2 Decembro 2013 - BD Nº 88

17
Número: 88- Ano: V - 5 de decembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. CD OURENSE Páx3 COB Páx.5 Entrevista a Benjamín Rodríguez, adestrador do Pabellón Ourense O CD Ourense empatou en casa contra o Zamora, mentres que o COB perdeu contra o Palencia. /RAMSÉS. [Páx. 4] 18º Cross Guillelme Brown [páx. 6] Fútbol sala: dispar resultado para Ponte e Cidade [páx. 8-9] Augas revoltas para os grandes

description

Augas revoltas nos equipos CD Ourense e COB discorren estos días. No Club Ourense Baloncesto, ata o presidente saiu ao paso dos numerosos rumores que circularon estos días nos que se decían que rodará a cabeza dalgún dos xogadores, e pediu calma en torno ao equipo. Pola súa banda, Luisito estalou tralo partido contra o Zamora e creou un tsunami nun equipo que marcha quinto na clasificación. Retornou ao Ponte Ourense Óscar Vivián, e no seu primeiro encontro en casa acadou unha goleada (10-1) contra o pechacancelas.Kung fu, jiu jitsu e kickboxing foron as artes marciais que estiveron presentes estas datas en Ourense, ou ourensáns representando á provincia polo mundo adiante.

Transcript of 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

Page 1: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

Número: 88- Ano: V - 5 de decembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

CD OURENSE Páx3 COB Páx.5

Entrevista a Benjamín Rodríguez,

adestrador do Pabellón Ourense

O CD Ourense empatou en casa contra o Zamora, mentres que o COB perdeu contra o Palencia. /RAMSÉS.

[Páx. 4]

18º Cross Guillelme Brown [páx. 6]

Fútbol sala: dispar resultado para Ponte e Cidade [páx. 8-9]

Augas revoltas para os grandes

Page 2: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

� BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

VOLEIBOL

O día da presentación celebráronse varios partidos de distintas categorías

Encontro de Liga Zonal cadete feminino./ALBERTO VÁZ-QUEZ

Redacción

O sábado 30 tivo lugar a presentación do club Bur-gas Volei no Paco Paz. O club conta cos seguintes equipos: en Liga Galega infantil masculino, Burgas Volei – Asesores Vila Cas-tro; en Liga Galega cadete masculino Burgas Volei – Asesores Vila Castro; en Liga Galega xuvenil masculino o Burgas Volei – Asesores Vila Castro; en Segunda División A a ni-vel autonómico o Burgas Volei Asesores Vila Cas-tro; en Liga Zonal infantil feminino o Concepción Arenal; en Liga Zonal cadete feminino o Bur-gas- IES Allariz; e en Liga Zonal xuvenil feminino o equipo Concepción Are-nal. E en base, as catego-

Presentación dos equipos do club Burgas Volei4 No Paco Paz.

rías alevíns e benxamíns de Concepción Arenal e Paco Paz.

Segunda tempadaEsta é a segunda tempa-

da dun equipo, que xurdiu da iniciativa duns pais que querían que os seus fillos practicaran voleibol. O ano pasado eran cinco equipos, este ano son sete tendo máis de 100 fichas.

Este club está a formar a xogadores da man de, entre outros, o xogador masculi-no Víctor Conde, vinculado coa selección española.

Primeira xornadaÁ vez que se presentaron

os equipos do club cele-brouse a primeira xornada das competicións. Durante esta primeira xornada xo-gáronse as categorías alevín con representación de Con-cepción Arenal, Carmelitas, Divina Pastora, Mende, Guillelme Brown e a escola do Paco Paz.

Máis tarde chegaba o turno dos máis pequenos participando Concepción Arenal, Carmelitas, Divina Pastora, Mende e Escola do Paco Paz.

Segunda División mas-culina A

Tamén disputouse o par-tido da Segunda División masculina A entre o Volei – Asesores Vila Castro e o Club Vigo Voleibol B, per-dendo os ourensáns por 3-0, pero con sets moi igualados (18-�5, �3-�5 e �3-�5 en cada set).

Outro partido disputado foi o de Liga Galega xu-venil entre o Burgas Volei – Asesores Vila Castro e o Club Vigo Voleibol con vi-toria dos vigueses, un dos equipos favoritos a alzarse co título a final de tempa-da.

Foto de todos os equipos do club Burgas Volei./ALBERTO VÁZQUEZ

Redacción

Este ano o Campus de Ourense da Universidade de Vigo creou a Liga Uni-versitaria de Voleibol de 4x4. A Liga ten unha du-ración de catro meses para os cinco equipos que están inscritos.

Os equipos xogarán todos contra todos para eliminar a un deles (o quinto clasi-ficado). O resto disputarán as semifinais da Liga. Os vencedores accederán á fi-nal e os perdedores loitarán polo terceiro e cuarto posto. As semifinais e finais terán lugar durante o mes de mar-zo.

Este ano participan os se-guintes equipos: Leviousa, Cascanoces, Gran Turis-mo, Alex´s Team, Chetada 3000.

Liga Universitaria de Voleibol4 Este ano está composta por cinco equipos.

A clasificación comán-daa o Leviousa con sete puntos (tres vitorias e unha derrota); en segunda posi-ción está o Alex´s Team con catro puntos (dúas vi-torias noutros tantos par-tidos); terceiro é o Gran Turismo con catro puntos (unha vitoria e dúas de-rrotas); pechan a clasifica-ción o Chetada 3000 con tres puntos (unha vitoria e unha derrota) e o Casca-noces, cos mesmos puntos (tres derrotas). Coa vitoria súmase dous puntos e coa derrota un.

Escola de voleibolA Universidade de Vigo

ofreceu como cada ano a escola de voleibol, na que están apuntadas �8 per-soas da comunidade uni-versitaria.

Partido da Liga Universitaria de Voleibol./ALBERTO VÁZ-QUEZ

Page 3: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

3ACTUALIDADE

A Universidade de Vigo premia a excelencia deportiva4 O Edificio Politécnico acolleu a 22ª Gala do Deporte da Universidade de Vigo.Redacción

O salón de actos Marie Curie do Edificio Politéc-nico do campus de Ouren-se acolleu a ��ª edición da Gala do Deporte da Univer-sidade de Vigo, que premia o traballo dos deportistas e equipos máis destacados do ano nesta institución.

Por cuarto ano consecu-tivo recibiron o Premio á Excelencia Deportiva os taekwondistas Laura Lo-renzo (bronce no Mundial Universitario) e Francisco

Padín (medallista nacional). Así mesmo, o paralímpico en bocia Antonio Cid reci-biu o Premio Vida, recoñe-céndolle a súa traxectoria persoal e deportiva; e a asociación Aixiña o Premio ao Valor Solidario, pola súa utilización do deporte como medio de inclusión social.

Deportistas con medallaAdemais, nesta gala -que

contou coa presenza de nu-merosas autoridades, como o rector da Universidade de Vigo, Salustino Mato, ou o alcalde de Ourense, Agus-tín Fernández- recoñeceuse a contribución a favor do deporte universitario dos deportistas que lograron medalla en campionatos nacionais, como foi o caso dos taekwondistas Laura

O Premio á Excelencia Deportiva foi para os taekwondistas Laura Lorenzo e Francisco Padín

Lorenzo, Marta Colón, Lara Ouviña, Borja Ríos, Francisco Padín e Raúl Bouzas; dos atletas José Alfonso Palomanes, Car-men Sánchez e Víctor Gallego; e dos nadado-res Laura Pimentel, Marc Ciurana e Xenia Vilariño.

Premios a equiposPor equipos, o Uni-

versidade de Vigo tamén premiou ao conxunto de carreiras populares da pro-pia institución, ás féminas do Campus Ourense Rug-bi e ao Xadrez Campus Ourense. E en sección individual recoñeceu o es-forzo do xadrecista Lino Hermida, da xogadora de baloncesto Olalla Feijoo e da corredora de orienta-ción Julia Fuertes.

Foto de familia dos premiados pola Universidade de Vigo./IÑAKI OSORIO.

Empate contra dez4 Luisito estalou contra os xogadores ao fina-lizar o encontro contra o Zamora.R. Torres

O CD Ourense sumou un punto contra o Zamora nun partido que xogou cun home máis durante máis dunha hora. Ao finalizar o encontro Luisito estalou contra os xogadores, car-gando sobre todo contra unha acción de Borja Va-lle na que pecou de indi-vidualista.

Durante os primeiros minutos, o Zamora foi un vendaval cara á portaría defendida nesta ocasión por Manu Táboas, quen substituía a un lesionado Pato Guillén. Ata que che-gou a xogada que, a prio-ri, debía cambiar o sino do encontro. Penalti e expul-sión do central do Zamo-ra, que transformaría Iker Alegre en gol.

Cando todo estaba de cara para eles e indicaba que ía ser unha cómoda vitoria os ourensáns non souperon sacar proveito da superioridade, e apenas inquedaron o marco rival.

A medida que pasaban os minutos da segunda metade, o Ourense seguía sen dominar claramente, mentres que o Zamora encontrábase cómodo so-bre o céspede do Couto, o que presaxiaba un final agónico. Pero nestas, nun contragolpe de dous con-tra o porteiro, Borja Valle pecou de individualista e a súa acción -tentar regatear ao porteiro- foi desbarata-da, para desesperación de Luisito. Gustavo Souto ía ao carón del e de recibir o balón do dianteiro bercia-no veríase só ante a porta-ría contraria. Esta acción

fixo que os visitantes creran no empate, o cal chegou uns minutos despois.

LuisitoEn rolda de prensa Luisi-

to estalou e considerou que o equipo “deu puto asco”. “Debemos pedir perdón”, explicou. “Fixemos todo ao revés de como adestramos. Temos o que merecemos” , sentenciou tremendamente cabreado.

O técnico de Teo conti-nuou: “foi de vergoña, pón-senos todo de cara e cando podemos machacar -porque nos primeiros �0 minutos merecíamos ir perdendo- chegamos a tres cuartos de cancha e damos volta cara a atrás”. Para o adestrador a gota que colmou o vaso foi a xogada de Borja Valle.

“Isto nun equipo meu non se fai”, dixo categórico, “ou estamos todos xuntos no barco ou quen non estea báixase; e se non báixome eu”.

Os problemas medranA pesar de ocupar a

quinta posición, o club non atravesa o seu mellor mo-mento. Con Pato e Óscar Martínez lesionados, aos xogadores súmaselles o contratempo de levar va-rios meses sen cobrar, o que pode reflectir no ren-demento do grupo.

Cultural LeonesaEsta fin de semana, o

CD Ourense visita o cam-po da Cultural Leonesa. O conxunto leonés é 13º con 18 puntos.

O Ourense non pasou do empate contra o Zamora./R.T.

Page 4: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

� BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

BALONCESTO

“Mallou, Aponte e Saarinen serán chave este ano para o Pabellón”

Benjamín Rodríguez nos Remedios antes do partido contra o Al-Qázeres./RAMSÉS

R.T.

Benjamín Rodríguez estréase este curso como adestrador do equipo sénior do Pabellón Ourense de baloncesto feminino, e faino coas ideas claras. O importante non é o posto concreto da xeral no que o conxunto remate a tempada, o seu principal obxectivo é consolidar o proxecto de todo o club.

Que valoración fas des-te inicio de tempada?

Benjamín Rodríguez: “Temos un banco novo, curto e pouco experimen-tado, e iso pasounos factu-ra nalgúns partidos. Houbo dúas derrotas fóra da casa que as tivemos na man. Ora ben, nos partidos que gañamos fixémolo sen pro-blema. Así que a valoración que fago ata o momento é bastante positiva. Creo que é un avance do que se verá durante este ano”.

Con que plantexamen-to tomaches as rendas do Pabellón Ourense?

B.J.: “O meu obxectivo é chegar o máis lonxe posible como club, que o mesmo sexa valorado e que as xo-gadoras se sintan integradas no noso proxecto. O feito

de estar máis arriba ou máis abaixo na táboa é secunda-rio, este ano o que busca-mos é que a xente crea que o proxecto do Pabellón é fiable de cara ao futuro, que as familias ourensás quei-ran que as súas fillas ades-tren acá e que as xogadoras que veñan de fóra estean interesadas en vir”.

Que rivais son os máis perigosos na vosa catego-ría?

B.J.: “Sen dúbida, hai tres conxuntos que son su-periores: Cáceres, Ensino e Ferrol. Teñen maior pre-suposto e, por conseguinte, xogadoras máis expertas. Os demais, pode que dea-mos algunha sorpresa nos partidos contra eles, pero eses serán os tres primeiros. De seguido irán Badajoz e Aros. E debaixo estamos un grupo de equipos moi simi-lares, con xogadoras novas e que un día gañamos e ao seguinte facendo exacta-mente o mesmo perdemos.

Pero o que nós temos cla-ro é que na casa hai que su-mar sempre, para comezar a semana coas boas sensa-cións da vitoria e non tendo que analizar en que falla-mos o sábado anterior. Hai que dar o 100%”.

Que xogadoras do Pa-bellón Ourense cres que serán chave este ano?

B.J.: “Creo que Mallou, Aponte e Saarinen. María Álvarez ten unha partici-pación moi importante no

ENTREVISTA A BENJAMIN RODRÍGUEZ – ADESTRADOR DO PABELLÓN OURENSE

“O noso obxectivo este ano é que a xente crea que o proxecto do

Pabellón é fiable de cara ao futuro”4 O novo adestrador do equipo ourensán fainos un adianto do que poderemos ver esta tempada.

equipo, pero xa sabemos todo o que nos pode dar. O que si que penso é que Claudia Aponte aínda non deu todo o que pode, ao final sempre suma puntos pero aínda non chegou ao seu máximo nivel, sei que chegará un día no que todos eses tiros que hoxe intenta e falla entrarán”.

Como lle está a afec-tar a crise ao Pabellón Ourense?

B.J.: “Tivemos que re-curtar moito o presuposto, polo que coas xogadoras

que temos hai que tra-ballar moito para lograr salvar a categoría e man-ternos estables. Pero non é suficiente a xente do club, precisamos xogadoras de fóra para que sexan un re-ferente para as máis novas da casa e, ademais, preci-samos a súa experiencia para poder competir en condicións”.

“Na casa hai que gañar sempre. Hai que dar o 100%”

Redacción

O Pabellón Ourense caeu este sábado ante un dos grandes da categoría, o Al-Qázeres, que chegaba á ci-dade das Burgas cun claro obxectivo, non deixar que acontecera o mesmo que a tempada pasada, cando o que xa era un dos mellores equipos da Liga foi supera-do polo que remataría ter-ceiro pola cola.

�5-83 foi o resultado do partido desta vez, un cho-que que dende o principio dominou o conxunto visi-tante. Ser un dos favoritos ten un prezo e pagouno o Pabellón. As extremeñas estiveron máis acertadas tanto en anotación como en rebote e os dez primei-ros minutos de partido xa remataron co Al-Qázeres por adiante (10-��); dis-tancia que se mantivo ata o asubío final. Unha cómoda vantaxe que as cacereñas lograron coa contribución dos tiros de tres, principal-mente a cargo de Verónica Sánchez. Ao descanso o luminoso sinalaba 17-�1 e a batalla xa tiña un claro vencedor.

A segunda metade non aveciñaba moitos cambios e, en xeral, así foi. As vi-sitantes encaixaban no aro todo o que caía nas súas mans e as locais, moi erra-das en defensa, pelexaban por manter o orgullo a fro-te ante os seus seareiros. E conseguírono, porque no terceiro período ambas es-cadras anotaron �1 tantos.

Non obstante, os deberes do Cáceres xa estaban feitos dende o comezo da clase. Ademais, un banco con xo-gadoras máis experimenta-das (e caras) unido ás lesións de Mallou e Bolívar (pezas chave do Pabellón) facía que o encontro non contase con igualdade de condicións. Con este resultado, o Al-Qázeres é líder con cinco vitorias en seis encontros e o Pabellón ocupa a novena praza.

Claudia AponteO resultado do choque

ante o Al-Qázeres non fixo xustiza aos esforzos da pa-villonista Claudia Aponte. Derrochou enerxía, animou ás súas compañeiras, dirixiu o xogo, anotou e non se ami-lanou o máis mínimo por moita distancia que o seu ri-val gañase. Aponte xogou os �0 minutos de partido, foi a autora de �6 dos �3 puntos do seu equipo e logrou �1 de valoración. Queden co seu nome porque, sen dúbida, este curso o Pabellón conta cunha desas xogadoras nas que un vai pensando de volta a casa.

O Pabellón sucumbe ante un dos favoritos4 Al-Qázeres venceuno por 45-83.

Claudia Aponte.

Page 5: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

5POLIDEPORTIVO

P.L.

O club de tiro Eiroás foi sede o �� de novembro, da primeira fase do Campio-nato galego de aire compri-mido. A competición dis-putouse en dúas categorías: carabina tendido mixto SH1 e pistola. Na primeira delas resultou vencedor o medallista olímpico ponte-vedrés Juan Saavedra, que alcanzou a máxima pun-tuación (600 puntos). En pistola a victoria foi para o local Víctor José Álvarez, do club de Aixiña, con �6� puntos. A seguinte fase ce-lébrase en Arteixo.

Campionato de EspañaNovamente haberá pre-

senza ourensá no Cam-pionato de España de aire comprimido que se celebra do 5 ao 7 de decembro en

Madrid, no que están inscri-tos un total de 350 tirado-res. Ourense terá presenza nas competicións de carabi-na (Jorge Encinas), pistola donas (Nuria Mera), pistola júnior (Paula Fernández), e pistola veteranos (Enrique Do Río).

Final das ligasChegado decembro,van

rematando as ligas anuais que se disputan en Eiroás, as dúas últimas a Copa Ourense de armas neumá-ticas e o Torneo Auriense de pistola estándar. Quedan aínda por finalizar a liga de carabina lixeira, match e pistola libre (o domingo 8 de decembro), a de pistola velocidade (o día 15) e a de 9 mm (o �9 de decembro). Para completar este mes o club organiza unha tirada especial de Nadal o día ��.

Galego de tiro paralímpico en Eiroás4 O olímpico Juan Saavedra, primeiro en carabina aire tendido mixto SH1, con 600 puntos.

Competición de tiro paralímpico en Eiroás./CRISTIAN.

COB

O presidente pide calma4 Convocou unha rolda de prensa para tranquilizar á masa social e pedir unión.R. Torres

O presidente do Club Ourense Baloncesto Ouren-se Termal, Antonio Gavila-nes, pide calma tras unhas semanas convulsas nas que os malos resultados fixeron saltar todo tipo de rumores.

Gavilanes convocou aos medios de comunicación para tranquilizar á masa social e negar todo tipo de rumores que circularon du-rante estes días sobre posi-bles cambios. O mandatario cobista remontouse varias xornadas atrás, cando tivo unha reunión coa plantilla despois do descalabro no partido contra Melilla. “Foi unha charla amistosa entre directivos, corpo técnico e

plantilla, que creo que tras-cendeu demasiado”, opina-ba Gavilanes.

O presidente tamén estivo crítico cos que pedían cor-tar a xogadores explicando que a realidade “do club non é a máis desexada” no apartado económico, e que ese tipo de comentarios “non nos favorecen”. Ta-mén mostrou o seu males-tar con certos medios de comunicación nos que se daban nomes de xogadores que poderían estar nas filas do club, polo que tivo que desmentir calquera saída de xogadores. “Fai cinco me-ses o club estaba para non sair”, reflexionou, “polo que non podemos facer que un proxecto de varios anos nolo carguemos nun só”, en alusión a posibles cambios na plantilla que os leven a facer un gasto extra.

Petición de apoioGavilanes pediu o apoio

de todos e considerou que este “é un proxecto no que debemos ir unidos”. Espera que este venres contra Clí-nicas Rincón o equipo poi-da romper a mala racha que o levou a non coñecer a vi-toria no Pazo no que vai de tempada, e agarda que por fin “saia a relucir o efecto

Pazo”.Con respecto a xogadores

e corpo técnico, o presiden-te mostrou o seu total apoio. “Gonzalo -o técnico- díxo-me que están adestrando dun xeito brutal”, apuntou.

LesionadosEn canto á lista de lesio-

nados, a cifra crece. Pedro Rivero xogou os dous úl-timos encontros infiltrado debido a unha hernia discal, que de momento non é ci-rúrxica, pero que fai máis que probable a súa ausen-cia no encontro deste ven-res. Roberto Morentin leva desde o partido de Navarra con problemas estomacais que, aínda que non lle im-piden xogar, si que lle fan mermar o seu rendemento no tramo final dos encon-tros. Por outra banda, Edu Martínez sufre hematoma e contusión muscular, pero de seguro que estará a disposi-

ción de Gonzalo García de Vitoria para o partido con-tra o Clínicas Rincón.

Clínicas RincónO Clínicas Rincón

Axarquía, equipo que vi-sita esta xornada (a núme-ro 10) o Paco Paz (venres 6 de decembro desde as 21 horas), ocupa a décima posición da táboa cunha vitoria máis que os ouren-sáns (tres fronte a seis derrotas). Teñen en De-jan Todorovic ao máximo anotador da competición con 139 puntos en oito partidos.

Un partido, a priori e a pesar da dificultade, pro-picio para que o Ourense Termal sume a súa pri-meira vitoria en casa. O Axarquía, como equipo filial que é, chegará ao Pazo coa intención de dar-lle intensidade a todo o encontro.

Antonio Gavilanes, presidente do COB. /RAMSÉS.

Rafa Huertas, no partido que o COB perdeu contra o Palencia. /RAMSÉS.

Page 6: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

6 BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

POLIDEPORTIVO

Atletas da categoría infantil masculino no Cross do Guillelme Brown./RAMSÉS.

Redacción

O sábado 30 de novem-bro o Cross do Guillelme Brown cumpriu 18 edicións cunha gran participación. Máis de 300 atletas entre todas as categorías.

Na categoría de máis par-ticipación, a absoluta, cun total de 71 participantes, o atleta Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o vencedor. Por detrás del chegarían José Manuel Casada (Vía XVIII Mace-da) e Castor Salgado (Li-miactiva), segundo e tercei-ro respectivamente.

En categoría feminina, Silvia Rodríguez Ferro (Ourenrunning) foi a máis rápida por diante de Silvia Teijeiro (Ourense Atle-tismo) e de Filomena Cid (Ourense Atletismo).

Resto de categoríasNo resto de categorías

este s foron os vencedores: en prebenxamín, Héctor Hermida; en benxamín, Aroa González (Ourense Atletismo) e Breogán Pérez (Guillelme Brown); en ale-

Diz e Ferro, primeiros no Guillelme Brown4 O Cross do colexio cumpriu 18 anos.

vín, Naira Mella (Guillelme Brown) e Fabio Justo (Gui-llelme Brown); en infantil Itziar Manso (Ourense At-letismo) e Martín Míguez (Guillelme Brown); en cadete - xuvenil, Antía Ro-dríguez (Ourense Atletis-mo) e Abraham Rodríguez (Ourense Atletismo).

Na carreira dos pais, nais

e profesores do Guillelme Brown os máis rápidos foron Óscar Cruz e María Bustillo.

Máis de 300 atletas participaron no XVIII Cross do Guillelme Brown entre todas as categorías

Rubén Diz (centro) nun momento da carreira./JONATHAN.

R.T.

Durante este mes tres carreiras celebraranse na provincia para finalizar o ano á carreira. San Cibrao das Viñas, Verín e Allariz son as citas.

San CibraoO domingo �� de de-

cembro terá lugar a XII Carreira Pedestre do Na-dal Concello San Cibrao das Viñas. A saída e meta será nas piscinas de Pon-

te Noalla ás 12 horas, hora na que comezará a carreira adultos e nenos; ás 13 horas darase a saída da carreira de pitufos. Ao finalizar ofrece-ráselle aos participantes e asistentes un ágape e cho-colatada e despois farase entrega dos trofeos e sorteo de agasallos.

As inscricións poden ser presenciais en Deportes Running Sport (rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 18 de de-cembro ou pola web www.

Fin de ano á carreira4 San Cibrao, Verín, A Rúa e Allariz celebrarán carreiras antes do remate do ano.

championchipnorte.com ata o xoves día 19 de dec-embro. A inscrición ten un custo de 5 euros.

VerínTamén o �� de decembro,

en Verín, haberá unha ruta-Marcha Atlética por circuí-to urbán de 5 quilómetros. A inscrición será dun dona-tivo dun quilo de comida de longa duración.

Outras carreirasNa Rúa terá lugar a II Ca-

rreira e Andaina Popular do Nadal, o domingo �� de de-cembro. En Allariz disputa-rase a derradeira proba o 31 de decembro.

O día 22 haberá carreira popular en San Cibrao, Verín e A Rúa

Redacción

O Concello de Ourense convoca un curso de “bau-tismo de esquí e snow”, que se celebrará a última fin de semana do ano (27, �8 e �9 de decembro).

Haberá 30 prazas, nun programa que inclúe des-prazamento, aloxamento e clases de formación na estación invernal de San Isidro (León).

InscriciónOs participantes deberán

levar roupa de abrigo axei-tada, cazadora, pantalón e luvas de neve, lentes de ventisca ou de sol e crema solar. Todos os interesados

-maiores de 18 anos- poden formalizar a súa inscrición na Concellería de Xuventu-de, na Praza de San Martiño nº �, baixo, no teléfono 988 388 15�, ou no mail: xuven-

[email protected]. O custoda actividade é de 80 euros.

ProgramaciónCon saída desde o parque

de San Lázaro o venres �7 ás 16 horas, e trala recollida do material á chegada o propio venres, xa o sábado terán lu-gar as clases con monitores específicos, e práctica libre na pista. O domingo haberá unha segunda clase de for-mación, e emprenderase a volta tralo xantar.

Curso de iniciación ao esquí e snow4 Do 27 ao 29 de decembro na estación de San Isidro.

Este curso dispón de 30 prazas.

Page 7: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

7POLIDEPORTIVO

Cartel do evento.

Redacción

O domingo 15 de de-cembro terá lugar nas ins-talacións da Moreira, en Xinzo de Limia, o I Cam-pus de iniciación de fútbol americano.

Este evento está orga-nizado polo clube Vigo Guardians, a Asociación Galega de Fútbol Ameri-cano (A.G.F.A) e a Conce-llería de Deportes e Educa-ción do Concello de Xinzo de Limia.

Traballarase tanto de mañá como de tarde e re-matarase cun partido entre os participantes.

O fútbol americano, aínda que conta cun-ha liga galega, está moi pouco desenvolvido na nosa provincia. Por iso, este evento é, sobre todo, de promoción e de dar a coñecer un pouco máis a práctica deste deporte.

InscriciónsAs inscricións pode-

rán realizarse ata o día 9 de decembro e teñen un custo de 10 euros (no que inclúe o seguro) por par-ticipante.

[+ info: na web xinzo-football.weebly.com ou no

teléfono 610 616 079]

O fútbol americano toma Xinzo4 O domingo 15 de decem-bro terá lugar un torneo nas instalacións da Moreira.

Redacción

O venres �9 e sábado 30 de novembro, Henrique Coelho Graca Darocha, director de formación de adestradores da Federa-ción Portuguesa de Rugbi, Henrique Coelho.

realizou un adestramento e un curso de formación de dianteira no campo de rugbi do Campus de Ourense.

Máis de 30 xogadores, incluídos algúns chegados desde terras de Castela e León, ademais de todos os

Curso de forza 8 no Campus de Ourense4 Impartido polo adestrador da Federación Portuguesa Henrique Coelho.

técnicos e segundos ades-tradores das categorías do club, puideron gozar das explicaciones do técnico portugués, que impartiu unha clase maxistral teóri-co-práctica nas instalacións do campo de rugbi da capi-tal ourensá.

AgasalloAo remate das xorna-

das, o manager xeneral do Campus Ourense Rugbi, Américo Oliveira, fíxolle entrega dunha camiseta do club. O portugués asegurou que o ano que vén repetirá a visita.

O Pabellón Balonmán complícaseRedacción

O Pabellón Balonmán Ourense da 1ª División Es-tatal non levanta cabeza na súa primeira participación nesta Liga.

Os homes de Alejandro Arias “Zarra” volveron caer derrotados. Nesta oca-sión o rival que visitaba Os

Remedios era o Ponteve-dra e o resultado foi de �5-33 para os visitantes.

Os ourensáns realizaron un mal partido diante dun equipo que está chama-do (xunto ao ourensán) a loitar por non descender. Con esta derrota o Pabe-llón segue na última posi-ción cun só punto no seu casilleiro.

Esta fin de semana os pupilos de Zarra visitan o Seis de Nadal - Coia. Os vigueses son quintos.

Page 8: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

8 BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

FÚTBOL SALA

Primeira División FSF - 9ª xornada

Posto Equipo Puntos1º At. Madrid 31 �º Burela �8 3º Alcorcón �8�º Gironella �05ºAlicante 196º Roldán 167º Amarelle 158º Rioja 159º Ponte Ourense 1�10º Poio 1�11º Móstoles 1� 12º Cidade As Burgas 1113º Orvina 91�º Soto del Real 815º Ferrol 8 16º Vallirana 3

4 Xornada 12 - 21 de decembroAt. de Madrid - MóstolesCidade As Burgas - OrvinaRioja - Ponte OurenseSoto del Real - Viaxes AmarelleBurela - PoioAlicante - GinorellaFerrol - AlcorcónVallirana - Roldán

4 Xornada 13 - 11 de xaneiroOrvina - AlicanteGironella - BurelaPonte Ourense - At. de MadridSoto del Real - FerrolAlcorcón - Cidade As BurgasPoio - ValliranaRoldán - RiojaAmarelle - Móstoles

R. Torres

Óscar Vivián regresaba ao banco do Ponte Ourense nun partido en casa. E facíao da mellor maneira posible, goleada contra o colista, o Vallirana, por 10-1. Unha boa maneira de devolver a ilusión á bancada pontina.

Aos cinco minutos de encontro, Chiqui xa leva-ba dous goles -o primeiro despois de aproveitar un rexeite na frontal da área e o segundo ao segundo pau tras centro de Laura-, o que puña en franquicia ás ouren-sás. As catalanas lograban recortar distancia cun gol de Cani que aproveitaba unha perda de balón en me-dia cancha. No tramo final da primeira metade sendos goles de Anita (ao segundo pao) e de Marta (de disparo

raso) deixaban un �-1 antes de marcharse as xogadoras cara aos vestiarios.

A segunda metade deixa-ría unha protagonista por enriba das demais: Raquel de Souza. Tres goles da bra-sileira en seis minutos deixa-ban encarrilado o encontro cun claro 7-1. O primeiro a pase de Laura, o segundo de disparo raso ao segundo pao e o terceiro a porta ba-leira e de cabeza, cando o Vallirana xogaba de cinco. A outra protagonista desta segunda metada sería Chi-qui, quen lograba co oitavo tanto do equipo o terceiro na súa conta particular. A catro minutos do final, Rosángela facía o 9-1 tras robo de ba-lón, e redondearía o seu es-pectacular encontro, Souza, co cuarto persoal e décimo das pontinas.

Para Óscar Vivián esta vitoria non o fai entrar en euforia e considera que “de-bemos ir partido a partido”. O adestrador opina que o parón ligueiro polo Torneo Internacional chega en bo momento de cara a “axustar algunhas cousas que estive-mos traballando estas sema-nas”.

ClasificaciónO Ponte Ourense ocupa

a novena posición con 1� puntos, moi lonxe de onde se supoñía que debería estar un equipo coa calidade que atesouran as súas xogadoras. Por diante, Rioja e Amarelle están a tiro de pedra, con tan só un punto máis que as albinegras (15). A dous pun-tos está o sexto clasificado, Roldán.

Lonxe queda o líder At-lético de Madrid. 17 pun-tos separan a madrileñas de ourensás (31 do Atlético por 1� do ponte). Tralas madri-leñas ocupan a segunda po-sición o Burela (�8 puntos) e terceiro o Alcorcón, cos mesmos puntos cas galegas. Máis atrás queda o Giro-nella con �0 puntos (cuar-to), quinto é o Universidad de Alicante con 19 puntos e sexto, Roldán con 16. Viaxes Amarelle e Rioja son sétimo e oitavo, respectiva-mente. Pola cola, en postos de descenso, o Soto del Real (1�º con 8 puntos), Valdeti-res Ferrol (15º con 8 puntos) e pecha a clasificación o Va-llirana (16º) con tres puntos.

BurelaEn Burela foi o primeiro

encontro no que Vivián re-gresaba á dirección do equi-po de Primeira División de fútbol sala.

No seu debut a piques es-

tivo de sacar algo positivo contra un dos mellores equi-pos da categoría. A mala fortuna fixo que perderan un partido que tiñan empatado sobre o pitido final, pero un penalti no último suspiro do encontro transformouno Pe-que en gol cando o tempo xa estaba esgotado. Era o defi-nitivo 5-� e o Ponte quedaba coa mel nos beizos.

Durante todo o encon-tro as pontinas estiveron metidas no partido. Souza adiantaba ás visitantes no minutos �, pero as locais devolvían as táboas no 13 por mediación de Peque. Xusto antes do descanso Anita poñía o 1-� co que se remataría a primeira meta-de.

Aos tres minutos da rea-nudación, Maite lograba un novo empate, e Lara, no seis da segunda parte, adiantaba por primeira vez ás burelesas (3-�). Supera-do o ecuador do segundo

Vivián debuta en casa con vitoria4 O Ponte vence ao colista por 10-1.

Tralo comezo do segundo tempo, tres goles de Raquel de Souza en seis minutos deixaban o encontro en mans do Ponte (7-1)

período, Souza en dous mi-nutos (no 33 e 3�) lograba darlle a volta ao electrónico e poñer o 3-�.

Con todo en contra, o Bu-rela decantouse polo xogo de cinco. O risco tivo a súa recompensa e Lara facía a

catro minutos para o final o empate a catro tantos. Tralo empate, o citado penalti co tempo rematado que trans-formaba Peque daba a vito-ria ao Burela, que mantiña así a segunda posición da clasificación.

De Souza disputou contra Vallirana un dos seus mellores encontros da tempada./RAMSÉS

Laura Fernández conduce o balón cara á portería do Va-llirana./RAMSÉS

Page 9: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

9FÚTBOL SALA / MEGAXOVE

Despois do parón de dúas semanas polo Torneo internacional de fútbol sala, o Cidade recibe en casa ao Orvina

Iria controla o balón no partido contra o Poio, que finalizou con empate./RAMSÉS

Redacción

Expourense remata o calendario feiral do �013 coa celebración de Me-gaxove, que do 5 ao 8 de decembro -en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 ho-ras- ofrecerá máis de 100 actividades de lecer e de-portivas que converterán a cidade das Burgas no pun-to de encontro da mocida-de galega durante a ponte festiva.

Nesta edición daranse cita �1 expositores entre federacións e clubes de-portivos, asociacións cul-turais e xuvenís de toda Galicia, que ofertarán un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a di-versión, senón o fomento de valores como o compa-ñeirismo, a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao medio am-biente.

Novidades Entre as novidades do

programa de actividades de Megaxove �013 desta-can obradoiros de cócteles sen alcol, simuladores de condución, actuacións de maxia, obradoiros de qui-romasaxe, proxección de vídeos sobre naturopatía ou vida animal, un circuí-to didicar ou obradoiros de pinturas. Tamén por primeira vez achegaranse ata Expourense activida-des coma o obradoiro de

nós (a cargo da Armada de Ferrol), ou a pista de apli-cación que desenvolverán dende a Brilat.

Deporte para todosO deporte volverá ser

un dos grandes protago-nistas de Megaxove, que continuará promocionando as disciplinas minoritarias como poden ser o judo, o karate, a halterofilia, o kick-boxing, a esgrima, o jugger (que combina elementos do rugbi) ou o taekwondo.

Así mesmo, os integran-tes do COB e CDO visita-rán Megaxove para asinar autógrafos.

Ademais, Megaxove ofrece moitas opcións de entretemento e diversión para toda a familia. Incha-bles, circuítos de escaléx-tric, ludochán e bebechán, xogos populares, ciber aula e zona de videoxogos son algunhas delas.

Do mesmo xeito, a Escola Provincial de Danza Castro Floxo impartirá unha exhi-bición de baile, e a Agrupa-ción Folclórica Queixumes dos Pinos ofrecerá un curso de baile tradicional.

Amais, durante os días de feira estará en marcha a “Operación Quilo Megaxo-ve”, destinada a recadar alimentos para as familias máis necesitadas.

[+ info en www. expourense.org]

Megaxove ofrece 120 actividades para a ponte festiva4 Celébrase en Expourense do 5 ao 8 de decembro.

Megaxove combina deporte, obradoiros e novas tecnoloxías

Cidade As Burgas, a piques de dar a sorpresa ante o Gironella4 As de Codeso perderon pola mínima, 2-1.R. Torres

O Cidade As Burgas a pi-ques estivo de dar a sorpresa e sacar algo positivo do seu encontro en terras catalanas contra o Gironella. �-1 foi o resultado final.

Nun disputado choque, o Cidade facíase co control do tempo do partido na pri-meira metade. Os erros das catalanas provocaban que non se encontraran cómo-das sobre a cancha. Pero a pesar do dominio non lo-graban adiantarse no mar-cador. Non obstante, o Gi-ronella, antes do descanso marcaba o un a cero, obra de Miriam Arana de dis-paro lonxano que se coaba por baixo entre varias xoga-doras sorprendendo a Ana. Cando parecía que as locais marcharían a vestiarios con

vantaxe chegaría o gol de María Romero, cun potente disparo, nos últimos segun-dos da primeira metade.

Na segunda metade máis do mesmo; o Cidade esta-ba cómodo, mentres que o Gironella non encontraba o seu sitio. As franxiver-des puideron adiantarse no electrónico, pero sendos remates atopáronse coa ma-deira. A desesperación no-tábase no banco visitante, xa que quen perdoa tanto o acaba lamentando. E vaia se o lamentou. No minuto 3�, Ingrid Vieites desviaba o balón a remate de Miriam, o que facía imposible a pa-rada da cancerbeira Ana.

O tanto tranquilizaba as catalanas, que tentaron des-de ese momento contem-porizar as posesións; pola contra o Cidade buscaba co

xogo de cinco un gol que lle dera algo positivo deste en-vite. Pero este non chegou.

ClasificaciónO Cidade enfrontábase a

un duro rival como é o Gi-ronella. Cuarto clasificado con �0 puntos, é o único equipo que segue (aínda que de lonxe) a estela dos tres primeiros clasificados.

O conxunto ourensán, con esta derrota, marcha 1�º con 11 puntos. As de Codeso teñen o descenso a tres puntos; con oito e ocu-pando a 1�ª posición está o Soto del Real.

OrvinaDespois do parón de dúas

semanas polo Torneo inter-nacional de fútbol sala fe-minino, o Cidade recibe en Ourense ao Orvina. O parti-

do contra as navarras será de máxima tensión, xa que entre unhas e outras tan só hai de diferenza dous pun-tos en favor das ourensás. Unha vitoria permitiría ás de Codeso incrementar o colchón con respecto aos postos de abaixo; pola contra, unha derrota achi-caría a zona perigosa da clasificación.

O encontro disputarase no pavillón dos Remedios, o sábado �1 de decembro a partir das 17 horas.

Page 10: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

10 BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

XIMNASIA

As ximnastas benxamíns do Pavillón xunto coa súa ades-tradora, Alba.

Redacción

No pasado mes de no-vembro celebrouse en Guadalaxara o Campio-nato Nacional de Base de Conxuntos de ximnasia. Á cita acudiron tres conxun-tos ourensáns.

O conxunto benxamín do Club Escola Pavillón (Candela Díaz, Candela Pérez, Claudia, Sara, Julia e Aldara) logrou situarse

no posto décimo segundo, logrando novamente ser o mellor conxunto galego da súa categoría que xa acada-ran sendo campioas galegas no autonómico.

As infantís e alevíns foron subcampioas galegas e cuar-tas clasificadas respectiva-mente. Tiveron menos sorte, cometeron graves erros nos seus exercicios, o que as situou nos postos 5� e 60 respectivamente da clasifi-

As benxamíns do Pavillón, as mellores galegas no nacional4 Lograron a 12ª posición.

Redacción

Yolanda García e Sara Blanco, do Club Ximna-sias As Burgas, acudirán á concentración oficial da selección española de ximnasia acrobática en Granada do 5 ao 8 de de-cembro.

A concentración está programada con vistas á preparación do Campio-nato do Mundo da moda-lidade no mes de xullo en Francia.

Tanto Yolanda García e Sara Blanco, coma as in-tegrantes do trío júnior do club Baruca de Andalucía e a parella júnior masculi-na do Dinamic de Valen-cia están clasificadas para o evento mundial. Amais de todos eles, estarán pre-sentes nesta concentra-

ción varios grupos coa in-tención de clasificarse para o Campionato do Mundo, e completar á selección que represente a España.

García e Blanco son ac-tualmente campioas nacio-nais na xeral, así coma en dinámico e subcampioas en equilibrio. Tamén foron terceiras na Copa Galicia Internacional sendo o pri-meiro grupo autonómico na mesma competición. Foron décimo segundas do MIAC (Copa do Mundo) e rema-taron no posto 17º no Cam-pionato do Mundo.

García e Blanco, coa selección española de ximnasia4 Acudirán a unha concen-tración oficial en Granada.

A concentración nacional está programada de cara ao Mundial de ximnasia acrobática de xullo

Yolanda García e Sara Blanco executando un exercicio.

cación nacional xeral.

Máis torneosDo 1� ao 15 de decem-

bro terá lugar en Granada o Campionato Nacional Fe-derado no que participarán tres conxuntos ourensáns.

O Torneo Nadal orga-nizado polo Club Xim-nasia Escola Pavillón disputarase o vindeiro 6 de decembro, para o que están inscritos máis de medio cento de partici-pantes.

4 Celebrarase o 6 de decem-bro nos Remedios e terá coma beneficiario a “Operación Qui-lo” de Amencer.

Presentación do VII Torneo de Nadal de Ximnasia. /RAMSÉS

O Torneo de Nadal de Ximnasia máis solidario

Redacción

O venres 6 de decembro (desde as 10.30 ata as 1� horas) na cancha central do pavillón dos Remedios

celebrarase a sétima edi-ción do Torneo de Nadal de Ximnasia, que este ano é máis solidario que nunca. Desde a organización pre-tenden acumular unha gran

cantidade de alimentos non perecedoiros (achegados tanto polos participantes coma polo público asisten-te), que se lles fará entrega á asociación xuvenil Amen-cer para que os reparta aos máis necesitados. Este é o segundo ano que o Club Ximnasia Pavillón colabora coa “Operación Quilo”.

532 ximnastasNo evento participarán

un total de 53� ximnastas de toda a xeografia gale-ga, amais dunha expedi-ción asturiana, xa que este ano o club convidado é o Club Gimnástico Versalles (Avilés). As exhibicións serán de dobre minitramp, minitramp, trampolín, tumbling, rítmica, acrobá-tica e ximnasia en xeral.

Este torneo non é com-petitivo, polo que se pre-tende que sexa unha xor-nada de convivencia sen a presión da competición.

NacionalUnha semana máis tar-

de deste torneo de Nadal celebrarase o Campionato Nacional de conxuntos de ximnasia rítmica en Gra-nada, o que fará que os di-ferentes equipos galegos que acudan á cita poñan a punto en Ourense os exer-cicios que levarán a cabo no Nacional.

Por parte do Club Xim-nasia Pavillón acudirán tres equipos: infantil, jú-nior e sénior.

Page 11: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

11POLIDEPORTIVO

Redacción

O sábado 30 de novembro celebrouse a Copa Open de jiu jitsu da comunidade de Madrid onde participaron os integrantes do Marbel Judo Club, Felipe Iglesias e Ana Fernández.

Felipe Iglesias lograba na súa categoría habitual (-6�kg) a medalla de ouro, por diante dos madrileños Miguel Álvarez e Alberto Navarro. Para Iglesias esta cita é un bo test de cara aos campionatos rexionais e nacionais que comezan no mes de febreiro. En devan-ditos campionatos o ouren-sán buscará a clasificación para os dous eventos que ten marcados en vermello: a Copa de Europa de Suiza

Felipe Iglesias, ouro en Madrid4 Na Copa Open de jiu jitsu de Madrid.

e o Mundial de París.

Ana FernándezA outra competidora

do Marbel, Ana Fernán-dez Morais, participou no campionato alternativo para loitadores que po-súen un cinturón inferior ao de cor verde (o grupo 1). Finalmente Fernández foi segunda, por detrás de Andrea Gutiérrez e Lidia Fernández.

Christian ÁlvarezOutro ourensán que par-

ticipou neste evento foi Christian Álvarez. Non obstante, fíxoo con licen-cia madrileña, xa que é alí onde vive. Álvarez foi o vencedor na categoría de máis de 9�kg.

No centro, Felipe Iglesias.

Redacción

Do 1� ao 15 de decem-bro nas instalacións do P�1 Padel Club levarase a cabo un torneo feminino de pádel patrocinado por Isa Bertos Deluxe.

Disputaranse dúas cate-gorías, unha primeira que estará aberta a calquera parella que queira ins-cribirse, e unha segunda categoría para xogadoras non federadas.

InscriciónsAs parellas ao inscri-

birse deberán comunicar a dispoñibilidade horaria

I Torneo feminino de pádel no P214 Do 12 ao 15 de decembro.

para disputar os seus en-contros.

Para as non socias do P�1 o prezo da inscrición é de 15 euros na primeira categoría e �5 paras as que disputen a segunda. Para as socias o prezo será de 10 euros na primeira cate-goría e de 15 para as que se anoten na segunda.

PremiosA cada xogadora dará-

selle un obsequio por par-ticipar. Así mesmo, recibi-rán premios as campioas e subcampioas de ambas categorías, cortesía de Isa Bertos Deluxe. Cartel do torneo.

Redacción

O Galmédica Ourense Tenis de Mesa caeu derro-tado na súa visita a Gondo-mar. Aciaga xornada núme-ro oito da Terceira División Nacional na que o Galmé-dica perdeu contra o A.D. Ferretería Vincios por 5-�. Con esta derrota o conxun-to ourensán perde tamén o liderato da competición.

Enfronte un Ferretería Vincios cun gran futuro e cun destacado presente.

Os puntos para o Gal-médica acadáronos Emilio Diéguez (1) e Rodrigo Ál-varez (1); tamén xogaron

Derrota do Galmédica Ourense4 E con ela perde o liderato.

Antonio Gómez e Diego Gómez (estes non puntua-ron).

Vindeira xornadaO próximo encontro de

Liga será o sábado 1� de decembro ás 10:30 horas, no Pazo Paco Paz ante outro equipo do AD Vin-cios, o Maderas Tapia.

O Galmédica é segun-do na clasificación con 1� puntos, a dous do líder Helios Car Lunas; men-tres que o Maderas Tapias de Gondomar marcha na oitava posición con oito puntos, catro puntos por enriba do descenso.

Salvour continúa oitavo na Liga4 Galega de augas pecha-das.Redacción

O 30 de novembro na piscina municipal de Car-ballo (A Coruña) déronse cita máis de 350 depor-tistas de toda Galicia na segunda xornada da Liga Galega de salvamento acuático en augas pecha-das.

O salvour participou cos equipos alevín, infan-til e cadete. Os destacados foron Pablo Serrano Pérez (alevín) na proba de 50 metros rescate de mani-quí con aletas cun tempo de �5”�0; Uxía Conde Fuentefría (infantil), cun tempo de ��”9� na proba

de 50 metros socorrista, e Lucía Serrano Pérez en 100 metros supersocorrista con 1’�5”75 e 50 metros resca-te de maniquí con 1’08”�7, lograron manter o club Sal-vour na oitava posición da táboa. Todos eles lograron mellores marcas provinciais nas súas respectivas catego-rías ademais de conservar a oitava posición por equipos na Liga.

Vindeira citaA vindeira cita para o

Salvour terá lugar o �� de decembro en Cerceda; nela os ourensáns buscarán as-cender ata a sétima posi-ción.

Lucía Serrano na saída de 100 metros supersocorrista.

Page 12: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

1� BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013 POLIDEPORTIVO

O ourensán Javier Iglesias celebrou a súa disputada vitoria.

Redacción

O sábado �3 de novem-bro celebrouse no anexo dos Remedios unha vela-da de kickboxing, coa no-vidade da celebración do K-1 Galicia. O ourensán Javier Iglesias foi o ven-cedor desta modalidade na categoría de menos de 95 quilos.

Pero ademais disputá-ronse máis combates.

O primeiro da noite en-frontou o púxil local Iván Rodríguez e o portugués Mario Gonçalves, vencen-do este último aos puntos.

O segundo dos comba-tes levaría ao cuadrilátero a dúas mulleres. Nun rin-cón a ourensá Suly, quen lle fixo fronte á campioa mundial, a portuguesa So-nia Pereira; o combate de-clarouse nulo (empate).

O deportista das Pontes (A Coruña) Diego Martí-

nez perdeu aos puntos con Bruno Borges (Portugal). E o ourensán Joel Araújo foi o ganador do seu combate contra o cordobés Rafael Sánchez.

K-1Pero o máis atractivo

desta velada foron os en-

frontamentos de K-1 que se disputarían nas catego-rías de -71 e -95 quilogra-mos.

En -71, representando a Ourense, combatía Manuel “Nono” Jiménez. O seu primeiro combate foi con-tra o alicantino Diego Jair, vencendo o ourensán aos

KICK-BOXING

O ourensán Javier Iglesias vence no Torneo K-1 Galicia4 Na categoría de -95 quilos. Nono Jiménez non puido com-petir na final de -71 ao sufrir unha lesión.

puntos, e logrando deste xeito acceder á final. Na outra semifinal, Victor Coimbra venceu a Rafael

Medina ao facerlle KO no segundo asalto.

Lesión de JiménezA final que se tenía que

dirimir entre Nono Ji-ménez e Rafael Medina non se celebrou porque o ourensán sufriu unha fi-sura nunha costela no seu combate de semifinais; polo tanto Medina fíxose co título de campión de K-1 Galicia en -71.

Na categoría de -95kg, Javier Iglesias dobregou na semifinal a Fran Puma; mentres, na outra semifi-nal, Nuno Pereira desfíxo-se de Álex Tena por KO no segundo asalto.

No combate estelar da noite, Iglesias demostra-ría unha gran técnica de-leitando a todo o público presente nun combate foi duro contra o seu rival, o portugués Nuno Pereira.

Finalmente, e por deci-sión unánime dos xuíces, Javier Iglesias facíase co primeiro torneo de K-1 Galicia na categoría de -95kg.

A velada de kick boxing deixou momentos memorables na retina do público. /RAMSÉS

O ourensán Iván Rodríguez pegando unha patada./R.T.

Redacción

A pasada fin de sema-na disputouse no Club Xadrez Celanova a Copa Deputación de Ourense de xadrez rápido, na que se deron cita os mello-res xadrecistas de toda a nosa provincia.

Trátase dunha moda-lidade das máis emocio-nantes e vistosas deste deporte, xa que cada xo-gador conta con só 5 mi-nutos para gañar a parti-da. Nervios e velocidade combínanse nunha prác-tica deportiva que sem-pre adoita caracterizarse por, precisamente, todo o contrario.

Nesta cita na vila de San Rosendo Alejandro de León, do Club Xadrez Ourense, foi o vencedor con 7,5 puntos; os mes-mos que acadou o segun-do clasificado, Armando de Sousa (do Liceo).

En terceiro lugar rema-tou o torneo Lino Hermi-da (do Club Xadrez Uni-versitario de Ourense) ao sumar 6,5 puntos.

Coa cuarta posición fíxose Manuel García, do Ateneo Ourense, que acadou 6 puntos. E coa quinta, Sindo Rodríguez, do club anfitrión, o Xa-drez Celanova, ao lograr 5,5 puntos.

De seguido, con 5 pun-tos remataron o torneo catro xogadores, que se repartiron da sexta á no-vena posición. Foi o caso de Joaquín Bello (do Li-ceo), Miguel Puga (da Casa Xuventude), Xosé Luis Casal (do Xadrez Celanova) e Miguel Vi-teri (do Liceo).

Alejandro de León, vencedor da Copa Deputación de xadrez

Page 13: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

13ARTES MARCIAIS

Redacción

O Club Artai dividiuse a pasada fin de semana para disputar dous torneos, un de nivel autonómico e outro de nivel nacional.

En Vila-real (Valencia) disputouse o II Open Na-cional de kung fu onde o Artai desprazou a 10 com-petidores, tanto en comba-te (sanda) como en formas (taolu). Lograron un total de sete medallas; tres ouros, dúas pratas e dous bronces. Os ouros foron de Serio Parga, combate menos de 70kg; Adán Nieto, combate menos de 75kg e Andrés Pi-ñeiro Fernández, tradicional estilos de sur masculino. As pratas de Saúl Rodríguez, combate menos de 80kg e Emanuel Álvarez, combate menos de 70kg. E os bron-ces acadáronos Andreina Álvarez, tradicional estilos de sur femenino e Abraham Rodríguez, combate menos de 75kg.

Torneo de SandaEn Soutomaior (Ponte-

vedra) celebrouse o Torneo de Inverno de sanda (com-bate chino) contando a ex-pedición ourensá con oito deportistas. En total foron sete metais os acadados po-los ourensás; tres ouros, tres pratas e un bronce. Os ouros lográronos Ngagne Faye, combate menos de 70kg; Brahim Tamesna, combate menos de 75kg e José Luis González, combate menos de 85kg. As pratas, Bruno Sánchez, combate menos de 65kg; Jesús Viadero, combate menos de 85kg e Jorge Fernández, combate menos de 75kg. O bronce foi a parar a Marcos Sierra, combate menos de 85kg.

Redacción

O 30 de novembro dispu-touse na localidade francesa de Cany-Barville o Campio-nato de Europa profesional de fullcontact, no que par-ticipou o ourensán Javier Iglesias (campión de España e campión ibérico); que se enfrontou ao actual cam-pión da categoría de -88kg, versión I.K.L. (Internatio-nal Kickboxing League), o francés Mathieu Matmat Lamerie, quen puxo en xogo o seu título voluntariamente á distancia de 8 rounds de � minutos.

Matmat dominou nos tres primeiros rounds e Iglesias nos catro seguintes. Xa no último, o francés volveu coa súa técnica de perna para manter ao ourensán alonxa-do. Polo que finalmente a vitoria quedou en mans da decisión dos xuíces, que se decantaron, por tan só dous puntos, por Lamerie, que, desta maneira, retiña o títu-lo.

DesquiteDespois do combate pe-

diuse o desquite e aceptouse. A cita podería ter lugar en Ourense nuns seis meses.

O Artai aproba con sobresaínte 4 Os membros do club ourensán participaron no II Open Nacional de kung fu e no Torneo de sanda, realizando unha gran actuación en ambos eventos.

Integrantes do equipo Artai que competiron en Vila-real.

Javier Iglesias fai nulo no europeo de fullcontact4 É posible que se cobre a revancha en Ouren-se dentro de seis meses.

Cipri Gomes preparando a Iglesias para o combate.

Page 14: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

1� BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

POLIDEPORTIVO

Iván Feijoo logrou a primeira posición en categoría cade-te, e o seu compañeiro Román Saa a terceira.

Redacción

O domingo �� de no-vembro celebrouse a 1�ª edición do Trofeo Cicli-cross de Santiago, proba incluída no calendario es-tatal. Ata alí desprazouse unha expedición do club macedán Actyon-Merida-Academia Postal.

En cadetes, Iván Feijoo conseguía a súa segunda vitoria da tempada, nunha carreira que dominou de principio a fin. Mentres,

o seu compañeiro Román Saa remataba na terceira posición, logrando tamén subirse ao podio.

En júniors lograban dous podios máis. Raúl Gonzá-lez era terceiro en categoría masculina e Xiana Conde acadou a vitoria en féminas (segunda vitoria da xorna-da).

O último podio do día era logrado polo M50, José Manuel González.

En total, o equipo ma-cedán regresaba con cinco

Feijoo e Conde vencen en Santiago4 No Trofeo Ciclocross.

O torneo iniciarase o 6 de decembro ás 11 horas no campo cuberto do colexio de Salesianos

Redacción

O equipo Aragonés Com-petición vén de proclamarse campión de equipos e sub-campión absoluto na Cha-llenge Renault Twingo R� �013 que rematou co Rali CAM RACE de Madrid. Magnífico resultado para Luis Aragonés e Cuko Ba-ñobre a bordo do seu Ren-ault Twingo R�.

Aragonés e Bañobre lo-

graban rematar a tempa-da na terceira posición en Madrid, resultado que lles permitía acadar a segunda posición final da Challenge subindo, ademais, o equi-po ao primeiro posto por equipos. Unha posición é a que ascendeu con respecto á tempada pasada, demos-trando a súa progresión no trofeo da monomarca de Renault.

En Madrid correron agar-

Aragonés Competición, campión de España da Challenge Renault4 Proclamouse líder por equipos e subcam-pión absoluto.

dando o fallo do líder, fallo que non chegou, polo que se tiveron que conformar co subcampionato, con 59 puntos. O campión foi Al-berto Otero, con 73 puntos. En terceira posición rema-taría outro ourensán, Jorge González “Rantur”, con �8 puntos.

Por equipos, o Aragonés Competición rematou con 69 puntos, seis máis que o Diabolique Returns (63).

Aragonés e Bañobre celebrando o triunfo.

Redacción

Dous dos mellores remei-ros de Estonia,Tonu Endre-kson e Andrei Jamsa, ató-panse en Castrelo de Miño realizando a súa primeira concentración de adestra-mento da tempada.

Tonu Endrekson e Andrei Jamsa xa empezaron as se-sións de adestramento no encoro de Castrelo de Miño, que realizan en horario de mañá e tarde. As condicións metereolóxicas están sendo boas para o remo (sol e sen vento); ademais, o bo trato prestado polo club náutico son circunstancias que os levarán, como xa dixeron,

a repetir concentración nos meses de xaneiro e marzo coa mesma duración (�0 días cada unha delas).

Xogos OlímpicosAndrei Jamsa e Tonu En-

drekson, que viñeron coa súa adestradora Tatyana Yaanson, remaron no catro skull de Estonia que que-dou cuarto nos Xogos de Londres. Tonu Endrekson foi ademais subcampión

Dous olímpicos adestran en Castrelo de Miño4 Os remeiros estonios, Andrei Jamsa e Tonu Endrekson, prepáranse no encoro ourensán.

olímpico en dobre skull nos Xogos de Pekin �008.

Anna YuchenkoO Club Náutico Castre-

lo de Miño conseguiu traer a estes dous formidables remeiros grazas a Anna Yuchenko, que os coñecía desde o seu paso pola se-lección rusa e envioulle a oferta de Castrelo de Miño como lugar para as súas concentracións invernais, xa que a metereoloxía in-vernal en Estonia impide remar na auga.

Redacción

A asociación xuvenil Amencer, en colaboración coa asociación deportiva Bosco, organiza para a ponte da Constitución-In-maculada un campionato lóstrego (dun só día) de fut-bol-sala, no campo cuberto do colexio Salesiano.

O evento terá lugar o próximo venres 6 de de-cembro, día da Constitu-ción. O torneo comezará ás 11 horas e rematará contra as 17 horas.

Sorteo e inscriciónO sorteo será o xoves 5

ás 18 horas na Sala Aberta de Amencer e a data tope para inscribirse será ese mesmo xoves 5 ás 14 ho-ras.

Coma o ano pasado, os equipos terán a opción de achegar unha axuda para a Operación Quilo, ben pa-gando a cota de inscrición de 1� euros ou levando �0 quilos de comida.

Fútbol sala para a ponte da Constitución4 Organizado pola asocia-ción xuvenil Amencer.

Endrekson e Jamsa voltarán a adestrar a Castrelo de Miño en xaneiro e marzo.

podios, dous deles no pri-meiro caixón.

DumbriaO sábado 30 de novem-

bro en Dumbría Iván Feijoo vencía en cadetes e Román Saa era terceiro. Xiana Con-de era segunda en mulleres. En júnior, Raúl González finalizaba quinto. Saúl Ál-varez, despois de case dous anos sen competir en ciclo-cross, remataba oitavo en elite, sendo o terceiro entre os sub �3.

NaviaAta Navia (Asturias) des-

prazáronse o domingo 1 de decembro os macedáns para participar nunha nova proba puntuable da Copa Federa-ción. Iván Feijoo e Román Saa eran 11º e 18º respecti-vamente en cadetes. Tamén en cadetes, pero feminino, Xiana Conde remataba na oitava posición. En júnior, Raúl Gonzalez ocupaba o 1�º posto.

Xiana Conde.

Page 15: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

15

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 24. O liderado e o traballo en equipo

Habilidades do líder. É necesario que o líder de-senvolva e utilice algunhas habilidades persoais para formar equipos efectivos de traballo:

- Saber escoitar. Tomar conciencia dos sentimentos que acompañan esas ideas para non ferir susceptibili-dades persoais.

- Saber preguntar. Co-ñecer con profundidade os puntos de vista de todos os compoñentes do grupo ou equipo.

- Ser flexible e aberto á crítica. Desenvolver a capacidade de cambiar e negociar as innovacións para asumir novas normas e hábitos na realización das tarefas. Recibir as crí-ticas como suxestións cara ao proceso de mellora per-manente da organización e non como desvalorización persoal.

- Mostrar unha actitude positiva ante os retos, en lugar dunha posición de re-sistencia ao cambio.

- Expresar as ideas e ne-cesidades propias, respec-tando as dos outros mem-bros do equipo.

- Interesarse por coñecer as capacidades, coñece-mentos e habilidades de to-dos os compoñentes, para o mellor cumprimento das súas funcións e procurar o benestar dos mesmos.

- Conectar profundamen-te cos seus colaborado-res de forme respectuosa, amable, dunha boa dose de humanidade. Diríxese coa mente, lidérase co corazón.

- Estar sempre disposto para aceptar críticas cons-trutivas, suxestións e con-sellos.

- Manter sempre unha ac-titude positiva, optimista e proxectada cara ao futuro.

- Honestidade. Sabe que é o espello en que se miran os demais.

- Sentirse orgulloso do traballo da súa xente e do equipo.

Opinións contrastadas desde a experiencia

- Vicente del Bosque: “Non é cuestión de impor-se, senón de convencer a todos. Hai que actuar con naturalidade. Non conside-ro que teña que haber un-has virtudes especiais nun adestrador, o importante é que sexa xusto e since-ro. Hai miradas e detalles que son os que van facendo que ao adestrador póidano considerar como alguén próximo ou, polo contra-rio, como alguén que está subido nunha tarima e que parece saber de todo. Non é necesario utilizar grandes dogmas para que os xoga-dores perciban que o ade-strador está con eles, que está moi próximo.

A dirección do equipo trátase dun traballo de conxunto. Afortunadamen-te conto con xente ao meu lado que está moi capa-citada, polo que non me desgasto en moitas cousas. Hai que implicar tamén aos xogadores nalgunhas tomas de decisión. Cando o ades-trador se pasa todo o día impondo cousas (non beber máis dunha copa de viño, tomar só un anaco de pan, vestirse así, etc.) pérde-se nas continuas tomas de decisións. Iso prexudica a relación. Por tanto, hai que delegar e, mesmo, implicar ao xogador en moitas desas tomas de decisións, etc.”

- Johan Cruyff: “Barce-lona é unha praza difícil. Para triunfar neste club non basta con ser bo futbo-lista. Hai que ter máis cou-sas. Esencialmente unha

Deporte e realidade (XXVI)

Alfonso Vilachá.

Vicente del Bosque: “Hai miradas e detalles que van facendo que ao adestrador póidano considerar como alguén próximo ou como alguén que está subido nunha tarima e que parece saber de todo”

que podiamos chamar carisma, capacidade de liderado. Por exemplo, foi máis carismático Alexan-co que Schuster.

O capitán ten que ser un tío que pense no ben do vestiario, que defenda o que teña que defender segundo dite o sentido común e o interese colec-tivo; e que tamén ataque o que haxa que atacar polo mesmo motivo. E se dá o caso de que o adestrador se equivoca, poida dicir-cho dun modo correcto e argumentado. Pero, se se toma unha decisión, o ca-pitán debe ser o primeiro en preocuparse porque se cumpra o pactado e todos os xogadores acaten as decisións”.

- Pep Guardiola: “O grupo, o club, debe estar por encima de todo aínda que a ti, coxunturalmente, esa circunstancia prexudí-queche. Esa idea é, exac-tamente, o que sempre tratou de transmitirnos (Andoni Zubizarreta) can-do era capitán do Barce-lona”.

- Eusebio Sancristán: “O liderado do ades-trador depende de que convenza ao grupo, ben polos seus coñecementos futbolísticos, ben pola súa personalidade, carácter e a súa capacidade para transmitir ao xogador.

Para ser mellor ades-trador debe gañarse o respecto do grupo. Tiven adestradores como Cru-yff que che convencía cos seus coñecementos de fút-bol. A autoridade dacha o convencer. O adestrador debe apoiarse moito no seu grupo de traballo”.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (III)

4 Xornada.C.D. Ourense 5 – 0

Brigantium C.F.Novamente se produce

unha goleada no campo do Couto e outra vez lo-gran os locais cinco go-les. Nesta ocasión sería Carballeda quen abriría o marcador e a piques de chegar ao descanso Pata-co faría o segundo. Inda así o conxunto deixaba dúbidas sobre a súa capa-cidade resolutiva, sendo a defensa o máis destacado do equipo. Xa na conti-nuación, tras do comezo, Carballeda erra un penal-ti. Logo Carballeda por dúas veces e Seara com-pletarían o resultado.

O presidente do club, don Florencio Álvarez González, pensando no futuro da entidade, ten-tara durante estes meses negociar a compra do es-tadio, propiedade da Sin-dical por cesión do titular dos terreos, a familia do secretario xeral Miguel Ángel Villanueva, que doaran os mesmos para o seu uso sempre que fose con fins deportivos. Final-mente non puido mercar o estadio inda que segue a ser utilizado polo club.

O estadio inaugúrase no ano 1949 para substituír ao vello campo da Loña cun encontro entre o C.D. Ourense e o Racing do Fe-rrol que remata 5 a 0 para os locais. O estadio pasa a denominarse José Antonio inda que popularmente se coñece entre os seareiros

como Estadio do Couto por estar establecido en dito barrio. No ano 1986 este nome popular remata por ser recoñecido como oficial e substitúe ao vello nome. No transcurso do tempo este aforo variou, xa que en tempos un dos fondos, agora inutilizado por ter alí os vestiarios e as oficinas do club, estaba aberto ao público. Ade-mais as bancadas de pé foron todas remodeladas para se adaptar as novas normas, sendo todas pra-zas de cadeira co que o aforo antigo, que cifran as crónicas en máis de quince mil persoas neses anos, viuse sensiblemente reducida, sendo hoxe de 6.000 espectadores.

5ª Xornada.Gran Peña 0 – 1 C.D.

OurensePataco logra nesta nova

vitoria marcar por tercei-ra xornada consecutiva e comeza ser o home máis destacado do club.

O Gran Peña iniciara a mediados da década dos vinte a súa andaina no barrio de Lavadores, que se incorporaría a Vigo no corenta e un, e o seu maior logro tiña sido obter o título de campión da Copa Galicia unha década antes do presente campionato, precisamente en Ourense no partido de desempate fronte ao Lugo. O club tentará en varias ocasións fusionarse ao Turista e ao Celta e viviu unha relación tormentosa cos olívicos.

A confrontación con filiais será unha constan-te nesta tempada, de tal xeito que na promoción o Ourense atoparía nos seus cruces cos do Elxe, o Ilicitano, e o do Barça, o Condal.

[Terceira sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68]

José A. Santos

“O presidente do club tentara durante estes meses negociar a compra do estadio”

“Pataco logra marcar por terceira xornada consecutiva e comeza ser o home máis destacado”

ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�00� Ourense. Tel: 988 �39 63�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José A. Santos

Nº88- Ano: V - 5 de decembro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 63�.

4 Torneo solidario de fútbol sala

Pasalo o mellor posible practicando deporte por unha boa causa. Este é o obxectivo do primeiro torneo de fútbol sala so-lidario a beneficio da ong “Colores de Camerún” que terá lugar entre o �7 e o �9 de decembro no pavi-llón universitario.

A idea dos seus promo-tores é reunir 3� equipos (que poderán ser mixtos) para xogar mediante eli-minatorias directas duran-te os tres días (a tarde do �7 e o sábado e domingo de 10 a 21 horas). Cada xogador colaborará coa oenegué realizando unha achega económica como inscricións (a cantidade que poida).

Polo momento xa teñen dez equipos inscritos, e os interesados poden aínda facelo no teléfono, na web www.coloresdecamerun.org, en Turini Sport ou no 6�8 �9 �6 77. O recadado destinarase aos proxectos que a ong desenvolve no país africano.

4 Memorial de baloncesto

Entre os días �9 de de-cembro e 6 de xaneiro organízase en Ourense o II Torneo de Baloncesto “Xogando en feminino” - I Memorial Alejandra González Rodríguez.

A cita terá lugar no pavi-llón O Pompeo do institu-to Otero Pedrayo. Durante catro días (o �9, o �, o 5 e o 6 de xaneiro) dispu-taranse os encontros en-tre �1 equipos femininos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadetes e júnior. Dos equipos parti-cipantes, nove pertencen á base do Pabellón Ourense e outros 12 chegarán de de varios puntos de Gali-cia. En total, está prevista a presenza neste torneo de 315 participantes, entre xogadoras e entrenadoras. Repartiranse 11 trofeos e 90 medallas.

EN BREVE

Page 16: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88

BARRIOS DEPORTIVO5 de decembro de �013

Manuel Pardo es prepa-rador de oposiciones de Jus-ticia en Academia Proxecto. ¿Cómo se encuentra en la actualidad la posibilidad de obtener un puesto de traba-jo en el ámbito judicial?

“Ha salido publicada en el BOE del �� de octubre la con-vocatoria del proceso selecti-vo para ingreso en el Cuerpo de Gestión Procesal y Admi-nistrativa y se abre un plazo de �0 días para formalizar la solicitud de admisión en el proceso.”.

¿Es una buena oportuni-dad para obtener un puesto de trabajo?

“Teniendo en cuenta las restricciones presupuestarias, la oferta no es muy generosa y obliga a los candidatos a dar lo mejor de sí, a luchar y pelear por ser el número uno. Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 5�, Andalucía �9, C. Valenciana �6, Canarias 19 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promo-

ción interna y turno libre”.¿Que nos puedes comen-

tar del trabajo que estáis realizando en Academia Proxecto?

“Llevamos trabajando con un grupo reducido de personas desde octubre del año pasado, preparando el programa de la oposición. Les informamos de la posibilidad de la convoca-toria para este año y decidie-ron apostar por su preparación con tiempo suficiente; confie-mos en que su apuesta tenga el éxito que se merecen.

No obstante este grupo está abierto a nuevas incorpora-ciones como las que se están produciendo sobre todo tras conocerse la convocatoria; se trata de personas que ya han preparado las oposiciones a la administración de justicia an-teriormente o bien de quienes tienen una formación jurídica que les permite seguir el ritmo de las clases. Vamos a repasar toda la materia y cualquiera en estas condiciones puede

incorporarse a un grupo que le garantiza un nivel de exi-gencia alto y lo prepara para competir en igualdad de con-diciones para conseguir una plaza en esta convocatoria. No negamos que el reto es difícil pero depende del esfuerzo de cada uno, por nuestra parte podemos cumplir con lo que se nos exige para su consecu-ción”.

Y de cara al año 2014, ¿qué nos puedes comentar en cuanto a la oferta de em-pleo público en Justicia?

“Es muy pronto para aven-turar un pronóstico cierto, pero nos encontramos en una situación similar a la del año pasado, a saber: a) se mantie-ne en los Presupuestos Ge-nerales del Estado la tasa de reposición para la Administra-ción de Justicia, b) en la nego-ciación de la oferta de empleo para este año �013 el Minis-terio de Justicia proponía unas 700 plazas más para tramita-ción y auxilio, que fueron des-

cartadas por Administraciones Públicas.

Dependerá pues, de una decisión política que conoce-remos sobre el mes de marzo del año que viene, pero que, de confirmarse, ahora es el momento de comenzar a tra-bajar en la preparación de la oposición”.

¿Estáis pensando en co-menzar un nuevo grupo de preparación?

“Sin perjuicio de seguir trabajando intensamente con nuestros alumnos que se es-tán jugando el aprobado en gestión procesal, comenzare-mos brevemente un grupo de trabajo de cara al año próxi-mo para la preparación de las oposiciones para ingreso en la Administración de Justicia.

Ofrecemos trabajo, honra-dez y profesionalidad. Conta-mos con la ventaja de que nun-ca hemos dejado de preparar estas oposiciones y nos avalan los resultados de las últimas convocatorias. Tenemos el

material actualizado, los profe-sores al día de las materias que imparten y la organización de todo lo que rodea a una buena preparación lista para empezar en cualquier momento. Esta es nuestra oferta. Lo que deman-damos del alumno es la una apuesta inequívoca por alcan-zar el objetivo sabiendo de la

ACADEMIA PROXECTO, convocadas plazas y abierto plazo de instancias para oposiciones al Ministerio de Justicia

dificultad que el mismo entra-ña en estos momentos. Él es el principal protagonista pero nosotros vamos a facilitarle la consecución de un objetivo común a ambas partes: lograr un puesto de trabajo fijo en la administración de justicia. Es nuestro reto y estamos prepa-rados para ello”.

Manuel Pardo, preparador de oposiciones de Justi-cia de Academia Proxecto.

Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía 2, C. Valenciana 26,

Canarias 1 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promoción interna y turno libre

PUBLICIDADE

Page 17: 2 Decembro 2013 - BD Nº 88