OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a...

15
APRENDIZAXE OBXECTOS DE LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL 4. Seguridade: 4.4. Protección da contorna: 2. Reciclaxe de dispositivos e pegada medioambiental

Transcript of OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a...

Page 1: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

APRENDIZAXE OBXECTOS DE

LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES

DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL

4. Seguridade: 4.4. Protección da contorna:

2. Reciclaxe de dispositivos e pegada medioambiental

Page 2: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

Colección Obxectos de Aprendizaxe, 2019

MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO

DA COMPETENCIA DIXITAL

4. Seguridade: 4.4. Protección da contorna:

2. Reciclaxe de dispositivos e pegada medioambiental

REBIUN Liña 2 (3er. P.E.) Grupo de Competencia Dixital

Documento baixo licenza Creative Commons

Page 3: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

Seguridade. Protección da contorna.

RECICLAXE DE DISPOSITIVOS E PEGADA

MEDIOAMBIENTAL

Page 4: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

SUMARIO

Os RAEE Por qué reciclar teus dispositivos? Que facer cos dispositivos usados? A reciclaxe 0. Marco normativo 1. Entrega 2. Cadea de reciclaxe Beneficios: a pegada ecolóxica

Page 5: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

Ao finalizar esta actividade tes que ser capaz de:

Coñecer que son os RAEE Saber que facer cos dispositivos cando xa non sirvan, como actuar e/ou onde dirixirse (“antes de tiralo reciclalo”) Crear conciencia do impacto das TIC sobre o medio ambiente.

OBXECTIVOS

Page 6: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

OS RAEE

Defínense como RAEE os residuos dos aparatos eléctricos e electrónicos, seus materiais, compoñentes, consumibles e subconxuntos que os compoñen, procedentes tanto de fogares particulares como de usos profesionais. A categoría 6 corresponde a equipos de informática e telecomunicacións pequenos (sen ningunha dimensión exterior superior aos 50 cm). Teléfonos móbiles, GPS, calculadoras de peto, ordenadores persoais, impresoras, tablets…

Todos os aparatos que funcionen con pilas, baterías ou corrente eléctrica son aparatos eléctricos e electrónicos (AEE) e cando decidimos desfacernos deles, pasan a ser RAEE.

Fuente: raeeandalucia.es

Page 7: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

IMPORTANCIA DA RECICLAXE

Por que é importante reciclar os RAEE?

• Son un fluxo de residuos en continuo e elevado crecemento: debido os grandes avances en tecnoloxía, os aparatos quedan obsoletos en pouco tempo e son rápidamente substituídos por equipos novos, converténdose así en residuos.

• Poden conter materiais potencialmente perigosos e contaminantes tales como plomo, mercurio, litio, coltán e cromo hexavalente presentes en circuitos impresos, pilas, etc., que non son biodegradables.

• Están fabricados con materiais valiosos, polo que a reciclaxe dos equipos obsoletos proporciona materias primas para a fabricación de novos equipos.

• A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros.

Segundo os ecoloxistas ás 4R da reciclaxe: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar, úneselle unha 5ª: Repensar ou reflexionar sobre as nosas opcións de consumo para protexer e respetar o medio ambiente.

Page 8: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

QUE FACER COS DISPOSITIVOS

ELECTRÓNICOS USADOS? A mellor opción ambiental é reparar, reutilizar e doar. Cando non se poida, optarase pola desmontaxe e reciclaxe en plantas autorizadas. Antes de tomar unha decisión, LEMBRA:

Nunca tirar o dispositivo nin ningún dos seus compoñentes ao lixo. A chamada e-waste (lixo electrónico) é altamente contaminante.

Se vas desfacerte do teu vello dispositivo móbil, asegúrate de borrar antes todas as túas contas, datos e arquivos persoais (fotos, SMS, arquivos de música…) de modo que sexan irrecuperables. No móbil:

• Quita a tarxeta de memoria ou cífraa e formatéaa dende o apartado de Seguridade en Axustes. (no caso de Android)

• Elimina todas as túas contas, especialmente a de Google dende o apartado contas en Axustes. • Restablece valores de fábrica (axustes > persoal>copia de seguridade>restablecer datos de

fábrica). Isto borrará todos os teus datos da memoria interna e deixará o teu móbil como recén saído de fábrica.

As empresas de reciclaxe non aceptan ningunha responsabilidade en relación coa seguridade, a protección, confidencialidade ou o uso destes datos e é responsabilidade do doante asegurarse de que tales datos se eliminan do seu

dispositivo.

Page 9: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

A RECICLAXE: MARCO NORMATIVO

A esa hora tengo clase

Segundo a normativa, é responsabilidade tanto dos produtores como das administracións públicas e os cidadáns, a adecuada reciclaxe dos RAEE.

En España, a xestión dos RAEE vén regulada polo Real Decreto 110/2015, de 20 de febrero de 2015, sobre residuos de aparatos eléctricos y electrónicos (RAEE). Existen Sistemas Integrados de Gestión de RAEE para garantir a xestión protocolorizada destes residuos conforme á normativa. Estes sistemas son liderados polos chamados SCRAPS Sistemas Colectivos de Responsabilidad Ampliada del Productor, entidades sen ánimo de lucro constituidas polos fabricantes e importadores de aparatos eléctricos e electrónicos (AEE) cuxo obxectivo é canalizar a correcta xestión dos (RAEE) para a súa reutilización, reforzando o concepto de Economía Circular.

Pódense consultar en : http://www.ofiraee.es

Page 10: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

ONDE ENTREGAR OS RAEE?

Os consumidores non debemos tirar os nosos residuos electrónicos á bolsa do lixo do fogar nin aos contedores dos residuos domésticos xerais (o gris, amarelo, verde ou azul).

Punto limpo ou ecoparque da túa localidade En España hai case 2.000 puntos limpos, entre fixos (a gran maioría) e móbiles, polo xeral xestionados polos concellos. Podes localizalos neste buscador da OCU ou directamente en Google Maps tecleando “punto limpo”

Comercios de venta de aparatos electrónicos: Os usuarios tamén poden deixar na tenda o seu vello dispositivo cando compran un novo ou se o aparato é de grandes dimensións, esixir a retirada do mesmo no domicilio, equivalente ao que se compra. É o que se denomina 1x1. Se a compra se fai a distancia, o distribuidor debe cumprir coas mesmas obligacións que un distribuidor cun punto de venta físico.

Puntos de venta de AEE de máis de 400 metros cadrados: Se non tes necesidade de comprar un aparato novo tamén podes entregar teu RAEE, sempre que a dimensión deste non supere os 25 cm nun punto de venta grande. É o que se denomina 1x0.

Page 11: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

ONDE ENTREGAR OS RAEE?

Canais de recollida específicos Trátase de canais habilitados polos distribuidores. Por exemplo os puntos de recollida de móbiles Tragamóvil

Un exemplo o temos no acordo de colaboración entre a empresa de reciclaxe Movilbak e as ONG’s Amnistía Internacional e Intermón Oxfam; tamén en Teloreciclo iniciativa que impulsa a reciclaxe de móbiles e o emprego de persoas con discapacidade intelectual.

Espazos para a reciclaxe solidaria habilitados por ONGs ou froito de campañas de concienciación

Fuen

te:

http

s://

ww

w.o

xfam

inte

rmon

.org

/es/

reci

cla-

tu-m

ovil

Page 12: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

CADEA DE RECICLAXE

Recollida e transporte ata a planta de tratamento. Recepción e almacenamento. Clasificación dos equipos. Desmontaxe manual e separación de compoñentes perigosos. Trituración de materiais valorizables. Separación de materiais e expedición para a súa valorización externa.

O proceso de reciclaxe comeza no momento no que o RAEE é rexeitado, recollido e transportado para o seu almacenaxe e posterior tratamento, e finaliza unha vez obtidas as materias primas para fabricar novos AEE.

Fuente: https://www.tragamovil.es/reciclar-con-tragamovil/

Ciclo de reciclado de un móvil

O 90% dos compoñentes dos equipos de informática e de telecomunicacións pequenos

recíclanse (fibra de vidro, metais como o ferro e o cobre, plástico...).

Os fabricantes de produtos tecnolóxicos apostan polo chamado

ecodeseño, para aumentar a reutilización de compoñentes.

Page 13: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

BENEFICIOS DE RECICLAR OS RAEE: A PEGADA

ECOLÓXICA → Beneficios no medio ambiente:

• As materias primas dos RAEE obtéñense do medio ambiente e non son renovables, polo que reciclalos evita a extracción e explotación de recursos naturais.

• Redúcense a cantidade de desperdicios sólidos que chegan aos vertedoiros. • Redúcense a contaminación do medio evitando que as sustancias nocivas cheguen ao solo,

auga e a atmósfera • Evítase o agotamento de recursos naturais finitos

→ Beneficios económicos:

• Afórranse custos de producción, ao permitir un modelo de economía circular baseado no aproveitamento das materias primas.

• Xérase o chamado “emprego verde” a través das plantas de reciclaxe. • Evítase a extracción dos chamados “minerais de conflicto” como o coltán controlada por

grupos armados en nefastas condicións de traballo. → Beneficios no modo de vida: tomar conciencia na nosa forma de vida e de consumo da

importancia de reciclar e aforrar enerxía.

A reciclaxe pasou de ser unha necesidade para a conservación do medio ambiente a un requisito para a sustentabilidade das nosas economías.

Page 14: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas

PARA SABER MÁIS... Clark, Adrian. Recicla tu móvil y tu táblet [En línea] [consulta: 20 de septiembre de 2019] Disponible en web: https://www.es.amnesty.org/actua/recicla-tu-movil ¿Qué son los RAEEs? [En línea] [consulta: 20 de septiembre de 2019] Disponible en web: https://www.tragamovil.es/los-raees/que-son-los-raees/

Recuintec, Empresa de reciclaje de material informático y tecnológico en la comunidad Valenciana. RECUINTEC Recuperación Tecnológica e Informática (s.f.)[en línia] [consulta: 22 de septiembre]. Disponible en web: http://www.recuintec.com/ Clonica.net. ECOTIC Gestión de Residuos de Aparatos Electricos y Electronicos (RAEE) y Sistema integrado de Gestión (SIG) [En línea] [consulta: 22 de septiembre]. Disponible en web: https://www.ecotic.es/

Raee Andalucia. La importancia del reciclaje de residuos de aparatos eléctricos o electrónicos [En línea] [consulta: 22 de septiembre de 2019] Disponible en web: https://www.raeeandalucia.es/conecta/toma-conciencia

Page 15: OBXECTOS DE APRENDIZAXE - UDC · 2020. 5. 18. · • A reciclaxe dos equipos reduce a contaminación dos solos e a extensión de solos destinados a vertedoiros. Segundo os ecoloxistas