O bolso estoxo

9
RECICLAXE Concepción Justo López Construímos un bolso/estoxo

Transcript of O bolso estoxo

RECICLAXE

Concepción Justo LópezConstruímos un bolso/estoxo

MATERIAISPrincipalmente o que usei para a realización deste bolso estoxo foron estas dúas bandexas que veñen con alimentos e que podedes ver na imaxe, a parte diso tamén se fan imprescindibles as tesoiras e o celo e outros materiais que mencionarei a continuación.

MATERIAIS

Como podemos ver na imaxe outros dos materiais que utilicei para a realización deste estoxo foron:--Cola branca-- Papel de cores que me sobraron do conto e do marco (papel verde e rosa)-- Lana que me sobrou tamén do conto--Rotuladores--Folios--E o rolo de papel de flores que se pode apreciar na imaxe de arriba, que me valeu para forrar o bolso e para unir as dúas bandexas.

PROCEDEMENTO Para comezar a facer o bolso, empecei forrando as dúas bandexas co papel de

flores que mencionei anteriormente, para que

deste xeito as dúas bandexas quedasen unidas e o bolso puidese abrirse e

pecharse sen ningún problema.

PROCEDEMENTO

Despois de ter as dúas bandexas forradas o que fixen e darlle función de

estoxo ao interior, facendo con cartolina apartamentos

para gardar tesoiras, lápices…como podemos ver

nas imaxes.

PROCEDEMENTO

Para decorar o exterior, decidín facelo cun boneco

que está de moda na actualidade (Bart

Simpson), e pegarlle tamén polos lados,

cachiños cadrados de cartolina que me sobraba.

O boneco para que quedase máis bonito,

coloreeino e púxenlle de fondo distintos papeis.

RESULTADOS

Despois de pegar o boneco pola parte dianteira, pola

parte traseira fixen exactamente o mesmo pero coa imaxe duns rotuladores. Como peche do meu estoxo fixen o mesmo que co conto reciclado, empregando dous

anaquiños de lana.

RESULTADO FINAL

Pero como non, para ser un verdadeiro bolso, engadinlle a cada lado, como podemos ver

nas imaxes, dous anacos de lana, que actúan como asas do

bolsiño\estoxo.

¿COMO NOS QUEDOU?

Estas dúas fotografías mostran claramente como quedou o meu bolso\estoxo, e vin sen ningunha dúbida que podería valernos

para empregar na realidade, aínda que estea construído por nós e non pagásemos nunha tenda para compralo, colaborando deste

xeito co medio ambiente.