O Boletín 19

12
Premios COGAMI 2012 SOS Discapacidad O Boletín Nº 19 / decembro 2012 Edición trimestral Ante a situación inquietante que atravesan as persoas con discapacidade e familiares, COGAMI decidiu non celebrar este ano o Día Internacional das persoas con discapacidade e unirse á marcha `SOS Discapacidade - Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo’ que estivo convocada polo Cermi Estatal. O domingo 2 de decembro, un grupo de profesionais da entidade decidiu unirse a outras 50 mil persoas máis que dende toda España se concentraron en Madrid co fin de poder parar as decisións políticas de regresión de dereitos e de debilitamento do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzados por España. Dende o mediodía e ata pasadas as 14:00 horas, toda unha multitude de persoas con discapacidade, familiares, profesionais do social e simpatizantes concentrouse na rúa Goya para marchar cara os Jardines del Descubrimiento. Ataviados con pancartas, globos, instrumentos musicais, asubíos e carteis reivindicativos, as persoas congregadas percorreron todo o traxecto con cánticos en contra dos recortes económicos e a favor do mantemento das políticas sociais. No punto final da marcha, unhas pantallas situadas a todos os lados da praza retransmitían en directo o manifesto que se encargou de ler o Presidente do Cermi e tamén de distintos representantes da discapacidade, como a campioa olímpica de natación, Teresa Perales. Esta marcha foi seguida a través das redes sociais, chegando a ser trending topic #SOS Discapacidade e tamén foi difundida a través de diferentes medios de comunicación, tanto nacionais como estranxeiros. www.cogami.es Convenios de accesibilidade Nova Presidenta en Discafis Natación terapéutica Trameve cambia a imaxe Neste número: Este ano vaise facer entrega dos Premios COGAMI 2012, uns galardóns que por vez primeira foron entregados durante a gala do XX Aniversario que a Confederación celebrou en Santiago hai dous anos. Como se ten planificado dentro do plan estratéxico da entidade, cada dous anos farase entrega destes galardóns co fin de poder exhaltar o apoio que nos brindan día a día. As categorías dos premios que se outorgan son tres: Premio COGAMI 2012 á Iniciativa Institucional, Premio COGAMI 2012 ao Labor Empresarial e Premio Domingos Dosil á traxectoria persoal, un premio este último que se fai na honra do fundador da entidade. Todo o movemento asociativo tivo a oportunidade de propoñer candidaturas e será un xurado, que se constituirá nos próximos días, o que decida quen son merecedores destes galardóns que van ser entregados o 21 de decembro, na xornada interna de Nadal de COGAMI.

description

boletín trimestral que facemos en COGAMI

Transcript of O Boletín 19

Page 1: O Boletín 19

Premios COGAMI 2012

SOS Discapacidad

O BoletínNº 19 / decembro 2012Edición trimestral

Ante a situación inquietante que atravesan as persoas con discapacidade e familiares, COGAMI decidiu non celebrar este ano o Día Internacional das persoas con discapacidade e unirse á marcha `SOS Discapacidade - Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo’ que estivo convocada polo Cermi Estatal.O domingo 2 de decembro, un grupo de profesionais da entidade decidiu unirse a outras 50 mil persoas máis que dende toda España se concentraron en Madrid co fi n de poder parar as decisións políticas de regresión de dereitos e de debilitamento do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzados por España.Dende o mediodía e ata pasadas as 14:00 horas, toda unha multitude de persoas con discapacidade, familiares, profesionais do social e simpatizantes concentrouse na rúa Goya para marchar cara os Jardines del Descubrimiento.

Ataviados con pancartas, globos, instrumentos musicais, asubíos e carteis reivindicativos, as persoas congregadas percorreron todo o traxecto con cánticos en contra dos recortes económicos e a favor do mantemento das políticas sociais. No punto fi nal da marcha, unhas pantallas situadas a todos os lados da praza retransmitían en directo o manifesto que se encargou de ler o Presidente do Cermi e tamén de distintos representantes da discapacidade, como a campioa olímpica de natación, Teresa Perales.Esta marcha foi seguida a través das redes sociais, chegando a ser trending topic #SOS Discapacidade e tamén foi difundida a través de diferentes medios de comunicación, tanto nacionais como estranxeiros.

www.cogami.es

Convenios de accesibilidade

Nova Presidenta en Discafis

Natación terapéutica Trameve cambia a imaxe

Neste número:

Este ano vaise facer entrega dos Premios COGAMI 2012, uns galardóns que por vez primeira foron entregados durante a gala do XX Aniversario que a Confederación celebrou en Santiago hai dous anos.Como se ten planifi cado dentro do plan estratéxico da entidade, cada dous anos farase entrega destes galardóns co fi n de poder exhaltar o apoio que nos brindan día a día.As categorías dos premios que se outorgan son tres: Premio COGAMI 2012 á Iniciativa Institucional, Premio COGAMI 2012 ao Labor Empresarial e Premio Domingos Dosil á traxectoria persoal, un premio este último que se fai na honra do fundador da entidade.Todo o movemento asociativo tivo a oportunidade de propoñer candidaturas e será un xurado, que se constituirá nos próximos días, o que decida quen son merecedores destes galardóns que van ser entregados o 21 de decembro, na xornada interna de Nadal de COGAMI.

Page 2: O Boletín 19

2

NOVAS

O Concello de Lalín e COGAMI asinaron un convenio que vai deseñar a primeira ruta accesible en Galicia quepercorrerá o centro urbano da vila cumprindo coas normas legais de accesibilidade.Así o constataron a concelleira de Benestar e Emigración, Paz Pérez, e o edil de Turismo, José Antonio Rodríguez, quen se re-uniron co Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, para iniciar xa os trámites que establecen un itine-rario urbano e natural que cumpra coas normas de accesibilidade.A idea de facer este percorrido accesible polo centro urbano iniciou despois da celebración da feira do cocido do ano pasado, momento no que se desenvol-

veu a primeira edición do cocido accesible no que participaron 30 persoas con discapacidade de distintos puntos galegos.Agora está en marcha a ruta accesible, para iso realizarase un corte topográfi co do percorrido, localizando as rúas, os puntos de interese e deseñarase un manual rápido de accesibilidade para co-mercios e outro as vías públicas.Para a realización destas actuacións o Concello de Lalín achegará 3.000 euros, así como a colaboración co persoal técnico das Concellerías de Benestar e Emigración e de Turismo, no que sexa necesario.

COGAMI e Portos de Galicia van colaborar para facilitar que as persoas que teñen mobilida-de reducida poidan acceder ás dársenas que son de titularidade autonómica. Así o recolle un convenio asinado polos presiden-tes destes dous organismos, José Juan Durán Hermida, o Presiden-te de Portos de Galicia, e mailo Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.Un total de 123 dársenas van ser analizadas co fi n de que se eliminen as barreiras arquitectóni-cas de todas estas infraestruturas para adaptalas e facelas accesi-bles. Portos de Galicia e COGAMI veñen mantendo unha liña de co-

laboración que xa se manifestou nas mesas de traballo celebradas con motivo da redacción do Plan Especial da Náutica Recreativa 2012-2020, un documento que funciona como folla de ruta da sostibilidade e accesibilidade das instalacións portuarias. Trala sinatura deste convenio, COGAMI informará a Portos de Galicia das axudas técnicas, er-gonomía e supresión de barreiras máis urxentes existentes nas instalacións do ente público.

O edifi cio da Deputación de Pon-tevedra foi o lugar escollido para que o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o Conselleiro de Presidencia, Administracións Pú-blicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e mailo Presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinaran a segun-da fase dun proxecto para facer accesibles os colexios electorais da provincia de Pontevedra.A primeira fase do estudo realizouse o ano pasado e nela estudáronse as instalacións de nove concellos: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Marín, Lalín, Cangas, Ponteareas e A Estrada, englobando un total de 283 mesas electorais. Durante a segunda realizarase

unha auditoría dos centros de seis municipios máis que teñen unha poboación de entre 15 e 20 mil habitantes: Moaña, Nigrán, O Porriño, Sanxenxo, Tui e Poio. En total, o informe fi nal vai ter a des-crición sobre a accesibilidade de 264 locais electorais que van ser analizados nun período máximo de catro anos. As avaliacións que se están a realizar serven para coñecer que tipo de remodelacións deberán acometerse nos centros elec-torais para que as persoas con mobilidade reducida poidan exercer o seu dereito a voto, sen que existan chanzos que llelo impidan.

Momento durante a sinatura do convenio

O centro de Lalín farase máis accesible

As dársenas galegas vanse facer accesibles

Colexios electorais accesibles

Á esq. o Pres. de COGAMI felciita ao Pres. de Portos

Momento previo á sinatura co Concello Lalín

Page 3: O Boletín 19

Enmarcado no programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde, a natación terapéu-tica permite a participación das persoas con discapacidade que viven no medio rural.Cofi nanciado pola Fundación Iberdrola, o programa de natación terapéutica estase a desenvolver en dezaseis concellos, permitin-do que se poidan benefi ciar 160 persoas con discapacidade, dez por entidade participante.Iniciada en outubro, a activiade desenvolverase ata xuño a modo de dúas sesións mensuais de 45 minutos de duración cada unha. Os exercicios que se van prac-ticar na auga non só se cinguen á natación, tamén é posible a

hidroterapia, tratamentos nun bal-neario ou calquera outro exercicio rehabilitador.As persoas participantes van experimentar unha mellora física e psicolóxica a través dos catro exercicios básicos de natación que repercuten na mobilidade, a fl otación, a respiración e a propul-sión. Ademais, experimentarán unha maior interacción social porque as actividades desenvol-veranse en piscinas municipais.Os Concellos nos que se desen-volve son: Arzúa, Narón, Outes, Santiago, Chantada, Monforte de Lemos, Ribadeo, Xove, Ourense, O Barco de Valdeorras, Lalín, Mos, O Porriño, Ponteareas e Tomiño.

As actividades programadas pola área de lecer para este ano con-taron cunha oferta variada onde non faltaron deportes ao aire libre e de equipo, permitindo a sociali-zación e convivencia das persoas usuarias dos centros e entidades de COGAMI.Setecentas persoas de distintos puntos da comunidade puideron participar tanto de actividades acuáticas como de partidos de tenis en cadeira. Aparte das xa coñecidas travesías no veleiro Laion que atraca en distintas rías recollendo ás persoas con disca-pacidade que desexen embarcar nel, tamén este ano se puido participar en cursos de vela, formación á que se apuntaron

persoas usuarias de Adisbismur, Avanzar e centros de Montepo-rreiro e Mos.Coñecer as primeiras leccións bá-sicas para controlar a técnica do mergullo foi posible en A Coruña, nunha actividade que se desen-volveu nunha piscina municipal e na que oito persoas puideron experimentar a ingravidez.O tenis adaptado conta cada vez con máis seguidores, así que dende COGAMI e a Federación Galega de Tenis intentaron ache-gar este deporte a máis xente. Durante o meses de novembro e decembro, estanse a desenvol-ver cursos de iniciación a este deporte tanto en Lugo como en Ourense.

O mes de decembro é cando rematan os cursos de formación profesional que COGAMI progra-ma durante o ano e que imparte a través da fi nanciación que recibe da Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral da Dependencia e Autono-mía Persoal e mailo Fondo Social Europeo.O alumnado está a recibir os di-plomas que certifi can a asistencia a estas formacións e a supe-ración das materias. Este ano impartíronse un total de 18 cursos e a eles asistiron 263 persoas, 151 homes e 112 mulleres. A formación máis repetida foi a de controlador de accesos que se impartiu en tres concellos, en

Pontevedra, Tui e Lugo e tamén a de Xestión de stocks, almacén e control de caixa, que se imparti-ron nos concellos de Ponteareas, Xove e Verín.O resto dos cursos foron de temática diversa: ofi mática, telefonista-recepcionista, te-leoperador, técnicas de ofi cina, telemarketing, informática básica, atención sociosanitaria e técnicas administrativas.As provincias de Pontevedra e de A Coruña foron as que máis cursos desenvolveron este ano, impartíndose cinco en cada unha delas. Dous foron na de Ouren-se e tres na de Lugo. Dous dos cursos foron a distancia, enmar-cando toda a comunidade.

Cento sesenta persoas benefícianse da natación terapéutica

Setecentas persoas participaron nas actividades de lecer deste ano

Máis de 260 persoas finalizaron os cursos de formación profesional

3

3

O BoletínNº 19 / decembro 2012

Persoas usuarias de Amico durante a sesión

Alumnado curso impartido en Mos

Participantes da escola de tenis

Page 4: O Boletín 19

4

ENTREVISTA

PREGUNTA: Noraboa por este nomeamento. Ser a presidenta dunha federación que representa a doce entidades, é un reto ou unha oportunidade?RESPOSTA: Poder representar ao colectivo de per-soas con discapacidade de Ourense é unha grande oportunidade. Ourense ten unha Federación cun colectivo moi particular, é unha das federacións con máis entidades sociosanitarias. Para min esta é unha grande oportunidade para poder poñer en valor ao colectivo de persoas con discapacidade desta provin-cia, e facer rede entre as diferentes asociacións que a conforman e outras moitas que a poden conformar.Por outra banda, conseguir que as persoas con dis-capacidade estean totalmente incluídas e sexan par-tícipes nesta sociedade, sobre todo cunha poboación rural numerosa, vai ser un reto importante.

P: Pensabas, cando empezaches a formar par-te do movemento asociativo, que ías ser a ca-beza visible da túa provincia de nacemento?R: Eu son limiá, máis concretamente de Sandiás. O certo é que non o esperaba pero, dende logo, é unha honra. Levo xa anos formando parte no movemento asociativo, pero case sempre era dentro do colectivo de hemofi lia e outras coagulopatías

conxénitas. En representación deste colectivo entrei a formar parte da directiva de Discafi s-COGAMI hai xa anos como vogal. Pero foi dende hai uns catro anos para acá cando xa comecei a involu-crarme noutros proxectos como foi o de ACADAR, o cal lle teño moito cariño; penso que era xusto e necesario que aparecera en Galicia unha entida-de que dera voz ás mulleres con discapacidade. A partir de aí entrei tamén en COGAMI, e ago-ra teño a oportunidade de presidir a Federación de Ourense cun grupo de persoas involucradas e comprometidas co movemento asociativo.

P: Non só hai unha nova presidenta en Dis-cafi s-COGAMI, tamén se produciron máis cambios na xunta directiva, entre estes a exis-tencia dunha paridade entre mulleres e ho-mes que formades parte desta dirección.R: É certo, desta volta conseguimos ter paridade na xunta directiva. Teño que dicir que isto é moi difí-cil, porque no movemento asociativo (ao igual que noutros estratos da sociedade), as mulleres non estamos sufi cientemente representadas, ademais nas entidades de pacientes é moi complicado atopar relevo a esas persoas que levan xa anos dedicando

Laura Quintas: Presidenta da Fede-ración Discafis-COGAMI

Laura Quintas, unha muller ligada ao mundo asociativo dende, pódese dicir, o nacemento. Con apenas dous anos, xa formaba parte da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) entidade da que actualmente é vicepresidenta executiva. Tamén forma parte da xunta directiva da Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR), entrou o ano pasado como membro da xunta directiva de COGAMI e, recentemente, é a cabeza visible, a Presidenta de Discafis, a Federación de COGAMI en Ourense.

Page 5: O Boletín 19

o seu tempo voluntariamente a labores asociativas.Eu teño un claro compromiso co colectivo de mulle-res con discapacidade, por iso creamos Acadar, e por iso tentei, na medida do posible, que esta nova directiva fose o máis paritaria posible. Non podemos esquecer que a situación da muller con discapacida-de é máis discriminatoria, se cabe, sufrindo moitas veces tripla discriminación: por ter discapacidade, por ser muller e tamén por vivir no rural, algo maio-ritario nesta provincia e habitual na Comunidade.

“Discafi s-COGAMI ten un novo equipo directivo, que continuará co labor rea-lizado ata o de agora, centrando esfor-zos nas persoas con discapacidade”

P: Cal é a cuestión que máis lle preocupa á Dis-cafi s- COGAMI, en que están a traballar?R: Nestes intres, o que máis nos preocupa, ao igual que noutras entidades e federacións, é sen dúbida lidar con esta situación de crise e intentar seguir dando servizos de calidade ás persoas con discapacidade. Dende Discafi s-COGAMI é unha prioridade fomentar o movemento asociativo en toda a provincia e dar cobertura ás persoas con discapa-cidade nas zonas rurais e comarcas da provincia.

P: Entre as funcións que ten que desenvol-ver, está a de relacionarse cos poderes polí-ticos da provincia, cal vai ser a primeira por-ta que vai tocar? e que lle vai anunciar?R: Para as nosas entidades é moi importan-te ter unha estreita relación tanto con entidades privadas como coa administración pública, non só porque colaboran en moitas das activida-des que realizamos, senón porque facemos un labor de xustiza social e sociosanitaria.Coa nova directiva, irémonos presentar ás dife-rentes administracións, aínda que moitas xa nos coñecen. Quizais, por comezar por algún lado, iniciamos coa Deputación provincial, dado que este é o organismo de carácter provincial que habitual-mente chega onde os concellos e as entidades non o fan en canto a servizos e prestacións so-ciais, polo que a nosa colaboración é importante.O que se lles vai a anunciar é que Discafi s-CO-GAMI ten un novo equipo directivo, que continua-rá co labor realizado ata o de agora, centrando esforzos nas persoas con discapacidade. Tamén lle exporemos os novos proxectos que temos, destacando a dinamización das zonas rurais.

P: A Federación de Ourense engloba a maior parte das entidades que teñen que ver coa saú-de, como enfermos de Crohn e colitis ulcerosa, esclerose múltiple, hemofi lia, transplantados de ril, lupus e enfermidades neuromusculares. Teñen na mesa algunha proposta para facerlle achegar á Consellería de Sanidade que poida mellorar ao colectivo de pacientes que representan?R: Si, nesta Federación a maioría de entida-des son de discapacidade orgánica. Este co-lectivo ten unhas necesidades particulares que moitas das veces non se ven atendidas.

Neste punto teño que dicir que COGAMI vén de crear unha Comisión Sociosanitaria, e den-de a que se está a traballar para lle transmitir á Consellería necesidades deste colectivo.

P: Teñen pensado seguir aumentando o gru-po de entidades que representan?R: Por suposto, para a Federación de Ourense é unha prioridade a dinamización do movemen-to asociativo e ser referente na provincia, ao igual que COGAMI o é na comunidade. Tra-taremos de que as entidades que existen nos vexan como referente e comprendan que nestes momentos a unión máis que nunca fai forza.

P: Como cre que está o colectivo das persoas con discapacidade da provincia ourensá, cales son as necesidades prioritarias que deben atender?R: Na cidade de Ourense, quizais pola súa dimensión de cidade, se están a facer cousas pero, no resto da provincia aínda hai moito por facer. Nestes momen-tos é imposible ter un centro de recursos en cada comarca, aínda que este é un bo obxectivo fi nal.Mentres, as necesidades prioritarias pasan pola atención a persoas con discapacidade e tamén as afectadas por grandes discapacida-des, que están a quedar desamparadas.Tamén a dinamización de entidades xa crea-das nas diferentes comarcas para que as persoas con discapacidade desas zonas lles cheguen servizos e información que leve a es-tas persoas ao achegamento o colectivo.

“O que máis nos preocupa é lidar con esta situación de crise e intentar seguir dando servizos de calidade ás persoas con discapacidade”

O BoletínNº 19 / decembro2012

5

Laura Quintas participando nun acto de Agadhemo

Page 6: O Boletín 19

En xaneiro foi Galega de Economía Social (www.galegadeeconomiaso-cial.es), a empresa matriz do grupo empresarial e, un mes despois, son as empresas de coidado medioambiental Coregal, Trameve e Dixardín, as que se adheriron ao compromiso do Pacto Mundial das Nacións Unidas.

Para unha empresa, o feito de formar parte desta iniciativa signifi ca que se compromete a cumprir unha decena de principios que están relacionados cos dereitos humanos, coas normas laborais, coas normas de medioam-biente e coa loita contra a corrupción.

O pacto mundial é unha iniciativa de ámbito internacional que propón as Nacións Unidas co fi n de fomentar a cidadanía corporativa, involucrando voluntariamente ás empresas na xes-tión de retos sociais e medioambien-tais a través da implantación destes dez principios.

No noso país, a Red Española del Pacto Mundial tras dez anos de traxectoria destaca por ser unha das redes máis activas, aglutinando a máis de 1.200 organizacións.

Galega de Economía Social adhírese ao Pacto Mundial de Nacións Unidas

6

CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

O centro especial de emprego Dixardín (www.dixardin.es), que forma parte do grupo empresarial COGAMI, foi o encar-gado de deseñar os espazos verdes que rodean as novas instalacións do centro de recursos de Medelo que ten COGAMI-Deza.O traballo realizado consistiu nunha zona de axardinamento silvestre deseñado cunha base de plantas rubideiras autóc-tonas que se adaptan e mimetizan coa contorna.

Tamén se dotaron as zonas verdes de ár-bores campestres e as zonas más som-brías teñen fentos plantados, mentres que as máis soleadas acollen especies de rosa canina.Para facilitar a conservación das plantas que están na zona cuberta, Dixardín instalou un sistema de rego por goteo. A empresa deulle unha nova utilidade a unha pía de cantería que había nas anti-gas instalacións da casa, rehabilitárona e colocárona como xardineira.

A planta de tratamento medioambiental de vehículos, Trameve, un dos nove cen-tros especiais de emprego que forman parte do grupo de empresarial Galega de Economía Social, cambia a súa identida-de corporativa.A cor verde segue sendo a tonalidade es-collida para o novo logo por ser unha cor que expresa o ecoloxismo, un dos sinais de identidade de Trameve, o coidado do medio ambiente.Aparte da renovación da imaxe, Trame-ve tamén cambiou a súa páxina web (www.trameve.es) co fi n de prestarlle

unha mellor atención á súa clientela. A nova páxina dispón dun buscador de pezas de recambio que lle vai permitir ao cliente comprobar se o recambio que precisa está dispoñible á venda.Existe tamén a posibilidade de cubrir un cuestionario por parte da clientela na que se poden achegar propostas de mellora no servizo de venda, cubrir un cuestio-nario de consulta para solicitar aquelas pezas que non atopan no buscador e tamén, poden consultar sobre os servizos que ofrece a propia empresa.

O centro Dixardín deseña os espazos verdes de Medelo

Nova imaxe para Trameve

Fachada do centro de recursos Medelo coas novas prantas

Nova imaxe corporativa de Trameve

Page 7: O Boletín 19

7

Decembro e xaneiro son os dous meses do ano cun consumo máis disparado, é a época na que agasallamos e na que agardamos que nos agasallen. Para aquelas persoas que se amosan indecisas á hora de elixir, a Lonxa de Letras quere facilitarlle a compra, ofertándolle tí tulos de obras galegas actuais.As obras que oferta Lonxa de Letras pódense adquirir a través da súa páxina web www.lonxadeletras.com e que van ser entregadas cun custe de cero euros de gastos de envío no caso de que se recolla en calquera dos trinta e oito quioscos que forman parte da Rede Galega.Ademais, outras das facilidades que ofrece Lonxa de Letras é que todos os libros se entregan en bolsa regalo e que,

no caso de que non se coñezan os gustos pola lectura da persoa á que se lle quere mercar un libro, existe a posibilidade de facer un cheque regalo por valor de 10, 20 ou 30 euros.En Lonxa de Letras pódense adquirir obras tanto de cociña, como de novela histórica, infantí s, poesía ou de coidado da saúde e do benestar. Cun pouco de tempo, pódese entrar na web e mirar todas as novidades que oferta para este Nadal.

Un ano máis, Galega de Economía Social convoca o concurso de postais de Nadal co que intenta facer partícipes a familiares do persoal que traballa en calquera dos nove centros especiais de emprego do grupo.Os únicos requisitos para participar son, aparte de ter grao de parentesco, non superar os 12 anos de idade. O resto que teñen que facer os menores é amosar que teñen imaxinación e habilidades coas artes plásticas.Xa rematou o prazo para presentar as obras. O debuxo ga-ñador estará impreso en todas as felicitacións de Nadal que envíe Galega de Economía Social. O resto dos debuxos tamén

van poder ser utilizados por outras empresas do grupo para felicitar á súa clientela durante as festas de Nadal a través das redes sociais e tamén a través dos correos electrónicos.A persoa gañadora desta edición foi Raúl Regueiro Zapico de 5 anos e cuxa colorista composición se pode apreciar na foto que encabeza esta nova. Noraboa a todos os rapaces e rapa-zas que participaron.

A Lonxa de Letras propón agasallos para Nadal

O grupo empresarial convoca o II concurso de postais de Nadal

O BoletínNº 19 / decembro 2012

Debuxo gañador

Page 8: O Boletín 19

8

Hornos de Lamastelle é un dos nove centros espe-ciais de emprego que forman parte do grupo em-presarial de COGAMI, Galega de Economía Social. Xa vai para dezanove anos cando a Confederación decidiu formar parte desta empresa que se dedica á fabricación de empanadas sobre todo, quedando como socio maioritario. O 96 por cento do cadro de persoal desta empresa está formado por persoas con discapacidade tanto física como intelectual.

Moito foron cambiando as cousas dende a apertura de Hornos de Lamastelle ata o de agora, uns cam-bios que se farán aínda máis visibles en 2013, ano no que se van producir moitas melloras, tanto a nivel de incremento do cadro de persoal como de innovación en maquinaria, ampliación de puntos de distribución e tamén de expansión e comercialización a outros lugares. Algúns destes cambios xa son evidentes, só basta con entrar na súa nova páxina webwww.lamastelle.com que acaba de lanzar este centro especial de emprego ao considerar que hoxe en día se unha empresa quere ser competitiva no mercado

actual, ten que estar posicionada dentro das novas tecnoloxías.

Hornos de Lamastelle vén de inaugurar un novo por-tal de Internet que á súa vez serve como presenta-ción da nova identidade corporativa, un novo logotipo de empresa que patenta a imaxe da marca coa que se quere identifi car a partir de agora a panifi cado-ra. Durante o ano que inicia, todos os materiais de embalaxe que se utilizan na distribución, así como os vehículos, terán impresa esta nova imaxe que será posible descargala na propia páxina web.

Outras das melloras adoptadas trala estrea da páxina web é que se poden ver toda a gama de produtos que comercializan, así como os puntos de venda directa. Hornos de Lamastelle pensou na clientela fi el e por iso lle habilitou un espazo na propia páxina na que poden acceder cunha clave e poñerse en contacto coa empresa para demandar algún pedido, documento específi co que lle faga falta para sanida-de, calidade, en fi n, está habilitado un espazo que

Hornos de Lamastelle inicia unha nova etapa

Hornos de Lamastelle é un dos nove centros especiais de emprego que forman parte do grupo empresarial de COGAMI, Galega de Economía Social. Xa vai para dezanove anos cando a Confederación decidiu formar parte desta empresa que se dedica á fabricación de empanadas, quedando como socio maioritario. O 96 por cento do cadro de persoal desta empresa está formado por persoas con discapacidade tanto física como intelectual.

REPORTAXE

Page 9: O Boletín 19

9

lle ofrece uns servizos de trato preferente aos seus clientes.Durante a primeira semana de decembro, un gru-po de profesionais italianos desprazáronse ata as instalacións que teñen en Oleiros, porque son os encargados de montar e poñer en funcionamento as novas máquinas que deseñou e mercou Hornos de Lamastelle, co fi n de facilitarlle a tarefa ás persoas traballadoras. Están dotando á empresa dun túnel de conxelado máis grande e tamén dunha máquina que logra que o persoal non teña que cargar con pesos. Son máquinas ideadas e adaptadas para facilitarlle a xornada laboral aos traballadores, que por certo, arestora son 71, algo máis da metade mulleres, e que agardan incrementar en 5 máis no próximo ano.

Esta modernización e adaptación da maquinaria foi posible a través do proxecto Momentum Project do BBVA. A cantidade económica que conseguiron en Lamastelle ao entrar a formar parte deste programa, permitiu o investimento de melloras en máquinas e se agarda que en breve tamén en incremento de produ-ción, intentando superar os 4.500 quilos de empana-da que se cocen cada día, sendo as de atún as que máis demanda teñen arestora no mercado.

Unha fl ota formada por seis vehículos é a que se encarga de distribuír o produto fi nalizado. As zonas de comercialización que se están abrindo nestes momentos son tanto na Mariña lucense como en Vigo e Pontevedra. Dende hai máis dun ano, hai un establecemento de venda directa que está situado na rúa coruñesa de Juan Flórez e que é responsable da venda dun 30 por cento da produción. Un éxito que se está estudando coa fi nalidade de abrir franquías por máis cidades galegas ou de fóra que poidan permitir, ao mesmo tempo, a distribución por venda directa a través de Internet.

Pero os cambios que ten Hornos de Lamastelle pre-parados van máis alá no tempo, a longo prazo. Están xa traballando en novas texturas, sabores e bases para as empanadas, intentando innovar produtos que actualmente non se comercializan porque non existen. Podemos falar de empanada de grelos, de espinacas, follados de xamón e queixo, son ideas

que xa están en proceso de desenvolvemento e que pode que en pouco tempo nos sorprendan xa no mercado.

O que xa está en fase de fi nalización e presentación é unha aposta pola comercialización dun alimento que ata o de agora Hornos de Lamastelle non o tiña dentro do seu catálogo. Unha data:o 6 de xaneiro; un produto típico: o roscón de reis e un punto de venda: o establecemento de Juan Flórez. Pois este é o lugar no que van saír ao mercado, como primicia para Hornos de Lamastelle, as primeiras mil unidades de roscóns de reis, unha especialidade que levou tempo madurala pero que agora xa está na fase fi nal e con gañas de experimentar o seu resultado dentro dun mes.

O BoletínNº 19 / decembro 2012

Nova páxina web de Hornos de Lamaste

Os partidos políticos galegos estiveron de visita nas instalacións de Hornos de Lamastelle durante a campaña electoral

Page 10: O Boletín 19

Iberdrola quixo celebrar en Santiago a primeira edición do seu Día do volunta-riado en Galicia e, para isto, contou coa participación de COGAMI, que organizou unha visita guiada á Cidade da Cultura na que participaron máis de 150 persoas pertencentes ás entidades membro e usuarias dos distintos servizos da Confe-deración.

A visita consistiu nun percorrido polos edifi cios máis emblemáticos do Monte Gaiás e tamén nunha entrada ás dúas exposicións que están abertas ao públi-co, a de Galicia Pétrea e a dos Códices.

As persoas usuarias confi rmadas, que viñeron acompañadas de profesionais e monitores procedían de distintas conce-llos galegos, tales como Lugo, Ourense, Pontevedra, Baixo Miño, Mos, Val do Dubra, Ferrol, Coruña e Xinzo de Limia.

Trala visita, que estivo dirixida por guías especializados da Cidade da Cultura, os grupos puideron compartir un xantar que consistiu nuns aperitivos que se encargou de traerllos a empresa Hornos de Lamastelle que forma parte do grupo empresarial COGAMI.

Este tipo de actividades culturais permi-ten que exista unha convivencia e interre-lación entre as persoas que participan, facilitando a visibilidade do colectivo da discapacidade e a súa integración social.

O auditorio de Caldas de Reis resultou escaso para recoller ás 250 persoas que asistiron á III Gala Benéfi ca que a Asociación Avanzar da comarca Umia-Ulla celebrou, por vez primeira, nestas instalacións.

Un ano máis, o recadado polas vendas das entradas que custaron a 5 euros cada unha, vai ir destinado aos fondos que manteñen en activo os programas que desenvolve a entidade a favor das persoas asociadas. En total xuntaron 1.250 euros.

Para esta edición, o evento contou coa presentación de Lorenzo Arcade e coa participación dos cantantes Paula e Fernando Madero, ademais da actuación de baile Sondo Dance e do transformista Ashylley.

Como en edicións anteriores, houbo un sorteo dunhas clases de danza do ventre e tamén uns lotes de produtos de perruquería, uns agasallos que achegan desinteresadamente comerciantes da zona que queren colaborar con Avanzar.

Un ano máis, e xa van doce, a Asocia-ción de Persoas con Discapacidade da bisbarra de Muros (ADISBISMUR) celebrou unhas xornadas deportivas nas que retou a través do baloncesto a outras entidades que tamén forman parte da Confederación: Ámbar da comarca da Barbanza, Misela de Noia, Avante de Val do Dubra e Amarai de Arzúa e Terra de Melide.

En total, xuntáronse sobre 180 persoas no polideportivo de Outes e alí estiveron competindo entre eles dende as 11:00 horas ata as 14:00 horas. O equipo que resultou gañador foi o da asociación Ám-bar, quedando como segundo o formado polas persoas usuarias de Adisbismur.

Pero o realmente importante da xornada non é a competición, senón a posibili-dade de poder compartir un día todos xuntos, de intercambiar experiencias e o poder potenciar o deporte como un hábito saudable.

Como tamén é tradición, ao remate dos partidos, todas as persoas asistentes puideron compartir un xantar nun restau-rante da zona.

Entidades de COGAMI visitan a Cidade da Cultura

Éxito de participación na III Gala benéfica de Avanzar

Doce anos de competición en Adisbismur

10

ASOCIACIÓNS MEMBRO

Participantes das xornadas deportivasAsistentes da III Gala de AvanzarUn dos grupos da Cidade da Cultura

Page 11: O Boletín 19

A facultade de Medicina de Santiago acolleu un curso de formación sobre a hemofi lia e outras coagulopatías conxé-nitas no que participaron destacados ex-pertos procedentes de distintas cidades españolas, ademais de preto dun cento de estudantes do último curso de carrei-ra, médicos residentes e adxuntos.

É a primeira vez que un seminario destas características se organiza en España e foi a Asociación Galega de Hemofi lia (Agadhemo) a encargada de desenvol-velo. Durante os tres días que durou, foi posible seguilo en directo a través de Internet, propiciando a participación de países Latinoamericanos, sobre todo, e das redes sociais.

Dende Agadhemo quixeron poñer en marcha este curso porque pretenden que os futuros médicos sexan tan profesio-nais e capaces como os actuais e para que propicie novas vocacións encamiña-das ás coagulopatías conxénitas.

Aproveitando esta xuntanza de espertos, comunicouse que un grupo de pacientes galegos participan nun estudo que é pio-neiro a nivel mundial sobre a enfermida-de de Von Willebrand, un dos trastornos hemorráxicos máis comúns e que moitos afectados descoñecen que o teñen. Coa nova metodoloxía que investigan, inten-tan abaratar custos e estender o estudo a todo o xen.

Persoas con discapacidade da comarca lucense de A Ulloa contan cun obradoiro prelaboral que lles imparte a Federación COGAMI-Lugo en colaboración coa Deputación desta provincia, o organismo que se encarga de subvencionar este programa.

Con este obradoiro, preténdese atender ás necesidades formativas, ocupacionais e de lecer de dez persoas usuarias de COGAMI, co fi n de facilitarlles a autono-mía e integración sociocomunitaria.

O convenio, asinado polo Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e mailo Presidente da Federación COGAMI-Lugo, José Luis Lolo Celeiro, impártese no concello de Monterroso ata fi nais de ano.

Dende 2003 COGAMI-Lugo imparte este tipo de obradoiros cos que pretende conseguir unha maior autonomía das persoas e, sobre todo, intentar a súa pronta inserción laboral.

Para poder desenvolver este obradoiro, a Deputación de Lugo achegoulle á Federación de COGAMI-Lugo vinte un mil euros.

Baixo o lema Sobe á miña cadeira, a Asociación de persoas con discapacida-de de O Salnés (Anduriña), foi capaz de sentar nunha cadeira de rodas ao Alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez García, e tamén á Primeira Tenente de alcalde, Julia Aida Filgueira Pérez.

Como un intento de concienciar sobre as difi cultades que atopan as persoas con mobilidade reducida para desprazarse polas rúas da vila, dende Anduriña convi-daron a representantes políticos e tamén a comerciantes para que se sentaran nunha cadeira e fi xeran un percorrido polas prazas máis céntricas.

Durante estes desprazamentos, mem-bros de Anduriña aproveitaron para ir sinalando cunhas pegatinas vermellas aqueles accesos a establecementos que contan con chanzos e beirarrúas que non están rebaixadas. Así mesmo, os acce-sos que cumpren coas normas, recibían a súa conformidade cunhas pegatinas de cor verde.

Con este tipo de actividades o que se pretende é que por un día se poñan en lugar das persoas que teñen mobilidade reducida e das difi cultades que atopan cada vez que realizan desprazamentos polas vilas que non están adaptadas correctamente ás súas necesidades.

Agadhemo impartiu un curso sobre hemofilia en Compostela

COGAMI Lugo imparte obradoiro en A Ulloa

Anduriña conciencia na eliminación de barreiras

11

Alcalde de O Grove na cadeiraMomento da sinatura convenioInauguracuón do curso de Agadhemo

O BoletínNº 19 / decembro 2012

Page 12: O Boletín 19

Partido Solidario

Temos unha cita importante para este mes, a data é o 29 de decembro, a hora ás 16:30 horas e o lugar, o campo de fútbol de San Lázaro. É aquí onde se vai xogar o partido solidario entre o Compostela SD e máis un combinado de xogadores galegos que compiten en distintos equipos e divisións da nosa comunidade.O partido forma parte dun dos actos conmemorativos que ten preparados para este ano o club compostelán de fútbol co motivo da celebración do 50 aniversario. Dende a directiva deste equipo pensaron que para festexar axeitadamente o aniversario, que mellor que ser solidarios. Por isto, decidiron que a recadación obtida pola venda das entradas vai ser destinada a sete entidades sociais compostelás, sendo estas COGAMI, ademais de Fundación Andrea, Asociación de Dano cerebral Sarela, FEAFES, Juntos Podemos, Proxecto Home e Compostela Down.

As entradas ao partido terán un prezo único de 5 euros e poderán ser adquiridas en distintos establecementos e comercios da cidade, de entre os que se atopan os cinco quioscos da Rede Galega de Santiago e máis o do concello de Ames, que está situado en Bertamiráns.No caso de que non se queira mercar a entrada para asistir ao partido, outra maneira de colaborar co partido SD Compostela- Solidaria é a través dunha conta fi la 0 que está aberta en NovaGalicia Banco 2080 0300 88 3040152961.O Compostela SD ten asinado con COGAMI un convenio de colaboración grazas ao cal todas as persoas con discapacidade e as súas familias poden gozar de xeito gratuíto de todos os partidos que o Compostela xoga na capital galega.

PECHE

www.cogami.es