O Ñ I R A C E D N R A B I A G A L A M P I E C O D R A L ... despedirme do colexio cunha carta por...

52
Letras galegas 2018 71 71 X O R N A L E S C O L A R D O C E I P " M A N U E L F R A G A I R I B A R N E " D E C A R I Ñ O

Transcript of O Ñ I R A C E D N R A B I A G A L A M P I E C O D R A L ... despedirme do colexio cunha carta por...

Letras galegas 20187171XORN

A L E

S CO

LAR

DO C

E IP

"MA N

UEL

F RA G

A IR

IBA R

NE" D

E CA

R IÑO

Debuxo da portada: Carme Pita PumarDebuxo da contraportada: Nicolás Novo Textos e ilustracións: alumnado e profesorado do CEIP “Manuel Fraga Iribarne” de Cariño.Maio de 2018.

Despedida...

Boas!

Quero despedirme do colexio cunha carta por aquí: 9!, 9 anos no CEIP “Manuel Fraga Iribarne” dan para contar moitas cousas, pero vou resumilo un pouco...

Moitas actividades e moitos xogos acompañan os meus cursos. Debuxar para a portada do Espigonciño é unha das miñas favoritas, soltar a imaxinación nunca está mal neste tipo de actividades. Debuxar as portadas dos libros favoritos da moita paixón porque te inspiras precisamente porque é unha das túas actividades favoritas. O mellor son as xincanas que te dividen en dous grupos para ver quen gana, é un gran reto.

Unha cousa moi importante é non perder o interese nestes anos nin deixar de estudar para sacar boas notas para estar contento.

Ao final todo é moi divertido aínda que a xente diga que non, estariamos todo o día na casa? Aquí facemos cousas divertidas, isto é o que penso deste colexio.

Un saúdo!

Lucas Armada, L9

Letras Galegas ...

Como todos os anos o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Victoria Moreno Márquez, que naceu en Alcántara (1940-2005). Era unha gran escritora que demostrou a calidade das mulleres na creación literaria.

Por aquí a xente é máis de castelán que de galego, pero eu non quero perder o noso idioma, así que loitemos para que non desapareza.

Este é o noso último ano no cole, e queremos transmitir o sentimento que temos cara a todo o profesorado. No colexio facemos moitas amizades, no instituto tampouco vai ser moi distinto.

Cando leas isto, gárdao ben porque será unha bonita lembranza cando esteas no instituto.

Yeray Mato , 6ºA

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

3NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

A nosa mascota TITA................................................ 5

Os mouchos e a auga.................................................. 7

O Sol non nos quere visitar........................................10

Visita de Borja Quiza.................................................14

Recantos de ciencias.................................................16

María Victoria Moreno: “Unha historia de amor” ....19

Biografía de María Victoria Moreno.........................23

Visitas inesperadas …...............................................25

Proxectos: “Eu son científica: robótica” .............…..26

Vídeos de “Eu son científica” ..............................…..30

Laboratorio: experimentos ......................................33

Celebración do Día da Paz........................................37

Entroido científico....................................................40

Entrevista: Laura Pousada.......................................42

Biblioteca........ ….....................................................44

Investigación............................................................48

Coñeces o noso sitio web na Internet?.....................49

Pasatempos..............................................................50

Sumario

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

4NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

5NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

A nosa mascota TITA.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

6NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas e alumnos de 4º Infantil

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

7NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Os mouchos e a auga COMO QUEDA POUCO PARA REMATAR ESTE CURSO E QUE CHEGUE O VERÁN, AS MOUCHAS E MOUCHOS DE

4 ANOS XA TEMOS GANAS DE PROBAR A AUGA.

PERO ANTES, ESTAMOS A APRENDER COUSAS SOBRE ELA.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

8NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

9NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas e alumnos de 5º Infantil

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

10NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

(O SOL NON NOS QUERE VISITAR)

(ATRÉVESTE)

O Sol non nos quere visitar.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

11NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

MOITOS MOITOS

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

12NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

EN ABRIL

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

13NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

(PODERIAMOS)(VENTO, CHUVIA)(ANUBADO)

Alumnas e alumnos de 6º Infantil

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

14NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

15NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

16NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Recantos de ciencias

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

17NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

18NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas e alumnos de segundo

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

19NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

20NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

21NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

22NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Esta é unha pequeña biografía dunha das catro mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, Mª Victoria Moreno. Ás outras tres recordámolas máis abaixo:

ROSALÍA DE CASTRO no 1963-F. HERRERA GARRIDO no 1987-MARÍA MARIÑO no 2007

4 MULLERES en 55 edicións de Día das Letras Galegas

OUTRAS MULLERES DAS QUE APRENDIMOS MOITO

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

23NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno é a escritora á que a real academia galega adica este ano o día das letras galegas. Foi profesora de ensino secundario e a súa obra estivo dirixida, marioritariamente, ao público infantil e xuvenil.

Naceu 1 de maio en Cacereña de Valencia de Alcantara o seu pai chamase Vicente Moreno Moreno que e militar ,e o seu nai chamase Sara Mraquez Bueno Metra , os seus pais tiveron tres fillas mas son :sara ,antonio e rafael .A sús infancia pasouna entre Badaxoz , Sepúlveda e Barcelona, e non era moi facil os tempos eran de postguerra.

Aos doce anos fixo o bacharlato en Barcelona, onde aprendeu a falar catalán e francés. En setembro,no mes do comezo das clases, Vicente falece de tuberculose que, naquela época, era mortal. Despois en 1958 estudou filoloxía románica na universidade complutense de Madrid e alí coñeceu a Luís Llácer, co que casaría e iría vivir, en 1963, a Pontevedra.

En 1965, María Victoria entrou a traballar como profesora de instituto, primeiro en Lugo, despois en Vilalonga e finalmente en Pontevedra, onde traballou en dos institutos: o Valle Inclán e o Torrente Ballester. En Pontevedra, Mª victoria aproba as oposicións como profesora de Lingua e Literatura Españoa e é destinada, en 1965, ao Instituto Masculino de Lugo.

Falaba unha chea de idiomas: catalán,portugués,francés,castelán...pero ao chegar a Galicia e coñecer a nosa literatura e o noso idioma decidiu falar en Galego e defender o seu uso, cando aínda non se podía ensinar nas aulas.

A Defensa do idioma Galego leva a María Victoria a usalo no instituto nas súas clases de literatura Española e dar cursos de Galego para adultos.

En 1974, como represalia por estas clases, foille retirado o seu pasaporte .

En Pontevedra, aproba as opcións como profesora de Lingua e Literatura Española e é destinada en 1956 ao instituto Masculino de Lugo.Nesta cidade ten como compañeiros a Xesús Alonso Montero e á súa dona, Emilia Pimentel, e como alumno ao poeta Xesús Rábade Paredes. Nesta epoca comenza a coñecer a literatura Galega e a nosa cultura . Tamen en Pontevedra deu clases de Literatura Española no instituto Feminino o que mais tarde seria o IES Valle Inclan.

En 1975,edicións do castro publícanlle ''MAR ADIANTE'' o seu primeiro libro eno seu primeiro libro en galego.Esta primeira edición estaba ilustrada pola propia María Victoria.Este libro converteuna nunha das grandes ilustradoras da literatura infantil galega.Apresentacion de María Victoria no mundo editorial galego foi con esta obra,pubiicada en 1973 por Edicions do castro,de Sada A Coruña e que leva o titulo ''Historias de nenos pra nenos''.

"MAR ADIANTE" conta a historia dun grupo de rapaces e rapazas da vila de Portosouril aos que unha mestra lles pon escola nun barco, o "ARROÁS" , xunto

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

24NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas e alumnos de quinto

con MIGUEL, o mariñeiro ; XOSÉ LOIS , o capitán e LOLA, a cociñeira.

Son anos dunha gran actividade literaria;publica,en Edicións do Castro,Mar Adiante.

En 1975 gañou o 1º premio do concurso nacional de contos infantís ,da sociedade o "O Facho",de A Coruña, co seu conto o "O Cataventos ". Foi publicado no ano 1989 con ilustracións de Carmen Peris.

"O CATAVENTOS " conta a historia de don pío,un galo muy fachendoso, que non permite vivir en liberdade nin aos paxariños nin ás galiñas. A envexa e a ambicion de Don Pío acabará levándoo á soidade máis absoluta.

No ano 1973 en Pontevedra a Libranza de Xuntanza.Despois dunha intensa actividade cultural e de divulgacion de libros censurados, a libraría ten que pechar tres anos despois da súa inauguración.

Co seu libo "Leonardo e os fontaneiros" acadou o 3º premio do concurso de literatura infantil "O barco de vapor" no ano 1985.Este libro considerábao María Victoria como o seu preferido.En 1986 "A festa no faiado" Jose Luis e ela na editorial galaxia.Un ano despois aparece"Literatura galega" libro de texto para 3º de bacherelato.

O libro, Leonardo e os Fontaneiros,pasou por ser o libro que máis apreciaba María Victoria. A súa primeira edición foi en 1986 , o mesmo ano na que foi destinada como catedrática ao instituto de Vilagona, en Sanxenxo.

Antón Andrade Asorei e o seu can de palleiro Leonardo son os protagonistas dunhas historias nas que Antón nos vai contando as falcatruadas que fan el e os seus compañeiros da clase, o grupo coñecido como os fontaneiros. Antón ten catorce anos, e estuda oitavo de EXB, o que oxe sería 2º da ESO.

Despois de varias edicións a obra, O Barco de Vapor, foi traducida a catalán por

Begoña, filla da autora, e editada pola editorial SM en 1988.

En 1988 foi nomeada directora da colección árbore, da editorial galaxia. Ese mesmo ano pùblica "ANACNÓRISE" considerado o seu mellor libro e que se converteu nun clasico da literatura xuvenil galega. Eo mesmo ano que o director desta editorial, que daquela era Carlos Casares, noméaa como co-respondente da colección Árbore, ádicada a publicación de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil.

María Victoria Moreno tamén publicou:

E haberá tirón de orellas?: Galaxia en 1997

Guedellas de seda e liño: Galaxia 1999

Diario da luz e a sombra: Xerais 2004

No verán de 2001,cando xa estaba enferma,foi homenaxeada por libreiros y libreiras na feira do libro de Pontevedra,recoñecendo así o seu labor como escritora e defensora dp idioma galego e da súa literatura.O 22 de novembro de 2005,o mesmo ano da publicación "Eu conto,Ti cantas"faleceu no Hospitasl Provincial de Pontevedra.

"EU CONTO TI CANTAS..." reùne tres contos de animais escritos en verso : "XA NON TEÑO MEDO", "CAN BRANCO , CAN NEGRO" e "¿ UN CACHIÑO DE BICA?". Teñen como protagonistas a Xan e a tres canciños : Nicolau, Correcamiños e Nica.

A publicación do libro prodúceseno ano 2005 , xa con María Victoria Moreno gravemente enferma. O libro está editado pola editorial Xerais dentro da colección Merlín.

"EU CONTO, TI CANTAS...",editado en 2005 ,é o último libro que maría victoria viu publicado en vida .Finou na cidade de pontevedra o 22 de nobembro dese mesmo ano ,á idade de 66 anos.Este libro reúne tres contos de animais :"Xa non teño medo","Can branco,can negro"e"Un cachiño de bica" ,esta ilustrado por Manolo Uhía.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

25NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Visitantes inesperados.

Durante estes meses tivemos no colexio dous visitantes inesperados...

Garza real.

Xabaril.

Nome científico: Ardea Cinera

A garza real cría en colonias, desde as cales vai na procura de comida a unha distancia de ata 40km. Come preferentemente ratos e peixes. O seu método de caza é achegarse silenciosamente á presa, tamén pode quedarse ao acoche, para precipitarse sobre a presa co seu pico, parecido a un puñal, a moita velocidade.

Durante uns meses estivo visitando o patio do colexio, eu penso que era para buscar comida.

Adrián Pita e David Teijido, 3ºB

Ten o pelo marrón e negro. O macho ten cabeiros e a femia non. Vive no monte e baixa ás aldeas na procura de comida , como por exemplo patacas. Eu penso que entra ao colexio a comer raíces, plantas e bichos.

O macho é máis grande e pesa moito.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

26NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Proxectos

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

27NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

28NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

29NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

30NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Vídeos “Eu son científica”

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

31NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

32NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas de cuarto.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

33NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

A materia: experimentos.

A mellor maneira de que o alumnado asimile correctamente a parte teórica da ciencia é, sendúbida, mediante a manipulación e a realización de xogos e actividades prácticas. Nestesenso, os experimentos constitúen un recurso moi axeitado para a aprendizaxe e a diversión.A clase de 5ºA dividiuse en catro grupos para que cada un deles buscara información sobreexperimentos relacionado coa temática que estabamos a traballar na aula e que puideranservir para realizar no laboratorio do colexio. Unha vez recollida a información e avaliadosna clase os experimentos propostos polos diferentes grupos, quedaron seleccionados osseguintes:

VOLCÁN DE LAVA

MATERIAL

E

INGREDIENTES

• Unha botella de plástico pequena.• Vinagre.• Bicarbonato de sodio.• Colorante vermello para simular a lava.• Auga.• Plastilina para facer o volcán máis realista.

PASOS A SEGUIR

• Moldear a plastilina e recubrir a botella.• Encher a botella de auga un pouco máis da metade.• Engadir dúas ou tres culleres de bicarbonato.• Botar unhas gotas de colorante.• Engadir o vinagre. • Listos para a erupción!

RESULTADO FINALA mestura dos ingredientes provocou que se formaraunha gran cantidade de espuma que sobe atadesbordarse semellando unha erupción volcánica.

CONCLUSIÓNSNeste experimento prodúcese unha reacción química ao

entrar en contacto o vinagre e o bicarbonato,producindo un gas chamado CO 2 que fai que a espuma

suba e saía do volcán.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

34NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

LÁMPADA DE LAVA

MATERIAL

E

INGREDIENTES

• Unha botella de plástico mediana.• Colorante alimentario de calquera cor.• Aceite.• Auga.• Dúas pastillas efervescentes.• Unha lanterna.

PASOS A SEGUIR

• Botar 1/4 de auga na botella.• Encher o resto con aceite.• Botar varias gotas de colorante.• Partir as pastillas en cuartos e botalas de unha en unha

na botella, a medida que van desaparecendo asburbullas.

• Mirar o que ocorre!

RESULTADO FINAL

A auga comezou a formar unhas burbullas que soben,espallándose por todos os lados e logo baixan. Ao engadir outra pastilla observamos que o procesocomeza de novo.

CONCLUSIÓNS

As pastillas efervescentes disólvense desprendendoCO2 que é un gas que fai que se formen burbullas que

soben cara arriba, levando con el ás gotiñas de auga atao bordo da botella por onde se escapa. A auga, ao sermáis densa que o aceite, volve a baixar, conseguindo asíun efecto de lava que sobe e baixa.A auga e o aceite non se mesturan porque sonsubstancias de “distinta especie”.Este experimento axudounos a entender dous conceptosbásicos: a densidade e as reaccións químicas.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

35NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

VELA QUE SE APAGA E AUGA QUE SOBE

MATERIAL

E

INGREDIENTES

• Un plato fondo.• Un vaso.• Unha vela.• Colorante alimentario de calquera cor.• Acendedor.

PASOS A SEGUIR

• Colocar a vela no centro do plato.• Rodear a vela de auga.• Engadir unhas gotas de colorante para que se observe

mellor o que vai suceder.• Acender a vela.• Colocar o vaso cara abaixo tapando a vela.• A esperar!

RESULTADO FINAL Ao pouco tempo de tapala, a vela apágase e a auga entrano vaso e comeza a subir.

CONCLUSIÓNS

Con este experimento observamos que se produce unhareacción química (combustión) cando a vela arde aoentrar en contacto coa chispa do acendedor e o osíxenodo aire.Hai que ter en conta que o dióxido de carbonoprocedente da combustión é menos denso que o osíxenoque hai dentro do vaso, entón sube e a chama debilítaseproducindo un enfriamento. A presión de dentro do vasodescende e a auga que está fóra, empurrada pola presiónatmosférica, entra dentro do vaso e sobe ata que as dúaspresións se igualan.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

36NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas e alumnos de quinto.

PLASTILINA MÁXICA

MATERIAL

E

INGREDIENTES

• Un bol.• Auga.• Fariña.• Lévedo.• Xabón líquido.• Colorante alimentario da cor que queiramos a plastilina.

PASOS A SEGUIR

• Botar un vaso de fariña no bol.• Engadir o lévedo.• Botar dúas ou tres culleres de xabón.• Botar unha pouca de auga.• Remexer ata que quede todo moi ben mesturado.• Cando non se pegue aos dedos, facer unha bola cun

burato no medio e botarlle unhas gotas do coloranteelixido.

• Amasar e engadir máis colorante se é preciso.• A xogar!

RESULTADO FINALConseguimos unha masa cunha textura moi parecida áda plastilina.

CONCLUSIÓNS

Con este experimento puidemos comprobar que amateria cambia de estado, a auga pasou de líquido asólido (solidificación).Tamén observamos cambios na materia ao moldear aplastilina e comprobamos que os sólidos non sempreteñen forma fixa, senón que pode variar.Ollo! Se probades a facela, gardádea nunha bolsa deplástico para que non se reseque.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

37NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O equipo de ACE en colaboración co resto dos mestres docolexio, levou a cabo as seguintes actividades con motivo do“Día da Paz e da non violencia”, que celebramos o día 30 dexaneiro:

Coreografía da canción “Baile da Paz” de Mama Cabra. Baile das tradicionais “Danzas do mundo” participando nas

mesmas todo los alumnos de infantil e primaria do centro,ensaiados polo mestre de Educación Física e a mestra dePsicomotricidade.

Celebración do Día da Paz

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

38NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Elaboración dun mural (nas escaleiras de entrada ó colexio)por parte do mestre de Relixión e do alumnado de primaria.Amosa dito mural catorce mulleres premiadas cos Nobel daPaz ou de Ciencia e unha pequeña reseña biográfica dasmesmas.

Cuestación anónima para ASPROMOR de Ortigueira.Como cada ano en colaboración coa comunidade educativa,levouse a cabo a donación económica anónima para este centrode Ortigueira.

A asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (Aspromor) foifundada en 1984 por iniciativa dun grupo de país / nais parasatisfacer as necesidades de apoio das persoas con discapacidadeintelectual da bisbarra do Ortegal.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

39NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

O seus ámbito de atención inclue ós concellos de Ortigueira,Cariño e Mañón. Destes concellos proveñen os alumnos que adiario se atenden no centro ocupacional que se encontra na veciñavila con capacidade para 40 usuarios/as.

Dito centro está equipado con diferentes espazos destacando ostalleres donde os usuarios desenrolan diferentes actividades enfunción das súas capacidades. Tamén se planifican para elesdiferentes actividades de ocio e tempo libre.

Como agradecemento á nosa colaboración participarán noFestival das Letras Galegas no colexio o vindeiro 16 de maio.

Equipo A.C.E.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

40NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Entroido científico

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

41NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

E. Dinamización Lingua Galega

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

42NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Entrevista: Laura Posada

Laura Posada é unha científica de Cariño que visitou o colexio o día 27 de febreiro para impartir unha charla sobre o que é a ciencia e as achegas das científicas, tamén fixo algúns experimentos para sorprendernos.

1- Pregunta: Cando empezaches a interesarte pola ciencia? De pequena querías ser científica?

Resposta: A verdade é que todos nos interesamos pola ciencia de pequenos aínda que non nos demos conta. Un bebé abraiase cunha bola rodando ou vendo un arco da vella. A min gustoume sempre a ciencia, xogaba a facer os meus propios experimentos como facer colonia con pétalos de rosa e alcohol, aínda que non pensaba en facerme científica de maior. Máis adiante, estudando no instituto, no que hai máis variedade de materias, xa empezas a darte conta das que máis che gustan e é o que te axuda a escoller.

2- Hai que estudar moito para ser científica? Como son os estudos?

Hai que dedicarlle tempo, non abonda con estudar o día antes do exame, pero iso é o normal en calquera carreira, non só nas científicas. É necesario ter un hábito de estudo e uns bos apuntamentos axudan moito. Hoxe en día unha carreira dura 4 anos (grado) e pódese escoller entre moitas: enxeñaría,matemáticas, física, química... Ademais se queres unha especialización nalgunha temática podes cursar un mestrado dun ano e se queres afondar un doutoramento. Tamén é importante ter coñecementos de inglés.

3- Que foi o que máis che impresionou na ciencia?

Emocionoume moito o descubrimento do bosón de Higgs no acelerador de partículas de Suíza (CERN). É unha partícula que fai que gañen masa outras partículas que non a tiñan só por entraren en contacto. Era unha cousa difícil de detectar.

4- Escoitei falar do método científico, podes explicarnos o que é?

É un procedemento co que se constrúen as teorías que explican os fenómenos observados na natureza.

O primeiro paso é mirar con atención, ao observar aparecen problemas a investigar. Hai que facer unha busca nos libros para ver si se poden atopar respostas ás preguntas. Se non hai resposta faise unha hipótese que explique o fenómeno observado e despois deséñase un experimento para probalo.

Estúdanse os datos que se obteñen do experimento e cando confirman a hipótese formúlanse leis ou teorías. O último paso é comunicar os resultados cunha publicación nunha revista especializada.

5- Que aporta a ciencia á vida das persoas?

A ciencia é a busca do saber. Esta busca vai aumentando o coñecemento do mundo e do universo e vaise mellorando a vida das persoas.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

43NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Alumnas e alumnos de sexto.

Aporta o desenvolvemento urbano e tecnolóxico, a mellora das actividades económicas como a industria e a agricultura, a superación de enfermidades... o aporte non ten fin xa que todo o que nos rodea é ciencia.

6- Que instrumentos utilizas no teu traballo de científica?

Eu traballo como profesora da ESO e as prácticas fanse nun laboratorio escolar normal. Hai un destilador de auga para obter auga desionizada, campá extractora de gases, balanza, pH-metro para medir o pH dunha disolución e material de vidro para facer destilacións, decantacións, valoracións, cristalizacións e outros experimentos. Tamén hai un viscosímetro para medir a viscosidade dos líquidos.

7- Das científicas das que nos falaches, cal admiras máis?

A Margarita Salas, xa que impulsou a investigación no campo da bioquímica molecular e da bioloxía. O seu descubrimento da ADN polimerasa ten múltiples aplicacións biotecnolóxicas debido á súa capacidade de amplificación do ADN. Ademais foi quen de crear unha escola de científicas e científicos especializados en bioloxía molecular como son María Blasco ou Cristina Garmendia.

8- Pensas que as mulleres están suficientemente valoradas na investigación científica?

Actualmente xa se están a desenvolver programas de equilibrio de xénero nos equipos de investigación nas súas diferentes etapas do ciclo como o europeo horizonte 2020. Tamén quedaron atrás os tempos nos que os homes levaban o mérito dos traballos das mulleres. Agora so nos falta acadar visibilidade, que se coñeza que as mulleres forman parte da investigación científica e que se animen a formar parte da ciencia moitas máis mulleres, que non quede ningunha á marxe por pensar que non é un traballo axeitado para elas.

9- Como foi a charla que deches no colexio na semana da ciencia?

Falei do papel das mulleres na ciencia dende a prehistoria ata a actualidade.

Quedei agradablemente sorprendida xa que o alumnado se implicou moito na actividade, e non so contestaba ás miñas cuestións senón que tamén propoñían novas e aportaban novos datos que coñecían. Teñen xa moitos coñecementos grazas ás actividades que realiza o colexio no ámbito científico como o proxecto “Eu son científica” ou a nova materia de robótica. Seguro que van saír moitas vocacións científicas.

10- Podes darnos algúns consellos ás que queremos ser científicas e científicos?

O mais importante é non deixarse de facer preguntas, non perder a capacidade de sorprenderse polos fenómenos que vemos e preguntar por que suceden. Tamén xogar e experimentar con todo o que nos rodea así como ter paciencia xa que non todos os experimentos nos saen ben á primeira.

Moias grazas por vir ao colexio a falarnos da ciencia, e por colaborar co xornal escolar.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

44NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Desde o equipo de biblioteca propuxemos as seguintes actividadespara celebrar datas importantes.

Semana da prensa.Ao longo desta semana, ca participación de todos os niveis de alumnos, confeccionamos un periódico “COUSAS DE CARIÑO” .Con noticias do concello.

Semanado libro do 23 ao 27 de abril.Para esta semana fixemos unha actividade conxunta para todo o cole. Cada neno ilustrou o libro que máis lle gustou.

Biblioteca

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

45NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Ao longo da semana realizouse a actividade “Canapés de adiviñas”

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

46NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Puxemos en marcha , neste último trimestre, unha maleta viaxeira. Empezou oseu percorrido polas aula de primeiro de primaria , para pasar a continuación por segundo.

No próximo curso continuará a súa andaina polo resto do colexio.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

47NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Por outra banda, neste curso aumentamos un pouco o noso fondo de biblioteca,con libros interesantes para todos: alumnos, docentes pais…

Equipo biblioteca

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

48NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Investigación.

Actividade física das nenas e nenos de Cariño

Para elaborar esta investigación pasamos unha enquisa a 10 nenos e nenas de cada un dos niveis do colexio, desde 4º de E. Infantil ata 6º de E. Primaria.Preguntamos polo número de horas semanais que dedicaban á actividade física, o deporte ou xogos que practicaban e canto tempo.Como levaría moitas páxinas escribir aquí cada un dos resultamos, soamente faremos un resumo de tres niveis.

6º de E. Infantil.

Número de nenos e nenas que fan esta actividade.

Fútbol Patinaxe Música e baile Piscina Zumba Nada

4 6 1 3 1 2

Cantas horas dedicas á actividade física.

0h 2h 2:30h 3h 4h

1 4 1 1 3

3º de E. Primaria.

Número de nenos e nenas que fan esta actividade.

Fútbol Baloncesto Ciclismo Tenis Carreira Nada

4 3 4 2 2 1

Cantas horas dedicas á actividade física.

45min 1h 1:30h 2h 2:30h 5h

1 1 1 2 1 1

6º de E. Primaria.

Número de nenos e nenas que fan esta actividade.

Fútbol Baloncesto Tenis Comba Piscina Carreira Bicicleta Nada

6 5 1 1 1 2 1 2

Cantas horas dedicas á actividade física.

0h 30min 2h 3h 5h 6h

2 1 1 1 3 2

Carlos Graña, Rubén Pérez e Carme Pita , de 6º.

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

49NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Coñeces o noso sitio web na Internet?

O enderezo do sitio web oficial do colexio na rede Internet é http://edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga

ou colecarino.netCando nos fagas unha visita virtual poderás atopar información sobre o colexio, unha axenda de actividades, a aula virtual de apoio ás clases e a galería de imaxes onde publicamos as fotografías dos eventos que se celebran no colexio.

1

4

32

Aula virtualGalería fotográfica

1- Menú superior , para acceder á galería fotográfica , aula virtual do cole e aula virtual de E-Dixgal.2.- Publicacións: avisos, novas, resumos de actividades, etc3- Axenda de eventos.4.- Apartados do sitio web: biblioteca, EDLG, ACE, ..

O ESPIGONCIÑO, XORNAL ESCOLAR DO COLEXIO DE CARIÑO.

50NÚMERO 71 LETRAS GALEGAS 2018.

Pasatempos.Atopa as oito diferenzas entre os debuxos.

Ata min os ríos chegane por min os barcos van.Como unha manta turquesade auga cubro o planeta.

Adiviñas.

Cal é o ele máis grandede todos os eles?

No alto viveno alto morano alto tecea tecedora

Sopa de letras: instrumentos musicais.