Os castros

38
Como xurdiu Todo comezou falando sobre o traballo que estaban a realizar os nenos e nenas de primeiro de primaria, pois estaban a investigar o mundo do que eles e elas chaman os “Trogloditas”. Isto da pé a unha conversa na que os nenos e nenas de 6º contan un pouco do aprendido no curso de 5º sobre a prehistoria, o interesante que lles resultou o tema e que cousas consideraban eles e elas relevantes sobre esta parte da historia. Esta conversa abre diferentes frontes de contidos históricos que emerxen de forma simultánea na aula, entre outros comentarios faise referencia ao mundo Celta e a relación que existe entre este mundo e a celebración que se vai facer a finais do mes, o “Halloween”. Alguén lembra o nome de Samaín como sinónimo de Halloween. Durante a conversa aporto ao grupo información sobre a posible orixe das dúas palabras, e danos pé a preguntarnos se os nenos e nenas pequenas saberán da existencia das mesmas. Propóñolles entón investigar máis sobre o tema e parécelles boa idea.

description

traballo sobre os Celtas

Transcript of Os castros

Page 1: Os castros

Como xurdiu

Todo comezou falando sobre o traballo que estaban a realizar os nenos e nenas de primeiro de primaria, pois estaban a investigar o mundo do que eles e elas chaman os “Trogloditas”. Isto da pé a unha conversa na que os nenos e nenas de 6º contan un pouco do aprendido no curso de 5º sobre a prehistoria, o interesante que lles resultou o tema e que cousas consideraban eles e elas relevantes sobre esta parte da historia. Esta conversa abre diferentes frontes de contidos históricos que emerxen de forma simultánea na aula, entre outros comentarios faise referencia ao mundo Celta e a relación que existe entre este mundo e a celebración que se vai facer a finais do mes, o “Halloween”. Alguén lembra o nome de Samaín como sinónimo de Halloween.Durante a conversa aporto ao grupo información sobre a posible orixe das dúas palabras, e danos pé a preguntarnos se os nenos e nenas pequenas saberán da existencia das mesmas. Propóñolles entón investigar máis sobre o tema e parécelles boa idea.

Page 2: Os castros

Nos cuartos de primaria o proxecto xurdiu practicamente do mesmo xeito nas tres aulas. Falamos de que temas lles estaban resultando interesantes no resto de asignaturas e comentando os contidos de Coñecemento do Medio, falamos da época da prehistoria, tema sobre o que tamén estaban a traballar na clase de dramatización. Informeinos entón de que outros grupos do centro estaban investigando sobre o mesmo tema e propúxenlles ampliar coñecementos na aula de lingua.Aos tres Cuartos pareceulles boa idea. Póñome en contacto coas compañeiras de primeiro ciclo de primaria e infórmanme sobre a evolución dos seus proxectos sobre a época prehistórica, que contidos estaban a traballar e que tipo de actividades se estaban a realizar para desenvolver os mesmos. Ao mesmo tempo, falo coa mestra de dramatización que tamén me informa do seu traballo cos cuartos de primaria e o mesmo con outros mestres e mestras (música, matemáticas de terceiro ciclo, mestra de pedagoxía terapéutica, mestra de audición e linguaxe...) A mestra de inglés coméntame a idea que xurdiu no 1º ciclo de dedicar un día a festexar o Halloween e o Samaín xunto coas mestras de lingua de 1º de primaria. Cando informo aos alumnos e alumnas de 4º, alguén comenta que estaría ben facer un traballo conxunto entre todas as persoas do centro que están a traballar contidos relacionados cos “prehistóricos”, anotamos esta proposta pois pareceunos a todos e a todas moi interesante.

Page 3: Os castros

En posteriores sesións, nas tres aulas de 4º de primaria foi dándoselle forma a idea de crear unha aldea Celta no monte do cole e preparar actividades relacionadas con este pobo para realizalas nun día no que os nenos e nenas de primeiro de primaria virían a vernos. Comeza a chegar distinto tipo de material a aula: fotocopias de enciclopedias, textos e debuxos de internet, libros de bandas deseñadas sobre o Samaín, fotografías e debuxos feitos por eles e elas mesmos.... Todo o material vaise deixando nunha zona da aula, a que os nenos e nenas se achegan par ver, comentar, manipular, etc. Neste espacio, colocamos tamén (na parede) o que “imos facendo e aprendendo”, pois é importante que os nenos e nenas vaian aprendendo que para conseguir algo (saber, construír,...) seguimos uns pasos. Isto é a idea de proceso. Coméntase en asemblea a información que vai chegando: lendo o material, escribindo e discriminando a información e subliñando aquela que máis nos interese para o proxecto (ideas principais), é dicir, seleccionamos aquela información que responde mellor aos nosos interrogantes, dilemas,..., xurdindo actividades e novas propostas para facer (preparar textos relacionados cos Celtas, investigar sobre xogos típicos dos celtas e traballalos na aula de educación física, investigar sobre comidas típicas da época, descubrir como facían para repartir os alimentos, contar os animais, cazar, pescar, a que dedicaban o seu tempo de lecer, que instrumentos musicais tocaban... e preparar unha especie de representación para aprender dun xeito máis gráfico).

Page 4: Os castros

A partir dun libro de banda deseñada titulado “A Noite de Samaín” (de Pepe Carreiro, Ed. Toxosoutos) xorde a idea de preparar unha representación para explicarlle aos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria aspectos sobre a vida dos Celtas e o día Do Samaín en concreto.

Manipulando esta información, aparecen novos intereses por parte dos alumnos e alumnas de “6ºB”:

Resúltalles moi interesante investigar por que se crean os lindes dos países, que son as fronteiras, quen decide por onde poñelas...

Tamén comentamos a importancia que teñen en lingua as frases feitas, os ditos e os refráns, pois unha das personaxes da historia comunicábase practicamente a través deles, e consideramos a posibilidade de continuar investigando sobre este tema.

Page 5: Os castros

Segue chegando material á aula e traballamos sobre el.

En “4ºB” varias persoas trouxeron traballos realizados por eles. Falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes e por exemplo, Noa falounos de que lle sorprendía que xa en aquela época, as mulleres se tiñan que quedar en casa facéndoo todo mentres os homes non se dedicaban a case nada das cousas do poboado.

A raíz deste comentario xurdiu un debate na aula e falamos entón sobre a “igualdade” entre homes e mulleres.

Segundo os nenos de clase, as nenas, ao igual que na época dos Celtas, son as que teñen máis tempo libre, pois os nenos realizan máis actividades extraescolares polas tardes. Pregunto entón a todos e todas na clase que tipo de actividades realizan polas tardes e tras facer un reconto, as nenas facían unha media de tres actividades diferentes durante a semana, e os nenos máis ou menos tres. A principal diferencia era que, maioritariamente as actividades dos nenos eran deportivas (fútbol, natación...) e entre as nenas habíaas deportivas pero tamén académicas (inglés, pintura...).

Page 6: Os castros

A opinión arredor deste tema transcorreu dun xeito máis ou menos así: Luís opina que nenos e nenas son iguais. Tatiana, tamén opina que son iguais. Anwar non sabe, non quere opinar sobre o tema. Carmen di que todos somos iguais, todos nacemos da mesma maneira e temos os mesmos dereitos, mais indica que seus irmáns deberían colaborar igual que ela nas tarefas de casa, pois considera que non o fan. Sabela nos conta que ela e seu irmán non fan as mesmas cousas en casa, cando lle toca poñer a mesa a el, este só fai protestar pois a el o único que lle gusta é ver a tele. Miguel cree que algunhas nenas poden facer cousas coma os homes, pero outras, algunhas veces non saben, e tamén recoñece que el non sabería facer cousas que fan as nenas. Noa pensa que non temos que ser distintos, aínda que na realidade pasa iso. Jorge Quintana ten dúas irmás e non fan as mesmas cousas en casa, pois el ten moitas actividades, como fútbol, golf... e iso fai que non “poda” facer cousas de casa. Andrea ten un irmán máis pequeno ca ela e nunca fai o mesmo ca ela, pois aínda sendo máis pequeno, se se propuxera facer cousas, podería facelas. Alex pensa que as nenas e nenos son capaces de facer as mesmas cousas, pois Deus creounos iguais. Antía cre que si somos iguais e podemos facer as mesmas cousas. Jorge Quiroga afirma que todas as persoas están capacitadas para facer as mesmas cousas, en igualdade de condicións. Laura pensa, que en cuestión de deportes, todos podemos facer as mesmas cousas, os dereitos deberían ser iguais para todos. Brais di que os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos. Blas opina que dependemos do que nos deu a natureza, pero que a natureza case nos deu a todos as cousas necesarias para intentar cumprir os nosos soños. Iago pensa que todo o mesmo é igual. Daniela pensa que as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos e capacidades. Claudia di que podemos facer as mesmas cousas , aínda que hai cousas que nos custan máis facer a uns e outras a outros. Carlos opina que non entende como as mulleres poder facer ballet. Ana cree que é inxusto que os homes se queden tirados no sofá mentres as mulleres fan todas as cousas da casa. Nicolás opina que sería un pouco raro ver aos homes facendo ballet e se levantan unha perna que se lle vexan todos os pelos, queda pouco estético. Antía pensa que todos temos os mesmos dereitos, ela ten un irmán que pensa que fai as mesmas cousas que ela. Manolo opina o mesmo que todos e todas, “os homes teñen que quedarse tirados no sofá e as mulleres facer todas as cousas da casa... que non, que é broma”. Adrián tamén opina que todos poden facer o mesmo, el vai a taekuondo e ve a mozas que teñen cinturón moi altos e loitan moito mellor que moitos nenos.

Page 7: Os castros

Outra información que os nenos e nenas consideraron interesante poñer en común na aula en relación co mundo dos Celtas era por exemplo:

Jorge Quiroga destaca da información que trouxo á clase a cantidade de linguas diferentes que empregaban os Celtas para Comunicárense. Laura considera moi interesante que as mulleres, a parte de facer tódalas tarefas de casa que facían, tamén sacaban tempo para traballar a cerámica. Andrea contounos que os Celtas tiñan obsesión polo número “tres” e pintábano continuamente. Jorge Quintana impresionouno como eran capaces de construír tan ben esas casas.

Ao mesmo tempo que analizamos a información traída por eles e por elas, tamén analizamos a información que xa se atopaba na aula e que trouxeran compañeiros e compañeiras doutras clases.

Page 8: Os castros

En sesións posteriores, en grupos de traballo, discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir aos nenos e nenas de primeiro. Así: Carmen, Sabela, Ana, Nicolás e Aitana propuxeron: Realizar xogos que facían no seu tempo de lecer, descubrir como era a súa roupa, que comían e como facían para atopar a comida, bailes tradicionais, medicinas que empregaban, como construían as casas, como viaxaban, como cazaban, como conseguían lume ou como decoraban as casas.

Alejandro, Daniela, Jorge Antía e Andrea propuxeron: Andrea propuxo no grupo facer un teatro sobre os celtas e preparar preguntas para os nenos e nenas pequenas, para saber se entenderon. Jorge propuxo esconder cousas dos Celtas polo monte e facer que os nenos e nenas os atopasen, unha vez atopados, explicarlles eses obxectos. Alex propuxo facer unha guerra de landras. Daniela propuxo esconder uns papeis con preguntas, logo, por grupos, facer unha especie de concurso.

Page 9: Os castros

Laura, Iago, Brais, Blas e Félix propuxeron: Laura propuxo construír un castro, Félix, desenvolver os muros para protexer o castro, Iago quere falar sobre onde vivían e que cousas comían. Brais propón preparar un pequeno diálogo para falarlles aos nenos. Blas que teñan moito espacio para andar, para falar e explicarlle aos nenos e nenas.

Noa, Jorge, Miguel, Carlos e Claudia propuxeron: Cada un deles e delas preparou unha proposta individual, logo discutíronas e votaron no grupo cal lles pareceu máis interesante, esa foi a que nos contaron, preparar roupa e explicarlles como vestían. Cravar as teas no chan e explicar o proceso de curtido, de como se tinxían as prendas ...

Manuel, Adrián, Luís, Anwar e Tatiana propuxeron: Propoñen dicirlle aos nenos como era a historia do Samaín, contándolles que tipos de animais tiñan nos poboados e en que espíritos crían. Ademais foron uns dos primeiros en empregar o metal.

Page 10: Os castros

Posteriormente, en asemblea, discutimos todas as propostas e analizamos as que nos pareceron máis interesantes, chegando á conclusión de que podíamos intentar realizar a “búsqueda do tesouro”, escondendo obxectos e explicándolles aos nenos e nenas para que servían eses obxectos. Para desenvolver esta actividade, dividímonos novamente en grupos de traballo:

Alejandro, Adrián, Jorge Quintana, Nicolás,Félix:Prepararon un cartel e buscaron información sobre a lanza

Daniela, Luís, Sabela, Blas, Iago:Están preparando uns dados nos que hai debuxos Celtas e explicarán o seu significado.

Jorge Quiroga, Anwar, Brais, Miguel, Manolo:Teñen pensado prepara unha machada Celta e explicar o seu uso.

Antía, Carmen, Carlos, Claudia, Noa:É un grupo que está a traballar moi ben, están a preparar unha ánfora para explicar os seus usos.

Andrea, Aitana, Tatiana, Laura, Ana:Están a traballar moi ben, pensan ensinarlles aos demais como eran os escudos que empregaban os Celtas para se defenderen.

Claudia trae para traballar no seu grupo “Mitos, ritos e lendas de Galicia”, pois pensa que lles pode resultar interesante e útil para elixir o obxecto.

Page 11: Os castros

É moi interesante destacar que ao mesmo tempo que analizamos a información traída por eles e por elas, tamén analizamos a información que xa se atopaba na aula e que trouxeran compañeiros e compañeiras doutras clases, isto fai que todos os grupos se enriquezan entre eles, e continuamente estea chegando material á aula.

Así pois, en “4ºC,” varias persoas tamén trouxeron traballos realizados por eles e por elas. Falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes: Ana trouxo fotos de como eran os castros, como se construían e como foron desaparecendo. Chamoulle a atención o apertados que vivían os celtas, pois para ela, construían moi xuntos. Aroa conseguiu información sobre a historia, de onde viñan, como vivían e concretamente do Samaín. Chamoulle a atención que os celtas vivisen fundamentalmente da agricultura, pois ela pensaba que só se dedicaban a cazar. Xoel destacou da información que trouxo as festas que realizaban os Celtas e as lendas que tiñan, tiñan moitas crenzas e moitas lendas. César destacou a variedade de grupos de Celtas que vivían naquela época. Os pacíficos e os conquistadores aos cales, segundo César, pertencían os Galegos, pois eras os máis coñecidos. Sarai centrouse na festa do Samaín, resultoulle moi curioso que fosen os Celtas os inventores da mesma e non o Halloween.Alex comentounos o interesante que lle resultou a construcción das armas Celtas.

Page 12: Os castros

En posteriores sesións segue chegando máis material á aula de “4ºC”: Guille comenta que lle resultou interesante cómo se espallaron os Celtas por toda Europa, e como tiveron que pasar polos Pirineos para Chegar ata as nosas zonas. Javi P. quedou sorprendido ao coñecer que os tellados das casas dos Celtas están feitas de palla e barro. Javi F. Contounos como facían a roupa coa pel dos animais. Arsú contounos que os guerreiros Celtas facían tatuaxes por todo o corpo. Manuel quedou sorprendido pola “escritura” e os adornos que facían os Celtas. En relación coa idea de preparar algo para os nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria , Os nenos e nenas de “4ºC” dividíronse en grupos de traballo e discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir. Así:Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara, propuxeron explicarlles aos nenos pequenos como preparaban os Celtas o Samaín e logo contarlles unha historia. Iago, Manuel, Juan De Cabo, Javi P. e Brais, propuxeron explicarlles como van a ser as casas dos celtas, que comían, como loitaban, teñen pensado coller un folio grande e con follas e paos, construír na folla un castro Celta.Uxía, Aroa, Laura, César e Pedro, propuxeron ensinarlles como inventaban as armas, como cazaban e despois facer un taller para ensinarlles a facer unha machada con un pao e unha pedra.Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e Artai, propuxeron facer armas para ensinarlles como se protexían, logo tamén ensinarlles o tipo de roupa que empregaban, como facían os arcos, para que empregaban as machadas. Logo facer un taller para construír un arco Celta e un taller de pintura de cara para ensinarlles como se pintaban.Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo G, propuxeron mandarlle aos nenos e nenas facer unha casa pequena e ensinarlle de que materiais estaban feitos.Facer unha casa de papel e colorealos por dentro.Taller para facer lanzas e explicarlles para que as empregaban e como as empregaban.

Page 13: Os castros

Posteriormente, en asemblea, discutimos todas as propostas e analizamos as que nos pareceron máis interesantes, chegando á conclusión de que podíamos intentar realizar unha mestura de varias actividades. creamos un “taller de manualidades” para ensinarlles a construír diferentes obxectos que empregaban os Celtas, machados de pedra, arcos, lanzas (a idea inicial foi que os de 4º constrúan un modelo e os e as pequenas vexan como se constrúe), posteriormente, se faría un taller para:Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara: Prepararon un pequeno texto...O Samaín comezou así, unha noite moi famosa que ten como data o 31 de outubro, era xusto a noite na que os mortos viñas ao mudo dos vivos e os vivos ían ao mundo dos mortos. Contábanse moitas lendas e a xente adoitaba poñer cabazas para protexerse das bruxas ...Pero para quen é máis importante? Esta noite é a noite máis importante para os Celtas. Así é o Samaín.

Iago, Manuel, Juan De Cabo, Javi P, Brais:Están a preparar un manual para construír unha maqueta dun poboado Celta

Uxía, Aroa, Laura, César e PedroEstán a preparar un manual para explicar no taller como se fai unha machada.

Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e ArtaiEstán a preparar un manual para explicar no taller como se fai un arco.

Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo GEstán a preparar un manual para explicar no taller como se pintaban debuxos Celtas.

Page 14: Os castros

Segue chegando material á aula co que traballamos, en “4ºA” tamén falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes de todos os traballos que ían traendo e xa había na aula.Pablo Arroyo, por exemplo, comentounos que lle chamaron a atención os rituais que empregaban os Celtas para venerar aos deuses, sorprendérono o emprego de caldeiros e potes nos que preparaban pócemas. En relación coa idea de preparar algo para os nenos e nenas de Primaria , Os nenos e nenas de “4ºA” dividíronse en grupos de traballo e discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir. Así:P.Albertuz, P.Arroyo, Jesús, Bruno, David S. Propoñen unha actividade que se chama lanzamento de peso. Realizarase tirando landras. Aforcado con palabras relacionadas con Celtas. No chan pintaranse os espazos dalgunhas palabras para que os nenos e nenas descubran as mesmas.Taller Celta, crear unha fábrica de martelos, espadas de paos, para ensinarlles algúns obxectos típicos daquela cultura.A chave, van a facelo con cordas atadas e van a coller unha pedra para que lle dean aos paos. De todas estas propostas feitas polo grupo, elixiron para facer o taller.

Page 15: Os castros

Oscar, Jorge, Adrián, María G.,Iago. Teñen pensado explicarlles un pouco do que é a noite do Samaín. Tamén explicarlles un pouquiño que son os Celtas e como vivían.A súa actividade é unha especie de Oca ou Trivial para facérenlle preguntas aos nenos e nenas sobre a historia.Carla, Lara, P.Buján, María A.,Mario. Teatro do Samaín, teñen pensado facer cando os mortos veñen ao castro e despois collen a un dos do castro e convértese nun morto. Teñen un narrador que vai contando a historia.Outra actividade é un labirinto dos Celtas, mediante fotocopias crean un labirinto e danllo aos nenos e nenas para que o fagan. Carreira dos Celtas. Van a coller un obxecto do mundo dos celtas que poñen ao final dun circuíto. Aquel que primeiro o colla ten que levalo de novo ao comezo da carreira e alí se lle explicará que é e para que serve.Pintar debuxos dos Celtas, facer debuxos para que os e as pequenas teñan que colorealos.Das catro propostas elixen a carreira do circuíto para presentala como actividade de grupo.

Page 16: Os castros

Aida, P.Lorenzo, P.Bernardez, Laura, Alex A pantasma cega, unha especie de pita cega, cando agarren a alguén debe adiviñar quen é esa persoa. Para comezar a actividade, teñen unhas papeletas con palabras sobre o Samaín, logo farán preguntas, e quen acerte comezará o xogo sendo a pantasma Cega. O Asasino. Cazadores de Pantasmas. Xogo similar ao pilla pilla pero caracterizado para o día do Samaín. Manualidades, facendo con papeis figuras do Samaín.Presentarán como actividade de grupo a de cazadores de pantasmas.David F, Alberto, Natalia, Sofia, Nicolás.A búsqueda dos Celtas, escondéndose con disfraces dos celtas, cando nos atopen explicámoslles como imos vestidos e dámoslle pistas para que atopen a outras persoas que tamén van disfrazadas. A Oca da información, temos un taboleiro e temos que poñer uns dados, cando tiramos os dados tócanos nunha viñeta que hai unha cara de orcabella, entón temos que explicarlle quen é orcabella. Conecta catro, poñemos como o catro en raia e abaixo de todo poñemos como caras de Celtas. Cando alguén faga unha liña, explicámoslles que roupa levaban, que facían.A persecución de Orcabella, xogo como a pita pero co personaxe de orcabella como persoa que colle. Para salvarse deben facer un círculo no chan. Bingo tolo, fan uns taboleiros con caras. E a cada neno e nena se lle da unha ficha, cando alguén faga unha liña coincidindo as caras do taboleiro coa do seu cartón, explicaráselle algo relacionado cos Celtas.De tódalas actividades, este grupo propón a búsqueda dos Celtas.

Page 17: Os castros

Posteriormente, en asemblea, discutimos todas as propostas e analizamos as que nos pareceron máis interesantes. Nesta sesión houbo un consenso case unánime de que tódalas propostas estiveran moi ben presentadas, polo que se chegou ao acordo de facer unha votación para elixir aquelas actividades que se realizarían en gran grupo.

Así:

Oscar , Alex, P.Arroyo, Jesús, P. Albertuz e Bruno, pareceulles moi interesante realizar o taller de Obxectos Celtas.

Paula B, Jorge, Mario, Iago e María A. Opinaron que estaría ben realizar a Carreira para coñecer obxectos Celtas.

Adrián, María, David, Sofía, Natalia, Alberto, Nico, Carla, Lara, Paula Buján, quixeron realizar a búsqueda dos Celtas.

Paula Lorenzo, Aida, David e Laura consideraban interesante realizar a Actividade dos Cazadores de Pantasmas no Samaín.

Page 18: Os castros

Como houbo unha actividade que tivo un maior número de apoios, consideraron intentar realizar a búsqueda dos Celtas, na que os nenos e nenas se disfrazarían de Celtas por todo o poboado, e unha vez atopados, irán explicando en que consiste a súa roupa...

Na seguinte sesión, en asemblea, discutimos a viabilidade de realizar esta actividade e consideramos a posibilidade de modificala un chisco, pois aínda que resultaba moi atractiva, todos e todas entenderon que podería ser moi complicada a súa realización. De tal xeito que houbo unha nova proposta:

En vez de ser eles e elas os que se disfrazarían, construirían un “maniquí” para poñerlle a roupa que esconderían polo poboado Celta, así:

Paula, Paula, Alex, Aida, Laura: pensaron en facer un maniquí dunha chica Celta. Iago, Jorge, Adrián, María, Oscar: pensaron en facer un maniquí dun chico Celta.Mario, Lara, P.Buján, Carla, MaríaA: teñen pensado facer unha chica troglodita, con un vestido de leopardo, un oso na cabeza e uns quentadores nas pernas.Jesús, Albertuz, Arroyo, Souto, Bruno: teñen pensado facer un maniquí chico. Sofía, Natalia, Nicolás, David, Alberto: unha chica Celta con casco e con unha descrición detallada do maniquí.

Page 19: Os castros

En 6ºB varias persoas seguiron traendo traballos e tamén falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes.

Lupita viu como moi interesante o cambio de ano que se produce no Samaín. Natalia Tamén comentou como curiosidade que a fiestra que unía os dous mundos, no Samaín tiña que ter comidas doces para protexérense. Elia trouxo fundamentalmente debuxos, destacando un feito a ordenador, no que se facía unha composición dun guerreiro Celta a través de diferentes restos arqueolóxicos atopados en Galicia. Shalom coméntanos que como curiosidade, os druídas facían debuxos nos menhires e nos dolmens. Marta pareceulle curioso, tamén dos druídas a forma de preparación do Samaín. Collían un pao e puñan a Cabeza do inimigo nel. Para ela foi interesante descubrir iso. Carmen considera interesante as partes nas que dividían as estacións do ano os Celtas, unha parte escura e outra luminosa. Estéfana quedou impresionada coas pinturas rupestres. Os Celtas consideraban como boa sorte os debuxos, pois consideraban que lles darían sorte para cazalas.

Page 20: Os castros

Os nenos e nenas de “6ºB” de primaria discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir aos nenos e nenas de primaria. Así, Estéfana, María, Lupita, Niels, Abraham : Representación da noite do Samaín.

Elia, Shalom, Helena, AnaD , Carmen: Xogos: que xogos facían os Celtas.

Natalia, Sofía, Xiana, Antón, Hugo: Taller de pinturas rupestres.

AnaJ. Aida, Marta, Iago, Pedro: Fabricar instrumentos: coa axuda do profe Rafa, realizar un taller de chifros de landras.

Guilherme., Alex, John, Diego, Roi: Druídas: quen son os druídas, que facían...

Certo é que desta vez, houbo xente que tivo que ceder un pouco pois prefería facer outra cousa, pero entendeu que o importante non é tanto o que se fai de xeito individual, senón o que se fai como grupo clase.

Page 21: Os castros

Ao mesmo tempo que estamos a traballar nas nosas sesións, preparando e investigando sobre este mundo pre- histórico, en outras aulas faise o mesmo, prepáranse actividades e deséñanse uns días nos que se amosarán os traballos.Así, os nenos e nenas de 6ºA, elaboraron uns días de presentación de actividades, nos que se organizaría o traballo de exposición do seguinte xeito:

Luns 7 novembro 5ºC 6ºB 6ºC

1ºA Elisa 1ºB Fátima

1ºC Carolina

1ºB Fátima1ºC Carolina

1ºA Elisa

1ºC Carolina1ºA Elisa

1ºB Fátima

10:00-10:1510:15-10:3010:30-10:45

2ºA Nicolás2ºB Sandra

2ºC Jorge Pazos

2ºB Sandra2ºC Jorge Pazos

2ºA Nicolás

2ºC Jorge Pazos2ºA Nicolás2ºB Sandra

recreo recreo recreo

11:25-11:4011:40-11:5511:55-12:10

3ºA Margarita3ºB Coqui

3ºC Pili

3º B Coqui3ºC Pili

3ºA Margarita

3ºC Pili3ºA Margarita

3ºB Coqui

12:15-12:3012:30-12:4512:45-13:00

4ºA Belen4º B Oscar4º C Pili

4º B Oscar4º C Pili4ºA Belen

4º C Pili4ºA Belen4º B Oscar

recreo recreo recreo

13:35-13:5013:50-14:0514:05-14:20

5ºA5ºB

-------María/Alicia, Rafa, Fran

5ºB-------5ºA

María/Alicia, Rafa, Fran

--------5ºA5ºB

María/Alicia, Rafa, Fran

Contidos Calendario CeltaAs moedas CeltasComo contaban os Celtas

Arte rupestreInstrumentosXogos CeltasLendaDruídas

Construcción dun reloxo de sol A medida no tempo na antigüedade

Page 22: Os castros

Martes 8 novembro 4ºA 4ºB 4ºC

9:10-9:259:25-9:409:40-9:55

1ºA Elisa1ºB Fátima

1ºC Carolina

1ºB Fátima1ºC Carolina

1ºA Elisa

1ºC Carolina1ºA Elisa

1ºB Fátima

10:00-10:1510:15-10:3010:30-10:45

2ºA Sandra2ºB Fátima

2ºC Jorge Pazos

2ºB Fátima2ºc Jorge pazos

2ºA Sandra

2ºC Jorge Pazos2ºA Sandra2º B Fátima

recreo recreo recreo

11:25-11:4011:40-11:5511:55-12:10

3ºA Margarita3ºB Fran 3ºC Belén

3ºB Fran 3ºC Belén3ºA Margarita

3ºC Belén3ºA Margarita3ºB Fran

12:15-12:3012:30-12:4512:45-13:00

5ºA5ºB5ºC

Álvaro, María/Alicia,Isabel P.

5ºB5ºC5ºA

Álvaro, María/Alicia,Isabel P.

5ºC5ºA5ºB

Álvaro, María/Alicia,Isabel P.

recreo recreo recreo

13:35-13:5013:50-14:0514:05-14:20

6ºA6ºB6ºC

Fran, Mar, Olaia/ José Mª

6ºB6ºC6ºA

Fran, Mar, Olaia/ José Mª

6ºC6ºA6ºB

Fran, Mar, Olaia/ José Mª

ContIdos A búsqueda das roupas Celtas A búsqueda de tesouros Celtas Talleres:PinturasMachado SamaínArcoMaqueta Castro

Page 23: Os castros

Tamén se elaborou unha circular para informar aos mestres e mestras sobre ditas actividades: Os vindeiros luns 7 e martes 8 de novembro, temos preparadas unhas xornadas que implicarán cambios significativos na rutina habitual de traballo de todas e todos nós. Con esta experiencia pretendemos que os nosos nenos e nenas aprendan investigando, escoitando, explorando... buscando novos camiños de axuda para pensar, confrontar ideas e facer súas diversas ferramentas que lles permitan descubrir información e medrar intelectual e moralmente a través desas adquisicións Sabemos que as interaccións entre as e os educandos son unha boa ferramenta de aprendizaxe, e ollar os seus resultados é o que os fai aínda máis interesantes.Por iso, adicaremos estes días a amosar o traballo que fixeron os alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de primaria, pois entendemos que esta forma de traballar fomenta a relación das informacións para pasar a formar parte da experiencia, sendo os propios nenos e nenas parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pretendemos fomentar a idea de que todos e todas somos capaces de aportar, facendo as cousas cada quen ao seu xeito, sempre respectando a capacidade e o ritmo de cada persoa, e valoramos e apostamos dun xeito claro polo traballo en equipo, a coordinación entre os distintos axentes educativos, chegando ao conxunto ou totalidade de primaria. Intentamos que o traballo sexa unha fonte de disfrute, tanto para nenos, nenas, mestres e mestras ... que participamos nesta experiencia, por iso invitámosvos a que durante estes días formedes parte activa dun conxunto de actividades que a continuación expoñemos nos horarios e contidos que se desenvolverán.

Moitas gracias e agardamos que disfrutedes tanto ou máis que nós.

Page 24: Os castros

Con toda esta información, comezamos a traballar adaptando as nosas ideas e contidos ao tempo e espacios que se nos acababan de asignar.

4ºA tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación:

Sofía, Natalia, Nicolás, David, Alberto encargaríanse de ensinar a súa Celta aos nenos e nenas de 1º de Primaria.

Paula, Paula, Alex, Aida, Laura farían o mesmo cos nenos e nenas de 2º.

Mario, Lara, P.Buján, Carla, MaríaA, cos e coas de 3º .

Jesús, Albertuz, Arroyo, Souto, Bruno: encargaríanse dos 5º. Iago, Jorge, Adrián, María, Oscar preferían realizarlle a actividade aos nenos e nenas de 3º, pero debateron con Mario, Lara, P.Buján, Carla e María e acordaron encargarse eles de 6º, pois ao final, entenderon que o importante era presentar a actividade a todos e todas.

Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos.

Page 25: Os castros

4ºC tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación:

Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara: presentaranlle a historia aos nenos e nenas de 1º

Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e Artai:Construcción dun arco para os nenos e nenas de 2º

Iago, Manuel, Juan Cabo, Javi P, Brais: presentan a maqueta aos nenos e nenas de 3º

Uxía, Aroa, Laura, César e Pedro: prepáranlle unha machada aos nenos e nenas de 5º

Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo G: Farán un taller de Trisqueis aos e as de 6º.

Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos.

Page 26: Os castros

4ºB tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación:

Daniela, Luís, Sabela, Blas, Iago prepararán os dados cos debuxos Celtas a 1º

Antía, Carmen, Carlos, Claudia, Noa presentaranlle a ánfora a 2º

Jorge Quiroga, Anwar, Brais, Miguel, Manolo prepararanlle a machada Celta a 3º

Andrea, Aitana, Tatiana, Laura, Ana pensan ensinarlles os escudos a 5º

Alejandro, Adrián, Jorge Quintana, Nicolás,Félix presentarán o traballo da lanza a 6º

Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos.

Page 27: Os castros

6ºB tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación:

AnaJ. Aida, Marta, Iago, Pedro, María, Niels, Lupita: Fabricar instrumentos: coa axuda do profe Rafa, realizar un taller de chifros de landras 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “A”.

Elia, Shalom, Helena, AnaD , Carmen, Roi, John, Alejandro: Xogos: que xogos facían os Celtas 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “B”.

Natalia, Sofía, Xiana, Antón, Hugo, Estéfana, Abraham, Diego, Guilherme: Taller de pinturas rupestres. 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “C”.

Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos.

Page 28: Os castros

4ºA cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación, así , deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos:

Sofía, Natalia, Nicolás, David, Alberto encargaríanse de ensinar a súa Celta aos nenos e nenas de 1º de Primaria.

Monte:(grupo de Adrián...) van agochar un casco debaixo dos bancos(grupo de Jesús...) van agochar un escudo debaixo dun tronco caído do monte(grupo de Paula L...) van agochar unhas botas nun tronco roto que hai preto dos castros(grupo de Lara...) van agochar unha espada en.......................

Patio Cuberto: casco vai estar agochado ao lado das escaleiras que soben para as aulas de Belén, Marisa e Oscaro escudo vai estar agochado na cesta das pelotas do patio cuberto.As botas estarán agochadas onde se gardan as raquetas de bádminton.A espada estará..............................

Page 29: Os castros

Paula, Paula, Alex, Aida, Laura farían o mesmo cos nenos e nenas de 2º.

Monte:(grupo Lara...) agocharán unha túnica que estará nunha árbore medio rota que está nunha esquina do monte.

(Adrián...) agocharán unha saia debaixo do banco

(Alberto...) agocharán un brazalete ao carón dunha árbore que está cortada

(Jesús...) agocharán un cinturón que estará nas herbas altas da parte de abaixo do monte

Patio cuberto:A túnica estará agochada ao carón das escaleiras que soben para as aulas de Belén, María e Oscar.

A saia Celta estará agochada nas canastras.

O brazalete estará ao carón da porta onde se agochan as raquetas de bádminton

O cinto estará debaixo da mesa de Pili Bocatas.

Page 30: Os castros

Mario, Lara, P.Buján, Carla, MaríaA, cos e coas de 3º .No monte:Uns osos debaixo dunhas follas ao lado dos castros (grupo Pablo Arroyo...)Uns quentadores entre os troncos ( grupo de Sofía...)Vestido celta debaixo dos bancos (grupo de Laura...)Brazalete estará escondido en ocos que hai no muro ( grupo de Oscar...)Unha porra que estará na árbore caída do monte (encargaranse eles)

Patio cuberto:

Os osos onde están as pelotas.Os quentadores debaixo da papeleira que está en Pili bocatasDetrás das escaleiras que dan as aulas de Belén, Marisa e OscarO brazalete na fiestra da aula de BelénA porra debaixo da mesa de Pili bocatas

Jesús, Albertuz, Arroyo, Souto, Bruno: encargaríanse dos 5º. No patio cuberto teñen preparado: Camisa debaixo dunha canastra, peto nunha portería, pantalóns ........ e a capa .................... No monte teñen preparado:........

Page 31: Os castros

4ºB tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación, Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos.

Daniela, Luís, Sabela, Blas, Iago prepararán os dados cos debuxos Celtas a 1ºMonte: (Claudia...) debuxo awen é o debuxo proposto para elas. Estará agochado na árbore que está tirada. Terán unha carpeta coa información teórica sobre o debuxo. (Félix...) debuxo Claddagh estará agochado polo muro, un chisco máis arriba que o debuxo awen(Andrea..) debuxo Triqueta estará agochado na costa cara abaixo do monte(Anwar...) debuxo cruz celta estará agochado na entrada do monte, nos bancos(eles e elas)

Patio cuberto:O debuxo Awen estaría na fiestra da case de Marísa.O debuxo Claddagh estará ao carón de Pili bocatas.O debuxo triqueta estará ao carón da caseta do señor pepe.O debuxo cruz celta estará na fiestra de belén.

Page 32: Os castros

Antía, Carmen, Carlos, Claudia, Noa presentaranlle a ánfora a 2º, e prepararán debuxos para que coloreen.

Monte(grupo de Brais...) terán que agochar unha ánfora no arbusto que está entre os carballos(grupo de Luís...) agocharán ao carón do tronco caído(grupo de Aitana....) agocharán ao carón do banco(elas ) agocharán ao carón do outro banco(grupo de Nicolás) agocharán detrás do carballo

Patio cubertoO grupo de Brais... debaixo da mesa de Pili bocatasO grupo de Luís terán que agochala na caixa dos balónsO grupo de Aitana agocharán detrás da canastra.O seu grupo agocharano ao carón das escaleiras que soben para estas aulasO grupo de Nicolás agochará detrás da portería

Page 33: Os castros

Jorge Quiroga, Anwar, Brais, Miguel, Manolo prepararanlle a machada Celta a 3º

Manolo terá que elaborar as instrucción do xogo da búsqueda do tesouro.Quirogá preparará o mapa para o seu grupo e o de luísMiguel preparará a teoría sobre as machadas para que empregaban e de que materiaisguión da actividade de como se construe a machada

Monte (grupo de Carlos...) agocharán a machada no arbusto que está entre as dúas árbores(grupo de Jorge Quintana...) estará agochada no primeiro banco(grupo de Laura...) terao agochado na árbore que está preto da papeleira(Luís...)(eles mesmos)

Patio cubertoO grupo de carlos... terá agochada a machada na porteríaO grupo de quintana... terá agochada a machada na outra porteríaO grupo de laura... terao agochado ao carón das escaleirasO grupo de luís ...............................Eles memos ...................................

Page 34: Os castros

Andrea, Aitana, Tatiana, Laura, Ana pensan ensinarlles os escudos a 5º

Monte(grupo sabela...) agocharán o escudo no banco de pedra(grupo delas mesmas) agocharano no arbusto máis grande que hai(grupo de Nicolás...) agocharano no arbusto máis pequeno(grupo de Carmen...) agocharano na árbore da esquina, o máis pequeno(grupo de Manolo...) agocharano no banco da entrada do monte

Patio cubertoO grupo de Sabela ... agocharano nas escaleiras que levan a secretaríaO seu grupo agocharao pola caseta de Xosé MaríaO grupo de Nicolás agocharíao na parte das escaleiras que soben a secretaríaO grupo de Carmen agocharano nunha porteríaO grupo de manolo agocharano nunha canastra

Page 35: Os castros

Alejandro, Adrián, Jorge Quintana, Nicolás,Félix presentarán o traballo da lanza a 6ºAdrián e Félix ten que traer como se xoga a búsqueda do tesouro

Monte(grupo de Luís...) estará agochada no arbusto caído(grupo de Anwar...) estará agochada .......................(eles ) terana agochada nos arbustos(grupo de Laura...) terana agochada no segundo banco de pedra(grupo de Antía ...) terana agochada na area que hai no monte entrando

Patio cubertoO grupo de luís teraa agochada en pili bocatasO grupo de anwar estará na papeleiraEles terana agochada nas canastasO grupo de laura detrás da porteria que da a secretaríaO grupo de antía... teraa agochada no monte.

Page 36: Os castros

4ºC cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación, así , deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos:

Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara: presentaranlle a historia aos nenos e nenas de 1ºMonte:Lucía.....) van a facer un concurso no que terán que contar a historia tres veces. Logo faranlles preguntas aos nenos e nenas para comprobar se entenderon as actividades.Arsú...) o mesmoUxía...) ademais , que lles pregunten que foi o que máis lles gustou da historiaBrais...) facer un debuxo da parte que máis lles gustou da historia.Ana...) facerlle o debuxo de parte da historia e que coloreen.

TAREFA PENDENTE: ELABORAR UN GUIÓN ÚNICO PARA TÓDOLOS GRUPOS, DE TAL XEITO QUE TODOS E TODAS FAGAN O MESMO.

Patio cuberto: desenvolverán a mesma actividade.

Page 37: Os castros

Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e Artai:Construcción dun arco para os nenos e nenas de 2ºTeñen preparada teoría para que saiban a utilidade que lles daban os Celtas dos arcos.Logo teñen preparado un esquema indicando como se constrúe un arco. Construirán o arco, un para cada neno ou un para cada grupo, aínda non saben.Farán unha actividade con unha diana para que os nenos e nenas podan apuntar a ver se lle dan ao centro.Patio cuberto: desenvolverán a mesma actividade.

Iago, Manuel, Juan De Cabo, Javi P, Brais: presentan a maqueta aos nenos e nenas de 3ºMaterial necesario para elaborar a actividade e instruccións para recortar e montar o castro.Patio cuberto: desenvolverán a mesma actividade.

Uxía, Aroa, Laura, César e Pedro: prepáranlle unha machada aos nenos e nenas de 5ºManual explicativo para construír a machada. Xogo de golf coas machadas. Patio cuberto: desenvolverán a mesma actividade.

Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo G: Farán un taller de Trisqueis aos e as de 6º.Teñen preparado un debuxo para cada grupo. Deberán debuxar o trisquel e terán unha explicación sobre o significado do debuxo.Patio cuberto: desenvolverán a mesma actividade.

Page 38: Os castros

6ºB tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación, Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos:AnaJ. Aida, Marta, Iago, Pedro, María, Niels, Lupita: Fabricar instrumentos:, realizar un taller de chifros de landras 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “A”.Están preparando uns póster informativos coa axuda do profe Rafa: María, Lupita, Ana, Iago. Taller de instrumentos: a persoa que explique o da landra que faga tamén a explicación de como se constrúe. Niels e pedro repartirán as landras. Van a facer unha lenda: a orquestra pantasma. Iago fará de narrador, unha orquestra que hipnotiza as xentes celtas na noite do Samaín.

Elia, Shalom, Helena, AnaD , Carmen, Roi, John, Alejandro: Xogos: que xogos facían os Celtas 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “B”. Monte:Elia, Carmen, Alex e Roi prepararán os bolos Celtas. Collerán un tablón de madeira e uns paos para xogar aos bolos.Ana, Shalom, Helena, John prepararán o xogo de atletismo.

Natalia, Sofía, Xiana, Antón, Hugo, Estéfana, Abraham, Diego, Guilherme: Taller de pinturas rupestres. 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “C”.Museo no que van estar expostas varias cousas. Estéfana, Natalia e AbrahamXogos de atopar parellas con pinturas rupestres, logo ir debuxando unha pintura rupestre. Xiana, SofíaPintar con carbón: Guilherme, Hugo, Diego e Antón