O U R E - Eixo Atlanticoantigua.eixoatlantico.com/sites/default/files/Programa Capital... · Taller...

29

Transcript of O U R E - Eixo Atlanticoantigua.eixoatlantico.com/sites/default/files/Programa Capital... · Taller...

OrganizaConcello de OurenseEixo Atlántico do Noroeste Peninsular

Agradecemos a colaboración do tecido asociativo da cidade de Ourense, integrado no Consello Municipal da Cultura.Agradecemos a especial colaboración da Cámara Municipal de Vila Real, cidade irmá desde 1982.

OU

R EN

S E

2014, previsiblemente será o ano que marque o inicio da recuperación, ou canto menos, así o esperamos e desexamos. Sen embargo, a recuperación ten que ir acompañada dun novo modelo político e social, onde os cidadáns que temos sido as principais vítimas da crise, xoguemos un papel protagonista no modelo de xestión social e económica, que preveña arepetición de vellos erros que nos poidan conducir a revivir situacións non desexadas.

Neste novo modelo de xestión política e social, a cultura debe xogar un papel protagonista; non só polo respecto que supón á nosa historia e á conservación dos nosos sinais de identidade, senón porque a cultura constitúe un importantísimo motor de actividade económica e de xeración de emprego.

Por iso, cando falamos de cultura, non falamos soamente de consumo cultural para facer unha sociedade máis xusta e máis libre, senón de produción cultural ou o que é o mesmo, de industrias creativas. E é por todo isto polo que apostamos claramente por configurar o Eixo Atlántico como un territorio creativo cunha crecente participación dos axentes sociais e culturais, filosofía que cristaliza na Capital da Cultura que neste ano ten a Ourense como a sede máis idónea xa que, parafraseando a un ourensán célebre, Otero Pedrayo, “A historia cultural de Ourense configura a quinta esencia da Eurorrexión”.

Carlos NegreiraPresidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

Ourense é a primeira cidade galega en ser Capital Cultural do Eixo Atlántico, logo das cidades portuguesas de Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo. É, evidentemente, algo do que nos debemos sentir orgullosos, pero non é máis que o reflexo da potencialidade que ten a nosa cidade. Queremos pór Ourense no mapa dos galegos, das galegas, da veciñanza portuguesa, para animalos a vir á cidade, a descubrir un espazo fermosísimo e con moito que facer.

E moito do que se pode facer en maio e xuño deste ano na cidade aparece recollido nesta axenda cultural, cunha programación ambiciosa pese ás dificultades económicas e que, grazas á colaboración de diferentes entidades, recolle unha manchea de propostas, en todos os eidos. Poderemos gozar de boa música, de fantásticas exposicións, das festas máis tradicionais, de propostas de vangarda. E todo terá o seu punto álxido nas Festas da cidade, nos últimos días de xuño.

Agardámosvos. Ourense agárdavos. A Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico é unha boa oportunidade para descubrir unha cidade. Mais, agardamos que non sexa máis que a primeira doutras moitas visitas.

Ana Garrido RodríguezConcelleira de Educación e Cultura do Concello de Ourense

É para min, como alcalde de Ourense, unha honra poder presentar unha programación de actividades da Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2014. Somos a primeira cidade galega en recoller esta distinción e pretendemos facer chegar esta axenda á cidadanía do Eixo, das cidades galegas e portuguesas que están próximas a nós, nun radio de pouco máis de cen quilómetros.

No desenvolvemento do proxecto cultural ao longo deste tempo na cidade, pretendimos a colaboración dos diferentes axentes culturais do Eixo, tecendo unha grande rede cultural que vai do norte ao sur voando sobre o Miño, na que as diferentes entidades fan parte dun frente común: valoramos o gran traballo que no eido cultural fan pequenos e grandes colectivos, que nós como Administración debemos publicitar e difundir e aos que facemos copartícipes e colaboradores necesarios e aos que quero agradecer o seu compromiso e esforzo para por en valor o arte, o desenvolvemento da cultura a pequena, mediana e gran escada e ser a fonte onde se unen o mellor da nosa tradición e acervo e a loita polo futuro e o progreso.

Así pois, recollimos propostas de diferentes colectivos, aos que se lle agradece a súa achega, pomos sobre a mesa novas propostas destinadas a todos os públicos e, ao tempo, invitamos a que as xentes do Eixo nos veñan coñecer, que veñan á Capital Termal de Galicia, Ourense, que os recibirá cos brazos abertos, especialmente coa cidade irmá de Vila Real, que se volcou con nós neste proxecto.

Gustaríame animar aos nosos veciños e veciñas a unirse a nós nesta honra que implica presidir culturalmente o Eixo Atlántico ao longo do ano 2014, potenciando o que nos vencella coma vilas e cidades irmás e para que a nosa cidade de auga e historia amose máis alá de nós todo o noso potencial.

Agustín Fernández GallegoAlcalde de Ourense

2 MAIO // VENRES

Entre os días 1 e 4 de maio terá lugar na Praza Maior a Feira Gastronómica dos Maios 2014. Produtos típicos, degustacións, gastronomía, postos de venda...Organiza: Produccións Litoria

Feira de ArtesaníaLugar: Xardíns Bispo CesáreoOrganiza: ADAO12:00h / 18:00hEsculturas artísticas de mimbre por Idoia Cuesta

XII Festa do TrenLugar: Rúa Canle s/nOrganiza: CarrileirosPatrocina: Foula Cultural23:00hIII Noite do Shangai ExpressCirculación de trens emulando as viaxes nocturnas do espreso Galicia-Barcelona nos anos 50.

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

30 ABRIL // MÉRCORES

Inauguración Oficial da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

11:00hAlborada pola cidade a cargo dos “Trovadores da raia” (Vila Real)

Feira de Artesanía Lugar: Xardíns Bispo CesáreoOrganiza: ADAO11:00h / 18:00hObradoiro elaboración instrumentos musicais por Xosé PiñeiroTaller de talla de madeirapor Roberto FigueiraEscola de tearespor Concha Cuteriño

Mostra das Cidades do EixoExposición fotográficaLugar: Xardins Bispo Cesáreo

14:00hInauguración da X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico Lugar: Auditorio Municipal

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario de OurenseOrganiza: Sarabela Teatro

1 MAIO // XOVES

Día do Traballo

Mes de animación á lectura dedicado ao cómicOrganiza: Concellería de Educación+ info: www.educacionourense.com

Feira de Artesanía Lugar: Xardíns Bispo CesáreoOrganiza: ADAO11:00h / 18:00hObradoiro elaboración instrumentos musicais.Taller de talla de madeira

XII Festa do TrenLugar: Rúa Canle s/nOrganiza: CarrileirosPatrocina: Foula Cultural11:30 a 13:30hCirculación Especial de trens19:00hInauguración do sinal avanzada 19:30h“Pare, escute, olhe” Documental de Jorge Pelicano

Feira Gastronómica dos MaiosLugar: Praza Maior

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

XII Festa do Tren Lugar: Rúa Canle s/nOrganiza: CarrileirosPatrocina: Foula Cultural11:00h a 13:00h / 17:00h a 20:00hXI Xuntanza Nacional de Trens Modelismo tripulado-vía de 5

22:30h Concerto folkBrañas Folk e CoanhadeiraLugar: Xardíns Padre Feijoó

3 MAIO // SÁBADO

Feira de ArtesaníaLugar: Xardíns Bispo CesáreoOrganiza: ADAO18.00h Fiadeiro: proceso do liño pola Asociación Mulleres da Veiga e cantareiras de Castro Floxo. 19.45h Ruada: Banda de gaitas da Veiga ata a Praza de San Martiño.Baile tradicional: Rancho folclóri-co de Cantareu (Vila Real) e Castro Floxo (Ourense).

Feira Gastronómica dos MaiosLugar: Praza Maior

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

Feira de ArtesaníaLugar: Xardíns Bispo CesáreoOrganiza: ADAO

XII Festa do Tren Lugar: Rúa Canle s/nOrganiza: CarrileirosPatrocina: Foula Cultural11:00h-13:30h Día dos pequenos ferroviarios onde ademais de circulacións dos trens, os mais cativos poderanse fotografar vestidos de maquinistas ou de xefes de estación.

Celebración dos Maios 2014 Lugar: Rúas Paseo e Lamas CarvajalA celebración dos Maios é unha importante parada no Ciclo Festivo Ourensán, e foi declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2001. Tradicionalmente os Maios expóñense durante o día, e ao seu carón cántanse as coplas compostas para a ocasión. Finalmente ten lugar o concurso para elixir o mellor Maio artístico, enxebre, escolar e as mellores coplas.

4 MAIO // DOMINGO

Feira Gastronómica dos MaiosLugar: Praza Maior

19:00hConstelacionesCompañía: AracaladanzaLugar: Auditorio MunicipalPúblico: familiar

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario

12.00 Canto de coplas ao lado dos maiosLugar: Rúas Paseo e Lamas Carvajal

18.00 Entrega de premiosLugar: Xardíns Padre Feijoó

Portugués pertoLugar: Sala Marie Curie, Edificio Politécnico20:15h“Os contos de Joselín, primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1949)”20:30hQuico Cadaval con “Nove illas ou dez (das Cotovías)”Organiza Vicerreitoría do Campus de Ourense

20:30h a 22:00hClube Literario Alveiros Reunión para falar da novela “Crónica triste de névoa” de Joâo Madureira.Lugar: Casa de María AndreaOrganiza Fundación Vicente Risco

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario

5 MAIO // LUNS

MITEUNaceu como unha Mostra de teatro universitario que xa vai pola súa XIX edición e co tempo vai transformán-dose nun conglomerado cultural cun núcleo de teatro universitario pero cun incremento considerable na progra-mación de teatro profesional unido a concertos, exposicións, conferencias, encontros,cursos, animacións… Rúa, Auditorio, Teatro Principal, Campus, locais, reciben á MITEU. Música,

danza, circo, maxia, cine … encontran cabida na Mostra que se achega ás 30 actividades programadas en cada edición. O seu ámbito fundamental de acción é a Península Ibérica, pero teñen asistido grupos dos cinco con-tinentes e en cada edición aumentan os grupos invitados doutros lugares.+ info e programa: www.miteu.es

20:30h / 23:00hCine no Eixo: “Arraianos”, de Eloy Enciso (Galicia 2012) Lugar: Biblioteca Pública NodalOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

22:00hFestival de JazzHugo Alves Cuarteto + Eric AlexanderLugar: Café Latino

6 MAIO //MARTES

16:30h a 20:30hReunión Xestores Culturais do Eixo Atlántico Búscase poñer en contacto a profesionais de distintos eidos de cultura para favorecer o intercambio de experiencias e fomentar o debate horizontal, neste caso entre xentes de moi diferentes lugares, o que pode enriquecer aínda máis o debate.Lugar: Magma EspacioOrganiza: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

18:00hCine na Universidade“A Vizinha do lado”, de Antonio Lopes Ribeiro (Portugal 1945). Dentro da actividade Portugués PertoLugar: Sala Emilia Pardo BazánOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario

7 MAIO //MÉRCORES

18:00h / 20:30h / 23:00hCine no Eixo “América (unha historia ben portuguesa)” de Joâo Nuno Pinto (Portugal 2010)Lugar: Biblioteca Pública NodalOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

19:00hPortugués Perto“Corasons” Documental + concerto con Carlos Blanco, Dani juncal, Najla Shami, Xoan Curiel, Uxía, Paco Abelleira, Magín Blanco, Tatán, Pablo Vidal, Sérgio Tannus e Isaac PalacínLugar: Sala Marie Curie, Edificio Politécnico

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario

18:00hCine na Universidade “Azucre aparte” de Basel Ramsis (Exipto 2014) Especial MITEULugar: Sala Emilia Pardo BazánOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

20:30hCiclo de música de cámara Moscow Piano Quartet Desde 1990 buscan o seu principal obxec-tivo: divulgar todas as obras escritas para violín, viola, violonchelo e piano, desde o período clásico ata aos nosos dias, incluindo as menos coñecidas.Lugar: Teatro PrincipalOrganiza: Concellería de Cultura

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario

9 MAIO // VENRES

11:30hAlberto Mvundi con escolares de Ourense e PortugalLugar: Auditorio MunicipalOrganiza: SNL do Concello de Ourense e IES O Couto

20:00hBanda Municipal de OurenseLugar: Praza de San Martiño.

MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario

8 MAIO // XOVES

X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico Exposición itinerante das obras finalistas do X Bienal na que concorren artistas naturais ou residentes das rexións que integran o Eixo Atlántico. + info: www.eixoatlantico.com

I Maratón de Fotografía Cidade de Ourense 2014 – Ourense Capital Cultural do Eixo Atlántico Co gallo da Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense organiza en colabo-ración con laddo.es, o primeiro maratón de fotografía Cidade de Ourense 2014.Trátase de fotografía urbana (ou street photography), un xénero que tenta captar situación cotiás en lugares públicos, como rúas ou parques. Fotógrafos tentando cap-turar o modo no que a súa xente, en tanto que actores, interactúa con el. É a fotografía como testemuña con diferentes escenarios e diferentes actores. O tempo transforma a escena, dispara primeiro, pregunta despois.

10 MAIO // SÁBADO

17:30hCampanilla Musical familiarLugar: Auditorio Municipal

11 MAIO // DOMINGO

12:00hBailando con ContosTeatro infantilLugar: Auditorio Municipal

I Maratón de Fotografía Cidade de Ourense 2014 – Ourense Capital Cultural do Eixo Atlántico

12 MAIO // LUNS

10:30h Portugués perto“O galego é uma oportunidade” Jose Ramom Pichel e Valentim FagimLugar: Edificio Xurídico-Empresarial

20:30h / 23:00hCine no Eixo: “O quinto Evanxeo de Gaspar Hauser” de Alberto Gracia (Galicia 2013)Lugar: Biblioteca Pública NodalOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

20:30h a 22:00hClube Literario Alveiros Reunión para falar da novela “Crónica triste de névoa” de Joâo Madureira.Lugar: Casa de María Andrea

10:00hTrogloditas EscolaresLugar: Auditorio Municipal

10:30h /12:00hConcerto didáctico do Festival de Jazz Romaní-Mitchell Swing SerenadersLugar: Auditorio Municipal

18:00hCine na Universidade“Saltimbancos”, de Manuel Guimarâes (Portugal 1951) Lugar: Biblioteca Pública NodalOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

19:30hEn galego; medios de comu-nicación escritos: creación, edición e difusiónÁlvarez Pousa (Teima, Tempos Novos), Novas da Galiza, Xabier Paz (Livraría Torga)Lugar: Edificio de Ferro, Campus de OurenseOrganiza: Galiza em Punk

20:00hPortugués perto Alberto Mvundi + bandaLugar: Sala Emilia Pardo Bazán

22:00hFestival de JazzRomaní-Mitchell Swing SerenadersEntrada gratuitaLugar: Café Latino

13 MAIO // MARTES

14 MAIO // MÉRCORES

10:30h /12:00hConcerto didáctico do Festival de Jazz Romaní-Mitchell Swing SerenadersLugar: Auditorio Municipal

12:00hCorrelingua 2014 Actividade de carácter nacional que transita a través dunha a doutra localidade cun denominador común que é a dinami-zación lingüística da mocidade.Lugar: Auditorio Municipal

22:00hFestival de JazzJorge Pardo, Javier Colina, Carmona e “Bandolero”Lugar: Café Latino

15 MAIO // XOVES

20:00h“Ourense ten nome de muller” Roteiro por la cidade dentro das actividades das Letras GalegasLugar: Praza MaiorOrganiza: Galiza em Punk

18:00hCine na Universidade“Belarmino”, de Fernando Lopes (Portugal 1964). Lugar: Sala Emilia Pardo BazánOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

21:00hTasca e literatura 2014 Sonia Moral, Vitor Viñal, Guillerme Alén, Jaime Moreda, Victor Gulías e a música de Heitor Real e BernardoMarques.Lugar: Café Cultural Auriense

Letras Galegas 2014

20:00hInauguración actividades no Claustro de San FranciscoLugar: Claustro de San Francisco20:30h Concerto 2 na Fronteira“Un zapatiños para Díaz Castro”21:30hAmbigú das Letras Galegas22:00hConcerto grupo Terra Morena

16 MAIO // VENRES

12:00h Desfile da Mostra da Nosa Señora da Agonía de Viana do CasteloLugar: Paseo a Praza Maior

11:00hInauguración actividades Letras GalegasLugar: Praza de San Martiño

12:00hConcerto Banda Música e lectu-ra textosLugar: Praza de San Martiño.

13:00hConcerto coralLugar: Praza de San Martiño

MAIO // SÁBADO

20:00hLectura poemasLugar: Área das Burgas

20:30h “Desasossego”, por Teatro Dandylady, con música de Pessoa

21:00hThe Other Side “A Pink Floyd Live Experience”Lugar: Auditorio Municipal

21:30hAmbigú das Letras Galegas

22:00hFantoches Baj “O asombro de Díaz Castro”

Letras Galegas 2014. É unha data na que se organizan actividades para conmemorar a nosa lingua. O motivo é que tal día como este, no ano 1863 tivo lugar a presentación da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcou o inicio do Rexurdimento cultura galego. Cada ano se adica a unha figura representativa que destacou na promoción e defensa da lingua galega. Este ano o autor homenaxeado é o poeta dos Vilares de Parga (Guitiriz) Xosé María Díaz Castro

17

12:00hCairNovo CircoLugar: Museo Municipal

19:00h a 21:00hInauguración Exposición A Nosa Música EnREDada Ourense Exposición interdisciplinar onde se integran arte, música, historia e lingua. O eixo central é a musica ga-lego-portuguesa, onde se poderán representar desde os instrumentos dos pórticos medievales, aos troba-dores, as gaitas ou grupos actuais como Luar na Lubre, Berrogüetto, María do Ceo ou Cristina Pato entre outros.Lugar: Liceo de OurenseComisaria: Diana Martínez

20:30h a 22:00hClube Literario Alveiros Reunión para falar da novela “Crónica triste de névoa” de Joâo Madureira.Lugar: Casa de María Andrea

20:30h / 23:00hCine no Eixo“Vikingland”, de Xurxo Chirro (Galicia 2011)Lugar: Biblioteca Pública NodalOrganiza: Cineclube Padre Feijoó

18 MAIO // DOMINGO 19 MAIO // LUNS 21 MAIO // MÉRCORES

22:00hFestival de Jazz Diego Amador Trío e Liberty FortunyLugar: Café Latino

22 MAIO // XOVES

22:00hFestival de Jazz: Tony Micely Trío Lugar: Café Latino

23 MAIO // VENRES

20:00hBanda Municipal de OurenseLugar: Praza de San Martiño

20:30hReal Filharmonía de GaliciaLugar: Auditorio Municipal

24 MAIO // SÁBADO

20:30hXX Aniversario Queixume dos PinosLugar: Auditorio Municipal

22:00hFestival de Jazz Chano Domínguez Trío Concierto públicoLugar: Praza Santa Eufemia

21:30hConcerto Letras Galegas Crim (punk-rock, Tarragona), Sem Resposta (hardcore, Vigo), Maskarpone (ska/reggae, Ourense) O Sonoro Maxín (cumbia e outras músicas, Ourense) Lugar: Praza de Saco e ArceOrganiza: Galiza em Punk

25 MAIO // DOMINGO

20:30hCabarets de Mans Teatro infantilLugar: Auditorio Municipal

30 MAIO //VENRES

20:00hBanda Municipal de Ourense Praza de San Martiño

Clube Literario Alveiros Cea-diálogo co autor Joâo MadureiraLugar: María Andrea

I Concurso de pintura rápida Cidade de Ourense–Ourense Capital Cultural do Eixo Atlántico

Ourense é neste 2014 a Capital Cultural do Eixo Atlántico, motivo que terá a súa máxima expresión nos meses de maio e xuño. Desta forma a vella Auria convértese tamén en capital dunha das manifestacións culturais máis fermosas, a pintura. A Concellería de Cultura organiza o “I Concurso de Pintura Rápida Cidade de Ourense”, onde o elemento debe ser “Ourense zona vella” e o seu ambiente. As técnicas e o estilo son libres.

31 MAIO // SÁBADO

12:00hCroac Teatro InfantilCompañía: Pinga TeatroLugar: Auditorio Municipal

2 XUÑO // LUNS

Inauguración ExposiciónOs Nosos fondos Mostra de escultura e pintura dos fondos do Museo Municipal, 25 pezas históricas de artistas nosos con recoñecido prestixio.Lugar: Sala Valente

1 XUÑO // DOMINGO

PREMIOS LITERARIOS 4 e 6 de xuño

Coincidindo coa semana da Feira do Libro preséntanse as obras gañadoras do pasado ano 2013 dos Premios Literarios, que son por un lado o de Poesía Cidade de Ourense – que neste 2014 acada a súa XIX edición -, e por outro o Premio Risco de Creación Literaria – XIV edición no 2014 -. Tamén se anunciarán as obras gañadoras correspondentes a este ano.

3 XUÑO // MARTES

Feira do LibroLugar: Alameda do ConcelloOrganiza: Asociación de Libreiros de Galicia

4 XUÑO // MÉRCORES

Feira do LibroLugar: Alameda do Concello20:00hXIV Premio Risco de Creación Narrativa Presentación do libro gañador: “Peinador” de Rubén Martínez AlonsoOrganiza: Asociación de Libreiros de Galicia

Feira do LibroLugar: Alameda do ConcelloOrganiza: Asociación de Libreiros de Galicia

12:00hConmemoración do Día do Medio “O Bosque do Eixo”: Plantación de diferentes especies representativas das cidades do EixoLugar: Xardín Botánico do Montealegre

20:30hCiclo de Música de Cámara Remix ensemble Casa da Música de Porto Conxunto de música contemporánea que desde a súa fundación no ano 2000 xa estreou máis de 85 obras, e conta con 10 discos editadosLugar: Teatro PrincipalOrganiza: Concellería de Cultura do Concello de Ourense

6 XUÑO // VENRES

Feira do LibroLugar: Alameda do Concello20:00hPresentación do gañador do XXIX Premio de Poesía Cidade de Ourense: “Um pouco acima da miséria” de Amadeu BaptistaOrganiza: Asociación de Libreiros de Galicia

12:00hInauguración XVII Expo Filatélica IBEREX 2014 Instalación dunha Estafeta Temporal de Correos en horario de mañá e tardePresentación dos selos:“Ourense capital Cultural Eixo Atlántico 2014” e “Auditorio Municipal de Ourense”Lugar: Auditorio Municipal

20:00hBanda Municipal de Ourense Lugar: Praza de San Martiño

21:00hFesta da Poesía no LiceoCea-Recital Anxo Rei canta ao poeta Antón Tovar “A rabela da pluma”Lugar: Liceo de Ourense

7 XUÑO // SÁBADO

Feira do LibroLugar: Alameda do ConcelloOrganiza: Asociación de Libreiros de Galicia

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal19:00hConferencia: “A filatelia no século XXI” por D. Paulo Sá Machado, Presidente de UFINOR

8 XUÑO // DOMINGO

Feira do LibroLugar: Alameda do ConcelloOrganiza: Asociación de Libreiros de Galicia

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal13:00hPresentación do selo: “Escudo do Concello de Ourense”

5 XUÑO // XOVES

XVII Expo Filatélica IBEREX 2014Mostra filatélica que se vén organizando e realizando en estreita colaboración coa Uniao de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal (UFINOR). A celebración é cada dous anos e participan expositores de toda Galicia e Portugal, estreitando uns lazos culturais dignos de ser destacados e merecentes de acadar o maior apoio, ante os éxitos na defensa e difusión da nosa cultura galega e portuguesa.http://sociedadmino.wordpress.com/iberex-2014/

9 XUÑO // LUNS

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal

10 XUÑO // MARTES

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal

11 XUÑO // MÉRCORES

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal19:00hMesa redonda: “A presenza de Ourense na filatelia”

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal18:00hAprendendo cos selos: Curtametraxe e xogo interactivo para nenos e mozos.

12:00h a 14:00h / 17:00h a 21:00hOutlet Cultural Trátase dunha feira pensada para o acceso a produtos culturais que non son habituais atopar nos establece-mentos comerciais.Lugar: Alameda do Concello

12 XUÑO // XOVES 13 XUÑO // VENRES

12:00h a 14:00h / 17:00h a 21:00hOutlet CulturalLugar: Alameda do Concello

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal18:00hMesa redonda: “A filatelia ponte in-terxeracional de unión entre culturas”

20:00hBanda Municipal de OurenseLugar: Praza de San Martiño

20:30hCoral de Ruada Lugar:Teatro Principal

20:30hBicipaseo patrimonialSaída Praza MaiorOrganiza: Bilurico, Xeitura e Vou Axenda

14 XUÑO // SÁBADO

12:00h a 14:00h / 17:00h a 21:00hOutlet CulturalLugar: Alameda do Concello

10h a 14h e de 17h a 21hXVII Expo Filatélica IBEREX 2014

Clube Literario Alveiros Visita guiada polo autor Joâo Madureira polos lugares nos que transcorre a obra “Crónica triste de névoa”

Inauguración Exposición Fotográfica Aos olhos de Eduardo Eduardo Teixeira Pintos (1933-2009) Selección de fotografías representativas do percurso de Eduardo Teixeira, un dos mellores e máis galardoados fotógrafos portugueses do século XX. Os temas principais que trata sona natureza e a figura humana.Lugar: Museo MunicipalOrganiza: Fundación Vicente Risco

15 XUÑO // DOMINGO

12:00h a 14:00h / 17:00h a 21:00hOutlet CulturalLugar: Alameda do Concello

XVII Expo Filatélica IBEREX 2014Lugar: Auditorio Municipal13:00hClausura da exposición e entrega de trofeos

20 XUÑO //VENRES

20:00hBanda Municipal de OurenseLugar: Praza de San Martiño

23:00hXVII Ourense Dance Dúas horas de música, Dj e moitas sorpresas para a mocidadeLugar: Xardín do PosíoOrganiza: Cadena 100

Derrame RockLugar: ExpourenseConsultar cartel en:www.festivalderramerock.com

21 XUÑO // SÁBADO

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: ourensecultura.com

20:30hVII Certame de RuadaCoral de Barro (Portugal), Cantigas da Terra (A Coruña), Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)Lugar: Teatro Principal

Derrame RockLugar: ExpourenseConsultar cartel en:www.festivalderramerock.com

Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF, siglas que pertencen ao acrónimo Ourense Film Festival) presenta anualmente unha escolla das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa, América Latina e do resto do mundo. O OUFF recibe cada ano traballos procedentes dun cento de países, cuxo denominador común é a temática comprometida e a innovación nas formas.http://www.ouff.org/

achégase o

19OUFF Inscribe a túa película online ata o1de setembro

23 XUÑO // LUNS

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

24 XUÑO // MARTES

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

20:30hRoteiro AVO: Casa do Pobo-As BurgasLugar: Xardín do Posío

22 XUÑO // DOMINGO

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

20:00hBanda Municipal de Ourense Lugar: Praza de San Martiño

25 XUÑO // MÉRCORES

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

20:30hBanda Municipal de OurenseLugar: Praza de San Martiño

26 XUÑO // XOVES

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

Feira Medieval Galego-PortuguesaLugar: Centro histórico da cidade

29 XUÑO // DOMINGO

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

Feira Medieval Galego-PortuguesaLugar: Centro histórico da cidade

23:00hConcerto Coral de Ruada e Os MelidaosLugar: Praza Maior

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

Feira Medieval Galego-PortuguesaLugar: Centro histórico da cidade

12:00hBanda de Música de Vila RealLugar: Rúa do Paseo

20:00h-21:30hExhibición de ximnasia na rúaLugar: Praza Cruz Vermella

22:00hBanda Municipal de Ourense Música para bailarLugar: Praza de San Martiño

22:00hBurgasFest: Concerto La Mala Rodríguez, Dealema + Woyza, Comando Katana, Aid, 96´ers, Cambio ExtremoLugar: Xardín do Posío

27 XUÑO // VENRES

BurgasFestO proxecto BurgasFest nace ante a necesidade de crear un espazo específico para o desenvolvemento artístico das artes englobadas dentro da denominada Cultura Urbana

28 XUÑO // SÁBADO

Festas de Ourense 2014Consulta programación na web: www.ourensecultura.com

Feira Medieval Galego-PortuguesaLugar: Centro histórico da cidade

12:00hBanda Municipal de Ourense Lugar: Praza de San Martiño

16:00h a 21:00hActividades BurgasFest Street basket, graffitis, skate, BMX, urban danceLugar: Pavillón Os Remedios

21:00hConcerto BurgasFestGarcía MC (Dios ke te Crew)Lugar: Pavillón Os Remedios

EXPOSICIÓNS

MÚLTIPLE. A arte do gravado de Picasso a Barceló Percorrido polos grandes xenios do século XX, Picasso, Dalí, Miró ou Tapies entre outros, da man de 52 obras gráficas pertencen-tes aos Fondos da Fundación Novacaixagalicia.

Autores: Picasso / Dalí / Miró / Tapies / Maruja Mallo / Luis Seoane / Chillida / Antonio Saura / Rafóls Casamada / Equipo Crónica / Miquel Barceló…

Datas: Do 10 de marzo ao 29 de xuñoOrganiza: Fundación NovacaixagaliciaLugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia OurenseHorarios: De luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas. Sábados, domingos e festivos, de 12 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas

X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico Exposición itinerante das obras fina-listas do X Bienal na que concorren artistas naturais ou residentes das rexións que integran o Eixo Atlántico.

Autores: Raúl Álvarez / Jorge Alexandre Carvalho / Eugenia Cuéllar / Juliana Ribeiro / Ana Catarina Oliveira / Antía Barba / Antón Iglesias / António Santos / Arantza Pardo / Beatriz Seijo / Filipe José da Silva / Francisco Oten / Fruela Alonso / Gil Maia / Henrique Nuno Adriano Lopes / Javier Pena / João R. Ferreira / José Navas Aranda / José Rosinhas / María Cristina Fernández / Maria Trabulo / Paula Noya / Raquel Iglesias / Raquel Martínez / Raúl José Oliveira / Senén Olano / Tiago Cruz / Tiago Gomes /

Datas: Do 30 de abril ao 30 de xuñoOrganiza: Eixo Atlántico do Noroeste PeninsularLugar: Auditorio Municipal

Exposición A Nosa Música EnREDada Ourense Exposición interdisciplinar onde se integran arte, música, historia e lingua. O eixo central é a musica ga-lego-portuguesa, onde se poderán representar desde os instrumentos dos pórticos medievales, aos troba-dores, as gaitas ou grupos actuais como Luar na Lubre, Berrogüetto, María do Ceo ou Cristina Pato entre outros.

Datas: Do 19 ao 25 de maioComisaria: Diana MartínezLugar: Liceo de OurenseHorarios: 19.00 a 21.00

Exposición Os Nosos fondos Mostra de escultura e pintura dos fondos do Museo Municipal. 25 pezas históricas de artistas nosos con recoñecido prestixio.

Autores: Prego de Oliver / Luis Vazquez Travazo / Xaime e Antonio Quessada Porto / Carlos Vello / Alexandro / Vidal Souto / Virxilio / Alturo Baltar / Laxeiro / Carlos Bóveda / Manuel Buciños / Xosé Cid / Ramón Conde / Ignacio Basallo / Acisclo Manzano / Xurxo Ouro Claro / Xosé Lois de Dios / Conde Corbal / Aurelio Iglesias / Paco Pestana / Moncho Borrajo / Xavier Pousa / Antón Pulido ...

Datas: A partir do 4 de xuñoLugar: Sala Valente Museo MunicipalHorarios: Martes a domingo: 11:00 a 13:30 e 18:30 a 21:30 (domingos pola tarde pechado)Organiza: Museovv Municipal

Exposición Fotográfica: Aos olhos de Eduardo Selección de fotografías representati-vas do percurso de Eduardo Teixeira, un dos mellores e máis galardoados fotógrafos portugueses do século XX. Os temas principais que trata son a natureza e a figura humana.

Autor: Eduardo Teixeira Pintos (1933-2009)

Datas: Do 14 de xuño ao 30 de septembroLugar: Museo MunicipalHorarios: Martes a domingo: 11:00 a 13:30 e 18:30 a 21:30 (domingos pola tarde pechado)Organiza: Fundación Vicente Risco

Exposición Permanente: Vidas entrecruzadas Proposta solidaria e multidisciplinar a prol de Médicos sen Fronteiras artillada coa complicidade do Museo Municipal de Ourense que engloba música, literatura e artes plásticas.

Autor: Varios

Rafael CachaldoraPintura.Datas: Ata o 25 de maio

Eduardo Ortum e Armando MartínezPintura e escultura.Datas: A partir do 30 de maio

Lugar: Museo MunicipalHorarios: Martes a domingo: 11:00 a 13:30 e 18:30 a 21:30 (domingos pola tarde pechado)

Que ver?

toda a información enwww.ourense.travel

www.ourense.es

Claustro de San FranciscoRúa Emilia Pardo Bazán, s/nHorarios: De martes a sábado de 11.30 a 13.30h e 17.00 a 20.00h Domingos: 11.30 a 13.30hLuns e festivos pechadoComplexo Cultural de San FranciscoRúa da Canle s/nHorarios: Domingos: 11.30 a 13.30

Conxunto Arqueolóxico de San ToméRúa de Santomé, 22

Edificio Xurídico-Empresarial Campus de Ourense

Espazo expositivo Arturo BaltarPraza de San Cosme e San DamiánHorarios: De luns a venres de 12.00 a 14.00h

ExpourenseFinca Sevilla s/n.

Liceo de OurenseLamas Carvaja, 5

Magma EspacioRúa Bedoya, 27

As Burgas Centro de interpretaciónRúa do Vilar, 8Horarios:10.00 a 14.00h e 17 a 21.00h Luns pechado. Bulevar termal de 9 a 21h

Auditorio Municipal Ourense Rúa da Canle, 2

Biblioteca Pública NodalRúa Concello, 13

Café Cultural AuriensePraza do Corregedor, 11

Café LatinoPraza Santa Eufemia, 7

Casa de Maria AndreaPraza Eironciño dos Cabaleiros

CatedralXoán de Austria s/n

Centro Social Fundación Novacaixagalicia OurensePraza Maior, 4

ENDEREZOS Museo Municipal de OurenseRúa Lepanto, 8

Pavillón Os RemediosAvda. Pardo de Cela, 2

Parque de MontealegreCamiño do Montealegre s/nHorarios: Martes a domingo: 10.00 a 21.00h Luns pechado

Sala Marie Curie Edificio Politécnico, Campus Universitario de Ourense

Sala ValenteRúa do Paseo, 20

Sala Emilia Pardo Bazán Edificio de Ferro, Campus Universitario de Ourense

Teatro PrincipalRúa da Paz, 9

Universidade de VigoDoutor Temes, 2

Xardíns Padre FeijoóPraza de Eugenio Montes, 1