A LEMBRANZA DE PICASSO
No 2015 lembramos o 120º aniversario da primeira
exposición de Picasso que tivo lugar no mes de
febreiro de 1895 no número 20 da rúa Real.
VIDA
Pablo Picasso chámase en realidade
Pablo Ruíz Picasso. Nace en Málaga en
1881 e morre en 1973 en Mougins en
Francia. Desde moi pequeno lle encanta
debuxar. Esta paixón vénlle do seu pai
que era profesor de debuxo. Pintou o
seu primeiro cadro cando só tiña oito
anos! E aos quince xa tiña o seu propio
taller.
VIDA NA CORUÑA
Viviu na Coruña entre 1891 e 1895,
debido ao traballo do seu pai
como profesor de debuxo na
Escola de Artes e Oficios situada
no instituto Da Guarda. Alí
estudou o neno Picasso. Un dos
seus mestres foi Isidoro Brocos.
COMEZA A DEBUXARAcompañado do seu pai comezou a debuxar ao
“carboncillo” e a “plumilla” os modelos que
encontraba nas rúas coruñesas, especialmente os
camiñantes que paseaban pola praia de Riazor e os
pescadores do porto. Tamén lle gustaban moito as
paisaxes dos arredores da Torre de Hércules, que
pai e fillo chamaban “A Torre de Caramelo”. A
medida que a técnica do xove xenio ía mellorando,
o seu pai animouno a realizar algúns cadros ao
óleo. Estas obras foron as primeiras
verdadeiramente “picassianas”.
Foi unha etapa clave para a súa formación como
artista.
DE BARCELONA A FRANCIA
Despois de vivir na Coruña, a familia trasladouse en 1895 a Barcelona. O pai
obtén un posto de profesor na Escola d’Arts i Oficis da Llotja de Barcelona.
Alí, Picasso ingresou na Escola de Belas Artes. Desexaba estudar as técnicas
pictóricas, pero axiña se deu de conta de que esta forma de aprender non lle
gustaba. El quería ser un artista moderno e crear unha nova maneira de
pintar. Para perfeccionarse, pintou moito,
e inspirouse en todo o que vía nas súas
viaxes a París. No 1904 instálase
definitivamente en Francia.
OBRAS
1.“Paisaxe dos arredores da Torre”
2.“Corrida”
3.“A nena dos pés descalzos”
4.“O retrato do Dr. Pérez Costales”
5.“O home da manta”
4. O RETRATO DO DR. PÉREZ COSTALES
“O retrato do Dr.
Pérez Costales”
(1895). Médico,
exministro e amigo
persoal do pai de
Picasso. No retrato, o
neno píntao relaxado.
UN VÍDEO DE
PICASSO MOI
INTERESANTE!
BIBLIOGRAFÍA e outras FONTESFONTES:
. http://francofolies.over-blog.es/article-picasso-explicado-a-los-ninos-
102997757.html
. http://www.theartwolf.com/articles/picasso-coruna.htm
. http://pablopicassoespanol.blogspot.com.es/2013/03/isidoro-brocos-el-
maestro.html
. http://rosafernandezsalamancapintores.blogspot.com.es/2014/07/pablo-
picasso-para-ninos-cuadros-para.html
VÍDEOS:
. http://youtu.be/mJpb1m0Vb8s
XOGOS:
. http://www.rmn.fr/flash/jeu-picasso/