Novidades do Regulamento da IXP Ternera Gallega · de modifi car certas cuestións do regulamento...

28
Revista do Consello Regulador • Número 34 • Decembro 2010 Novidades do Regulamento da IXP Ternera Gallega Informe Perspectivas do sector de gando vacún de carne no mundo, UE e España Convenio de Ternera Gallega con ACRUGA para a promoción da raza Rubia Galega e a mellora da súa comercialización

Transcript of Novidades do Regulamento da IXP Ternera Gallega · de modifi car certas cuestións do regulamento...

Revista do Consello Regulador • Número 34 • Decembro 2010

Novidades do Regulamentoda IXP Ternera Gallega

InformePerspectivas do sector de gando vacún de carne no mundo, UE e España

Convenio de Ternera Gallega con ACRUGA para a promoción da raza Rubia Galega e a mellora da súa comercialización

Revista do Consello Regulador • Número 34 • Decembro 2010

Ternera GallegaSumario

26

13

10

2524

20

6Edita

Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

Coordina

Karen Wernink

Redacción

Montse Calvo

Laura Enríquez

Administración

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Impresión

Gráficas Garabal, S.L.

Tirada

8.500 exemplares

Consello Regulador

da IXP Ternera Gallega

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

A Coruña (España)

Tels.

981 57 57 86

981 57 48 99

Fax

981 57 48 95

Correo electrónico

[email protected]

web

http://www.terneragallega.com

© Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

D.L.: C/692/2003

Novidades do novo Regulamento da IXP Ternera Gallega

Información sectorialTernera Gallega asina un convenio con Acruga para a promoción da raza Rubia Galega e a mellora da súa comercialización

InformePerspectivas do sector de gando vacún de carne no mundo, UE e España

Actualidade- Ternera Gallega deuse a

coñecer entre a distribución sevillana

- Consum visita Ternera Gallega

Cociñar con Ternera Gallega

A Páxina de Xovenco

Concurso-Lecer

O Consello Regulador e a Indicación

Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega,

desexámosche unhas Felices Festas

e un Próspero Ano 2011

Ternera Gallega | 5

Editorial

A IXP Ternera Gallega persegue desde o seu nacemento a proximi-dade coa súa contorna e con todos os seus grupos de interese. Comu-nicarse co círculo no que opera e facilitar os fluxos a todos os niveis é unha das nosas máximas fundacio-nais. É por iso que decidimos dar un salto cualitativo na nosa comunica-ción e facelo a través de ferramen-tas propias da era dixital, nun mo-mento no que as novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) determinan todas as maneiras de relacións humanas e profesio-nais. Ternera Gallega non quere quedar atrás na carreira da dixita-lización e de aí que tomaramos boa nota desta progresión tecnolóxica e o fixeramos incorporando novas canles informativas, que espera-mos que esperten o voso interese.

Compráceme porén anunciar que a IXP ten xa, e desde hai máis de dous meses, un espazo propio nunha das redes sociais con maior impacto e alcance nos últimos tempos, FA-Cebook. A nosa páxina oficial en Facebook enténdese como unha plataforma para intercambiar opi-nións, comentarios ou suxestións sobre calquera aspecto relaciona-do co labor de Ternera Gallega ou o seu contexto. Aproveito para solici-tar a vosa colaboración e pedirvos que vos sumedes ao noso grupo de siareiros a fin de estar máis preto da IXP e dun xeito máis inmediato.

Tamén queremos anunciarvos a próxima publicación da NewsleT-Ter de Ternera Gallega, un boletín de noticias, con periodicidade se-manal, no que recolleremos o máis relevante do panorama informativo, tanto desde a perspectiva propia, os feitos nos que a Denominación teña un protagonismo expreso, como a nivel externo seleccionan-

Mellora da información e actualización normativa

do aquelas noticias máis significa-tivas relacionadas co noso sector. A newsletter incluirá ademais a co-tización dos prezos de mercado, así como temas de fondo como entre-vistas a diferentes persoas vincu-ladas ao noso ámbito e artigos de carácter técnico. o primeiro núme-ro da newsletter verá a luz no mes de xaneiro de 2011 e enviarase por correo electrónico a todos aqueles contactos da nosa base de datos. Desde aquí aproveito para solici-tarvos nos enviedes os vosos en-derezos de e-mail para rexistrarvos nos directorios da IXP e poder en-viarvos esta e outras informacións de interese.

Así mesmo, a web corporativa, www.terneragallega.com, vén de acometer un redeseño e redistribu-ción das seccións e contidos ten-dente a facilitar a accesibilidade e a navegabilidade da plataforma.

Como podedes comprobar, todos estes pasos camiñan cara a moder-nización das nosas canles e ferra-mentas de comunicación e, desde Ternera Gallega, agardamos sexan do agrado, utilidade e aproveita-mento de todos os que formamos parte ou colaboramos activamente coa IXP.

Noutra orde de cousas, debo co-municarvos un cambio que afecta substancialmente ao funcionamen-to interno e externo da IXP Ternera Gallega e ao noso Consello regula-dor, desde o punto de vista da nor-mativa, da estrutura orgánica e do seu funcionamento.

o pasado 19 de outubro, no Dia-rio oficial de Galicia publicouse a “Orde da Consellería do Medio Ru-ral, do 13 de outubro de 2010, pola que se aproba o Regulamento da

Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e do seu Consello Regulador”. Un novo regulamento adaptado ao contido da lei 2/ 2005, de promoción e defensa da calida-de alimentaria galega, e ao Decreto 4/2007 polo que se rexen as deno-minacións xeográficas de calida-de do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

A lei e o Decreto de desenvolve-mento citados establecen un novo marco legal, no que a novidade de máis alcance é a configuración das Denominacións e das IXPs como corporacións de dereito público con personalidade xurídica pro-pia, polo que abandonamos a nosa forma tradicional de entes descon-centrados da Administración ca-rentes de personalidade xurídica diferenciada desta.

este novo regulamento permitiralle á IXP Ternera Gallega profesiona-lizar a súa estrutura e operar nun marco legal europeo cada vez máis competitivo, recollendo dentro da nosa normativa todos os cambios experimentados polo sector de va-cún de carne galego, prestándolle especial atención a todo o tocante ás especificacións técnicas rela-cionadas coa produción, a indus-trialización e a comercialización da nosa carne.

6 | Ternera Gallega

Novidades novo Regulamento

ANTECEDENTES LEGAIS

– A Denominación comezou a súa an-dadura no ano 1989, como Produto Galego de Calidade Ternera Galle-ga (orde da Consellería de Agricul-tura, do 11/08/89-12/09/89).

– Nos anos 1993 e 1994 recoñeceuse a Denominación específi ca Ternera Gallega para as carnes de vacún producidas en Galicia e aprobouse o seu regulamento (ordes da Con-sellería do 30/12/93 e 3/11/94).

– en abril de 1995 foi ratifi cada polo Ministerio, e en decembro de 2006 foi inscrita como Indicación Xeo-gráfi ca Protexida Ternera Gallega nos rexistros da Ue (regulamento Ce nº 2400/96, do 17/12/96).

– Todos estes procesos legais fi xé-ronse ao abeiro da:

- lei 25/1970 (substituída despois pola lei 24/2003), da Viña, do Viño e dos Alcois; e o seu regulamen-to 835/1972.

- regulamento Cee nº 2081/92 (substituído despois polo regu-lamento Ce nº 510/2006), sobre protección das DoP e IGP.

– Ademais da modifi cación da Nor-mativa estatal e Comunitaria, a Comunidade Autónoma de Galicia tamén lexislou en relación coas denominacións de calidade. Neste sentido:

- Publicouse a lei 2/2005, do 18/02/05, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

- Publicouse o Decreto 4/2007, do 18/01/07, polo que se regulan as Denominacións Xeográfi cas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

- Incluso tamén o Decreto 259/2006, do 28/12/06, polo que se aproba o regulamento do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGA-CAL).

– A modifi cación da Normativa que nos afecta directamente, como

Denominación de Calidade, é unha das razóns polas que foi necesario modifi car e aprobar o novo regula-mento da IXP Ternera Gallega, xa que:

- A lei 2/2005, lei de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, recolle expresamente na súa disposición transitoria cuarta: “No prazo de dous anos desde a publicación desta lei, os actuais regulamentos das Deno-minacións de Calidade, así como os seus Consellos reguladores, deberanse adaptar ás súas previ-sións”.

- o regulamento (Ce) 510/2006, so-bre a protección das IXP e DoP dos produtos agrícolas e alimen-ticios, no seu artigo 11, di:”Que os organismos de certifi cación de productos IGP e DoP deben cum-prir a Norma europea eN 45011 a partir do 1 de maio de 2010”.

o NoVo reGUlAMeNTo DA IXP TerNerA GAlleGA

Ternera Gallega | 7

Novidades novo Regulamento

ANTECEDENTES TÉCNICOS– Ademais das obrigas derivadas do

cumprimento da Normativa vixente, tamén é necesario ter en conta que segundo foron pasando os anos o sector de vacún de carne de cali-dade foi evolucionando.

20 anos de historia de Ternera Ga-llega permitiron acadar experien-cia no funcionamento do Consello regulador e valorar a necesidade de modifi car certas cuestións do regulamento que favorecen ao conxunto do sector, e incluso ao consumidor fi nal da nosa carne.

– A primeira vez que se propuxo ante a Consellería do Medio rural a modifi cación do regulamento da IXP foi en xuño de 1999, porque xa daquela os membros do Pleno con-sideraron necesario adecuar a nor-mativa á realidade do sector.

– Posteriormente, presentouse unha segunda proposta en setembro de 2003, en plena tramitación parla-mentaria da citada lei galega de calidade.

– A partir da publicación desta lei, en marzo de 2005, e do Decreto que re-gula as Denominacións de calidade en Galicia, en xaneiro de 2007, é cando o Pleno do Consello regula-dor da IXP afronta defi nitivamente o debate para a modifi cación do regulamento. A proposta defi nitiva presentouse o 6 de xuño de 2008. o texto foi consensuado e aprobado por unanimidade dos membros do Pleno. Unha vez superados todos os trámites, publicouse no DoG o pasado 19 de outubro de 2010.

PRINCIPAIS NOVIDADESDE CARÁCTER FORMAL1. Personalidade xurídica propia (ar-

tigo 45 do regulamento).

A principal novidade con respecto ao anterior regulamento radica en que antes o Consello regula-dor era un organismo de nature-za administrativa, dependente da Consellería de Agricultura, como “órgano desconcentrado da mes-ma”, mentres que agora o Conse-llo regulador é unha corporación de dereito público. Polo tanto, coa entrada en vigor do novo tex-to, dispoñemos de:

- Personalidade xurídica propia,

- Autonomía económica, e

- Plena capacidade de obrar para o cumprimento dos nosos fi ns.

o Consello regulador actuará en réxime de dereito privado nos ac-tos de administración e xestión. estará suxeito ao dereito adminis-trativo no exercicio das funcións públicas.

os principios básicos da actua-ción do Consello regulador son o seu funcionamento sen ánimo de lucro e a representación dos inte-reses económicos dos inscritos.

A Consellería do Medio rural é quen exerce a tutela administra-tiva sobre o Consello regulador, sempre baixo o cumprimento da lei 2/2005 (lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimenta-ria Galega) e do Decreto 4/2007 (Decreto polo que se regulan as Denominacións Xeográfi cas de Calidade do sector alimentario e os seus Consellos reguladores).

2. recursos económicos da IXP (ar-tigo 55 do regulamento).

A diferencia fundamental con respecto á anterior situación ato-pámola en que antes os recursos económicos e fi nancieiros obtí-ñanse por medio de exaccións parafi scais como cotas ou taxas, mentres que agora, os ingresos derivan da prestación de servizos, así como das rendas e produtos do seu patrimonio, de acordo co Plan Contable aprobado pola Con-

sellería de Facenda (lei de réxi-me fi nancieiro e orzamentario de Galicia).

3. Persoal (artigo 54).

o persoal deberá estar contrata-do en réxime laboral, segundo o establecido na lei 2/2005 e na lei 10/1996 (lei de actuación de en-tes e empresas con participación maioritaria da Xunta de Galicia).

4. réxime electoral (artigo 58).

Antes era a Consellería do Medio rural quen convocaba o proceso electoral. Agora correspóndelle ao Consello regulador da IXP a organización do proceso de elec-ción dos seus órganos de gober-no, de acordo cos principios de-mocráticos.

5. réxime sancionador (artigo 59).

No novo regulamento non se detalla o réxime sancionador, senón que se fai unha remisión á lei 2/2005 (capítulo II do título VI), lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega e aos reais Decretos 1945/1983, do 22/06/83, e 1398/1993, do 04/08/93, principalmente.

8 | Ternera Gallega

Novidades novo Regulamento

PRINCIPAIS NOVIDADESDE CARÁCTER TÉCNICONo novo regulamento recóllense prin-cipalmente as seguintes novidades:

1. A protección para a carne fresca, e tamén para os miúdos.

2. A zona de produción, que é toda Galicia.

3. A razas e os cruces de aptitude cárnica admitidos.

Considéranse as razas cárnicas tradicionais en Galicia, practica-mente os mesmos tenreiros que se están identifi cando e certifi cando na actualidade, de capa rubia e seguindo o correcto cumprimento do regulamento. Prestarásellle especial apoio á potenciación de dous grupos raciais como sinais de identidade propios de Ternera Gallega: a raza rubia galega (asi-nouse recentemente un acordo de colaboración con ACrUGA para a potenciación da raza e a mellora da súa comercialización), e o gru-po morenas galegas (está previs-to asinar con boAGA a curto pra-zo un acordo similar ao fi rmado con ACrUGA).

4. seguindo as instruccións da PAC, no regulamento da IXP faise máis fi ncapé que antes en temas fun-damentais como o benestar ani-mal e a protección do medio am-biente. Conceptos que agardamos apuntalar no manual de calidade da IXP, igual que outras cuestións que non se especifi can no regu-lamento, pero que se contempla-rán neste novo Manual.

5. A identifi cación dos tenreiros terá lugar antes dos 90 días de vida, e calquera variación comunicarase antes de 10 días ao Consello re-gulador.

6. Mantéñense as idades ao sacri-fi cio, para seguir respectando a tradición cárnica galega, que sempre foi de sacrifi cio a idades temperáns, e para seguir apostan-do polas principais características organolépticas que diferencian a nosa carne da do resto de españa e de europa, como son fundamen-talmente a tenreza e a xugosidade.

Polo tanto, as categorías existen-tes na IXP a partir de agora, son:

- Tenreira: animais sacrifi cados con menos de 10 meses de vida. Diferéncianse TG suprema e TG.

- Anello: animais sacrifi cados en-tre 10 e 24 meses de vida.

7. Díctanse novas instruccións no caso da alimentación dos xatos, buscando mellorar a calidade or-ganoléptica da carne resultante, así como o correcto cumprimento do regulamento. Neste sentido e no que atinxe á categoría TG suprema, os animais teñen que mamar o leite das súas nais como mínimo durante 7 meses. No caso das explotacións extensivas e se-miextensivas é obrigatorio facer un acabado dos tenreiros duran-te un tempo mínimo de 2 meses, manténdoos acortellados, para

mellorar a conformación e sobre todo o grao de engraxamento.

8. Para que se poida autorizar o uso de concentrados na alimentación, no novo regulamento recóllese expresamente que os fabricantes de pensos teñen que asinar co Consello regulador un compromi-so que garantice a súa calidade.

9. Inclúese a defi nición das cate-gorías Ternera Gallega e Ternera Gallega suprema. Xa se viñan considerando de facto, pero ago-ra consta expresamente a súa re-gulación no novo regulamento.

10. Tamén se modifi can lixeiramente as características que deben re-unir as canais que se van certifi -car:

- en canto á conformación:

Tenreira: s, e, U, r, e tamén o+. No caso das Morenas Galegas, non se aplica a clasifi cación.

Anello: queda igual: (s, e, U e r).

- en canto ao grao de engraxa-mento:

Tenreira: 2, 3 (e 4, no caso das femias).

Anello: 2, 3, e tamén 4.

Ternera Gallega | 9

Novidades novo Regulamento

- PH: ás 24 horas ten que ser in-ferior a 6. As industrias son as encargadas de medilo e a IXP do labor de supervisión.

11. Maduración e comercialización:

Foi moi difícil consensuar estes requisitos, pero fi nalmente acor-douse que as canais deberán permanecer como mínimo 1 día nas industrias (matadoiros e salas de despezamento). Así mesmo, recoméndase que a comerciali-zación aos consumidores se faga pasados máis de 3 días desde o sacrifi cio.

12. Créase a maiores o rexistro de maioristas e retallistas de carne.

13. regúlanse as condicións de altas e baixas nos rexistros da IXP con máis concreción:

- Gandarías: causarán baixa tras máis de 2 anos sen actividade.

- Industrias: causarán baixa tras máis dun ano sen actividade.

14. Antes o persoal de control e cer-tifi cación dependía funcional e xerarquicamente do Consello re-gulador.

Agora, de acordo coa lei 2/2005, na IXP optouse pola creación dun Órgano de Control e Certifi caciónespecífi co, integrado no propio Consello regulador, pero:

- Que é independente dos órga-nos de xestión.

- Que as súas actuacións de con-trol e certifi cación non teñen dependencia xerárquica nin administrativa dos órganos de dirección do Consello regula-dor; ou o que é o mesmo, non dependen do Pleno.

- o persoal de control e certifi ca-ción ten que cumprir a Norma europea eN-45011, que é a que lle corresponde aos organismos de certifi cación de produtos, e estar acreditados por eNAC (entidad Nacional de Acredita-ción).

15. Créase un comité de certifi ca-ción, que ten unhas funcións de validación das decisións do direc-tor técnico, así como de carácter consultivo para o Pleno en mate-ria de certifi cación. está formado por 5 membros, representantes dos seguintes grupos:- Gandarías- Industrias- Distribución- Consumidores- Administración

16. o novo regulamento contempla expresamente a recollida de mos-tras e análises de ADN para ga-rantir o control e a trazabilidade da carne certifi cada.

17. A trazabilidade será individual para as canais, cuartos e pezas de carne. No caso do fi letaxe, ad-mítese a trazabilidade ao lote.

18. No novo regulamento prevese ademais:

- A elaboración de carne picada, baixo o amparo da IXP.

- A produción de produtos elabo-rados e semielaborados. Neste caso poderán utilizar na etique-taxe a mención “elaborado con Ternera Gallega”, pero non o lo-gotipo da IXP. en defi nitiva, serán produtos elaborados con carne certifi cada pola Denominación, pero non serán produtos certi-fi cados como Ternera Gallega, xa que a IXP só pode certifi car carne fresca. Nestes produtos, a única carne que se pode utilizar é a de Ternera Gallega.

19. Tamén se regula con máis preci-sión a posibilidade de que o Con-sello regulador estableza acordos de colaboración coa distribución, co fi n de mellorar a comercializa-ción e o control do noso produto.

20. o novo regulamento prevé o uso dun distintivo específi co para di-ferenciar a carne da categoría Ternera Gallega suprema que proceda das razas rubia Galega e Morenas Galegas.

21. Finalmente, tamén se actualiza a documentación e os datos que deben presentar os interesados en inscribirse nos rexistros que leva o Consello regulador.

10 | Ternera Gallega

Convenio Ternera Gallega - Acruga

AlIANZA De TerNerA GAlleGA e ACrUGA PArA A ProMoCIÓN DA rAZA

rUbIA GAleGA e A MellorA DA sÚA CoMerCIAlIZACIÓN

Por medio da sinatura dun convenio de colaboración que contempla a posta en marcha da marca “Ternera Gallega Suprema - Carne de Rubia Gallega”.

O presidente da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, Jesús González Vázquez, e o da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega, César Dorado Pin, subscribiron o acordo no marco da Facultade de Veterinaria de Lugo, o pasado 25 de novembro.

De esquerda a dereita: Ramón Carballo, xefe territorial da Consellería do Medio Rural; Jesús González Vázquez, presidente da IXP Ternera Gallega; Pedro García Herradón, vicerreitor de Coordinación e Planifi cación do Campus de Lugo da USC; César Dorado Pin, presidente de ACRUGA, e Ana Mª Bravo del Moral, decana da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Ternera Gallega | 11

Convenio Ternera Gallega - Acruga

Unir forzas para desenvolver e po-tenciar o sistema de produción da categoría Ternera Gallega suprema e para mellorar a comercialización da Carne de raza Rubia Gallega, en base ao carácter específi co diferenciador da xenética desta raza acreditada por Acruga. Éste é o obxecto do convenio de colaboración subscrito o pasa-do 25 de novembro, en lugo, entre o presidente da Indicación Xeográfi -ca Protexida Ternera Gallega, Jesús González Vázquez, e o da Asociación Nacional de Criadores de Gando Va-cún selecto de raza rubia Galega, César Dorado Pin.

Á sinatura, que tivo lugar na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria, asistiron o vicerreitor de Coordinación e Planifi cación do Campus de lugo da UsC, Pedro García Herradón, a deca-na de Veterinaria, Ana Mª bravo del Moral, o xefe territorial da Consellería do Medio rural, ramón Carballo, o presidente fundador de Ternera Ga-llega, Maximino Viaño, directivos da IXP e de ACrUGA, representantes de organizacións profesionais agrarias, cooperativas e outros técnicos do sector de vacún de carne, así como medios de comunicación.

Tanto a IXP como Acruga, teñen in-tereses comúns en relación coa de-

fensa, promoción e potenciación do sector de vacún de carne de calidade de Galicia, sobre todo no referente aos tenreiros que proceden das ex-plotacións tradicionais de carácter familiar. De aí que a fi nalidade prin-cipal deste convenio sexa o fomento da produción e a comercialización da carne de vacún de calidade, así como a cría, promoción e difusión da raza rubia Galega e os seus produtos, baixo o identifi cativo Ternera Gallega suprema - Carne de Rubia Gallega, no marco da IXP.

Poderán comercializarse con esta marca todos aqueles tenreiros, ma-chos ou femias, nados e criados en Galicia, que estean inscritos no rexis-tro de Nacementos do libro Xenea-lóxico da raza rubia Galega, así como todos aqueles tenreiros que a xuízo dos técnicos de Acruga reúnan as ca-racterísticas do estándar racial e poi-dan ser aptos para sacrifi car baixo a citada marca, e sempre que procedan de explotacións gandeiras inscritas no Consello regulador da IXP e supera-sen todos os controles que establece o regulamento da Denominación.

Compromiso global co sector de va-cún de carne de calidade

Tanto Ternera Gallega como Acruga consideran fundamental a colabo-

ración entre as dúas entidades, así como coas demais asociacións e organizacións con intereses e com-petencias en relación co sector de vacún de carne de calidade, para o desenvolvemento dun programa de difusión da raza rubia Galega e a súa promoción e potenciación no conxun-to do sector agrogandeiro en Galicia.

o acordo entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2011 e terá unha dura-ción de 25 anos. Para garantir o cum-primento do convenio crearase un Comité Técnico de seguimento, que prestará especial atención a todas aquelas cuestións que no seu desen-volvemento poidan xurdir, así como á difusión e evolución da marca Terne-ra Gallega suprema - Carne de Rubia Gallega no marco da IXP. Cada cinco anos realizarase unha avaliación xe-ral dos resultados do convenio e da súa repercusión no sector gandeiro. A fi n de acadar un mellor desenvolve-mento e execución do acordo, en be-nefi cio das gandarías e do conxunto do sector de vacún de carne de ca-lidade en Galicia, as dúas entidades fi rmantes solicitarán o apoio das Ad-ministracións públicas, en especial da Consellería do Medio rural.

Colaboración Técnica

Ternera Gallega | 13

Informe

Vicente Jimeno VinateaDepartamento de Produción AnimalUniversidade Politécnica de Madrid

1. Sector do vacún de carne no Mundo

A desaceleración sufrida pola eco-nomía mundial durante o ano 2009 resultou ser máis profunda e exten-sa do previsto inicialmente, cunha taxa anual de diminución do Produ-to Interior bruto (PIb) do 1,9%. Con todo, ao longo do 2010 prevese unha recuperación da economía, que per-mitirá un crecemento do PIb do 3,3% no Mundo e do 1,6% na Ue durante o

ano 2011. A mellora nos ingresos e o aumento da poboación contribuirá a incrementar o consumo per cápita da carne a nivel mundial. Igualmente, a recuperación da demanda, xunto cos prezos elevados das materias primas, axudará a manter todas as carnes con prezos relativamente altos na próxima década.

As preocupacións sanitarias e a se-guridade alimentaria derivadas da aparición de focos de enfermidades,

seguirán sendo cuestións que afecta-rán ao mercado mundial da carne.

Durante o período 2009-2019, o co-mercio mundial da carne de vacún seguirá crecendo a unha taxa media do 3,1%, alcanzando uns intercam-bios próximos aos 6,7 millóns de to-neladas de carne no ano 2019. Como consecuencia deste incremento nos intercambios da carne e o aumento dos prezos, a produción mundial de carne de vacún crecerá a un ritmo

PersPeCTIVAs Do seCTor De GANDo VACÚN De CArNe

No MUNDo, Ue e esPAÑA

14 | Ternera Gallega

Informe

anual do 1,1% (0,6 millóns de tonela-das/ano) na próxima década, ata al-canzar os 59 millóns de toneladas en 2019 (FAPrI, 2010).

Ao fi nal de 2019, máis do 89% da pro-dución mundial de carne de vacún estará en mans de 10 países: eeUU, brasil, Ue, China, Arxentina, India, Australia, México, Canadá e rusia. entre estados Unidos e brasil produ-cirán máis do 40% da carne de vacún no Mundo (fi gura 2).

os principais exportadores de carne de vacún a nivel mundial na próxima década serán brasil, Australia, India, Nova Zelandia, Arxentina e Canadá. brasil manterá o seu liderado nas exportacións de vacún e aumentará a súa cota de mercado en 6,4 puntos para o 2019 (2,7 millóns de toneladas). Australia perderá 1,1 puntos da súa cota de mercado, aínda que en 2019 exportará máis de 1.300.000 animais vivos. As exportacións en Nova Zelan-dia continuarán crecendo durante o resto do decenio e gañará 0,5 puntos, alcanzando as 666.000 toneladas en 2019. Arxentina perderá 3,0 puntos de cota de mercado a favor do consumo interno e India 0,4 puntos. Canadá ce-derá 2,0 puntos nas súas exportacións de carne, pero a fi nais de 2019 estará a exportar 1,2 millóns de animais vivos ao mercado estadounidense.

Figura 1. Produción e comercio mundial da carne de vacún, porcino e pito, entre os períodos 1999-2009 e 2009-2019 (FAPRI, 2010).

Figura 2. Principais países produtores de carne de vacún no Mundo en 2019 (FAPRI, 2010).

Produción vacún Produción porcina Produción avícola

Comercio vacún Comercio porcino

Millóns de toneladas métricas

Comercio avícola

Ternera Gallega | 15

Informe

No ano 2019, rusia, Xapón e México serán os receptores de algo máis da terceira parte das importacións de carne de vacún realizadas a nivel mundial. outros importantes países importadores serán Corea do sur, Fi-lipinas, China, exipto e Taiwán.

Aínda que as previsións a fi nais de 2019 para o consumo medio de carne de vacún no Mundo situaranse próxi-mas aos 10 kg/hab/ano, existen con-siderables diferenzas a nivel mundial. os países americanos e Australia teñen unha gran cultura de consumo de carne de vacún, con cantidades que varían entre os 60 kg de Arxen-tina, 18,5 kg en México e os 34,5 kg/hab/ano en Australia. A tendencia na evolución do consumo nos países emerxentes aseméllase bastante ao modelo americano e australiano. Na Ue existen tamén enormes diferenzas entre os distintos estados membros, desde os 27 kg en Francia, 14 kg en españa ata os 4 kg/hab/ano en Polo-nia. o consumo de carne de vacún na Ue descendeu un 0,5% en 2009 e a longo prazo, confírmase esta tenden-cia á baixa para a próxima década. Na fi gura 4 móstrase a evolución no consumo per cápita dos principais tipos de carne no Mundo, durante o próximo decenio.

Figura 3. Cota de mercado (%) dos principais países exportadores de carne de vacún (FAPRI, 2010)

Porcentaxe

*Basado nas exportacións netas

Kilogramos por persoa

Carne de vacún Carne de porco Carne de ave

Figura 4. Evolución do consumo per cápita das diferentes carnes a nivel mundial, entre os períodos 1999-2009 e 2009-2019 (FAPRI, 2010).

16 | Ternera Gallega

Informe

os prezos percibidos polos produto-res de vacún a nivel mundial son ta-mén moi variables. os produtores xa-poneses son os que teñen os prezos máis altos, intermedios na Ue e esta-dos Unidos, e prezos máis baixos en brasil, Arxentina e Australia. Para a próxima década, na Ue prevese unha evolución positiva nos prezos ao pro-dutor, cun incremento do 8,7% a finais de 2019 (figura 5).

2. Sector do vacún de carne na Unión Europea-27

A produción de carne de vacún na Ue caerá un 0,35% durante o período 2009-2019. As causas probablemen-te teñan que ver coas medidas de desacoplamento do apoio ao sec-tor vacún, que comezou en 2007, e a unha diminución no censo de vacas leiteiras, principalmente. A partir do ano 2003, a Ue converteuse nun pe-queno importador de carne de vacún e manterá esta posición para o resto do decenio.

As previsións para o final desta déca-da, en canto á produción de carne de vacún na Ue, sitúanse en 7,97 millóns de toneladas, mentres que o consumo estará próximo aos 8,38 millóns de to-neladas. Polo tanto, a Ue necesitará importar preto de 408.000 toneladas de carne para cubrir a súa deman-da. os principais estados membros produtores de carne de vacún na Ue son Francia (21,5%), Alemaña (15%), reino Unido (11%), Italia (10,5%) e españa (7,2%). No conxunto da Ue,

só catro estados membros presentan unha taxa de aprovisionamento de carne de vacún inferior a 100, españa (90%), reino Unido (75%), Italia (60%) e Portugal (53%).

Durante a última década, o censo de vacas leiteiras na Ue decreceu un 11%, e no 2009 era de 24,1 millóns de reprodutoras, mentres que o censo de vacas nodrizas mantívose estable, ao redor de 12,4 millóns de cabezas. Queda por ver cal será o efecto do fin da PAC, en decembro de 2013, sobre o censo de vacas nodrizas na Ue. Todo apunta a que a medio e longo prazo, o censo de gando vacún na Ue seguirá decrecendo e por tanto, o sector de vacún de carne perderá estrutura, o que favorecerá un incremento das importacións de animais vivos.

Figura 5. Evolución dos prezos percibidos polos produtores da carne de vacún, porcino, pito e ovino na UE no período 2009-2019 (FAPRI, 2010).

Vacún Porcino Polo Ovino

EEMM

Produción Consumo TasaAprovisionamento

1000 x Tm 1000 x Tm Kg/hab/ano

FranciaAlemañaReino UnidoEspañaPoloniaItaliaIrlandaPaíses BaixosBélxicaAustriaPortugalUE-27

1.7141.1948505683868355363622652191047.970

1.6181.0201.1286281851.395993002061461968.060

25,112,518,413,74,923,222,218,218,517,518,416,5

1061177590209605411211291505399

Figura 6. Produción e Consumo de Carne de Vacún en 2009 na UE (Institut de L´Elevage, 2010)

3. Sector do vacún de carne en España

Na actualidade, españa conta cun censo de 3.028.300 reprodutoras, das cales 828.300 son vacas leiteiras e o resto vacas nodrizas ou de cría. As previsións a medio e longo prazo son unha redución do censo de vacas leiteiras e, se antes do 2013 non cam-bian moito as cousas, tamén diminui-rá o censo de vacas nodrizas, polo que a estrutura do sector de carne de vacún pode quedar fortemente dana-da e moi dependente da importación de animais vivos para o cebo.

Nos últimos 10 anos, españa alcanzou o máximo de produción de carne de vacún no ano 2005, con 715.332 tone-ladas, e desde entón a produción foi decrecendo ata as 598.431 toneladas do ano 2009 (eurostat, 2010). As cau-sas desta caída na produción son basicamente a perda de censo, fun-damentalmente de vacas leiteiras, e a escasa competitividade do sector fronte ao aumento dos prezos das materias primas utilizadas na fabrica-ción de pensos compostos.

españa debería traballar para asegu-rar a estabilidade no sector de vacas nodrizas, mellorando a súa competiti-vidade e fortalecer así a estrutura do sector de carne de vacún. Igualmente, é necesario incidir en aumentar a de-manda ou consumo de carne de vacún. Para iso o sector necesita cambiar e innovar, buscando novos produtos con maior valor engadido que respondan aos gustos do consumidor.

18 | Ternera Gallega

Información Sectorial

IntroduciónNa revista do mes de setembro, re-latouse o artigo da Planifi cación da Produción na IXP Ternera Gallega. Desde a Denominación queremos vol-ver a resaltar cales son os motivos e as solucións para poder levar a cabo este proxecto. Proxecto no que é fun-damental contar coa colaboración de todos, empezando polos gandeiros, xa que lles afecta directamente, pero implicando a toda a cadea produtiva, industrial e comercial. Tamén preci-samos da axuda e asesoramento das cooperativas e dos seus técnicos, xa que o seu labor é fundamental para achegar o mellor asesoramento en aspectos como son o manexo do ra-baño, as cuestións reprodutivas que afectan ás vacas e ás xovencas, e por suposto, a súa alimentación.

Antecedentes

Historicamente, desde xa fai moitos anos, existe unha descompensación de carácter estacional entre a oferta de carne amparada pola IXP Ternera Gallega e a súa demanda. Nos meses fi nais do inverno, fundamentalmente en febreiro e marzo, e os primeiros meses da primavera, que coinciden cos meses de menor consumo de carne de vacún, hai un maior número de animais para sacrifi cio, é dicir un exceso de oferta. As consecuencias son unha baixada xeneralizada de prezos e o problema engadido da sa-turación do mercado, co conseguinte desequilibrio entre a produción e a comercialización.

esta situación invértese durante os meses de verán, época na que a

maior demanda de carne coincide temporalmente coa súa menor oferta, xa que hai un défi cit de animais para sacrifi cio. É certo que os prezos me-lloran, pero a consecuencia negativa desta situación é a perda de merca-dos debido á imposibilidade do seu abastecemento e as difi cultades para despois volvelos recuperar.

SoluciónsA planifi cación da produción das gan-derías, e en particular unha axeitada programación dos partos, é a solución que permitiría regularizar a produción e resolver estes problemas, a través dun correcto manexo do rabaño, así como o coñecemento das caracterís-ticas reprodutivas e de alimentación das femias das ganderías inscritas na IXP Ternera Gallega, que sustentan a produción de carne certifi cada.

PlANIFICACIÓN DA ProDUCIÓN NAIXP TerNerA GAlleGA

Desde a IXP animámosvos a participar nas XorNADAs INForMATIVAs sobre A PlANIFICACIÓN e reGUlArIZACIÓN DA ProDUCIÓN De VACÚN De CArNe que organizaremos nos principais con-cellos produtores de Ternera Gallega, pouco a pouco nos próximos meses.

Durante as charlas faremos unha exhaustiva análise da situación actual do mercado de vacún de carne e aproveitaremos para buscar as solucións técnicas máis axeitadas para resolver os proble-mas produtivos e reprodutivos dos rabaños para unha mellor planifi cación dos partos.

As xornadas que se veñen desenvolvendo neste 2010 terán continuidade ao longo do próximo exer-cizo 2011. Co fi n de que poidades acudir, comunicarémosvos directamente as datas e lugares que vos sexan máis axeitados segundo a distribución xeográfi ca das gandarías.

20 | Ternera Gallega

Actualidade

eXCeleNTe ACollIDA eN sArrIA, A FoNsAGrADA e VIlAlbA

Consciente da importancia da pla-nificación para lograr a regulariza-ción da produción a fin de acadar mellores prezos e consolidar a po-sición da carne de Ternera Gallega no mercado, a Indicación Xeográfi-ca Protexida iniciou xa durante os meses de novembro e decembro de 2010 a rolda de sesións informativas en tres das principais zonas gale-gas produtoras de carne de vacún de calidade en Galicia. Foi o caso dos municipios lugueses de sarria (1 de decembro), A Fonsagrada (14 de decembro), e Vilalba (15 de de-cembro).

As xornadas, a cargo do director de promoción da IXP, luís Vázquez, e da secretaria executiva da Asocia-ción Nacional de Criadores de Gan-do de raza rubia Galega (ACrUGA), Ángeles Moreno, contaron cunha nutrida participación de gandeiros interesados na planificación dos partos para lograr a regularización produtiva ao longo do ano no marco da IXP Ternera Gallega. os gandei-ros asistentes manifestaron as súas opinións e favoreceron un intenso debate sobre os temas expostos. estas xornadas terán continuida-de durante o vindeiro 2011 noutros concellos galegos.

Dirixidas fundamentalmente a gan-deiros, as sesións analizaron en profundidade a situación actual do mercado de vacún de carne e tentaron dar resposta ás dúbidas e consultas máis frecuentes en ma-teria de produción e reprodución dos rabaños, así como buscar as solucións técnicas máis axeitadas para resolver os desfases de nace-mentos dunhas estacións do ano a outras, e tamén a problemática que xeneran na práctica cotiá do mane-xo do gando nas explotacións tradi-cionais galegas con vacas nais.

Sarria, 1 de decembro de 2010

A Fonsagrada, 14 de decembro de 2010

Vilalba, 15 de decembro de 2010

Ternera Gallega | 21

Actualidade

Preto dun centenar de profesionais da carne de vacún, entre eles carniceiros tradicionais, almacenistas, respon-sables da distribución e empresarios do sector da hostalaría coñeceron, en sevilla, as calidades da carne de Ter-nera Gallega. A IXP acudiu á capital andaluza xunto con dúas das indus-trias inscritas en Ternera Gallega, Car-cosa e Novafrigsa, que participaron tamén nos encontros de negocio.

Ao carácter comercial da acción su-móuselle ademais a realización de distintas sesións técnicas para in-formar da calidade, o control e a tra-zabilidade da carne amparada pola Denominación, así como sobre as ac-tividades promocionais, o uso da súa imaxe corporativa e os convenios de colaboración cos diferentes estable-cementos de venda.

A Denominación fai un balance posi-tivo desta liña de acción que atende ao proceso de crecemento que expe-rimentou a Denominación durante os últimos anos. A IXP constitúe o princi-pal referente na comercialización de carne de vacún de calidade en espa-ña, e segue apostando por ampliar o seu mercado noutras zonas, como é o caso de sevilla e Andalucía en xeral.

Ternera Gallega deuse a coñecer entre a distribución sevillana

22 | Ternera Gallega

Actualidade

Neste outono, directivos da coopera-tiva Consum achegáronse ata Galicia para comprobar “in situ” o control, a trazabilidade e a certifi cación da car-ne de Ternera Gallega.

esta visita enmárcase dentro do con-venio de colaboración que a Denomi-nación asinou con esta cadea de dis-tribución alimentaria, o que posibilita a comercialización de Ternera Galle-ga en arredor de 250 establecemen-tos da xeografía española, principal-mente na zona do levante, Cataluña e Castela-A Mancha.

Durante os dous días que durou a súa estancia en Galicia, as preto de 20 persoas da cooperativa, entre directi-vos, responsables de compras, xefes de tenda e zona de Consum super-mercados, visitaron o Centro de re-cursos Zooxenéticos de Galicia, onde foron recibidos polo seu director, Castor José rivera Martínez, que foi

Consum visita Ternera Gallega

o encargado de explicarlles o labor de recuperación das razas de vacún autóctonas (caldelá, vianesa, cache-na, frieiresa e limiá). No Centro tamén puideron visitar “A Gandaría, Tesouro de Galicia”, unha exposición orga-nizada pola Denominación, en cola-boración coa Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento rural, e o Museo do Pobo Galego, que amosa a importancia que ten a gandaría como un tesouro de Galicia.

Así mesmo, tamén acudiron ás explo-tacións da IXP para ver en directo o proceso de control que se realiza a nivel de campo, alimentación, manexo e benestar animal. e ao laboratorio de Xenética Molecular de Xenética Fon-tao. Durante esta última visita, o direc-tor do laboratorio, Javier lópez Viana, expúxolles a aplicación das probas de ADN para asegurar a trazabilidade da carne certifi cada pola IXP, creando un banco de mostras de verifi cación que permite relacionar a carne certifi cada presente en calquera punto de venda coa súa canal de orixe. Finalmente ta-mén puideron ver de preto o sistema de trazabilidade e fi leteado nun mata-doiro e sala de despece.

Ternera Gallega | 23

Actualidade

A IXP participou, no pasado mes de outubro, no IV Maratón do Miño que se celebrou en ourense, contribuín-do co seu respaldo a sumar saúde. Máis de cen atletas acudiron a esta cita anual que se desenvolve á beira do principal río galego. A Denomina-ción ademais de patrocinar o evento doou produto para a degustación que tivo lugar ao remate da carreira. Máis de 1.500 persoas puideron saborear Ternera Gallega nas diversas carpas instaladas para albergar a visitantes e participantes.

Pero esta non foi a única cita depor-tiva coa que colaborou a Denomina-ción. A principios do mes de setembro tamén patrocinou as I Xornadas Náu-ticas que se celebraron na Coruña. Durante a cita tivo lugar unha feira de ocasión de embarcacións novas e usadas, bautismos de mar e rega-tas de cruceiros entre outras activi-dades, ademais de degustacións da carne amparada pola Denominación, servidas no restaurante do porto náu-tico deportivo Marina Coruña.

Por outra parte, a Indicación Xeográ-fi ca Protexida Ternera Gallega estivo presente no XII Congreso “o Mellor da Gastronomía 2010”, que se ce-lebrou a principios de novembro en Alacante.

TerNerA GAlleGA Co DePorTe e A GAsTroNoMÍA

A IXP Ternera Gallega celebrou, o pasado 18 de novembro, un almorzo de traballo cos medios de comunica-ción para explicarlles as principais novidades do novo regulamento da IXP e do seu Consello regulador, re-centemente aprobado, tanto a nivel funcional e organizativo como a nivel normativo, técnico e produtivo. Ta-mén se presentaron as novas liñas de Ternera Gallega en materia de comu-nicación, a previsión de actividades para o vindeiro exercicio 2011 e, en xeral, a situación presente e futura do sector de vacún de carne.

TerNerA GAlleGA Cos MeDIos De CoMUNICACIÓN

A IXP acudiu á cita gastronómica da man da Asociación española de Denominaciones de origen, orIGeN esPAÑA, da que forma parte, que achegou ao público asistente as De-nominacións de recoñecido prestixio que son socias da entidade. Para iso espuxo no seu stand corporativo ma-terial informativo e promocional das 39 DoPs e IXPs integradas dentro da Asociación, e ofreceu degustacións de produto dos Consellos regulado-res participantes.

Ademais, a carne de Ternera Gallega foi un dos ingredientes fundamen-tais na XVI Festa dos Cogumelos de roupar, localidade emprazada no concello lugués de Xermade. ser-viuse acompañada cun revolto de níscalos, e foi degustada polos máis de 300 asistentes que acudiron á cita popular. Durante esta edición repar-tíronse 160 quilos de setas emprata-das, ademais de con Ternera Gallega, con arroz e carne de caza.

24 | Ternera Gallega

Cociñar con Ternera Gallega

1.200 gr de febra miuda ou xarrete de Ternera Gallega Suprema, 1 cenoria, 1 cebola grande, 2 dentes de allo, 2 allos porros, 1 pemento vermello, 1 tomate, 3 dl de viño de mencía (D.O Valdeorras ou D.O Ribeira Sacra), 4 patacas grandes (IXP Pataca de Galicia), brécol, aceite de oliva virxe extra e sal

Cortar a carne en anacos ou toros, salgar e dourar en aceite moi quente. Unha vez dourada a carne, incorporar todas as verduras fi namente picadas.Deixar cociñar durante cinco minutos e engadir o viño tinto, pór a lume forte durante un minuto, despois tapar e deixar estofar a lume lento durante 90 minutos. Unha vez pasado este tempo, comprobar que a carne estea melosa; senón é o caso, deixala ata que estea tenra.Unha vez cociñada, reservar a carne e triturar o mollo coas verduras, incorporar de novo a carne e darlle un fervor.

Gornición: Facer un puré de patacas, darlle unha fervedura ao brécol e saltear en aceite con allo picado.

Tempo aproximado: 2 horas.

Servir a carne presentada nun prato co seu mollo e coa gornición de puré de patacas e brécol.

Ingredientes para 4 persoas

Preparación

Presentación

Estofado de Ternera Gallega Suprema ao mencía

FEBRA MIUDA

DESCRICIÓN: É unha peza moi versátil que se pode asar, estufar ou guisar.

¿COMO É E ONDE SE ATOPA A FEBRA MIUDA? Ten forma triangular e sitúase entre a folla dura e o xarrete traseiro.

Febra miuda

XXXXX XXXXXX xxxxxx

referencia: Xovenco

Consello regulador da IXP Ternera Gallega

recinto Feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.014

15891 santiago de Compostela

Xovenco quere facer desta páxina o cortello máis animado de toda a revista.

Agradecemos a todos os xovencos e xovencas que participaron enviándonos

os seus debuxos, fotos, contos, adiviñas, chistes... e animámosvos a seguir

participando con todo aquelo que se vos ocorra. Agárdanvos un montón de

agasallos. A dirección é:

A páxina de Xovenco

Ternera Gallega | 25

Ternera Gallega deséxavos Felices Festas en varios idiomas.Bo Nadal e Feliz Aninovo (en galego)

Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo (en castelán)Zorionak eta Urte Berri On (en Euskera)Bon Nadal i Feliç Any Nou (en catalán)

Merry Christmas and Happy New Year (en inglés)Joyeux Noël et bonne année (en francés)

Buon Natale e Felice Anno Nuovo (en italiano)Jutdlime pivdluarit ukiortame pivdluaritlo (en esquimal)Shinnen omedeto. Kurisumasu Omedeto (en japonés)

Dámoslle a benvida a un novo xovenco. Chamáse Álvaro, e nesta foto posa así de feliz coa súa mamá.

E a unha nova xovenca que se chama Martina. Vai saír cociñeira como o seu pai.

26 | Ternera Gallega

Concurso

A IXP Ternera Gallega ofrécelle a

todos os lectores a posibilidade de

participar neste concurso, que ten

as seguintes bases:

g A IXP Ternera Gallega sorteará

material propio como regalo para

cada concurso: receitarios, barallas,

chaveiros, mandís e manoplas

serigrafiadas.

g Farase un sorteo trimestral para

cada número da revista.

g O número máximo de premios

será de 40 para cada concurso.

g Non poderán resultar premiados

os traballadores da IXP Ternera

Gallega, nin os membros do

Consello Regulador, nin tampouco

os seus familiares directos.

g Os sorteos faranse entre os

lectores que respondan ben ás tres

preguntas que se formularán en

relación co contido da revista na

que van incluídas.

g Os premios comunicaranse

directamente aos agraciados.

Concurso Nº 34

1. ¿Con qué asociación asinou Ternera Gallega un convenio o pasa-do 25 de novembro en lugo?

2. ¿Quen é o autor do informe incluido neste número da revista?

3. ¿Que cooperativa de consumidores visitou Ternera Gallega o pa-sado mes de setembro?

As respostas poden remitirse por correo, durante os 30 días seguin-tes á publicación da revista, á seguinte dirección:

referencia Concurso TGConsello regulador da IXP Ternera Gallegarecinto feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.01415891 santiago de Compostela

ou por correo electrónico á seguinte dirección:[email protected]

*Non esqueza incluír o seu nome completo, enderezo e teléfono de contacto.

Anuncios gratuítos

Compro dereitos de pago úniCo de nodrizas

tel: 660 43 57 35

Véndense maChos e femias de raza rubia galega libres de

ibr, dVb e neosporatels: 982 17 54 40 - 620 52 82 97

Véndense animais de raza autóCtona Vienesa:6 noVillas, 1 maCho

e 4 beCerras.tel. 647 14 40 31

Véndense VaCas rubias marCadastel. 689 75 24 00

Véndense noVillas e maChos de raza rubia galega

tel: 620 52 82 97 (franCisCo)

Véndense VaCas raza rubia gallega marCadas

tel. 982 31 22 35/ 696 94 45 55 (José luís)

Compranse dereitos de nodrizas, pago uniCo. pago ao Contado.

preguntar por José 686 14 37 75