Decembro 2013 - CIG Ensino INFORMA VI Congreso CIG-Ensino.pdf · intervención no acto de clausura...

4
Decembro 2013 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com A CIG-Ensino cumpriu o seu VI Congreso co lema “Por unha Galiza con futuro, ensino público galego” Santiago acolleu a realización do VI Congreso da CIG-Ensino o pasa- do 26 de outubro co lema “Por unha Galiza con futuro, ensino público galego”. Anxo Louzao foi reelixido como secretario nacional con 175 votos a favor e 2 en branco. Na súa intervención no acto de clausura cha- mou a “desterrar a resignación” para “sublevarnos como clase e como nación” e combater os ataques ao ensino público e á nosa lingua, entre outros. Cuestionou os chamamentos á unidade das forzas de esquerda de obediencia española que, porén, combaten políticas imprescindíbeis para Galiza desenvolverse e apelou á necesidade de que se dea unha unidade de acción “no movemento social e nacional” non sometido a “directrices, dinámicas e mandatos alleos”. Entre as delegacións convidadas estaban representantes das federacións de Ensino de ELA, LAB, SPN (Sindicato de Profesores do Norte de Portugal) e FENPROF. Xunto a eles tamén asistiron ao VI Congreso numerosas organizacións políticas, sociais e culturais de Galiza como o BNG, AGAL, o Movemento DEZAO, a Nova Escola Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística, a secretaria nacional da CIG-Administración, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación ANPA Compostela, os Comités, Galiza Nova, a Liga Estudantil, a AS-PG, Queremos Galego e a Fundación Manuel María. Mandaron un saúdo FAPACEL de Lugo e FOANPAS de Ferrolterra. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, deu un saúdo da Executiva Confederal ao Congreso e a súa noraboa pola resposta conseguida na folga e nas manifestacións contra a LOMCE do xoves 24 de outubro. Seixo animou a seguir coas mobilizacións “nun momento no que hai certa frustración e derrotismo”. Ratificou a Anxo Louzao como secretario nacional e escolleu a nova Executiva Executiva

Transcript of Decembro 2013 - CIG Ensino INFORMA VI Congreso CIG-Ensino.pdf · intervención no acto de clausura...

Page 1: Decembro 2013 - CIG Ensino INFORMA VI Congreso CIG-Ensino.pdf · intervención no acto de clausura cha-mou a “desterrar a resignación” para ... galego e de calidade. Para iso

Decembro 2013

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

A CIG-Ensino cumpriu o seu VI Congreso co lema “Por unha Galiza con futuro, ensino público galego”

Santiago acolleu a realización do VI Congreso da CIG-Ensino o pasa-do 26 de outubro co lema “Por unha Galiza con futuro, ensino público galego”. Anxo Louzao foi reelixido como secretario nacional con 175 votos a favor e 2 en branco. Na súa intervención no acto de clausura cha-mou a “desterrar a resignación” para “sublevarnos como clase e como nación” e combater os ataques ao ensino público e á nosa lingua, entre outros. Cuestionou os chamamentos á unidade das forzas de esquerda de obediencia española que, porén, combaten políticas imprescindíbeis para Galiza desenvolverse e apelou á necesidade de que se dea unha

unidade de acción “no movemento social e nacional” non sometido a “directrices, dinámicas e mandatos alleos”.

Entre as delegacións convidadas estaban representantes das federacións de Ensino de ELA, LAB, SPN (Sindicato de Profesores do Norte de Portugal) e FENPROF. Xunto a eles tamén asistiron ao VI Congreso numerosas organizacións políticas, sociais e culturais de Galiza como o BNG, AGAL, o Movemento DEZAO, a Nova Escola Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística, a secretaria nacional da CIG-Administración, a Asociación de Escritores en Lingua Galega,

a Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación ANPA Compostela, os Comités, Galiza Nova, a Liga Estudantil, a AS-PG, Queremos Galego e a Fundación Manuel María. Mandaron un saúdo FAPACEL de Lugo e FOANPAS de Ferrolterra.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, deu un saúdo da Executiva Confederal ao Congreso e a súa noraboa pola resposta conseguida na folga e nas manifestacións contra a LOMCE do xoves 24 de outubro. Seixo animou a seguir coas mobilizacións “nun momento no que hai certa frustración e derrotismo”.

Ratificou a Anxo Louzao como secretario nacional e escolleu a nova Executiva Executiva

Page 2: Decembro 2013 - CIG Ensino INFORMA VI Congreso CIG-Ensino.pdf · intervención no acto de clausura cha-mou a “desterrar a resignación” para ... galego e de calidade. Para iso

confederación intersindical galega2

decembro 2013

A resposta da CIG-Ensino nos próximos catro anos será proporcional ás agresións da Consellaría

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, estabe-leceu como obxectivos prioritarios para os vindeiros catro anos a defensa inequívoca do ensino público; a derrogación do de-creto de plurilingüismo e a procura dun marco lexislativo para o galego que permita camiñar “cara á plena normalización e galeguización do ensino”; combater a LOMCE e mesmo mudar a Constitución española, por ser a columna vertebral que so-porta este proxecto de lei; combater os recortes permanentes na Universidade e restituír todos os dereitos retributivos, labo-rais e profesionais que lle foron arrebatados ao profesorado, entre outros.

Anxo Louzao denunciou o recorte dos orzamentos da con-sellaría de Educación nun 33% nestes catro anos “o que cau-sou destrución e inmensas restricións na calidade do ensino público” e a previsión de diminuír noutros 20 millóns de euros os orzamentos para 2014, limitando a oferta de emprego só á reposición do 10% dos efectivos e, ao tempo, insistindo na redución dos salarios e pagas do profesorado.

Ademis responsabilizou destas políticas a “un Goberno da Xunta submiso totalmente aos mandatos de Bruxelas e de Madrid, cuxa función primordial é arrasar con todo aquilo que fomos conquistando e deseñar políticas que menoscaban as nosas competencias e conducen o país e as clases populares ao abismo total” e ao conselleiro de Educación, do que dixo que é “paradigma e prototipo do colonizado integral” por render “vasalaxe permanente aos ditados de Madrid”, experimentan-do anticipadamente a política educativa marcada polo PP coa LOMCE. Por iso, anunciou, “a nosa resposta será proporcional as agresións recibidas”.

Louzao comezou o acto de clausura do VI Congreso pedin-do un minuto de silencio en memoria da compañeira Dores Gestoso, e dos compañeiros Fidel Diéguez e Xoán Vázquez. A súa intervención arrincou analizando as consecuencias que a crise está a ter para Galiza e para a clase traballadora. Unha crise que, dixo, nos golpea con “maior crueza e asañamento” ao pertencermos “a unha nación dependente”. Esta situación provoca, para o secretario nacional da CIG-Ensino, que as ga-legas e os galegos teñamos os salarios máis baixos do estado, unha taxa de paro que se achega ao 22%, as pensións máis reducidas, a poboación máis envellecida e maior precarieda-de. “Condénanos ao desemprego, ao empobrecemento e, de novo, á emigración”, afirmou.

Ante isto asegurou que “non hai saída á crise para a cla-se traballadora se non se alicerza na capacidade política de Galiza para deseñar políticas fiscais, financeiras, industriais, económicas, sociais, laborais e educativas propias” e advertiu

de que as solucións aos nosos problemas, nunca virán de fóra. “Temos que construílas conforme aos nosos intereses, necesi-dades e potencialidades”.

Por iso cuestionou a “falsa dicotomía” de que “a loita social debe priorizar á nacional”, ao entender que é un argumento utilizado polo españolismo, incluído o que se sitúa na esquer-da para “enmascarar a subordinación de Galiza ás decisións alleas e contrarias aos nosos intereses e necesidades”.

O secretario nacional da CIG-Ensino manifestou o seu rexeitamento ás políticas económicas deseñadas pola troika e aplicadas polos gobernos central e galego e denunciou a utilización da crise como pretexto para “asestar os máis bárba-ros ataques á educación pública e acrecentar, aínda máis, os múltiples mecanismos de privatización”, para adoutrinar e para atacar a nosa lingua.

Page 3: Decembro 2013 - CIG Ensino INFORMA VI Congreso CIG-Ensino.pdf · intervención no acto de clausura cha-mou a “desterrar a resignación” para ... galego e de calidade. Para iso

confederación intersindical galega3

decembro 2013

O VI Congreso da CIG-Ensino aproba o Informe de Xestión da Executiva saínte por unanimidadeRatificou tamén por unanimidade o relatorio de Estatutos e de Acción sindical

O VI Congreso da CIG-Ensino deu comezo coa presentación do Informe da Executiva no que se dá conta do traba-llado desenvolvido durante estes catro ano e que foi aprobado por unanimidade, cunha única abstención. As delegadas e delegados asistentes aprobaron tamén as modificacións estatutarias e o Rela-torio de Acción Sindical, onde se definen as liñas que centrarán a actividade sin-dical da CIG-Ensino para o vindeiro pe-ríodo. A sesión da mañá remataba coa votación da nova executiva nacional e a elección do secretario nacional.

Respecto do Informe de Xestión da executiva saínte, o documento arrinca especificando que este período estivo marcado e condicionado totalmente po-las “políticas antisociais e demoledoras dos servizos públicos aplicadas polos gobernos central e galego, seguindo as directrices marcadas pola UE, que elimi-naron moitas das conquistas que tiña-mos logrado”.

No informe faise un percorrido polos recortes padecidos polo ensino público e as agresións contra os dereitos e as condicións laborais e salariais do profe-sorado, que foron unha constante desde a chegada do PP á Xunta de Galiza e provocaron a contundente e precisa res-posta desde a CIG-Ensino.

Denúnciase a pretensión de desman-telar o ensino público reducindo os or-zamentos destinados desde a consella-ría de Educación, entre o ano 2009 e o 2013, en 660 millóns de € e eliminando dereitos laborais, profesionais e salariais ao profesorado; lembrou a redución e eliminación de postos de traballo, que calculou en 3.000 profesores/as menos; a supresión de unidades e centros es-colares e o consecuente incremento de ratios e a inestabilidade e precariedade laboral na que se atopa o profesorado interino e substituto.

Isto, xunto coa paralización da oferta de emprego, ten provocado o aumento dos horarios, a non cobertura das subs-titucións por IT, os agrupamentos, o incremento da impartición de afíns, de itinerancias e de alumnado por aula e por docente.

Xunto a isto o informe fai referencia tamén os recortes de dereitos sindicais e a ausencia absoluta de negociación. Agresións fronte as que se mobilizou a CIG-Ensino: en defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos; en de-fensa do dereito a comedor gratuíto; pola mellora das condicións de traballo, des-de o dereito á xubilación anticipada, até o dereito do profesorado á formación; en defensa do fondo de acción social; polo dereito do profesorado interino a perci-bir sexenios; polo mantemento do poder adquisitivo; contra a ampliación da carga lectiva ou contra a segregación do alum-nado por razón de xénero entre outros.

En todo caso, e alén das cuestións es-tritamente laborais, a CIG-Ensino tamén se mobilizou en defensa da nosa lingua e cultura e dun modelo educativo público, galego e de calidade. Para iso promoveu

e participou a creación de plataformas como Queremos Galego; a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públi-cos ou a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que centrou a súa actitividade, fundamentalmente, en com-bater a LOMCE.

Plataformas que convocaron e prota-gonizaron as máis grandes mobilizacións en defensa dun dos nosos principais si-nais de identidade: a nosa lingua e contra o chamado decreto de Plurilingüismo ou contra a LOMCE. Unha Lei que promo-ve o descoñecemento do galego e que mesmo garante que a Administración sufrague os gastos en centros privados do alumnado que non se queira escola-rizar no noso idioma; favorece o ensino privado concertado; é antipedagóxica e reaccionaria e preténdese aprobar sen o consenso da comunidade educativa. Liquidará a igualdade de oportunidades e o dereito o ensino aos sectores sociais con maiores dificultades e menos recur-sos.

Tamén se lembraron as actuacións en defensa das Galescolas, de Preesco-lar na Casa e mesmo a xudicialización,

Page 4: Decembro 2013 - CIG Ensino INFORMA VI Congreso CIG-Ensino.pdf · intervención no acto de clausura cha-mou a “desterrar a resignación” para ... galego e de calidade. Para iso

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

con sentenzas favorábeis, algunhas cuestións por mor do nulo interese ne-gociador da consellaría de Educación e da Xunta de Galiza: a loita contra a dis-criminación do profesorado interino, os recursos xudiciais contra os ataques do PP á nosa lingua; a defensa dos dereitos fundamentais ante vulneracións flagran-tes como o do dereito de folga; a defensa dos dereitos sindicais, colectivos e indivi-duais ou o dereito ás revisións médicas.

Eleccións sindicais

O Informe da Executica concluíu reco-llendo os excelentes resultados colleita-dos pola federación nas eleccións sindi-cais no ensino público non universitario,

onde a CIG-Ensino incrementou a súa representación nun 6,2%, acadando o 42,5% en votos e o 43,5% en delegadas e delegados; é a forza sindical maiorita-ria no ensino universitario e incrementou a súa representación no ensino privado, pasando de 52 a 102 delegados/as.

Relatorio de Estatutos e Documentos a debate

O relatorio de Estatutos de Acción Sin-dical tamén foi aprobado por unanimi-dade. Neste documento sintetízanse os principios e obxectivos da CIG-Ensino, que defende a elaboración e posta en marcha dunha Lei do sistema educativo galego asentada nos principios de gale-

guización do ensino, na solidariedade e xustiza social, non sexista e superadora das desigualdades sociais existentes e no plano laboral, a CIG-Ensino pulará pola dignificación da función docente en todos os planos: académico, retributivo e de condicións laborais.

O documento desenvolve ademais unha completa análise da política edu-cativa que o PP está a impor en Galiza, inserida no modelo neoliberal que pro-move a privatización dos servizos públi-cos en xeral e do ensino en particular. Fai unha extensa valoración da LOMCE e das consecuencia que terá e xunto a isto, avalía a situación da nosa lingua e avanza os pasos a dar para promover unha galeguización real do ensino.

Nova Executiva da CIG-Ensino1. Anxo Louzao Rodríguez2. Marta Dacosta Alonso3. Xesús Antón Bermello García4. Xosé Lois Rivera Jacome5. Marta Ferreiro Fernández6. Duarte Correa Piñeiro7. Xesús Fernández Rivas8. Ana Rodiño Domínguez9. Xesús Diz Romai10. Mª Xosé Rodríguez Martínez11. Diego Boquete Sánchez12. Paula Bergantiños Xove