XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de...

28
Revista do Consello Regulador • Número 40 • Decembro 2014 Colaboración técnica: O consumo de carne de calidade certificada: influencia das características organolépticas e nutricionais XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014

Transcript of XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de...

Page 1: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Revista do Consello Regulador • Número 40 • Decembro 2014

Colaboración técnica:O consumo de carne de calidade

certificada: influencia das características organolépticas e

nutricionais

XXV Aniversario daIXP Ternera Gallega

ActualidadePlan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega

1989 - 2014

Page 2: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

E [email protected] T 981 912 305 W www.irix.es

DONDE TÚ VES UN PROBLEMA NOSOTROS VEMOS UNA SOLUCIÓN

¡Aplicaciones de gestión, trazabilidad y movilidad para Ternera Gallega desde 2001!

Posicionamiento en buscadores Peritaje informático

SEO

INFORMÁTICA

PARA EMPRESAS

IRIX GALICIA S.L.

· Redes Sociales· Comercio electrónico · Recuperación de datos · Software a medida

· Software de gestión · Soluciones integrales de mantenimiento

· Diseño Web· Conectividad y redes

Page 3: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Revista do Consello Regulador • Número 40 • Decembro 2014

Ternera GallegaSumario

22

26

27

5

9

Edita

Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

Coordina

Karen Wernink

Redacción

Montse Calvo

Laura Enríquez

Administración

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Impresión

Gráficas Garabal, S.L.

Tirada

8.000 exemplares

Consello Regulador

da IXP Ternera Gallega

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

A Coruña (España)

Tels.

981 57 57 86

981 57 48 99

Fax

981 57 48 95

Correo electrónico

[email protected]

web

http://www.terneragallega.com

© Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

D.L.: C/692/2003

Editorial Intervención do presidente da IXP Ternera Gallega no acto institucional do seuXXV Aniversario

XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaActos conmemorativos

Colaboración Técnica O consumo de carne de calidade certifi cada: infl uencia das características organolépticas e nutricionais

ActualidadePlan de Internacionalizaciónde Ternera Gallega

Xovenco e Concurso

O Consello Regulador e o

persoal da Indicación Xeográfi ca

Protexida Ternera Gallega

deséxalle unhas

Felices Festas e un

Próspero Ano 2015

E [email protected] T 981 912 305 W www.irix.es

DONDE TÚ VES UN PROBLEMA NOSOTROS VEMOS UNA SOLUCIÓN

¡Aplicaciones de gestión, trazabilidad y movilidad para Ternera Gallega desde 2001!

Posicionamiento en buscadores Peritaje informático

SEO

INFORMÁTICA

PARA EMPRESAS

IRIX GALICIA S.L.

· Redes Sociales· Comercio electrónico · Recuperación de datos · Software a medida

· Software de gestión · Soluciones integrales de mantenimiento

· Diseño Web· Conectividad y redes

Page 4: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912
Page 5: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 5

Editorial

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTEDA IXP TERNERA GALLEGA NO ACTO

INSTITUCIONAL DO XXV ANIVERSARIO

Señor Presidente da Xunta de Galicia,

Señor Delegado do Goberno,

Señora Conselleira,

Presidentes dos Consellos Reguladores,

Autoridades, compañeiros de Ternera Gallega,

Amigas e amigos,

Boas Noites a todos en nome da Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega.

Como todos sabemos, estamos no ano 2014. Non é un ano calquera.

Sobre todo non é un ano calquera para as Denominacións de Calidade Arzúa-Ulloa, Mel de Galicia e Pata-ca de Galicia, aos que felicito e dou a noraboa, nin para Ternera Gallega, porque cumprimos os primeiros

vintecinco anos de existencia, e digo os primeiros porque o noso desexo é cumprir moitos máis.

Pero tamén ten que ser un ano de celebración para a Consellería do Medio Rural e do Mar e para o Go-berno galego, xa que se cumpren na práctica 25 anos da posta en marcha dunha iniciativa que na-ceu co nome de “Produto Galego de Calidade”, que foi a base para que moitos consellos reguladores galegos comezáramos a camiñar.

E digo que é un motivo de celebra-ción porque tamén foi a demostra-ción práctica da aposta da Xunta de Galicia pola Calidade, como principal argumento para compe-tir nos mercados e para relanzar a imaxe dos produtos galegos e ga-ñar a confi anza dos consumidores.

Son 25 anos nos que todos os conselleiros de agricultura se im-plicaron, desde Francisco Sinei-ro, seguido de Romay Beccaría, Tomás Pérez Vidal, Castor Gago, Diz Guedes, Santiso Miramontes, Suárez Canal e Samuel Juárez, ata chegar á conselleira actual, dona Rosa Quintana. Pero tamén é de xustiza recordar a moitas outras persoas que desde os seus pos-tos na Administración apoiaron aos Consellos Reguladores e de-fenderon a calidade dos produ-tos agroalimentarios galegos. É imposible nomealos a todos, pero polo menos quero recordar a Enri-que Pantín, Crescencio Rodríguez Epelde, xa fallecido, Víctor Tello ou Secundino Grobas, entre outros. A todos eles, a nosa gratitude.

Page 6: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

6 | Ternera Gallega

Editorial

Non quería hoxe falar moito do pa-sado, pero é necesario recordar que Ternera Gallega nace no ano 1989 cos obxectivos principais de defender a carne de vacún de ca-lidade que de sempre se produciu en Galicia e de recuperar a súa imaxe e prestixio no mercado. Por iso Ternera Gallega desde os seus inicios apostou polo control no ma-nexo e na alimentación dos xatos e no faenado da carne, para poder ofrecer a máxima calidade e tamén garantías sufi cientes a todos os consumidores interesados.

Para logralo, Ternera Gallega tivo que ser pioneira no sector: fomos a primeira entidade que crotalizou individualmente os xatos e que apostou decididamente polo eti-quetado e a trazabilidade da carne de vacún, desde as explotacións ata que o produto chega ao pra-to. Xa máis recentemente, fomos a primeira Denominación en crear un banco de canais e comezar a aplicar as probas de ADN para facer o seguimento da carne cer-tifi cada; e desde fai case tres anos xa estamos acreditados por ENAC como organismo certifi cador.

A nivel produtivo, Ternera Gallega fomentou o asociacionismo, o cebo dos xatos en Galicia e a expansión das razas autóctonas. Nesa liña está o acordo de colaboración asinado con Acruga, para a poten-ciación da raza Rubia Galega. Así mesmo, apostou pola transparen-cia nas transacións comerciais entre os gandeiros, as industrias e a distribución, potenciando a va-loración dos xatos por kilo-canal e poñendo en marcha a Mesa de prezos de Ternera Gallega como principal referencia sectorial.

Todo o esforzo en control foi acom-pañado dunha intensa labor infor-mativa e promocional, para que os gandeiros e as industrias se inscri-biran na Denominación e para dar a coñecer a nosa carne en toda España. Despois aprobouse o logo

da IXP, unha sinxela T vermella que representa subliminalmente a cabeza dun becerro, e a día de hoxe non nós podemos queixar da súa difusión, porque na actualida-de máis do 50% dos consumidores españois coñecen e valoran a Ter-nera Gallega como a mellor carne de vacún.

E ao falar de promoción, quen non se acorda daquel slogan excep-cional como foi “Ternera Gallega: a carne con carné”; desde logo, é moi difícil decir con menos pa-labras unha verdade máis grande. Ou do actual “Disfruta Ternera Ga-llega”, no que se combinan xuven-tude, deporte, cultura e gastrono-mía, nunha mostra do compromiso da Denominación coa sociedade da que forma parte.

Sen lugar a dúbidas, vintecinco anos dan para moito. Moitas anéc-dotas, difi cultades e satisfaccións. Hoxe xa vemos lonxe no tempo a problemática do “clembuterol” ou a maior alarma alimentaria que houbo en España, como foi a mal chamada “crise das vacas tolas”. Tamén xa pasaron anos do recoñe-cemento da Unión Europea como IXP, ou da 1ª festa de Ternera Ga-llega, na maior xuntanza do sector

de vacún de carne que se recorda, con preto de 5.000 gandeiros, nun concello emblemático para a De-nominación como é A Fonsagrada. Ou os diferentes procesos electo-rais para elexir aos membros do Consello Regulador.

Na actualidade Ternera Gallega conta con máis de 7.600 explota-cións gandeiras inscritas, contró-lanse máis de 116.000 tenreiros cada ano, certifícanse arredor de 84.000 canais e comercialízanse 18.000 tm de carne, cun valor eco-nómico en primeira venda de case 100 millóns de euros, en máis de 1.300 establecementos espalla-dos por toda España, signifi cando arredor do 50 % da carne de cali-dade certifi cada que se comercia-liza en España.

Polo tanto, o señor Maximino Via-ño, presidente fundador de Terne-ra Gallega, que hoxe nos acom-paña nesta celebración, pode estar orgulloso daquela iniciativa que votou a camiñar no ano 1989, como tamén o estarían os señores Antonio Conchado ou Ricardo Pé-rez Rosón, que xa nos deixaron, e como o están Antonio Escuredo, Enrique Temes e tantos outros que forman parte da IXP.

Page 7: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 7

Editorial

Pero todo isto non sería posible se non contásemos cun produto de excelente calidade, que desta-ca pola súa tenreza, xugosidade e sabor, cuns gandeiros que sempre coidaron con agarimo aos animais, respectando o progreso pero á vez tamén as pautas produtivas tradi-cionais, e cunha industria cárnica que se esforzou na modernización e adecuación das súas instala-cións e procesos tecnolóxicos á normativa vixente.

Temos que lembrar tamén a boa acollida que ten a nosa carne por parte da maioría das cadeas de distribución e a confi anza dos con-sumidores, así como o apoio das Administracións públicas e dos medios de comunicación. Grazas a todos por facer posible que Terne-ra Gallega sexa a IXP de vacún de carne de referencia e a de maior dimensión e máis emblemática da Unión Europea.

Outro aspecto a subliñar é a ca-pacidade de entendemento e de unión entre as partes que compo-ñen a IXP. Produción tradicional, produción intensiva e industria cárnica sempre defenderon os seus intereses, pero sempre ad-mitiron que Ternera Gallega é un proxecto de todos.

Por iso estamos en disposición de decir, sen medo a equivocarnos, que o vacún de carne ten futuro, e sobre todo que Galicia pode liderar a produción de carne de calidade en España. Temos o clima axeita-do, recursos forraxeiros, gandeiros ben formados, industrias compro-metidas, un produto de calidade, un mercado en crecemento e un consello regulador prestixiado e elexido democraticamente, no que traballan actualmente 27 persoas, entre as que teño que destacar ao secretario executivo José Gómez, ao director técnico Antonio Xende e ao director de promoción Luís Vázquez, como expoñentes dunha plantilla con coñecementos e ex-periencia acreditada.

O futuro, sen lugar a dúbidas, pasa pola formación, o coñecemento e a capacidade para superar os retos pendentes, moitos deles estratéxi-cos pola súa importancia. Temos debilidades a superar, como son unha defi ciente planifi cación pro-dutiva no campo e a escaseza de gando de recría para cebar, que limitan o noso crecemento e con-dicionan o nivel de prezos e a co-mercialización dun xeito regular e ordeado ao longo do ano. Pero qui-zais os atrancos principais a medio prazo sexan a idade de moitos dos nosos gandeiros, a falta de relevo

xeracional nas explotacións e o despoboamento do rural. De ahí vén o noso interese e a nosa pro-posta da necesidade de elaborar un Plan Estratéxico Sectorial para o vacún de carne en Galicia, que potencie ao conxunto do sector e sobre todo que favoreza as siner-xias no campo e xenere ilusión na poboación.

Nese futuro tamén ten cabida a posta en marcha dun programa de internacionalización. Ternera Gallega acaba de abrir no pasa-do mes de setembro unha ofi cina comercial en Alemaña, concreta-mente en Düsseldorf, para coñe-cer de primeira man as oportunida-des de negocio e a posibilidade de exportar a nosa carne á Centroeu-ropa. Contamos co apoio do Igape e a participación de 3 industrias cárnicas.

Polo tanto, a Denominación non se detén, nin a nivel produtivo nin a nivel comercial, e este XXV Ani-versario ten que ser un punto de partida de cara ao futuro. A nosa vontade é seguir ofrecendo opor-tunidades reais de futuro aos gan-deiros galegos e ao conxunto do sector, e que a carne certifi cada por Ternera Gallega siga presidin-do as mesas dos consumidores que apostan polos hábitos saúda-bles, a dieta equilibrada e o pracer de tomar alimentos de calidade, nunha sociedade moderna que valora os produtos diferenciados e con garantía da súa orixe e do seu sistema de produción.

Que dentro doutros 25 anos a Indi-cación Xeográfi ca Protexida Ter-nera Gallega siga sendo líder no sector de vacún de carne, é tarefa de todos.

Remato señor Presidente, autori-dades e amigos todos, dándolles as grazas polo seu apoio e pola súa deferencia con esta Denominación de Calidade. Moitas Grazas.

Page 8: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

PARA SUBSCRIBIR O SEU SEGURO DIRÍXASE A: MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS • SEGUROS GENERALES RURAL • CAJA DE SEGUROS REUNIDOS

(CASER) • AGROMUTUA-MAVDA, SDAD. MUTUA DE SEG. • MUTRAL, MUTUA RURAL DE SEGUROS • PLUS ULTRA SEGUROS • UNIÓN DEL DUERO, CÍA.

DE SEGUROS • ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS • CASER MEDITERRÁNEO SEGUROS GENERALES, S.A. • MUTUALIDAD ARROCERA DE SEGUROS

• HELVETIA CÍA. SUIZA S.A. DE SEGUROS • BBVASEGUROS, S.A., DE SEGUROS • GENERALI DE ESPAÑA, S.A. SEGUROS • AXA SEGUROS GENERALES

• ASEFA, S.A. SEGUROS • SEGUROS CATALANA OCCIDENTE • FIATC, MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS • MGS SEGUROS Y REASEGUROS S.A. • REALE

SEGUROS GENERALES • CAJAMAR SEGUROS GENERALES S.A. • GES, SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. • METRÓPOLIS, S.A. CÍA. NACIONAL DE SEG. • MUSSAP,

MUTUA DE SEGUROS • MUTUA DE RIESGO MARÍTIMO • OCASO, S.A. DE SEGUROS • SANTA LUCÍA, S.A. CÍA. DE SEGUROS

Estou agroseguro!Estou máis ca seguro...

As enfermidades, os accidentes... son moitos

os riscos aos que está exposta unha

explotación gandeira. Riscos que poden

arruinar o teu negocio da noite á mañá.

Por iso cando me preguntan se estou seguro,

eu sempre respondo... Estou AGROSEGURO!

O seguro dos que están máis seguros

Inclúe como garantía adicional o saneamento gandeiro

Consulte co seu mediador de seguros

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

vacuno 195x295.pdf 1 25/03/14 16:45

Page 9: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

I Carreira Popular Móve con Ternera Gallega

VIII Xornada Técnica de Ternera Gallega, en Lugo

Acto institucional do XXV Aniversario da IXP, en Santiago

PARA SUBSCRIBIR O SEU SEGURO DIRÍXASE A: MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS • SEGUROS GENERALES RURAL • CAJA DE SEGUROS REUNIDOS

(CASER) • AGROMUTUA-MAVDA, SDAD. MUTUA DE SEG. • MUTRAL, MUTUA RURAL DE SEGUROS • PLUS ULTRA SEGUROS • UNIÓN DEL DUERO, CÍA.

DE SEGUROS • ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS • CASER MEDITERRÁNEO SEGUROS GENERALES, S.A. • MUTUALIDAD ARROCERA DE SEGUROS

• HELVETIA CÍA. SUIZA S.A. DE SEGUROS • BBVASEGUROS, S.A., DE SEGUROS • GENERALI DE ESPAÑA, S.A. SEGUROS • AXA SEGUROS GENERALES

• ASEFA, S.A. SEGUROS • SEGUROS CATALANA OCCIDENTE • FIATC, MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS • MGS SEGUROS Y REASEGUROS S.A. • REALE

SEGUROS GENERALES • CAJAMAR SEGUROS GENERALES S.A. • GES, SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. • METRÓPOLIS, S.A. CÍA. NACIONAL DE SEG. • MUSSAP,

MUTUA DE SEGUROS • MUTUA DE RIESGO MARÍTIMO • OCASO, S.A. DE SEGUROS • SANTA LUCÍA, S.A. CÍA. DE SEGUROS

Estou agroseguro!Estou máis ca seguro...

As enfermidades, os accidentes... son moitos

os riscos aos que está exposta unha

explotación gandeira. Riscos que poden

arruinar o teu negocio da noite á mañá.

Por iso cando me preguntan se estou seguro,

eu sempre respondo... Estou AGROSEGURO!

O seguro dos que están máis seguros

Inclúe como garantía adicional o saneamento gandeiro

Consulte co seu mediador de seguros

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

vacuno 195x295.pdf 1 25/03/14 16:45

Page 10: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

10 | Ternera Gallega

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

“MÓVE ” CON TERNERA GALLEGA

Dentro do programa conmemora-tivo do XXV aniversario, a Indica-ción Xeográfi ca Protexida organi-zou o pasado 13 de setembro, en Lugo, a I Carreira Popular-Móve con Ternera Gallega.

En colaboración co departamen-to de Deportes do Concello de Lugo, a cita convidou á participa-ción de homes, mulleres e nenos de todas as idades que puideron “moverse” con Ternera Gallega

e optar a numerosos e variados premios. Como broche fi nal, a IXP ofreceu unha degustación de car-ne para todos os atletas, na que colaboraron tamén outras fi rmas alimentarias galegas como a Indi-cación Xeográfi ca Protexida Pan de Cea, Augas Fontecelta e a coo-perativa láctea Feiraco.

Esta iniciativa é unha mostra máis da fi rme aposta que Ternera Galle-ga vén facendo polos hábitos de vida saúdable a través do depor-te, do consumo responsable, do fomento da dieta equilibrada e da cooperación con outros produtos alimentarios que cumpran coas máximas garantías de calidade.

Page 11: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 11

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

Ternera Gallega apostou pola cidade lucense para celebrar a primeira edición da súa Carreira Popular, xa que Lugo é a provin-cia con maior peso na IXP, con arredor do 77% das explotacións inscritas e do 62% dos tenreiros identifi cados.

Dos 748 inscritos, participaron na carreira arredor de 550 persoas entre nenos e adultos. Os premios principais consistiron nun trofeo de cerámica de Sargadelos, con forma de vaca e xato, e un lote de carne certifi cada por Ternera Ga-llega. O resto dos galardóns foron un kit de material de merchan-dising da Denominación e unha camiseta de Ternera Gallega que foi entregada a todos os partici-pantes. O percorrido deu comezo e rematou na Praza Maior de Lugo, pasando polas rúas Ramón Ferrei-ro, Mariña Española e de Galicia, así como polo adarve da muralla.

Os gañadores foron, na categoría de adultos masculino: J. A. Gude, J. M. Corral e P. González, e adul-tos feminina: P. García, S. Vázquez e J. Castro. Tamén houbo premia-dos nas categorías de infantís, ca-detes, xuvenís, iuniors, promesas e seniors, así como para os dife-rentes tramos de idade dentro das categorías de adultos e veteranos.

Page 12: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

12 | Ternera Gallega

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu, o pasado 2 de outubro, a VIII Xornada Técnica da IXP Ternera Gallega. Enmarcada esta edición no programa de actos conmemorativos do XXV Aniversario da Denominación, a xornada ofreceu un ano máis conferencias relacionadas co desenvolvemento rural, a nova PAC, a optimización dos procesos produtivos, a promoción, as características nutritivas e o consumo da carne de calidade certificada pola IXP.

A clausura, a cargo do subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na provincia, Ramón Losada; e o presidente de Ternera Gallega, Jesús González, deu paso ao xantar de exaltación e conmemoración para os máis de 400 participantes nas sesións. O apoio incondicional e a asistencia masiva demostran, a xuízo do presidente da IXP, “que o vacún de carne é un sector moi vivo e con futuro. Un futuro avalado polo saber facer dos gandeiros galegos, polo compromiso do sector e polas boas cifras de actividade acadadas neste primeiro cuarto de século, que pasa pola consolidación no mercado estatal e pola apertura aos mercados internacionais, proxecto que acaba de iniciarse e que confiamos que dea resultados satisfactorios”.

VIII XORNADAS TÉCNICASDE TERNERA GALLEGA

Page 13: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 13

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

“O Plan de Desenvolvemento Rural contempla liñas de axudas específi cas para o sector de vacún de carne”

O xefe do Servizo de Coordinación e Seguimento do Plan de Desenvol-vemento Rural (PDR) da Conselle-ría do Medio Rural e do Mar, Juan Manuel Martínez, situou as De-nominacións de Orixe Protexidas (DOPs) e Indicacións Xeográfi cas Protexidas (IXPs) neste programa que, tendo como base o do 2007-2013, arrancou no presente 2014 e se estenderá ata o 2020, con opor-tunidades reais para o sector de vacún de carne en Galicia. Finan-

ciado polo fondo europeo Feader nun 75%, o PDR contempla varias liñas de axuda específi cas para o sector, como as referidas ao fo-mento de razas autóctonas en peri-go de extinción, o manexo sostible de pasteiros ou aquelas dirixidas á agricultura para a mellora da biodi-versidade en zonas con limitacións naturais; así como outras transver-sais destinadas á contratación de mozos ou a plans de mellora inte-gral de infraestruturas.

“A nova PAC no horizonte 2015-2020 aposta pola ganadería e, sobre todo, pola conservación medioambiental”

O director-xerente da Asociación Española de Produtores de Vacún de Carne (ASOPROAC), Javier López, falou do segmento das carnes de vacún de calidade no marco da nova Política Agraria Común (PAC) 2015-2020 e da in-fl uencia e perspectivas para a IXP Ternera Gallega neste contexto. Desgranou o esquema xeral dos pagos directos a nivel nacional, unha vez se coñezan os borrado-res dos Reais Decretos, os eixos principais da rexionalización e da

converxencia, os pagos acopla-dos e outros temas relacionados. O directivo de Asoprovac lamen-ta a existencia dunha PAC exce-sivamente complexa, moi pouco produtivista e máis orientada á conservación medioambiental, que deixa a gandaría nun segun-do plano. A clave destas novas políticas marcadas desde Europa, concluíu, “é a procura do equili-brio das axudas nun nivel medio evitando grandes perdas, pero ta-mén grandes benefi cios”.

“Debemos aumentar a produtividade, mellorando a xenética, a sanidade, a reprodución e a alimentación”

O profesor titular do departamen-to de Produción Animal da Uni-versidad Politécnica de Madrid, Vicente Jimeno Vinatea, abordou os factores que determinan a rendibilidade e a calidade da car-ne de vacún certifi cada por Ter-nera Gallega, fundamentalmente en vacas nutrices. “Un segmento estratéxico para o sector en Es-paña, no que deberemos traba-llar urxentemente na mellora da súa produtividade se non quere-mos perder estrutura no mercado europeo”, asegurou. Jimeno re-feriuse ás principais ferramentas

coas que deberemos traballar na mellora da produtividade das ex-plotacións, centradas na mellora xenética, a sanidade, a reprodu-ción e a alimentación. “A través da mellora xenética deberemos producir tenreiros que respon-dan ás necesidades do mercado; a adecuación dos programas sa-nitarios permitiranos reducir as baixas de tenreiros e, mediante os programas de alimentación e reprodución, conseguiremos mi-nimizar os períodos improdutivos e controlar a duración do interva-lo parto-parto”, indicou.

Page 14: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

14 | Ternera Gallega

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

“O consumidor percibe a calidade de maneira integral,a nivel organoléptico, sanitario, nutritivo e culinario”

As exposicións relativas ao consu-mo de carne de calidade e factores infl uintes, centraron boa parte das exposicións. Por un lado, o actual docente e exdecano da Faculta-de de Veterinaria de Lugo, Lucia-no Sánchez García, afondou nas características organolépticas e nutricionais. En efecto, as propie-dades sensoriais e culinarias, co-mentou, cobran grande importan-cia para o comercio da carne; e catro son os puntais sobre os que debe asentarse: cor, tenreza, xu-gosidade e a confl uencia de olor e sabor que conforman o denomina-do fl avor. “As leis do mercado son

tales, opina Sánchez García, que impoñen esforzos a todos os esta-mentos involucrados na cadea de valor e obrigan a sometérense ás esixencias do consumidor, dirixi-das sobre todo cara á calidade e seguridade alimentarias. Fronte a condicionantes illados, o consu-midor percibe a calidade de ma-neira integral, tanto desde o punto de vista técnico-económico como organoléptico, sanitario, dietético, nutritivo, culinario ou gustativo”. Neste sentido, a carne de vacún cumpre os obxectivos de saciar o apetito, permitir gozar da comida e preservar a saúde. Realidade

“As receitas nacen da investigación do potencial gastronómico da carne amparada pola IXP”

Doutra banda, a infl uencia dos procesos tecnolóxicos e culi-narios chegou da man dun dos nomes propios da restauración galega. Actual xefe de cociña de Catering Boketé, membro do Gru-po Nove e colaborador habitual da IXP, o cociñeiro Javier Rodríguez Ponte “Taky” explicou as amplas e variadas posibilidades que ofrece Ternera Gallega na cociña actual. A carne dá lugar a numerosas re-ceitas que nacen da investigación sobre o potencial do patrimonio gastronómico amparado pola

Denominación e que combinan a exposición didáctiva das distin-tas pezas e cortes dunha canal de tenreira coa presentación de diferentes aspectos técnicos, xei-tos de conservación e despece do produto certifi cado pola IXP. “As receitas, fundamentadas na coci-ña tradicional pero sen renunciar á innovación que lle outorga a fu-sión con outras cociñas do mun-do, están preparadas de maneira sinxela e atractiva buscando que se coñeza a versatilidade e fun-cionalidade da materia prima”,

esta última á que cada vez se lle presta maior atención. As boas proporcións de oleico na carne da raza Rubia Gallega, sostén Sán-chez García, pode ser unha das razóns da súa boa aceptación no mercado por parte do consumidor.

obxectivo que, segundo Javier Rodríguez, debe buscar sempre a utilidade culinaria e desgustativa da carne amparada pola IXP.

Page 15: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 15

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

Os catro consellos reguladores reuniron en Compostela a máis de 260 representantes do sector agroalimentario nun acto institucional conmemorativo das súas vodas de prata.

Presidida polo presidente da Xunta de Galicia, á cita acudiu tamén o delegado do Goberno en Galicia e a conselleira do Medio Rural e do Mar, entre outras autoridades, que manifestaron o seu apoio e agradecemento a todos os que fixeron posible que estas Denominacións de calidade acadaran a gran consideración da que gozan hoxe en día en España.

Os presidentes dos Consellos Reguladores coincidiron en lembrar que os produtos de calidade trazan o camiño a seguir en Galicia e garanten o futuro do medio rural, apostando pola innovación e a diferenciación para competir nuns mercados cada vez máis globalizados.

AS DENOMINACIÓNS ARZÚA-ULLOA,MEL DE GALICIA, PATACA DE GALICIA E TERNERA GALLEGA CUMPREN 25 ANOS COMO REFERENTES

DA CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA

Page 16: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

16 | Ternera Gallega

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

A capela real do compostelán Hostal dos Reis Católicos acolleu a celebración do XXV aniversario de catro dos consellos regulado-res galegos de produtos de cali-dade con máis recoñecemento e proxección dentro e fóra das no-sas fronteiras: a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa e as Indicacións Xeográfi cas Protexi-das Mel de Galicia, Pataca de Ga-licia e Ternera Gallega. Presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e respaldado por nu-merosos representantes dos sec-tores involucrados, o acto reuniu a máis de 260 persoas cun obxectivo común: conmemorar este primeiro cuarto de século facendo un ba-lance positivo da súa traxectoria e apostando decididamente polo futuro, no que teñen o cometido de poñer en valor e dignifi car as producións de calidade e servir de motor para o desenvolvemento so-cioeconómico do agro galego.

Unha actuación musical a cargo do coro de cámara Orfeón Terra

A Nosa abriu a gala, dando paso á proxección da peza audiovisual “25 anos con Denominación”, un vídeo que percorreu a historia que fi xo e fai posible a existencia destes catro consellos regulado-res, os fi tos máis signifi cativos, os momentos e contextos clave na súa evolución, o paso cara a economías e mercados globais e a necesaria adaptación e moder-nización tecnolóxica que permitiu constituílos en referentes indiscu-

tibles da produción agraria galega de calidade desde todas as pers-pectivas e chanzos da cadea de valor. Produtores, industrias, dis-tribuidores e consumidores iden-tifícanse hoxe en día con este sa-ber facer de calidade, embaixador da marca Galicia en todo o mundo.

Unha degustación de produtos con denominación de calidade, amparados polos diferentes con-sellos reguladores galegos, puxo fi n á celebración de aniversario.

Page 17: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 17

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

Carne de vacún, mel, queixo e pataca: alimentos embaixadores da marca Galicia

A DOP Arzúa-Ulloa ampara o tradicional queixo de forma plana, lenticular, elaborado con leite de vaca, cru ou pasteurizado. Segundo a súa maduración, diferencianse dúas categorías, Arzúa-Ulloa e Arzúa-Ulloa Curado. O seu ámbito de produción inclúe un total de 32 concellos das provincias da Coruña, Lugo e Ponte-vedra. Na actualidade, a marca integra a un total de 1.042 gandeiros e 21 queixerías. Certifi ca 3.211.609 kgs. de queixo cun valor económico estimado de case 21 millóns de €.

A IXP Mel de Galicia conseguiu duplicar nos últimos anos a súa capacidade produtiva. Ampara o mel pro-ducido, elaborado e envasado de xeito tradicional en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, primando a calidade en todos os procesos. Aúna tradición, bo facer e orixe e pódese dicir que vai da fl or á mesa, xa que non sofre ningún tipo de transformación ou procesado. Hoxe en día, é a Denominación de mel de España con máis inscritos e que máis mel certifi ca. Inclúe a 317 apicultores que reúnen preto de 35.000 colmeas; e 34 industrias envasadoras, xerando un valor económico estimado en preto dun millón de €.

A zona amparada pola IXP Pataca de Galicia localízase nas comarcas de Bergantiños, Terra Chá, A Mariña, Lemos e A Limia. Ampara as patacas de consumo da variedade Kennebec, obtidas segundo as prácticas de cultivo tradicionis para acadar unha calidade óptima. Hoxe, un total de 110 produtores, que cultivan este tubérculo en máis de 265 Ha. de superfi cie, e 9 plantas envasadoras, conforman a Denominación. A comer-cialización é duns seis millóns de quilos, cun valor económico estimado en máis de 3 millóns de €.

Ternera Gallega ampara e protexe a carne fresca de vacún procedente dos animais nacidos, criados e sacrifi cados en Galicia. Na actualidade acolle un total de 7.654 explotacións, onde se idenifi can arredor de 116.000 tenreiros, así como 71 industrias cárnicas onde se identifi can máis de 84.000 canais. Comercia-lízanse unhas 18.000 toneladas de carne de calidade, cun valor económico duns 100 millóns de €, o que a converte na IXP do seu ramo máis importante da Unión Europea. Considerando a idade, o manexo e a ali-mentación do animal, distínguense dúas categorías principais: Ternera Gallega e Ternera Gallega Suprema.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o Delegado do Goberno, a conselleira do Medio Rural e do Mar, e os presiden-tes dos Consellos Reguladores Ternera Gallega, Mel de Galicia, Arzúa-Ulloa e Pataca de Galicia.

Page 18: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

18 | Ternera Gallega

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na Capela Real do Hostal, onde tivo lugar o acto.

A presentadora do acto, María Solar, saudando os membros da mesa presidencial.

Un momento da actuación do Coro de Cámara Orfeón Terra A Nosa que foi o encargado de amenizar a velada.

Autoridades e presidentes dos catro Consellos Reguladores no exterior do Hostal dos Reis Católicos.

Algúns dos invitados no cóctel degustación de produtos con indicativo de calidade que se celebrou ao fi nal do acto.

Page 19: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 19

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

As Denominacións de calidade: fundamentais para o mantemento e o desenvolvemento do medio rural

O presidente da DOP Arzúa-Ulloa, Xosé Luís Carrera, lembrou que os queixeiros eran “un grupo de xen-te nova que querían vivir do rural e no rural, moi empeñados en que se recoñecese a calidade dos nosos queixos tradicionais”. Ade-mais recordou que “aqueles co-mezos, non foron doados. A iner-

cia de séculos, sen máis ca unha mínima industrialización agraria, moito máis mínima na nosa área no cerne de Galicia, difi cultaban a transmisión da idea de outorgar unha protección legal ao queixo galego. Pero hoxe o noso queixo cada vez está máis posicionado no mercado español”.

A presidenta da IXP Mel de Gali-cia, Esther Ordóñez, salientou o longo camiño percorrido nestes 25 anos para pór en valor non só o mel de Galicia senón tamén o agro e a gandaría galegas. Non esque-ceu o agradecemento a “todos os que traballaron coma obreiras fa-cendo que esta gran colmea sexa

cada vez máis recoñecida tanto a nivel rexional, nacional coma in-ternacional; así como a todas as persoas que formaron e forman parte desde ouro doce”. Subli-ñou tamén que “Galicia ten moito potencial apícola e a apicultura é unha gandaría con futuro baixo este selo de calidade”.

O presidente da IXP Pataca de Galicia, Julio Gómez, destacou na súa intervención “os retos que para o futuro ten esta Denomina-ción, como son a inclusión dou-tras variedades de pataca, como a autóctona denominada Fina de Carballo ou a Agria, moi axeita-

das para fritir, e tamén a amplia-ción a outras zonas produtoras de Galicia”. Agradeceu ademais, aos agricultores e envasadores “que apostaran por este distin-tivo de calidade e aos vogais e traballadores do Consello, o seu esforzo a prol da Denominación”.

A DOP Arzúa-Ulloa, a IXP Mel de Galicia, a IXP Pataca de Galicia e a IXP Ternera Gallega, son o resulta-do da obra de moitos galegos que souberon modernizarse e evolu-cionar sen renunciar ás tradicións ancestrais de produción, para

responder adecuadamente aos avances técnicos e ás esixencias do consumidor en cada momento. Fixérono outorgando valor ao me-dio rural galego no seu conxunto, gañando en competitividade e ren-dibilidade, e en sintonía cos novos

mercados internacionais e as no-vas políticas agrarias europeas que establece a PAC. Sectores, en defi nitiva, dinámicos e vivos, que miran ao futuro con proxectos e boas expectativas, e que apostan pola potenciación do medio rural.

O presidente da IXP Ternera Ga-llega, Jesús González, destacou na súa intervención o bo facer de todos os que formaron e for-man parte activa da Indicación Xeográfi ca Protexida ao longo destes 25 anos. “Un proxecto de país que naceu para defender a carne de vacún e para poñer en

valor o medio rural galego, fi xar poboación onde historicamente viviu e facer posible a susten-tabilidade ambiental, en base a produción e comercialización da carne de calidade que ampara e que conta na actualidade co máximo recoñecemento do con-sumidor galego e estatal”.

Page 20: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

20 | Ternera Gallega

Actos conmemorativos XXV Aniversario da IXP Ternera Gallega

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o novo Plan de Desenvolvemento Rural destinará máis de 100 mi-llóns de € para fortalecer o sector agroalimentario galego e valorizar os procesos de transformación e comercialización. O proxecto consignará tamén unha partida específi ca de 15 millóns de euros para afondar na proxección dos produtos amparados baixo as De-nominacións de Orixe Protexidas e as Indicacións Xeográfi cas Pro-texidas. Explicou que os consellos reguladores Arzúa-Ulloa, Mel de Galicia, Pataca de Galicia e Ter-nera Gallega representan a preto

Cadro de persoal da IXP Ternera Gallega que asistiu ao seu XXV Aniversario.

Momento da intervención no acto do presidente da Xunta de Galicia.

de 9.200 produtores, apicultores e gandeiros, e integran a un total de 140 industrias. Así mesmo, desta-cou que en 2013 facturaron máis de 123 millóns de € con certifi ca-ción de case 26 millóns de quilos de produtos, que equivale ao 35% do valor económico total que aca-dou a produción das 33 marcas de calidade diferenciada rexistradas actualmente en Galicia.

Destacou, ademais, que o Gober-no galego traballa actualmente en favorecer a innovación, a ca-lidade e a internacionalización da industria agroalimentaria galega, e estes distintivos de proceden-cia, dixo, demostran que Galicia xa ten un treito do camiño andado porque imprimen unha marca de calidade diferenciada á nosa ma-teria prima que sitúa os produtos galegos nunha posición de vanta-xe competitiva.

A marca Galicia Calidade: competir desde a excelencia

O titular do Executivo autonómi-co remarcou que potenciar e di-fundir a calidade do que Galicia produce é a porta pola que entrar a novos mercados, e cara a este mesmo obxectivo destacou que

está orientada a estratexia de reforzamento da marca Galicia Calidade, que é, agregou, o prin-cipal instrumento para competir comercialmente desde a excelen-cia. Segundo apuntou, o obxectivo é convertela nunha marca parau-gas que identifi que fóra das nosas fronteiras os produtos galegos de todos os sectores, e facela ex-tensiva ás empresas da industria agroalimentaria e do mar.

Poñer en valor a produción

Feijóo precisou que a industria agroalimentaria galega está inte-grada por 2.500 empresas, cunha facturación superior aos 4.600 mi-llóns de euros anuais e unha ocu-pación próxima aos 21.000 postos de traballo.

Deste xeito, subliñou que é aí onde maior pulo debe cobrar a aposta pola modernización deste sector, pola mellora nos procesos de transformación e comerciali-zación; porque é o modo de facer evolucionar esta estrutura empre-sarial e de poñer en valor a súa produción que, ao mesmo tempo, demostra o potencial que agocha o rural de Galicia.

Page 21: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 21

Colaboración Técnica

Introdución

Cando se fala de carne de vacún calquera consumidor asocia in-mediatamente este produto cunha auténtica imaxe de marca, cun concepto global de calidade que se sustenta nunha cría tradicional, nunha imaxe moi nítida do campo, onde un tenreiro dunha raza autóc-tona mama da nai e é sacrifi cado bastante novo para producir unha carne cuxa incomparable calida-de, tenreza e sabor é apreciada dentro e fóra das nosas fronteiras. Con todo, a noción de calidade ten

as veces un signifi cado diverxente entre os seus empregadores (pro-dutor, recriador, industrial, comer-cializador almacenista, detallista e consumidor).

O criador interésase polas cali-dades de cría: a porcentaxe de animais destetados e os pesos ao destete. O recriador busca as calidades de crecemento: o índi-ce de conversión e a velocidade de crecemento. O carniceiro e o consumidor buscan as calidades da canle e da carne: o rendemento da canle, o rendemento en carne e

a cor, a tenreza e a suculencia da mesma. Non obstante, as leis do mercado son tales que impoñen esforzos a todos eles para some-terse a unhas esixencias do con-sumidor que se dirixen cara a ca-lidade e a seguridade alimentaria.

Con estas formulacións de mer-cado hai que aceptar como moi válida a vella defi nición de calida-de da carne: poder de atracción sobre o comprador e capacida-de para satisfacer a este cando se converte en consumidor. Na confl uencia destes dous factores

O CONSUMO DE CARNE DE CALIDADE CERTIFICADA: INFLUENCIA DAS

CARACTERÍSTICAS ORGANOLÉPTICASE NUTRICIONAIS

Luciano Sánchez García

Page 22: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

22 | Ternera Gallega

Colaboración Técnica

está a clave do éxito. Pero o que o consumidor quere é a calidade completa, tanto técnico-económi-ca, como organoléptica, sanitaria, dietética, nutritiva, culinaria ou gustativa. Deséxase, en defi nitiva, a calidade total, infl uenciada por características e estas por atribu-tos, que veñen representar indica-dores desa calidade da carne. Así mesmo, a máis idónea combina-ción destes indicadores, segundo a actitude dos consumidores, vai-nos proporcionar a mellor acepta-bilidade da carne.

Os atributos de calidade dos produtos son moitas veces dis-frazados ante o consumidor con mensaxes xenéricas dalgúns dos nutrientes da súa composición e baixo un bo control sanitario que mentaliza bastante ao receptor dos mesmos.

Con todo, cada día faise máis ne-cesario pola súa oportunidade co-municar a este consumidor os as-pectos técnicos máis importantes que intrinsecamente ten o produ-to, por canto o seu coñecemento permite elixir e comparar, para, en defi nitiva, aceptar o mellor como a opción idónea da satisfacción do gusto, o recreo da aceptabilidade e a garantía do san e o natural.

Ao consumidor interésanlle parti-cularmente as características in-trínsecas da carne: que teña pou-

ca graxa e unha cor apetecible, que se cociñe rapidamente, que sexa tenra, que sexa zumenta, xu-gosa e teña bo sabor.

A carne satisfaría ao consumidor cando cumpra todos estes requi-sitos e dunha maneira continuada, é dicir, que sempre que compre a mesma carne deberá recibir a mesma impresión. De aí, a gran importancia que ten matizar e di-ferenciar os atributos de calidade relacionados coa cor, tenreza, fl a-vor e xugosidade da carne.

Propiedades sensoriais e culinarias da carne

As propiedades sensoriais e cu-linarias da carne son percibidas polos sentidos dos consumidores sendo, por iso, de enorme impor-tancia para o comercio da carne.

As de maior infl uencia son catro: cor, tenreza, xugosidade e fl avor.

A cor da carne é o criterio princi-pal co que os consumidores ava-lían a calidade da carne e a súa aceptabilidade, mesmo pode che-gar instintivamente, a relacionalo coa tenreza, grao de frescura e ata co seu sabor, aroma e xugosidade.

Das características organolépticas da carne, quizais sexa a cor xunto coa tenreza, as que máis infl úen como elementos ou criterios para a súa elección por parte do consu-midor. En España, coa introdución dun sentido máis persoal nos há-bitos de consumo, o propio con-sumidor descubriu que as carnes rosadas teñen tanto sabor e aroma como as carnes escuras, pero coa vantaxe de que son máis tenras e con máis atractivos culinarios.

A segunda característica im-portante é a tenreza, que mide a facilidade con que unha carne pode ser mastigada. Despois da cor, esta cualidade é considera-da como a primordial pola maior parte dos consumidores, de ma-neira que se a carne non é tenra rexéitase sistematicamente, aínda cando é zumenta e con bo sabor. A tenreza varía coa cantidade e calidade do tecido conxuntivo e co grao de alteración das proteí-nas estruturais no curso da ma-duración, fundamental para que a carne estea tenra e xugosa.

CADRO 1.- Aspectos considerados habituais na compra de carne:

A cor 77,5O corte da carne 51,1Que non teña grasa/que sexa magra 45,1O prezo do quilo 34,6O tamaño do corte 32,6Certifi cación de calidade 28,7O lugar do que procede 28,1A data de caducidade 17,2Instrucións/suxerencias preparación 7,0Que fora alimentada con pasto 5,6Crianza no lugar de compra 1,7Que estea xugosa,tenra, fresca 0,9Limpeza 0,4Teñen carne propia 0,2Outras 0,8Ningún 5,4

Page 23: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 23

Colaboración Técnica

A terceira propiedade sensorial apreciada polo consumidor é a xugosidade da carne. que com-prende dous acontecementos simultáneos. O primeiro consiste na liberación da auga ao comezo da mastigación; o segundo é máis prolongado e resulta da estimula-ción da salivación polos lípidos. A xugosidade como calidade orga-noléptica depende entón do poder de retención de auga, da cantida-de e, pode ser, que da natureza dos lípidos da carne.

Cando o consumidor aceptou favorablemente a cor, a tenreza e a xugosidade da carne, aínda queda unha cuarta e defi nitiva propiedade que é o fl avor, con-fl uencia de cheiro e sabor que proporciona o pracer do gusto. O fl avor da carne está determinado pola composición química e os ingredientes achegados a esta última pola cocción.

Valor nutritivo e dietético da carne

As motivacións dos humanos so-bre as preferencias alimenticias non sempre coinciden plenamen-

te coas leis da alimentación, xa que se rexen fundamentalmente polas necesidades fi siolóxicas, en especial a fame, polo pracer sensorial (gusto, olfacto), pracer psicolóxico (promoción, distin-ción social), calidade de vida e prezos (economía de tempo e esforzo na preparación culinaria familiar) e polo temor ás enfermi-dades (cardiovasculares, hiper-tensión, obesidade, arterosclero-sis, etc.) que vén a representar a característica de maior valor na calidade dietética.

Cada vez é maior a atención que se presta á inxesta de graxa, es-pecialmente de orixe animal, sobre as enfermidades cardiovasculares e a relación destas enfermidades cos niveis de colesterol no sangue.

Actualmente crese que os ácidos graxos saturados, principalmente o palmítico, pero non o esteárico,

ao parecer debido a súa rápida conversión en oleico, son os res-ponsables, nas persoas suscepti-bles, da elevación do nivel de co-lesterol de baixa densidade (LDL) que se consideran negativas con respecto ao nivel de colesterol e á aparición de enfermidades car-diovasculares.

Os ácidos graxos insaturados pa-recen ter un efecto oposto, dimi-nuíndo o nivel de colesterol e de LDL. Os ácidos graxos poliinsa-turados, dos cales o linoleico é o máis importante desde o punto de vista cualitativo, parecen reducir ao mesmo tempo a concentración das lipoproteínas de alta densida-de (HDL) que se consideran bene-fi ciosas en relación á aparición de problemas cardiovasculares.

O ácido oleico, monoinsaturado, reduce o nivel de LDL e non o de HDL, polo que se considera máis benefi cioso. Iso explica a bon-dade atribuída ao aceite de oliva fronte a outros aceites con conti-do de ácido oleico inferior, como o de soia, o de xirasol normal e o de millo. En todo caso, parece que a proporción LDL/HDL, que é máis importante que a cantidade de HDL, vese reducida polos ácidos graxos poliinsaturados, polo que poden considerarse benefi ciosos desde este punto de vista.

Algúns ácidos graxos presentes no peixe, especialmente peixe azul, como o eicosapentaoico e o docosahexanoico, teñen pro-piedades antiagregantes das pla-quetas, polo que se consideran benefi ciosos na protección contra as enfermidades cardiovascula-

CADRO 2.- Opinións dos consumidores para as diferentes carnes

Vacún Polo Porco Cordeiro Ningunha NS/NCBarata 3,3 68,7 18,2 1,5 8,1 0,2Sá 34,0 30,8 3,6 12,4 16,2 3,0Dixestiva 19,6 51,9 2,4 6.0 19,2 0,9A súa preferida 37,3 19,3 15,1 20,1 4,9 3,2A que máis consume 40,3 29,2 15,5 8,4 4,9 1,6

Page 24: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

24 | Ternera Gallega

Colaboración Técnica

res. O ácido linolínico (18:33) é un precursor metabólico e atópase nalgúns aceites vexetais.

A partir destes conceptos poden comprenderse os esforzos que se están realizando para coñecer a composición da graxa da carne, nas súas diferentes orixes, co obxecto de mellorar a calidade dietética.

Quizá chegase o momento no que o consumidor coñeza, en cada carne de calidade, o seu perfi l de ácidos graxos como un indicador máis desa calidade.

As novas tendencias nos hábi-tos de consumo, ás que fi xemos mención, móstrannos un cambio importante no tipo de animais e razas utilizadas para a produción actual de carne bovina, cunha cla-ra orientación cara a canles ma-gras, co que o produto consumido é moi diferente do que fai soa-mente 10 ou 15 anos atopabamos no mercado. As diferenzas concir-nen, en particular, ao compoñente

lipídico, no que se aprecia non só unha diminución do contido total dos lípidos (e do colesterol, por suposto) senón tamén un cambio sorprendente na composición dos ácidos graxos. Resulta profunda-mente modifi cada a relación exis-tente entre as clases de ácidos graxos, cun aumento signifi cativo do compoñente poliinsaturado e, en particular do ácido linoleico. Este panorama, sen dúbida positi-vo desde o punto de vista nutricio-nal, pode evidenciarse nalgunhas carnes en España como a Ternera Gallega, cuxos porcentaxes de ácidos graxos indican que a maior proporción é de oleico (41,35), se-guindo en cantidades porcentuais importantes o palmítico (24,18), esteárico (17,28) e linoleico (4,35),

O incremento da concentración de oleato infl uencia a palatabilida-de e percepción da carne, de ma-neira que, a medida que aumenta a porcentaxe, mellórase a puntua-ción nos paneis de cata. As boas proporcións de oleico na carne

de Ternera Gallega pode ser unha das razóns da súa aceptación no mercado por parte do consumidor, xa que esta cantidade non debe de tomarse en termos absolutos senón en relación proporcional cos contidos de mirístico (2,59) e palmítico (24,18).

Doutra parte, tamén hai que lem-brar que a proporción de mollos no longissimus dorsi está corre-lacionada negativamente cos contidos de mirístico e palmítico e positivamente coa relación de ácidos graxos insaturados/satu-rados, co que a xugosidade de Ternera Gallega (12,5) podería ser unha das consecuencias da com-posición da graxa intramuscular e un dos factores de infl uencia na percepción positiva do consumi-dor. De aí, a súa importancia en utilizar estes atributos como indi-cadores de calidade debidamente combinados con outros de tipo sensorial, hixiénico ou os que se atopan dentro do plan dietético que xa comentamos, incluíndo, por suposto, os de carácter po-sitivo que infl úen favorablemente na saúde e no mellor desenvolve-mento do corpo humano.

Precisamente estes últimos con-ceptos, os que descobren a bon-dade da carne, son os que o con-sumidor coñece pouco, nada ou de forma moi xeral, porque van representar, posiblemente, novos indicadores da calidade da carne que deben transmitírselles ade-cuadamente.

Os consumidores non deben de esquecer que a carne é unha fonte de proteínas de primeira calidade, que vai infl uír favorable-mente no crecemento dos nenos, o desenvolvemento dos mozos, na mellor alimentación dos anciáns e en cumprir cos obxectivos dos hu-manos: saciar o apetito, gozar da comida e preservar a saúde.

Page 25: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

Ternera Gallega | 25

Actualidade

PLAN DE INTERNACIONALIZACIÓN DE TERNERA GALLEGA

O Consello Regulador da Indica-ción Xeográfi ca Protexida Ter-nera Gallega puxo en marcha no presente ano o seu plan de in-ternacionalización para explorar novos mercados fóra da Penín-sula Ibérica, onde conta xa con arredor de 1.300 puntos de venda. Para poder levalo a cabo, a IXP accedeu a unha axuda á primeira implantación promocional no ex-terior (Plan PRIMEX) do Instituto Galego de Promoción Económi-ca (IGAPE), que fi xo posible que desde o pasado mes de setembro Ternera Gallega conte xa cunha ofi cina promocional-comercial en Alemaña, emprazada na localida-de de Mülhein an der Ruhr, próxi-ma a Düsseldorf.

O delegado de Ternera Gallega no país xermano é Hans Ulrich Schneider, un profesional con ampla experiencia internacio-nal, que foi director da ofi cina do IGAPE en Berlín. O obxectivo da IXP nesta país é localizar ni-chos de mercado con alto poder adquisitivo para comercializar a carne amparada pola IXP, au-mentando así o seu coñecemen-to e fomentando o seu consumo. O seu labor principal céntrase en atopar posibles maioristas e dis-

tribuidores para os sectores da restauración, carnicerías e ca-deas comerciais.

Para o vindeiro ano 2015, Ter-nera Gallega realizará diversas actividades de tipo promocional e divulgativo dirixidas a distintos públicos obxectivo, como presen-tacións e encontros comerciais en varias cidades alemanas. Ditas presentacións estarán acompa-ñadas de degustacións co fi n de

dar a coñecer as características organolépticas do produto e as súas vantaxes comerciais. Dentro do plan están previstas ademais accións publicitarias e misións comerciais inversas.

Anuga, o xerme do seu proceso de expansión O Plan de Internacionalización de Ternera Gallega comezou coa asistencia da Denominación a unha das feiras internacionais de alimentación máis grandes do mundo, como é Anuga, celebrada en Colonia, en outubro de 2013. Un importante foro de traballo no que Ternera Gallega mantivo encontros comerciais con fi rmas de primeira orde na importación e exportación de carne presentes na Feira, e na que facilitou información directa aos visitantes profesionais sobre a orixe, trazabilidade e propiedades da carne con indicativo de calida-de que ampara a Denominación.Hans Ulrich Schneider na ofi cina da IXP en Alemaña

Page 26: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912

26 | Ternera Gallega

Referencia: Xovenco

Consello Regulador da IXP Ternera Gallega

Recinto Feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

Xovenco quere facer desta páxina o cortello máis animado de toda a revista. Graciñas a todos os xovencos e xovencas que participaron enviándonos os seus debuxos, fotos, contos, adiviñas, chistes... e animámosvos a seguir participando con todo aquilo que se vos ocorra. Agárdanvos un montón de agasallos. O enderezo é:

A páxina de XovencoOs máis pequenos da casa tamén se animaron a participar na I Carreira Popular-Móve

con Ternera Gallega. Estas son algunhas das imaxes dos participantes:

Mirade que debuxo más bonito nos mandou un dos nosos amigos

xovencos. ¡Animádevos a enviarnos os vosos contos

ou debuxos!

Daniel Gómez Novo, 8 anosPena, Castroverde (Lugo)

Page 27: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912
Page 28: XXV Aniversario da IXP Ternera GallegaXXV Aniversario da IXP Ternera Gallega Actualidade Plan de Internacionalización da IXP Ternera Gallega 1989 - 2014. E irix@irix.es T 981 912