Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador •...

24
Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planificación de partos e acabado dos tenreiros Actualidade Ternera Gallega reforza a súa imaxe Entrevista Enrique Díaz Yubero, Director Unidade de Rumiantes de Zoetis Informe de Actividade 2012

Transcript of Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador •...

Page 1: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013

Información SectorialPlanifi cación de partos

e acabado dos tenreiros

ActualidadeTernera Gallegareforza a súa imaxe

EntrevistaEnrique Díaz Yubero,Director Unidade de Rumiantes de Zoetis

Informe de Actividade 2012

Page 2: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado
Page 3: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013

Ternera GallegaSumario

22

11

16

18

21

47

8

Edita

Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

Coordina

Karen Wernink

Redacción

Montse Calvo

Laura Enríquez

Administración

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Impresión

Gráficas Garabal, S.L.

Tirada

8.000 exemplares

Consello Regulador

da IXP Ternera Gallega

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

A Coruña (España)

Tels.

981 57 57 86

981 57 48 99

Fax

981 57 48 95

Correo electrónico

[email protected]

web

http://www.terneragallega.com

© Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

D.L.: C/692/2003

ActualidadeTernera Gallegareforza a súa imaxe

Ternera Gallega colabora coas escolas infantís do SERGAS

Información SectorialPlanifi cación de partose acabado dos tenreiros

InformeActividade da IXP Ternera Gallega durante o ano 2012

EntrevistaEnrique Díaz Yubero,director unidade de rumiantes de Zoetis España

Colaboración TécnicaSeguro para o gando reproductor e de recría de leite e carne

Información TécnicaTernera Gallega renova a súa acreditación ENAC

A Páxina de Xovenco

Page 4: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

4 | Ternera Gallega

Actualidade

Segundo a tendencia anual do Consello Regulador da IXP Ter-nera Gallega de estudiar as es-tratexias que deben seguir as súas campañas de promoción, divulgación e publicidade, neste ano 2013 decidiuse afondar no in-cremento da notoriedade e ima-xe de marca de calidade de Ter-nera Gallega. A Denominación busca reforzar a súa imaxe entre os consumidores, tanto a nivel autonómico (o mercado máis im-portante polo maior consumo por establecemento e persoa), como a nivel estatal, habida conta de

que máis do 65 % dos establece-mentos acollidos a convenios de colaboracion atópanse fóra de Galicia na actualidade.

Campaña en TV

É por isto que a IXP deseña e planifi ca as súas accións pu-blicitarias e promocionais aten-dendo aos mercados galego e estatal e aposta a ser posible pola televisión como un dos me-dios de maior alcance. Neste senso, desenvolveu unha cam-paña publicitaria na canle públi-

TERNERA GALLEGAREFORZA A SÚA IMAXE

A IXP puxo en marcha, desde febreiro a maio, unha campaña promocional e de publicidade en distintos medios de comunicación autonómicos e nacionais co fin de reforzar a súa imaxe e potenciar un maior coñecemento da carne amparada, que repercuta favorablemente no consumo e nos prezos en orixe. Os slogans escollidos CóidaT e NútreT, manteñen a sintonía coa actual liña de comunicación de Ternera Gallega, enfocada a trasladarlles aos consumidores as características diferencias de calidade de Ternera Gallega, as súas grandes posibilidades gastronómicas, asociadas con hábitos de vida saudables, dieta sá e equilibrada, e o pracer de consumir una carne de máximas garantías.

Page 5: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 5

Actualidade

ca galega, a TVG, complementa-da na emisora de tirada rexional Popular TV e en televisións co-marcais como Correo TV, do Grupo El Correo Gallego, ou a canle do Sur de Pontevedra Vía V, mediante a emisión de spots e caretas de patrocinio en pro-gramas de máxima audiencia emitidos nas principais franxas horarias como os telexornais, (o tempo, deportes...).

Esta campaña, ademais de fo-mentar o consumo, contempla tamén o reforzo promocional da marca Ternera Gallega Su-prema-Carne de Rubia Gallega, iniciada o pasado ano noutros medios de difusión, no marco do Convenio de colaboración asinado entre ACRUGA e a IXP. A divulgación desta marca completarase con insercións ao longo do ano na prensa escrita, como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso, La Región, Atlántico Diario, El Ideal Gallego, etc., e nas publicacións espe-cializadas na restauración como Hostelería Galega & Turismo.

CÓIDA e NÚTRE

De acordo co criterio de outor-garlle máxima notoriedade e di-fusión ás campañas de comuni-cación de Ternera Gallega, este ano optouse tamén por inserir as mensaxes en revistas de te-mática social a nivel estatal, nas primeiras do ranking por nú-mero de lectores (máis de seis millóns semanais), por tirada e por impacto social, como son Hola e Pronto. Ademais, as pu-

blicacións Saber Vivir e Cocina Fácil, principais referencias do ámbito da saúde e dos aspectos culinarios, foron escollidas para formar parte das canles de difu-sión da campaña da IXP, co fi n de reforzar o coñecemento das altas propiedades nutricionais e gastronómicas da súa carne en-tre o público interesado.

En paralelo coas campañas na TV e na prensa escrita, tamén se realizaron accións divulgativas nalgunhas das principais emi-soras de radio. En Galicia, Ter-nera Gallega contou cun espazo semanal no programa “Voces de Galicia”, de Radio Voz, onde se explicaron en profundidade as características de control e as garantías nutricionais e culi-narias da carne amparada pola IXP. Pola súa banda, no ámbito estatal de cobertura radiofónica, a Denominación contratou unha serie de microespazos no pro-grama “La Mañana”, da cadena Cope, onde o seu director, Javi Nieves, e os seus colaboradores mantiñan conversas entretidas e amenas sobre as características de Ternera Gallega e o potencial da súa carne.

Puntos de venda

A campaña promocional co-mentada ten continuidade ta-mén nos puntos de venda, gra-zas á renovación da identidade visual corporativa: desde carte-lería e elementos identifi cativos da IXP, pasando por receitarios e outros materiais de merchan-dising, co obxectivo de estimu-

lar a compra de Ternera Gallega por parte do consumidor fi nal.

Todas estas accións de promo-ción e comunicación comparten a fi nalidade de potenciar o con-sumo de Ternera Gallega, se-guir posicionando activamente a IXP no mercado e mellorar a súa comercialización, a través do reforzamento da súa imaxe, das campañas de medios e da información directa nos esta-blecementos de venda aos con-sumidores.

Page 6: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

6 | Ternera Gallega

Actualidade

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega segue apostando por iniciativas que lle permiten estar preto de todos os públicos, profesionais do sector de vacún de carne, da hostalería, consumi-dores, deportistas…, reforzando así a súa proximidade coa socie-dade en xeral.

Bo exemplo disto é o apoio da IXP á capacitación profesional e ao fomento, entre os máis novos, do emprego de produtos con indica-tivo de calidade na elaboración de novas receitas. De aí que decidira participar, o pasado mes de mar-zo, na décimocuarta edición do Concurso de Cociña e Coctelería que se celebrou no I.E.S. Fraga do Eume, en Pontedeume. Unha cita que permitiu, aos estudantes dos dez centros de hostalaría partici-pantes, pór en práctica os coñe-cementos culinarios adquiridos nas aulas.

A Denominación mantén tamén a súa aposta polos hábitos de vida saudables, combinando o deporte coas bondades da carne. Como boa proba disto e no marco da co-laboración da IXP co Club Balon-cesto Obradoiro, Ternera Gallega estivo presente no partido contra o Barcelona, celebrado o pasa-do mes de abril, no Multiusos do Sar en Santiago de Compostela, permitíndolle aos espectadores degustar, en directo, a calidade, tenrura, xugosidade e sabor da carne que certifi ca.

Ademais, a IXP segue dando a coñecer os diferentes aspectos nutricionais e culinarios da súa carne, colaborando en festas-de-gustación, como as de Láncara e Paradela, e impartindo charlas informativas ás asociacións de

A CARNE DE TERNERA GALLEGACHEGA A TODOS OS PÚBLICOS

consumidores de Galicia. Nos últimos meses a Denominación deu charlas en Mazaricos, Fene, Ferrol, Sanxenxo e Riveira. Citas ás que acudiron máis de 150 con-sumidores pertencentes ás aso-ciacións de ditas localidades.

Todo isto sen esquecer a súa pre-senza nas citas gastronómicas de maior renome a nivel autonómico e estatal como son Xantar, en Ou-rense, onde foi o produto estrela das receitas que prepararon os

alumnos do Centro de Hostelería e Turismo IES Vilamarín; e o Salón de Gourmets, en Madrid, un evento considerado dos máis importantes de Europa en alimentos e bebidas de alta gama. A este último asistiu dentro do stand institucional da Xunta de Galicia e levou a cabo unha maridaxe lúdico-gastronómi-ca con outros produtos con indica-tivo de calidade, como a IXP Cas-taña de Galicia e os viños da D.O. Ribeira Sacra.

Page 7: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 7

Actualidade

O compromiso social da Indica-ción Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega ten diferentes manifesta-cións cotiás en diversas áreas de traballo e colectivos. As accións de carácter benéfi co teñen unha especial signifi cación, entre elas as doazóns. Exemplo disto é a doazón de material educativo e de lecer ás escolas infantís dos hos-pitais galegos, no marco dunha colaboración que se desenvolve desde hai varios anos.

O presidente e o director de Rela-cións Externas da IXP, Jesús Gon-zález e Luis Vázquez, efectuaron a primeira das entregas á directo-ra da escola infantil Camilo José Cela do CHUS, Ruth Gómez, e ó responsable de Pediatría e Xeren-cia de Xestión Integrada de San-tiago, José María Martinón. Nos vindeiros meses farase efectiva esta doazón aos demais comple-xos hospitalarios de Galicia.

Aprender e xogar, o binomio perfecto para os máis pequenosOs lotes de material están com-postos por libros-xogo educativos para nenos de 0 a 2 anos, libros de literatura infantil e xuvenil, novelas xuvenís históricas, to-mos recopilatorios de cómics e varios DVDs de carácter educa-tivo. A colección, formada por 38 elementos e complementada con diverso material divulgativo de Ternera Gallega, foi seleccionada

TERNERA GALLEGA DOA MATERIAL EDUCATIVO E DE LECER ÁS ESCOLAS INFANTÍS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS GALEGOS

Esta iniciativa benéfica encádrase nas accións de Responsabilidade Social Corporativa que a Denominación mantén en distintas áreas de actividade.

segundo criterios de idade, bilin-güismo, calidade e popularidade.

Con esta iniciativa benéfi ca, a IXP pretende facer máis agradable a estancia dos nenos hospitaliza-dos. Ás escolas infantís acoden durante o período de internamen-to rapaces ingresados na planta de pediatría, con idades compren-didas entre os 4 e os 16 anos, en fase de escolarización.

Unha longa traxectoria de compromiso socialA colaboración coas escolas in-fantís dos diferentes hospitais galegos é unha das mostras que refl icte o valor que outorga Terne-ra Gallega ás accións de carácter social. Desde a súa creación, e

sempre no marco das súas posi-bilidades, a IXP vén destinando parte dos seus esforzos ás activi-dades solidarias, implicándose en proxectos sociais que contribúan a mellorar a vida das persoas. Ademais desta iniciativa, e na súa liña de apoio e compromiso constante coa sociedade, cola-bora tamén con diversas organi-zacións sen ánimo de lucro como son a Asociación Española contra o Cancro, a Asociación de Fami-liares de Enfermos de Alzheimer ou a Asociación de Parapléxicos e Grandes Discapacitados, favo-recendo a recadación de fondos para fi nanciar os proxectos que estas entidades poñen en marcha a prol dos máis desfavorecidos.

Page 8: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

8 | Ternera Gallega

Información Sectorial

As xornadas técnicas itinerantes sobre a planifi cación da produción no marco da IXP Ternera Gallega iniciáronse a fi nais do ano 2010 e fóronse intensifi cando nos anos 2011 e 2012. Aparte de convocar á gran maioría dos inscritos, tamén se informou utilizando revistas es-pecializadas e sectoriais, mediante artigos técnicos e facendo fi ncapé na importancia que ten a planifi ca-ción dos partos. Nas charlas deste último ano 2012, ademais de incidir no tema da regularización produti-va, tratáronse outros relacionados coa alimentación e manexo, así

como co acabado dos tenreiros naquelas explotacións que pro-ducen en réximes de extensivo ou semiextensivo.

Na última revista de Ternera Ga-llega facíase fi ncapé neste tema e comentabamos que é posible. De feito hai explotacións que xa puxeron en marcha o cambio da estacionalidade dos partos con moi bos resultados, tanto econó-micos como de manexo. Comen-tar que nas parideiras de outono do ano 2011 e 2012 hai aproxima-damente 2.000 tenreiros máis, en proporción, que no 2010.

De máximo interese

O Consello Regulador da IXP se-gue a considerar de máximo in-terese estas accións formativas e informativas dirixidas aos gan-deiros inscritos, xa que se trata de aumentar a rendibilidade das explotacións e adecuar a súa pro-dución ás esixencias do mercado.

Se as gandarías tradicionais que-ren ser máis competitivas, e sobre todo tendo en conta a conxun-tura de crise económica na que vivimos, teran que perseverar en temas relacionados coa progra-

PLANIFICACIÓN DE PARTOS E ACABADO DOS TENREIROS, DÚAS ASIGNATURAS

PENDENTES NA PRODUCIÓN

Page 9: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 9

Información Sectorial

mación dos partos, que van ter consecuencias a varios niveis: en primeiro lugar, trátase de dispor regularmente de carne suficiente para poder abastecer os mercados de xeito continuado, tanto os que xa funcionan na actualidade como os que se abran no futuro a curto e medio prazo. En segundo lugar, desde Ternera Gallega seguimos crendo firmemente que unha boa planificación aumenta os rende-mentos económicos da explota-ción, non só polos prezos, que son mellores e se manteñen máis es-tables no tempo, senón porque hai un maior aforro de custos de pro-dución, sobre todo os relacionados coa alimentación dos animais que, como ben se sabe, cada vez con-dicionan máis a rendibilidade das explotacións gandeiras.

Na gráfica a pé de páxina pódese observar o enorme desfase que houbo no número de nacementos da categoría Ternera Gallega Su-prema, duns meses a outros, ao longo dos anos 2011 e 2012. Á vista dos datos, é fundamental seguir in-formando da necesidade de plani-ficar os partos. Actualmente con-tamos coas experiencias de gan-deiros que xa puxeron en marcha o trasvase de partos de primavera a outono, con moi bos resultados por certo, tanto a nivel de manexo do

rabaño como de aproveitamento dos pastos e demais recursos fo-rraxeiros, independentemente de así teñen máis tenreiros cebados para vender na época de maior de-manda e prezo, xa que os tenreiros nacidos no outono saen ao merca-do no verán seguinte.

Acabado dos tenreiros

Nos últimos anos, hai bastantes explotacións de vacún de carne que cambiaron o sistema de pro-dución. Trocaron o manexo do seu rabaño e pasaron dun siste-ma maioritario de produción tra-dicional de tenreiros encortella-dos dende o nacemento, a unha produción en semiextensivo ou extensivo. Como é lóxico, estes sistemas inciden na calidade da canal e da carne se non se reali-zan dun xeito correcto. Hai moitas variables a ter en conta: zonas de val ou de montaña, tipoloxía dos animais, razas, estacionalidade dos partos, etc, para un maior e eficaz aproveitamento forraxeiro. A carga gandeira, o estado e pro-dución dos pastizais, así como a alimentación suplementaria tanto das vacas como dos tenreiros, son tamén aspectos fundamen-tais, naturalmente sen esquecer os tratamentos sanitarios preven-tivos, como son as vacunacións e as desparasitacións. Actualmente

hai tenreiros que chegan ao ma-tadoiro en condicións de estado de carnes e de engraxamento non axeitados, que fan que ese animal poida ser descualificado para a certificación de Ternera Gallega e que o seu potencial xenético para obter mellores rendemen-tos cárnicos non se aproveite ao máximo, por ese mal manexo e alimentación. Por iso, en próximas xornadas técnicas introduciremos temas relacionados co manexo e a alimentación das vacas e dos xatos en extensivo e como facer un bo remate dos mesmos, que permitirá aumentar a calidade da súa carne e a rendibilidade das explotacións.

Próximas xornadas

No ano 2013, continuaranse rea-lizando estas xornadas técnicas itinerantes, de carácter informati-vo, nos meses de outono e inverno principalmente, para que todos os gandeiros interesados poidan co-ñecer como planificar os partos e facer o acabado dos tenreiros e cales son as súas vantaxes.

Informaremos oportunamente das datas, horarios e lugares onde se celebrarán este ano as xorna-das técnicas de Ternera Gallega e tamén mediante a páxina web www.terneragallega.com da IXP.

Page 10: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado
Page 11: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 11

Informe

TERNERA GALLEGACRECE UN 7% NO 2012

O presidente do Consello Regulador, Jesús González Vázquez, presentou publicamente ante o sector e os medios de comunicación os principais datos do Informe de Actividade da IXP correspondentes ao ano 2012.

A pesar do difícil contexto actual, tanto a nivel produtivo polo aumento de custos como a nivel comercial pola crise económica, a IXP Ternera Gallega experimentou, durante o pasado exercicio 2012, un crecemento significativo das súas principais magnitudes, destacando como máis representativo o incremento da carne comercializada en máis dun 7%.

Segundo datos do seu último Balance de Actividade, a Denominación conta na actualidade con 7.654 gandarías e 71 industrias e comerciais cárnicas inscritas. No pasado exercicio identificou máis de 116.000 tenreiros, certificou case 85.000 canais e superou por primeira vez as 18.000 toneladas de carne comercializada baixo o amparo da IXP.

Durante o ano 2012 Ternera Gallega comercializouse en máis de 1.250 carnicerías, supermercados e centros comerciais, cun volume de negocio en primeira venda, entre a industria e a distribución que acadou os 99,2 millóns de €, cun incremento do 8,7%.

A IXP asómase a este 2013 cun plan de accións no que se contempla a actualización do seu Programa de Control, potenciación no mercado da marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega, aplicación do Plan de regularización produtiva, investigacións sobre a calidade da carne certificada e novos acordos de colaboración coa distribución.

Page 12: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

12 | Ternera Gallega

Informe

Explotacións inscritas

A nivel produtivo, o ano 2012 destacou polo crece-mento dun 2% do número de gandarías inscritas na IXP, ata acadar as 7.654, unha cifra moi significati-va, tanto no sector como no contexto rural actual, a pesar das limitadas pers-pectivas de continuidade das explotacións e da pro-blemática da súa rendibili-dade actualmente.

Tenreiros identificados

En relación co ano ante-rior, o número de tenreiros rexistrados pola Denomi-ción durante o 2012 foi de 116.124 cabezas, cun cre-cemento do 1,8%; unha ci-fra que permite satisfacer as necesidades da indus-tria cárnica, a súa activida-de comercial e o abastece-mento da demanda creada, así como abrir gradual-mente novos mercados.

Evolución dosprezos en orixe

Este gráfico reflicte a evo-lución dos prezos no 2012. En xeral foron bastante estables ao longo do ano e superiores aos de exer-cicios anteriores, cun in-cremento de arredor do 4,2%, o que favorece o mantemento da activida-de gandeira. En canto ao peso medio das canais, foi de 215 Kg/canal.Datos: Mesa de Prezos de Ternera Gallega

Page 13: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 13

Informe

Canais certificadas

O número de canais cer-tificadas pola IXP aumen-tou un 6,2%, ata acadar as 84.814. Un crecemento asociado á súa expan-sión no mercado español, onde significa arredor do 50% da carne con indica-tivo de calidade. Predomi-nan as canais de animais machos, con conforma-cións R e U, e graos de engraxamento 2 e 3.

Carne certificada

Actualmente están inscri-tas na Denominación 71 in-dustrias cárnicas, que co-mercializaron 18.249 tone-ladas de carne certificada pola IXP, cun crecemento do 7,3%. Polo que respecta ao labor de control, duran-te o ano 2012 practicáron-se 21.998 inspeccións, to-máronse 2.702 mostras e fixéronse 5.105 análises e 3.337 probas de ADN.

Valor económico

O volume de negocio en primeira venda, entre a industria cárnica e a distri-bución alimentaria, acadou os 99,2 millóns de euros no ano 2012, cun aumento do 8,7%, cifra que evidencia a importancia das transa-cións comerciais e o va-lor engadido que achega a IXP Ternera Gallega ao conxunto do sector de va-cún de carne en Galicia.

Page 14: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

14 | Ternera Gallega

Informe

Distribución provincial

Lugo é a provincia de maior importancia na IXP, con-centrando o 77% das ex-plotacións inscritas, o 62% dos tenreiros rexistrados e o 57% das canais certifi-cadas. A carne comercia-lizada por Ternera Gallega procede de tenreiros de razas autóctonas e tradi-cionais do noso país, sobre todo a raza Rubia Gallega, xunto cos seus cruces.

Comercialización

Ternera Gallega vénde-se en supermercados (un 71% do total), e tamén en carnicerías e hipermerca-dos. O seu consumo repár-tese entre Galicia (46%), o resto de España (53%) e a exportación (1%). A cate-goría Ternera Gallega foi o 51,1% do total da IXP, men-tres que Ternera Gallega Suprema segue crecendo e acadou o 48%.

Establecementos conimaxe corporativa da IXP

A colaboración da IXP cos puntos de venda e o esfor-zo promocional contribúen á súa expansión e con-solidación comercial en España, facendo posible que para máis do 50% dos consumidores sexa a me-llor carne e que se venda en 1.254 establecementos que teñen a imaxe corpo-rativa de Ternera Gallega.

Page 15: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado
Page 16: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

16 | Ternera Gallega

Entrevista Enrique Díaz YuberoDirector Unidade de Rumiantes de Zoetis España

POR LOS ANIMALES. POR LA SALUD. POR TI

En plena campaña de cambio de mar-ca, Zoetis herda de Pfi zer Saúde Ani-mal a súa amplísima bagaxe avalada por máis de 60 anos de actividade e presenza internacional. Sobre que valores estratéxicos vai sustentar o seu negocio a curto e medio prazo?Zoetis é agora unha empresa inde-pendente, dentro do grupo Pfi zer, de-dicada en exclusiva á saúde animal. O noso propósito é o de lograr un crece-mento sólido e sustentable en todos os países nos que estamos presentes. En Europa, na actualidade, contamos fundamentalmente con seis liñas es-tratéxicas clave:En primeiro lugar, debemos aproveitar a nosa presenza local directa en cada país e as sólidas relacións que man-temos cos nosos clientes. En segundo lugar, desexamos penetrar aínda máis nos mercados emerxentes.

Terceiro, apostamos polo desenvol-vemento de novos produtos e por unha boa xestión do ciclo de vida dos produtos existentes co fi n de ampliar e manter a nosa carteira de produtos.

O cuarto punto é que imos traballar duro por ser o colaborador preferido dos nosos clientes no acceso a novos produtos, tecnoloxías e servizos.

Quinto, continuaremos fornecendo produtos e servizos de alta calidade.

E sexto, ampliaremos as nosas activi-dades complementarias para conver-ternos nun colaborador de confi anza para o profesional veterinario.

Cambia o nome, pero cambia tamén a fi losofía de negocio?

As mesmas persoas e produtos nas que os nosos clientes confían desde hai 60 anos continúan presentes en

Zoetis. Con todo, agora imos dedicar-nos exclusivamente á nosa actividade principal, a saúde animal. Queremos apostar con máis forza se cabe por axudar aos nosos clientes a obter me-llores resultados no referido á saúde dos seus animais e aos seus negocios.

Independizarse do seu xigante far-macéutico paraugas obedece máis a unha estratexia de mercadotecnia e comercial ou sucede para fortalecer a esencia da división de Saúde Animal?

Desde o pasado mes de febreiro, Zoetis cotiza na bolsa de Nova York a través dunha oferta pública inicial de accións do 20%. Trátase dun proxecto innovador que vai permitir fortalecer a nosa actividade principal, a nosa dedicación ao mundo da saúde, tanto para animais de produción como para animais de compañía.

TERNERA GALLEGA SIGNIFICA CARNE DE EXCELENCIA NUN MERCADO DE CALIDADELicenciado en Veterinaria pola Univer-sidade Complutense de Madrid, Enrique Díaz Yubero conta con case 30 anos de traxectoria profesional no sector de pro-dutos zoosanitarios, desenvolvendo a súa carreira en distintas empresas tanto na área de Mercadotecnia como Vendas.

Uniuse a Pfizer Saúde Animal en 1999 e desde o 2005 dirixe a Unidade de Negocio de Rumiantes desde a que liderou o lan-zamento de produtos tan coñecidos como Cattlemaster, Synulox LC ou Draxxin.

Page 17: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 17

Entrevista

Cando naceu a colaboración coa In-dicación Xeográfica Protexida Terne-ra Gallega?, en que se traduce no pre-sente?, como ha ir evolucionando?

Co nacemento das Unidades de Ne-gocio dentro da división de Saúde Animal de Pfizer, entorno a 2006, au-mentouse o foco en sectores especí-ficos como o de Rumiantes, entrando de cheo na produción de carne. A nosa aposta polo sector produtivo fai que exista desde hai tempo un apoio de Pfizer á realización de actividades como as Xornadas Técnicas que a IXP Ternera Gallega leva a cabo entre os seus socios e que cremos funda-mentais para o desenvolvemento dun produto de calidade.A nosa relación aumentou no 2011, a partir da organización do “Sympo-sium Pfizer sobre vacún de cebo”, onde apostamos pola formación dos veterinarios e gandeiros especiali-zados en vacún de carne e no que abordamos o tema de “Como crear unha marca de calidade e achegar valor engadido ao tenreiro/carne”, pondo como exemplo da man dos técnicos da IXP o magnífico traballo realizado pola Denominación, entre outros temas tratados. Tamén colaboramos noutras accións, como o pasado “Symposium de Nutri-ción para vacún de cebo”, en novem-bro de 2012, onde ata se incluía unha demostración de cociñado de carne de vacún ou showcooking, con máis de 100 veterinarios asistentes.

Que opinión lle merece o selo Terne-ra Gallega e a carne con este distin-tivo de calidade?

O selo Ternera Gallega é un símbolo de calidade e cremos que foi unha das denominacións xeográficas pro-texidas cunha traxectoria máis clara e intensa de aposta pola calidade da carne en todos os aspectos.

Como afectou a crise ao seu sector?, está a recuperarse?

No sector gandeiro, como sector pri-mario, teñen maior impacto aspectos como a influencia de prezos a nivel mundial, sobre todo en canto ao pre-zo do leite e dos pensos, ou mesmo, condicións estacionais e climatoló-

Queremos apostar, con máis forza se cabe, por axudar aos nosos clientes a obter mellores resultados no referido á saúde dos seus animais e aos seus negocios

Ternera Gallega foi unha das indicacións xeográficas protexidas que fixo unha aposta máis clara pola calidade

xicas, e indicadores como a falta de crédito ou a falta de pagamentos. Non obstante, nestes días as dificultades económicas e financeiras afectan a todos os sectores da nosa sociedade e a recuperación será gradual.

Que medidas adoptou a súa compa-ñía para soportar esta difícil conxun-tura?Ante a tremenda crise que estamos a vivir no noso país, todos debemos tra-tar de ser optimistas e traballar acti-vamente para saír adiante. En Zoetis, debemos estar seguros de que tras a crise sairemos reforzados porque a nosa vocación de liderado, non só non diminuíu, senón que é maior nes-tes momentos.Desde comezos de 2013, emprende-mos concretamente catro liñas de traballo que marcarán a nosa traxec-toria nos próximos anos: maximizar os resultados das nosas marcas clave; lanzar con éxito os novos produtos e áreas de negocio que están a chegar e que seguirán chegando con máis in-tensidade que nunca; acelerar a nosa axilidade e capacidade de resposta ante os cambios na contorna e no mercado; e desenvolver o talento dos nosos empregados e colaboradores.

Que lugar cre que deben ocupar no ámbito global marcas como Ternera Gallega que conxugan tradición e in-novación en equilibrio?Marcas como Ternera Gallega sitúan-se nun nicho de mercado de carne de excelencia. Trátase da necesidade de distinguir unhas carnes doutras, para o que é fundamental a creación da marca e o que esta transmite ao consumidor final.

Que supón para unha empresa “in-novar” nunha contorna de constante innovación tecnolóxica?En Zoetis, o I+D é a base do noso propósito de ofrecer resultados inno-

vadores que se anticipen ás futuras necesidades de veterinarios e gan-deiros. Con máis de 1.000 especia-listas en todo o mundo dedicados á investigación e ao desenvolvemento, un exemplo da nosa capacidade ató-pase en España, coa Planta de Produ-ción e Centro de Excelencia de I+D de Olot, en Xirona. Para investigar e desenvolver os no-sos produtos, debemos servirnos dos recentes descubrimentos na agroin-dustria, farmacoloxía e biotecnoloxía. Exploramos novas oportunidades de mercado, tecnoloxías e adquisicións de produtos, centrándonos no desen-volvemento de redes e colaboracións con fins de investigación nas princi-pais rexións do mundo, creando novos modelos de investigación a través da participación en consorcios con ex-pertos e tratando de identificar e dar resposta rápida a novas enfermidades infecciosas e iniciativas de colabora-ción en prol da seguridade alimentaria.

Como concibe o seu grupo o binomio saúde animal/seguridade alimenta-ria?

A saúde animal enlaza coa seguri-dade alimentaria en tres puntos fun-damentais. O primeiro, a necesidade de animais sans para o seu normal e óptimo desenvolvemento. O segundo, seguridade que evite posibles proble-mas alimentarios ou de saúde públi-ca. O terceiro enlaza coas barreiras comerciais que poden atoparse no mercado exterior.A garantía absoluta e o risco cero na alimentación gandeira é unha das preocupacións clave do sector pro-dutivo, que ocupa a todas as partes da cadea alimentaria, onde nós non somos unha excepción.

Page 18: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

18 | Ternera Gallega

Colaboración Técnica

Galicia é unha das comunidades autónomas con máis tradición gandeira de España. Durante a campaña 2012, contratou máis de 4.170 pólizas de seguros de Explo-tación de Gando Vacún a través das cales aseguraban máis de 271.700 animais, cun valor de pro-dución preto de 306 millóns de eu-ros. Isto supón ao redor do 25% da contratación de toda España.Da mesma maneira, en Galicia, para a campaña 2012 a sinistrali-dade superou os 10 millóns de eu-ros, por preto de 22.600 sinistros. Entre as principais causas de si-nistro destacan os accidentes, as complicacións no parto, a morte das crías e a mamite.O Seguro de Gando de Reproduto-res e Recría de leite e carne per-

UN SEGURO FLEXIBLE QUE PERMITE ADAPTAR O CUSTO ÁS TÚAS NECESIDADES

fílase como unha ferramenta de protección fl exible que lle permite ao gandeiro adaptar as coberturas e o custo do seguro ás necesida-des e ao risco da súa explotación. Así por exemplo, un gandeiro cuxa

explotación se atope na comuni-dade autónoma de Galicia conta con diferentes posibilidades de aseguramento, cun custo de se-guro por animal reprodutor que oscila entre os 5 e os 44 euros.

Page 19: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 19

Colaboración Técnica

Pór entre 5 e 14 euros por animal reproductorA opción A deste seguro cobre a morte e sacrifi cio (obrigatorio ou necesario) polas enfermidades de Febre Aftosa e Encefalopatía Esponxiforme Bovina, accidentes (traumatismos), así como obs-trución esofáxica, perforación do tubo dixestivo, ataque de ani-mais…Ademais, tamén cobre a morte ou estado agónico de máis de 3 animais maiores de 6 meses por algunha causa non asegurable en ningunha cobertura ofrecida polo seguro e as mortes derivadas nos 10 días seguintes. Así como, a per-da de produción en caso de morte de máis de 3 animais por calquera causa prevista no seguro. Unha das posibilidades máis in-teresantes deste seguro é que lle permite ao gandeiro elixir o valor ao que asegurar o seu gando, o cal variará en función da raza do animal. Así, para o exemplo que elaboramos, se o gandeiro escolle o valor máximo, o custo do segu-ro por animal reprodutor será de 12,75 euros para gandeiros de lei-te e de 13,98 euros para gandeiros de carne; se pola contra escolle asegurar ao valor mínimo, o custo do seguro para este mesmo ani-mal será de 5,10 euros para gando de leite e de 5,59 euros para gando de carne.

Así a Opción B cobre os mesmos riscos que a Opción A e engade a cobertura fronte a complicacións no parto, así como fronte á morte ou sacrifi cio necesario da cría du-rante o parto ou nas 24 horas se-guintes ao mesmo.

Tamén resulta importante a garan-tía adicional para Pastos Estivais a Invernais, que compensan o período que os animais non poi-dan acceder aos pastos debido ao saneamento. O gandeiro poderá contratar unha ou as dúas garan-tías para unha mesma explotación. Por último, o seguro tamén conta con outras garantías adicionais interesantes fronte a enfermida-des como o Síndrome Respiratorio Bovino en Recría (S.R.B.), meteo-rismo agudo, carbunco...Ademais, o Ministerio de Agricul-tura, Alimentación e Medio Am-biente, a través de Enesa, conce-de unha subvención que pode al-canzar até o 40% do custo neto do seguro; ao que hai que engadir o apoio que presta ao seguro a Xun-ta de Galicia, cunha subvención que pode chegar até o 18% do que outorga Enesa.

Unha ferramenta de protección fl exible que lle permite ao gandeiro adaptar as coberturas e o custo do seguro

Permítelle ao gandeiro elixir o valor ao que asegurar o seu gando

Para completar as coberturas do seu seguro, o gandeiro pode incluír unha serie de garantías adicionais

As explotacións gandeiras poden estar expostas a máis riscos que os que cobre a opción A, polo que o seguro prevé dúas opcións máis que van sumando coberturas á anterior, e por tanto van adaptan-do tamén o custo do seguro por animal.

Á súa vez, a Opción C cobre to-dos os riscos das Opcións A e B e engade unha garantía fronte ao sacrifi cio económico por incon-tinencia láctea debido a un acci-dente traumático, así como fronte á morte ou sacrifi cio económico por Mamite.Ademais, para completar as co-berturas do seu seguro, o gan-deiro pode incluír unha serie de GARANTÍAS ADICIONAIS en fun-ción das necesidades da súa ex-plotación, entre as que destaca a garantía de Saneamento Gan-deiro, que en caso de sacrifi cio obrigatorio por Tuberculose, Bru-celose, Leucose e Perineumonía Contaxiosa, pode ser: - Normal: compensa a parte do

animal que doutro xeito perdería.- Extra: compensa cunha valo-

ración superior os animais sa-crifi cados, e cobre o tempo que tarde o gandeiro en substituír os animais reprodutores sacri-fi cados.

Ante a gran variedade de cober-turas que ofrece este seguro e as distintas posibilidades de elección que proporciona, é conveniente que os gandeiros que queiran pro-texer as súas explotacións acu-dan ao seu mediador de seguros e adapten as coberturas e o custo do seu seguro ás súas necesida-des particulares.

Page 20: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

20 | Ternera Gallega

Revista de Prensa

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR ORDE do 3 de maio de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da con-tratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2013.

O Decreto 332/1995, do 27 de decem-bro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos

seguros agrarios, coa finalidade de que un maior número de agriculto-res e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os segu-ros, como un instrumento que lles permite facer fronte ás perdas eco-nómicas que poidan ter nas súas producións como consecuencia da actuación de axentes alleos, como o clima, enfermidades e outros.

LAS DOP E IGP, MÁS PROTEGIDAS QUE NUNCA

A XUNTA DESTINA 800.000 EUROS PARA INDEMNIZACIÓNS, AXUDAS AO LUCRO

CESANTE E REPOSICIÓN DE GANDO BOVINO,

OVINO E CABRÚN

O CONSELLO AGRARIO GALEGO AVANZOU NO

BORRADOR DA FUTURA LEI DE MELLORA DA

ESTRUTURA TERRITORIAL AGRARIA DE GALICIA

En los últimos años, las nuevas ten-dencias en los hábitos de consumo y el incremento en el nivel de vida de los españoles han dado lugar a una mayor demanda de este tipo de productos, con características propias de calidad debida al ám-bito geográfico en que han tenido origen. Así comienza la exposición de motivos del borrador de Antepro-yecto de Ley con el cual el Minis-terio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente quiere proteger, aún más, las fases de comercializa-ción, etiquetado o publicidad de los productos con DOP y las IGP.

La protección es uno de los princi-pales aspectos que se trata en el borrador, en el que explica que se cuidará más la producción y todas las fases de la comercialización, incluida la presentación y los docu-mentos comerciales de los produc-tos afectados.

La protección implica la prohibición de emplear cualquier indicación falsa en cuanto a la procedencia, el origen geográfico, la naturaleza o las características esenciales de los productos en el envase o en el embalaje, en la publicidad o en los documentos relativos a ellos.

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 800.000 euros para a concesión de indemnizacións, axudas ao lucro cesante e axudas á reposición de gando para o ano 2013. Deste orzamento, 500.000 eu-ros son para as indemnizacións e 300.000 euros para as axudas de lucro cesante e de reposición de gando. Estas indemnizacións e axu-das van dirixidas a paliar as perdas, como consecuencia da aplicación de programas e actuacións oficiais de sanidade animal, tales como as causadas por tuberculose bovina, brucelose bovina, ovina e cabrúa; salmonelose aviar ou encefalopa-tías esponxiformes transmisibles (EEB e tembladeira).

A conselleira Rosa Quintana ex-plicou que esta norma ten como obxectivo fundamental mellorar a actual lexislación sobre concentra-ción parcelaria en dous sentidos: por un lado, facilitar a concentra-ción de terras e, por outro, acadar a menor cantidade posible de terreos abandonados. Engadiu que esta lei favorecerá a posta en valor destas terras, facilitando aos seus propie-tarios o seu aproveitamento, venda ou mesmo a cesión ao banco de te-rras de Galicia.

mediorural.xunta.es, 10 / 5 / 2013

qcom.es, 24 / 4 / 2013

feagas.com, 16 / 4 / 2013

medioruralemar.xunta.es, 6 / 5 / 2013

feagas.com, 22 / 4 / 2013

La secretaria general de Agricul-tura y Alimentación, Isabel García Tejerina, y el presidente de la Fede-ración Española de Asociaciones de Ganado Selecto (FEAGAS), José Luis Urquijo y Narváez, han suscrito un Convenio por el que se articula un nuevo sistema para financiar las razas ganaderas puras. Con este Convenio se modifica el sistema para distribuir las cuantías de las subvenciones entre las asociacio-nes ganaderas que, con una dota-

EL MAGRAMA FINANCIARÁ LAS RAZAS GANADERAS PURAS A TRAVÉS DE LA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE

ASOCIACIONES DE GANADO SELECTO ción de 3.841.700 euros para 2013, se gestionará a través de la Fede-ración.FEAGAS será, por tanto, la entidad encargada de distribuir esa canti-dad para financiar las actividades de gestión de los libros genealógi-cos y de los programa de mejora de razas puras. Estas ayudas se con-cederán a todas las razas que dis-pongan de Asociación de carácter nacional reconocida oficialmente y que cumplan los requisitos exigidos.

Page 21: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

Ternera Gallega | 21

Información Técnica

TERNERA GALLEGA RENOVAA SÚA ACREDITACIÓN ENAC

A comisión da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) acordou, o pasado 19 de abril, renovar a súa acreditación ao Consello Regula-dor da Indicación Xeográfi ca Pro-texida Ternera Gallega, segundo os criterios recollidos na Norma Europea UNE-EN 45011.

O órgano de control da IXP Ter-nera Gallega ve ratifi cada deste modo a súa independencia, im-parcialidade e competencia téc-nica para a aplicación das Nor-mas e procedementos recollidos no Regulamento e no Manual de Calidade da Denominación.

TERNERA GALLEGA DESTACA O PAPEL DA COMUNICACIÓN PARA INCENTIVAR O CONSUMOA Indicación Xeográfi ca Protexi-da Ternera Gallega participou no XIII Congreso AECOC de produtos cárnicos e elaborados, celebrado o 5 e 6 de marzo en Lleida. O di-rector de Promoción e Relacións Externas da IXP, realizou unha ex-posición sobre o papel da comuni-cación para impulsar e motivar a demanda, ademais de afondar na importancia de transmitirlle aos consumidores a orixe, os valores

Ademais, a acreditación de ENAC recoñece ao persoal da IXP os coñecementos técnicos e a ex-periencia necesaria para avaliar a produción de carne de Ternera Gallega en todas as súas fases, desde as explotación nas que se crían os animais, pasando polos matadoiros e as salas de despe-zamento onde se procesa a carne amparada pola IXP, ata chegar aos establecementos de venda e aos consumidores fi nais.

Selo de garantía con vocación de servizo público

Ternera Gallega obtivo a acredi-tación o pasado 23 de decembro

de 2011, tras dous anos de intenso traballo nos que implantou a norma UNE-EN 45011 nas actividades de certifi cación da IXP.

e a metodoloxía que garanten a calidade do produto fi nal.

O Congreso de AECOC é unha cita anual ineludible para todos os in-tegrantes da cadea de valor dos produtos cárnicos. Trátase dunha oportunidade de coñecer máis en profundidade a situación do sector desde todas as súas pers-pectivas. Unha ampla revisión na que os máximos responsables de destacadas entidades e empresas

do sector, como a IXP Ternera Ga-llega, compartiron a súa experien-cia, a visión sobre o presente e o futuro do mercado e as súas re-percusións económicas e sociais.

Os traballos realizados consisti-ron principalmente no desenvol-vemento dos procedementos que permiten asegurar a fi abilidade das actividades de certifi cación, a axeitada formación e supervisión do persoal inspector e auditor da IXP e, en defi nitiva, o asegura-mento da xestión transparente, im-parcial e efi caz das certifi cacións emitidas polo Consello Regulador.

A certifi cación ENAC logra así que os servizos estean recoñecidos e aceptados nacional e internacio-nalmente, contribuíndo a unha maior protección das persoas e do medioambiente e ao aumento da competitividade dos produtos e servizos españois.

Page 22: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado

22 | Ternera Gallega

Concurso

A IXP Ternera Gallega ofrécelle a todos os lectores a posibilidade de participar neste concurso, que ten as seguintes bases:

g A IXP Ternera Gallega sorteará material propio como regalo para cada concurso: receitarios, barallas, chaveiros, mandís e manoplas serigrafiadas.

g Farase un sorteo trimestral para cada número da revista.

g O número máximo de premios será de 40 para cada concurso.

g Non poderán resultar premiados os traballadores da IXP Ternera Gallega, nin os membros do Consello Regulador, nin tampouco os seus familiares directos.

g Os sorteos faranse entre os lectores que respondan ben ás tres preguntas que se formularán en relación co contido da revista na que van incluídas.

g Os premios comunicaranse directamente aos agraciados.

Concurso Nº 381. Que porcentaxe de crecemento acadou Ternera Gallega no ano 2012?

2. Cales foron as mensaxes da campaña promocional de Ternera Gallega?

3. De que trata a colaboración técnica deste número da revista?

As respostas poden remitirse por correo, os 30 días seguintes á publica-ción da revista, o seguinte enderezo:

Referencia Concurso TGConsello Regulador da IXP Ternera GallegaRecinto feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.01415891 Santiago de Compostela

Ou por correo electrónico á seguinte dirección:[email protected]

*Non esqueza incluír o seu nome completo, enderezo e teléfono de con-tacto.

Referencia: Xovenco

Consello Regulador da IXP Ternera Gallega

Recinto Feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

Xovenco quere facer desta páxina o cortello máis animado de toda a revista. Agradecemos a todos os xovencos e xovencas que participaron enviándonos os seus debuxos, fotos, contos, adiviñas, chistes... e animámosvos a seguir participando con todo aquilo que se vos ocorra. Agárdanvos un montón de agasallos. O enderezo é:

A páxina de Xovenco- Dos teus leños mil, garda cen para abril. E por se acaso, garda algúns para maio.

- Abril e maio, chaves de todo ano.- Nin en abril nin en maio deixes na casa o saio.- Abril abriluco, o mes do cuco.- Se queres saber cando é abril, a anduriña hacho dicir.

- Maio fai o trigo e agosto o viño.- Auga de maio, pan para todo o ano.

Cada ovella coa súa parella…Asocia cada debuxo ao seu refrán

Page 23: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado
Page 24: Informe de Actividade 2012 - Ternera Gallega · 2016. 9. 27. · Revista do Consello Regulador • Número 38 • Maio 2013 Información Sectorial Planifi cación de partos e acabado