Os bolechas

32
OS BOLECHAS VISITAN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA Estou seguro de que moitos de vós tedes oído falar de Sogama e que incluso sabedes cal é a súa actividade en Galicia, que non é outra que a de dar tratamento ao lixo que xeramos nos nosos fogares. Agora ben, cántos coñecedes o Complexo Medioambiental de Cerceda? Vístelo algunha vez? Sabedes que se fai cos residuos que chegan alí? O máis probable é que nunca visitárades estas instalacións, xa que, por cuestións de seguridade, só poden acceder ás mesmas os escolares maiores de 9 anos, pero a través dos nosos amigos “Os Bolechas” teredes a oportunidade de realizar unha viaxe, case real, ao lugar no que acaban os desperdicios que producimos nas nosas casas para ser aproveitados de novo. Con este obxectivo, en Sogama separamos, por un lado, os materiais que poden ser transformados en novos produtos, remitíndoos aos centros recicladores, e, por outro, a parte non reciclable (por exemplo, restos de alimentos, pañais, roupa vella en mal estado, etc), que convertemos en enerxía eléctrica. Por certo, sabiades que coa enerxía producida neste Complexo Medioambiental se pode subministrar electricidade a aproximadamente 100.000 vivendas? Ademais, a produción desta enerxía faise dunha forma limpa, sen que afecte ao medio ambiente. E como logra isto Sogama? Pois a través duns sistemas que depuran os gases que se emiten á atmosfera, evitando que estes contaminen o aire que respiramos. Así, o tratamento do lixo non carrexa problemas para o contorno no que vivimos. Pero, a pesar do labor que leva a cabo Sogama, a colaboración de todos nós resulta esencial para que ao Complexo chegue a menor cantidade de residuos posible. E como podemos axudar? Pois poñendo en marcha os tres erres, isto é, reducindo o lixo que producimos a cotío, reutilizando os materiales o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e clasificando en orixe os distintos materiais a fin de depositar cada tipoloxía no contedor correspondente. Recordade, no amarelo, os envases de plástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro; e no xenérico, o que xa non se pode reciclar. Coidar hoxe o medio ambiente é protexer o noso futuro. Os Bolechas enséñannos cómo facelo. Luis Lamas Novo Presidente SOGAMA

Transcript of Os bolechas

Page 1: Os bolechas

OS BOLECHAS VISITAN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA

Estou seguro de que moitos de vós tedes oído falar de Sogama e que incluso sabedes cal é a súa actividade en Galicia, que non éoutra que a de dar tratamento ao lixo que xeramos nos nosos fogares. Agora ben, cántos coñecedes o Complexo Medioambientalde Cerceda? Vístelo algunha vez? Sabedes que se fai cos residuos que chegan alí?

O máis probable é que nunca visitárades estas instalacións, xa que, por cuestións de seguridade, só poden acceder ás mesmas osescolares maiores de 9 anos, pero a través dos nosos amigos “Os Bolechas” teredes a oportunidade de realizar unha viaxe, casereal, ao lugar no que acaban os desperdicios que producimos nas nosas casas para ser aproveitados de novo. Con este obxectivo,en Sogama separamos, por un lado, os materiais que poden ser transformados en novos produtos, remitíndoos aos centrosrecicladores, e, por outro, a parte non reciclable (por exemplo, restos de alimentos, pañais, roupa vella en mal estado, etc), queconvertemos en enerxía eléctrica. Por certo, sabiades que coa enerxía producida neste Complexo Medioambiental se podesubministrar electricidade a aproximadamente 100.000 vivendas? Ademais, a produción desta enerxía faise dunha forma limpa,sen que afecte ao medio ambiente. E como logra isto Sogama? Pois a través duns sistemas que depuran os gases que se emiten áatmosfera, evitando que estes contaminen o aire que respiramos. Así, o tratamento do lixo non carrexa problemas para o contornono que vivimos.

Pero, a pesar do labor que leva a cabo Sogama, a colaboración de todos nós resulta esencial para que ao Complexo chegue amenor cantidade de residuos posible. E como podemos axudar? Pois poñendo en marcha os tres erres, isto é, reducindo o lixo queproducimos a cotío, reutilizando os materiales o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e clasificando enorixe os distintos materiais a fin de depositar cada tipoloxía no contedor correspondente. Recordade, no amarelo, os envases deplástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro; e no xenérico, o que xanon se pode reciclar.

Coidar hoxe o medio ambiente é protexer o noso futuro. Os Bolechas enséñannos cómo facelo.

Luis Lamas NovoPresidente SOGAMA

Page 2: Os bolechas

Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa

Page 3: Os bolechas

Edicións A NOSA TERRA

que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama

Page 4: Os bolechas

4

Os Bolechas queren saber onde vai o lixo que producimos nas nosascasas. Diariamente botamos nos contedores da rúa toneladas de lixo:espiñas, ósos, latas, bolsas, envases, trapos, cartóns... Onde vai todo isto?

CONTEDORXENÉRICO

Page 5: Os bolechas

5Unha grande parte do lixo queproducimos en Galicia vai aoComplexo Medioambiental de

Sogama, que está no concello deCerceda, entre Santiago e

A Coruña, onderecibe o

tratamentoque

veremosnas páxinas

seguintes.

PLANTATERMOELÉCTRICA

ALMACÉNDE CDR

PLANTA DE CLASIFICACIÓNDE ENVASES LIXEIROS

PLANTA DEELABORACIÓN DE CDR

PLANTA DESECADO

Page 6: Os bolechas

6 Os concellos que están lonxe do Complexo Medioambiental deSogama levan o seu lixo á planta de transferencia máispróxima. En Galicia hai 37. As plantas de transferenciason instalacións pechadas nas que os camiónsmunicipais descargan o lixo que recollen narúa. Desde estas plantas étransportado a Cerceda.

Este lixo vai xa separado: oprocedente do contedoramarelo por un lado e oprocedente do contedorxenérico por outro.O contedor de lixo xenérico énormalmente de cor verde.

Page 7: Os bolechas

7

PLANTA DE TRANSFERENCIA

Page 8: Os bolechas

8 O lixo que os camións municipaislevan ás plantas de

transferencia deposítaseen contedores

grandes etransportábeis.

CONTEDORTRANSPORTÁBEL

Page 9: Os bolechas

9

Os contedores transportábeis van en camión ou en tren desde as plantasde transferencia a Cerceda. O tren é moito máis respectuoso co medioambiente, mais non pasa por todos os concellos.

UN TREN EQUIVALE A30 CAMIÓNS

Page 10: Os bolechas

10 O tren e oscamiónsdescargan oscontedores enSogama. O lixoprocedente doscontedoresamarelos vai áPlanta deClasificación deEnvases Lixeiros.Nesta plantaselecciónanseautomaticamentesegundo o tipode envase.

OS ENVASES LIXEIROSSON OS ENVASES DE

PLÁSTICO, AS LATAS E OSBRIKS.

Page 11: Os bolechas

11AÍNDA QUE OS ENVASES SON SELECCIONADOSPOR MÁQUINAS, HAI QUE REVISALOS

MANUALMENTE, PORQUE PODE ESCAPAR ALGÚNMAL SELECCIONADO.

Page 12: Os bolechas

12 Unha vez clasificados os envases procedentes docontedor amarelo, pasan por unha máquina queos empaqueta para envialos a reciclar.

ENVASESEMPAQUETADOS

Page 13: Os bolechas

13

Cos envases reciclados fanse outras cousas que volvemos utilizar: bolsas,roupa, mobiliario urbano, sinais de tránsito, bancos para parques,caldeiros, etc. A reciclaxe é unha boa maneira de aproveitarmos o lixo.

Page 14: Os bolechas

14

Para poder reciclar o lixo, é imprescindíbel separalo antes na casa,porque, se botamos os envases lixeiros mesturados cos outros residuos,non se poderán reciclar.

VIDRO

PAPEL E CARTÓN XENÉRICOENVASESLIXEIROS

Page 15: Os bolechas

15

Na rúa, debemos botar cada cousa no seu contedor. A Sogama sóchega o lixo dos contedores xenéricos e amarelos. O vidro, o papel e ocartón recólleos o concello ou empresas que os envían a reciclar.

VIDRO

ENVASESLIXEIROS

PAPEL E CARTÓN

XENÉRICO

Page 16: Os bolechas

16

Page 17: Os bolechas

17O lixo xenérico quechega a Sogamadescárgase na Plantade Elaboración deCombustíbel.En total, chega cadadía ás instalacións deSogama o lixoprocedente de 294concellos galegos, oque producimos máisde dous millóns dehabitantes.

Page 18: Os bolechas

18

O lixo xenérico que chega á Planta de Elaboración de Combustíbel,xeralmente non se pode reciclar, por iso é moi importante que, candomerquemos algo nunha tenda, escollamos produtos reciclabéis.

DO LIXO XENÉRICO QUE CHEGA AESTA PLANTA, SÓ O FERRO E O

ALUMINIO PODEN SER RECICLADOS.

Page 19: Os bolechas

19

Un guindastre recolle o lixo do foso cunha pinza xigante e bótao nunhatobeira. A parte grosa do lixo tritúrase e a parte máis fina transpórtase áplanta de secado.

TOBEIRA

Page 20: Os bolechas

20 A parte grosa triturada ea parte fina, xa seca,mestúranse e obtensecon elas un combustíbelque se chama CDR(Combustíbel Derivadode Residuos). O CDRpasa despois á PlantaTermoeléctrica, onde sequeima de maneiracontrolada paraproducir electricidade.Esta electricidade vai áscasas e tamén a consumea propia Sogama.

A CANTIDADE DEELECTRICIDADE PRODUCIDA

DARÍA PARA ABASTECER100.000 VIVENDAS.

Page 21: Os bolechas

Sogama emprega unha tecnoloxíaque permite reducir en grandemedida as emisións de gasescontaminantes que saen ao aire.

21

Page 22: Os bolechas

22

A Planta Termoeléctrica tamén produce cinzas e escouras. As cinzasalmacénanse en sacos nun depósito de seguridade, porque, de momento, nonse poden reutilizar. As escouras van noutro recinto e poden ser reutilizadas.

SACOS DE CINZAS

As escouras son restosde pedras, cerámica eanacos de ladrillo queveñen mesturados co

lixo. As escouras podenreutilizarse no firme das

estradas.

Page 23: Os bolechas

Tratar o lixo que producimos costa moito diñeiro e deteriora o medioambiente. Por iso é importantísimo reducilo. Canto menos lixoproduzamos, mellor. Todos podemos axudar, como Carlos, Pili e Braulio.

USANDO PANOSDE TEA, NON DE

PAPEL..

LEVANDO ABOLSA DA CASA,PARA NON USAR

BOLSAS DEPLÁSTICO.

APROVEITANDOAS SOBRAS DACOMIDA, NON

TIRÁNDOAS.

23Consellos para producir menos lixo:

Page 24: Os bolechas

24

Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense aproveitar osresiduos orgánicos para facer compost doméstico, que é un fertilizantenatural para plantas e cultivos.

RESIDUOSORGÁNICOS:FOLLAS, PAUS,

RESTOS DECOMIDA...

Page 25: Os bolechas

25

O compost faise mesturando nun composteiro residuos vexetais e residuosda cociña. Despois reméxese esta mestura durante varias semanas,humedécese, e, cando estiver pronta, quítase pola parte de abaixo.

NOCOMPOSTEIRO OSRESTOS CHEGAN

A 60 ° DETEMPERATURA

COMPOST

Page 26: Os bolechas

Os fabricantes e comerciantes producirían moito menos lixo, eliminandoenvases e envoltorios innecesarios. Nós tamén podemos colaborar adquirindoprodutos con pouca embalaxe e escollendo materiais reciclábeis e reciclados.

26 Temos que mudar os hábitos de consumo, para producirmos menos lixo.Mais o mellor é non producilo: lixo cero.

Page 27: Os bolechas

27O máis importante é pór en práctica os tres R:

Reducindo.Por exemplo,mercando produtosque non veñanenvasados.

Reutilizando.Por exemplo, debuxandopolas dúas caras dopapel ou en papeisvellos.

Separando paraReciclar.Botando o lixo nocaldeiro e contedorque corresponda.

Page 28: Os bolechas

Lembra:

No Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda,trátase a maior parte do lixo que producimos en Galicia.

Os envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks)pódense reciclar.

Para poder reciclar os residuos, é imprescindíbelseparalos antes na casa.

A Sogama chega o lixo que producen máis de dousmillóns de habitantes de 294 concellos galegos.

28

Page 29: Os bolechas

Temos que mudar os hábitos de consumo para producirmenos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo CERO é ameta que debemos conseguir.

Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódenseaproveitar os residuos orgánicos para facer compostdoméstico.

Para protexer o medio ambiente, lembra sempre os tresR: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

29

Page 30: Os bolechas

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS:Os Bolechas lavan o canOs Bolechas xogan ás escondidasOs Bolechas van ao cineOs Bolechas fan maxiaOs Bolechas van ao médicoOs Bolechas van ao supermercadoOs Bolechas van de excursiónOs Bolechas van á praiaOs Bolechas van pola rúaOs Bolechas teñen medoOs Bolechas xogan co ordenadorOs Bolechas van mercar roupaOs Bolechas cortan o peloOs Bolechas van ao circoOs Bolechas van á aldeaOs Bolechas van á piscinaOs Bolechas van de acampadaOs Bolechas van a un cumpreanosOs Bolechas van de pescaOs Bolechas teñen gatoOs Bolechas fan pisOs Bolechas fan un carroOs Bolechas están namoradosOs Bolechas perderon o canOs Bolechas van ao parque de atracciónsOs Bolechas vaná hamburgueseríaOs Bolechas xogan ao baloncesto

Os Bolechas pelexan cunha avespaOs Bolechas van a un festivalOs Bolechas van en caravanaOs Bolechas rifan no cuarto de bañoOs Bolechas teñen unha curmá

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS van de viaxe:Buscan a Linda en PontevedraA moeda de LugoPrimeiro amor en FerrolA vaca da AmaíaO castelo encantado d’O PorriñoCarreiras en PoioO tesouro de Baiona

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS queren saber...:que é o aireque é a enerxíaque é a augaque é o lixoque é o solocómo é un parque de bombeiroscómo é a policía localcómo é unha bibliotecacómo é un acuarioCómo é un castro

© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A.

Deseño da colección, texto e debuxosde Pepe Carreiro

ISBN: 000000D.L.: VG-000000Impresión e encadernación:Comercial Gráfica Nós, S.A.Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo

Page 31: Os bolechas
Page 32: Os bolechas