Organosdegoberno 2

5
ÓRGANOS DE GOBERNO Na REPÚBLICA había tres órganos de goberno: Asambleas Maxistraturas Senado

Transcript of Organosdegoberno 2

Page 1: Organosdegoberno 2

ÓRGANOS DE GOBERNO

Na REPÚBLICA había tres órganos de goberno:

Asambleas

Maxistraturas

Senado

Page 2: Organosdegoberno 2

ASAMBLEAS

(Ou comicios)→Tres tipos:

Por tribus: votaban a maioría das leis e nomeaban ós maxistrados edis e cuestores.

Centuriadas: votaban leis, decidían sobre a paz e a guerra, exercían de tribunal supremo, elixían maxistrados pretores, cónsules e censores.

Curiadas: (só para patricios). Daban o mando ós maxistrados elixidos nas asambleas centuriadas e facían tamén o traballo que hoxe correspondería ós nosos notarios.

Page 3: Organosdegoberno 2

MAXISTRATURAS

Encargábanse das funcións de administración, xustiza e defensa

DENTRO DO CURSUS HONORUM

Cuestores: Administradores do tesouro público (para nós, facenda)

Edís: Tiñan cometidos similares ós nosos edís dos concellos.

Pretores: Para nós serían como xuíces pero ademais asumían as atribucións dos cónsules cando estes estaban ausentes.

Cónsules: (Un patricio e outro plebeo). Facían cumprir os decretos do Senado, convocaban e presidían as asambleas e dirixían o exército. Mandaban alternativamente durante un mes e as decisións dun podíaas vetar o outro.

Page 4: Organosdegoberno 2

MAXISTRATURAS

FÓRA DO CURSUS HONORUM

Censores: Só podía ser censor quen fora cónsul. Elaboraban o censo e as listas dos senadores. Facían cumprir o mos maiorum e administraban a facenda.

Tribunos da plebe: Defendían á plebe. Podían vetar (non anular) as decisións dos maxistrados e paralizar as decisións das asambleas. Só debían obedecer ó dictador e ó Senado. Eran elixidos polas asambleas da plebe.

Dictador: Só era nomeado polo Senado por uns meses, cando o Estado corría grave perigo, e debía propoñelo un cónsul.

Page 5: Organosdegoberno 2

O SENADO

Estaba formado polo conxunto de senadores que nomeaban os censores.

Ratificaba as leis aprobadas nas asambleas, encargábase das finanzas do Estado, da política exterior, da organización das provincias, etc

Foi un órgano de goberno moi importante na República, pero durante o Imperio, acabou desaparecendo.