Nota charlas decembro 2014 (2)

1
A Área de Orientación Laboral e Emprego da Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, pon en marcha un programa formativo para o fomento da empregabilidade que se levará a cabo ao longo de todo o curso académico. Este programa ten como obxectivo a preparacion do proceso de busca de emprego e a facilitación da inserción profesional dos universitarios. Como inicio desta actividade están programadas dúas charlas dirixidas a estudantes de últimos cursos e titulados recentes, que se celebrarán durante o vindeiro mes de decembro. O mércores 3 de decembro terá lugar a primeira charla titulada “Prepara un currículum eficaz”, durante a que se abordarán aspectos relativos aos diferentes tipos de currículum e o seu uso, á elaboración dos mesmos e á optimización da información para conseguir unha maior visivilización. Por último, se ofrecerá información sobre diversos recursos para a elaboración dun currículum 2.0. A seguinte destas actividades, Programas de prácticas para a iniciación profesional”, celebrarase o mércores 10 de decembro e terá como obxectivo dar a coñecer os principais programas de prácticas dirixidos a estudantes e titulados universitarios. Durante esta sesión se informará sobre algunhas das convocatorias que anualmente publican diferentes organismos tanto a nivel nacional como internacional. A inscripción é gratuíta e se celebrarán en horario de 10:00 a 12:00 horas na Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega. Aquelas persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico [email protected], ou do teléfono 881812850.

description

charlas informativas Area orientacion laboral

Transcript of Nota charlas decembro 2014 (2)

Page 1: Nota charlas decembro 2014 (2)

A Área de Orientación Laboral e Emprego da Vicerreitora de Estudantes,

Cultura e Responsabilidade Social, pon en marcha un programa formativo

para o fomento da empregabilidade que se levará a cabo ao longo de

todo o curso académico. Este programa ten como obxectivo a

preparacion do proceso de busca de emprego e a facilitación da inserción

profesional dos universitarios.

Como inicio desta actividade están programadas dúas charlas dirixidas a

estudantes de últimos cursos e titulados recentes, que se celebrarán

durante o vindeiro mes de decembro.

O mércores 3 de decembro terá lugar a primeira charla titulada

“Prepara un currículum eficaz”, durante a que se abordarán aspectos

relativos aos diferentes tipos de currículum e o seu uso, á elaboración

dos mesmos e á optimización da información para conseguir unha

maior visivilización. Por último, se ofrecerá información sobre diversos

recursos para a elaboración dun currículum 2.0.

A seguinte destas actividades, “Programas de prácticas para a

iniciación profesional”, celebrarase o mércores 10 de decembro e terá

como obxectivo dar a coñecer os principais programas de prácticas dirixidos

a estudantes e titulados universitarios. Durante esta sesión se informará sobre

algunhas das convocatorias que anualmente publican diferentes organismos

tanto a nivel nacional como internacional.

A inscripción é gratuíta e se celebrarán en horario de 10:00 a 12:00 horas

na Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega. Aquelas persoas

interesadas en participar deberán inscribirse a través do correo

electrónico [email protected], ou do teléfono 881812850.