O nome da_rosa.docx jenyteo

17

Click here to load reader

description

 

Transcript of O nome da_rosa.docx jenyteo

Page 1: O nome da_rosa.docx jenyteo

HISTORIA DA FILOSOFÍA

COMENTARIO SOBRE A PELÍCULA: O NOME DA ROSA

A Filosofía Medieval

JENY TEO LOY

Luns, 7 de xaneiro de 2013

2º A DE BACHARELATO

O comentario sobre a película O Nome da Rosa é una síntese de cada un dos temas presentes no contexto da Filosofía Medieval, así como tamén explicacións referidas á comprensión do seu visionado.

Page 2: O nome da_rosa.docx jenyteo

TÁBOA DE CONTIDOS

1. INTRODUCIÓN Á NOVELA .......................................................................................................... 2

1.1. O CARÁCTER DA OBRA ................................................................................................................ 2

1.2. A DOCUMENTACIÓN DA OBRA .................................................................................................... 2

1.2.1. LE MANUSCRIPT DE DOM ADSON DE MELK…………………………………………………………………………………………2 1.3. O SIGNIFICADO DO TÍTULO E O ESTILO DA OBRA………………………………………………………………………..3 1.4. O CONTEXTO HISTÓRICO…………………………………………………………………………………………………………….3 1.4.1. A CIVILIZACIÓN EUROPEA……………………………………………………………………………………………………………………3 1.4.2. O ANTICRISTO……….…………………………………………………………………………………………………………………………….4 1.4.3. AS HEREXÍAS E O PAPEL DA INQUISICIÓN……………………………………………………………………………………………4 1.5. A VERSIÓN CINEMATOGRÁFICA DA NOVELA……………………………………………………………………………….4 1.6. A PELÍCULA………………………………………………………………………………………………………………………………….5 1.6.1. RESUMO E TEMA…………………………………………………………………………………………………………………………………5 1.6.2. AMBIENTACIÓN, TRAMA E PERSONAXES PRINCIPAIS………………………………………………………………………….5 1.6.3. AS REFERENCIAS DE PERSONAXES HISTÓRICOS…………………………………………………………………………………..7 1.6.4. GUILLERME DE OCKHAM E GUILLERMO DE BASKERVILLE: AS SIMILITUDES CONTEXTUAIS

HISTÓRICAS…………………………………………………………………………………………………………………………………………7 1.6.4.1. A ESCOLÁSTICA COMO FILOSOFÍA DE

OCKHAM……….……………………………………………………………………………………………………………………………………8 1.6.4.2. O PODER SUBVERSIVO DA LECTURA, A PERIGOSA COSTUME DE LER E O NOMINALISMO DE

OCKHAM…………………………………………………………………………………………………………………………………………….8 1.6.5. JORGE LUIS BORGES E JORGE DE BURGOS: AS SIMILITUDES CONTEXTUAIS HISTÓRICAS…………………….9 1.6.6. AS ORDES RELIXIOSAS DA PELÍCULA………………………………………………………………………………………………….10 1.6.7. O CONFLITO ENTRE A RAZÓN E A FE: OS PENSADORES QUE PROPUXERON A SÚA TEORÍA……………….12 1.6.8. A RELACIÓN ENTRE COÑECEMENTO, VERDADE, LUZ E LECTURA: AS POSICIÓNS DOS

PERSONAXES…………………………………………………………………………………………………………………………………….14 1.6.9. A OPINIÓN PERSOAL………………………………………………………………………………………………………………………….15

2. BIBLIOGRAFÍA .......................................................................................................................... 16

~ 1 ~

Page 3: O nome da_rosa.docx jenyteo

“Que é a Filosofía? Síntoo polo meu conservadorismo trivial, pero non podo atopar unha mellor resposta que a definición que da Aristóteles da Metafísica: “unha resposta a un acto de asombro”.

Umberto Eco.

1. INTRODUCIÓN Á NOVELA 1.1. O CARÁCTER DA OBRA

O Nome da Rosa, a exitosa novela de carácter misterioso e histórico publicada en 1980 da man do escritor e filósofo italiano Umberto Eco, supuxo para os lectores un gran feito cosmolóxico que lles permitiu entender como se comportaba a civilización medieval monacal do século XIV, período no cal está ambientada a obra.

1.2. A DOCUMENTACIÓN DA OBRA

De feito, o autor, segundo confesa nunha especie de tratado de poética Apostilas ao Nome da Rosa1 en 1985,a razón pola que comezou a escribir unha novela policíaca foi non soamente o seu interese polo Medievo, período ao cal fai referencia en diversos traballos teóricos, senón tamén a idea orixinal que supuxo a partir da proxección dunha imaxe na súa mente: “ […] De alí a idea de imaxinar a un beneditino nun mosteiro que mentres le a colección encadernada do manifesto morre fulminado”. Comezou a escribir en marzo de 1978, un ano despois de recrear o espazo no que se desenvolvería a trama da novela. Documentándose previamente cun caderno que atopou en 1975 no cal figuraba unha lista de monxes que vivían nun mosteiro cuxo nome non figura, así como tamén dos traballos sobre o Apocalipse e as miniaturas do comentario de Beato de Liébana, Umberto Eco topouse cun extenso material acumulado dende 1952 e cuxo destino sería a creación da súa obra. Os seus bosquexos de labirintos e plantas de abadías, a súa lectura doutros tratados anteriores que lle proporcionaban valiosa información e os diagramas que creaba, facilitáronlle a creación de espazos característicos, con recorridos e personaxes concretos.

1.2.1. LE MANUSCRIPT DE DOM ADSON DE MELK

A novela está baseada nun manuscrito que chegou ata Umberto Eco en 1969, Le manuscript de Dom Adson de Melk, escrito por un abade chamado Vallet que se atopaba na abadía de Melk, en Austria. Ao parecer, o libro era a copia dun manuscrito que contiña datos históricos do século XIV. En efecto, o texto orixinal foi rexistrado por J. Mabillon, á súa vez citado polo abade Vallet, tal e como figura na introdución á novela. Esta obra supuxo a base de traballo de Umberto Eco, quen reconstrúe no libro a vida cotiá na abadía, así como tamén a división horaria canónica2 monacal e os traballos que cada monxe desempeñaba. Para conseguir un ambiente propio da Idade Media, o autor emprega en diversas ocasións citas en latín, especialmente nas conversacións entre os monxes, que previamente estiveron en boca de outros autores nominalistas.

1 En 1985 o autor publicou Apostilas ao Nome da rosa, unha especie de tratado de poética no que comentaba como e por que escribiu a novela.

2 As horas canónicas son unha división do tempo empregada durante a Idade Media na maioría das rexións cristiás de Europa, Cada unha das horas indica unha parte do Oficio divino, é dicir, o conxunto de oracións pertencentes a esa parte do día.

~ 2 ~

Page 4: O nome da_rosa.docx jenyteo

1.3. O SIGNIFICADO DO TÍTULO E O ESTILO DA OBRA

En relación ao título, o autor confirmou que partiu de dous posibles títulos anteriores: A abadía do crime e Adso de Melk. Porén, foron descartados de inmediato, pois o primeiro facía que o lector se fixase unicamente na trama detectivesca e o segundo semelláballe un título neutro, porque Adso non deixaba de ser o narrador. A idea de O Nome da Rosa ocorréuselle por casualidade e gustoulle pola polisemia de significados que a figura simbólica da rosa tiña. Todos estes significados inducían á confusión, facendo que o lector caera na trampa e esperando que tras entender as lecturas nominalistas do verso final, soubera entender o que en verdade pretendía o autor: que o lector chegara á conclusión de que o exceso de significados conduce á falla dos mesmos, á nada. Por iso afirmaba Umberto Eco en Apostilas ao Nome da Rosa: "O narrador non debe facilitar interpretacións da súa obra, se non, para que escribiu unha novela, que é unha máquina de xerar interpretacións?”. A orixe do título provén dun verso extraído de De contemptu mundi do monxe beneditino Bernardo Morliacense, quen compuxo diversas variacións do tópico ubi sunt (onde están?), referíndose á pregunta sobre as personalidades e os bens xa desaparecidos e afirmando que de todo o que desaparece só nos quedan os nomes. Ademais, o filósofo francés Pedro Abelardo dicía nulla rosa est (a rosa é nula), para amosarnos que a linguaxe pode falar das cousas desaparecidas e das inexistentes, corroborando as posición de Bernardo Morliacense.

A novela, de feito, non soamente busca un ruptura coas formas lingüísticas remitíndonos ao pasado, senón que tamén rompe cos esquemas clásicos da novela, conferíndolle un carácter de novela difícil grazas á gran cantidade de citas e de notas á pe de páxina que conseguen atraer a atención do lector.

1.4. O CONTEXTO HISTÓRICO

1.4.1. A CIVILIZACIÓN EUROPEA

Contextualmente, partimos dunha Europa feudal do século XIII que ten debilidades. A sociedade está xerarquizada e protexida por unha nobreza entregada á fe. O ir e vir de viaxeiros, comerciantes e peregrinos á Santa Terra fan precisa a necesidade de protección. Ten lugar daquela a loita pola recuperación dos Santos Lugares. Mais estes viaxeiros traen consigo enfermidades e a peste. As universidades, pola súa parte, libéranse da Igrexa e teñen lugar diversas tensións entre o poder temporal e o poder apostólico, tan presentes nas reflexión de Santo Tomé de Aquino, filósofo escolástico e teólogo italiano.

Xorden as universidades, unha nova forma de ensinar controlada pola Igrexa baixo o Papado de Inocencio III e baixo a ortodoxia cristiá. As universidades do século XIII son escolas ás que acoden mestres e alumnos de toda Europa, que máis tarde tentarán liberarse dos ríxidos criterios dos bispos que as dominaban. Os seus catedráticos eran franciscanos e dominicos e existían catro facultades, que eran as máis importantes da época: a de Dereito, a de Medicina, a de Artes e Letras e a de Teoloxía.

A inestabilidade social e política do século xunto co punto de vista contrario da burguesía sobre o enriquecemento da Igrexa e a subordinación das súas actividades aos dogmas relixiosos, fan necesaria a busca dunha lei que de razón desta subordinación á lei natural3. De alí xorde o concepto de cristianismo: a relixión baseada na crenza de verdades reveladas por Deus, un ser creador omnipotente, persoal, misericordioso e redentor. Esta crenza afirma a existencia dunha autoridade divina presente e evidenciada na natureza. Esta relixión exclusitivista, universalista e monoteísta decrecerá no século XIV como consecuencia da crise do sistema feudal e o empobrecemento de Europa. De feito, os líderes

3 A lei natural é unha teoría moral que empregada correctamente, obriga a facer o ben. Concentra dúas leis: a lei divina, expresada nos libros sagrados e cuxa transmisora é a lei revelada, e a lei eterna, que ordena as accións humanas cara un fin.

~ 3 ~

Page 5: O nome da_rosa.docx jenyteo

cristiáns non dubidarán en enfrontarse ao Papa en defensa da súa autonomía, conseguindo que a Igrexa e o Estado se separen, así como tamén a razón e a fe. Guillerme de Ockham, frade franciscano, filósofo e lóxico escolástico inglés, figura encarnada na obra como Guillermo de Baskerville, propón, de feito, a separación definitiva de ambos os aspectos. El consideraba que a revelación como verdade non tiña unha explicación racional porque transcendía o humano. Porén, a razón non pode ir ligada á fe, porque esta última non ten explicación racional, simplemente parte de crenzas que non son demostrables.

Umberto Eco inclusive lle fixo referencia ao século XIV nunha das súas obras teóricas, Lector in fabula, onde facía referencia á polémica xurdida sobre a posesión de bens e a pobreza dos apóstolos plantexada entre os franciscanos espirituais e o pontífice. Guillermo de Ockham estudou a doutrina da pobreza apostólica, mais esta foi considerada dubidosa e herética. A Navalla de Ockham, de feito, foi a filosofía racional e científica empregada por Ockham para o método dedutivo da trama da obra.

1.4.2. O ANTICRISTO

Neste período atopamos tamén unha figura de gran importancia, presente tamén na novela: o Anticristo. Esta figura é a antítese de Cristo e foi posta de relevo no século VIII por un monxe chamado Pedro. O personaxe é animado polo profeta Daniel no Apocalipse e en dúas epístolas de san Pablo aos tesalonicenses. Ás portas do final dos tempos, un personaxe diabólico tentará arrastrar a humanidade á condenación eterna. O seu adversario, o Emperador da Fin do Mundo, fulminado por Cristo na súa segunda volta á Terra, e a figura do Anticristo, formarán parte dunha serie de manipulacións relixiosas e políticas que tanto chaman a atención de cregos e do pobo. A continua aplicación da figura do Anticristo a situacións reais favoreceu a crenza por parte do pobo da existencia verdadeira do mesmo e foi o obxecto de estudo de teólogos e místicos, semellante ao demo: “Unha besta de cabeza monstruosa, negro coma o carbón, de ollos chameantes, con orellas de asno e cuxas mandíbulas abertas de par en par estaban dotadas de dentes de ferro”4.

1.4.3. AS HEREXÍAS E O PAPEL DA INQUISICIÓN

Era a época das herexías, definidas como atentados ao ben público da Igrexa e ao bo orde da sociedade cristiá. A Inquisición, a institución católica establecida en 1184 polo Papa Lucio III, tiña como obxectivo castigar as herexías ao mando dos bispos, aos que se lles outorgaba a autoridade para xulgar a condenar aos herexes da súa diocese, así como tamén a todos aqueles practicantes da bruxería. As acusacións de bruxería xiraban arredor de pactos co Demo ou mesmo do estudo da Astroloxía e da adiviñación. Santo Tomé de Aquino e mesmo o cardeal e xeneral da Orde Franciscana en Italia, San Buenaventura, crían posible o encontro carnal entre mulleres e demos.

1.5. A VERSIÓN CINEMATOGRÁFICA DA NOVELA

O éxito da novela xurdiu grazas ao estreo da película co mesmo título: O Nome da Rosa, en 1986, dirixida polo director francés Jean-Jacques Annaud, e contando coa participación de Sean Connery como o frade inglés franciscano Guillermo de Baskerville e un Christian Slater mozo encarnando ao novizo beneditino Adso de Melk.

4 Fragmento de Le Goff: a civilización do Oriente Medieval. O Anticristo asedia Cluny nos tempos do abade Odón, a comezos do século X e especialmente na Alemaña do século XII.

~ 4 ~

Page 6: O nome da_rosa.docx jenyteo

1.6. A PELÍCULA

1.6.1. RESUMO E TEMA

O concepto principal da obra é investigación que o frade franciscano inglés Guillermo de Baskerville e o novizo beneditino Adso de Melk levan a cabo para resolver unha serie de mortes que están a suceder na abadía. Para iso, o mestre Guillermo empregará o método científico e o razoamento dedutivo propio de Guillerme de Ockham e de Sherlock Holmes que lle axudarán a atopar o misterio: unha copia do segundo libro de Poética de Aristóteles, cuxas páxinas están envelenadas, ademais da busca do coñecemento científico que se atopa na biblioteca prohibida onde está gardado este libro, fan que todo aquel que o toque morra ao instante cunha mancha negra no dedo. Así impídese que se difunda a palabra da existencia dunha sabedoría que faría dubidar da existencia de Deus.

O tema principal da obra é a afirmación da razón e da tolerancia fronte ao dogmatismo e a autoridade indiscutible da Igrexa, principal represora do pensamento libre.

1.6.2. AMBIENTACIÓN, TRAMA E PERSONAXES PRINCIPAIS

A película está ambientada no inverno de 1327. Adso de Melk é o narrador ancián e octoxenario da obra que conta os sucesos que lle acaeceron como novizo aos dezaoito anos nunha abadía beneditina situada nos Apeninos setentrionais italianos. Para Umberto Eco, o personaxe de Adso foi moi importante, segundo relata nas Apostilas ao Nome da Rosa: “Desde o comezo quixen contar toda a historia (cos seus misterios, os seus feitos políticos e teolóxicos, as súas ambigüidades) coa voz de alguén que pasa a través dos acontecementos, rexístraos todos coa fidelidade fotográfica dun adolescente, pero non os entende (nin os entenderá plenamente cando vello, ata o punto de que acaba optando por unha fuga cara á nada divina, que non era a que o seu mestre lle ensinara). Que se entenda todo a través das palabras de alguén que non entende”. O propio autor inclusive chegou a crer que a súa obra resultou un pouco máis fácil de comprender porque os mesmos lectores se identificaron coa inxenuidade de Adso, e se sentiron xustificados coas súas accións, mesmo aínda sen comprender o por que. O mesmo Umberto Eco lle deu vida a Adso a partir das súas vivencias, de forma inconsciente: “ […]Quizais ao escribir estaba a transferir a Adso moitos dos meus temores de adolescente, e dende logo que si nas súas palpitacións de amor (aínda que sempre coa garantía de estar a obrar por interpósita persoa: de feito, as penas de amor, Adso as vive só a través das palabras con que falaban do amor os doutores da Igrexa”. Este personaxe baséase na técnica da preterición, é dicir, relata con ton didáctico e cronista os sucesos que el mesmo presenciou na badía e, aínda que nos fai supoñer que coñecía todo o que lle rodeaba e as persoas ás que coñecía, non se limitaba a aportar o nome, senón que, ademais, detallaba máis características para que os espectadores comprenderan mellor a trama.

O frade franciscano e inglés Guillermo de Baskerville foi encargado polo varón de Melk da educación e do benestar do fillo deste, Adso de Melk, novizo beneditino que se converterá no discípulo do seu mestre. Ambos se dirixen á abadía mencionada, onde teñen lugar unha serie de misteriosas mortes que pouco a pouco irán descubrindo. Guillermo de Baskerville ten un pasado inquisidor, como orientador e non como castigador, que lle oculta a Adso e o seu propósito é viaxar a esta abadía para convocar unha reunión entre os delegados do Papa e os líderes da orde franciscana para discutir sobre a proposta dos espirituais de propor a pobreza apostólica. Esta semellanza en nacionalidade, doutrina filosófica e nome co nominalista Guillerme de Ockham e a perspicacia, a habilidade e a intelixencia do frade para a investigación detectivesca, lle confiren ao personaxe non soamente un carácter filosófico, senón tamén un carácter ficticio, compartindo o apelido da obra do médico e escritor escocés, Arthur Conan Doyle, O can dos Baskerville, así como tamén compartindo a habilidade detectivesca de Sherlock Holmes. Por iso,

~ 5 ~

Page 7: O nome da_rosa.docx jenyteo

foi sinalada a similitude de Adso co personaxe acompañante de Sherlock Holmes, o Doutor J. H. Watson. O nome de Adso, pola súa parte, pénsase que ten relación con Simplicio, personaxe do Diálogo entre os principais sistemas do mundo de Galileo Galilei, astrónomo, filósofo, físico e matemático italiano do Renacemento.

O abade do mosteiro, Abbone da Fossanova, lle pide axuda a Guillermo de Baskerville para non ter que recorrer á Inquisición sobre os misteriosos sucesos que están a ocorrer no mosteiro. Os monxes do mosteiro sospeitaban sobre a presenza naquel lugar dunha entidade sobrenatural, pero Guillermo de Baskerville, podía resolver o misterio: “He aquí un home que coñece o espírito humano e os enganos do maligno”. Máis tarde, Guillermo de Baskerville descubrirá que a primeira vítima que era Aselmo da Otranto, un novizo ilustrador e miniaturista quería ler un libro que estaba oculto nunha biblioteca prohibida dentro do mesmo mosteiro, aos cales só tiña acceso Berengario da Arundel, a terceira vítima. Este ofreceríalle as claves de cómo atopalo a cambio de pagalo con caricias, pero o remordemento do novizo fixo que se suicidara. Pero antes de que isto ocorrera, Adelmo lle entrega un pergamiño a Venancio de Salvemec, tradutor de manuscritos e especialista en grego onde aparece a clave de como atopar o libro. Este acode ao scriptorium e fai garabatos das miniaturas que observa, pero morre cunha mancha negra non dedo. Berengario le o que o tradutor escribiu e mentres tenta tomar un baño relaxante, afoga coa mancha negra no dedo. Guillermo é criticado polos monxes por sacar conclusións que non se axustan ás razóns proféticas e dubidan da fe das súas investigacións.

Ubertino da Casale, coñecido do mesmo e presentado coma un dos xefes espirituais da súa orde, considerado santo e herexe á vez que vive como proscrito escondido, vive naquela abadía. Ubertino da Casale augurará ao longo da película que ocorrerán máis mortes facendo referencia ao libro do Apocalipse da Biblia, o último libro do antigo testamento.

Adso coñece a Salvatore de Monferrate, un monxe chepudo con aspecto deforme que tenta amedrentalo e a cada pouco repite un enunciado, penitenciagite (facede penitencia, arrepentídevos), era o berro que lanzaban os dulcinitas cando mataban ao clero enriquecido. O dulcinismo, cuxo líder foi o frade italiano Dulcino, axustizado no ano 1307, defendía a pobreza absoluta da Igrexa e unha fraternidade ideal dos cristiáns unidos pola comunicación privilexiada co Espírito Santo e pola liberdade fronte as autoridades eclesiásticas. Salvatore de Monferrate era axudante doutro monxe da abadía, Remigio da Varagine, o mordomo do mosteiro.

Bernardo Gui, enviado polo Papa para atopar o mal que se encontra na abadía, cre que xa o atopou cando ve á campesiña da que Adso estaba namorado realizando, supostamente, un culto ao demo cun galo negro e un gato negro. Alí atopan tamén a Salvatore, que é torturado para que confese quen cometía os crimes naquel mosteiro. Porén, confesa os pecados que el e mais Remigio cometeron no pasado, que se converteron en herexías. A campesiña, Salvatore e Remigio serán condenados a morrer queimados.

O día seguinte ten lugar unha sesión con Bertrando del Poggetto, outro personaxe histórico francés que na película aparece coma o legado papal. Franciscanos e a delegación papal, que chegaran o día anterior, discuten sobre a pobreza apostólica. Severino da Sant’Emmerano, monxe herbolario avisa a Guillermo de que atopou o libro prohibido que estaba buscando, pero cando se dirixe a organizar o seu material de traballo é asasinado polo monxe alemán e bibliotecario, Malaquías de Hildesheim, que se leva o libro e que será a última vítima.

Na biblioteca prohibida está Jorge de Burgos, esperando por Guillermo, e co libro enfronte súa. Descubrindo que é o segundo libro de Poética de Aristóteles que trata sobre a comedia e que foi

~ 6 ~

Page 8: O nome da_rosa.docx jenyteo

perdido durante a Idade Media, Jorge afirma: ”A risa mata o medo, e sen o medo non pode haber fe”, tras o cal decide tragar as páxinas do libro e ten lugar un incendio que arrasa coa biblioteca e o mosteiro tras caer a lámpada de Adso ao chan.

O que se descobre é que o libro estaba envelenado e contiña saberes que estaban prohibidos porque participaban da razón e incitaban á dúbida, facendo que se dubidase da fe cristiá. Os libros que estaban naquela biblioteca eran unha fonte de sabedoría e abranguía moitos saberes e materias descoñecidas para os monxes cuxos dogmas científicos non partín de supostos da fe católica. Ese veleno era o que causaba as mortes do mosteiro.

1.6.3. AS REFERENCIAS DE PERSONAXES HISTÓRICOS

Na película non soamente se fai referencia a fragmentos da Biblia, como a Xénese ou o Apocalipse, senón que tamén hai citas de autores coma Platón, Aristóteles, San Agostiño de Hipona, San Bieito, San Buenaventura, Santo Tomé de Aquino, o Beato de Liébana, Dante Alighieri, Hugo de San Vítor, Ockham, Bacon, Duns Scoto, Averroes e moitos máis escritores e filósofos, así como tamén regras monásticas e moitos documentos papais e conciliares que fixeron posible a creación da obra.

1.6.4. GUILLERME DE OCKHAM E GUILLERMO DE BASKERVILLE: AS SIMILITUDES CONTEXTUAIS HISTÓRICAS

A referencia máis importante da Filosofía Medieval na obra e película O Nome da Rosa atopámola na similitude entre o frade franciscano, filósofo, lóxico e escolástico Guillermo de Ockham e o frade inglés e tamén franciscano da obra e película Guillermo de Baskerville. Este comparte doutrina filosófica e mesmo nacionalidade porque é un recurso que emprega Eco de facer constancia a este personaxe inclusive no mesmo período en que o primeiro viviu.

Igual que o personaxe de Eco, as ideas de Guillermo de Ockham levárono a ser acusado de herexe polo Papa Xoán XXII en Avignon en 1324, onde tamén se baralla a posibilidade de que traballou coma profesor de Filosofía nunha prestixiosa escola franciscana. Alí gañou moitos seguidores que puideron acusalo de herexe. Podemos observar o mesmo caso de acusación a Guillermo de Baskerville na película.

Tamén existe a coincidencia sobre o estudo da doutrina da pobreza apostólica entre os franciscanos e o Papado baixo a orde do líder da Orde Franciscana e teólogo italiano Miguel de Cesena. Esta proposición foi considerada herética, pero foi Ockham quen considerou herexe ao Papa Xoán XXII.

Trala morte de Miguel de Cesena, converteuse no líder franciscano e dedicouse a escribir sobre asuntos políticos, así como tamén sobre os dereitos de poder do Estado e da Igrexa.

No campo filosófico, compartiu protagonismo con outros autores medievais coma Santo Tomé de Aquino e mesmo teólogo e filósofo alemán Nicolás de Cusa, sendo un dos representantes do nominalismo. Esta doutrina filosófica afirmaba que as especies e xéneros non son realidades anteriores ás cousas, as esencias que poden ser recoñecidas por abstracción, senón que se trata de nomes que empregamos para designar a grupos de individuos. Esta cita de Guillermo de Baskerville o corrobora: "...a beleza do cosmos non procede só da unidade da variedade, senón tamén da variedade na

~ 7 ~

Page 9: O nome da_rosa.docx jenyteo

unidade".Considerado o pai da Filosofía Moderna e da moderna epistemoloxía5 , foi fervente defensor do conceptualismo, que afirmaba que os nomes dos conceptos só habitaban nas nosas mentes.

A Navalla de Ockham foi o principio metodolóxico e filosófico empregado no nominalismo, segundo a cal en igualdade de condicións, a explicación máis sinxela soe ser a correcta.

1.6.4.1. A ESCOLÁSTICACOMO FILOSOFÍA DE OCKHAM

A escolástica é a filosofía elaborada a partir do dogma católico que procede do termo latino scholasticus, referido ao mestre das escolas monacais que ensina as artes liberais: o TRIVIUM (concentraba a gramática, a retórica e a dialéctica), e o QUATRIVIUM (agrupaba a música, a aritmética, a xeometría e a astronomía). Tivo o seu auxe no século XIII e ten lugar a partir dun método elaborado. A primeira parte é a lectio, a lección, onde se realiza unha lectura do texto da Biblia ou dunha autoridade; a segunda parte é o comentario desa lectura; a terceira parte é a disputatio, disputación, entre o mestre e o alumno sobre a tese da lectio; a cuarta parte é a quaestio, cuestións, son as interpretacións do tema que darán lugar á síntese e á conclusión; a quinta parte serán as summas, sumas, ou resumos dese saber.

1.6.4.2. O PODER SUBVERSIVO DA LECTURA, A PERIGOSA COSTUME DE LER E O NOMINALISMO DE OCKHAM

Etimoloxicamente, o concepto subversión provén do latín subvertere, que significa dar a volta. Está estreitamente ligado ao feito de inverter os valores e os principios dun sistema establecido e, como tal, ten relación co tema presentado na película sobre a prohibición da lectura.

Por unha parte, o poder subversivo de ler incita á circulación de certos discursos, pensamentos e dogmas que os lectores captan mediante a lectura. A función do autor é dar a coñecer un tema, ben imaxinario ou ben verdadeiro, que pretende ampliar os coñecementos dos lectores, introducilos a unha nova realidade (no caso das obras ficticias) ou incitar a dubidar sobre un determinado tema.

Este poder subversivo da lectura foi a razón principal pola que Jorge de Burgos e algúns monxes bibliotecarios ocultaban o segredo da existencia de centos de libros na biblioteca prohibida, pois os dogmas relixiosos que lles foron ensinados esmorecerían ante o coñecemento da verdade a través dos libros. Pódese dicir que o poder subversivo da lectura e a perigosa costume de ler teñen unha estreita relación en canto á sabedoría. Aquela época medieval na cal non se cuestionaba nada e na cal todos tiñan medo a ampliar os seus coñecementos porque podían ser acusados de herexes, ler era un perigo para as súas vidas, porque a subversión da lectura rompía coas regras establecidas da autoridade cristiá.

Outra razón pola cal se evadía a lectura ten relación co grao de curiosidade de cada quen: algúns prefiren vivir co que xa saben e non facer caso de ampliar os seus coñecementos. Pero vivir sen ler é perigoso, porque cando unha persoa se conforma co que xa sabe e se deixa levar polos seus prexuízos, máis adiante será incapaz de afrontar os riscos. Outros, coma todas as vítimas da película, que morren a propósito para que o seu coñecemento non se poida difundir entre os demais monxes, senten curiosidade sobre o mundo que os rodea e deciden ler a Poética de Aristóteles. En todo caso, a loita pola conservación da relixión e o fanatismo relixioso decretaron o perigo do poder subversivo da lectura como acto que cuestionaba a existencia de Deus e da súa presenza na natureza.

5 A epistemoloxía, como teoría do coñecemento, ocúpase de problemas tales como as circunstancias históricas, psicolóxicas e sociolóxicas que levan á obtención do coñecemento, e os criterios polos cales se lle xustifica ou invalida, así como a definición clara e precisa dos conceptos como verdade ou realidade.

~ 8 ~

Page 10: O nome da_rosa.docx jenyteo

O nominalismo de Ockham afirma que só existen nomes universais en contraposición a conceptos universais, así como tamén que só existen semellanzas entre uns homes e outros, a partir das cales determinamos os conceptos universais. Este proceso será levado a cabo a través da intuición fronte á abstracción. Así, tamén afirma que as probas da existencia de Deus carecen de verdadeira demostración, porque, por unha parte, aínda que existise un motor inmóbil que dera lugar ás diversas manifestacións, non podemos demostrar que fose un só motor inmóbil o que xurdiu nin que coincidira con Deus. Nin sequera podemos demostrar a existencia da divindade nin dos seus atributos. En efecto, a relixión católica opúxose á súa teoría, así como tamén á práctica da Filosofía e da ciencia. Pero, por outra parte, rompe co escolasticismo afirmando a omnipotencia divina e depurando a fe das concepcións filosóficas do Helenismo.

Por outra parte, loita por cumprir que todo exercicio de autoridade estea xustificado polo ben común en harmonía coa xustiza natural. Sendo un dos pensadores máis importantes en separar razón e fe, o seu obxectivo é buscar unha verdade que non está expresada na Biblia e nos libros relixiosos, senón que precisa dunha evidencia racional que o plano da fe non lle pode conceder, por iso non determina ningunha conciliación entre a razón e a fe.

Por unha parte, o poder subversivo da lectura en relación ao nominalismo de Ockham pode levar aos lectores a abstraer conceptos ou ideas que non teñen por que ser aplicadas por semellanza a un conxunto, levando á confusión dos nomes universais, pois as palabras escritas e faladas son signos convencionais e os conceptos son signos naturais. En ocasións, o que ocorre é que unha confusión de conceptos porque teñen moita semellanza con outros signos naturais (coma o caso do chanto ou a risa, para expresar dor ou ledicia). Por iso, o noso entendemento funciona producindo espontaneamente conceptos como signo das cousas percibidas. É dicir, a lóxica da linguaxe, ben sexa a través das lecturas ou mediante a fala, será unha das bases máis importantes que nos axudarán a interpretar o coñecemento. Daquela, e mediante o uso do coñecemento intelectual que provoca un coñecemento directo e inmediato corroborado pola existencia dese obxecto exterior que é a causa do coñecemento, será grazas ao poder subversivo da lectura que sexamos capaces de captar e entender a verdade mediante a intuición e as relacións de semellanza. Esta é unha “perigosa costume de ler” para moitos monxes doutras ordes, porque a lectura e o uso do intelecto conducen á verdade.

1.6.5. JORGE LUIS BORGES E JORGE DE BURGOS: AS SIMILITUDES CONTEXTUAIS HISTÓRICAS

Jorges Luis Borges foi o escritor arxentino que inspirou a Umberto Eco para a creación do personaxe de Jorge de Burgos. Creador de mundos fantásticos, metafísicos e subxectivos, converteuse nun liberal escéptico ao opoñerse ao fascismo e ao peronismo no seu país.

A figura que nos presenta Umberto Eco é de nacionalidade española, ancián, cego ao igual que o escritor arxentino e branco como a neve. Dedica a súa vida a ocultar o libro da biblioteca prohibida, o segundo libro de Poética de Aristóteles dedicado á comedia. Este libro é o instrumento que conduce á verdade e ao que ningún monxe podía acceder. Jorge de Burgos tamén representa a intolerancia e o fanatismo relixioso. A pesares de ser bibliotecario, é inimigo da lectura porque incita á dúbida, así como tamén da risa e da sensibilidade natural, afirmando que Cristo nunca riu e que a risa provén dos monos.

Eco precisaba dun bibliotecario cego que custodiase a biblioteca e topou con Borges non soamente por esta característica, senón tamén pola relación simbólica que os seus relatos e novelas teñen coa obra.

~ 9 ~

Page 11: O nome da_rosa.docx jenyteo

Para comezar coas similitudes, hai que destacar a súa obra Ficcións, onde se atopa recollido o conto A biblioteca de Babel, onde se describe unha biblioteca labiríntica, así como tamén a existencia de espellos. O narrador da obra é un ancián que se dedicou toda a súa vida a procurar un libro que posuía o segredo do mundo. A imaxe dos labirintos tamén destaca en O Aleph, con tres contos que se relacionan entre si: Os dous reis e os dous labirintos, Abencaján o Bojan’ e A casa de Asterion. Os labirintos, de feito, producen aos visitantes a sensación de atoparse nun corredor de difícil saída. Porén, aquel caos aparente, que a intelixencia humana tentaría resolver, non é máis que a configuración do mundo. A analoxía dos espellos tamén aparece na obra de Borges. Neste caso é unha obsesión persoal que se remonta á nenez, cando deitado na súa cama temía que as imaxes reflectidas no espello persistisen despois na escuridade, que non era máis que a imaxe deformada das persoas.

En relación ao personaxe, ambas as figuras se asemellan na memoria prodixiosa, na sabedoría e na axilidade de movemento, na cal destaca Eco a omnipresencia de Jorge na biblioteca.

Tamén hai que destacar as seguintes afirmacións que realiza Borges sobre o concepto de nome e que resultan tan importantes para comprender o título da obra: “o nome é arquetipo da cousa” e “nas letras de rosa está a rosa”.

1.6.6. AS ORDES RELIXIOSAS DA PELÍCULA

Na película, podemos distinguir tres ordes relixiosas principais:

a) Os dominicos: orde mendicante da Igrexa católica fundada polo deán español Santo Domingo de Guzmán en Toulouse durante a Cruzada albixense, unha guerra que emprendeu a Igrexa católica e a nobreza francesa contra a nobreza occitana no século XIII. Esta orde foi confirmada en 1216.

O seu lema principal era Laudare, benedicere, praedicare (alagar, bendicir e predicar). Os dominicos destacaron en ámbitos como a Teoloxía, a Filosofía e a Economía, chegando a fundar a Escola de Salamanca a comezos do século XVI que simbolizaba o renacemento do pensamento en diversos campos levado a cabo por profesores universitarios españois e portugueses. Estes profesores realizaron diversos plantexamentos moi avanzados para a súa época sobre os problemas da sociedade.

Cumpriron tamén unha importante labor coa Igrexa, participando directamente da Inquisición, ámbito no cal destacaron figuras coma Bernardo Gui, que aparece na película, e o gran inquisidor español Tomás de Torquemada.

A Evanxelización de América conseguiu expandir o catolicismo por diversos territorios. Moitos frades destacaron pola súa labor na defensa dos dereitos dos indíxenas americanos, coma o bispo, cronista e teólogo español Bartolomé de las Casas. Alí, os dominicos contribuíron á educación do pobo a través da creación de universidades e a difusión de devocións e prácticas católicas. As Coroas Española e Portuguesa chegaron a incorporar ao seu territorio Asia e África.

Nesta orde destacaron filósofos coma Santo Tomé de Aquino e mesmo o español San Vicente Ferrer.

b) Os beneditinos: orde relixiosa pertencente á Igrexa Católica Romana fundada polo italiano San Benito de Nursia, principal contribuínte á evanxelización cristiá de Europa, feito polo que é considerado patrón de Europa. Fundada en 1734, actualmente, ten o seu legado por todo o mundo, con mosteiros masculinos e femininos.

~ 10 ~

Page 12: O nome da_rosa.docx jenyteo

O seu lema principal é Ora et labora (oración e traballo) e os seus mosteiros están dirixidos xeralmente por un abade escollido pola comunidade. Nas abadías, cada monxe estrutura a súa vida segundo a Liturxia das Horas ou horas canónigas, que implican rezar sete veces ao día, así como tamén traballar en distintas actividades manuais para manter a comunidade. Esta repartición de oficios é visible na abadía que presenta a película. Os monxes do mosteiro e Adso de Melk son beneditinos.

O seu labor coa Igrexa parte da primeira reforma dos mosteiros beneditinos que realiza o relixioso francés San Odón de Cluny, cuxos seguidores adquiriron gran poder económico e político, chegando a formar parte das cortes imperiais e papais. A súa decadencia levou á fundación da reforma cisterciense dos santos franceses Roberto de Molesmes e Alberico e do santo inglés Esteban Harding. Pretendían impoñer a práctica estrita da Regra de San Benito e a volta á vida contemplativa.

Na Idade Media tiveron lugar outras reformas nesta orde, entre as que destacou a reforma camalduense, que pretendía integrar a tradición eremítica, pola cal unha persoa leva a cabo unha vida solitaria co fin de achar unha relación máis perfecta con Deus, coa tradición cenobítica, que preservaba o illamento dos monxes da sociedade, así como tamén se encargaba da súa administración dos bens, da disciplina e da formación na fe.

c) Franciscanos: orde relixiosa mendicante da Igrexa Católica fundada en 1209 polo diácono italiano San Francisco de Asís, quen comezou a súa experiencia relixiosa levando unha vida penitente.

O seu lema caracterizador era pax et salus (paz e salvación) e pouco despois, este movemento converteuse en formas da vida relixiosa regular masculinas (os Frades Menores) e femininas (as Clarisas). Tamén xurdirán outras fraternidades que serán integradas na gran Familia Franciscana, como a Terceira Orde Franciscana ou Segrar, formada por laicos que se senten chamados por Deus a vivir a vocación franciscana.

Esta orde na Idade Media tivo unha importante influencia. As diversas Fraternidades que abarcaba a orde franciscana axudaron a eliminar as bases da sociedade feudal, facendo que apareceran sentimentos democráticos, e axudando a sociedade das cidades que sufrían guerras e enfrontamentos civís.

No século XII, período no cal o comezo das Cruzadas e o crecemento demográfico influíron na auxe do comercio e o desenvolvemento das cidades, os burgueses observaban diversas posibilidades de ascenso social e a Igrexa tiña maior preocupación polo seu crecemento patrimonial. Neste período, algúns movementos postularon a vida pobre e evanxélica da Igrexa, ata o punto de ser considerados herexes, coma a orde franciscana de San Francisco de Asís.

A importancia desta orde de cara á Igrexa reside nas actividades que estes monxes practicaron: atendían leprosos e mesmo traballaban para granxeiros, amosando interese polos máis desfavorecidos.

O número de frades na súa orde incrementouse, establecendo ermidas en diversos lugares. Porén, decaeu en Italia e naqueles países onde triunfou a Reforma Protestante6, mais esta orde creceu en Portugal, en España e en diversos países do Novo Mundo7. Os frades impulsaron e dirixiron varias

6 A Reforma Protestante é o movemento relixioso cristián, iniciado en Alemaña no século XVI, que deu lugar a varias igrexas e organizacións agrupadas baixo o nome de protestantismo. Tivo lugar grazas ás predicacións do sacerdote agustino Martín Lutero, que propoñía unha reforma do catolicismo. 7 O Novo Mundo é un dos nomes empregados para designar ao continente americano. Esta denominación empregouse desde finais do século XV (1492) a raíz do descubrimento de América por parte dos españois.

~ 11 ~

Page 13: O nome da_rosa.docx jenyteo

confrarías8 e iniciativas de caridade e de asistencia social, ben hospitais ou escolas. Dende aquela, as diversas colaboración da Orde Franciscana co ben común continuaron ao longo do tempo, así como tamén o recoñecemento oficiais dos Papas.

Destacaron filósofos, teólogos, escritores e poetas e diversas personalidades coma o nominalista inglés Guillermo de Ockham, personaxe que aparece na película, e o crego italiano San Juan Bosco ou o teólogo escocés Juan Duns Scoto.

Na película, Ubertino da Casale e algúns monxes que acoden á abadía para asistir á reunión sobre a discusión da pobreza apostólica, son tamén franciscanos.

1.6.7. O CONFLITO ENTRE A RAZÓN E A FE: OS PENSADORES QUE PROPUXERON A SÚA TEORÍA

A fe e a razón son os dous conceptos que fundamentan o tema da película. En primeiro lugar, a fe é unha crenza que non é evidenciada pola razón, senón que, segundo os seguidores do cristianismo, é unha verdade revelada pola maior autoridade divina: Deus. Por outra parte, a razón é a crenza baseada na lóxica e na evidencia, que dará lugar á ciencia. Por unha parte, o racionalismo afirma a verdade é achada a través da razón e da análise dos feitos, máis que na ensinanza relixiosa ou fe. O fideísmo sostén a necesidade da fe e das crenzas, pero estas non poder participar da razón, facendo incompatibles ambos os termos. Finalmente, a teoloxía natural afirma que a fe participa da razón, de xeito que o uso da razón leva á crenza na fe. A película amosa unha clara separación entre a razón e a fe. Por unha parte, o frade inglés franciscano Guillermo de Baskerville, mediante deducións lóxicas que realiza empregando a razón, chega a resolver os conflitos que están a ocorrer na abadía. Fervinte seguidor de Aristóteles e dos filósofos gregos, subordinaba a fe á razón, chegando a ser acusado de herexía no xuízo contra o mordomo da abadía cando tentaba explicar un feito que deduciu dunha evidencia. Aquel período autoritario da Igrexa non consentía desviacións en contra da fe e todas as súas bases estaban nos libros da Biblia, chegando a pensar que existía a casualidade e un destino que marcaba as mortes. Enganados por unha fe que lles impide dubidar de Deus, son incapaces de recoñecer os méritos de Guillermo de Baskerville cando este lles amosa as súas principais conclusións sobre as tres primeiras mortes. A súa teoloxía, baseada na revelación de Deus e na intolerancia relixiosa, facía que non comprenderan a verdade sobre as mortes. Mesmo chegaban a pensar que existía un ser sobrenatural semellante ao demo que era quen causaba as mortes. Pero non tiñan evidencias nin da existencia deste demo, nin da credibilidade da bruxería e nin sequera da acusación de Guillermo de Baskerville de ser o asasino de Malaquías, o monxe bibliotecario. A súa fe procedía de textos, e estes textos eran para eles a principal evidencia de todo o que lles ocorría. Personaxes como Adso e o propio Ubertino se deixaban levar polas súas intuicións, prexuízos infundados nunha crenza ou fe non evidenciados. Adso, rapaz inocente e con poucos coñecementos, observa o mundo que o rodea e sente curiosidade por coñecelo, aínda que vive guiado pola fe relixiosa. O seu mestre ensínalle o seu punto de vista, o que fai chocar os conceptos razón e fe. Ubertino, vello

8 Unha Confraría ou irmandade é unha asociación de fieis católicos, pública ou privada, establecida en torno a unha advocación de Cristo, da Virxe ou dun santo, un momento da Paixón ou unha reliquia, con fins piadosos, relixiosos ou asistenciais.

~ 12 ~

Page 14: O nome da_rosa.docx jenyteo

que se deixa levar polo que din os textos da Apocalipse, observa o mundo que lle rodea en base dunha profecía que se ten que cumprir, pero da cal non existe ningunha explicación racional. Antagonista de Guillermo de Baskerville é o cego ex – bibliotecario Jorge de Burgos, que cuestiona todos os pensamentos racionais do frade, aínda que sabe que existe unha verdade demostrable oculta nos libros da biblioteca prohibida: ”A nosa misión non é investigar, senón preservar o saber. Enténdese que se trata de preservar unha verdade que nos foi dada e sobre a cal non hai xa nada que investigar: sabémolo todo. Sen dúbidas. Prohíbese ler, precisamente, porque a lectura leva a dubidar da infalibilidade. A dúbida é inimiga da fe”. Aquí está a razón da pregunta de Guillermo de Baskerville cando dubidaba onde estarían os libros do scriptorium habendo tantos monxes que redactaban manuscritos. A fe é sinónimo de cárcere do saber neste sentido, pois non soamente se engana a si mesmo con falsos postulados, senón que tamén, a sabendas de coñecer o engano ao que está sometido non actúa coma o prisioneiro do Mito da Caverna de Platón, plasmado no libro da República, que avisa aos demais prisioneiros para que se dean a volta e observen o mundo intelixible, senón que prefire que ninguén máis saiba da existencia do coñecemento real a través da ciencia e a razón. Por iso, decide arrincar as follas do segundo libro de Poética, e as traga para que ninguén máis coñeza a verdade. Os primeiros pensadores que estudan sobre este conflito son San Agostiño de Hipona e Santo Tomé de Aquino. San Agostiño de Hipona, teólogo nado en Arxelia e coñecedor da Filosofía neoplatónica, convértese ao cristianismo e ordénase sacerdote, aínda que antes era escéptico9. Chega a ter conflitos co poder temporal, mentres compaxina a ensinanza e a filosofía grega. Separa fe, como crenza cuxa base non é evidenciada, de ciencia, empregada mediante a Filosofía, que emprega a argumentación e a demostración. A Filosofía será o mecanismo dos primeiros pensadores cristiáns para demostrar as súas crenzas fronte aos filósofos pagáns. De feito, os descubrimentos científicos poñerán en dúbida as crenzas na fe. Mais que existir unha oposición entre fe e razón, el considera que a razón debe servir á fe e a fe debe iluminar á razón, polo que confirma a participación de ambos os termos. Santo Tomé de Aquino, teólogo e filósofo italiano, finalmente separa a fe e a razón, recuperando o pensamento aristotélico e loitando contra o conservadorismo de franciscanos e agostiños. Afirma, en contra das directrices dos mesmos averroístas10, que só existe unha verdade que ben pode ser segundo a fe ou ben pode ser segundo a razón, pero que non teñen por que estar en conflito, de non ser porque a fe serve á razón coma un instrumento imposto pola autoridade relixiosa. Tamén destacou neste análise do conflito o nominalista inglés Guillerme de Ockham no século XIV, cuxa definición da fe era a concepción de verdades non demostrables e alleas á razón, con ámbitos e tarefas distintas ás da razón.

9 Na filosofía clásica, o escepticismo é unha corrente filosófica baseada na dúbida, representada na escola de Skeptikoi, de quen se dicía que "non afirmaban nada, só opinaban". 10 O averroísmo latino, concepción filosófica da segunda metade do século XIII, afirmaba a existencia dunha sobre verdade, a razón – fe, así como tamén conxugaba as teorías aristotélicas e a visión cristiá. O seu máximo representante foi Sigerio de Brabante.

~ 13 ~

Page 15: O nome da_rosa.docx jenyteo

1.6.8. A RELACIÓN ENTRE COÑECEMENTO, VERDADE, LUZ E LECTURA: AS POSICIÓNS DOS PERSONAXES

Segundo San Agostiño de Hipona, existían tres tipos de coñecementos, o corporal, o espiritual e o intelectual. Os tres tipos debían estar ligados mediante unha unha verdade inmutable que nos permitía comprender as cousas intelixibles mediante a iluminación da nosa mente por unha divindade. Esta é a iluminación espiritual.

Na tradición filosófica occidental, a iluminación intelectual vese marcada por unha fe na razón, que implica o rexeitamento da fe manifestada na relixión institucional. A época que abarca esta tradición concéntrase no século XVII e se coñece como a Era da Razón ou Ilustración, durante a cal o continente europeo mantiña revoltas relixiosas. Abandonando o Iluminismo como fonte de coñecementos captadas mediante a fe o misticismo das revelacións divinas, a Ilustración sostiña que a razón podía combater a ignorancia e a superstición, expoñendo bases axiomáticas que mostran a Deus e a Natureza coma un só.

En todo caso, na película podemos realizar unha síntese das diferentes posicións que teñen os personaxes sobre os catro conceptos relacionados.

En primeiro lugar, partimos de Guillermo de Baskerville, fervinte partidario de atopar o coñecemento a través da lectura e dos métodos dedutivos da lóxica e a razón. Para el, a verdade é atopada mediante a investigación, a busca do saber e a tolerancia en canto á relixión: todo é obxecto de dúbida.

En segundo lugar, o novizo Adso de Melk, que influenciado polos pensamentos pouco cribles da existencia dun ser sobrenatural na abadía, reflexiona co seu mestre sobre as dúbidas que ten, como sinal de curiosidade por atopar unha verdade e coñecemento que se adapte á súa comprensión racional. Xunto co seu mestre e confiado da existencia dos libros prohibidos, axúdalle na investigación dos asasinatos, así como tamén na busca da biblioteca prohibida, que lle abrirá as portas ao seu coñecemento a través da lectura. Porén, non está totalmente de acordo no seu método intelectual, porque, de cando en vez, critica ao mestre por entrar en conflito coa autoridade relixiosa polo seu orgullo intelectual.

En terceiro lugar, as vítimas da película son vítimas dunha busca da verdade e están marcadas pola curiosidade. A busca do libro prohibido e tamén a lectura lles ensina o verdadeiro coñecemento, a luz que lles abre as portas cara un novo mundo descoñecido para eles que os cura da cegueira á que estaban sometidos intelectualmente. Porén, non sobreviven para contalo.

En cuarto lugar, Jorge de Burgos e outros monxes coma o abade, Ubertino da Casale e mesmo o inquisidor Bernardo Gui, descoñecen o verdadeiro coñecemento a través da lectura. Contrarios a calquera dogma non relixioso e meramente racional, impiden por todos os medios que as conclusións científicas de Guillermo de Baskerville esclarezan as mortes (no caso de Jorge, o abade e Bernardo) e mesmo cren que está a ocorrer algo semellante á apocalipse na abadía (no caso de Ubertino). O coñecemento e a verdade para eles baséase na revelación de Deus, non hai nada cuestionable nin nada que non coñezan, por iso aborrecen da lectura, porque esta é sinónimo do cuestionamento da fe católica. Mesmo a cegueira de Jorge simboliza a escuridade e a intolerancia, en oposición á vista dos outros.

Polo tanto, coñecemento, verdade, luz e lectura nesta película se relacionan en tanto ao uso da razón e da condución a feitos lóxicos finais que combaten aqueles que non son demostrables e nin sequera evidenciados na natureza.

~ 14 ~

Page 16: O nome da_rosa.docx jenyteo

1.6.9. OPINIÓN PERSOAL

A película O Nome da Rosa é un exemplo magnífico para comprender o período da Filosofía Medieval. Non só nos amosa o pensamento de diversos personaxes históricos que nela aparecen, senón que tamén concentran os temas fundamentais daquela época: as herexías, os conflitos razón – fe, o contexto histórico, as actividades monacais e o tema do Anticristo.

A época contemporánea na que vivimos, con liberdade de relixión e dereito a cuestionar os dogmas de moitas fes baseadas en divindades e sendo totalmente libres de elixir se somos ateos e laicos, non se pode comparar cunha época medieval que impoñía a relixión como único método de alcanzar a sabedoría e a harmonía con Deus. A sociedade avanza, de feito, con cambios coma este e con cambios científicos.

Se moitos dos nosos antepasados non puideran ter a opción de ler e coñecer sobre a conformación do mundo; a existencia dunha cárcere dentro de nós que é a mente ou mesmo a nosa procedencia de seres primitivos, a ciencia que hoxe coñecemos e que nos abriu tantas portas para seguir coñecendo, non avanzaría tanto. Como seres racionais que somos a diferenza dos animais, non existe cabida na mente humana da negación da mesma. Se queremos vivir das percepcións e das crenzas é unha liberdade á que temos dereito, pero entón tamén é un engano que nos facemos a nós mesmos, porque estamos a crear conceptos individuais que saen fóra dos límites do verdadeiro e real.

En fin, unha verdade establecida por unha autoridade, ben sexa católica ou política, non se axusta á nosa liberdade, e, como tal, todo aquel que acepte esa verdade en si, tampouco será libre consigo mesmo, porque o autoengano e os prexuízos non son sinónimos de felicidade, sentimento ao que todos os seres humanos temos dereito e que buscamos continuamente.

~ 15 ~

Page 17: O nome da_rosa.docx jenyteo

2. BIBLIOGRAFÍA Dominicos. (1 de xaneiro de 2013 (actualización)). Wikipedia. Recuperado el 7 de xaneiro de 2013, de

http://es.wikipedia.org/wiki/Dominicos

Duque, V. (s.f.). La Inquisición. Recuperado el 4 de xaneiro de 2013, de Extraído de: www.geocities.com/coloria//c5.htm: http://www.mgar.net/var/inqui.htm

Eco, U. (1985). Apostilas ao Nome da Rosa. Italia: Ed. Lumen S.A.

Giménez, F. (s.f.). Filosofía y educación: cuaderno de materiales. Obtenido de Lecciones sobre Guillermo de Ockham: http://www.filosofia.net/materiales/tem/ockham.htm

Goff, J. L. (1999). Le Goff: A civilización do Occidente Medieval. Ed. PAIDOS IBERICA.

Medieval, H. d. (2011 - 2012). webdianoia. Recuperado el 4 de xaneiro de 2013, de webdianoia: http://www.webdianoia.com/filosofia/medieval.htm

Molina, T. M. (1999). Las cuentas pendientes entre Eco y Borges. Recuperado el 4 de xaneiro de 2013, de Madrid, Espéculo. Revista de estudos literarios. Universidade Complutense de Madrid: http://www.ucm.es/info/especulo/numero13/eco_borg.html

Rosa, E. N. (20 de decembro de 2012). Wikipedia. Recuperado el 4 de xaneiro de 2013, de Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/El_nombre_de_la_rosa

Wikipedia. (21 de outubro de 2012). Orden de San Benito. Recuperado el 4 de xaneiro de 2013, de http://es.wikipedia.org/wiki/Orden_de_San_Benito

~ 16 ~