Forabolas decembro 2013

4
www.blogoteca.com/bngsada [email protected] Decembro 2013 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada O Alcalde leva dous anos tentando contratar un asesor –o “coordina- dor”– para que lle faga o seu tra- ballo, e nin sequera foi capaz. Ago- ra, incluso os seus socios dixeron basta. Non podemos os sadenses gastar 70.000 € anuais para tapar a súa incompetencia, hai que vir aprendido da casa e sobre todo, non predicar austeridade para os de- mais e ao mesmo tempo pretender contratar amiguetes “de confianza” con salarios desorbitados . O BNG fixo todo o posible por dar a coñecer este capricho persoal e o escándalo calou na sociedade. Pola nosa parte seguiremos traballando para paralizar definitivamente este feo asunto. Non se pode consentir tanta incom- petencia nin o bochorno deste bi- partito. O BNG nunca deu este es- pectáculo lamentable nin necesi- tamos contratar “asesores” , sou- bemos gobernar sen discrepancias e fixémolo, con acertos e con erros, pero con solvencia. O Partido Po- pular demostra que non está á altura de Sada, cun Alcalde inca- paz de evitar a ruptura do seu equipo de goberno. O Alcalde nin goberna nin coordina o bipartito. Falta pouco máis dun ano para as eleccións municipais e “quen manda” realmente está preparando a súa volta, a ver se entre os dous, aínda que a mochila sexa pesada, poden repetir outros catro anos. ERE na Cerámica do Castro Non podemos os sadenses gastar 70.000 € anuais para tapar a incompetencia do alcalde O Goberno Municipal roto. Un alcalde que debe dimitir De novo as traballadoras e traballa- dores do Grupo Sargadelos enfrónta- se a un expediente de regulación de emprego de extinción, esta vez son 29 persoas na planta do Castro as que van despedir , a pesar dos su- cesivos ERE temporais desde o 2008, decenas de baixas incentiva- das, prexubilacións, algunha marcha voluntaria e mesmo 4 despedimen- tos en 2010, que minguaron unha plantilla de 150 traballadores a menos de 80 na actualidade. E todo iso a pesar de recibir da Xunta de Galiza nada menos que 1 millón de euros (600.000 a fondo perdido), sen ningún tipo de condición e control. Ninguén desexa a desaparición dunha empresa emblemática para Galiza e crucial para Sada, polo que agardamos unha actitude máis intelixente e máis dialogante por par- te da dirección e un apoio da Xunta decidido, mais, iso si, fiscalizando e controlando os cartos públicos, co- mo compre facer.

Transcript of Forabolas decembro 2013

Page 1: Forabolas decembro 2013

www.blogoteca.com/bngsada [email protected]

Decembro 2013 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada

O Alcalde leva dous anos tentando contratar un asesor –o “coordina-dor”– para que lle faga o seu tra-ballo, e nin sequera foi capaz. Ago-ra, incluso os seus socios dixeron basta. Non podemos os sadenses gastar 70.000 € anuais para tapar a súa incompetencia, hai que vir aprendido da casa e sobre todo, non predicar austeridade para os de-mais e ao mesmo tempo pretender contratar amiguetes “de confianza” con salarios desorbitados.

O BNG fixo todo o posible por dar a coñecer este capricho persoal e o escándalo calou na sociedade. Pola nosa parte seguiremos traballando para paralizar definitivamente este feo asunto.

Non se pode consentir tanta incom-petencia nin o bochorno deste bi-partito. O BNG nunca deu este es-pectáculo lamentable nin necesi-tamos contratar “asesores”, sou-bemos gobernar sen discrepancias e fixémolo, con acertos e con erros, pero con solvencia. O Partido Po-pular demostra que non está á

altura de Sada, cun Alcalde inca-paz de evitar a ruptura do seu equipo de goberno.

O Alcalde nin goberna nin coordina o bipartito. Falta pouco máis dun ano para as eleccións municipais e “quen manda” realmente está preparando a súa volta, a ver se entre os dous, aínda que a mochila sexa pesada, poden repetir outros catro anos.

ERE na Cerámica do Castro

Non podemos os sadenses gastar 70.000 € anuais para tapar a incompetencia do alcalde

O Goberno Municipal roto. Un alcalde que debe dimitir

De novo as traballadoras e traballa-dores do Grupo Sargadelos enfrónta-se a un expediente de regulación de emprego de extinción, esta vez son 29 persoas na planta do Castro as que van despedir, a pesar dos su-cesivos ERE temporais desde o 2008, decenas de baixas incentiva-das, prexubilacións, algunha marcha voluntaria e mesmo 4 despedimen-tos en 2010, que minguaron unha

plantilla de 150 traballadores a menos de 80 na actualidade.

E todo iso a pesar de recibir da Xunta de Galiza nada menos que 1 millón de euros (600.000 a fondo perdido), sen ningún tipo de condición e control.

Ninguén desexa a desaparición dunha empresa emblemática para Galiza e crucial para Sada, polo que agardamos unha actitude máis intelixente e máis dialogante por par-te da dirección e un apoio da Xunta decidido, mais, iso si, fiscalizando e controlando os cartos públicos, co-mo compre facer.

Page 2: Forabolas decembro 2013

O recheo que gañou ao mar os terreos do paseo marítimo deixou dúas parce-las para o Concello nas que se constru-íu o Hotel e o restaurante “El Náutico”. Ambas foron cedidas por 75 anos, e nelas o goberno municipal do PP per-mitiu aberracións que son a causa de que Hotel e Náutico estean pechados

na actualidade.

O Hotel Sada Marina comezou mal a súa andaina porque o daquela Alcalde intentou enganar á Administración do Estado, autorizando unha construción na que se pretendía vender a metade do edificio en forma de apartamentos, algo prohibido no documento de ce-sión. E como o que mal comeza mal acaba, o proxecto, viciado desde o seu inicio, fíxose inviable, pasando de man en man e de poxa en poxa ata que

o actual Alcalde certificou o cese da actividade decretando o seu tapiado.

No restaurante “El Náutico” o PP con-sentiu que se edificara máis do autori-zado; xa foi xa denunciado no 1987 e unha sentenza xudicial confirmou a ilegalidade. A non execución da mes-ma supuxo unha condena penal pola que Rodríguez Ares tivo que abando-nar o Concello e irse para a casa hai un ano e medio.

Para desgraza dos sadenses, nin o problema do Náutico nin o do Hotel quedarán solucionados aínda neste mandato, porque resolver as cousas mal feitas non é doado.

A man do Partido Popular está detrás destes dous desastres, visibles en pleno paseo marítimo e son o expo-ñente do que non se debe de facer.

Hotel e Náutico: dous fiascos con responsabilidades do PP

A proposta do BNG, o Pleno da Corporación Municipal de Sada decidiu declarar o ano 2013 como Ano Lugrís Freire. Conmemórase así o 150 aniversario do nacemen-to en Sada de Manuel Lugrís, un dos principais promotores de ini-ciativas destinadas a preservar a nosa identidade diferencial.

Os seguintes versos, publicados no ano 1894 no poemario Soida-des, son da súa autoría:

A patria non será libre Namentres non se conoza O que se rouba nas casas De banca, donde se compra Por unhas cantas moedas Os que están no inferno, a groria... Namentres haxa pra as virxes De pan brilantes coroas, E pra as de carne non quede Nin un codelo de broa; Namentres que pra os magnates Que a montón gañapan onzas Haxa perdón, e pra os probes Esté sempre erguida a forca.

2013 · Ano Lugrís Freire

O Alcalde contratou un arquitecto co pretexto de realizar labores relaciona-das co Plan Xeral, malia a estar con-tratada con anterioridade a súa redac-ción á empresa Monteoliva Arquitec-tura e de contar daquela cun funcio-nario arquitecto superior na plantilla.

A praza vacante do arquitecto, dota-da a 0 € tras o seu traslado a outro concello, está a ser utilizada para, unha vez máis, intentar posibilitar que ese posto sexa ocupado por alguén de confianza do Alcalde, cun custo moito máis elevado e que pa-garemos todos.

Porque a persoa que Anido denomina “asesor urbanístico”, ademais dun contrato que supera os 35.000 € anuais, cobra por realizar os proxec-tos que lle encarga o Alcalde (máis de 14.000 € este ano), utiliza un des-pacho municipal e ten ao seu dispor o teléfono e todos os servizos dos que dispón o departamento de urbanismo.

O BNG pídelle ao Presidente Provin-cial do PP señor Negreira que expli-que que lle parecen estas prácticas do seu discípulo en Sada e se están en consonancia coa austeridade e transparencia que tanto prometeron.

Unha administración paralela con amiguetes

A Vía Ártabra: un fracaso do PP

O goberno da Xunta de Galiza ven de converter a Vía Ártabra nunha infra-estrutura carente de utilidade, ao su-primir a conexión coa A-6 e ao dotar a conexión coa AP-9 cuns ridículos 64.400 € nos orzamentos de 2014.

Mentres, o alcalde de Sada segue obstinado na súa obra faraónica: a conexión da Vía Ártabra co porto, pe-se a forte contestación popular. Un tú-nel para conectar un porto que non ten nin terá actividade comercial (está cen-trado na pesca e na náutica recreativa) cunha estrada que, grazas aos recor-tes da Xunta, apenas ten usuarios.

Page 3: Forabolas decembro 2013

O Centro de Día foi construído na eta-pa de goberno do BNG e o goberno actual atopouse no 2011 cun edificio rematado que só tiña que amoblar e poñer en marcha. Despois de máis de dous anos, o pasado día 10 de decembro abriu por fin as súas por-tas. Non era sen tempo.

O único que tivo que facer o Alcalde, foi asinar un convenio coa Xunta. E fíxoo da maneira máis prexudicial para Sada. Grazas ao noso Alcalde, o Concello de Sada pagará o servizo non soamente a veciños de Sada, senón tamén aos de Bergondo, Olei-

ros, Betanzos... que poidan acudir ao centro de día.

Cómo é posible que o Alcalde asine un convenio en contra dos intereses de Sada? Cómo é posible que vote en contra dunha iniciativa do BNG que defendía que o Concello pagase, co-mo é de xustiza e de sentido común,

o servizo unicamente dos sadenses?

O BNG recrimina ao Alcalde que teña anteposto os intereses do PP aos intereses de Sada, ocasionando coa súa actitude submisa gastos que non nos corresponden aos sadenses. Non foi capaz de facelo mellor tam-pouco nesta ocasión.

O centro de día comezou por fin a funcionar

O afán recadatorio do PP subindo o recibo da contribución contrasta co dispendio en festas. As últimas reali-zadas polo goberno do BNG no ano 2010 custaron 190.000 €. Neste ano 2013 os gastos xa ascenderon a 293.500 €. Un incremento dun 54,47% por parte dun partido que presume de austeridade, con derro-ches como o do Sardines, que arro-xou un déficit de 40.000 € (50.000 € no ano anterior). Estes son datos ofi-ciais, que a cidadanía opine.

Despilfarro nas festas

Recentemente acabamos de constatar cos recibos da contribución, unha vez mais, como afectan gravosamente ás nosas vidas as políticas do Partido Popular. A suba da contribución non se pode cualificar máis que de atra-co aos veciños e veciñas de Sada.

O Alcalde decidiu subir o tipo imposi-tivo do IBI que no ano 2011 (con go-berno do BNG) estaba nun 0,45%, ata o 0,60%. Isto supuxo un aumento

espectacular do recibo que supera en casos o 25% e incrementos supe-riores a 100 € en números absolutos, o que está a provocar a indignación en moitos propietarios.

O BNG advirte que o incremento será moi superior proximamente, xa que a última revisión do catastro en Sada é do ano 1993, polo que o 0,60% esta-se aplicando sobre unha base impoñi-ble con valor de hai vinte anos. En

cando se actualice o catastro, o reci-bo actual dispararase.

O Partido Popular mentiu descara-damente cando prometeu nas elec-cións baixar os impostos. O BNG gobernou en Sada entre os anos 2007 e o 2011, os tres últimos tamén de plena crise, e nunca plantexou ningu-nha suba deste imposto.

E mentres, máis gastos en festas, máis despilfarro e máis descontrol...

O incremento da contribución, un atraco

O pasado 1 de novembro falecía Mimina na súa casa do Castro. Unida durante máis de 6 décadas a Isaac Díaz Pardo, foi, canda el, promotora de Cerámicas do Castro, instaladas nos terreos da súa familia, e doutros proxectos empresariais.

A labor de Mimina na factoría será crucial, coordi-nando a decoración das pezas, exercendo como mestra de decoradoras e ideando e levando á prác-tica a produción de xoias.

Muller tremendamente xenerosa e afable, exerceu de forma profusa o mecenado e, ao igual que Isaac, xogou un papel funda-mental na conexión de Galiza co seu exilio. Como moitas mulleres da épo-ca, estivo sempre nun segundo plano, pero o seu traballo foi fundamental para converter Cerámicas do Castro nunha marca próspera e de prestixio.

Atendendo a todas estas razóns, o BNG trasladará ao Pleno a proposta do seu nomeamento como Filla Adoptiva de Sada.

Faleceu Carmen Arias, “Mimina”

Page 4: Forabolas decembro 2013

Sada, á cabeza da destrucción de emprego na comarca

Unha vez máis, o traballo do BNG foi útil para os sadenses, que asistiron en masa á concentración que convocamos para im-pedir o peche do paseo da “L”. Aí están os resultados: as vallas e portas que amea-zaban con pechar o paso foron retiradas.

O seguimento masivo e a mobilización da xente demostrou que xuntos pódese. Non descartamos que Portos de Galiza e a empresa concesionaria o intenten de novo, pero prestaremos atención para evitalo.

Os sadenses conseguimos que non se peche a “L”

Anido indiferente ante a inseguridade do porto pesqueiro

Ante a situación de inseguridade no porto pesqueiro, coa recente sucesión de altercados (roubos, desamarres dos buques, etc.), o BNG presentou no Pleno de xuño un rogo e no de outubro unha moción para instar ao Alcalde a que realizase as xestións oportu-nas para esixir a Portos que dote ao peirao pesqueiro das condi-cións requiridas para o desenvol-vemento das actividades ligadas

a ese espazo. Os concelleiros e concelleiras do goberno decidi-ron votar en contra da urxencia da moción, que nin sequera se puido debater, asegurando que Portos xa se comprometera a solucionar o problema.

Mes e medio despois, non se tomou nin unha soa medida, o que contrasta coas condicións do porto deportivo, con preto de 30 cámaras de videovixilancia.

Persiste o abandono da Av. República Arxentina

En xaneiro cumprirase un ano desde que se produciu o derrube de terras a conse-cuencia da rotura dunha tubería, e nin o goberno municipal nin o da Xunta fixe-ron nada para amañar o problema.

Un carril da estrada permanece desprazado e as beirarrrúas en estado de total abandono.

Os veciños e veciñas teñen comunicado o seu descontento con esta situación ao BNG, que trasladou estas queixas tanto ao Pleno do Concello de Sada como ao Parlamento de Galiza. O goberno munici-pal non sabe, non contesta.

A Xunta publicou as cifras do paro do mes de novembro, que confir-man unha situación dramática. Se cando gobernaba o BNG Sada era o concello cun menor incremento do paro na comarca, co PP, nun par de anos, converteuse no líder en destrución de emprego.

Se queres información máis detallada de todos os aspectos contidos neste Forabolas, accede á versión ampla de cada unha das notas no apartado Forabolas · decembro 2013 do noso blogue:

http://www.blogoteca.com/bngsada/index.php?cat=13782