Novo decreto do galego no ensino

20
NOVO DECRETO SOBRE O GALEGO NO ENSINO CAMBIOS FUNDAMENTAIS

description

Presentación sobre as "Bases do borrador do Decreto do Plurilingüismo" (IES Ribera do Louro do Porriño)

Transcript of Novo decreto do galego no ensino

Page 1: Novo decreto do galego no ensino

NOVO DECRETO SOBRE

O GALEGO NO ENSINO

CAMBIOS FUNDAMENTAIS

Page 2: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN INFANTIL (Decreto actualmente vixente)

- O profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado

- Determinarase polo claustro, de acordo cos datos achegados polo mapa sociolingüístico de

Galicia, os datos estatísticos e a información achegada polas familias.

(No caso de contornos castelán falantes, por exemplo as cidades, o uso da lingua galega será polo menos do 50%)

Page 3: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN INFANTIL (Novo Decreto)

- O profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado

- Determinarase preguntándolle cada ano ás familias

- Engádese que “o profesorado coidará que adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento

da outra lingua”, pero non se establecen porcentaxes de tempo mínimas para o galego.

Page 4: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN PRIMARIA (Decreto actualmente vixente)

- Polo menos o 50% do horario en galego

- Concrétase nesa porcentaxe que Matemáticas e Coñecemento do medio teñen

que se impartir en galego.

Page 5: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN PRIMARIA (Novo Decreto)

• Un 33% en galego, un 33% en castelán e un 33% en inglés

• Matemáticas e Coñecemento do medio: agora unha será en galego e outra en castelán, segundo as

preferencias das familias cada catro anos. Se fosen en inglés, poderían ser as dúas.

Page 6: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

(Decreto actualmente vixente)

- Polo menos o 50% do horario en galego

- Especifícanse unha serie de materias que se deben impartir en galego. Entre outras, Matemáticas e

Ciencias Sociais.

Page 7: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

(Novo Decreto)

- Un 33% en galego, un 33% en castelán e un 33% en inglés.

- Xa non hai materias obrigatorias en galego establecidas pola Administración educativa.

- No caso das Matemáticas e as Ciencias Sociais son as familias as que deciden. As dúas por

exemplo poderían ser en castelán, ou en inglés.

- O resto das materias decídeo o Consello Escolar, respectando aquelas porcentaxes.

Page 8: Novo decreto do galego no ensino

BACHARELATO (Decreto actualmente vixente)

- Polo menos o 50% do horario en galego.

- Especifícanse unha serie de materias que deben impartirse en galego: por exemplo, en 1º: Filosofía e

cidadanía, e Ciencias para o mundo contemporáneo; e en 2º: Historia da Filosofía e Historia de España.

- Lembremos que na actualidade o horario completo dun estudante de 1º Bacharelato atinxe as 32 horas á semana. Se sumamos todas as horas

que un alumno recibe nesas materias que por lei se especifican (contando Lingua e literatura galegas) obtemos só 10 horas. O resto (6 horas) debe completalas o Claustro para chegar polo menos a ese 50%

Page 9: Novo decreto do galego no ensino

BACHARELATO (Novo Decreto)

- Xa non hai nin 50% nin materias obrigatorias en galego establecidas

pola Administración.

- Só se di xenericamente: “Cada centro educativo aprobará unha oferta equilibrada de materias comúns, de modalidade e optativas para impartir en galego, en

castelán e en linguas estranxeiras”

Page 10: Novo decreto do galego no ensino

FORMACIÓN PROFESIONAL (Decreto actualmente vixente)

- Debe garantirse polo menos un 50% da docencia en galego.

- Especifícase que o módulo de Formación e orientación laboral deben impartirse en galego.

- Para chegar a ese mínimo, a lingua dos outros módulos decídeos a Dirección, oídos os Departamentos

- En todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o vocabulario específico en galego.

Page 11: Novo decreto do galego no ensino

FORMACIÓN PROFESIONAL (Novo Decreto)

- Xa non se establecen porcentaxes mínimas nin materias concretas en galego.

- Nin siquera se fai referencia, como si se facía non Bacharelato, a que debe existir un equilibrio entre linguas

(neste caso, o galego e castelán, xa que curiosamente o inglés en FP non se contempla como materia vehicular de ensino)

Page 12: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN DE ADULTOS (Decreto actualmente vixente)

- Nos niveis I e II deben impartirse como mínimo o 50% das materias.

- No nivel III e nos Bacharelatos de adultos, todas agás as materias de linguas específicas

Page 13: Novo decreto do galego no ensino

EDUCACIÓN DE ADULTOS (Novo Decreto)

• Non se establecen porcentaxes mínimas en galego

Page 14: Novo decreto do galego no ensino

- En conclusión, este novo decreto suporía o maior retroceso na lexislación sobre o

galego no ensino dende que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981

- Non obstante, é probable que se se aprobase fose nulo de pleno dereito, xa que vai en contra da Lei de

Normalización Lingüística (1983), considerada de desenvolvemento estatutario, que establece no seu art. 13.2 que “as autoridades educativas da Comunidade

Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino”.

Page 15: Novo decreto do galego no ensino

Había algunha razón pedagóxica para esta

viraxe tan radical no modelo lingüístico de

ensino?

Page 16: Novo decreto do galego no ensino

INFORME PISA - 2006Programa para a Avaliación

Internacional de Alumnos da OCDE

Page 17: Novo decreto do galego no ensino

A IMPORTANCIA DE QUE OS GOBERNANTES

BUSQUEN CONSENSOS EN TEMAS CLAVE COMO

A LINGUA E A EDUCACIÓN

Page 18: Novo decreto do galego no ensino

Toda a lexislación vixente relativa á lingua no ensino (por exemplo eses mínimos do 50%

para o galego na Primaria e na Secundaria) foi consensuada e aprobada por unaniminade no

Parlamento de Galicia no ano 2004

PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Page 19: Novo decreto do galego no ensino

• Pues el vicepresidente del Parlamento y aspirante a liderar el partido en Ourense, Baltar

Blanco, pide respeto al gallego.

El habla de un galleguismo que abanderamos en el PP.

• Son estas realmente las bases para un decreto galleguista?

Son unas bases para el equilibrio, el consenso, ampliamente reflexionadas, consultadas con

miembros de la comunidad educativa y que tuvo el germen en la encuesta a los padres.

• Con quién se consultó?

Consultar... Claro que hablamos con gente en privado: "Estoy haciendo esto, ¿qué te parece?"

Compañeros de la Administración del sector educativo, padres... Pero la consulta va a venir ahora

con todos los organismos implicados en el sistema y la defensa y promoción del gallego.

Para ver esta película, debedisponer de QuickTime™ y de

un descompresor .

Faro de Vigo: 10-01-210

Page 20: Novo decreto do galego no ensino

RISCO GRAVÍSIMO DE CONFLITIVIDADE NOS

CENTROS