OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A...

12
OIM RA B O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida- de. A última fase do proxec- to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción dos vestiarios e bancadas, realizouse nos últimos meses, grazas ao traballo realizado dende o Concello. O convenio asi- nado polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Oimbra, Alfon- so Villarino, permitíu realizar as gradas. Outra parte das obras realizouse con fondos aportados polo Goberno de España, a Xunta e a Unión Europea. A apertura oficial destas instalacións deporti- vas tivo lugar o pasado 16 de novembro, cun partido de fútbol sala entre os equipos de Oimbra e Rabal.

Transcript of OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A...

Page 1: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

Número 15 Boletín de información e actualidade municipal Inverno 2013/14

O IM RAB

O pavillón polideportivo de

Oimbra xa é unha realida-

de. A última fase do proxec-

to, que consistíu no peche

exterior do recinto, e na

construción dos vestiarios

e bancadas, realizouse nos

últimos meses, grazas ao

traballo realizado dende o

Concello. O convenio asi-

nado polo presidente da

Deputación, Manuel Baltar,

e o alcalde de Oimbra, Alfon-

so Villarino, permitíu realizar

as gradas. Outra parte das

obras realizouse con fondos

aportados polo Goberno de

España, a Xunta e a Unión

Europea. A apertura oficial

destas instalacións deporti-

vas tivo lugar o pasado 16

de novembro, cun partido de

fútbol sala entre os equipos

de Oimbra e Rabal.

Page 2: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

Páxina 2Páxina 2

Oimbra nº 15

Quixera compartir con todos os veciños e

veciñas de Oimbra a ledicia destas festas

tan entrañables. O meu desexo para todos é

que o novo ano traiga éxitos persoais e colec-

tivos, e boa saúde para poder disfrutalos.

O recoñecemento do nosopemento coa Denominaciónde Orixe Protexida é o pasodefinitivo para amparar unproduto de gran calidade, quepremia, tamén, o esforzo rea-lizado polo Concello de Oim-bra e os nosos agricultoresnos últimos anos. Coa elec-ción do Consello Reguladorprodúcese outro avance, decara a garantir que o pemento

que chega aos consumidores é o auténticode Oimbra, delimitando, de paso, a súa zonade produción. Ademais, o pemento de Oim-bra conta co recoñecemento de IndicaciónXeográfica Protexida, baixo o amparo daUnión Europea.

Na constitución do Consello participarontécnicos de Medio Rural e do Mar, os pro-dutores e o alcalde de Oimbra, Alfonso Villa-rino. Milagros Prada Pardo é a primeira pre-sidenta deste Consello Regulador, no quetamén figuran como vocais Josefa ÁlvarezAraújo, Concepción Lorenzo Rodríguez,José Pedro Santana Salgado, Odilo PinoSalgado e Celso Prada Pardo.

Page 3: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 3

Promovido polos Concellos de Cualedro, Monterrei, Laza e Oimbra

O Obradoiro de Emprego deu traballo a 21 persoasOs 21 alumnos e alumnas

do Obradoiro de Emprego"Agrupación Monterrei" com-pletaron a súa formación teó-rica e práctica nas modalidesde albanelería e xardinería, erecibiron os seus diplomasnun acto celebrado na Casada Cultura de Albarellos. Esti-vo presidido polo delegadoterritorial da Xunta en Ouren-se, Rogelio Martínez, e polosalcaldes de Cualedro, Monte-rrei, Laza e Oimbra, os catroconcellos que promoveronesta iniciativa, en conveniocoa Consellería de Traballo e

Benestar da Xunta de Galicia.Durante seis meses (ata o 4

de xuño), os participantesneste Obradoiro de Emprego“Agrupación Monterrei” reali-zaron traballos de acondicio-namento de zonas verdes eáreas recreativas en variaszonas do municipio, así comono entorno da Casa Consisto-rial, coa construción dunhazona de estacionamento devehículos. Nos outros conce-llos tamén realizaron actua-cións en espazos públicos.Contou cun orzamento de185.148 euros.

O Obradoiro de Emprego "Agru-pación Monterrei" é outroexemplo do traballo que de-senvolve o Concello a prol daxeración de emprego e daapertura de novos vieiros noeido laboral para persoasdesempregadas. Esta semellaunha liña importante, máisaínda na situación actual. Ade-mais, os participantes nesteObradoiro (21 alumnos e outras6 persoas en tarefas directivas,de formación e administrativas)realizaron obras de interesecomunitario e para disfrute detódolos veciños e veciñas doconcello de Oimbra.

Alumnos e autoridades, trala entrega dos diplomas

O alcalde de Oimbra, Alfonso Villarino, participou no acto de entrega dos

diplomas aos alumnos e alumnas que participaron neste Obradoiro de

Emprego, unha iniciativa máis do noso Concello para ofrecer oportunidades

laborais a persoas que están inscritas nas oficinas do Servizo Galego de

Emprego. Agora poden acceder ao mercado laboral en mellores condicións.

Os concellos implicados no Obradoiro de Emprego“Agrupación Monterrei”, ademais de Castrelo do Val,desenvolven máis iniciativas para contribuir a que des-cenda o número de desempregados na nosa comarca.Durante seis meses, outros 20 alumnos e alumnasaprenderán as técnicas de novos oficios, como forxa exardinería, ademais do persoal directivo, administrativoe docente (incluídos os monitores). O orzamento destenovo proxecto formativo ascende a preto de 178.000euros.

Novo Obradoiro (2013/2014)

Page 4: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 4

Traballo en beneficio de tódolos veciños e veciñas do concelloPara o Concello de Oimbra, o Obradoiro de Emprego ten unhafinalidade dual: está clara a motivación de ofrecer a persoasdesempregadas unha oportunidade laboral, pero tamén a de rea-lizar traballos que benefician á comunidade, no seu conxunto. Aformación práctica dos alumnos e alumnas permitíulles aplicar

os seus coñecementos teóricos a proxectos contemplados namemoria do Obradoiro “Agrupación Monterrei”, en diferenteszonas do municipio. Os alumnos/as adquiriron as habilidadesnecesarias para poder acceder con boas garantías ao difícil ecompetitivo mercado laboral.

Os dous módulos do Obradoiro “Agrupación Monterrei” desen-volveron traballos de gran utilidade no concello de Oimbra,como o aparcadoiro nas proximidades da Casa Consistorial, noque houbo que construir un muro de contención. Tamén se rea-

lizaron podas de árbores e traballos de limpeza, mantemento econservación de parques e áreas recreativas. Por último, osalumnos deste Obradoiro contribuiron á recuperación dun anti-go lagar rupestre en Oimbra (na imaxe inferior dereita).

Page 5: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 5

P.- ¿De qué xeito está a repercutir a crise no noso concello?

Alfonso.- Cando se fala da crise, temos que facelo con preocupación,

porque hai moita xente que o está pasando mal. Pero a situación nas

zonas rurais é diferente da que se pode vivir nas grandes cidades. E

nun concello como Oimbra, o feito de dispór de moitos pensionistas,

neste caso é unha avantaxe, xa que poden axudar aos fillos e netos

que o están pasando mal. En calquera caso, confío en que a situación

vaia mellorando e que recuperemos a confianza que tiñamos non hai

moito tempo.

P.- E os servizos municipais de Oimbra, ¿resíntense dos recurtes

orzamentarios?

Alfonso.- Menos que noutros concellos. A situación económica do

Concello é boa, e mostra disto é que non tivemos que ir a ningún plan

de pagamento a proveedores. A xente que subministra ao Concello

sabe que vai cobrar nun breve prazo de tempo. Desta boa xestión

tamén se benefician os nosos veciños, e un exemplo actual é que non

lles afectará a suba do 34% do canon de Sogama no recibo de lixo,

que asumirá o Concello de Oimbra directamente.

P.- ¿Cales son as prioridades neste intre?

Alfonso.- Neste momento, unha vez que acabamos de conseguir a

clasificación de terreo industrial, un proceso que nos levou anos para

acadalo, estamos traballando nun proxecto de urbanización que nos

permita instalar empresas e crear postos de traballo.

“Somos sabedores de que hainovas necesidades, condicionadas

pola crise, e procuramos que oConcello estea sempre alí, onde o

demandan os nosos cidadáns.Quedar de brazos cruzados non

serve para nada, e por eso mante-mos o compromiso de seguir

avanzando na mellora dos servizose das infraestruturas públicas”.

Alfonso Villarino Rodríguez, alcalde:

“A boa xestión municipal permite

que os veciños non teñan que

pagar máis polo recibo do lixo”

Entrevista

“Tamén é de necesidade xestionar proxectos e promover o emprego”

Para Alfonso Villarino, 2013 foi outro ano importante para o con-cello de Oimbra: “Non podemos dicir que se perdeu o tempo, eás probas me remito. Dende o Goberno municipal xestionáronsemoitos proxectos que xa son realidade, ou que o serán nos pró-ximos meses”, sinala o alcalde. E cita “a clasificación de soloindustrial, os traballos realizados na rede viaria local, co apoio daDeputación Provincial de Ourense, e tamén os que se levaron acabo para mellorar a eficiencia do alumeado público, que supo-rá un aforro importante para as arcas municipais”.

Outros feitos importantes nos últimos doce meses foron oremate do polideportivo municipal, e as distintas iniciativas noeido da formación laboral, a través dos dous Obradoiros deEmprego compartidos con outros concellos da comarca deVerín-Monterrei. “O polideportivo municipal -en palabras de

Alfonso Villarino- ven cubrir unha necesidade importante, tantopara a práctica do deporte, como para a celebración de eventossociais, culturais ou festivos. Con este proxecto, unido a outrosdos que xa disfrutamos, podemos dicir que Oimbra ten unhaoferta de servizos á altura dos concellos máis importantes”.

Referente ao Obradoiro de Emprego, o alcalde de Oimbraestima que “estas oportunidades laborais son necesarias paramoita xente, xa que para acceder ao mercado laboral éimprescindible ter unha cualificación profesional, que acadanos alumnos e alumnas que participan nesta experiencia. Xalevamos moitos anos promovendo este tipo de iniciativas,porque creemos que son necesarias, e a nosa intención écontinuar con estas políticas activas de emprego, que taméndeixan obras importantes, de cara ao futuro”.

Page 6: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 6

Traballos da Deputación na estrada de Oimbra-O Rosal

A rede viaria local, obxecto dunha atención continuada

Concello e Deputación colaboran no ensanche daestrada Oimbra-O Rosal, que comezará en 2014

A conservación en bo estado detódalas estradas, pistas, rúas ecamiños merece unha atenciónpermanente por parte do Concellode Oimbra. Este esforzo conta corespaldo da Deputación Provincialde Ourense. A institución que pre-side Manuel Baltar e o Concello deOimbra asinaron un convenio poloque o organismo provincial investi-rá 60.000 euros no ensanche dacalzada, que se completará noutrafase posterior. O Concello de Oim-bra está pendente da sinatura dunnovo convenio para dar remate aeste proxecto importante paramellorar a rede viaria local. ■

O Concello de Oimbra puxo en marcha un novo plande aforro e mellora da eficiencia enerxética

O Concello de Oimbra, a través do Fondo deCompensación Ambiental, xestionou o pro-xecto de reforma do alumeado público,para mellorar a eficiencia enerxética ereducir os custes en, aproximadamente, o40%. Os traballos xa se desenvolveron enRabal, San Cibrao, O Rosal, Oimbra e Casas

dos Montes e, nun futuro próximo, o Gober-no municipal ten intención de levalos acabo, tamén, noutros pobos do concello. Asubstitución de lámpadas inclúe a instala-ción dun programa nas conexións eléctri-cas dos distintos tendidos que permiteregular a intensidade da iluminación, así

como o encendido/apagado das farolas.Un primeiro proxecto realizouse conxun-

tamente con Verín. A continuación, Oimbraparticipou noutro programa de melloraenerxética, en convenio coa Consellería deEconomía e Industria, no que tamén inter-veñen Laza, Cualedro e Monterrei.

As novas lumina-rias son de vaporde sodio e con-sumen case ametade que asanteriores de va-por de mercurio.A intención doConcello é que, acurto prazo, a to-talidade das lu-minarias sexantamén máis eco-nómicas.

Page 7: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 7

As Chas mellora o abastecemento

O Concello de Oimbra e a Deputación de Ourense investiron 42.000euros no proxecto de renovación e mellora da rede de abastece-mento no pobo de As Chas. Trátase dunha actuación incluída nosPlanos Provinciais de 2013 que beneficia a máis de cen persoas.

O Concello de Oimbra acometeu a rehabilitación dos parquesinfantís de San Cibrao e do que está a carón da Casa Consis-torial. Instaláronse novos aparellos de xogos, pecháronse osrecintos para que os rapaces estean máis protexidos e se rea-lizaron melloras no pavimento. Son obras incluídas nos Pro-xectos Dinamizadores das Áreas Rurais de Galicia, con fondosFEADER e a participación do Plan AGADER, da Xunta e doMinisterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. ■

As zonas de xogos infantís están dotadas depavimento especial blando para evitar danosnas caídas dos pequenos, conforme á nor-mativa para este tipo de instalacións.

O Concello remodela os parques infantís de San Cibrao e Oimbra

San Cibrao

Oimbra

Page 8: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 8

O presidente da Deputación deOurense, Manuel Baltar, e oxerente do Instituto Ourensánde Desenvolvemento Económi-co (Inorde), acompañados poloalcalde de Oimbra, AlfonsoVillarino, e outros rexedores dacomarca, presentaron en Verínas conclusións do Observatorioeconómico da nosa comarca,unha ferramenta de análiseeconómica, laboral, empresa-rial e social que puxo en mar-cha a Deputación para coñecera situación da provincia deOurense e das súas comarcas.

As conclusións máis desta-cadas do informe no que atinxeá comarca de Verín refírense

"ás oportunidades de futuro"que esta comarca ten nestesmomentos de crise, que pasanpola loxística e por aproveitar asúa situación xeo-estratéxica,pois a súa ubicación permite tera menos de dúas horas a unhapoboación potencial de 11 mi-llóns de persoas, que se incre-mentará ata 20 millóns coa che-gada do AVE. Tamén subliñancomo índices favorables o turis-mo, e os sectores vitivinícola,agroforestal e agroindustrial. Dasúa elaboración encargouse unequipo multidisciplinar de profe-sionais do Departamento deEconomía Aplicada da Universi-dade de Vigo.

O Observatorio Económico Ourensán destaca as “oportunidades de

futuro” de Oimbra e da comarca a partir do turismo e do sector primario

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,presentou o informe na Casa da Cultura de Verín, acom-pañado polo xerente do INORDE e os alcaldes dos conce-llos incluídos neste Observatorio Económico.

Novo depósito e melloras

no centro social de Bousés

Os problemas que tiñan enBousés co abastecementode auga quedaron solucio-nados coa construción dunnovo depósito, a carón doanterior, que xa quedaraobsoleto. Foi unha obra rea-lizada con fondos do propioConcello de Oimbra, e con-siderada como prioritariapolo Goberno municipal.Agora, a subministración deauga potable queda garanti-da todo o ano e, de formaespecial, durante os mesesdo verán.

O Concello de Oimbra colaborou tamén cos veciños e veciñas deBousés cambiando a porta e as fiestras do centro social. Deste xeitosubsanáronse as deficiencias do aillamento térmico do edificio, espe-cialmente notables durante o inverno. Este local veciñal ten un carác-ter multiusos, ao igual que os demais do concello, de acordo coasdemandas e necesidades das persoas residentes neste pobo.

Page 9: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 9

Instalación de novos parques biosaudables

O Concello instalou en Rabal e As Chas,a carón dos centros sociais, varios apare-llos de ximnasia adaptados, sobre todo,para as persoas adultas. É unha forma deanimar aos nosos veciños e veciñas a quese manteñan en forma e disfruten dunhaboa calidade de vida. De cara ao futuro,está previsto que se instalen noutrospobos do noso municipio.

As Chas

Rabal

Próximo asfaltado do Camiño Novo de San Cibrao

Un novo camiño asfaltado, de case 700metros, permitirá enlazar as estradasNorte e Sur de San Cibrao, constituíndoasí unha auténtica vía de circunvalación.O Concello de Oimbra tramitou este pro-xecto, demandado polos veciños e pro-

pietarios de parcelas nesta zona dopobo, para acadar o financiamento confondos FEADER da Unión Europea. Ostraballos, que se acometerán na prima-vera de 2014, contan cunha partida de32.533 euros.

O Concello destinou a

obras máis do 28 por

cento do orzamento anual

O Concello de Oimbra dispuxo en2013 dun orzamento de 1.140.009euros. Os capítulos de gastos máisimportantes foron os de bens corren-tes e servizos, que acapararon o37%, investimentos reais (28,3%) epersoal (22,7%). Outras partidasmenores serviron para xestionar osgastos financeiros, as transferenciascorrentes e de capital, e os pasivosfinanceiros.

As priincipais aportacións ás arcasmunicipais corresponderon ás trans-ferencias correntes (56,8%) da Xuntade Galicia e do Goberno de España,ás transferencias de capital, impos-tos e taxas, activos e pasivos finan-ceiros. ■

Estes aparellos, especial-mente recomendados pa-ra persoas maiores de 60anos, permiten mellorar amobilidade, aumentan aflexibilidade e tonifican amusculación de todo ocorpo. Eso sí, deben utili-zarse de forma correcta.

Page 10: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

P á x i n a 1 0

O II Paseo de bicisclásicas, na vésperada Feira do Pemento,animou a numerososafeccioados a partici-par nesta ruta entreVerín-Oimbra-Verín,na que colaborou oConcello de Oimbra.Os ciclistas e colabo-radores (Garda Civile Cruz Vermella) re-cuperaron forzas nun-ha merenda na Car-balleira Municipal deOimbra.

Concello de Oimbra

Melchor, Gaspar e Baltasar confirmaron ao Con-cello de Oimbra que o día 5 de xaneiro volveráncargados de agasallos para os máis novos que seportaron ben e foron aplicados nos estudos. OsReis Magos de Oriente percorrerán as rúas princi-pais da capitalidade antes de dirixirse cara aopavillón municipal, onde compartirán cos máisnovos e os seus familiares a xa tradicional choco-latada. Os pais/nais dos nenos e nenas menores de12 anos que queiran participar nesta xornada entra-ñable deberán inscribi-los previamente nas ofici-nas municipais.

Un ano máis, os máis novos disfrutaron dunverán divertido, grazas á Ludoteca organizadapolo Concello, con xogos, manualidades, proxec-cións audiovisuais, etc. O Concello tamén cola-bora co colexio na organización dos AlmorzosSaudables, co obxecto de conciliar a vida laborale familiar.

Os viños brancos e tintos de Oimbra seguencolleitando importantes éxitos en prestixio-sos certames vitivinícolas. Así volveu aconte-cer na XXV Cata dos Viños de Galicia, cuxagala se celebrou no Hostal dos Reis Católi-cos de Santiago. Aquí, Quinta do BubleGodello recibíu o Acio de Ouro; LadairoGodello, o Acio de Prata, e Stibadia Godelloe Treixadura, un diploma de honra. Tres dosseis viños da D.O. Monterrei premiadosforon do concello de Oimbra.O

rgul

lo d

os n

osos

viñ

os

Paseo en bici

Un verán divertido

Os Reis Magos volven a

Oimbra o día 5 de xaneiro

Page 11: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

A apertura oficial do Pavillón Multiusos de Oimbra tivo lugar opasado 16 de novembro, coa disputa dun trofeo de fútbol sala entreos equipos de Oimbra e Rabal, con resultado de 1-4. Moitos veci-ños e veciñas non quixeron perder esta festa deportiva, que contouco Grupo de Gaitas. Ao remate, Alfonso Villarino entregou un tro-feo ao equipo gañador.

Nestes últimos meses completouse o proxecto do PavillónMunicipal de Oimbra, un amplo espazo para o disfrute detódolos cidadáns do concello, tanto a nivel deportivo,como cultural ou lúdico: eiquí celébranse competicións defútbol sala e baloncesto, a comida da Feira do Pemento ou

a Cabalgata de Reis, entre outros. A construción levousea cabo en varias fases dende o ano 2011. A través do PlanAGADER acometeuse o peche perimetral do recinto, ainstalación dos vestiarios e das bancadas, para o que foidecisivo o apoio económico da Deputación.

Páxin

a 1

1

Page 12: OIM RAB - oimbra.es 15.pdf · OIM RAB O pavillón polideportivo de Oimbra xa é unha realida-de. A última fase do proxec - to, que consistíu no peche exterior do recinto, e na construción

Edita: Concello de Oimbra - Imprime: Gráficas RODI - Dep. Legal: OU-225/01

Música, concurso de pratos de cociña, exposición de produtos artesanais e demaquinaria, xogos populares, a comida no pavillón,... configuraron un amploe completo programa da XVI Feira do Pemento de Oimbra, que se celebrou o4 de agosto. Foi un día máis de exaltación da "estrela" da nosa horta, títulocompartido cos nosos viños, convertido en feira popular polos centos de veci-ños e visitantes que acudiron a esta nova cita organizada polo Concello deOimbra na Carballeira municipal.