ORGANIZACIÓN PREVENTIVA E CONDICIÓNS DE...
Transcript of ORGANIZACIÓN PREVENTIVA E CONDICIÓNS DE...
-
ENQUISA
ORGANIZACIÓN PREVENTIVA E CONDICIÓNS DE TRABALLO EN
GALICIA. 2017
-
ORGANIZACIÓN PREVENTIVA E CONDICIÓNS DE TRABALLO EN
GALICIA. 2017
ENQUISA
-
Edición:
Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)
Coordinación:
Subdirección Xeral Técnica e de Planificación
Santiago de Compostela, 2018
DL: C 1139-2018
Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga no seguinte enlace: issga.xunta.gal
Esta obra distribúese cunha licenza CC-Atribución-CompartirIgual 4,0 España de CreativeCommons. Para ver unha copia da licenza,
visite: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.es_ES
-
3
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Índice
1. Introdución ......................................................................... 7
2. Metodoloxía de traballo ................................................... 11
2.1. Traballo de campo 11
2.2. Mostraxe 12
3. Descrición da mostra ........................................................ 17
4. Resultados ........................................................................ 23
4.1. Coñecemento e contacto co ISSGA e coas campañas
europeas “Traballos saudables” 26
4.2. Organización da prevención. Órganos de
participación 30
4.2.1. Modalidade preventiva e outras figuras
implantadas para a xestión da PRL 30
4.2.2. Órganos de participación 33
4.3. Xestión da prevención de riscos laborais e das
condicións de traballo no tecido empresarial galego 35
4.3.1. Obrigas e actividades en materia de prevención
desenvolvidas no centro de traballo 35
4.3.2. Avaliación de riscos laborais e medidas de
prevención adoptadas 38
4.3.3. Formación e participación en materia de PRL 48
4.3.4. Xestión dos riscos psicosociais 51
4.3.5. Promoción da saúde 57
4.3.6. Prevención de riscos laborais: motivacións e
valoración da súa aplicación 60
5. Conclusións ....................................................................... 65
6. Anexos .............................................................................. 71
6.1. Resultados detallados por sector de actividade 71
7. Índice de táboas e gráficas .............................................. 103
7.1. Índice de táboas 103
7.2. Índice de gráficas 106
-
INTRODUCIÓN
-
7
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
1. Introdución
Unha mala xestión da prevención de riscos laborais e da seguridade e
saúde no traballo pode implicar que se produza algún accidente laboral
e/ou enfermidade profesional nas persoas traballadoras, pero tamén
pode ocasionar conflitos laborais na empresa, elevados custos
empresariais e en xeral, perda de competitividade.
Para garantir a súa boa xestión, a Lei 31/1995, do 8 de Novembro, de
Prevención de Riscos Laborais (Lei de PRL) determina o corpo básico de
garantías, compromisos e responsabilidades por parte do empresariado,
persoas traballadoras e administracións públicas para establecer un
axeitado nivel de protección da seguridade e saúde dos traballadores e
traballadoras fronte aos riscos derivados das súas condicións de traballo.
Así establece os principios xerais relativos á prevención dos riscos
profesionais para a protección da seguridade e da saúde, a eliminación ou
diminución dos riscos laborais, a información, a consulta, a participación
equilibrada e a formación dos traballadores/as en materia preventiva,
entre outras cuestións.
A partir da Lei de PRL comezan a aprobarse outra serie de normas básicas
de desenrolo, que fixan e concretan estas obrigas e deberes en
seguridade e saúde laboral no traballo.
O cumprimento destas responsabilidades e obrigas e manter unhas
condicións de traballo adecuadas son fundamentais para garantir a
seguridade e saúde das persoas traballadoras no seu posto de traballo e
no entorno laboral en xeral.
Por este motivo nos anos 2010 e 2011 o Instituto Galego de Seguridade e
Saúde Laboral (ISSGA) publicou respectivamente os resultados das súas
enquisas “A xestión da prevención de riscos laborais nas empresas
galegas” e “Condicións de traballo en Galicia”, co fin de coñecer a
realidade das condicións laborais nas que se traballaba nas empresas do
tecido empresarial galego e como se estaba xestionando a prevención de
riscos laborais nelas para planificar de forma global as actividades de
formación, prevención e control do ISSGA para mellorar a seguridade e
condicións de traballo das empresas partindo desta análise previa.
Estas enquisas inspiráronse na Enquisa Nacional de Condicións de
Traballo do Instituto Nacional de Seguridad, Salud y Bienestar en el
Trabajo (INSSBT), que hoxe cumpre trinta anos da súa primeira edición,
aplicando unha enquisa similar no territorio galego.
Nos últimos anos, os cambios sociais, tecnolóxicos e a crise económica na
que estivo somerxida a economía do país produciron cambios
importantes nos procesos e na organización do traballo e no mercado
laboral, coa aparición de ocupacións novas e emerxentes, así como de
novas actividades, tarefas, condicións e formas de traballo. Esta situación
inflúe directamente na seguridade e saúde da persoa traballadora e nos
riscos laborais que teñen que xestionar agora as empresas, xa que neste
novo escenario aparecen riscos laborais novos e emerxentes a ter en
conta na xestión da prevención.
Para coñecer esta nova realidade do tecido empresarial galego o ISSGA
pon en marcha esta nova enquisa, coa que procura coñecer como
organizan hoxe as empresas a prevención de riscos laborais, cales son as
-
8
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
actuais condicións de traballo e como xestionan os riscos psicosociais e a
promoción da saúde no entorno laboral.
Así o ISSGA da cumprimento da súa función de “Coñecer, tratar, elaborar
e difundir os informes e os datos estatísticos sobre sinistralidade laboral e
condicións de traballo”, actualizando os datos á realidade actual, e dos
obxectivos 4 e 5 da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo
2017-2020, implementando novas accións co fin de responder aos novos
retos e escenarios con que nos atopamos no momento actual en canto á
seguridade e saúde no traballo se refire.
Obxectivo 4: Potenciar actuacións das Administracións públicas en
materia de análise, investigación, información, promoción, apoio e
asesoramento técnico en prevención de riscos laborais.
“(…) no ámbito laboral, o progreso técnico e a variabilidade das
condicións de traballo impoñen unha revisión continua do estado do
coñecemento e unha actualización deste mediante a investigación e
estudo daqueles, e o conseguinte retorno mediante as actuacións
de formación e información pertinentes (…)”.
Obxectivo 5: Promover a mellora das condicións de seguridade e
saúde no traballo, con especial atención a sectores, actividades
empresariais e colectivos e empresas que presentan maior risco.
-
METODOLOXÍA DE TRABALLO
-
11
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
2. Metodoloxía de traballo
2.1. Traballo de campo
Para a recollida de datos acerca da organización preventiva e condicións
de traballo nas empresas de Galicia realizouse unha enquisa online ás
empresas do tecido empresarial galego, reforzada con enquisas
telefónicas (CATI) e enquisas presenciais. O cuestionario consta de 81
preguntas e o contacto coas empresas permitiu coñecer en profundidade
e de primeira man como se está organizando e xestionando a PRL nas
empresas e cales son as condicións de seguridade e saúde laboral nos
centros de traballo.
Enquisa online a empresas
Conseguiuse un total de 560 enquisas válidas. O traballo de campo
realizouse entre o 5 de setembro e o 21 de novembro de 2017,
efectuando unha estratificación por sector de actividade e tamaño de
empresa. Os tamaños mostrais para cada un dos estratos móstrase a
continuación (ver táboas 1 e 2):
Táboa 1. Enquisas realizadas por sector de actividade
Sector de actividade Enquisas
realizadas
A Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 28
B Industrias extractivas 7
C Industria manufactureira 103
D Fornecemento enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 6
E Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
7
F Construción 93
G Comercio por xunto e retallo; reparación vehíc. motor e motocicletas 72
H Transporte e almacenamento 27
I Hostalaría 22
J Información e comunicacións 9
K Actividades financeiras e de seguros 6
L Actividades inmobiliarias 2
M Actividades profesionais, científicas e técnicas 44
N Actividades administrativas e servizos auxiliares 59
P Educación 21
Q Actividades sanitarias e de servizos sociais 35
R Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 13
S Outros servizos 6
-
12
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 2. Enquisas realizadas por tamaño de empresa
Nº de persoas traballadoras Enquisas
realizadas1
de 4 a 9 asalariados 202
de 10 a 19 asalariados 140
de 20 a 49 asalariados 117
de 50 a 99 asalariados 45
de 100 a 249 asalariados 32
de 250 o más asalariados 23
Para o comezo do traballo de campo efectuouse un primeiro lanzamento
do cuestionario, e despois envíos sucesivos, a todas ás empresas dunha
base de datos configurada para este estudo e composta por máis de
26.000 organizacións diferentes.
Ademais, co fin de chegar ao maior público obxectivo, reforzouse o CAWI
con CATI e tamén realizáronse enquisas presenciais autocumprimentadas
en papel polos destinatarios. Para chegar aos novos públicos o ISSGA
difundiu a enquisa entre os seus centros territoriais e contactos e
contouse tamén coa colaboración de varios axentes clave do tecido
empresarial galego, que facilitaron o cuestionario aos seus asociados e ás
persoas asistentes en varios dos seus eventos, principalmente en materia
de PRL, programados nas últimas semanas que durou o traballo de
campo.
Na realización das enquisa garantiuse en todo momento a
confidencialidade das persoas e entidades entrevistadas, en base á “Lei
1 Nunha enquisa non está rexistrado o nº de persoas traballadoras polo que non se pode
clasificar no rango de asalariados/as.
Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de
Carácter Persoal”.
As enquisas graváronse de forma automática no momento da realización
das mesmas, ao cumprimentarse estas a través do cuestionario dixital
online ou a través do CATI. No caso das enquisas cumprimentadas en
papel procedeuse a súa gravación no momento da súa recepción.
2.2. Mostraxe
A mostraxe aplicada neste estudo foi aleatoria estratificada. Calculáronse
tamaños mostrais para dous estratos (sector de actividade en función do
grupo de clasificación CNAE-2009 e tamaño da empresa segundo número
de persoas traballadoras), establecéndose un tamaño mostral
representativo de cada un dos 18 sectores de actividade analizados e os 6
tamaños de empresas establecidos no estudo. Isto permitiu obter os
resultados de forma desagregada para cada estrato.
Determináronse estes dous estratos porque considerase probable que
existan diferenzas na xestión da PRL e nas condicións de traballo en
función do sector de actividade e o tamaño das empresas. Tamén
fixáronse cotas por provincia, para que cada unha teña un peso no estudo
acorde coa súa actividade empresarial en Galicia.
A poboación obxecto do estudo corresponde a 20.249 empresas con sede
social en Galicia, agás as entidades da Administración Pública e Defensa
(grupo “O” do CNAE-2009). A enquisa aplicouse en centros de traballo con
máis de tres empregados/as.
-
13
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 3. Universo de estudo
Sector de actividade Nº
empresas
A Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 1.611
B Industrias extractivas 92
C Industria manufactureira 2.782
D Fornecemento enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 82
E Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
192
F Construción 1.420
G Comercio por xunto e retallo; reparación vehículos de motor e motocicletas
4.701
H Transporte e almacenamento 1.312
I Hostalaría 1.656
J Información e comunicacións 331
K Actividades financeiras e de seguros 640
L Actividades inmobiliarias 48
M Actividades profesionais, científicas e técnicas 979
N Actividades administrativas e servizos auxiliares 908
P Educación 1.683
Q Actividades sanitarias e de servizos sociais 1.034
R Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 372
S Outros servizos 406
TOTAL EMPRESAS 20.249
Estableceuse non facer enquisas en varios centros de traballo da mesma
empresa se estes realizaban a mesma actividade e tiñan as mesmas
condicións de traballo.
O marxe de erro global foi do ±4,09% cun nivel de confianza do 95,5%
(valores calculados estimando a varianza máxima en p=q=0,5).
A ficha técnica da enquisa móstrase a continuación:
Como os estratos non son proporcionais ao seu peso poboacional real,
aplicáronse as ponderacións correspondentes aos resultados referidos a
varios estratos, compensando esta desproporción. Deste modo, as cotas
obtidas para cada sector de actividade, tamaño de empresa e provincia
ponderáronse en función do seu peso real no tecido empresarial galego.
FICHA DA ENQUISA
RECOLLIDA DA INFORMACIÓN: Enquisa CAWI, mediante cuestionario online autoadministrado, con saltos, filtros e categorías de resposta automatizadas; reforzada con enquisas telefónicas (CATI) e presenciais.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia.
UNIVERSO: Empresas do tecido empresarial galego.
INFORMANTES VÁLIDOS: Técnicos/as de PRL da empresa ou empresarios/as, responsables de RRHH ou calquera outra persoa ao cargo da execución do sistema de PRL na empresa.
SISTEMA DE MOSTRAXE: Aleatoria estratificada. Calculáronse tamaños mostrais para dous estratos (sector de actividade e tamaño de empresa), establecéndose un tamaño mostral para cada cuota, podéndose así analizar de forma desagregada.
MOSTRA: 560 empresas entrevistadas.
MARXE DE ERRO: Marxe de erro global do 4,09% para un nivel de confianza do 95,5%, estimando a hipótese máis desfavorable de variabilidade mostral: p=q=0,5.
-
DESCRICIÓN DA MOSTRA
-
17
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
3. Descrición da mostra
Das 560 empresas participantes no estudo, o 38,64% están localizadas na
provincia de A Coruña, o 33,27% na de Pontevedra, o 14,67% en Lugo e o
13,42% restante na provincia de Ourense.
A distribución da mostra por sector amósase na seguinte táboa.
Táboa 4. Distribución da mostra por sector de actividade
Sector de Actividade %
Industria manufactureira 18,39%
Construción 16,61%
Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
12,86%
Actividades administrativas e servizos auxiliares 10,54%
Actividades profesionais, científicas e técnicas 7,86%
Actividades sanitarias e de servizos sociais 6,25%
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 5,00%
Transporte e almacenamento 4,82%
Hostalaría 3,93%
Educación 3,75%
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 2,32%
Información e comunicacións 1,61%
Industrias extractivas 1,25%
Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
1,25%
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
1,07%
Actividades financeiras e de seguros 1,07%
Outros servizos 1,07%
Actividades inmobiliarias 0,36%
Destaca o reducido tamaño do estrato correspondente ao sector de
hostalaría e agricultura, gandaría e pesca, considerando o importante
peso que teñen estas actividades na economía galega. Hai que ter en
conta que no estudo considéranse as empresas de catro ou máis
empregados/as e estas actividades caracterízanse pola presenza de
persoas autónomas ou micropemes de moi reducida dimensión.
O tamaño da empresa foi outro factor que se tivo en conta para acadar
unha mostra que reflectira a representatividade do tecido empresarial
galego. Na distribución da mostra por tamaño pódese observar na
seguinte gráfica que o 36,14% son micropemes (considerando para este
estudo aquelas de 4 a 9 traballadores/as), seguido de empresas con 10 a
19 empregados/as (25,04%) e empresas con 20 a 49 persoas traballadoras
(20,93%). Deste modo, o 82,11% das empresas participantes teñen menos
de 50 empregados e empregadas.
Gráfica 1. Distribución da mostra por tamaño da empresa
4,11%
5,72%
8,05%
20,93%
25,04%
36,14%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
250 ou máis asalariados
100 a 249 asalariados
50 a 99 asalariados
20 a 49 asalariados
10 a 19 asalariados
4 a 9 asalariados
-
18
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Na táboa 5 recóllese o tamaño medio das empresas por sector a través de
dúas medidas. A media (nº total traballadores/as entre nº total empresas)
ofrece unha pequena distorsión, ao estar demasiado influída polos datos
extremos (por exemplo, poucas empresas moi grandes). A mediana, sen
embargo, é unha medida de tendencia central máis acertada para esta
análise, pois describe o punto medio da distribución, na que a metade das
empresas terían máis traballadores/as e a outra metade menos.
Táboa 5. Descrición da mostra polo nº medio de persoal na empresa por sector
Sector de Actividade Media Mediana
Actividades administrativas e servizos auxiliares 64 12
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 32 18
Actividades financeiras e de seguros 15 9
Actividades inmobiliarias 27 27
Actividades profesionais, científicas e técnicas 89 10
Actividades sanitarias e de servizos sociais 101 25
Agricultura, gandería, silvicultura y pesca 14 11
Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
93 10
Construción 25 10
Educación 155 10
Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
83 32
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
54 14
Hostalaría 221 7
Industria manufactureira 68 30
Industrias extractivas 33 36
Información e comunicacións 43 14
Outros servizos 39 14
Transporte e almacenamento 123 20
As empresas con maior número medio de persoas traballadoras son as
industriais manufactureira e extractiva e as actividades de fornecemento
de auga, saneamento, xestión de residuos e descontaminación, acadando
unha mediana de 30 empregados/as ou superior. No lado contrario está a
hostalaría e as actividades financeiras e de seguros, onde o tamaño medio
da empresa non chega aos 10 traballadores/as.
Dentro da empresa, o cargo da persoa que responde a enquisa ven
representado no 26,21% dos casos por responsables do departamento de
Administración do centro de traballo, o 25,13% polo director, xerente ou
propietario da empresa; o 20,11% polo responsable de PRL ou outro
membro do departamento, o 15,26% polo responsable de Recursos
Humanos ou Persoal e o resto de casos por outros cargos distintos aos
anteriores.
Gráfica 2. Cargo da persoa que responde a enquisa dentro da empresa
7,72%
2,33%
3,23%
15,26%
20,11%
25,13%
26,21%
0% 10% 20% 30% 40% 50%
Outro
Responsable producción / Xefe de planta
Encargado
Responsable de RR.HH ou de Persoal
Responsable (ou membro) departamento PRL
Director / xerente / propietario
Responsable de Administración
-
19
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
O 69,7% das empresas incluídas na mostra teñen soamente un centro de
traballo en todo o territorio nacional (ver gráfica 3), porcentaxe que acada
preto do 73% no caso das empresas participantes das provincias de Lugo
e Pontevedra.
O volume de centros de traballo por empresa aumenta a medida que o fai
o seu tamaño (medido en función do número de persoas asalariadas). No
caso das empresas de hostalaría e a industria manufactureira, son 81% e
78,2% respectivamente as que contan cun único centro. Nas empresas
que contan con máis de dez centros de traballo destacan as que realizan
actividades de fornecemento de auga, saneamento, xestión de residuos e
descontaminación (33,33% da mostra) e as actividades financeiras e de
seguros (16,67%).
Gráfica 3. Porcentaxe de empresas da mostra en función dos centros de traballo
cos que contan en territorio nacional
Táboa 6. Porcentaxe de empresas da mostra en función dos centros de traballo
cos que contan en territorio nacional por provincia
Provincia Só este
centro de traballo
De 2 a 5 centros de
traballo
De 6 a 10 centros de
traballo
Máis de 10 centros de
traballo
A Coruña 69,4% 15,0% 7,3% 8,25%
Lugo 72,7% 23,4% 3,9% 0,00%
Ourense 58,1% 29,7% 4,1% 8,11%
Pontevedra 73,0% 22,5% 1,1% 3,37%
Gráfica 4. Porcentaxe de empresas da mostra en función dos centros de traballo
cos que contan en territorio nacional por tamaño de empresa
69,70%
20,63%
4,28% 5,39%
Só este centro de traballo
De 2 a 5 centros de traballo
De 6 a 10 centros de traballo
Máis de 10 centros de traballo
0%
20%
40%
60%
80%
100%
9,5%
30,0%
55,0%
56,8%
76,8%
87,2%
14,3%
30,0%
20,0%
36,9%
20,3%
11,3%
4,8%
23,3%
17,5%
2,7%
2,9%
0,5%
71,43%
16,67%
7,50%
3,60%
1,03%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
250 o más asalariados
de 100 a 249 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 4 a 9 asalariados
Só este centro de traballo De 2 a 5 centros de traballo
De 6 a 10 centros de traballo Máis de 10 centros de traballo
-
20
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 7. Porcentaxe de empresas da mostra en función dos centros de traballo
cos que contan en territorio nacional por sector de actividade
Provincia Só este centro
De 2 a 5 centros
De 6 a 10 centros
Máis de 10 centros
Actividades administrativas e servizos auxiliares
55,4% 25,0% 12,5% 7,14%
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento
75,0% 25,0% 0,0% 0,00%
Actividades financeiras e de seguros
66,7% 16,7% 0,0% 16,67%
Actividades inmobiliarias 50,0% 50,0% 0,0% 0,00%
Actividades profesionais, científicas e técnicas
72,1% 23,3% 0,0% 4,65%
Actividades sanitarias e de servizos sociais
61,3% 16,1% 12,9% 9,68%
Agricultura, gandería, silvicultura y pesca
77,8% 22,2% 0,0% 0,00%
Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
66,7% 20,8% 2,8% 9,72%
Construción 73,6% 20,7% 3,4% 2,30%
Educación 71,4% 14,3% 4,8% 9,52%
Fornecemento auga, activid. de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
33,3% 33,3% 0,0% 33,33%
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
66,7% 33,3% 0,0% 0,00%
Hostalaría 81,0% 9,5% 4,8% 4,76%
Industria manufactureira 78,2% 18,8% 0,0% 2,97%
Industrias extractivas 71,4% 28,6% 0,0% 0,00%
Información e comunicacións 62,5% 25,0% 12,5% 0,00%
Outros servizos 33,3% 16,7% 50,0% 0,00%
Provincia Só este centro
De 2 a 5 centros
De 6 a 10 centros
Máis de 10 centros
Transporte e almacenamento 69,2% 19,2% 3,8% 7,69%
O 51,44% das empresas realizan habitualmente algún traballo fóra das
súas propias instalacións. Isto pode ser, por exemplo, noutros centros da
empresa, traballos no exterior (nunha obra), visitando clientes ou en
centros de traballo de empresas externas (cando se lles subcontrata
algunha actividade).
Gráfica 5. Realización habitual de traballos fóra das instalacións da empresa
51,44% 48,02%
0,54%
Si Non Non sabe
0%
20%
40%
60%
80%
100%
-
RESULTADOS
-
23
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
4. Resultados
Antes da presentación dos principais resultados do estudo, expóñense
algúns datos obtidos sobre determinados factores a ter en conta para
unha adecuada xestión da seguridade e saúde laboral nos centros de
traballo e garantir unhas boas condicións laborais no posto.
Algún destes factores son o xénero e as persoas traballadoras de máis
idade que forman parte do cadro de persoal.
Na distribución por xénero dos traballadores/as, segue sendo maior a
presenza masculina á feminina (56,46% de homes fronte a 43,54% de
mulleres).
A presenza de mulleres é maior nas actividades sanitarias e de servizos
sociais, educación, actividades inmobiliarias e financeiras, administrativas,
hostalaría e outros servizos. Trátase de sectores con forte tradición
feminina. Pola contra, existe aínda sectores moi masculinizados, como a
construción, as actividades de transporte e almacenamento ou a pesca.
A maior equidade entre xéneros dáse nas empresas medianas e grandes.
Nas pequenas empresas a proporción aproxímase máis á media global
(ver gráfica 6).
Táboa 8. Distribución (%) de homes e mulleres nas empresas por sector de
actividade
Sector de Actividade Mulleres Homes
Actividades sanitarias e de servizos sociais 84,06% 15,94%
Actividades inmobiliarias 77,27% 22,73%
Actividades financeiras e de seguros 75,11% 24,89%
Outros servizos 68,84% 31,16%
Educación 65,77% 34,23%
Hostalaría 62,89% 37,11%
Actividades administrativas e servizos auxiliares 61,56% 38,44%
Información e comunicacións 54,84% 45,16%
Actividades profesionais, científicas e técnicas 52,08% 47,92%
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 45,16% 54,84%
Industrias extractivas 41,75% 58,25%
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
39,77% 60,23%
Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
34,66% 65,34%
Industria manufactureira 33,28% 66,72%
Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
31,29% 68,71%
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 30,33% 69,67%
Transporte e almacenamento 23,79% 76,21%
Construción 16,41% 83,59%
TOTAL 43,54% 56,46%
-
24
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 6. Distribución (%) de homes e mulleres nas empresas por tamaño de
empresa
En relación á proporción de persoas traballadoras de 55 ou máis anos
coas que contan as empresas, a media global é do 14,71%. Este
porcentaxe é maior no caso das empresas da provincia de Ourense
(23,3%), mentres no resto de provincias está máis preto da media global.
Na táboa 9 obsérvase que os sectores cunha maior proporción de
empregados/as de máis idade son educación, a industria extractiva, a
construción, o comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos
de motor e motocicletas e a industria manufactureira.
O volume de persoas de 55 ou máis anos é maior a medida que tamén
aumenta o tamaño da empresa. Nas grandes empresas (250 ou máis
empregados) contan cun 20,19% do persoal desta idade, fronte ao
13,33% de media nas empresas de 4 a 9 traballadores/as.
Táboa 9. Distribución (%) de persoas traballadoras de 55 ou máis anos nas
empresas por sector de actividade
Sector de Actividade Traballadores/as
de 55 anos ou máis
Educación 20,51%
Industrias extractivas 18,69%
Construción 17,28%
Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
16,71%
Industria manufactureira 16,15%
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 14,95%
Actividades administrativas e servizos auxiliares 14,65%
Actividades sanitarias e de servizos sociais 13,54%
Outros servizos 13,21%
Transporte e almacenamento 12,65%
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 12,15%
Hostalaría 10,25%
Actividades profesionais, científicas e técnicas 9,61%
Actividades financeiras e de seguros 8,89%
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
8,64%
Actividades inmobiliarias 8,33%
Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
6,86%
Información e comunicacións 4,11%
TOTAL 14,71%
Como recolle a Lei de PRL, a empresa terá que garantir a seguridade e
saúde do seu persoal de 55 ou máis anos, que como se desprende do art.
25, poderán ser consideradas como persoas traballadoras especialmente
sensibles polo efecto da idade nas súas capacidades físicas, psíquicas ou
48,20%
49,24%
49,80%
44,30%
40,92%
44,23%
51,80%
50,76%
50,20%
55,70%
59,08%
55,77%
250 ou máis asalariados
100 a 249 asalariados
50 a 99 asalariados
20 a 49 asalariados
10 a 19 asalariados
4 a 9 asalariados
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Mulleres
Homes
-
25
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
sensoriais, tales como, a perda natural e progresiva da capacidade
auditiva ou ocular ou a diminución da forza ou tempo de reacción, entre
outras.
O empresario/a debe garantir de xeito específico a protección das persoas
traballadoras que, polas súas propias características persoais ou estado
biolóxico coñecido, incluídos aqueles que teñan recoñecida a situación de
discapacidade física, psíquica ou sensorial, sexan especialmente sensibles
aos riscos derivados do traballo. A tal fin, deberá ter en conta o factor
idade nas avaliacións dos riscos e, en función destas, adoptará as medidas
preventivas e de protección necesarias.
Outro condicionante a ter en conta á hora da planificación preventiva é o
teletraballo. Nos últimos anos, os cambios vividos na sociedade, no que
os traballadores e traballadoras asumen novos roles e procuran a
conciliación da vida laboral e a vida familiar, potenciaron o teletraballo
como nova forma de xestión do traballo. Pero co teletraballo non todos
son vantaxes, pode afectar á saúde dos teletraballadores/as polas
condicións laborais de lugar de traballo e o propio posto, podendo
presentarse sobre todo riscos ergonómicos e psicosociais.
O 6,16% das empresas teñen algún empregado/a que traballa na
modalidade do teletraballo (aínda que só sexa unha vez por semana). No
caso das empresas da provincia de A Coruña esta porcentaxe chega ao
8,58%.
Por sector de actividade, como se recolle na seguinte táboa, as empresas
do ámbito da información e comunicación e as actividades profesionais,
científicas e técnicas son as que presentan maior presenza do teletraballo
na xestión da súa actividade (44,44% e 17,24% respectivamente). A
presenza de traballadores/as que teletraballan tamén é maior nas
empresas de maior volume (ver gráfica 6).
Táboa 10. Empresas que contan con algunha persoa traballadora que traballa
na modalidade do teletraballo por sector de actividade
Sector de Actividade Empresas con
teletraballadores/as
Información e comunicacións 44,44%
Actividades profesionais, científicas e técnicas 17,24%
Educación 9,62%
Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
9,16%
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento
9,09%
Actividades sanitarias e de servizos sociais 8,00%
Actividades administrativas e servizos auxiliares 4,00%
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 3,92%
Transporte e almacenamento 2,78%
Construción 2,44%
Industria manufactureira 1,47%
Actividades financeiras e de seguros 0,00%
Actividades inmobiliarias 0,00%
Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
0,00%
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
0,00%
Hostalaría 0,00%
Industrias extractivas 0,00%
Outros servizos 0,00%
TOTAL 6,16%
-
26
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 7. Empresas que contan con algunha persoa traballadora que traballa
na modalidade do teletraballo por tamaño de empresa
Tras a presentación deste factores que deben terse en conta á hora de
xestionar e planificar a prevención, a continuación recóllense neste
capítulo os principais resultados obtidos no traballo de campo en relación
á organización preventiva e condicións de traballo nas empresas galegas.
Os resultados ofrécense de forma global para o total do tecido
empresarial galego e desagregados por tamaño da empresa (en función
do número de persoas traballadoras), xa que este repercute nalgúns dos
requirimentos esixidos pola Lei de PRL.
Tamén expóñense conclusións por sector de actividade, recolléndose as
táboas cos resultados detallados por sector no anexo 6.1. ao final do
informe, onde poden consultarse máis comodamente. Isto tamén fai que
o contido deste capítulo sexa máis áxil na súa lectura.
De cara á interpretación dos resultados débese ter en conta para algunha
das preguntas nas que se utilizan filtros que a submostra resultante pode
non ser suficiente para os datos máis desagregados.
4.1. Coñecemento e contacto co ISSGA e coas campañas europeas “Traballos saudables”
Sobre o coñecemento que as empresas do tecido
empresarial galego teñen sobre o Instituto Galego de
Seguridade e Saúde laboral (ISSGA), obsérvase na gráfica
8 que o 55,56% das empresas si que coñecen ben que é o
ISSGA, mentres o 25,57% o coñecen pero só de oídas.
Destaca un 17,11% de empresas que aínda descoñecen o instituto e sobre
estas e as anteriores é onde hai que realizar esforzos para chegar a elas e
presentarlle a través de distintas accións ou campañas os servizos que
ofrece o ISSGA en materia de PRL.
No caso das empresas que teñen coñecemento do que é o ISSGA, o
29,36% tiveron algún contacto directo co instituto, sendo principalmente
a través de xornadas técnicas ou campañas de prevención e de
actividades de control (visitas de programas, investigación de accidentes
ou enfermidades, …), como se recolle na gráfica 9.
25,00%
10,00%
4,17%
6,80%
8,00%
4,37%
75,00%
90,00%
95,83%
93,20%
92,00%
95,63%
250 ou máis asalariados
100 a 249 asalariados
50 a 99 asalariados
20 a 49 asalariados
10 a 19 asalariados
4 a 9 asalariados
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Si
Non
-
27
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 8. Coñecemento das empresas sobre o ISSGA
Gráfica 9. Contacto directo co ISSGA como órgano técnico en materia de PRL
Gráfica 10. Actividades por medio das que tivo o contacto directo co ISSGA
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
Por sector de actividade, existe un maior descoñecemento do ISSGA das
empresas do sector de información e comunicación; da industria
extractiva; do comercio por xunto e ao retallo, reparación de vehículos de
motor e motocicletas; das actividades profesionais, científicas e técnicas e
do ámbito da educación. O contacto co ISSGA é superior á media global
(máis da metade das empresas contactaron co instituto) nas actividades
de fornecemento de auga, saneamento, xestión de residuos e
descontaminación; fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire
acondicionado; na construción e na industria manufactureira (ver no
anexo 6.1 as vías ou actividades a través das que se realizou este
contacto).
Por tamaño da empresa, o coñecemento e o contacto co ISSGA é maior
nas empresas de 50 ou máis persoas traballadoras. Este coñecemento
aumenta a medida que o fai o número de empregados/as.
Gráfica 11. Coñecemento sobre o ISSGA por tamaño de empresa
1,76%
17,11%
25,57%
55,56%
Non sabe
Non
Si, pero de oídas
Si, sei que é
0% 20% 40% 60% 80% 100%
1,99%
29,36%
68,65%
Non sabe
Si
Non
0% 20% 40% 60% 80% 100%
1,85%
49,41%
35,16%
50,96%
23,81%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Outro medio
Control: visitas programas,
investigación accidentes
Asesoramento técnico, consultas, visitas técnicas
Xornadas técnicas ou campañas de prevención
Formación: cursos básicos online e de
presenciais
50,79%56,90%
56,31%
72,00%81,82% 75,00%
28,17%24,71% 27,18%
12,00%9,09% 25,00%18,25%
17,82% 15,53% 12,00%9,09%
2,78% 0,57% 0,97% 4,00%
de 4 a 9 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 100 a 249 asalariados
250 ou máis asalariados
0%
20%
40%
60%
80%
100%
Si, sei que é Si, pero de oídas Non Non sabe
-
28
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 12. Contacto directo co ISSGA como órgano técnico en materia de PRL
por tamaño de empresa
As razóns polas que estas empresas tiveron contacto directo co ISSGA
foron, independentemente do tamaño, as xornadas técnicas ou campañas
de PRL e/ou de actividades de control (visitas de programas, investigación
de accidentes ou enfermidades, …).
Táboa 11. Actividades por medio das que tivo o contacto directo co ISSGA por
tamaño da empresa
Nº de traballadores/as
Formación: cursos básicos online e
presenciais
Xornadas técnicas
ou campañas
prevención
Asesoramento técnico,
consultas, visitas
técnicas
Control: visitas
programas, investigación
accidentes
Outro medio
De 4 a 9 28,99% 54,67% 33,46% 47,08% 1,95%
De 10 a 19 14,86% 39,46% 33,78% 55,14% 1,08%
De 20 a 49 22,18% 54,93% 38,03% 37,32% 2,11%
De 50 a 99 30,10% 64,08% 35,92% 65,05% 4,85%
De 100 a 249 29,82% 43,86% 40,35% 57,89% 0,00%
250 ou máis 30,00% 65,00% 45,00% 70,00% 0,00%
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
Campañas “Traballos saudables”
Desde o ano 2000, a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no
Traballo (EU-OSHA) foi realizando varias campañas de “Traballos
saludables”2, dun ou dous anos de duración, co fin de promover a
seguridade e saúde laboral no lugar de traballo e a implicación de todas
as empresas e persoas. Cada campaña céntrase nunha temática de
prevención concreta, ofrécense guías prácticas e ferramentas a
disposición de calquera persoa interesada e preséntanse os galardóns de
boas prácticas e o premio cinematográfico “Lugares de Traballo
Saudables”.
Do traballo de campo extráese que o 62,34% das empresas galegas
descoñecen estas campañas e o 27,21% coñécenas só de oídas (ver
gráfica 13). Das que si as coñecen (5,59% do total), o 7,41% ten previsto
realizar algunha das medidas que se propoñen nas campañas, o 62,96%
non o vai facer e o 29,63% restante non o sabe.
Por sector de actividade, existe unha maior descoñecemento destas
campañas nas actividades de fornecemento de enerxía eléctrica, gas,
vapor e aire acondicionado; no ámbito sanitario e de servizos sociais; nas
actividades artísticas, recreativas e de entretemento e noutros servizos
(ver no anexo 6.1 a previsión de realizar algunha das medidas destas
campañas por sector).
2 Coñecidas anteriormente como “Semanas europeas para a seguridade e saúde no
traballo”.
26,15% 25,53% 34,12%50,00%
66,67%50,00%
71,79% 72,34% 63,53%50,00%
33,33%50,00%
2,05% 2,13% 2,35%
de 4 a 9 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 100 a 249 asalariados
250 ou máis asalariados
0%
20%
40%
60%
80%
100%
Si Non Non sabe
-
29
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 13. Coñecemento das empresas das campañas “Traballos saudables”
Gráfica 14. Previsión de realizar algunha das medidas das campañas “Traballos
saudables” das que si as coñecen
Atendendo ao tamaño das empresas, as grandes (250 ou máis
traballadores/as) son as que coñecen mellor estas campañas. No resto, a
metade das empresas ou máis non as coñecen e só unhas poucas de
oídas.
Das empresas que si coñecen estas campañas, son as empresas de 50 a 99
empregados/as e de 250 ou máis as que afirman que teñen previsto
realizar algunha das medidas que se propoñen nas campañas.
Gráfica 15. Coñecemento das campañas “Traballos saudables” por tamaño da empresa
Gráfica 16. Previsión de realizar algunha das medidas das campañas “Traballos
saudables” das que si as coñecen por tamaño da empresa
4,86%
5,59%
27,21%
62,34%
Non sabe
Si, coñécea
Si, de oídas
Non
0% 20% 40% 60% 80% 100%
29,63%
7,41%
62,96%
Non sabe
Si
Non
0% 20% 40% 60% 80% 100%
26,53% 28,99% 30,77%16,00% 20,00%
33,33%
5,71%1,18% 7,69%
16,00% 10,00%
33,33%
64,49% 65,09% 51,92% 64,00% 70,00%
33,33%
3,27% 4,73%9,62%
4,00%
de 4 a 9 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 100 a 249 asalariados
250 ou máis asalariados
0%
20%
40%
60%
80%
100%
Si, de oídas Si, coñécea Non Non sabe
33,33%50,00%
63,64%50,00%
87,50%33,33% 100,00%
36,36%50,00%
12,50%33,33%
50,00%
de 4 a 9 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 100 a 249 asalariados
250 ou máis asalariados
0%
20%
40%
60%
80%
100%
Si Non Non sabe
-
30
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
4.2. Organización da prevención. Órganos de participación
4.2.1. MODALIDADE PREVENTIVA E OUTRAS FIGURAS
IMPLANTADAS PARA A XESTIÓN DA PRL
O capítulo III do RD 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento dos Servizos de Prevención establece as distintas
modalidades de organización da prevención ás que poden acollerse as
empresas segundo as súas características:
→ Asumindo o empresario/a persoalmente a actividade preventiva.
→ Designando a un ou varios traballadores/as.
→ Constituíndo un Servizo de Prevención Propio (SPP) ou acudir a un
Servizo de Prevención Mancomunado (SPM).
→ Concertando un Servizo de Prevención Alleo (SPA).
Como se recolle na gráfica 17, no tecido empresarial galego 4 de cada 5
empresas (81,15%) din ter contratado un Servizo de Prevención Alleo
(SPA), no 42,87% dos casos, que o empresario/a designa a unha ou varias
persoas traballadoras para asumir a xestión da PRL na empresa e no
19,48% é o empresario/a quen asume persoalmente a PRL. É menor o
número de empresas que identifican o Servizo de Prevención
Mancomunado (SPM) ou o Servizo de Prevención Propio (SPP) como
modalidade para organizar a PRL na empresa.
Cabe destacar que as empresas que teñen contratado un SPA, este pode
encargarse de asumir todas as especialidades preventivas ou combinarse
cunha modalidade preventiva con recursos propios da empresa (asunción
persoal da prevención por parte do empresario/a, designación de
traballadores/as, Servizo de Prevención Propio). É moi habitual
encontrarse con empresas que contan cunha organización da prevención
mixta deste tipo, contratando o SPA para levar a cabo a vixilancia da
saúde e nalgún caso tamén cubrir outras actividades preventivas non
asumidas pola modalidade propia, por exemplo, as relacionadas coa
especialidade de hixiene industrial, ou para asesoramento técnico.
No lado contrario poden existir empresas que dispoñen dun Servizo de
Prevención Propio como única modalidade, sen contratar un SPA, porque
estes contan cos recursos necesarios suficientes. Isto tamén é aplicable
no caso de contar co SPM como tipo de organización da prevención,
sendo a única modalidade seguida ou combinada con outra.
Gráfica 17. Modalidade preventiva seguida polas empresas
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
4,68%
9,54%
19,48%
42,87%
81,15%
Disponse dun Servizo de Prevención Propio
Disponse dun Servizo de Prevención
Mancomunado
O empresario asume persoalmente a PRL
O empresario designou un ou varios
traballadores encargados da PRL
Recórrese a un Servizo de Prevención
Alleo á Empresa
0% 20% 40% 60% 80% 100%
-
31
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Como se recolle na gráfica seguinte, no caso das empresas que teñen
contratado un SPA ou un SPM, máis do 90% das empresas están moi
satisfeitas ou bastante coas súas actuacións, agás co tempo de dedicación (o
18,16% das empresas están pouco satisfeitas).
As principais actuacións coas que están moi satisfeitas son a facilidade para
realizarlle consultas (57,72%), o cumprimento coas actividades contratadas
(51,69%) e a rapidez das súas respostas (50,08%).
Gráfica 18. Grao de satisfacción das empresas coas actuacións do servizo de
prevención contratado (SPA, SPM)
Datos da categoría “Nada” (non apreciables na gráfica): Aplicabilidade de
solucións e medidas preventivas recomendadas: 0,41%; Tempo de dedicación:
0,53%; Rapidez nas súas respostas: 0,40%
A elección da modalidade preventiva está condicionada polo número de
empregados e empregadas que ten a empresa, a súa actividade e polos
recursos humanos e materiais cos que conta para levar a cabo as
actividades preventivas, tal e como establece o capítulo III do RD 39/1997
polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención.
Na táboa 12 recóllese que o SPA é a modalidade preventiva máis
identificada polas empresas para xestionar a prevención de riscos
laborais, independentemente do seu volume de traballadores/as. Outra
das modalidades que sinalan as empresas son a designación polo
empresario/a dun ou varios traballadores/as para encargase da xestión da
PRL. No caso da empresas de menor tamaño tamén identifícase a
asunción persoal da PRL por parte do empresario/a.
No caso das grandes empresas (250 ou máis traballadores/as), o 42,9%
delas din dispoñer dun SPP para xestionar a seguridade e saúde laboral na
empresa.
Destacar que algunha das empresas participantes no traballo de campo
non identifican a contratación dun SPA xunto coa outra modalidade
preventiva escollida (empresario/a asume persoalmente a prevención,
designación de traballadores/as), cando esta polo seu tamaño ou a falta
dos recursos necesarios, ten que subcontratar ao menos a especialidade
de medicina do traballo cun SPA.
Por sector de actividade, a modalidade preventiva que comentan as
empresas que seguen son de novo a contratación dun SPA ou a
designación polo empresario/a dun ou varios traballadores/as para
encargase da xestión da PRL (ver anexo 6.1.).
4,89%
18,16%
4,11%
1,93%
2,34%
2,07%
56,08%
54,69%
48,63%
46,39%
47,19%
40,21%
38,62%
26,62%
47,26%
51,69%
50,08%
57,72%
Aplicabilidade solucións e medidas preventivas recomendadas
Tempo de dedicación
Cumprimento coa planificación prevista
Cumprimento coas actividades contratadas
Rapidez nas súas respostas
Facilidade para realizarlle consultas
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Nada Pouco Bastante Moito
-
32
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 12. Modalidade preventiva seguida polas empresas por tamaño da
empresa
Nº de traballadores/as
O empresario designou un
ou varios traballadores encargados
da PRL
Disponse dun SPP
Disponse dun SPM
Recórrese a un SPA
O empresario asume
persoalmente a PRL
De 4 a 9 33,4% 3,2% 9,9% 76,6% 30,4%
De 10 a 19 47,8% 6,6% 8,6% 84,6% 8,3%
De 20 a 49 56,6% 3,8% 6,6% 86,2% 18,0%
De 50 a 99 37,6% 1,9% 24,8% 76,0% 1,5%
De 100 a 249 62,1% 9,7% 13,9% 90,8% 0,0%
250 ou máis 41,4% 42,9% 8,0% 90,6% 0,0%
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
Desde o punto de vista da prevención de riscos laborais tamén hai que ter
en conta outros factores importantes que repercuten na necesidade de
establecer outras figuras ou recursos na empresa ou centros de traballo
para salvagardar a seguridade e saúde do lugar de traballo e das persoas
traballadoras.
Cando nas empresas os riscos laborais poden verse agravados ou
modificados no desenrolo do proceso ou actividade, exista a concorrencia
de operacións diversas de forma sucesiva ou simultánea, as actividades
ou procesos sexan considerados perigosos ou con riscos especiais
(incluídas no anexo I do RD 39/1997) ou o requira a Inspección de
Traballo, estas deben contar coa presenza de recursos preventivos.
O 35% das empresas galegas din contar con recursos preventivos
presentes durante a realización de actividades ou procesos que
regulamentariamente sexan considerados como perigosos ou con riscos
especiais. O número de recursos preventivos nas empresas teñen que ser
suficientes para controlar e vixiar o cumprimento das actividades
preventivas no centro de traballo. Polo tanto, o seu número virá
determinado polas actividades a controlar, o número de traballadores/as
da empresa cubertos e o grado de integración da PRL na xestión da
empresa.
Analizando a súa presenza por sector de actividade, esta figura é
identificada como implantada na súa organización en máis do 70% das
empresas que desenvolven actividades de fornecemento de auga,
actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación;
fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado e no
sector da construción. Tamén no sector industrial (55-60% das empresas
o sinalan). Por tamaño de empresa, son as empresas de 250 ou máis
traballadores as que confirman en maior porcentaxe que contan con
recursos preventivos e nas de 4 a 9 as que menos.
Gráfica 19. Porcentaxe de empresas que dispoñen de recursos preventivos por
tamaño de empresa
55,4%
47,3%
44,7%
42,0%
41,3%
26,0%
250 ou máis asalariados
100 a 249 asalariados
50 a 99 asalariados
20 a 49 asalariados
10 a 19 asalariados
4 a 9 asalariados
0% 20% 40% 60% 80% 100%
-
33
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Por outro lado, cando traballadores/as de dúas ou máis empresas
desenvolven actividades nun mesmo centro de traballo deben realizar a
coordinación de actividades empresariais, cooperando entre si na
aplicación da PRL e informándose dos riscos laborais e medidas
preventivas asociadas á súa actividade. Isto prodúcese cando as empresas
contratan a outras a realización de obras ou servizos no seu centro de
traballo ou cando as empresas teñen que desprazar aos seus
traballadores/as a outras empresas que lles contrataron os seus servizos
ou a realización dunha obra ou traballo.
Neste caso o papel dos coordinadores/as de actividades preventivas é
fundamental, encargándose de efectuar as actividades de coordinación en
materia de PRL. Sen embargo, cando os recursos preventivos da empresa
teñan que estar presentes no centro de traballo, estas persoas poderán
encargarse tamén da coordinación das actividades empresariais, sempre
que sexa compatible coas súas outras responsabilidades.
Do traballo de campo extráese que o 38,68% das empresas confirman a
presenza no seu centro de traballo de traballadores/as encargados/as da
coordinación de actividades preventivas.
Analizando os sectores de actividade, a presenza desta figura é
identificada na maior parte das empresas de fornecemento de auga,
actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación; da
industria extractiva e manufactureira e nas actividades artísticas,
recreativas e de entretemento.
Por tamaño de empresa, son as empresas de 100 ou máis traballadores as
que indican en maior porcentaxe que contan con coordinadores/as de
actividades preventivas.
Gráfica 20. Dispoñibilidade de coordinadores/as de actividades preventivas por
tamaño de empresa
4.2.2. ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN
As persoas traballadoras teñen dereito de participación na empresa. Esta
participación materialízase a través dos seus órganos de representación,
principalmente os delegados de persoal e o comité de empresa. A súa
existencia depende do tamaño da empresa ou centro de traballo.
Nas empresas ou centros de traballo de 11 a 49 empregados/as esta
representación correspóndelle aos delegados de persoal. Igualmente
poderá existir un delegado/a de persoal nas empresas de 6 a 10 persoas
traballadoras cando así o decidan estas por maioría. Se a empresa ou
centro de traballo ten 50 ou máis traballadores/as teñen que constituír un
Comité de empresa como órgano representativo.
Considerando as empresas con estes rangos de persoas traballadoras,
recóllese na gráfica 21 que o 36,54% das que teñen de 6 a 49
traballadores/as din contar con algún delegado/a de persoal e o 78,57%
das empresas de 50 ou máis empregados/as cun Comité de empresa.
64,7%
73,1%
42,7%
55,0%
43,6%
26,2%
250 ou máis asalariados
100 a 249 asalariados
50 a 99 asalariados
20 a 49 asalariados
10 a 19 asalariados
4 a 9 asalariados
0% 20% 40% 60% 80% 100%
-
34
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Ademais, tal e como recolle o art. 34 da Lei de PRL as persoas
traballadoras tamén teñen dereito a participar na empresa nas cuestións
relacionadas coa seguridade e saúde no traballo. As empresas ou centros
de traballo con seis ou máis traballadores/as poden canalizar dita
participación a través dos representantes ou delegados/as de persoal, así
como dos delegados/as de prevención (representantes das persoas
traballadoras con funcións específicas en materia de PRL) e o comité de
seguridade e saúde laboral (nas empresas e centros de traballo con 50 ou
máis empregados/as).
O 45,19% das empresas con 6 ou máis persoas traballadoras afirman ter
delegados/as de prevención. Estas persoas deberán estar designadas por
e entre os representantes de persoal da empresa.
En canto ao comité de seguridade e saúde laboral que deben constituír as
empresas ou centros de traballo con 50 ou máis traballadores/as (art. 38
da Lei de PRL), o 81,48% das empresas con este volume de
empregados/as confirman cumprir este requisito.
Gráfica 21. Formas de representación das persoas traballadoras na empresa
% sobre o total de respostas obtidas
Os resultados por sector veñen condicionados polo tamaño da empresa
(ver anexo 6.1 para consultar estes datos). Sobre isto, como se recolle na
táboa 13, no caso das empresas de 11 a 49 empregados/as, entre o 40-
61% delas din contar con delegados/as de persoal e delegados/as de
prevención. Nas empresas de 6 a 9 empregados/as, estes porcentaxes
chegan ao 15,12% e 29,76% respectivamente. Estas empresas poden ter
delegados/as de persoal cando así o decidan os seus traballadores/as.
Pola súa parte, máis do 70% das empresas de 50 ou máis empregados/as
afirman contar cun Comité de empresa e tamén con delegados/as de
prevención e comité de seguridade e saúde laboral. Estas confirmacións
son maiores a medida que aumenta o tamaño da entidade.
Táboa 13. Formas de representación das persoas traballadoras por tamaño de
empresa
Nº de traballadores/as
Delegado de persoal
Comité de empresa
Delegado de prevención
Comité de seguridade e saúde laboral
De 6 a 9 15,12% NP 29,76% NP
De 10 a 19 43,97% NP 40,31% NP
De 20 a 49 48,00% NP 60,27% NP
De 50 a 99 NP 72,22% 66,67% 75,00%
De 100 a 249 NP 87,50% 87,50% 87,50%
250 ou máis NP 100,00% 100,00% 100,00%
% sobre o total de respostas obtidas
NP: Non procede esta figura polo tamaño da empresa
81,48%
45,19%
78,57%
36,54%
Comité de seguridade e saúde laboral
Delegado de prevención
Comité de empresa
Delegado de persoal
0% 20% 40% 60% 80% 100%
-
35
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
4.3. Xestión da prevención de riscos laborais e das condicións de traballo no tecido empresarial galego
4.3.1. OBRIGAS E ACTIVIDADES EN MATERIA DE PREVENCIÓN
DESENVOLVIDAS NO CENTRO DE TRABALLO
Atendendo á documentación relacionada coa PRL que manteñen as
empresas, algo máis do 96% delas contan coa avaliación de riscos laborais
e o Plan de prevención realizado e actualizado. En canto as medidas de
emerxencia, o 86,17% as teñen definidas e postas ao día, mentres que o
57,16% contan cun Plan de autoprotección.
Gráfica 22. Documentación actualizada relacionada coa prevención de riscos
laborais que dispoñen as empresas
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
Por outro lado, o 47,43% das empresas asignan aos seus responsables
xerárquicos á obriga de incluír a PRL en todas as decisión que adopten nas
súas áreas de traballo. Isto é fundamental para asegurar a integración da
PRL no centro de traballo. E o 35,94% das empresas contan cun listado
onde se indican os postos que están exentos de riscos laborais para o caso
de ter traballadoras embarazadas e en situación de lactación.
En función do sector de actividade, en todos os sectores excepto un, ao
redor do 90% ou máis das empresas teñen a avaliación de riscos e o Plan
de Prevención actualizado. E en dez, máis do 85% das empresas teñen
definidas e postas ao día as súas medidas de emerxencia. Nas industriais
extractivas e nas actividades de educación, artísticas, recreativas e de
entretemento máis do 70% das súas empresas dispoñen dun Plan de
autoprotección.
A asignación aos responsables xerárquicos da obriga de incluír a PRL en
todas as decisións que adopten está máis presente na industria e as
actividades financeiras e de seguros (máis do 65% das súas empresas) e
nestas últimas, xunto coas empresas doutros servizos, contan en maior
proporción cun listado de postos exentos de riscos laborais para o caso de
ter traballadoras embarazadas e en situación de lactación.
Por tamaño de empresa, recóllese na táboa 14 os resultados acadados. O
cumprimento da documentación de PRL actualizada é maior nas
empresas de maior tamaño (100 ou máis persoas traballadoras), con
datos por riba da media global para cada unha destas obrigas.
35,94%
57,16%
47,43%
86,17%
96,31%
96,76%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Listado postos exentos de risco para embarazo e lactación
Plan de autoprotección
Asignación a responsables xerárquicos da obriga de incluír a PRL en todas as decisións
Definición das medidas de emerxencia
Plan de Prevención
Avaliación riscos para a seguridade e saúde traballadores
-
36
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 14. Documentación relacionada coa prevención de riscos laborais que dispoñen as empresas actualizada por tamaño (nº asalariados/as)
Tamaño de empresa
Avaliación de riscos para a seguridade e
saúde dos traballadores
Plan de Prevención
Definición das medidas de emerxencia
Plan de autoprotección
Asignación a responsables
xerárquicos da obriga de incluír a PRL en
todas as decisións que adopten
Listado de postos exentos de risco para o embarazo e a
lactación
de 4 a 9 asalariados 93,82% 95,32% 83,32% 38,41% 49,03% 28,80%
de 10 a 19 asalariados 99,76% 95,84% 84,35% 54,88% 61,00% 38,90%
de 20 a 49 asalariados 98,58% 98,31% 94,53% 58,27% 65,34% 39,62%
de 50 a 99 asalariados 95,01% 100,00% 85,60% 31,70% 63,09% 50,20%
de 100 a 249 asalariados 100,00% 98,24% 96,47% 49,85% 81,19% 71,50%
250 ou máis asalariados 100,00% 100,00% 100,00% 73,32% 79,27% 76,94%
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
Relacionado coas obrigas, o 39,57% das empresas tiveron a visita da
Inspección de Traballo e Seguridade Social nos últimos 3 anos. A
inspección dáse de forma máis habitual nas empresas de maior tamaño,
así o volume de empresas que recibiron esta visita aumenta a medida que
o fai o seu tamaño (ver gráfica 24).
É máis habitual encontrar a realización de visitas nas actividades de
fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e
descontaminación; nas de fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e
aire acondicionado; na hostalaría e nas industrias, tanto a manufactureira
como a extractiva.
Gráfica 23. Recibiron algunha visita da Inspección de Traballo e Seguridade
Social nos últimos 3 anos
Si39,57%
Non
52,23%
Non Sabe
8,20%
-
37
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 24. Recibiron algunha visita da Inspección de Traballo e Seguridade
Social nos últimos 3 anos por tamaño de empresa
Atendendo ás principais actividades relacionadas coa PRL desenvolvidas
no último ano, como se recolle na gráfica 25 as que máis desenvolven as
empresas son ofrecer información ás persoas traballadoras sobre os
riscos laborais existentes no posto e as medidas preventivas adoptadas,
realizar recoñecementos médicos relacionados coas tarefas e riscos no
posto de traballo, impartir formación en seguridade e saúde no traballo e
a planificación da actividade preventiva (máis do 75% das empresas
realizan estas actividades).
Un 42,46% das empresas galegas establecen prioridades e controis da
eficacia das accións preventivas implantadas no centro de traballo e
soamente o 27,03% realizan prácticas derivadas do plan de emerxencia,
como os simulacros de emerxencia e evacuación. A súa execución
periódica é fundamental, pois permiten comprobar o correcto
funcionamento das medidas propostas no plan de emerxencia.
Gráfica 25. Actividades relacionadas coa PRL desenvolvidas na empresa no
último ano
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
Por sector de actividade, a tendencia xeral é a mesma que no conxunto
global. Cabe destacar, sen embargo, a maior realización de prácticas
derivadas do plan de emerxencia (simulacros) nas empresas de
fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e
descontaminación (61,18%) e as de actividades sanitarias e de servizos
sociais (41,71%). Tamén no sector outros servizos é menor que a media
global, a porcentaxe de empresas que imparten formación en seguridade
e saúde no traballo (23,7%).
Analizando o tamaño das empresas, obtense que a realización de
simulacros de emerxencia e outras prácticas similares derivadas do plan
de emerxencia é maior a medida que aumenta o tamaño, como se recolle
na seguinte táboa.
75,00%
80,00%
61,90%
52,43%
35,63%
32,67%
25,00%
20,00%
38,10%
42,72%
54,60%
57,37%
4,85%
9,77%
9,96%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
250 ou máis asalariados
de 100 a 249 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 4 a 9 asalariados
Si Non Non sabe
9,66%
29,02%
81,96%
82,15%
77,34%
27,03%
42,46%
79,14%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Investigación das enfermidades profesionais
Investigación dos accidentes de traballo
Recoñecementos médicos relacionados cos postos
Información a traballadores dos riscos laborais e medidas adoptadas
Formación en seguridade e saúde no traballo
Prácticas derivadas do plan de emerxencia (simulacros evacuacións)
Establecemento prioridades e controis eficacia accións preventivas
Planificación da actividade preventiva
-
38
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 15. Actividades relacionadas coa PRL desenvolvidas na empresa no último ano por tamaño (nº asalariados/as)
Tamaño de empresa Planificación
actividade preventiva
Establecemento prioridades e controis de eficacia das
accións preventivas
Prácticas derivadas do
plan de emerxencia (simulacros)
Formación en seguridade e
saúde no traballo
Información a traballadores de riscos laborais e
medidas adoptadas
Recoñecementos médicos
relacionados cos postos
Investigación accidentes de traballo
Investigación enfermidades profesionais
de 4 a 9 asalariados 76,16% 39,09% 15,70% 71,69% 75,95% 71,45% 9,20% 4,28%
de 10 a 19 asalariados 75,82% 43,02% 27,68% 81,11% 85,95% 84,58% 32,63% 11,58%
de 20 a 49 asalariados 89,75% 46,48% 41,81% 79,34% 88,30% 98,07% 52,81% 15,26%
de 50 a 99 asalariados 79,33% 46,15% 49,34% 89,02% 84,26% 94,12% 70,38% 18,93%
de 100 a 249 asalariados 90,99% 47,50% 70,52% 97,75% 97,75% 96,18% 91,19% 25,07%
250 ou máis asalariados 100,00% 91,45% 80,31% 96,37% 96,37% 100,00% 91,19% 24,09%
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
4.3.2. AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS E MEDIDAS DE
PREVENCIÓN ADOPTADAS
Como se recolle no apartado 4.3.1 deste informe, case o 97% das
empresas teñen a avaliación de riscos laborais actualizada. Como se
recolle na gráfica 26, o responsable de realizar normalmente a avaliación
de riscos é o Servizo de Prevención Alleo (75,22%). Este resultado tamén
dáse ao facer a análise por sector de actividade. Noutros casos, a
avaliación é realizada por persoal propio da empresa xunto co SPA
(13,88%) ou unicamente polo persoal da empresa (9,31%).
Por tamaño de empresa, aínda que de novo o SPA é quen normalmente
realiza a avaliación de riscos, destaca nas empresas de 250 ou máis
traballadores/as un 25% nas que esta avaliación é realizada por persoal
propio. Obsérvase tamén que a realización por ambos os dous, persoal
propio e SPA, vai aumentando a medida que é maior o tamaño de
empresa (ver gráfica 27).
Gráfica 26. Responsable de realizar normalmente a avaliación de riscos no lugar
de traballo
9,31%
75,22%
13,88%1,58%
Principalmente persoal propio
Principalmente o Servizo de
Prevención Alleo (SPA)
Ambos os dous (persoal propio e
SPA)
Non sabe / Non contesta
0%
20%
40%
60%
80%
100%
-
39
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 27. Responsable de realizar normalmente a avaliación de riscos no lugar
de traballo por tamaño de empresa
É recomendable que se lle consulte e faga partícipe ás persoas traballadoras á
hora de realizar a avaliación de riscos nos postos de traballo, así como na
planificación da actividades preventivas. As súas consideracións deben terse
en conta. No 47,41% das empresas, o seu persoal participa habitualmente na
avaliación de riscos e na planificación das actividades preventivas (ver gráfica
28). No 31,13% soamente ás veces e no 18,63% non o fan.
Esta participación é maior á media global principalmente nas actividades de
fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e
descontaminación; fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire
acondicionado, nas industrias extractivas, na hostalaría, nas actividades
financeiras e de seguros e na industria manufactureira.
Gráfica 28. Participa persoal da empresa na avaliación de riscos e na
planificación das actividades preventivas
Nas empresas de menor tamaño (menos de 20 traballadores/as) a
participación é menor que a media global. Pola contra, no resto de tamaños
supérase a media, destacando sobre todo as empresas de 100 ou máis
traballadores/as. No 65-70% destas empresas o seu persoal participa
habitualmente.
Gráfica 29. Participa persoal da empresa na avaliación de riscos e na
planificación das actividades preventivas por tamaño de empresa
25,00%
4,00%
3,85%
5,71%
14,68%
50,00%
80,00%
76,00%
75,96%
80,57%
71,43%
25,00%
20,00%
20,00%
18,27%
13,71%
11,51%
1,92%
2,38%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
250 ou máis asalariados
de 100 a 249 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 4 a 9 asalariados
Principalmente persoal propio Principalmente o SPA
Ambos os dous (persoal propio e SPA) Non sabe / Non contesta
47,41%
31,13%18,63%
2,83%
Habitualmente Ás veces Non Non sabe
0%
20%
40%
60%
80%
100%
66,67%
70,00%
47,62%
63,75%
46,76%
38,86%
33,33%
20,00%
33,33%
26,25%
33,81%
31,43%
10,00%
19,05%
6,25%
16,55%
26,29%
3,75%
2,88%
3,43%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
250 ou máis asalariados
de 100 a 249 asalariados
de 50 a 99 asalariados
de 20 a 49 asalariados
de 10 a 19 asalariados
de 4 a 9 asalariados
Habitualmente Ás veces Non Non sabe
-
40
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Atendendo ao tipo de riscos laborais presentes nos centros de traballo, os
riscos máis habituais que se poden atopar son as posturas de traballo,
esforzos físicos e movementos repetitivos; riscos relacionados coa seguridade
das máquinas, equipos materiais e instalacións e os riscos asociados ao
deseño do lugar de traballo (mobiliario, espazo, superficies, etc.), presentes
en máis do 80% das empresas. Están menos presentes (en menos do 50% das
empresas) o ruído elevado, os riscos específicos para a reprodución e os
axentes biolóxicos (bacterias, protozoos, virus, fungos e parasitos).
Táboa 16. Riscos laborais que existen no centro de traballo
Riscos laborais Existencia do
risco
Posturas de traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos 93,24%
Riscos relacionados coa seguridade das máquinas, equipos materiais e instalacións de traballo
82,56%
Riscos asociados ao deseño do lugar de traballo (mobiliario, espazo, superficies, etc.)
82,43%
Aspectos psicosociais e organizativos (horarios, pausas, ritmo, estrés, etc)
77,34%
Risco de accidentes con vehículos durante o traballo 71,42%
Riscos específicos para a protección da maternidade (embarazo, parto recente e lactación)
62,19%
Substancias ou produtos químicos perigosos, nocivos ou tóxicos
57,29%
Axentes físicos (ruído, vibracións, radiacións, temperatura…) 56,86%
Riscos emerxentes das novas tecnoloxías 54,71%
Ruído elevado 48,80%
Riscos específicos para a reprodución 39,54%
Axentes biolóxicos (bacterias, protozoos, virus, fungos e parasitos)
30,71%
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
A existencia ou non dun determinado risco laboral está condicionado en gran
parte pola actividade desenvolvida no centro de traballo (ver táboa 41 do
anexo 6.1).
Identificados os riscos, estes deben ser avaliados para estimalos e valoralos e
de ser necesario establecer as medidas preventivas oportunas. Das empresas
que teñen estes riscos laborais presentes no seu centro de traballo, os
principais aspectos avaliados foron os riscos relacionados coa seguridade das
máquinas, equipos materiais e instalacións (97,8%), as substancias ou
produtos químicos perigosos, nocivos ou tóxicos (96,13%); as posturas de
traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos (92,68%); o ruído elevado
(84,75%); os axentes físicos (73,42%) e o deseño do lugar de traballo (82,5%),
como se recolle na gráfica 30.
Pola contra, destacar os riscos específicos para a reprodución e os riscos
emerxentes das novas tecnoloxías como pouco avaliados polas empresas
onde existen (son avaliados por menos do 50% das empresas).
Por sector de actividade, a avaliación destes riscos laborais está relacionada
coa existencia destes riscos nos centros de traballo. En relación ao tamaño
das empresas, é maior avaliación dos riscos a medida que aumenta o volume
de persoas traballadoras na empresa. Destaca, por exemplo, o caso da
avaliación dos riscos emerxentes das novas tecnoloxías. Mentres que nas
empresas de menos de 250 traballadores a porcentaxe de empresas que
avalían este risco está entre o 41-46%, nas empresas de 250 ou máis
traballadores/as acada o 75,16%.
-
41
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 30. Riscos que foron avaliados no centro de traballo no que se presentan
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
39,66%
46,68%
62,66%
68,29%
70,33%
79,45%
82,50%
83,42%
84,75%
92,68%
96,13%
97,80%
Riscos emerxentes das novas tecnoloxías
Riscos específicos para a reprodución
Aspectos psicosociais e organizativos (horarios, pausas, estres, etc)
Riscos específicos para a protección da maternidade
Axentes biolóxicos (bacterias, protozoos, virus, fungos e parasitos)
Risco de accidentes con vehículos durante o traballo
Deseño do lugar de traballo (mobiliario, espazo, superficies, etc)
Axentes físicos (ruído, vibracións, radiacións, temperatura, etc)
Ruído elevado
Posturas de traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos
Substancias ou produtos químicos perigosos, nocivos ou tóxicos
Seguridade das máquinas, equipos materiais e instalacións
0% 20% 40% 60% 80% 100%
-
42
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 17. Riscos que foron avaliados no centro de traballo nos que existe por tamaño de empresa
Sector de Actividade de 4 a 9
asalariados de 10 a 19
asalariados de 20 a 49
asalariados de 50 a 99
asalariados de 100 a 249 asalariados
250 ou máis asalariados
Seguridade das máquinas, equipos materiais e instalacións de traballo 97,43% 97,73% 98,20% 98,61% 100,00% 100,00%
Substancias ou produtos químicos perigosos, nocivos ou tóxicos 94,96% 95,50% 98,08% 100,00% 97,89% 100,00%
Ruído elevado 77,73% 84,37% 92,20% 95,56% 97,86% 95,58%
Posturas de traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos 89,28% 93,25% 98,94% 95,03% 96,39% 100,00%
Axentes biolóxicos (bacterias, protozoos, virus, fungos e parasitos) 76,38% 59,46% 67,19% 67,51% 93,13% 95,84%
Axentes físicos (ruído, vibracións, radiacións, temperatura e humidade, etc.) 76,39% 84,12% 89,05% 95,14% 100,00% 96,57%
Deseño do lugar de traballo (mobiliario, espazo, superficies, etc.) 83,12% 80,25% 82,17% 86,25% 92,09% 100,00%
Aspectos psicosociais e organizativos (horarios, pausas, ritmo, estrés, etc.) 64,29% 63,92% 57,72% 54,40% 68,66% 96,29%
Risco de accidentes con vehículos durante o traballo 77,70% 76,97% 86,19% 74,96% 87,24% 97,03%
Riscos específicos para a reprodución 44,79% 44,86% 43,75% 55,27% 89,08% 78,25%
Riscos específicos para a protección da maternidade (embarazo, parto recente e lactación)
59,81% 66,99% 79,57% 83,68% 93,06% 100,00%
Riscos emerxentes das novas tecnoloxías 41,06% 41,43% 32,09% 42,27% 45,80% 75,16%
% sobre o total de respostas obtidas (resposta múltiple)
A partir dos resultados obtidos da avaliación dos riscos laborais
estableceranse as medidas preventivas oportunas.
Tras a avaliación realizada polas empresas nos centros de traballo, como
se recolle na gráfica 31, para algúns destes riscos foi necesario aplicar
medidas preventivas. Así, para eliminar ou reducir o risco de axentes
biolóxicos foi onde máis se aplicaron medidas (70,9% das empresas con
este risco as aplicaron), seguido do risco de substancias ou produtos
químicos perigosos, nocivos ou tóxicos (69%); seguridade das máquinas,
equipos materiais e instalacións (68,1%), axentes físicos (66,9%) e as
posturas de traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos (65,8%).
Na maioría dos sectores cobra importancia as medidas implantadas para
eliminar ou reducir as posturas de traballo, esforzos físicos e movementos
repetitivos e medidas para garantir a seguridade no traballo coas
máquinas, equipos materiais e nas instalacións.
Isto tamén prodúcese nas empresas de menos de 50 persoas
traballadoras, mentres que nas de maior tamaño empeza tamén a
implantarse medidas nos outros riscos laborais identificados e avaliados.
-
43
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Gráfica 31. Establecemento de medidas polas empresas tras avaliar os riscos
32,9%
43,4%
35,8%
42,2%
39,9%
42,9%
29,0%
29,1%
29,9%
32,7%
29,1%
28,7%
3,3%
0,9%
4,4%
4,4%
4,5%
4,0%
4,3%
3,4%
1,9%
3,2%
63,7%
55,7%
64,2%
53,4%
55,7%
52,6%
66,9%
70,9%
65,8%
63,9%
69,0%
68,1%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Riscos emerxentes das novas tecnoloxías
Riscos específicos protección da maternidade
Riscos específicos para a reprodución
Risco de accidentes con vehículos durante o traballo
Aspectos psicosociais e organizativos (horarios, pausas, estrés, etc)
Deseño do lugar de traballo (mobiliario, espazo, superficies, etc)
Axentes físicos (ruído, vibracións, radiacións, temperatura, etc)
Axentes biolóxicos (bacterias, protozoos, virus, fungos e parasitos)
Posturas de traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos
Ruído elevado
Substancias/produtos químicos perigosos, nocivos ou tóxicos
Seguridade máquinas, equipos materiais e instalacións
Non facía falta Non, pero estase estudando Si
-
44
Organización preventiva e condicións de traballo en Galicia. 2017
Táboa 18. Medidas establecidas nas empresas tras avaliar os riscos por tamaño de empresa
Sector de Actividade de 4 a 9
asalariados de 10 a 19
asalariados de 20 a 49
asalariados de 50 a 99
asalariados de 100 a 249 asalariados
250 ou máis asalariados
Seguridade das máquinas, equipos materiais e instalacións de traballo 59,58% 63,29% 67,71% 73,73% 84,54% 81,97%
Substancias ou produtos químicos perigosos, nocivos ou tóxicos 40,34% 46,21% 50,17% 50,82% 66,96% 60,20%
Ruído elevado 24,12% 31,49% 42,55% 51,14% 56,86% 45,97%
Posturas de traballo, esforzos físicos e movementos repetitivos 67,86% 66,62% 67,09% 57,87% 91,83% 94,29%
Axentes biolóxicos (bacterias, protozoos, virus, fungos e parasitos) 19,02% 13,36% 22,56% 18,73% 36,76% 54,30%
Axentes físicos (ruído, vibracións, radiacións, temperatura e humidade, etc.) 28,36% 40,60% 48,67% 59,96% 54,71% 72,35%
Deseño do lugar de traballo (mobiliario, espazo, superficies, etc.) 42,94% 40,42% 45,94% 59,64% 40,47% 75,65%
Aspectos psicosociais e organizativos (horarios, pausas, ritmo, estrés, etc.) 34,01% 30,65% 32,19% 26,72% 37,70% 54,19%
Risco de accidentes con vehículos durante o traballo 30,90% 36,05% 44,59% 38,10% 54,40% 70,29%
Riscos específicos para a reprodución 13,36% 12,34% 13,13% 28,21% 42,16% 46,73%
Riscos específicos para a protección da maternidade (embarazo, parto recente e lactación)
20,79% 26,44% 37,30% 58,08% 72,63% 70,86%
Riscos emerxentes das novas tecnoloxías 17,86% 14,95% 13,99% 15,16% 24,04% 35,94%
Pola súa parte, para evitar ou reducir que se produzan no centro de
traballo problemas musculoesqueléticos, como dor de costas, pescozo,
brazos, mans ou pernas, as principais medidas implantadas polas
empresas son ofrecer equipamento para axudar a levantar ou mover
pesos ou realizar outras tarefas que requiran esforzo físico (57,42%) e
proporcionar equipamento ergonómico, como mesas ou cadeiras
especiais (52,41%).
Outras medidas son incentivar ás persoas traballadoras que fan as súas
tarefas nunha postura incómoda ou estática para que realicen pausas
frecuentes na súa xornada de traballo (36,45%) e tamén a rotación de
tarefas para reducir os movementos repetitivos ou a sobre carga física no
corpo (30,94%).
Gráfica 32. Medidas que existen na empresa