O camiño de santiago

22
O Camiño de Santiago: A Chegada dos restos de Santiago Padrón: Pedrón (altar romano, dedicado a Neptuno) no que, egundo a lenda, ataron a barca que traía os restos de Santiago Muxía: Pedra de abalar, ou barca da Virxe Muxía: Pedra dos cadrís ou vela da barca Muxía: Pedra do timón Santiago é un dos doce apóstolos de Xesús, irmán de Xoán, un dos catro evanxelistas. Tras da morte de Cristo, e segundo unha tradición, Santiago foise ao “finis terrae”. En Gallaecia non lle foi ben, a pesar de que se lle apareceu a Virxe en Muxía ( sobre unha barca de pedra que aínda hoxe é obxecto de culto) e marchou a Zaragoza, onde só converteu a sete persoas. Aquí a Virxe aparecéuselle sobre un piar. Regresou fracasado a Xerusalén. No ano 44 o rei Herodes Agripa ordeou torturalo e decapitaro, e prohibíu o seu entierro. Dous discípulos -Teodoro e Atanasio- puxeron o corpo nunha barca de pedra, que milagrosamente (non tiña remos nin timoel) cheou a Gallaecia e subíu polo río Ulla ata chegar a Iria Flavia, onde os discípulos ataron a barca a unha pedra, o “pedrón”. A raíña Lupa, que reinaba nestas terras pensa que son meigos, pois o corpo, depositado nunha pedra fúndea marcando o contorno, e manda prendelos e encarcelalos. Son

description

Nacemento e formación do Camiño de Santiago. Ritos e costumes

Transcript of O camiño de santiago

Page 1: O camiño de santiago

O Camiño de Santiago: A Chegada dos restos de Santiago

Padrón: Pedrón (altar romano, dedicado a Neptuno) no que, egundo a lenda, ataron a barca que traía os restos de Santiago

Muxía: Pedra de abalar, ou barca da Virxe

Muxía: Pedra dos cadrís ou vela da barca

Muxía: Pedra do timón

Santiago é un dos doce apóstolos de Xesús, irmán de Xoán, un dos catro evanxelistas.Tras da morte de Cristo, e segundo unha tradición, Santiago foise ao “finis terrae”. En Gallaecia non lle foi ben, a pesar de que se lle apareceu a Virxe en Muxía ( sobre unha barca de pedra que aínda hoxe é obxecto de culto) e marchou a Zaragoza, onde só converteu a sete persoas. Aquí a Virxe aparecéuselle sobre un piar.

Regresou fracasado a Xerusalén. No ano 44 o rei Herodes Agripa ordeou torturalo e decapitaro, e prohibíu o seu entierro. Dous discípulos -Teodoro e Atanasio- puxeron o corpo nunha barca de pedra, que milagrosamente (non tiña remos nin timoel) cheou a Gallaecia e subíu polo río Ulla ata chegar a Iria Flavia, onde os discípulos ataron a barca a unha pedra, o “pedrón”. A raíña Lupa, que reinaba nestas terras pensa que son meigos, pois o corpo, depositado nunha pedra fúndea marcando o contorno, e manda prendelos e encarcelalos. Son liberados por anxos, que ademais convencen á raiña que lles deixa un carro con touros bravos, que se volven mansos, e camiññan ata Castro Lupario, no bosque de Libredón (hoxe Santiago), onde enterran o corpo, e quedan a vivir os dous discípulos ta a súa morte, sendo enterrados posteriormente co apóstolo.

Page 2: O camiño de santiago

Descubrimento da tumba

Logo das persecucións esqueceuse a existencia do sitio, ata que no ano 813 o eremita Pelaio observou que a luz dunha estrela marcaba un lugar que logo, e por este suceso chamaríase Campus Stellae, o Campo da Estrela, de onde derivaría o actual nome de Compostela. Pelaio avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, que vén a Santiago, e ten lugar a denominada "invención" ou descobrimento do sepulcro. Informado o Rei Alfonso II de Asturias do hachado, tomouno como un sinal de Deus a favor do seu reinado, polo que acodíu ao lugar e proclamou a Santiago patrono do reino, mandando edificar alí mesmo, a primeira igrexa , á que logo seguiría outra (destruida por Almanzor) antes da Catedral.

Page 3: O camiño de santiago

A creación do “matamouros” A partir deste momento

repetíronse as miragres, dando lugar a historias e lendas destinadas a animar aos guerreiros cristiáns na loita de reconquista e aos peregrinos que pouco a pouco ían trazando os Camiños a Santiago.Una delas conta como Ramiro I, cando xa tiña perdida a batalla de Clavijo, venceu ás tropas de Abderramán II axudado por un xinete sobre un cabalo branco que resultou ser o apóstolo. A partir de entón converteuse en Santiago Matamouros, patrón da reconquista e as tropas cristiáns entraban en batalla berrando “Santiago y cierra España”.

Page 4: O camiño de santiago

Os camiños a Santiago•

A partir del s. XI, coincidindo coas dificultades para peregrinar Xerusalén (Terra Santa), Santiago exerceu unha forte atracción sobre o mundo cristián europeo, e converteuse centro de peregrinación multitudinaria, acodindo reis, príncipes e santos. Consolídase o Camiño francés e durante os s. XII e XIII créanse miles de camiños cara Santiago dende media Europa.

•Foi nesa época na que se escribíu o "Códice Calixtino"; primeira guía do peregrino, e na que a cidade acadou o seu máximo esplendor. O Papa Calixto II concedeu á iglexa compostelá o “Xubileo Pleno do Ano Santo" e Alejandro III declarouno perpetuo, converténdo a Santiago de Compostela en Cidade Santa xunto a Xerusalén e Roma. O Ano Santo celébrase cada vez que a festividade do Apóstolo, o 25 de xullo, cae en domingo.

Page 5: O camiño de santiago

Os camiños en Galicia

1.- Camiño inglés (por mar)

2.- Camiño da costa

3.- Camiño Portugues

4.- Ruta da Prata

5.- Camiño Francés

+ Ponferrada

+ Vilafranca do Bierzo

+ Ancares- O Cebreiro

+ Samos

+ Sarria

+ Portomarín

+ Palas de Rei

+ Arzúa

Page 6: O camiño de santiago

As excavacións arqueolóxicas A catedral está

edificada sobre unha necrópole (cemiterio) romano. Non só se acharon os restos dos tres corpos (Santiago e os dous discípulos) , senón bastantes máis, xunto con outros restos arqueolóxios, como un cenotafio (pequena edificación mortuoria)

Page 7: O camiño de santiago

A Catedral románica

É a terceira igrexa edificada no mesmo lugar.Nela traballou o Mestre Mateo, arquitecto de Afonso X “O Sabio”, autor tamén das esculturas do Pórtico da Gloria

Page 8: O camiño de santiago

Algúns monumentos salientables do camiño

Puente la Reina

Page 9: O camiño de santiago

Outras localidades-1

Puente La ReinaNáxera

Estella Eunate

Page 10: O camiño de santiago

Outras localidades-2

Sto. Domingo de la CalzadaBurgos

SomportXaca

Santo Domingo de la CalzadaSahagún

Page 11: O camiño de santiago

A vestimenta do peregrinoO peregrino xacobeo distinguíase, a partir do s XI polo símbolo- Vieira ou cuncha-. Para a viaxe procuraba un chapeu (gorro de ala ancha), unha capa con escravina (doble capa ou abrigo na parte superior), sandalias ou botas un bornal (bolsa onde metía comida e obxectos que precisaba para a viaxe) , a escarcela ou esportilla,(bolsa para o diñeiro). O bordón (bastón) e a cabaza (para a auga ou viño)

Page 12: O camiño de santiago

O Códice Calixtino

A historia da peregrinación dende a Idade Media queda recollida nun libro excepcional: O Códice Calixtino, que se conserva na Catedral de Santiago.

Page 13: O camiño de santiago

Tradicións do camiño:

Son amoremamentos de pedras que os peregrinos levan unha parte do camiño para aumentar a penitencia e facérense perdoar pecados. Noutros lugares de peregrinaxe, como a San Andrés de Teixido tamén os hai

Os milladoiros

Lavacolla Xa preto do Monte do Gozo hai un pequeno río que os pregrinos aproveitaban para facer un último lavado ritual, especialmente das partes íntimas –de aquí parece vir o nome-, e presentarse limpo diante do santoXa preto do Monte do Gozo hai un pequeno río que os pregrinos aproveitaban para facer un último lavado ritual, especialmente das partes íntimas –de aquí parece vir o nome-, e presentarse limpo diante do santo

Page 14: O camiño de santiago

É o primeiro lugar do camiño dende o que se pode ver a Catedral. Segundo a tradición, o primeiro que vía as torres berraba ¡Ultreia! que significa máis alá, e que vén sendo como ¡alí está! E era proclamado “rei” da peregrinación. Dende Lavacolla non eran raras as carreiras para ser o primeiro, pois entre os camiñantes era considerado unha honra tan grande, que moitos se poñían este “título” como apelido, dando así lugar a rei, Leroy, …

Monte do Gozo

Page 15: O camiño de santiago

Cruz dos farrapos

Orixinalmente esta cruz encontrábase preto da entrada norte da catedral románica, na chamada Porta do Paraíso.por onde chegaba o camiño francés

Era o sitio onde antigamente os peregrinos queimaban as roupas desfeitas pola viaxe -os farrapos- , simbolizando tamén que renacían a unha nova vida. A catedral fornecía aos que o precisaban de roupa nova Hoxe está situada no tellado da xirola e pode verse na visita aos tellados.

Page 16: O camiño de santiago

A Porta Santa

Só se abre aos peregrinos nos anos santos. O resto do tempo está pechada e tapiada

Page 17: O camiño de santiago

O Pórtico da Gloria

Obra única do románico. É a expresión máis perfecta deste estilo. As súas imaxes adiántanse á súa época e salientan pola súa naturalidade. Orixinalmente estaba pintado e era o abraio dos peregrinos.

Page 18: O camiño de santiago

A imposición da man e o “santo dos Croques”

Os peregrinos pousaban a man na columna do parteluz para agradecer a Santiago a feliz chegada a término da viaxe. Tantas xeracións de viaxeiros deixaron marcados na pedra o burato dos dedos

Do outro lado do parteluz , mirando cara o altar, está a imaxe do Mestre Mateo, coñecida como Santo dos Croques. As mulleres de Santiago comezaron esta tradición levando aos seus fillos para que un pequeño croque coa testa da imaxe lles pasase sabedoría. Os estudantes , e logo os peregrinos perpetuaron esta tradición

Page 19: O camiño de santiago

O abrazo ao santo

Polo lateral dereito do altar, unha porta leva a un dobre destino: Subindo cúmplese o rito da aperta ao apóstolo, que ningún peregrino pode deixar de facer. Baixando vaise á cripta onde está o sartego de prata e ouro cos restos de Santiago

Page 20: O camiño de santiago

Recordos da peregrinaxe

Xa dende os primeiros tempos, os peregrinos quixeron levar algo que demostrase que fixeran a viaxe. En Santiago sabemos da existencia de tendas que vendían cunchas de vieira (símbolo de Galicia, e da peregrinació), e outras artesanías típicas, como os colgantes de acibeche en forma de figas, cruces..pequenas cruces e outros obxectos de prata…A bundancia de tendes destes produtos deron lugar ao nome de Fachada de Prataería e Acibecherías ás dúas fachadas laterais da catedral

A Compostela é un documento escrito en latín que se entrega aos peregrinos que o pidan, logo de demostraren que fixeron a peregrinación por motivos relixiosos e espirituais, cumplindo unhas condicións: facer andando, a cabalo, e hoxe tamén en bicicleta o traxecto mínimo do tramo galego, confesar e escoitar misa

Page 21: O camiño de santiago

O Botafumeiro

É un gran incensario, que cumplía a función de tapar o cheiro que antigamente debía ter a catedral pola presencia masiva de peregrinos que alí deambulaban e mesmo durmían. Tamén, en época de pestes pensaban que purificaba o aire e evitaba os contaxios. Queimábanse herbas aromáticas e medicinais. O seu funcionamento é un espectáculo que ninguén quere perder

Page 22: O camiño de santiago

Fisterra

Moitos peregrinos que retornaban por mar, e outros, que xa postos en Galicia, non podían deixar pasar a oportunidade de ver o lugar da fin do mundo achegábanse a Fisterra. Así, co tempo, iniciouse tamén outro ritual de queimar o calzado e dar por rematada a viaxe