NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de...

13
NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO Al fondo, Eger (Juan Antonio de Blas). Relato de aventuras centrado en Praga no comezo da Guerra dos 30 anos e na vida de Wallenstein, o xefe dos exércitos imperiais. Amarilis (Antonio Sarabia). Mentres se representa unha obra teatral nun corral de comedias madrileño, un actor comenta os últimos días da vida do seu autor, Lope de Vega. Ángeles de la hoguera (Janine Garrisson). Nun pobo do país vasco francés viven atemorizados polas persecucións dun xesuíta que, co pretexto de perseguir a supostas meigas, provoca un clima de odios e vinganzas persoais entre os seus habitantes. Asesinato en la torre (Jean Plaidy). A Corte do rei inglés Xacobe I Inglaterra pasa por momentos de decadencia e múltiples intrigas de palacio que son aproveitadas polos favoritos do monarca. Bajo el signo de los dioses (Francisco Morales Lomas). Entre os séculos XVI e XVII móvense as aventuras de Rodrigo Calderón, un dos personaxes máis poderosos da época.

Transcript of NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de...

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO

Al fondo, Eger (Juan Antonio de Blas). Relato de aventuras centrado

en Praga no comezo da Guerra dos 30 anos e na vida de Wallenstein,

o xefe dos exércitos imperiais.

Amarilis (Antonio Sarabia). Mentres se representa unha obra teatral

nun corral de comedias madrileño, un actor comenta os últimos días

da vida do seu autor, Lope de Vega.

Ángeles de la hoguera (Janine Garrisson). Nun pobo do país vasco

francés viven atemorizados polas persecucións dun xesuíta que, co

pretexto de perseguir a supostas meigas, provoca un clima de odios e

vinganzas persoais entre os seus habitantes.

Asesinato en la torre (Jean Plaidy). A Corte do rei inglés Xacobe I

Inglaterra pasa por momentos de decadencia e múltiples intrigas de

palacio que son aproveitadas polos favoritos do monarca.

Bajo el signo de los dioses (Francisco Morales Lomas). Entre os

séculos XVI e XVII móvense as aventuras de Rodrigo Calderón, un

dos personaxes máis poderosos da época.

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos

maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso asasinato

de Juan de Tassis, conde de Villamediana, un personaxe odiado e

envexado a partes iguais.

Carolus Rex (Ramón J. Sender). Entre a novela e o ensaio, o autor

analiza con documentación histórica a vida e o reinado do derradeiro

dos monarcas da casa de Austria en España, Carlos II.

Conspiración en Venecia (Yael Guiladi). A cidade italiana

converteuse nun lugar estratéxico de Europa na que conflúen todo

tipo de intereses e intrigas, entre eles os dunha familia que fuxiu de

España por medo á Inquisición.

Crónica del rey pasmado (Gonzalo Torrente Ballester). Irónico

retrato colectivo da Corte de Filipe IV arredor do capricho do rei de

ver espida a súa muller, ante a oposición do goberno de las

autoridades eclesiásticas.

Decidnos, ¿quién mató al conde? (Néstor Luján). En 1621 foi

asasinado o conde de Villamediana, unha morte para a que se deben

buscar os culpables e as causas que os levaron a cometer o crime.

Del sitial al cadalso (Manuel Vargas-Zuñiga). Crónica dun crime de

Estado na España de Filipe IV. O 21 de outubro de 1621 don Rodrigo

Calderón, conde e marqués protexido de Filipe III, foi axustizado no

cadalso en Madrid logo de caer en desgraza por verse implicado

nunha trama de ambicións políticas tras o ascenso do novo valido de

Felipe IV, o conde-duque de Olivares.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

El ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera

son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos

piratas e vendidos como escravos no mercado de Port Royal.

Conseguirán vingarse, pero non contan con que o amor é máis

poderoso que o odio.

El astrólogo y el sultán (Orhan Pamuk). Un científico italiano é

capturado por piratas e vendido a un sabio turco, sorprendéndose do

seu enorme parecido. Conxuntamente preparan proxectos para o

sultán e cando caen en desgraza dedícanse a investigarse

mutuamente.

El cielo en un infierno cabe (Cristina López Barrio). O tribunal da

Inquisición xulga en Toledo a unha suposta meiga, pero o proceso

complícase cunha tráxica historia na que se mesturan amores, maxia e

beatería.

El Corsario Negro (Emilio Salgari). Novela de aventuras ambientada

no século XVII protagonizada polo nobre italiano que se converte en

pirata para vingar o asasinato dos seus irmáns.

El demonio de Lavapiés (Pedro Herrasti). No barrio madrileño de

Lavapiés teñen lugar unha serie de crimes que a xustiza debe

esclarecer a través dun alguacil e un frade dominico.

El diario de la duquesa (Robin Chapman). Novela ambientada na

Castela da época de Cervantes e nos seus ambientes literarios. Á

duqesa de Caparrós, namorada de Cervantes, non está contenta como

a presenta en El Quijote seu autor.

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

El enigma de la santa espina (Fernando de Artacho). Novela de

misterio e aventuras arredor do tema das auténticas e das falsas

reliquias.

El enigma Vermeer (Blue Balliett). Narración de carácter xuvenil

que trata de dar respostas a preguntas relacionadas con misterios,

probas de intelixencia e, sobre todo, de arte.

El enigma Vivaldi (Peter Harris). Cando o violinista cordobés Lucio

Torres descubre nun arquivo unha composición atribuíble a Vivaldi,

rapidamente pasa a interpretala. Era unha partitura prohibida pola

Igrexa porque se dixo que era música do diaño. Esas notas mostraban

un Vivaldi descoñecido que ocultou naquela partitura un poderoso

misterio.

El festín de John Saturnal (Lawrence Norfolk). O autor válese da

cociña da época para describir a vida e costumes do século XVII a

través dos relatos dun orfo que acabou or se converter no mellor

cociñeiro do momento.

El gabinete de las maravillas (Alfonso Mateo Sagasta). O arquiveiro

encargado de ter ao día un gabinete que reunía todas as maravillas

coñecidas do mundo é asasinado, iniciándose a investigación para

localizar os culpables.

El libro de las tinieblas (Pedro Herrasti). Ambiente de pousadas e

vida de clases populares en Madrid como telón de fondo da

investigación da morte dun soldado dos terzos de Flandres.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

El manuscrito de Calderón (Francisco Morales Lomas). Narra as

aventuras de Pedro Capablanca, fidalgo de escasos medios, que se

dedica a investigar asuntos que a xustiza non pode ou non quere

resolver.

El misterio de la cámara azul (Jean D´Aillon). Luis XIII e Richelieu

controlan o poder en Francia, pero iso non impide que teñan lugar

intrigas, ambicións, misteriosos roubos en palacio, amores e

desamores.

El misterio de la dama desaparecida (Concha López Narváez).

Novela xuvenil que relata como durante as festas polo nacemento

dunha filla do rei Filipe IV aparece unha fermosa muller que

desaparece ao pouco tempo e non dan resultado os intentos por

atopala.

El misterio Velázquez (Eliacer Cansino). Novela xuvenil

protagonizada polo enano que aparece pintado por Velázquez no

ángulo inferior dereito do cadro das Meniñas e que recrea o ambiente

da Corte de Felipe IV.

El pintor de Flandes (Rosa Ribas). O conde de Villamediana encarga

un gran cadro a un pintor flamenco e arredor deste feito suceden

numerosas intrigas e misterios que reflicten as tensións do poder

entre os reinos europeos do século XVII.

El rey de las almadrabas (Carlos Algora). A través da mirada de

Hernán, un pícaro sevillano que consegue converterse en axente do

duque de Medina Sidonia, o autor traza un completo e ben

documentado panorama da época da crise de 1640 salpicado de

intrigas e aventuras.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

El ritual de las doncellas (José Calvo Poyato). A morte de varias

mulleres en similares circunstancias en Sevilla conmociona a vida da

cidade, pois dos inicios da investigación parece derivarse un ritual

que pode provocar incalculables consecuencias.

El secreto de Maribárbola ( María Teresa Álvarez). A partir dun dos

personaxes do cadro das Meniñas, a autora tece a historia dunha

familia nobre madrileña da época.

El soportal de los malos pensamientos (Juan Antonio de Blas).

Novela de capa e espada que ten a Quevedo como centro da acción

dunha trama conspirativa para dar un golpe de estado en Venecia.

El templo de la garza escarlata: un caso del mandarín Tan (Tran-

Nhut). Novela de detectives ambientada en Vietnam do Norte no

século XVII.

En busca del hogar (Juan Martín Salamanca). Na batalla de Lepanto,

un soldado cae prisioneiro dos turcos e vendido como escravo; co seu

amo viaxará por Europa e vivirá aventuras; servirá ao rei de España

na Invencible e acabará como pirata asolando as costas americanas.

Ex libris (Ross King). Novela de intriga, ambicións e paixóns

ambientada en Londres no século XVII centrada arredor do valor dos

códigos cifrados e das súas falsificacións.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

Golpe a Venecia (Manuel Ayllón). Baseado en feitos reais, centra a

atención nas intrigas do duque de Osuna, quen confiará a Quevedo o

éxito dunha operación secreta para facerse co control da república de

Venecia.

Hierro y plomo. Cuentos de los tercios viejos (Antonio Villegas

González). Relatos en primeira persoa de soldados dos Terzos de

Flandres do século XVII

Historia de la vida del Buscón (Francisco de Quevedo). Relato das

aventuras de Pablos, un pícaro que desexa mellorar a súa condición

social en varias cidades españolas; fracaso no seu intento, a última

esperanza será embarcarse ás Indias.

Imprimatur (Rita Monaldi e Francesco Sorti). O descubrimento duns

documentos por uns periodistas é o pretexto para recrear a vida e

costumes dunha pousada romana aectada pola peste, mentres os

turcos están ás portas de Viena.

Jaque a la Reina (José García Poyato). Durante a rexencia de

Mariana de Austria, nai de Carlos II, desátense fortes tensións por

parte de Xoán Xosé de Austria, fillo ilexítimo do monarca falecido.

La conjura de Cortés (Matilde Asensi). Derradeira entrega da serie

de aventuras de Martín Ojo de Plata, alter ego de Catalina Solís, e as

súas aventuras por España e América.

Page 8: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

La confesión del embajador (Juan Martín Salamanca). Lances

amorosos, duelos a espada e intrigas políticas nunha viaxe a través de

media Europa, con maquiavélicos personaxes como el cardeal

Richelieu, o Papa Urbano VIII, Mazarino, o conde-duque de Olivares

ou o xeneral Ambrosio de Espínola.

La gesta del marrano (Marcos Aguinis). A partir dun acto de fe que

tivo lugar en Lima, o protagonista decide loitar pola liberdade e a

discriminación ideolóxica e étnica.

La joven de la perla (Tracy Chevalier). Novela ambientada na vida e

no traballo do pintor holandés Vermeer e da relación coa súa servinte

que acabou por converterse na súa musa.

La lengua de Dios (Santiago Miralles). Ambientación e descrición de

edificios e personaxes destacados do mundo das artes e da política de

Madrid do século XVII, coas filias e as fobias que mantiñan entre

eles.

La letra escarlata (Nathaniel Hawthorne). Nos inicios da

colonización de Norteamérica, unha muller, acusada de infidelidade,

é obrigada a levar unha letra A. Ante a negativa a descubrir a

identidade do amante, o marido está disposto a descubrir a verdade a

calquera prezo.

La máscara de los Gonzaga (Clare Colvin). Recreación do ambiente

cortesán barroco na cidade de Padua durante o século XVII.

Page 9: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

La mujer de púrpura ( Jeanette Winterson). A novela está

ambientada en Inglaterra e centrada nos xuízos das meigas de 1612.

La pícara Justina (Francisco López de Úbeda). Narración presentada

como unha autobiográfica das aventuras dunha moza de orixe xudía,

un relato encadrable na denominada picaresca feminina.

La taza de oro (John Steinbeck). Biografía novelada dun dos piratas

inglesas máis famosos, Henry Morgan, empeñado en arrebatar a

España as riquezas de Panamá.

Ladrones de tinta (Alfonso Mateo Sagasta). Intrigas e relacións entre

literatos españois do século XVII centradas arredor da publicación da

segunda parte do Quijote, aproveitando o éxito da primeira. Na

investigación descúbrense máis problemas dos esperados.

Las dos caras del sol (José Ignacio de Arana). Historia dun médico

en Madrid que se ve envolto nunha conspiración para asasinar ao

duque de Lerma, polo que terá que fuxir a Lisboa e logo a América.

Page 10: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

Las aventuras del capitán Alatriste (Arturo

Pérez-Reverte). Historias noveladas dun

capitán veterano das guerras de Flandres que

malvive como espadachín a soldo no Madrid

do século XVII, no medio dunha Corte corrupta

e en decadencia. Títulos publicados: El capitán

Alatriste, Limpieza de sangre, El sol de Breda,

El oro del rey, EL caballero del jubón

amarillo, Corsarios de Levante, El puente de

los asesinos.

Las islas de la felicidad (José Luis Olaizola). Crónica dunha

apaixonante viaxe en compañía do gran navegante Andrés de

Urdaneta, o descubridor da ruta marítima das especias.

Los espejos paralelos (Néstor Luján ). Imaxinaria recreación da vida

dos personaxes do cadro As Meniñas de Velázquez, así como do

ambiente do Madrid da época.

Los fulares rojos (Fréderic H. Fajardie). Un comando ao servizo do

rei Luís XIV de Francia trata de conter a revolta dos burguesas (A

Fronda) que obrigou á nobreza a fuxir de París.

Los novios (Alassandro Manzoni). Historia de dous prometidos en

Lombardía a medidos do século XVII que son separados contra a súa

vontade pero que logran reunirse a pesar das trabas que impón o

dominio español na zona.

Page 11: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

Los tres mosqueteros (Alejandro Dumas). Durante o reinado de Luís

XIII, D´Artagnan vai a París a buscar fama e poder e alí coñece a

quen serán os seus mellores amigos e compañeiros de aventuras.

Miel de avispas (Miguel Ángel Torre). Galería das vidas de variados

personaxes no ambiente madrileño do século XVII.

Muerte súbita (Álvaro Enrigue). Unha historia ambientada no século

XVII que conta unha historia: un duelo entre o pintor Caravaggio e o

poeta Quevedo que se enfrontan nun singular partido de tenis.

Oria (Artemio García Fernández). Historia ambientada en Asturias

durante o século XVII e centrada na vida dunha muller que aproveita

a súa beleza para superar a infancia de miseria e penalidades.

Placeres terrenales (Philippa Gregory). A pesar dunha orixe

humilde, un gran deseñador de parques e xardíns entra a formar parte

da vida e das intrigas da Corte inglesa dos Estuardo tendo que tomar

a decisión: incorporarse á vida dos placeres nobiliarios ou manterse

na posición social inicial.

Por siempre Ámbar (Kathleen Winsor). En 1660 Carlos II de

Inglaterra regresa do desterro e recupera o trono, iniciando unha

época de opulencia e intrigas. A novela describe o ascenso social de

Ámbar ata converterse en condesa e amante do rei nos tempos en que

tivo lugar o gran incendio de Londres e a gran plaga de 1666, o

derradeiro brote d epeste bubónica en Europa.

Page 12: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

Ronin (Francisco Narla). En 1614 chega a España unha embaixada

xaponesa que se dirixe a Italia para pedir protección para os católicos

xaponeses que están sendo perseguidos.

Siete historias para la infanta Margarita (Miguel Fernández

Pacheco). Para facer menos aburridas as longas sesións posando para

que Velázquez pintase os cadro das Meniñas, as compañeiras do

cadro cóntanlle historias.

Tiempo de conquistadores (Alberto Vázquez Figueroa). Na

conquista española de América tamén houbo espazos para personaxes

que se levantaron contra a inxustiza da escravitude, aínda que por iso

tivesen que pagar un alto prezo.

Tierra firme (Matilde Asensi). Novela de aventuras ambientada no

século XVII coa que autora inicia a serie centrada na extraordinaria

vida de Martín Ojo de Plata.

Treinta doblones de oro (Jesús Sánchez Adalid). Novela de estilo da

picaresca na que os personaxes pasan todo tipo de aventuras no

marco da España de finais do século XVII.

Un zoológico para el Rey Sol (Frederic Richaud). Para gañarse o

favor do poderoso rei francés, un marqués arrisca todo para satisfacer

o seu capricho: ter un zoolóxico de animais exóticos en Versalles.

Page 13: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos piratas

Venganza en Sevilla (Matilde Asensi). Catalina Solís, a protagonista

de Tierra firme, debe completar o seu plan de vingar as ultraxes

feitas a seu pai adoptivo na cidade andaluza.

Winggapoh! (Georges Walter). Novela ambientada na época dos

inicios da colonización de Norteamérica e nas relacións entre o

capitán John Smith e Pocahontas, a filla do xefe da confederación

algonquina de Virxinia