O sistema solar cmc

23
O Sistema Solar

Transcript of O sistema solar cmc

Page 1: O sistema solar cmc

O Sistema Solar

Page 2: O sistema solar cmc

Índice:

1. Un pouco de historia2. Localización e orixe do Sistema

Solar3. Compoñentes do Sistema Solar4. 2011: Ano do Sistema Solar5. Relación deste tema con outra

disciplina6. Reflexión persoal

Page 3: O sistema solar cmc

1. Un pouco de historia«O home non permanecerá sempre na Terra, a búsqueda da luz e o espazo levaráo a penetrar os límites da atmósfera, tímidamente ao principio, pero ao final para conquistar a totalidade do espazo solar». Konstantín Tsiolkovski

Desde sempre os humanos observamos o ceo. Hai 300 anos Galileo inventou os telescopios. Pero a auténtica exploración do espazo non comezou ata a segunda metade do século XX.Desde entonces lanzáronse moitísimas naves. Os astronautas chegaron á Lúa. Vehículos equipados con instrumentos visitaron algúns planetas e atravesaron o Sistema Solar.

Pegada de Neil Armstrong na Lúa. Foto: NASA

Page 4: O sistema solar cmc

2. Localización e orixe do Sistema Solar

O Sistema Solar é unha ínfima parte da Vía Láctea e atópase nun dos seus brazos, a unha distancia de 28 mil anos luz do centro da galaxia.

A orixe do Sistema Solar explícase mediante o seguinte vídeo (click no cadro para reproducir).

Page 5: O sistema solar cmc

3. Compoñentes do Sistema Solar

Sol

Cometa

Planetas Interiores

Cinturón de asteroides

A Lúa

Planetas Exteriores

Planetas Ananos

Page 6: O sistema solar cmc

O SolÉ a estrela que, polo efecto gravitacional da súa masa, domina o sistema planetario que inclúe á Terra. Como é unha estrela típica que está próxima á Terra, é un recurso extraordinario para o estudo dos fenómenos estelares.

Partes do Sol. Foto: NASA

O Sol. Foto: NASA

Imaxe da Coroa Solar. Foto: NASA

Page 7: O sistema solar cmc

PlanetasExisten dous tipos de planetas no Sistema Solar:

• Rochosos (Mercurio, Venus, A Terra e Marte)• Gasosos (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno)

Planetas rochosos. Foto: NASA Planetas gaseosos. Foto: NASA

Page 8: O sistema solar cmc

MercurioMercurio é o planeta que xira máis cerca do Sol, o que o fai seco, cálido e case sen aire. Aínda que a súa superficie recorda áda Lúa polos seus cráteres, crese que o interior é semellante ao da Terra, composto esencialmente por ferro e outros elementos pesados.

Mercurio. Foto:NASA

Comparación entre Mercurio e a Terra. Foto: NASA

Imaxe da superficie de Mercurio. Foto:NASA

Page 9: O sistema solar cmc

VenusVenus é o obxecto máis brillante do noso ceo, despois do Sol e da Lúa. Nubes arremolinadas de ácido sulfúrico escurecen a superficie de Venus. As sondas determinaron que Venus é o más cálido dos planetas, cunha temperatura na superficie duns 462 ºC.

Comparación de Venus coa Terra. Foto: NASA

Venus. Foto: NASA

Imaxe da superficie de Venus. Foto: NASA

Page 10: O sistema solar cmc

A TerraUnha atmosfera rica en osíxeno, temperaturas moderadas, auga abundante e unha composición química variada permítenlle á Terra ser o único planeta coñecido que alberga vida. O planeta estácomposto de rochas e metais, sólidos no exterior, pero fundidos no núcleo.

Movemento de rotación da Terra. Foto: Creative Commons

A Terra. Foto: NASA

Imaxe satelital da nubosidade da Terra. Foto: NASA

Page 11: O sistema solar cmc

A Lúa

A Lúa. Foto: Photo Researchers, Inc.

Aldrin pon a bandeira de EEUU na superficie lunar. Foto: NASA

Paisaxe lunar. Foto: NASA

A Lúa é o satélite natural da Terra e é o único corpo do Sistema Solar que foi pisado polo home. Ten unha superficie chea de cráteres e irregularidades. Desde a Terra évisible só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases..

Page 12: O sistema solar cmc

MarteEste planeta ten unha atmosfera composta fundamentalmente de dióxido de carbono (CO2) e pequenas cantidades de nitróxeno, osíxeno e vapor de auga. Como a atmósfera émoi pouco consistente, hai unha diferenza nas temperaturas de ata 100 graos entre o día e a noite. Ten unha superficie con moitos cráteres e irregularidades.

Comparación de Marte coa Terra. Foto: NASA Imaxe do cráter Victoria, un dos moitos que presenta a superficie de Marte. Foto:NASA

Marte. Foto: NASA

Page 13: O sistema solar cmc

Xúpiter

Xúpiter e as súas lúas. Foto: NASA

Xúpiter é o maior dos planetas, cun volume de 1.400 veces o da Tierra. As franxas de cor son cinturóns de nubes que revelan correntes atmosféricas fortes. O planeta (arriba á dereita) vese aquí cos seus catro maiores satélites coñecidos: Europa (centro), Ío (arriba á esquerda), Calisto (abaixo á esquerda) e Ganimedes (abaixo á dereita).

Comparación de Xúpiter coa Terra. Foto: NASA

Imaxe da Gran Mancha Vermella de Xúpiter tomada pola sonda Voyager 1. Foto: NASA

Page 14: O sistema solar cmc

Saturno

Saturno. Foto: Liaison Agency

Saturno, que se distingue polos seus aneis, é o segundo planeta máis grande (Xúpiter é o maior) do Sistema Solar. Aínda que o planeta se formou hai máis de 4.000 millóns de anos, sigue asentándose e contraéndose, xerando un calor tres veces maior que o que recibe do Sol. Os famosos aneis de Saturno son unhas bandas moi anchas e moi planas formadas por fragmentos de rochas, gas xeado e xeo.

Comparación de Saturno e a Terra. Foto: NASA Aneis de Saturno. Foto: Robert Harding Picture Library

Page 15: O sistema solar cmc

UranoA cor azul verdosa de Urano débese ao gas metano presente na súa atmosfera fría e clara. Pola forma de xirar do planeta, a noite e o día duran 42 anos cada un.

O eixe de rotación de Urano está de lado con respecto ao plano do Sistema Solar. Esto produce cambios nas estacións dun modo completamente diferente ao dos demais planetas maiores.

O seu sistema de satélites e o menos masivo de entre os dos planetas xigantes.

Urano. Foto: NASA

Pseudo-imaxe dos aneis de Urano. Foto: A. Tayfun Oner

Page 16: O sistema solar cmc

Neptuno

Neptuno. Foto: NASA

Nubes en Neptuno. Foto:NASA

É o oitavo planeta do Sistema Solar. Éo cuarto en diámetro e o terceiro máis grande en masa...Nel atópanse os ventos máis fortes do Sistema Solar. Ten unha atmosfera cun sistema de nubes moi activo.A súa estrutura interna está dividida en capas: capa superior, manto e núcleo.Ten 13 satélites, sendo Tritón o máis importante.

Comparación entre Neptuno e A Terra. Foto: NASA

Page 17: O sistema solar cmc

Asteroides e cometasUn asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico, máis pequeno que un planeta.

Os asteroides forman un cinturón no Sistema Solar: o cinturón de asteroides, situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

Os cometas son corpos celestes constituídos por xeo e rochas que orbitan o Sol seguindo traxectorias elípticas, parabólicas ou hiperbólicas. Proveñen principalmente de dous lugares, a Nube de Oort e o cinturón de Kuiper.

Cometa Halley. Foto:NASACinturón de Asteroides. Foto: NASA Rotación dun asteroide. Foto:NASA

Page 18: O sistema solar cmc

Planetas ananos

Ceres. Foto: NASA Plutón. Foto: NASA Eris. Foto: Creative Commons

Makemake. Foto: NASA

Haumea. Foto: NASA

Estas imaxes corresponden aos planetas ananos do Sistema Solar.

Un planeta anano é aquel corpo celeste que:

•Está en órbita ao redor do Sol.

•Ten suficiente masa para que a súa propia gravidade supere a forza de corpo ríxido, de maneira que adquira un equilibrio hidrostático (forma case esférica).

•Non é un satélite dun planeta ou doutro corpo non estelar.

•Non limpou a vecindade da súa órbita.

Page 19: O sistema solar cmc

4. 2011: Ano do Sistema Solar

Sonda Juno na órbita de Xúpiter. Foto: NASA

2011 é o ano no que se levan a cabo máis misións para investigar, coñecer e entender o Sistema Solar. Tanto éasí, que a NASA xa o bautizou como o Ano do Sistema Solar . Dura 23 meses xa que comezou en outubro de 2010 e finalizará en agosto de 2012,Algunhas destas misións son a Hartley 2, a Juno e a O/OREO.

Page 20: O sistema solar cmc

5. Relación deste tema con outra disciplina

Enrique y Ana- La canción de los planetasM-Clan - Llamando a la Tierra

O Sistema Solar é o tema central de moitas cancións e libros. Como exemplos podemos nomear os seguintes:

Ademais disto, numerosos artistas reflexaron a súa visión do Sistema Solar nos seus cadros.

Cadro do Sistema Solar. Fonte: aidegdev.wordpress.com

Marte, descubriendo los secretos del planeta rojo. (Paul Raeburn y Golombek) Ed. National Geographic

Música:

Libros :

Page 21: O sistema solar cmc

6. Reflexión persoalA exploracion espacial é moi importante polos chamados spin-offs. Vexamos algúns exemplos nas seguintes imaxes.

Pero ademais diso, explorar o espazo permítenos saber o que hai máis alá da Terra e intentar desenvolver novas formas de vida fora do noso planeta.

Page 22: O sistema solar cmc

Fontes de información

• Wikipedia•Solarviews.com•NASA•Blog "Ventana al Universo“•Enciclopedia Encarta 2009

Estación espacial internacional. Foto:NASA

Page 23: O sistema solar cmc

Créditos:

Tamara Castro LópezÓscar Gayoso ValínDavid Morado AriasMarta Prado ÁlvarezCynthia López Novo

IES Ánxel Fole-1º de BAC-A