Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os...

15

Transcript of Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os...

Page 1: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros
Page 2: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Na actualidade estamos vivindo unha situación excepcional, nova para

todos/as nós. Intentamos adaptarnos aos acontecementos tan precipitados

e ás medidas que tivemos que levar a cabo con carácter urxente.

Estes días debemos ser responsables e quedarnos na casa.

Sabemos que é complexo e que vivir illado e con incerteza pode afectar ao

noso estado de ánimo.

Page 3: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros
Page 4: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Explícalle aos teus fillos/as a realidade de forma clara e transmitindo só o

necesario.

Apórtalle seguridade e explícalle o por que da importancia de facer o

correcto e quedar na casa.

Infórmate de forma adecuada. A información debe ser a necesaria e provir

sempre de fontes oficiais. Hai que evitar a sobreinformación e falar

constantemente do tema, xa que pode xerar inquietude.

Sé crítico coa información que recibes, pois existen numerosas noticias

falsas que afianzan o temor e non favorecen a tranquilidade.

Page 5: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

A nosa vida vai cambiar por un tempo polo que é importante fixar uns

hábitos e rutinas novos.

É posible que durante distintos momentos do día coincidamos varias

persoas na casa polo que cómpre organizar tempos e espazos. Pode ser

útil facer un horario no que se especifiquen as actividades que imos a

realizar ao longo do día.

É fundamental, manter o horario habitual en canto ao sono e á

alimentación.

Page 6: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Fixa un tempo para a realización das tarefas escolares e tempo para o ocio.

Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da

familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros do fogar.

Dedica momentos do día para falar en familia de cómo nos sentimos. Pactar

unhas normas de convivencia na casa que faciliten a vida a todos/as.

Page 7: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

É un bo momento para ensinarlle aos fillos/as a ser persoas máis

autónomas e que colaboren no fogar.

Poñer e quitar a mesa, fregar a louza, facer a cama, ordenar a habitación,

varrer...

Lembrar a importancia da hixiene do lavado de mans frecuentemente.

Page 8: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Si, sabemos que é difícil facelo na casa, pero lembrade que nalgún

momento todo volverá á normalidade, e para entón é mellor que cheguedes

coas materias ao día.

Estudar axúdamos a manternos coa mente ocupada e a volver á

normalidade cando todo isto pase (porque pasará).

O profesorado enviará tarefas a través do correo electrónico, mediante a

Aula virtual ou a través de Edixgal. Hai que revisar estes medios e dedicar

un tempo ás tarefas escolares. Algunhas ideas:

Page 9: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Elaborar un horario semanal de estudo. Unha boa maneira de organizarse

pode ser seguir a orde de materias que temos fixada no horario de clase.

Incluír tempos de descanso no horario.

Usar a axenda escolar para anotar as tarefas que temos que realizar e

entregar.

Na medida do posible, manter un espazo na casa para realizar as tarefas

académicas, libre de ruídos e distraccións.

É unha boa ocasión para repasar aqueles contidos que non temos de todo

claros, facer actividades pendentes, elaborar resumos, esquemas...

Page 10: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

É importante reservar un tempo de lecer diario para facer aquelas cousas

que nos gustan, pero adaptándonos á nova situación. Hai moitas

posibilidades! A lectura, pintura, xogos de mesa, cine na casa,

manualidades, facer deporte...Tamén hai ofertas de ocio cultural moi

interesantes coma as visitas virtuais a museos (Louvre, Prado, Reina

Sofía...) e concertos online (#yomequedoencasa festival, #cuarentenafest).

O uso de pantallas e videoxogos debe ser limitado e supervisado. Aínda

que sexamos máis flexibles pola situación que estamos vivindo, é

fundamental facer un uso correcto dos medios tecnolóxicos.

Page 11: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Aínda que teñamos que estar na casa, podemos seguir mantendo o

contacto con amig@s, familiares, veciñ@s, compañeir@s...

É positivo estar en contacto pero sen alimentar o medo nin a

intranquilidade, hai que manter a calma, pois estamos facendo o correcto,

ficar na casa!, e temos moitas outras cousas das que falar!

Page 12: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

É unha boa oportunidade para facer aquelas cousas que temos aparcadas ou que

nunca atopamos cando facer, tamén para desenvolver a creatividade ou mesmo

para estar máis tempo xunt@s e desfrutar dos seres queridos. Vivir en

complicidade e harmonía é o que nos toca estes días, e por que non...aprender a

cociñar ou facer aquela receita que temos pendente, concursos e xogos en familia...

Page 13: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Mantén o humor, coida os pensamentos e as emocións, para estar ben e

responder axeitadamente cando os ánimos decaian. Intentaremos ser

asertivos e coidar a forma en que nos comunicamos cos demais, as cousas

son máis levadeiras se nos respectamos e facemos por entendernos.

Evita a obsesión, coida e preocúpate dos demais pero tamén de ti mesm@:

recibir luz natural 20 minutos ao día, dieta equilibrada (na medida do

posible), facer exercicio físico e durmir.

Page 14: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Está permitido, non hai por que estar sempre facendo algo. Procura

manterte ocupad@, pero se nalgún momento te aburres, é normal!,

ademais de ser unha moi boa fonte de creatividade.

Page 15: Na actualidade estamos vivindo unha situación …...Respecta espazos e tempos diferenciados para os distintos membros da familia. Debemos respectar a intimidade dos demais membros

Se necesitades resolver calquera dúbida ou precisades asesoramento tendes os seguintes correos electrónicos á vosa disposición:

[email protected] (ESO e FP Básica)

[email protected] (Bacharelato, FP e Educación de Adultos)

Na páxina web do instituto iremos publicando información de interese para toda a comunidade educativa.

UNHA APERTA PARA TODOS/AS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN