Novas 1029
-
Upload
ccooxustiza -
Category
Law
-
view
1.653 -
download
4
Transcript of Novas 1029
1
1
novas da xustiza
Número 1029 Edita: CCOO de Xustiza 26 de maio de 2014
Mesa Sectorial
MÁIS POR MENOS
Folla informativa da mesa sectorial de Xustiza: a
Xunta prosegue na súa xeira de recortes, con
desprezo absoluto á negociación colectiva e ao cadro
de persoal da xustiza
Páxina 3
LOPX
O ministerio quere pechar a negociación
e aprobar o proxecto en Consello de
Ministros antes do verán
A negociación convértese nunha farsa, extermina as condicións
laborais dos traballadores e apresura os trámites para ter aprobada
a nova lei no primeiro semestre de 2015, o que suporá un
empeoramento radical do noso réxime estatutario. Todo camiña a
unha folga xa anunciada por CCOO
Páxina 6
Plataforma Xust iza
Nace en Ferrol unha Plataforma en defensa
do partido xudicial
É unha plataforma plural, composta por organizacións
sindicais, avogados, xuíces e todo o tecido veciñal e social
da comarca.
Páx ina 9
2
2
Negociación colectiva
MESA SECTORIAL: MÁIS POR MENOS
Nova oficina fiscal
O deseño pomposo da nova oficina fiscal, que contrasta co transporte de expedientes en carriños
do súper, non vai ser asumido polas organizacións sindicais. CCOO, UGT e CIG non aproban unha
NOF que, ademáis de extemporánea (non ten sentido sen expediente electrónico) amosa unhas
eivas insalvables para nós. Esiximos unha mesa técnica onde tratar asuntos importantes que non
aparecen no borrador da Administración, tales como:
- O persoal de xestión con funcións específicas deben poder acceder ás gardas, xa que,
doutra maneira, veríamos o paradoxo de que a NOF, nalgúns casos, suporía incremento de
funcións e recorte salarial. Ademáis debe quedar garantida a reserva da súa praza no
concurso específico.
- Esiximos a eliminación da figura da libre designación para a secretaría persoal dos fiscais,
que pode ser perfectamente desempeñada por persoal de xustiza, por ser obsoleta e
escurantista; tanto é así, que aínda non temos acceso á RPT destes 5 postos reservados a
“presuntos enchufados”.
- Aínda que o cadro de persoal se incrementa en dúas persoas para Vigo e outras dúas para
Santiago, a ratio dun funcionario por fiscal está aínda moi lonxe da realidade, ademáis de
crearse ratios absolutamente descompensadas entre localidades.
- As RPTs, na ditadura dos recortes, son o único modelo legal permitido para aumentos de
cadros de persoal e retribucións. Aquí nin o un nin o outro; de feito, pretendían consolidar o
CAT recortado, e ante a presión sindical, comprometéronse a modifícalo; se non fose así, as
OOSS daríamos por morta a negociación.
3
3
A Dirección Xeral accedeu a convocar mesa técnica, a non consolidar o desconto no CAT, pero
segue empecinada en abrir a porta ás libres designacións na Xustiza. A finais deste ano debería
estar resolto o concurso específico, e todos os reforzos se consolidarán, entrando a concurso xeral
en 2015.
Arquivos e expurgo
Resulta frustrante que unha Administración diletante e irresponsable descoñeza onde se está a
facer o expurgo e cales son os ritmos dos traballos. Esta neglixencia deixa vía libre a novas figuras
de mando, como secretarias e secretarios coordinadores, que marcan a pauta do arquivo e
expurgo, atribuíndonos sen compensación novas funcións, nalgúns casos cunha premura
insultante. A demanda de dous funcionarios por provincia itinerantes, como en Andalucía, tras máis
de dous meses de negociación, foi desbotada pola Dirección Xeral, polo que entramos en conflito
laboral. Inspecións de traballo, denuncias nos medios de comunicación e outras medidas porán a
cadaquén no seu lugar, para descubrir a Xustiza que non se ve, a dos expedientes perdidos, as
escombreras dalgúns sotos xudiciais ou o contraste entre a limpeza que nos venden da e-xustiza e
as toneladas de papel que abafan unha Xustiza que debera ser áxil e eficaz.
Gardas A Coruña e Vigo
Outro exemplo das consecuencias da desidia de quen debera administrar o noso horario. A
Dirección Xeral desenténdese, á espera do que ditamine o Ministerio sobre a ilegalidade de impór
xornadas maratonianas de mínimo 52 horas semanais, e deixa novamente que os coordinadores,
cunha actitude prepotente, incluso ameazando con non certificar gardas (non só actitude chulesca,
senón tamén ilegal), ditaminen o que é competencia da Xunta: a xornada e horarios. Terá que ser
vía denuncia e recursos como volva a repoñer unha situación que funcionaba ben, con eficiencia e
sen problemas para o 99% do cadro de persoal. Porén, se Administración fose racional, teriamos
xa implantadas, tanto en Vigo como na Coruña, as gardas de 24 horas.
Descanso ou retribución por dilixencias nocturnas nos SCACE
A desregulación ocasionaba problemas e desigualdades á hora de compensar eses descansos. A
DXX comprometeuse a regulalo. Veremos se a palabra compromiso empeza a significar algo para
eles.
4
4
Interinos
Hai previsión de que as baremacións estean rematadas a finais de xuño.
Substitucións
Logo de moito tempo consentindo diferenzas salarias polo mesmo traballo, a Dirección Xeral
recoñece ao fin a inxustiza e avense a buscar unha fórmula que se consolide antes de finais de ano
para que a igual traballo, igual remuneración.
Pese a ser tempos de abuso de poder, a presión sindical conseguiu poñer enriba da mesa
temas que de agochar a cabeza non se tratarían, e se ben non acadamos o que pretendíamos,
conseguimos retratar ao Director Xeral na súa incompetencia e desinterese polo seu traballo.
O arquivo e expurgo é unha función que acaban de consolidar, como nas ditaduras clásicas,
pola imposición unilateral e a feitos consumados, coa colaboración de persoas de palla que fan o
traballo sucio: as secretarias e secretarios coordinadores. CCOO, UGT e CIG non transiximos, logo
da perda de máis do 30% do noso poder adquisitivo nos últimos anos; non asumiremos máis por
menos e loitaremos até as últimas consecuencias para poñer a cadaquén no seu lugar.
Galiza, 26 de maio de 2014
5
5
O Ministerio apura os prazos da LOPX sen
negociación. CCOO anuncia unha folga na
xustiza En la tercera reunión celebrada esta mañana de la “mesa de trabajo” para una supuesta
negociación de la nueva Ley Orgánica del Poder Judicial el Ministerio de Justicia ha presentado
sus verdaderas intenciones:
1.- Tratar de forma apresurada con los representantes sindicales solo aquéllos aspectos
que son accesorios convocado tres reuniones para la próxima semana en sesiones de mañana y
tarde y una reunión de la mesa sectorial en la semana siguiente para dar por finalizadas lo
que el Ministerio denomina como negociaciones, y que no ha sido más que un burdo
engaño para dar apariencia de negociación colectiva lo que solo es una farsa.
2.- Remitir de forma inmediata antes del verano el proyecto para su aprobación por el
Consejo de Ministros y remisión a las Cortes.
3.- La negativa a negociar los aspectos fundamentales que contiene el nuevo proyecto de LOPJ
que atentan gravemente contra los derechos laborales y las condiciones de trabajo del personal
funcionario de la Administración de Justicia.
CCOO, desde que aprobó el Consejo de Ministros este anteproyecto (4 de abril) manifestó al
Ministerio y a los demás sindicatos que son innegociables los siguientes aspectos:
Que no desaparezca ningún Órgano Judicial, ni ningún Juzgado de Paz o Agrupaciones de
Juzgados Paz, que deberán seguir siendo destinos del personal de la Administración de
Justicia
Que se recuperen todos los derechos laborales y retributivos robados durante estos
últimos años.
Que se convoque una OEP anual que incluya todas las plazas vacantes
Que no se va amortice ni una sola plaza de la Administración de Justicia
Que no haya ninguna imposición de movilidad, tanto funcional como geográfica.
Que se mantengan todos los centros de destino actuales.
Que no habrá diferente tipo de derechos o de regímenes disciplinarios en función del
cuerpo al que se sirva, sea éste el que sea.
LOPX
6
6
CCOO reitera su exigencia para que los Registros Civiles y los actos de comunicación y
ejecución continúen siendo un servicio público integrados en la Administración de Justicia
y servidos por personal funcionario.
La posición de CCOO de dar un giro radical a la negociación que consiste en negociar en primer
lugar aquellas cuestiones de la reforma que suponen un drástico retroceso en las condiciones y
derechos de los y las trabajadoras contó con el apoyo de STAJ, CIG y ELA, a pesar de lo cuál el
Ministerio ha impuesto continuar con la pantomima de negociación en la mesa de trabajo.
CCOO ha presentado sobre los artículos 591 a 606 (490 a 505 actuales) sus propuestas al
Ministerio de Justicia entre las que destacamos:
Que se garantice la carrera profesional con convocatorias anuales obligatorias de
promoción interna y de concursos específicos para puestos singularizados.
Que se mantenga el 50% de plazas para la promoción interna en todos los cuerpos.
Que los periodos de experiencia como interino o sustituto sean valorados a efectos
de promoción interna.
Que los derechos y deberes sean iguales para todos los cuerpos, incluidos secretarios y
jueces y fiscales.
Que se establezca un mecanismo de promoción interna en que la titulación pueda ser
suplida por años de experiencia.
Que la prórroga en la edad de jubilación se acepte siempre que se solicita,
especialmente cuando se pretenda acumular tiempo de trabajo para cobrar el 100% de la
jubilación.
Que la formación profesional se extienda a todos los trabajadores y se imparta
durante la jornada laboral.
Que se plasme en la nueva ley el derecho a no discriminación por razón de sexo y la
obligación de las administraciones de elaborar un plan de igualdad en un plazo concreto.
Que se pueda optar voluntariamente a la integración en el Régimen General de la
Seguridad Social a efectos de jubilación.
Que se refuerce el derecho a la negociación colectiva en todas las disposiciones que
afecten a las condiciones de trabajo.
Que se elimine la absurda nueva obligación de “vestir y comportarse con el decoro
adecuado a la función”.
Que se recupere la jornada laboral y régimen de permisos, vacaciones y licencias
anteriores a los recortes.
Que la licencia por asuntos propios no retribuida se conceda siempre que se solicite.
Que se negocie una nueva organización y retribución de las guardias.
Que se garantice el cobro del 100% de las retribuciones durante toda la duración de
las bajas por IT
Plataforma xust iza
Nace en Ferrol unha plataforma plural en defensa
do partido xudicial
CCOO, que impulsa unha estratexia a nivel de país, en interese dos traballadores non vai
renunciar a estar presente nas diferentes plataformas locais que se conformen
Onte presentouse en Ferrol unha Plataforma en defensa do partido xudicial, integrada en
impulsada polas organizacións sindicais, con presenza dos avogados, xuíces, fiscais, forenses
secretarios xudiciais e procuradores. Pero a plataforma elude ser algo corporativo e, así,
engloba a todo o tecido social e veciñal de ferrol, as federacións de asociacións de veciños do
rural e do urbano, asociacións culturais como Fuco Buxán, o Club de Prensa, a Plataforma de
Afectados pola Hipoteca, taxistas, comerciantes, empresarios, mesmo o Racing de Ferrol, entre
unha larga lista, adheríronse a un manifesto en defensa do partido xudicial, que pretende
informar á cidadanía das consecuencias deste ataque, denunciar o ERE encuberto que se
pretende na administración de Xustiza e organizar mobilizacións cidadás que poñan coto ás
ínfulas faraónicas do ministro Gallardón.
8
8 Novas da Xustiza
O risco de caer no localismo e enfrontamentos entre cidades xa foi salientado por CCOO, que
está artellando unha fronte a nivel galego. Sen embargo, non podemos obviar as dificultades
que entraña a conxunción de diferentes intereses no noso país, por iso, en tanto non
confluamos en Galicia, CCOO non vai renunciar a participar e impulsar todos aqueles
movementos locais ou comarcais en prol dunha Xustiza pública e universal, gratuíta, áxil e
eficiente, dotada de medios materias e persoais e cun investimento suficiente para a súa
modernización tecnolóxica que permitan dar resposta ás necesidades cidadás, así como
garantan o exercicio do dereito á tutela xudicial efectiva.
O mesmo que Ferrolterra, merecen unha defensa forte comarcas como Barbanza, o Barco,
Vigo, O Morrazo, Betanzos e, en xeral, todos os núcleos poboacionais dunha Galicia por
desgraza envellecida, con deficientes comunicacións e unha dispersión poboacional endémica.
Senón loitamos contra esta reforma, non só veremos ameazado o noso posto de traballo, e
que seremos cómplices silenciosos da consagración dunha xustiza de dobre vía, onde o abuso,
a explotación laboral, a corrupción, os desafiuzamentos e a violencia machista quedarán
impunes pola solución que procura Gallardón: a eliminación do colapso da Xustiza por
amputación.
9
9 Novas da Xustiza
Formación
PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA DA FSC-CCOO
No Plan de Formación Continua da FSC-CCOO de Galicia previsto para o segundo semestre de
2014, convócanse un curso medio e outro superior de linguaxe administrativa
Lembrarvos que os devanditos cursos son convalidables cos Cursos de linguaxe xurídica,
en virtude do artigo 5 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 13 de
xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
Os cursos, de 75 horas, son na modalidade de teleformación, debendo superar un exame
presencial. Hai 30 prazas por edición. Son cursos gratuítos. Para inscribirse nos mesmos é
necesario cubrir a instancia que podedes descargar do Novas e que debe ser entregada ou
enviada por correo ás unións comarcais de CCOO.
Destinatarios dos cursos e documentación necesaria:
- Empregados e empregadas públicas (Administración do Estado, Autonómica e Local) que
estean en situación de servizo activo no momento de iniciarse a acción formativa,
independentemente do tipo de contrato que manteñan coa administración (persoal funcionario,
interino, laboral temporal ou fixo).
- Fotocopia do D.N.I.
- Certificado de ser empregado/a publico/a expedido polo centro de traballo durante as datas de inscrición.(Poderá ser substituído pola fotocopia dunha nómina recente).
10
10 Novas da Xustiza
11
11 Novas da Xustiza
12
12 Novas da Xustiza
13
13 Novas da Xustiza