O primeiro picasso candela, uxía e celtia- marzo 15

16
PICASSO Por: Candela, Uxía e Celtia, alumnas de 6º

Transcript of O primeiro picasso candela, uxía e celtia- marzo 15

PICASSO

Por: Candela, Uxía e Celtia, alumnas de 6º

A LEMBRANZA DE PICASSO

No 2015 lembramos o 120º aniversario da primeira

exposición de Picasso que tivo lugar no mes de

febreiro de 1895 no número 20 da rúa Real.

VIDA

Pablo Picasso chámase en realidade

Pablo Ruíz Picasso. Nace en Málaga en

1881 e morre en 1973 en Mougins en

Francia. Desde moi pequeno lle encanta

debuxar. Esta paixón vénlle do seu pai

que era profesor de debuxo. Pintou o

seu primeiro cadro cando só tiña oito

anos! E aos quince xa tiña o seu propio

taller.

VIDA NA CORUÑA

Viviu na Coruña entre 1891 e 1895,

debido ao traballo do seu pai

como profesor de debuxo na

Escola de Artes e Oficios situada

no instituto Da Guarda. Alí

estudou o neno Picasso. Un dos

seus mestres foi Isidoro Brocos.

COMEZA A DEBUXARAcompañado do seu pai comezou a debuxar ao

“carboncillo” e a “plumilla” os modelos que

encontraba nas rúas coruñesas, especialmente os

camiñantes que paseaban pola praia de Riazor e os

pescadores do porto. Tamén lle gustaban moito as

paisaxes dos arredores da Torre de Hércules, que

pai e fillo chamaban “A Torre de Caramelo”. A

medida que a técnica do xove xenio ía mellorando,

o seu pai animouno a realizar algúns cadros ao

óleo. Estas obras foron as primeiras

verdadeiramente “picassianas”.

Foi unha etapa clave para a súa formación como

artista.

DE BARCELONA A FRANCIA

Despois de vivir na Coruña, a familia trasladouse en 1895 a Barcelona. O pai

obtén un posto de profesor na Escola d’Arts i Oficis da Llotja de Barcelona.

Alí, Picasso ingresou na Escola de Belas Artes. Desexaba estudar as técnicas

pictóricas, pero axiña se deu de conta de que esta forma de aprender non lle

gustaba. El quería ser un artista moderno e crear unha nova maneira de

pintar. Para perfeccionarse, pintou moito,

e inspirouse en todo o que vía nas súas

viaxes a París. No 1904 instálase

definitivamente en Francia.

OBRAS

1.“Paisaxe dos arredores da Torre”

2.“Corrida”

3.“A nena dos pés descalzos”

4.“O retrato do Dr. Pérez Costales”

5.“O home da manta”

1. PAISAXE DOS ARREDORES DA TORRE

2. CORRIDA

3. A NENA DOS PÉS DESCALZOS

4. O RETRATO DO DR. PÉREZ COSTALES

“O retrato do Dr.

Pérez Costales”

(1895). Médico,

exministro e amigo

persoal do pai de

Picasso. No retrato, o

neno píntao relaxado.

5. O HOME DA MANTA

UN VÍDEO DE

PICASSO MOI

INTERESANTE!

AUTORAS

❖ Candela Aneiros Souto

❖ Celtia Río Santos

❖ Uxía Abades Fraga

BIBLIOGRAFÍA e outras FONTESFONTES:

. http://francofolies.over-blog.es/article-picasso-explicado-a-los-ninos-

102997757.html

. http://www.theartwolf.com/articles/picasso-coruna.htm

. http://pablopicassoespanol.blogspot.com.es/2013/03/isidoro-brocos-el-

maestro.html

. http://rosafernandezsalamancapintores.blogspot.com.es/2014/07/pablo-

picasso-para-ninos-cuadros-para.html

VÍDEOS:

. http://youtu.be/mJpb1m0Vb8s

XOGOS:

. http://www.rmn.fr/flash/jeu-picasso/