OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela...
Transcript of OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela...
![Page 1: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/1.jpg)
OS MUÍÑOS ARDAÑA – ENTRECRUCES –RUS-
ERBECEDO- CUNS
![Page 2: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/2.jpg)
Dentro da arquitectura popular galega o muíño representa un papel
moi importante. Na economía tradicional, o gran (o millo e o trigo),
foron a base da alimentación.
A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da
fariña e con ela facer o pan.
Muíño en Erbecedo
![Page 3: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/3.jpg)
Desde a invención da
agricultura, durante o
período Neolítico,
aparecen tamén os
primeiros instrumentos
para triturar o gran.
Os primeiros muíños
atopados, estaban
formados por unha base
de pedra de forma
cóncava, sobre a que se
despraza repetidamente
outra peza tamén de
pedra pero máis
pequena de forma máis
ou menos esférica ou
cilíndrica.
![Page 4: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/4.jpg)
Muiño neolítico
Espigas de trigo
Grans de trigo
Pedra cilíndrica que roda sobre a inferior fixa e tritura o gran.
![Page 5: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/5.jpg)
MUÍÑO DE MAN CIRCULAR
Coa romanización apareceron os primeiros muíños de tipo circular. Constan de dúas rodas de pedra colocadas unha enriba da outra: a de abaixo é fixa e a superior é móbil. Á moa superior, que ten un pau incrustado, dáselle un movemento de vaivén ou xiratorio sobre a inferior. O gran vaise botando pouco a pouco por un burato que ten a roda superior.
En Galicia empregouse desde a época
castrexa, ata tempos moi recentes. Aínda
hoxe en día non resulta difícil atopar restos
dalgúns deles. Sin embargo, os gregos e os
romanos xa coñecían os muíños movidos
pola forza da auga.
![Page 6: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/6.jpg)
MUÍÑOS HIDRÁULICOS
Durante séculos, para
calquera actividade cotiá,
como a moenda, o home só
podía contar coa súa propia
forza ou a dos animais.
Pouco a pouco foi
deseñando artiluxios que lle
facilitasen o traballo. Un
deles foi o muíño
hidráulico, que supuxo a
substitución da forza
humana pola da auga como
fonte de enerxía para moer o
gran e obter así a fariña.
Muíño na Granxa
( Entrecruces)
![Page 7: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/7.jpg)
O muíño hidráulico
é o de maior
presenza en
Galicia.
No noso país chove
moito, polo que
temos moitos ríos e
regatos, onde se
poden construír
este tipo de muíños.
Férveda de San Paio, en
Entrecruces. Aquí
houbo unha pequena
central hidroeléctrica
que xeraba luz eléctrica
a todo Carballo. Onde o
río xa vai calmo, hai
varios muíños. Río Outón, afluente do Río Grande.
![Page 8: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/8.jpg)
A auga do río ou
regato, normalmente,
ten que desviarse
parte dela por un
rego para conducila
ata onde se atopa o
muíño.
Río Grande
Este río, afluente do
Anllóns, alimenta a varios
muíños.
![Page 9: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/9.jpg)
ESTRUTURA DUN MUÍÑO
1. MASEIRA
2. CAPA OU MOA
3. PÉ
4. VEO
5. PECHADOIRO
6. RODICIO
7. ERGUEDOIRO
ou tempero.
8. MESA
9. CUBO E CANLE
![Page 10: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/10.jpg)
A canle é un rego máis
ou menos ancho por
onde se dirixe a auga
cara o muíño,
procurando que vaia
en pendente para que
colla máis forza e
poida mover o rodicio.
Muíño de Agrelo, en Rus.
Está restaurado.
![Page 11: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/11.jpg)
Neste muíño a
canle é un rego
estreito, construído
en pedra, que leva
directamente a
auga ao rodicio.
Ten bastante
pendente, polo que
leva moita forza.
![Page 12: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/12.jpg)
Nalgúns muíños a
canle levaba a auga
ata un pequeño
depósito chamado
cubo.
O cubo permite
almacenar auga, de
maneira que fai
posible a moenda
aínda que o río leve
pouca.
Canle
Cubo
Muíño de cubo na Pasaxa
![Page 13: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/13.jpg)
A s cubas almacenaban auga para cando esta escaseaba. Rematan nuns
billotes, que se poden cambiar para que pase máis ou menos auga ao rodicio.
Muiño da Taboada Muíño da Granxa. A cuba está
construída con pedra
![Page 14: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/14.jpg)
Nalgúns muíños grandes había que facer unha presa para acumular moita
auga. Este é o muíño da Pontenova, pretiño do colexio, que aproveita a
auga do río Grande. A auga sobrante reborda a presa e volve ao río.
![Page 15: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/15.jpg)
Eran muíños grandes. Un moía trigo e outro millo. Tamén podía peneirar a fariña de
forma automática, coa forza da auga. Na Pontenova hai un, e na Ponte Rosende
está o muíño de Cancela. Moían para os panadeiros da zona de Carballo.
![Page 16: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/16.jpg)
Canle: É estreita e con
bastante pendente.Dirixe a
auga directamente ao rodicio.
Gradilla: Atrapa pequenas
pólas e garabullos para que non
entorpezan o funcionamento do
rodicio.
![Page 17: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/17.jpg)
Gradillas: Evitan a entrada de pólas ao rodicio.
![Page 18: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/18.jpg)
Inferno do muíño Veo:Vai unido ao
rodico e á moa.
Rodicio: Ten unhas
aspas radiais que
cando bate a auga
nelas, faino xirar.
Mesa: Nela
aséntase o
rodicio.
Pechadoiro:
Acciónase
desde arriba
Erguedoiro:
Esta barra de
ferro conecta
cun artiluxio
chamado
erguedoiro
que se
acciona
desde arriba
![Page 19: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/19.jpg)
RODICIO
As penas ou cuncas do
rodicio son coma as pas
dunha turbina e cando
cae a auga sobre elas fai
xirar todo o mecanismo.
O eixo sobre o que vai
montado chámase veo, e
remata no extremo
inferior nunha peza
metálica ou de seixo, o
ovo, que vai apoiada
noutra, unha pequena
cunca que vai incrustada
na mesa e que permite
xirar o veo.
San Paio
cuncas
![Page 20: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/20.jpg)
Rodicio na Taboada Rodicio en Cuns
![Page 21: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/21.jpg)
Rodicio en Cuns ( Coristanco)
Todo fabricado en ferro.
Rodicio na Pontenova, preto
do colexio de Canosa-Rus.
( Erbecedo, Coristanco). Pode
verse desde o interior do
muíño
![Page 22: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/22.jpg)
Billote
Este é un muíño de
cubo. O billote, de
madeira, pode
cambiarse segundo a
cantidade de auga
que chegue ao
muíño.
Rodicio de
madeira
Muíño en Cuns
![Page 23: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/23.jpg)
Rodicio en funcionamento
rodicio
mesa
erguedoiro
veo
![Page 24: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/24.jpg)
Trabe
Moega ou
maseira
Quenlla ou
canaleta
Ollo
Capa
Pé
Caixa
Tremiñado:interior do muíño Outón
![Page 25: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/25.jpg)
Moega : É o
depósito onde se
bota o trigo ou o
millo.
Quenlla ou
maseira
pequena: por esta
canaleta cae o
gran no ollo da
capa.
Capa ou moa
Pé
Pa: serve
para coller a
fariña .
Trullo: serve
para xuntar a
fariña.
Muiño
restaurado
con
cemento e
ladrillo na
Granxa
Caixa:De
ladrillo. Antes
era de madeira.
A Granxa
![Page 26: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/26.jpg)
Ollo:Por este buratiño
entra o gran de millo ou
trigo.
Capa : Vai asentada
sobre o pé.Esta pedra é a
que xira. Vai unida ao
veo, que lle transmite o
movemento do rodicio.
Pé : Pedra cilíndrica e fixa.
Ten un burato no medio
por onde pasa o veo que
chega ata a capa.
Accionando este ferriño
bótase a andar o muíño, é
dicir, empeza a funcionar. A Pasaxa
![Page 27: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/27.jpg)
Quenlla, canaleta ou maseira
pequena: por aquí escorre o
gran cara o ollo da capa.
Grazas a esta táboa
perforada, sobre a que se
atravesa unha espita de ferro
ou madeira pode regularse a
inclinación da canaleta, para
que caia máis ou menos gran.
Ollo: Para que non salte o millo
fóra do ollo, colocáronlle unha
bacinilla, outros póñenlle unha
cunca.
Tanxedoiro ou batalleira: Este
pau transmítelle a vibración da
capa á canaleta para que vaia
caendo o millo.
![Page 28: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/28.jpg)
tanxedoira
Pode regularse a caída do gran
canaleta Táboa perforada para
regular a inclinación da
canaleta
![Page 29: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/29.jpg)
Ollo da capa: por aquí
entra o gran
Segorella: une o veo coa capa
para transmitir o movemento
Muiño na Pasaxa
![Page 30: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/30.jpg)
Tempero:Este aparello
permite erguer un
pouco a capa e así fai
que a fariña saia maís
miúda ou máis graúda.
Algúns muíños teñen
unha especie de
volantiño para esta
función.
![Page 31: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/31.jpg)
ERGUEDOIRO
ou tempero Algúns muíños teñen
un pequeno volantiño
para erguer ou baixar a
moa ou capa e así
moer a fariña máis
miúda o máis graúda.
Muíño da Vixoteira
![Page 32: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/32.jpg)
Para ir ao muíño había que cruzar o río. Para iso había pontellas construídas
con grandes laxes de pedra.
Pontella no Rabiñoso. Cuns
![Page 33: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/33.jpg)
Pontella na
Vixoteira.
Aínda
conserva
grandes laxes
de pedra.
A carón dela
construíron a
estrada.
![Page 34: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/34.jpg)
Pousadoiro: servía para
pousar o saco de fariña
mentras se abría a porta
coa chave
![Page 35: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/35.jpg)
O edificio do muíño é unha pequena construción con muros de pedra e tellado a
dúas augas e tella do país. Este restaurárono con uralitas.Normalmente non teñen
ningunha ventá, pero hainos con algún ventanuco.
![Page 36: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/36.jpg)
GALICIA É MOI RICA EN PATRIMONIO ETNOGRÁFICO : MUÍÑOS, FONTES, CRUCEIROS, CARROS, ARADOS….. PERO
MOI POBRE NA SÚA CONSERVACIÓN
![Page 37: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/37.jpg)
Muíño en Cuns….
![Page 38: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/38.jpg)
Muíño en Cuns…
![Page 39: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/39.jpg)
Muíño en Cuns….
![Page 40: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/40.jpg)
Muíño en A Granxa….
![Page 41: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/41.jpg)
Muíño na férveda de San Paio… Pedras de muíño….
![Page 42: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/42.jpg)
HABERÁ MOTIVOS PARA A ESPERANZA?
![Page 43: OS MUÍÑOS...A función dos muíños era a de moer o gran para a obtención da fariña e con ela facer o pan. Muíño en Erbecedo Desde a invención da agricultura, durante o período](https://reader033.fdocuments.es/reader033/viewer/2022051908/5ffcc84c9d9bac0d01011c84/html5/thumbnails/43.jpg)
TRABALLO REALIZADO GRAZAS Á COLABORACIÓN DO ALUMNADO E DO PROFESORADO DO 3º CICLO DE PRIMARIA DURANTE O CURSO 2004/05.
SUSANA R.M.