PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares....

25
PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL Adiós muchachos (1987).A finais de 1943, nuncolexio católico iniciaraseunhaestreitaamizade entre un neno católico e outroxudeu que se oculta da persecución nazi. Amenaza de tormenta (2002). En 1934 Winston Churchill parece ser o único político inglés que ousa denunciar o perigo que supón para a paz o ascenso de Hitler. Camas blandas, batallas duras(1974). No París ocupado, os alemáns frecuentan o burdel de madame Grenier, situación que aproveita un oficial británico para eliminar a varios xenerais. Casablanca (1942).En Casablanca, controlada polo goberno de Vichy, desenvólveseunha intensa historia de amor, espionaxe e resistencia que fan que esta película un dos clásicos máis vistos.

Transcript of PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares....

Page 1: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

Adiós muchachos (1987).A finais de 1943, nuncolexio católico iniciaraseunhaestreitaamizade entre un neno católico e outroxudeu que se oculta da persecución nazi.

Amenaza de tormenta (2002). En 1934 Winston Churchill parece ser o único político inglés que ousa denunciar o perigo que supón para a paz o ascenso de Hitler.

Camas blandas, batallas duras(1974). No París ocupado, os alemáns frecuentan o burdel de madame Grenier, situación que aproveita un oficial británico para eliminar a varios xenerais.

Casablanca (1942).En Casablanca, controlada polo goberno de Vichy, desenvólveseunha intensa historia de amor, espionaxe e resistencia que fan que esta película un dos clásicos máis vistos.

Page 2: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Doce del patíbulo (1967). Un oficial experimentado en accións de sabotaxe debe encargarse do asalto a un castelona Francia ocupada cun grupo de militares condenados a morte que, se logran a misión, serán liberados.

Dos mujeres (1960). Italia, 1943. Ante os bombardeos, unhamuller decide marcharse do seu pobo acompañada da súafilla adolescente. Tras un tempo de calma, o avance da frontecollerá no media ásdúas mulleres.

El baile de los malditos(1958). O inicio da guerra fará que se mesturen as historias de tres homes: un oficial alemán, un actor de Broadway e un soldado americano de orixexudía.

El búnker(2001). Finais de 1944, fronteiraxermano-belga a ondechega un grupo de exhaustos soldados alemáns que se refuxiannun vello ocupado por un adolescente e un revervista.

El desafío de las águilas(1968). Un comando de cinco axentes británicos e un tenente americano debe rescatar nos Alpes a un xeneral capturado polos alemáns, pero en realidade a verdadeira misión será descubrir a un perigosoaxentedobre infiltrado entre os aliados.

Page 3: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

El ejército de las sombras(1969). 1942. Un líder da resistencia francesa é detido e levado a un campo de prisioneiros, pero consegue escapar, ordena a execución do seu delator e organizar un grupo de resistencia.

El Extraño (1946). Wilson, un axente da comisión de crimes de guerra, está buscando a un dos cerebros dos campos de exterminio nazis que conseguiu escapar sendeixar pegadas.

El hombre que nunca existió(1956). Tras a conquista do norte de África polos aliados, os servizos de intelixencia británicos fan chegaraosalemánsuns planos falsos da invasión de Grecia usando un home morto lanzado ao mar.

El hundimiento(2004). Berlín, 1945, cercada polas tropas soviéticas. Hitler está refuxiado no búnker vivindo os últimos días do seu fracasado imperio.

El lector (2008). Dezdespois de rematada a guerra un adolescente enferma e é axudado por unhamuller que traballanunha compañía de tranvías coa que inicia un intenso idilio. Un día esta desaparece e volverán a encontrarse no xuízo no que llexulga como responsable de 300 mortesnun campo de concentración.

Page 4: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

El médico de Stalingrado(1958). Tras a derrota destacidade, un médico militar alemán é capturado polos rusos e enviado a un campo de prisioneirosonde pasan penalidades ata varios anos despois de rematada a guerra.

El ojo de la aguja(1981). Un espía alemán infiltrado en Inglaterra en 1944 é localizado polacontraespionaxe e inicia a fuxida, pero antes terá tempo de fotografar as falsas concentracións de tropas aliadas fronte a Calais.

El paciente inglés(1996).Exipto, 1938, onde un grupo de investigadores recibe a visita dun matrimonio inglés encargado de realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas do pasado.

El prestamista (1964). Un supervivente do exterminio xudeurexenta un negocio de préstamo en Nova York. As espeluznantes lembranzas do campo de exterminio dominan completamente a súa vida.

El secreto nazi de la fortaleza(2007). Final da guerra. Un enigmático axente é destinado aocastelo de Czocha en Polonia, onde descubre que alí os alemánsteñen un sistema para descifrar os códigos secretos dos rusos.

Page 5: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

El tren(1964). Francia, agosto de 1944. Os alemánsqueren levarse valiosos cadros de Francia, pero a resistencia francesa consegue interceptar os seusplans.

Enigma(2001). 1943. O servizo de intelixencia británico descubre que submarinos alemáns cambiaron os códigos de comunicación. Para evitar o ataque a un convoi naval, chaman a un eminente matemático para descifrar os novos códigos.

Escarlata y negro(1983). Na Roma ocupada polos alemáns, un coronel da Gestapo está decido a acabar coa resistencia. No outro bando, un sacerdote católico trata de axudar á resistencia. Serán dous poderosos rivais.

Esperanza y gloria(1987). A vida dunneno de clase media inglesa cambiará por completo co inicio da guerra, a marcha de seupai á fronte e os bombardeos e destrución de Londres.

Espías en la sombra(2008). Poucos días antes do desembarco de Normandía, unhaaxente secreta británica é chamada para realizar unhaperigosa acción en Francia: liberar a un xeólogo do servizo secreto coñecedor dos plans do Día D, enviado por error a un hospital alemán.

Page 6: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Eva Braun, mi vida con Hitler (2007). Hitler visto a través dos ollos e a cámara de Eva Braun, sasúa amante, con quentivo un romance secreto desde 1932 ata o suicidio conxunto en abril de 1945.

Evasión o victoria(1981). Un oficial alemán, de visita nun campo de prisioneiros e apaixonado do fútbol, se lleocorre a idea de organizar un partido entre alemáns e prisioneiros, ocasión que este aproveitan para fugarse.

Garbo, el espía(2009). Reconstrución da vida do dobreaxente Juan Pujol García que traballou para o servizo secreto británico enviando información falsa aosalemáns para os supostamente espiaba en Londres.

Ha llegado el águila (1976). En 1943, un comando alemán de paracaidistas planea secuestrar aoprimeiro ministro inglés, Winston Churchill.

Hasta donde los pies me lleven(2001). En 1945 un prisioneiro de guerra aleman é enviado a un Gulap, o campo de reclusión en Siberia. Coa axudadun médico do campo logra fugarse e percorre miles de Km. en busca da liberdade.

Page 7: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Hijos del Tercer Reich(2013). En xuño de 1941, un grupo de cinco amigos prometen volverse a reunir en Berlín cando remate a guerra. Pero a realidade choca cosseusplans.

Hitler el reinado del mal(2003). Síntese biográfica de Hitler a través dos ollosdun periodista e dun colaborador do ditador.

Hitler: Los últimos diez días(1973). A través dun colaborador do Reich reconstrúense os derradeiros días da vida de Hitler mentres avanzan as tropas aliadas sobre Berlín.

Invierno en tiempo de guerra(2008). Holanda a comezos de 1945. Historia de amizades entre xovesnun mundo de guerra e da resistencia contra os alemáns.

La gran evasión (1962). Os prisioneirosdun campo de concentración alemán de alta seguridade organizarán os plans que lles permitirán fugarse a 250 deles.

Page 8: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

La guerra de Hart (2002). Tras ser capturado nas Ardenas, un prisioneiro de guerra americano é enviado a un campo en Alemaña, onde se enfrontará co oficial de maior graduación do campo.

La ladrona de libros (2013). Unha adolescente é enviada a vivir cunha familia de acollida que a despreza porque non sabe ler ben. Pero coñecerá a un amigo, un refuxiadoxudeu con quen compartirá o amor aos libros.

La noche de los generales (1966). En Varsovia, no inicio da guerra é asasinada brutalmente unha prostituta e unhatestemuña asegura que o asasino é un xeneral alemán.

Los chicos de San Petri(1991). Un grupo de estudantes daneses do colexio de San Petri formar parte da resistencia, primeiro con pequenas acción e máis tarde con armas e sabotaxes.

Los cuatro jinetes del Apocalipsis(1962). O patriarca dunha acomodada familia arxentina ve como o ascenso do fascismo divide á familia e os seusmembrosenfrontaranse en bandos opostos.

Page 9: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Los niños de Huang-Shi (2008). Un periodista inglés vai a China para cubrir a guerra. Ao ver a brutalidade dos xaponeses decide axudarnun orfanato e tratará de salvar a 60 nenos trasladándoos a centros de Km.

Los falsificadores (2007) Berlín, 1936. Sorowitsch, o rei dos falsificadores de moedas, é un xudeu sen escrúpulos preocupado unicamente por si mesmo. Coa guerra, foi levado a un campo de concentración onde ten que traballar con outros falsificadores elaborando grandes cantidades de libras e dólares; a cambio, vive en mellores condicións que os restantes prisioneiros, o que plantexa o dilema moral: cooperar cos verdugos equivale a prolongar a guerra e facilitar a vitoria da Alemaña nazi.

Los últimos dias de Patton(1986). Finalizada a guerra, as posicións do héroe Pattton chocan coas do presidente Eisenhower que acabará por relegalo de categoría. Enfermo nun hospital, lembrará historia da súa vida.

Los verdugos también mueren (1943). A resistencia checa mata a xefe do goberno nazi de Praga. A Gestapo tratará de atrapar ao asasino, collendo reféns como presión para que se entregue.

Malditos Bastardos(2009). Logo de ver como toda a súa familia é asasinada, una xove xudía logra refuxiarse en París. Paralelamente, un grupo de soldados xudeus e un renegado alemán tratan de matar cantos alemán poidan.

Page 10: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Max Manus (2008). Baseadana historial destepersonaxe, líder da resistencia norueguesa, primeiro contra os rusos e despois contra os alemáns.

Morituri (1965). 1942. Un pacifista alemán exiliado en India é recrutado polo servizo secreto británico para unha misión secreta: capturar un mercante alemán cargado de caucho, un imporante material para os aliados.

Objetivo Patton (1978). Un tren cargado de ouro tren custodiado por americanos é asaltado e a carga desaparece. Como tivo lugar na zona controlada por Patton, decide levar persoalmente a investigación, de modo que os culpables planeen matalo.

Odessa (Código Odessa). (1974). Rematada a guerra, cae en mansdun periodista un diario dunxudeu que narra as atrocidades dos campos de exterminio.

Operación Cicerón (1952). Turquí era neutral, pero serviu de lugar de encontro de espías de todos os países belixerante para intercambiar datos.

Page 11: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Rebelión en Polonia (2001). Conquistada Polonia, 350.000 xudeus son concentrados no gueto de Varsovia e as condicións son cada vez máis duras ata que intentan un levantamento que foi sufocado polos nazis.

Resistencia (2008). Invadida Bielorrusia polos alemáns, catro fillos dunha familia xudía asasinada acabarán liderando un grupo de fuxitivos dos nazis.

Sección especial (1975). En agosto de 1941 o goberno de Vichy creou unha sección encargada de buscar chivos expiatorios para aplacar a ira dos nazis cando algún deles era asesinado pola resistencia.

Silencio en la nieve (2012). 1943, fronte soviética, onde toma parte na guerra un sector da División Azul española que se ve envolta nunha serie de misteriosos asasinatos relacionados coa masonería.

The Brest Fortess (2010). Un drama bélico que retrata as durísimas condicións de vida das tropas rusas, tras a invasión nazi da Unión Soviética.

Page 12: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

TheMonumentsMen(2014).A finais da guerra, un grupo de expertos debe recuperar as obras de arte espoliadas polos nazis para devolvelasaosseus propietarios, pero os nazis as tiñan moi ben gardadas.

Un mundo azul oscuro(2001). Invadida Checoslovaquia polos alemáns, dous amigos pilotos militares foxen do seu país a Inglaterra para loitar desde alí contra Alemaña. Pero os dous namóranse da mesma muller e a amizade tornarase hostilidade.

Una bolsa de canicas (2017). Película baseada na novela autobiográfica de Joseph Joffo que narra a historia dos irmáns xudeus Joseph e Maurice, de 10 e 12 anos, que foxen a través de toda Francia durante a ocupación alemán na II Guerra Mundial. Foi a decisión que tomaron seus pais para tratar de salvarse da persecución nazi. Épica historia de amor, valor, enxeño e medo para escapar da norte que se corou con éxito porque, agás o pai que morrerá nun campo de concentración, ao final da guerra conseguen volver a reunirse en París os catro fillos e a nai.

Una canción: Lili Marleen (1981). Historia persoal da cantante Lale Andersen que popularizou o maior éxito musical da guerra e que llepermitiu codearse coa alta sociedade do III Reich.

Vincere (2009. Aspectos da vida de Mussolini centrados nos inicios da vida política do ditador e nos problemas coa súa primeira muller.

Page 13: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Y los violines dejaron de sonar (1988). Relata a historia dun pequeno grupo de xitanos que foxe dos alemáns desde o sur d e Polonia a través de Checoslovaquia e Hungría.

PELÍCULAS BÉLICAS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

Almirante Yamamoto (1968). Aínda que Yamamoto advirte ao goberno nipón que non convén entrar en guerra con EEUU, tras o ataque a Pearl Harbour será quen dirixa a flota.

Arde París? (1966). En agosto de 1944, as tropas americanas están a punto de liberar París pero Hitler ordena que destrúa a cidade antes que entregala.

Ataque a Leningrado (2009). Setembro de 1941. A cidade está cercada polas tropas alemás e os habitantes teñen que sobrevivir entre a miseria, a fame e os bombardeos.

Page 14: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Banderas de nuestros padres (2006). Historia da famosa fotografía contada polos marines que izaron a bandeira de EEUU no monte Suribachi. Alegato pacifista e desmitificador da guerra.

Cartas desde IwoJima (2006). A visión xaponesa da historia da bandeira no monte Subirachi contada por un civil e un militar que viviron a defensa da illa.

Ciudad de vida y muerte(2009). Narración da ocupación xaponesa da cidade china de Nanking nos inicios da guerra e dos esforzos do cónsul alemán de protexer á poboación da brutalidade nipona.

Corazones de acero (2015). Nos inicios da guerra, a tripulación norteamericana de cinco homes trata de introducir o seu tanque de aceiro a través das costas europeas ao tempo que loitan por sobrevivir nas batallas nas que se viron involucrados.

Días de sangre y fuego (2004). Historia narrada a través de tres grupos de soldados –americanos, alemáns e italianos- que loitan na fronte de Italia a finais de 1944.

Page 15: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Dresden, el infierno (2013). Bombardeo dos aliados sobre a cidade alemá de Dresden.

El día más largo (1962). Coidada reconstrución do desembarco de Normandía o 6-6-1944 a través da narración de varios participantes.

El enemigo a las puertas (2001). Durante a fase álxida da batalla de Stalingrado, un francotirador ruso convértese nun pesadelo para os alemáns, polo que o alto mando alemán decide enviar a un experto tirador para eliminalo

El gran rescate (2005). Para evitar unha nova matanza de prisioneiros, un batallón de Rangers debe liberar aos que están no campo filipino de Cabanatuan.

El motín del Caine (1954). Ante o esaxerado sentido da disciplina do comandante do dragaminas norteamericano, o segundo oficial organiza un motín polo que más tarde será xulgado.

Page 16: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

El puente sobre el río Kwai (1957). Prisioneiros británicos son obrigados a construír unha ponte na selva de Birmania en 1943, pero eles mesmos lograrán destruílo.

El último asalto (2005). Un pelotón de soldados aliados debe localizar un tesouro de ouro e obras de arte en Holanda, obxectivo que tamén perseguen uns renegados alemáns.

Ike: Desembarco en Normandía (2004). DwightEisenhower –Ike- designado por Churchill para o mando supremo das forzas aliadas planifica a gran operación do Día D.

La batalla de Inglaterra (1969). Tras ser derrotada en Francia, a RAF reorganízase para impedir que os alemán controlen o espazo aéreo británico.

La batalla de las Ardenas (1965). Confiando nunha inminente derrota alemá, soldados de USA agardan confiados nas Ardenas, pero os alemáns atacan por sorpresa.

Page 17: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

La batalla de Midway (1976). Clásico da guerra no Pacífico entre Xapón e USA a través da historia dunha das batallas máis decisivas desa fronte de guerra.

La batalla de Okinawa (1971). Resistencia xaponesa na illa de Okinawa para impedir que sexa conquistada polas tropas norteamericanas.

La Cruz de Hierro (1977). Na península rusa de Tamán resiste, no medio do inverno, un pelotón alemán ao que trata de rescatar un oficial alemán disposto a conseguir a prezada condecoración.

La delgada línearoja (1998). Historia da toma da illa de Guadalcanal a través de varios personaxes que manteñen diferentes actitudes ante a realidade da guerra.

Lluvia negra (1998). Consecuencia das bombas atómicas lanzadas sobre Xapón prodúcese esta chuvia radioactiva de consecuencias impredicibles.

Los cañones de Navarone (1961). Durante a Segunda Guerra¡ os alemáns dominan o Mediterráneo grazas ao eficaz sistema de defensa dos poderosos canóns de Navarone.

Page 18: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Más allá de la frontera (2011). Nos inicios da Segunda Guerra Mundial, no inverno de 1940, na fronteira entre Suecia e Noruega, dous soldados suecos desaparecen nunha operación de recoñecemento e os compañeiros tratan de rescatalos, pero a operación fracasa.

Operación Valquiria (2008). Coronel ClausvonStauffenberg regresa ferido de África e, unirse á resistencia alemá, convértese no cerebro dunha operación para matar a Hitler.

Patton (1970). Biografía deste xeneral norteamericano, de forte carácter e carisma, a través das campañas bélicas nas que tomou parte activa.

Pearl Harbor (2001). Dous amigos deciden enrolarse cos británicos como pilotos de antes da entrada de USA na guerra e máis tarde son enviados á base de PearlHabour.

Rommel, el zorro del desierto (1951). Un comando británico trata de capturar, no norte de África, ao máis célebre dos mandos militares alemáns, dirixente do África Korps.

Salvar al soldado Ryan (1998). Historia dunha patrulla americana nos días seguintes a o desembarco de Normandía enviada para salvar a un soldado anónimo.

Page 19: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Stalingrado (1993). Un pelotón alemán en Stalingrado trata de escapar do inferno dos combates mentres os exércitos soviéticos estreitan o cerco sobre a cidade.

Tora! Tora! Tora! (1970). Esta era a clave xaponesa para indicar que se alcanzara o éxito na primeira fase do ataque sobre a base norteamericana de Pearl Harbour.

U-571 (2000). Os americanos localizan os sinaisdunha máquina descifradora de mensaxesnun submarino alemán averiado e para facerse con ela montan unha operación falsa operación de rescate.

Uno rojo: división de choque (1980). Historia de catro soldados da infantería norteamericana a través dos campos de batalla de media Europa ao longo da guerra.

PELÍCULAS SOBRE O HOLOCAUSTO

Al nacer el día (2012). Un profesor serbio de música, xa xubilado, recibe unha carta para que se poña en contacto co museo xudeu de Belgrado. Alí fanlle entrega dunha caixa que apareceu ao facer unhas obras no que fora un campo de concentración de xudeus e xitanos durante a Segunda Guerra Mundial. Na caixa hai unha foto e unha carta que cambia a vida do profesor ao descubrir que non era fillo de quen cría senón dos xudeus da foto que morreran no campo

Page 20: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Amén (2002). Valoración do papel da igrexa católica desde a posición de personaxes que encarnan as diferentes posicións: quen se opuxo á barbarie nazi pagando incluso coa súa vida, e os que sabían o que estaba pasando pero preferiron calar.

Eichman (2007). Adolf Eichmanfoi un personaxe clave do holocausto, pois era o encargado de coordinar o transporte dos xudeus ao campos de concentración. Finalizada a guerra escapou a Arxentina ata que foi detido 15 anos despois. O filme está centrado nas confesións realizadas durante o xuízo a que foi sometido en Israel.

El ángel de Budapest (2011). Historia do embaixador de España en Hungría durante a guerra que conseguiu salvar a vida de centenares de xudeus.

El diario de Ana Frank (1959). Tratando de escapar da Gestapo, a familia Frank agóchasenun reducido faiadodunha casa de Amsterdam no que conviven con outrosxudeus. Ana recolle no seu diario as experiencias vividas durante os dous anos vividos naquela tensa situación.

El libro negro (2006). Logo da execución da súa familia, unha moza xudía únesea os grupos de resistencia holandesa. A súa misión será infiltrarse no cuartel xeral dos nazis e obter a información para poder liberar a un grupo de compatriotas que foi capturado.

Page 21: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

El niño con el pijama de rayas (2008). Berlín, 1942. Un neno de 8 anos, fillo do comandante dun campo de concentración, non é consciente das atrocidades que se están cometendo. Pero todo cambia cando coñece a un neno xudeu que vive ao outro lado da cerca que rodea o campo.

El noveno día (2004). Está baseada na autobiografía dun sacerdote católico de Luxemburgo que estivo prisioneiro no campo de Dachau. Para asistir ao enterro da súa nai concédenlle nove días de permiso, pero non se trataba dun acto de caridade senón dunha estratexia para que convenza ao bispo de que se una á causa nazi.

El pianista (2002). Adaptación cinematográfica das memorias do músico polaco de orixe xudía Wladyslaw Szpilman que traballaba na radio de Varsovia. A guerra cambiará todo e o pianista vivirá a traxedia da supervivencia no medio do horror e a morte.

El tren de la vida (1998). Os xudeus dun pequeno pobo de Europa central, ante os rumores da chegada dos nazis, planifican a fuxida nun tren disfrazados de nazis. Traxicomedia sobre o holocausto con momentos moi duros e outros con aire de comedia.

El último tren a Auschwitz (2006). Para que non quede ningún xudeu en Berlín, en abril de 1943 sae un tren con 688 con destino ao campo de concentración. O filme presenta as penalidades da viaxe que dura 6 interminables días.

Page 22: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

El valiente corazón de IrenaSendler (2009). Baseada nas accións reais levadas a cabo pola protagonista, unha enfermeira católica que conseguiu salvar a vida de máis de 2.500 nenos do holocausto sacándoos do gueto en vultos e entregándoos a familias non perseguidas para que os criasen como fillos propios. Todos os nomes e datos meteunos nun tarro que enterrou nun xardín coa esperanza de poder reunir ás familias superviventes rematada a guerra. Descuberta, foi condenada a morte pero a resistencia logrou salvala.

El viaje de los malditos (1976). Historia baseada en feitos reais: a viaxe dun transatlántico con xudeus alemáns desde Hamburgo á Habana en 1939, pero ao chegar a este porto non se lles permite desembarcar, debendo regresar a Alemaña ante a desesperación dos tripulantes.

Hijos de un mismo dios (2001). Un neno polaco xudeu foxe das tropas nazis e consegue salvarse grazas á axuda dun sacerdote católico.

La caja de música (1998). Un inmigrante húngaro afincado en EUA ao finalizar a guerra é acusado de ser un criminal nazi. A súa filla, avogada e convencida da súa inocencia, decide facerse cargo da súa defensa, pero a medida que busca probas decátase da realidade da anterior vida de seu pai.

La decisión de Sophie (1982). Relato que vai do presente –Nova York 1947- ao pasado da protagonista –os campos de concentración nazis- lembrando as terribles experiencias polas que tivo que pasar, e a máis terrible de todas: a decisión de ter que elixir entre os seus dous fillos: sacrificar a un para que o outro viva.

Page 23: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

La escapada de Sobibor (1987). Narra o escape masivo de prisioneiros do campo de concentración de Sobibor en 1943, coas dificultades e continxencias do plan previsto inicialmente.

La lista de Schindler (1993). Historia do empresario alemán Óskar Schindler que salvou a vida de 1.100 xudeus polacos.

La redada (2010). Relata a historia da redada realizada pola policía de París e os nazis no Velódromo de Inverno, abarrotado de xudeus. Unha enfermeira axuda a escapar a dous nenos que estaban alí detidos.

La solución final (2001). O filme recrea a conferencia de xaneiro de 1942 en Wannsee na que se concretou a solución final contra os xudeus.

La tregua (1997). Historia de xudeus italianos que regresan a casa desde Auschwitz ao finalizar a guerra, pero un deles, o protagonista, colle un tren que vai e dirección contraria, a Polonia, de modo que acaba sendo internado nun campo de desprazados.

Page 24: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

La vida es bella (1997). Italia, 1939. Un matrimonio ve truncada a súa vida feliz cando os nazis levan ao pai e ao fillo a un campo de concentración. A nai síguelles por amor. Pero o pai fai todos os esforzos imaxinables para facer crer ao fillo que están nun campamento de verán e que todo é un xogo para evitarlle o sufrimento do que están a vivir. A película consegue algo moi difícil: mostrar o horror do holocausto en medio do humor e da tenrura.

La zona gris (2001). 1944, Auschwitz. Un comando de xudeus é obrigado a axudar aos gardas do campo a levar ás vítimas ás cámaras de gas. Cheos de remordementos, provocan un motín para destruír o crematorio e tratar de escapar na confusión, pero todos eles son capturados e executados.

Los falsificadores (2008). Berlín, 1936. O maior falsificador de moedas é un xudeu que, ao comezo da guerra, foi levado a un campo de concentración. Alí debe traballar con outros falsificadores para fabricar libras e dólares para afundir a economía dos aliados; a cambio, reciben un trato de favor.

Los niños del Brasil (1978). Rematada a guerra, o temible doutor Menguele reúne en Sudamérica a un grupo de mozos para organizar o retorno dos nazis ao poder.

Marathonman (1976). Historia sobre do antigo criminal de guerra nazi, o médico coñecido coma o anxo branco, narrada cun ritmo de trepidante thriller.

Page 25: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · realizar mapas topográficos onfins militares. Anos máis tarde, en Italia, un paciente feridonun accidente aéreo evoca lembranzas

Monsieur Batignole (2002). Francia, 1942. Batignole é un comerciante que vive á marxe da intimidación dos nazis e aproveita a relación do seu futuro xenro, colaboracionista cos nazis, para prosperar no seu negocio. Pero todo cambia cando chega á súa casa, pedindo protección, un neno veciño que conseguiu escapar dos nazis.

Sin destino (2005). Historia autobiográfica dun neno polaco xudeu que en 1944 foi separado da súa familia e enviado a varios campos de concentración, onde é testemuña dos horrores que alí se cometen.

Vencedores o vencidos (1961). Recreación dos xuízos de Nuremberg, centrando a súa atención nos xuíces que aplicaron as leis nazis, aos que se lles acusa de corresponsabilidade no holocausto.