen milleiros de familias. / PÁXS. 8-9

Transcript of N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización...

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 55 - outubro de 2014

Neste número publica-mos unha entrevistaao novo secretario

xeral da Federación de In-dustria de CCOO de Galicia,Víctor Ledo. O sindicalistaferrolán explícanos os prin-

cipais retos do sector navalda ría de Ferrol, así como asprincipais liñas de traballoda Federación no que atinxea esta actividade económica,da que dependen milleirosde familias. / PÁXS. 8-9

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

GALICIA SINdICAL Número 55 - outubro de 2014

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON: Benxamín Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Juan Martínez / CONTACTO: [email protected] /PECHE: 4/11/2014

Un lugar común vén sendoun tópico, unha idea este-reotipada que, de tanto so-

bala, acaba por ser unha mentiravulgar, unha ferramenta queadoito se utiliza nos discursospolíticos para enganar ou maqui-llar a verdade. A peor delas é amentira social, aquela da que sevale unha minoría para avasalaro pobo traballador.A doutrina neoliberal, a do ca-

pitalismo máis salvaxe, está cheade lugares comúns cos que xus-tifica a desigualdade, a inxustizae a exclusión social. Por un capri-cho da natureza, unhas persoasson máis altas ca outras e, polamesma razón, existe unha elitecunhas capacidades especiaisque a fan superior aos demaispodendo gozar, en consecuencia,dun status económico, político esocial prominente que lle permiteactuar cun afán desmedido deacumulación de riqueza por-que –recalcan– iso beneficia oconxunto da sociedade. Que un

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

alto executivo teña un salario tresmil veces máis alto ca o dun tra-ballador da mesma empresa é onatural! Dicía Ronald Reagan quehabía que facilitar que os ricosgañasen moito para que as xen-tes do común poidan repartirseas frangullas que caian da mesa.Cando se aproximan as elec-

cións, moita xente tende a pen-sar que o mellor é votar a par-tidos que levan nas súas listaspersoas ricas de seu xa que,unha vez instaladas no poder,non precisarán roubar porque xao teñen todo. Outro lugar comúne outra vulgar mentira. Temossobrados exemplos dos que ac-túan con avaricia desmedidaafastados de toda honradez etransparencia democrática.Un mal global do que Joseph

Stiglitz di: «eses de arriba que seautodefinían como creadores deemprego, eses homes de prolque levaron a economía ao bordoda ruína en 2008, fuxían con cen-tos de millóns de euros».

SEN COMENTARIOS

Na columna da esquerda, declaracións de Mónica de Oriol, presidentado Círculo de Empresarios, no mes de abril, relativas ao salario mínimo

interprofesional (sMi); á dereita, as opinións desta empresaria sobre a decisiónda maternidade por parte das traballadoras

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 55 - outubro de 2014

Son tantas as frontes deloita que se corre orisco de non atender a

principal. A crise, en todas assúas manifestacións –des-pedimentos, recortes de de-reitos ou ofensiva antisin-dical–, esixe que lle fagamosfronte das mellores maneirasposibles.Temos que repensar o

noso labor sindical diario eaxustalo ao obxectivo deatender primeiro as cues-tións importantes, e despois,se houber tempo, todas asdemais. Non imos agora exa-minar a ninguén, pero seríamoi bo que ao ler isto, nin-guén en CCOO se pregunteque é unha cousa ou a outra.Por moitas razóns, non hai

tempo que perder en debatesou problemáticas estériles,aínda que a mellor maneirade evitalos precisa das me-llores capacidades e actitu-des das persoas que dirixena acción sindical de CCOO entodos os seus ámbitos. Esetempo ha dedicarse por com-pleto ao asesoramento eatención aos traballadores etraballadoras en conflito, asícomo a reforzar as nosas fe-rramentas para a acción sin-dical, tomando decisións quenos fagan máis eficaces. Istoé o que fai que a xente confíeno noso sindicato, o apoie e,ao cabo, se afilie.

PriorizarTodo o que non nos permita

avanzar no noso labor sindi-cal ou o dificulte hai queapartalo, tanto ten que sexan

maneiras de facer mal ascousas como persoas quenon saben ser de CCOO.Os dereitos e as liberdades

nunca se conquistaron agar-dando que as situacións seresolvesen de seu. No nosopaís, ninguén pode negar oprotagonismo das CCOO naconquista da democracia, nasociedade e nas empresas. Éa nosa responsabilidade queo que facemos agora nossiga mantendo como prota-gonistas na loita en defensade máis democracia nas em-presas e na sociedade.

CCOO segue a ser o mellor instrumento para defender a clase traballadora e cómpre estar á altura da responsabilidade

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

GALICIA SINdICAL Número 55 - outubro de 2014

4

www.galicia.ccoo.es

Os Orzamentos Xerais doEstado para 2015 definenun escenario moi pouco

realista e de difícil cumprimento:prevén que o PIB medrará un 2%e a taxa de paro se reducirá ata o22,9 % polo impacto da reducióndo IRPF no consumo privado.Pero, ao tempo, seguen sendoorzamentos restritivos coma osde anos anteriores. Non contri-buirán a crear emprego de cali-dade, senón que deixarán unhacidadanía máis empobrecida polaredución dos salarios e das pen-sións.A conxelación salarial do per-

soal do sector público e a amor-tización de prazas (salvo eneducación, sanidade e forzas ecorpos de seguridade do Estado,onde é posible a reposición deata o 50 % do persoal) tradúcesenunhas peores condicións labo-rais e afonda na deterioracióndos servizos públicos.A rebaixa salarial real no sector

público, igual ca no privado, e a

perda de poder adquisitivo daspensións empobrecerán as per-soas que perciben eses ingresos,pero tamén minguarán os ingre-sos do sector público. Menosconsumo, menos actividade emenos emprego é a traducióndas políticas de austeridade ago-chadas nos OXE, ao contrario doque pretenden presentar.Son uns orzamentos antiso-

ciais porque empurran a milleirosde galegos e galegas á exclusión:as persoas desempregadas quecarecen de prestación, as pensio-nistas con pensións de miseria eas dependentes que non teñenrecoñecido o seu dereito.Os OXE reducen recursos en

protección por desemprego ale-gando que a recuperación da ac-tividade e do emprego traeráconsigo a redución do paro.Menten, porque desde que co-mezou a crise hai máis paro delonga duración e máis persoasque carecen de cobertura. Polotanto, non se xustifica que os re-

cursos para a protección pordesemprego se reduzan en4.425,5 millóns de euros (un14,9 %) cando só en Galicia haicase 100.000 persoas desempre-gadas que traballaron con ante-rioridade e carecen de presta-cións por desemprego e 31.800fogares que non perciben ningúntipo de ingreso.Increméntase, pola contra, o

orzamento en políticas activas deemprego nun 16,8 %, cun inxus-tificable transvasamento de re-cursos ao sector privado tantonas axencias privadas de coloca-ción coma nos incentivos á con-tratación, o que ademais supón,no primeiro caso, unha dexene-ración dos servizos públicosamais dunha discriminación daspersoas desempregadas.Aínda que o orzamento desti-

nado a pensións medra un 3,3 %,non é debido á revalorización daspensións senón, como xa din osorzamentos, ao aumento do nú-mero de pensionistas e da pen-sión media. É dicir, os máis de700.000 galegos e galegas queperciben unha pensión contribu-tiva verán, un ano máis, comoesta perde valor porque ao crece-mento previsto dun 0,25 % haique lle descontar a inflación pre-vista que, segundo os orzamen-tos, se situará nun 0,6 %. Manteñen os recursos de aten-

ción á dependencia nos niveis de2014, consolidando as 36.500prestacións recoñecidas e conde-nando á desprotección as case79.000 persoas que teñen unhasolicitude pendente e ás que pui-deran incorporarse ao sistema.O Goberno de Rajoy renuncia

a que o sector público funcione

como motor da actividade. O in-vestimento público directo medrasó un 4,8 %, pero as transferen-cias de capital a outros axentespara que realicen os investimen-tos aumentan un 13,3 %.Na distribución por comunida-

des autónomas, Galicia é a ter-ceira que maior investimentorecibe debido ao impacto das in-fraestruturas ferroviarias (que ab-sorben máis da metade doasignado á comunidade), nasque o AVE ten un protagonismocase exclusivo. Con todo, os pro-pios orzamentos recoñecen,coma nos últimos anos, que oADIF deixa sen executar un 25 %do orzado en 2014 (un 26 % nosrestantes investimentos), impe-dindo que a nosa comunidade serecupere do seu histórico déficiten infraestruturas.Outro tanto sucede co Fondo

de Compensación Interterritorial(FCI) que achega recursos parareducir os desequilibrios entre te-rritorios. Pouco poderán reducircoa súa cativa contía de 425,8millóns de euros, os mesmosque en 2014. Galicia recibe só42,92 millóns de euros, un 3,7 %menos que en 2014, insignifi-cante cantidade que non contri-buirá á cohesión territorial coanosa contorna.Os OXE castigan a Galicia, cas-

tigan os galegos e galegas quepeor o están a pasar por culpa dacrise e tamén o resto da cidada-nía, ao impulsar o recorte salarialno sector privado, impoñer unhapolítica fiscal inxusta e non apli-car políticas de estímulo da acti-vidade económica ao tempo quenon impulsan o investimento pú-blico nin se executa o orzado.

Maica Bouza SeoaneSecretaria de Emprego de CCOO de Galicia

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 55 - outubro de 2014

Celebrouse hai pouco noParlamento de Galicia o de-bate sobre estado da auto-

nomía. Ende mal, case nontranscendeu á cidadanía galega.Agora que son imprescindiblesgrandes decisións para defendersaídas sociais da crise, o Go-berno da Xunta decántase por undebate en clave interna, ateigadoda dialéctica retórica habitual dunExecutivo que fai oposición áoposición en vez de gobernar.Ao tempo que se celebraba

este importante debate, xa se ac-tuaba xudicialmente contra osresponsables do caso Zeta, noque persoas con fortes implica-cións co PP de Galicia –comoGerardo Crespo– son acusadasde empregar fraudulentamentefondos públicos destinados paraa formación de desempregados. Nada fixo mudar de plans ao

presidente da Xunta: afrontou odebate parlamentario máis rele-vante do ano procurando desle-xitimar a oposición, no canto defacelo desde o liderado institucio-nal dun presidente que resolve osproblemas da cidadanía e garanteos seus dereitos. Certo é quepara Alberto Núñez Feijóo é prio-ritario resolver os principais pro-blemas das elites; e se condecretos e leis non abonda, fanllo–en recompensa polos favoresrecibidos– desde calquera tramade corrupción, como está a con-cluír desde os casos Pokémon,Campión e agora Zeta.«Hoxe temos unha Galicia me-

llor que a que tiñamos hai unano», comezou Feijóo. Para isoapoiouse, dixo, nas 22.530 per-soas desempregadas menos nosúltimos doce meses, e tamén nos

catro trimestres consecutivos decrecemento da economía.Ben puido agardar un ano para

non dar a sensación de que seburla das persoas desemprega-das e sen ingresos, das desafiu-zadas, das persoas con depen-dencia desatendidas, das afecta-das polas preferentes… Todo odespregamento de Feijóo e doPP neste debate –e neste cursopolítico– ten como obxectivoachaiar o camiño electoral, e haitanto por limpar que non podenesperar sequera un ano.Cando parecía que collía pulo e

se deixaba levar polo seu éxito,probablemente algún asesor lleindicou que non debería parecertan autocompracente, para evitarun distanciamento dos galegos egalegas que non ven tal recupe-ración: o emprego precario cre-ado, en condicións de temporali-dade e con baixos salarios, nonsaca da pobreza as persoas quelograron un posto de traballo;ademais, a recuperación econó-mica é insuficiente. Estes datosson só virtuais, só serven paraalimentar a retórica política.

Promesas inconcretasPor iso, Feijóo acabou recoñe-

cendo que as boas cifras non sig-nifican «que chegásemos ámeta». Tamén pediu ter en contaas «238.203 galegas e galegosque sofren o paro». No entanto,esta mención soou tan forzadaque pareceu case tan falsa comoo recoñecemento e agradece-mento á cidadanía pola súa res-ponsabilidade e sacrificio. Falsaporque, se realmente quería re-coñecer o padecemento dos ga-legos e galegas por culpa das

súas políticas de recorte e osseus casos de corrupción, tivo aseguir case dúas horas de dis-curso para anunciar a fin dos re-cortes, a defensa da sanidade edo ensino público, o reforzamen-to das políticas sociais... E non ofixo, xaora, porque falou de me-didas sen tradución orzamenta-ria, simples afirmacións á procu-ra do aplauso incondicional dosdeputados populares. A taxa dereposición do 50% anunciadanos sectores públicos autonómi-cos, así como os aumentos enaxudas e beneficiarios de políti-cas públicas, non son compati-bles cos nulos incrementos orza-mentarios.Tampouco teñen reflexo no or-

zamento os seus desexos de quenos principais sectores indus-triais –naval, automóbil– haxa in-vestimentos doutros para man-telos. A responsabilidade de Fei-jóo e do Goberno da Xunta sobreestes sectores consiste en apoiaras presións contra os traballa-dores para que acepten recor-tes nos seus dereitos, baixo a

chantaxe de perder encargos. Esobre o naval público, aos pou-cos vaise percibindo a intenciónreal de Feijóo e do PP en todosos ámbitos: a privatización,para especular cos terreos dosestaleiros. A mesma sorteveñen padecendo os sectoresprimarios,que teñen en Feijóo omáis parecido a esa persoa quetanto quere algo que acaba pormatalo. Os sectores pesqueirose gandeiros téñeno claro, nonesperan nada da Xunta e apos-tan pola loita en defensa da súasupervivencia.Sabedor do efecto negativo

que tería na cidadanía, xa quei-mada, saber que o principal de-bate parlamentario en Galicia tivomáis que ver cun faladoiro de te-levisións ultraconservadoras,onde corruptos –algúns xa deti-dos– defendían a morte o que faio PP, Feijóo preferiu manter o de-bate do estado da autonomía omáis oculto posible. Ao tempo,segue a gobernar para os quemáis teñen e nega calquera xirosocial ás políticas contra a crise.

Por Juan Martínez

A maioría da cidadanía non albisca a recuperación de que falou Feijóo

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

GALICIA SINdICAL Número 55 - outubro de 2014

6

www.galicia.ccoo.es

OSindicato Nacional de Co-misións Obreiras de Galiciaorganizou o 20 de outubro

unha xornada sobre o Proceso1001 e o asasinato dos avogadosde Atocha. Na inauguración, osecretario xeral, Xosé ManuelSánchez Aguión, explicou que oobxectivo da actividade era «póren valor o peso da clase traballa-dora e das Comisións Obreirasna loita polas liberdades laboraise sociais».Aguión completou esta idea

afirmando que «os pobos e axente sen memoria de nadaserven», e puxo como exem-plo a Real Academia da Histo-ria que, no seu DiccionarioBiográfico Español, fala dofranquismo como un «move-mento político e social de ten-dencia totalitaria», termosedulcorados para describir «oque realmente foi unha dita-dura fascista».O secretario xeral de CCOO

de Galicia alertou de que acrise económica está a orixi-nar outra de carácter social epolítico: «Preténdese impor unnovo modelo social», clarifi-cou. Enmarcou nesta liña osintentos de «rebaixar e depre-ciar a calidade democrática»,en referencia ao proxecto dereforma da lei electoral de caraás eleccións municipais paraque goberne a lista máis vo-tada, pretensións como a doGoberno galego de reducir onúmero de deputados no Par-lamento ou tamén iniciativascomo a do Executivo de Cas-tela-A Mancha para rebaixar asretribucións dos membros da

Cámara autonómica «para quesó accedan os ricos e podero-sos», criticou.Sánchez Aguión tamén ad-

vertiu sobre o recorte de derei-tos colectivos e individuais,especialmente nun momentoen que hai en todo o Estadocentos de sindicalistas proce-sados –e moitos xa condena-dos– polo exercicio do dereitoá folga. A situación, explicou,poderíase agravar coa lei deseguridade cidadá, que tencomo obxectivo non escrito«amordazar o desenvolve-mento dos dereitos e a pro-testa social».Na súa opinión, os exem-

plos descritos «non son cam-bios que obedezan á situación

conxuntural de crise, senónque pretenden consolidar ocambio do modelo social», in-sistiu, e demandou extraer«valiosas leccións» das expe-riencias pasadas de persoasque loitaron por estes mes-mos dereitos hai xa máis decorenta anos. «Agora máis canunca é necesario un sindicatode clase como ComisiónsObreiras», concluíu.

Ferrol, 1972O primeiro relator da xor-

nada foi o actual presidente daFundación 10 de Marzo e an-tecesor de Sánchez Aguión nasecretaría xeral de CCOO, XanMaría Castro. O veterano sin-dicalista explicou os antece-

dentes e consecuencias dossucesos ocorridos en Ferrol o10 de marzo de 1972.Ferrol era unha comarca de

referencia para a guerrilla an-tifranquista. Simultaneamente,na bisbarra foise articulandoun movemento obreiro «moiforte», sobre todo ao redor daempresa Bazán. Debido aestes factores, «non foi casua-lidade» que os sucesos de1972, «dos que habería queextraer moitas leccións», seproducisen nesa empresa enesa cidade.En opinión de Xan María

Castro, o máis salientable doque ocorreu entón foi a «vagade solidariedade» que se espa-llou por toda Galicia e polo

Xan María Castro e Xosé Manuel sánchez Aguión na inauguración da xornada

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 55 - outubro de 2014

resto do Estado xa no mesmodía 10 de marzo, unha solida-riedade que transcendeu osámbitos laborais e chegouaos sociais. Do lado oposto,desatouse tamén unha «vagade represión», con deten-cións masivas, torturas, mul-tas e cárcere.

O proceso 1001/72Tras a intervención de Cas-

tro, proxectouse un documen-tal sobre o Proceso 1001/72do Tribunal de Orde Pública(TOP), antecesor da AudienciaNacional, que se resolveu conelevadas penas de prisión paraa dirección das CCOO.O documental serviu para

avanzar a materia que de-seguido desenvolveu Francis-co Naranjo, director da Funda-ción Abogados de Atocha.Naranjo explicou as orixes dasComisións Obreiras e o seupapel fundamental na loita daclase traballadora, que provo-cou que o aparato da ditaduradeclarara sucesivos estadosde excepción e intensificara arepresión para evitar a conso-lidación do movemento obrei-ro. O Proceso 1001, que sedesenvolveu entre 1972 e1973, encadrábase, polo tan-to, nesa estratexia.O sindicalista vasco Pedro

Santisteban foi un dos conde-nados nese xuízo. Na súa opi-nión, a ditadura non logrou osobxectivos previstos coa con-dena. «Saíulles moi mal», si-nalou, porque «sindicatos deEuropa que nunca se mobiliza-ran solidariamente, desa vezfixérono», explicou. Entre oinicio do Proceso 1001 e oasasinato dos avogados deAtocha pasaron cinco anos,«pero cun elemento común: aloita polas liberdades», sina-lou Santisteban.

Os avogados de AtochaPosteriormente proxectouse

un documental sobre o asasinatodos avogados de Atocha no quese recollen, sobre todo, as per-

cepcións dalgunhas das persoasque representaron a acusaciónparticular no xuízo que se abriríacontra os asasinos.Tras o vídeo, o avogado José

María Mohedano, membro dopadroado da Fundación Aboga-dos de Atocha, explicou o papeldos despachos laboralistas du-rante a ditadura e repasou as cla-ves e elementos principais doxuízo contra os asasinos.

O que fomos, o que somosA xornada finalizou coa inter-

vención de Maica Bouza, secre-taria de Emprego e Institucionalde CCOO de Galicia. Na súa opi-nión, resultou «tremendamenteclarificador» escoitar a narracióndos feitos pola voz dos seus pro-tagonistas, especialmente paraas persoas que se unen agora aosindicato. Para Bouza, esta xor-nada de formación «trae á actua-lidade o recordo do que fomos,pero tamén o que seguimossendo», e lembrou que sen asCCOO e a súa loita, «a chegadada democracia sería moito máisdifícil ou imposible».A secretaria de Emprego e Ins-

titucional rematou lembrandoque «volvemos vivir tempos enque a liberdade sindical estácuestionada», e instou a «lem-brar para non esquecer nin repe-tir erros: só coñecendo o pasadopodemos construír o futuro».

sobre estas liñas, fotogramas de documentais que se visionarion na xornada

De esquerda a dereita, Pedro santisteban, Maica Bouza e Francisco Naranjo

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

GALICIA SINdICAL Número 55 - outubro de 2014

8

www.galicia.ccoo.es

Osindicalista Víctor Ledo(Ferrol, 1971) foi elixidohai só dous anos secreta-

rio comarcal de Industria de Co-misións Obreiras de Galicia; foi,ademais, a primeira vez que untraballador dunha firma auxiliardo naval ferrolán chegaba a esecargo. A responsabilidade deLedo subiu uns cantos graos haipoucas semanas, cando o Con-sello Nacional da Federación deIndustria o elixiu novo secretarioxeral. Coñecedor de primeiraman da problemática do sectornaval, a súa primeira acción ins-titucional foi xuntarse en Bruxe-las co comisario saínte daCompetencia, Joaquín Almunia.Sobre esta e outras cuestiónsconversamos con el neste nú-mero do GALICIA SINDICAL.Os encargos de PEMEX alivia-

ron a situación dos estaleirosgalegos, tanto públicos comoprivados? Nótase algunha me-llora canto á ocupación?

Após unha longa etapa sencarga de traballo nas gradas dosgrandes estaleiros galegos, Na-vantia e Barreras, agora os dousdispoñen dun buque común, oflotel encargado por PEMEX.Cómpre sinalar que este con-trato ten unha orixe política, elembrar que a este encargo se lledeu unha relevancia moi supe-rior á que en realidade ten me-dida en horas de carga detraballo. As consecuencias destepedido son distintas depen-dendo do estaleiro onde seconstrúa, pero en calquera casoteñen en común un efecto noque atinxe á subcontratación,pois orixina o mesmo problemaen ambas as factorías: o recortedas condicións laborais.Como acontece noutros sec-

tores industriais, estase for-zando o persoal a aceptar peo-res condicións laborais parapoder traballar?Barreras ten garantida unha

carga de traballo relevante ata aentrega do buque en xuño do2016, pero condicionada a queas empresas subcontratistas seaxusten ás esixencias da Direc-ción de Barreras, e isto implicafiltrar o censo de traballadores evetar os que están ligados a Co-misións Obreiras. Que preten-den con isto? Impor conveniosde empresa, desvinculándoseasí do provincial do metal, e apli-car deste xeito a última reformalaboral. Desde Comisións com-bateremos isto con toda a rotun-didade de que dispomos, tantosindical como xuridicamente.

E mentres, que acontece enNavantia?No que se refire a Navantia-

Ferrol, este contrato apenassupón un alivio na carga de tra-ballo, xa que é un buque cuxascaracterísticas non dan pararepor a total ocupación. A ocu-pación do persoal principal émoi pouco significativa. Encanto á industria auxiliar, nontraballarán máis de trescentaspersoas, moi lonxe das casecatro mil que o viñeron facendona última década. A estes últi-mos tamén se lles queren recor-tar as súas condicións laborais,sen cumprir os acordos internosde Navantia, que non obriga assubcontratistas a respectaren osdevanditos acordos pactadospolas partes e dos que é garantea propia Navantia. Como conse-cuencia, as subcontratistaspoden reducir notablemente ascondicións salariais dos seustraballadores. De producirse

n Entrevista a Víctor Ledo, novo secretario xeral da Federación de Industria de CCOO de Galicia

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

9

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 55 - outubro de 2014

esta situación, o clima conflitivoserá patente na factoría.Canto a Navantia-Fene, non se

verá afectado o máis mínimo, xaque non se lle permite participarna construción por mor do ab-surdo veto imposto pola Comi-sión Europea.Tampouco hai dique flotante

por culpa da Comisión Euro-pea, ou polo menos iso di aXunta. Recentemente reuní-cheste con Joaquín Almunia,comisario saínte da Competen-cia. Que dixo ao respecto?Para Comisións Obreiras, o

dique flotante é imprescindiblepara manter a área de repara-cións na vangarda mundial. Estedique permitiríanos seguir op-tando á reparación dos novosgaseiros e construír con maiormanga (anchura) debido á am-pliación da canle de Panamá, asícomo acceder ao mercadoemerxente de transformacións,que obriga a seguir unha normaeuropea pola que todos os bu-ques deben levar dobre casco.Deste xeito, teriamos a certezade que as reparacións seguiríanxerando un importante volumede emprego… e de beneficios:tres millóns de euros no últimoexercicio.Para isto é fundamental o fi-

nanciamento público e, comonos puxo de manifesto Almunia,este é posible, pero unicamentese o Goberno presenta un pro-xecto serio e viable.A situación industrial na ría

de Ferrol é crítica?Na ría de Ferrol, a situación

dos estaleiros segue sendo crí-tica. Levamos máis de tres anosde mobilizacións e impúxose unmarco de relacións laborais nonavalado polos traballadores.Tampouco hai un plan industrialque garanta o futuro dos centrosda ría nin explique cuestiónscomo a carga de traballo, espe-cializacións, reparacións, turbi-nas, eólica e outras.Navantia traballa por baixo

das súas capacidades?As instalacións de Navantia-

-Fene levan anos sen carga de

traballo que dean ocupación ácapacidade produtiva deste es-taleiro. Por riba, e en vésperasdo levantamento do veto o 31 dedecembro deste ano, nin a direc-ción da empresa nin o Gobernopresentaron un proxecto indus-trial que garanta o futuro públicodesta factoría, que está plena-mente capacitada para asumircalquera proxecto naval.Hai moita propaganda e inte-

reses políticos por tras dosanuncios e rumores que che-gan sobre o sector?Despois de rematarmos os

programas para as mariñas no-rueguesa e australiana, en Na-vantia-Ferrol hai anos que nonse materializa ningunha opera-ción industrial que xere pedidosde barcos militares. En canto aoBAM, un buque encargado polaMariña española, seguen sen seconcretar os prazos de inicio etamén de execución, polo queten máis de efecto propagandís-tico que de consecución real decarga de traballo.Aínda por riba, a empresa per-

deu irresponsablemente algúncontrato, o que novamente deixaen evidencia a actual Dirección.

Manifestación hai case un ano en defensa do naval de Ferrol

Mobilización en defensa do sector naval vigués con consignas críticas coa UE

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - ccoo.gal · soal do Osector público e a amor-tización de prazas (salvo en educa ción, ... debate en clave interna, ateigado da dialéctica

Número 55 - outubro de 2014

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Ríos de tinta, océanosde megabytes e horase horas de radio e te-

levisión. Teresa Romero ou,simplemente, Teresa, ocu-pou nos últimos días boaparte do noso tempo e donoso pensamento. E proba-blemente aínda ocupe.

Soubémolo todoDurante case un mes

soubémolo todo sobre ela:onde traballa, onde vive,con quen casou… Escoita-mos falar dela a propios ealleos: desde a súa nai aoconselleiro madrileño deSanidade, do amigo da in-fancia ao presidente do Go-berno central, da compa-ñeira de traballo ao alcaldede Becerreá. Si, soubémolotodo dela, ata o nome dasúa mascota, de fatídicodestino!

Un vínculo de simpatíaA fartura de información

sobre o seu caso fixo queTeresa Romero fora cadavez máis Teresa, pois loxi-camente creouse entrenós –pobo, público, au-diencia– un vínculo de sim-patía ou afecto por ela.

Respecto á intimidadeComo dicía, soubémolo

todo de Teresa, mais o ati-nado sería que nunca sou-bésemos nada dela, comomoito as iniciais, como de-bería corresponder a todavítima. Estivo á morte, asúa familia e achegadospasaron os días máis horri-bles das súas vidas, o seucan foi sacrificado senxuízo previo. E, malia todo,vulnerouse ata a náusea asúa intimidade. Sempre de-beu ser T. R., só T. R.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez