O liberalismo político

13
O liberalismo político: A burguesía 1 decatouse de que os reis absolutos, mesmo cando se convertían en déspotas ilustrados 2 e aplicaban as ideas da Ilustración, non cambiaban a fondo o sistema político, económico e social. Xurdiulles a necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. A primeira revolución liberal foi a dos Estados Unidos, que conseguiu a independencia das 13 colonias do Reino Unido. Pero en Europa tivo máis repercusión a Revolución Francesa que comezou en 1789. O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais 1 Burguesía: é a clase social formada por persoas acomodadas que logran ter propiedades e capital, ou sexa, cartos. O nome venlle de cando no Antigo Réxime vivían no burgo ou cidade. A burguesía no Antigo Réxime formaba parte do Terceiro Estado, é dicir, aínda que eran ricos e ricas non tiñan privilexios. Tiñan que pagar impostos, eran xulgados por leis diferentes aos privilexiados (nobreza e clero), non podían acadar determinados cargos da administración e o exército, etc. No século XIX a burguesía converterase na clase dominante impoñendo a súa visión económica e política do mundo. 2 Déspotas ilustrados: monarcas que durante o Antigo Réxime, aplicaron as medidas propostas pola Ilustración para mellorar a vida dos seus súbditos e súbditas. Melloraban as cidades (medidas de hixiene, empedrado, construción de monumentos, etc), investían en industria (reais fábricas), favorecían o progreso (Sociedades Económicas de Amigos do País), etc. Pero non soltaban as rendas do poder, seguían a ser reis absolutos e tiñan a soberanía e os tres poderes.

Transcript of O liberalismo político

Page 1: O liberalismo político

O liberalismo político:

A burguesía1 decatouse de que os reis absolutos, mesmo cando se convertían

en déspotas ilustrados2 e aplicaban as ideas da Ilustración, non cambiaban a fondo o

sistema político, económico e social. Xurdiulles a necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime.

Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. A primeira revolución liberal foi a dos Estados Unidos, que

conseguiu a independencia das 13 colonias do Reino Unido. Pero en Europa tivo máis

repercusión a Revolución Francesa que comezou en 1789.

O liberalismo político foi o pensamento no que

se apoiaron as revolucións

burguesas. Esta ideoloxía política

deriva do pensamento ilustrado:

foron os pensadores da ilustración os

que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau).

Os principios que defende o liberalismo son:

Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que

todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos,

ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios

reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de

dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda

sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais

son a liberdade3, a propiedade e a igualdade ante a lei. Na práctica o

sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade

1 Burguesía: é a clase social formada por persoas acomodadas que logran ter propiedades e capital, ou sexa, cartos. O nome venlle de cando no Antigo Réxime vivían no burgo ou cidade. A burguesía no Antigo Réxime formaba parte do Terceiro Estado, é dicir, aínda que eran ricos e ricas non tiñan privilexios. Tiñan que pagar impostos, eran xulgados por leis diferentes aos privilexiados (nobreza e clero), non podían acadar determinados cargos da administración e o exército, etc. No século XIX a burguesía converterase na clase dominante impoñendo a súa visión económica e política do mundo.2 Déspotas ilustrados: monarcas que durante o Antigo Réxime, aplicaron as medidas propostas pola Ilustración para mellorar a vida dos seus súbditos e súbditas. Melloraban as cidades (medidas de hixiene, empedrado, construción de monumentos, etc), investían en industria (reais fábricas), favorecían o progreso (Sociedades Económicas de Amigos do País), etc. Pero non soltaban as rendas do poder, seguían a ser reis absolutos e tiñan a soberanía e os tres poderes.3 Liberdade de movementos, de residencia, de pensamento, de opinión, de relixión, de reunión, de asociación, de traballo, de empresa, de mercado...

Page 2: O liberalismo político

económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados

grupos pola súa cor ou etnia. Pero isto vémolo claro hoxe en día. Daquela o

sufraxio era algo moi avanzado e á meirande parte da xente parecíalles normal

que as mulleres e os escravos non votasen.

Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino

característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo

defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.

Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo

Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional

en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas

institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase

impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.

Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e

liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en

solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou

lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU

en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución

española de 1812.

O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das revolucións políticas.

Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:

O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta. Este

liberalismo mantén gran parte do poder monárquico. O rei ou a raíña

comparten a soberanía co pobo. O sufraxio será censatario.

O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias.

O liberalismo democrático limita moito o poder da monarquía ou incluso

camiña cara ao republicanismo4 nalgúns momentos, e considera que a

soberanía debe de ser do pobo e os sistemas electorais deben ter sufraxio

universal.

A Independencia dos Estados Unidos de América

4 República: forma de goberno na que o cargo de xefe de Estado está en mans dunha persoa elixida por votación por un tempo determinado, en lugar de ser un monarca que herda o trono durante toda a súa ida. A república é o contrario da monarquía. Non confundir con democracia, que non ten nada que ver. A democracia é o contrario de ditadura. Na democracia manda o pobo. Pero unha democracia pode ser república (como a democracia francesa, que ten un presidente como xefe de Estado) ou unha democracia pode ser unha monarquía (como a actual democracia española que ten como xefe de Estado a un rei, Filipe VI).

Page 3: O liberalismo político

(As fotocopias do libro de texto non as hai que saber)

O Reino Unido tiña, no século XVIII, unhas colonias5 na costa leste de América do Norte. O Reino Unido aproveitábase economicamente destes territorios: conseguía materias primas e reservábase o monopolio6 comercial. Isto dificultaba o comercio entre as Trece Colonias e outras zonas de América. A orixe do problema tivo, por tanto, unha base económica, pois as colonias vían na metrópole unha barreira para o seu desenvolvemento.

A tensión política agravou a situación. Recordemos que o Reino Unido non tiña unha situación de absolutismo como tiñan Francia ou España, por exemplo. No Reino Unido había un sistema parlamentario no que o rei tiña moito poder, pero as persoas con poder económico (burgueses ou nobres adiñeirados) podían votar a parte dos membros do parlamento e o parlamento controlaba un pouco o que facía o rei. Os impostos aprobábanse no parlamento. As Trece Colonias non tiñan representación no parlamento do Reino Unido. Así que moitas veces se negaban a pagar impostos, posto que os aprobaban no parlamento británico sen consultalos. O rei de do Reino Unido, tratou de corrixir este problema e obrigalos a pagar. As Trece Colonias responderon boicoteando os produtos británicos (é dicir, deixaron de comprar determinados produtos que se fabricaban no Reino Unido e se vendían nas colonias). Como conseguían boicotear eses produtos se o Reino Unido tiña o monopolio?. Pois por exemplo, en lugar de comprar o te á compañía británica á que llo tiñan que mercar (que o traía de China), comprábano de contrabando, a compañías que o traían de outras colonias que non eran británicas.

Así que o ambiente xa era tenso. E a gota que colmou o vaso foi que o Reino Unido lle permitiu á Compañía Inglesa das Indias Orientais vender o te practicamente sen pagar impostos, co que resultaba aínda máis barato que o de contrabando. As Tea Acts, que deron ese monopolio da venda de te tan vantaxoso a esa compañía, prexudicaba aos comerciantes americanos, que responderon atacando uns barcos británicos cargados de té que estaban no porto de Boston (motín do te). Este foi o comezo da guerra da Independencia.

Pero o máis importante non foi que estas colonias se independizaran, senón como o fixeron. Podían independizarse e nomear rei a algún parente do rei británico, por exemplo, e establecer un sistema semellante ao do Reino Unido, ou un sistema absolutista como o que tiñan a meirande parte dos países de Europa. Pero non fixeron tal. Tiñan as ideas da ilustración na cabeza e ademais viñan dunha situación que xa non era absolutista, a do parlamentarismo inglés. Organizáronse segundo os principios do liberalismo político.

A Declaración de Independencia xa deixa ver ese concepto liberal do poder, que ven da Ilustración, no que o poder do rei, en realidade emana do pobo. O rei debe defender os dereitos do pobo, e se non o fai, o pobo estaría no seu dereito de opoñerse a el. O concepto absolutista do poder era que o rei tiña todo o poder sen limitacións, e só Deus podería

5 Colonia: territorio dominado por unha potencia estranxeira.6 Monopolio comercial: so pode comprar e vender un produto determinado unha entidade concreta. É dicir, O Reino Unido facía leis que prohibían que outros puideran comerciar coas 13 colonias. Así por exemplo, se eu son un burgués e fabrico algo, só llelo podo vender ao Reino Unido, e non podo facer negocio con España, por exemplo, sen a intervención do Reino Unido que sacará beneficio.

Page 4: O liberalismo político

obxectar algo. No concepto liberal o rei si que ten límites. A soberanía7 é da nación, non do rei ou a raíña. Esta era unha idea que viña da Ilustración.

Organizáronse segundo os principios liberais, as ideas políticas da burguesía, que se espallarán por Europa no século XIX:

- Constitución 8 . - División de poderes 9 . - Sufraxio 10 . A Constitución dos Estados Unidos foi a primeira constitución da historia. Nela

recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes. O poder lexislativo residía en dúas cámaras, elixidas por sufraxio universal masculino (homes brancos), algo moi avanzado na época (pensemos que na maior parte de Europa reinaba o absolutismo), o executivo nun presidente elixido por votación, algo totalmente revolucionario nun mundo de reis que herdaban dos seus antepasados o dereito a gobernar e o xudicial eran xuíces independentes. A elección do presidente era por votación indirecta.

En 1789, o mesmo ano que estalaría a Revolución Francesa, George Washington converteuse no primeiro presidente dos Estados Unidos.

A Revolución Francesa

7 Soberanía = poder8 Constitución: é a lei fundamental dun Estado, superior a calquera outra lei que se faga nese Estado, que define os dereitos e liberdades da cidadanía e que establece como se van repartir os poderes e as institucións. As constitucións defende os dereitos da poboación e limita o poder para que non se cometan abusos. Hoxe en día a constitución é a base de calquera democracia , unha característica fundamental das democracias da Idade Contemporánea. O primeiro que fai un ditador cando toma o poder a través dun golpe de Estado na actualidade é eliminar ou suspender a Constitución.9 División de poderes: sepáranse o poder lexislativo, executivo e xudicial para evitar tiranías e que uns controlen aos outros.10 Sufraxio: voto. No absolutismo non había sufraxio. Como moito había voto por estamento como veremos na Revolución Francesa, pero non voto por persoa. Ao comezo na meirande parte dos países, o sufraxio será censatario, é dicir, só poden votar as persoas que están nun censo que se fai en función da riqueza, o sexo e a raza. Só podían votar en principio, os homes brancos ricos. En Estados Unidos o sufraxio era moi avanzado, pois era sufraxio universal, é dicir, poden votar todos, aínda que neste momento “todos” eran só os homes de raza branca. As mulleres e os escravos non votaban.

Page 5: O liberalismo político

A Revolución11 Francesa foi a revolución liberal de maior repercusión, por iso moitos a consideran o fito que marca o cambio da Idade Moderna á Idade Contemporánea. A Revolución Francesa foi a revolución que puxo fin ao Antigo Réxime.

Cales foron as súas causas?

En primeiro lugar hai que falar das ideas da Ilustración12. A Ilustración espallara, a través de diferentes escritos, libros, debates, etc., ideas como a soberanía nacional, a separación de poderes e o sufraxio. Estas ideas serán decisivas para que ao producirse revoltas, estas acaben derivando nunha revolución que cambie a organización política e transforme o absolutismo 13

en liberalismo 14 .

Pero que situación concreta derivou nun estoupido revolucionario?

- O descontento social do Terceiro Estado15:o A burguesía enriquecida quería acceder ao poder político e quitar os

privilexios á nobreza. o O campesiñado apenas podía sobrevivir polos numerosos impostos aos que

debía facer fronte.- A crise económica.

o Desde 1760 houbo unha serie de malas colleitas que provocaron o aumento dos prezos e o descontento dos grupos populares.

o A Facenda Real tamén estaba en crise, polos elevados gastos estatais (luxo da corte e participación na guerra da independencia americana).

o Os privilexiados non pagaban impostos e o terceiro Estado afogaba coas últimas subidas.

- Perda de apoio de Luis XVI. o A ilustración estaba descontenta porque Luis XVI non aplicaba as reformas

que levasen ao país ao progreso.o A nobreza desconfiaba porque os ministros de economía intentaban

conseguir que pagasen impostos.

11 Non debemos confundir revolución e revolta. Unha revolta son simplemente desórdenes públicos, que poden ser moi graves pero non cambian a forma de organizarse. Unha revolución é un cambio brusco nas estruturas políticas, económicas ou sociais que pode ser conseguido de forma pacífica (como a revolución industrial) ou violenta.12 Ilustración: corrente de pensamento que se desenvolveu no século XVIII que pretendía iluminar o mundo coas luces da razón. O século XVIII é coñecido por iso como o “século das luces”. Os pensadores e pensadoras ilustradas estaban convencidos de que o mundo podía mellorarse grazas ao coñecemento humano. Criticaban a superstición, os estamentos e privilexios e todo aquilo propio do Antigo Réxime que consideraban que entorpecía o progreso da humanidade.13 Absolutismo: réxime político habitual no Antigo Réxime e que se caracteriza por concentrar todos os poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nas mans dun rei ou dunha raíña.14 Liberalismo político: réxime político que se estendeu por Europa no século XIX e que entregaba o poder á cidadanía que elexía aos seus representantes de forma libre e soberana. O liberalismo defende as liberdades individuais e unha mínima intervención do Estado nos asuntos públicos. É o sistema político que viña ben aos intereses da burguesía do século XIX. 15 Terceiro Estado: estamento non privilexiado do Antigo Réxime. Nel estaban desde o campesiñado máis pobre ata a burguesía máis rica, pero todos eles e elas sen privilexios, tiñan que pagar impostos, no campo estaban sometidos ao réxime señorial e non podían acadar os postos máis altos da administración ou do exército por moi ricos que foran.

Page 6: O liberalismo político

o As clases populares non lle tiñan demasiado respecto a un rei que empezara a gobernar moi novo e inexperto, que tardou demasiado tempo en ter descendencia e que dilapidaba os cartos en luxos innecesarios.

En 1787 o rei convocou unha asemblea de notables para convencer aos privilexiados de que pagasen impostos (non tiñan obriga pero podían facelo voluntariamente). Estes negáronse e Luis XVI viuse obrigado a convocar os Estados Xerais, a única asemblea que podía autorizar novos tributos.

Esta asemblea, non era como os parlamentos actuais. Era unha asemblea propia do Antigo Réxime, que se reunía cando o rei a convocaba para facerlles algunha consulta. Reuníanse representantes dos tres estamentos, que deliberaban sobre as consultas que facía o soberano e votaban por separado: cada estamento un voto. Cada estamento aproveitaba a convocatoria para escribir unhas cartas con peticións para o rei, nas que comentaban os seus problemas. En Francia estes Estados Xerais non se reunían dende principios do século XVII.

Os diferentes grupos sociais elaboraron e enviaron as súas queixas e peticións, recollidas en multitude de cadernos de queixas, panfletos e escritos, que constitúen una valiosa fonte de información para a historiografía actual, para obter numerosísimos datos sobre a situación antes da revolución.

A nobreza e o clero querían votar por estamento como se fixera sempre, pois así tiñan maioría os estamentos privilexiados. O Terceiro Estado quería que o voto fora individual, por persoa. Os debates sobre como sería o voto prolongábanse e non parecían chegar a ningunha parte.

Aquí é onde entra en xogo a ideoloxía da Ilustración. Ante a falta de acordos, os representantes do Terceiro estado, contando co apoio de representantes do baixo clero e da baixa nobreza de orixe burgués, deciden cambiar o sistema de reunión e formar unha Asemblea Nacional, considerada por eles como a única representación lexítima da nación francesa. O rei, co apoio da meirande parte dos privilexiados, tentou clausurar as súas reunións impedíndolles o acceso á sala. O Terceiro Estado reaccionou radicalizando as súas posturas. Cambiaron o lugar de reunión e, esta vez, en lugar de autoproclamarse Asemblea Nacional, deciden redactar nada menos que unha constitución, polo que pasan a considerarse Asemblea Constituínte. Isto en si mesmo é moi revolucionario. Rompían cos principios de legalidade política ata entón vixentes (sometemento á vontade do rei absoluto, orixe divino do poder do rei por enriba do cal non pode estar ninguén) e organizábanse polos principios da Ilustración: soberanía nacional.

Paralelamente o ambiente en París era de gran axitación. Ante as manobras do rei, que comezou a reunir tropas, o 14 de xullo de 1789, os habitantes de París asaltan a Bastilla, o cárcere real, símbolo do absolutismo, e fanse co control do poder na cidade. Esta data simbólica considérase o inicio da revolución.

A imitación do que acontecera na capital, nas cidades de provincias prodúcese a substitución das autoridades existentes por outras novas, partidarias das reformas.

Page 7: O liberalismo político

No campo, as noticias do que estaba a suceder e o temor ás represalias aristocráticas causaron, a finais de xullo e comezos de agosto, unha onda de pánico masivo con asaltos ás casas e castelos da nobreza e queima das escrituras onde se recollían as obrigacións e as rendas feudais.

A Asemblea Nacional, co apoio popular, comezou a gobernar e transformar Francia.

A Asemblea rematou co Antigo Réxime:

- Aboliron o réxime feudal dos señoríos.- Fixeron A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que recolle o programa

básico deste movemento liberal e burgués. Xa non haberá estamentos privilexiados senón igualdade ante a lei.

- En 1791 a A Asemblea Nacional aprobou a primeira Constitución francesa. Organizábanse como unha monarquía constitucional, con soberanía nacional, separación de poderes e sufraxio (aínda que era un sufraxio censatario o feito de poder votar nun contexto europeo absolutista era moi revolucionario).

- Aprobaron leis moi favorables aos intereses da burguesía. Aprobáronse medidas contra a Igrexia: expropiación dos seus bens, abolición de conventos... Estableceuse a liberdade de comercio e industria suprimindo os gremios e prohibindo as asociacións obreiras.

A partir de aí os revolucionarios foron dividíndose en función da maior ou menor radicalización das súas demandas. Os había que apoiaban unha monarquía constitucional e estaban xa contentos coas reformas, pero os había que estaban a favor dunha república. Os había satisfeitos co sufraxio censatario e os que eran partidarios dunha maior democracia.

Houbo varios feitos que marcaron a evolución da revolución. Por unha parte o rei dedicouse a frear as reformas, co poder que lle outorgaba a monarquía constitucional. Ademais varias potencias absolutistas europeas declaráronlle a guerra a Francia, por medo a que se estendese a revolución. O rei conspirou coas potencias inimigas e tratou de fuxir de Francia.

Ante a gravidade dos feitos a Asemblea Nacional convocou novas eleccións por sufraxio universal masculino e a nova asemblea aboliu a monarquía e proclamou a República en 1792. O novo sistema político chamábase convención. A Asemblea asumía todos os poderes do Estado e os exercía a través de Comités. Promulgaríase unha nova constitución que recoñecía o sufraxio universal masculino e a soberanía popular. O rei foi xulgado e condenado a morte. A execución do rei agravou a guerra contra os Estados veciños e radicalizou as posturas internas. Incluso houbo un período ditatorial dirixido por Robespierre. Foi a época do terror, na que perseguiron e executaron a todas as persoas sospeitosas de estar en contra da revolución.

Ao final acabáronse impoñendo os burgueses moderados e caendo Robespierre.

A inestabilidade política e as guerras fixeron que os militares tivesen cada ve máis poder. En 1799, apoiado pola burguesía, partidaria do mantemento da orde para beneficiarse das conquistas realizadas, o xeneral Napoleón Bonaparte deu un golpe de Estado.

Page 8: O liberalismo político

Progresivamente foi concentrando todos os poderes nas súas mans e en 1804 proclámase emperador e Francia transfórmase nun imperio. O prestixio de Napoleón baseábase nos seus éxitos militares. O imperio napoleónico converteuse nunha curiosa mestura entre liberalismo e ditadura. A extensión do imperio propagou ideas liberais como a elaboración de constitucións.

A Restauración e as revolucións liberais do XIX

Napoleón Bonaparte: liberalismo ou absolutismo?.

A Revolución Francesa marcou a entrada do liberalismo en Europa. Na última etapa da revolución, tomou o poder, como vimos, Napoleón Bonaparte, que constitúe unha curiosa mestura entre liberalismo e absolutismo.

Napoleón foi o primeiro ditador contemporáneo. Moitos outros ditadores responderán máis tarde a este patrón ao longo da Idade Contemporánea: un militar de éxito, que procede máis ou menos do pobo (non da realeza), que chega

ao poder apoiado por un grupo político e que goberna co apoio das Forzas Armadas.

Napoleón concentra todos os poderes do Estado, o que o aproxima ao absolutismo. Pero tamén introduce ou mantén, aínda que ás veces só formalmente, algunhas das conquistas liberais:

- Constitución.- Cámaras de representantes (aínda que

quitándolles o verdadeiro sentido democrático).- Creou un Código civil que recollía as principais achegas do

liberalismo da revolución francesa, ao recoller moitos dereitos civís: dereito de propiedade, liberdade de conciencia e de traballo... O Estado era laico, separando Igrexa e Estado. Admitíase o matrimonio civil e o divorcio.

A caída de napoleón en 1815 marcou a fin do ciclo revolucionario comezado en 1789 e o comezo do período denominado Restauración, porque restauraba o absolutismo.

O Congreso de Viena

As principais potencias europeas reuníronse no congreso de Viena, presidido polo chanceler do imperio austríaco, Metternich. Alí acordaron que os países que estiveran sometidos a Napoleón volverían ao absolutismo cos seus reis lexítimos. Refixeron as fronteiras á súa conveniencia, sen ter en conta os desexos da poboación de cada territorio. Crearon unha serie de Estados – tapón ao redor de Francia e uniron e desuniron ao seu antollo.

Para evitar que ocorrera de novo algo semellante ao que acontecera coa Revolución Francesa, crearon unha serie de alianzas internacionais, para intervir nos países nos que se viran ameazados os monarcas absolutos lexítimos: a Santa Alianza e a Cuádrupla Alianza. A isto

Page 9: O liberalismo político

chamóuselle o “sistema Metternich”: un sistema de relacións internacionais que se mantivo dende o congreso de Viena ata a I Guerra Mundial e que consistía en convocar congresos cada vez que había un conflito para tratar de manter o equilibrio de poder.

As revolucións liberais

Os intentos da Restauración de volver ao Antigo Réxime, sen máis, non tiveron éxito. Nalgúns lugares xurdiron revolucións. Houbo varias ondas revolucionarias en 1820, 1830 e 1848.

Porqué se produciron estas revolucións?. Houbo varios motivos:

- As ideas liberais e a oposición ao absolutismo. Agora o liberalismo era algo posible, non só unha idea na cabeza dun puñado de intelectuais, senón algo que xa se levara á práctica.

- Os sentimentos de pertenza a unha nacionalidade. A invasión napoleónica acentuaba entre a poboación dos países invadidos o sentimento de pertenza a unha nación. Ese sentimento aumentou cando no Congreso de Viena se refixeron as fronteiras de forma artificial.

- As condicións económicas e a desigualdade social.A primeira onda revolucionaria iniciouse en España onde en 1820 o comandante Riego se

pronunciou contra a monarquía absoluta de Fernando VII. Así comezou unha etapa de goberno liberal na que o rei tivo que gobernar respectando a constitución de 1812. Este período finalizou coa intervención da Santa Alianza: os seus exércitos (os chamados “Cen mil fillos de San Luis”) invadiron España e restauraron o absolutismo.

A segunda onda revolucionaria foi en 1830 e comezou en Francia.

As revolucións de 1848 afectaron a numerosos países. Nalgúns lugares reivindicábase tamén o sufraxio universal masculino.