Os alimentos

12
A NUTRICIÓN Proporcionanos enerxia e todos os materiais que necesitamos para poder medrar, renovar partes do noso corpo e encontranos ben

description

Presentación dos alumnos de 3º de Primaria sobre los alimentos

Transcript of Os alimentos

Page 1: Os alimentos

A NUTRICIÓN

Proporcionanos enerxia e todos os materiais que necesitamos para poder medrar, renovar partes do noso corpo e encontranos ben

Page 2: Os alimentos

Cereais patacas

Aceite

Manteiga

Arroz Pasta

ALIMENTOS ENERXÉTICOS

Page 3: Os alimentos

ENERXÉTICOS Proporcionannos enerxía.

Para calcular as cantidades e a aportación de enerxía dos alimentos utilizamos unha medida: As calorias.

Si tomas menos calorías das que necesitas. Podes enfermar. O teu desarrollo físico será menor. Non poderás facer exercicio físico. Si tomas demasiadas calorías. Podes padecer obesidade.

Os deportistas e a xente que fai exercicio físico necesita consumir máis calorías.

Page 4: Os alimentos

ALIMENTOS CONSTRUCTIVOS

carne peixe

leite

legumes

Proteínas. - Para medrar . - Para reparar o noso corpo.

Page 5: Os alimentos

ALIMENTOS REGULADORES

Vitaminas. Minerais. Fibra vexetal.

Verduras e hortalizas

Froita

o Para que o corpo funcione ben. oPara previr enfermidades.

Fibra vexetal: Para previr o estreñimiento

Page 6: Os alimentos

A alimentación e a nutrición non son o mesmo. A nutrición comeza coa alimentación pero inclúe outros procesos: • 1º Obter os nutrientes que teñen os alimentos. • 2º Conseguir o osíxeno necesario cando respiramos. • 3º Distribuir as substancias por todo o corpo. • 4º Eliminar os refugos. A función de nutrición prodúcese en distintos órganos que forman parte destes aparellos: • Aparello dixestivo. • Aparello respiratorio. • Aparello circulatorio. • Aparello excretor.

Page 7: Os alimentos

Aparello dixestivo: Dixestión

boca

farinxe

esófago

estómago

Intestino groso

Intestino delgado

ano

Glandulas salivares

figado

pancreas

Glándulas dixestivas: Producen zumes que separan os nutrientes que conteñen os alimentos. Tubo dixestivo: Conducto longo por onde pasan os alimentos.

Os alimentos son triturados polos dentes, e mesturanse no tubo dixestivo coas glándulas dixestivas que rompen os alimentos e separan os nutrientes. Estes nutrientes son absorbidos nas paredes dos intestinos , pasan ao sangue e distribúense polo corpo. Os restos de alimentos non absorbidos pasan ao intestino groso. Alí formanse as feces , que se expulsan polo ano.

Page 8: Os alimentos

Aparello respiratorio: respiración

Pola respiración tomamos o osíxeno do aire. O aire entra pola naríz, recorre a tráquea e repártese noutros tubos: os bronquios e finalmente pasa aos pulmóns , que están no tórax. Aquí o osíxeno do aire pasa ao sangue , e o aire que queda sin osíxeno expulsase ao exterior.

Inspiración: O tórax aumenta o tamaño e o aire entra nos pulmóns.

Expiración: O tórax diminúe o seu volume e o aire sae dos pulmóns.

Page 9: Os alimentos

Aparello circulatorio: circulación.

O sangue é un líquido que se reparte por todo o corpo transportando os nutrientes e o osíxeno e recollendo as substancias que o noso corpo non pode aproveitar. Este movemento é a circulación.

O corazón impulsa o sangue cara a todo o corpo a través dos vasos sanguíneos cos que está conectado. Os vasos sanguíneos son tubos polos que circula o sangue. Poden ser: veas, arterias e capilares.

Page 10: Os alimentos

Aparello excretor: excreción.

ril

uréter

vexiga

uretra

Aparello excretor

Os riles son os órganos que limpan o sangue, retendo as substancias de refugo e deixa pasar o sangue limpo. Con estes refugos fórmase a urina, que se almacena na vexiga. Cando a vexiga se enche a urina é uxpulsada pola uretra.

Page 11: Os alimentos

A dieta

Dieta: Conxunto de alimentos e auga que unha persoa toma cada día. É saudable se contén unha cantidade suficiente de todos os nutrientes e

de auga. É diferente para cada persoa en función das súas necesidades.

Dieta saudable. -Fai cinco comidas ao día. - Almorza alimentos enerxéticos -Non abusar de alimentos graxos. -Toma legumes unha ou dúas veces á semana. -Consume froitas e verduras a diario. -Limita os alimentos azucarados e con gas.

Dieta mediterránea: -Tómanse froitas, verduras , legumes e hortalizas. -O aceite de oliva é a fonte de graxa. -Tamén se consumen cereais e carnes brancas como o polo ou o coello e os peixes.

Page 12: Os alimentos

Hábitos saudables

Hixiene alimentaria: • Lava as mans antes de comer. • Utiliza os cubertos, pratos e vasos limpos. • Lavar ben froitas e verduras que vaias comer cruas. • Vixía que os alimentos estén en bo estado.

Exercicio físico. • Fortalece os ósos e os músculos e fainos máis flexibles e áxiles. • Prevén a obesidade.

O descanso e o sono: -Necesitamos descansar e durmir oito ou nove horas ao día. -No sono os músculos relaxanse e refórzase a memoria. -Medras máis.