OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS · tratando de obter un produto final de calidade coa que realizar...

2
O Departamento de Xuventude do Concello de Santiago pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender aos seus intereses e motivacións, impartindo cursos con diferentes temáticas, en colaboración con profesionais e colectivos locais especializados nos distintos sectores ofertados. OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS CURSO DE FORMACIÓN EN COACHING LABORAL Descrición: O Coaching laboral consiste nun proceso de acompañamento e apoio na incorporación ao mercado de traballo. Tanto si se trata da primeira incorporación, como dunha transición de carreira ou dun traballo de emprendemento empresarial, este curso pode ser unha grande oportunidade para todas aquelas persoas que perderon o seu posto de traballo, a motivación no profesional ou que queren acceder por primeira vez a un entorno laboral. Datas de realización: 17,24 e 26 de Abril Horario: Martes e Xoves de 17 a 21 h. Duración: 12 h. Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche Destinatarios: Mozos e mozas, a partir de 18 anos Prezo: De balde CURSO DE FOTOGRAFÍA URBANA Descrición: Nesta actividade traballarase sobre as diferentes técnicas a empregar para a realización de fotografías no medio urbano. A través do emprazamento en diferentes puntos da cidade, os alumnos coas súas cámaras fotográficas aprenderán a sacarlle o mellor partido posible aos recursos que ofrece a cidade, tratando de obter un produto final de calidade coa que realizar unha pequena mostra dos traballos realizados. Datas de realización: Do 4 ao 12 de Maio Horario: Venres de 17-20 h. e sábados de 10,30 a 13,30 h. Duración: 12 horas. Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche e varios espazos da cidade. Destinatarios: Mozos e mozas, a partir de 12 anos Prezo: De balde CURSO DE INICIACIÓN AO CÓMIC Descrición: Preténdese unha aproximación ao mundo da banda deseñada a través do emprego de diferentes técnicas, da visión e estudo dos diferentes autores, estilos dos debuxantes, técnicas narra- tivas, co resultado final da elaboración do teu propio cómic, coa posibilidade de rematar cunha exposición dos diferentes traballos realizados. Datas de realización: Do 9 de abril ao 3 de Maio Horario: Luns e Xoves de 17 a 19 h. Duración: 16 horas Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche Destinatarios: Mozos e mozas, a partir de 16 anos Prezo: De balde CURSO DE CURTAMETRAXES Descrición: O obradoiro, impartido por Mr Misto Films, consiste na iniciación ao mundo da curtametraxe na que os participantes, logo dunhas nocións básicas sobre a elaboración xeral cine- matográfica e a gravación en vídeo, desenvolven as diferentes fases das que consta a preparación e dirección dunha curta. Datas de realización: Do 16 de outubro ao 20 de Novembro Horario: Martes e Xoves de 17 a 19 h. Duración: 20 horas Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche e varios espazos da cidade Destinatarios: mozos e mozas, a partir de 12 anos Prezo: De balde Para participar nestas actividades formativas é necesaria unha inscrición previa a realizar no: Departamento de Xuventude Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16 Tel.: 981 543 001 Fax: 981 543 002 [email protected]

Transcript of OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS · tratando de obter un produto final de calidade coa que realizar...

Page 1: OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS · tratando de obter un produto final de calidade coa que realizar unha pequena mostra dos traballos realizados. ... O obradoiro, impartido por Mr Misto

O Departamento de Xuventude do Concello de Santiago pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender aos seus intereses e motivacións, impartindo cursos con diferentes temáticas, en colaboración con profesionais e colectivos locais especializados nos distintos sectores ofertados.

OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS

CURSO DE FORMACIÓN EN COACHING LABORAL

Descrición: O Coaching laboral consiste nun proceso de acompañamento e apoio na incorporación ao mercado de traballo. Tanto si se trata da primeira incorporación, como dunha transición de carreira ou dun traballo de emprendemento empresarial, este curso pode ser unha grande oportunidade para todas aquelas persoas que perderon o seu posto de traballo, a motivación no profesional ou que queren acceder por primeira vez a un entorno laboral.

Datas de realización: 17,24 e 26 de AbrilHorario: Martes e Xoves de 17 a 21 h. Duración: 12 h.Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche Destinatarios: Mozos e mozas, a partir de 18 anosPrezo: De balde

CURSO DE FOTOGRAFÍA URBANA

Descrición:Nesta actividade traballarase sobre as diferentes técnicas a empregar para a realización de fotografías no medio urbano. A través do emprazamento en diferentes puntos da cidade, os alumnos coas súas cámaras fotográficas aprenderán a sacarlle o mellor partido posible aos recursos que ofrece a cidade, tratando de obter un produto final de calidade coa que realizar unha pequena mostra dos traballos realizados.

Datas de realización: Do 4 ao 12 de MaioHorario: Venres de 17-20 h. e sábados de 10,30 a 13,30 h. Duración: 12 horas.Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche e varios espazos da cidade.Destinatarios: Mozos e mozas, a partir de 12 anosPrezo: De balde

CURSO DE INICIACIÓN AO CÓMIC

Descrición:Preténdese unha aproximación ao mundo da banda deseñada a través do emprego de diferentes técnicas, da visión e estudo dos diferentes autores, estilos dos debuxantes, técnicas narra-tivas, co resultado final da elaboración do teu propio cómic, coa posibilidade de rematar cunha exposición dos diferentes traballos realizados.

Datas de realización: Do 9 de abril ao 3 de MaioHorario: Luns e Xoves de 17 a 19 h. Duración: 16 horasLugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O EnsancheDestinatarios: Mozos e mozas, a partir de 16 anosPrezo: De balde

CURSO DE CURTAMETRAXES

Descrición:O obradoiro, impartido por Mr Misto Films, consiste na iniciación ao mundo da curtametraxe na que os participantes, logo dunhas nocións básicas sobre a elaboración xeral cine-matográfica e a gravación en vídeo, desenvolven as diferentes fases das que consta a preparación e dirección dunha curta.

Datas de realización: Do 16 de outubro ao 20 de NovembroHorario: Martes e Xoves de 17 a 19 h. Duración: 20 horasLugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche e varios espazos da cidadeDestinatarios: mozos e mozas, a partir de 12 anosPrezo: De balde

Para participar nestas actividades formativas é necesaria unha inscrición previa a realizar no:

Departamento de XuventudeCentro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche

Frei Rosendo Salvado, 14-16Tel.: 981 543 001 Fax: 981 543 002

[email protected]

Page 2: OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS · tratando de obter un produto final de calidade coa que realizar unha pequena mostra dos traballos realizados. ... O obradoiro, impartido por Mr Misto

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

ORGANIZACIÓN- Departamento de Xuventude do Concello de Santiago- Escola de Tempo Libre Don Bosco

DESCRICIÓNCurso Oficial que capacita aos participantes para ser monitores de tempo libre, requisito indispensable á hora de levar a cabo actividades de ocio e tempo libre, de realizar campamentos ou accións socioculturais e formativas.

Esta actividade estructúrase en dúas fases:

FASE TEÓRICO-PRÁCTICA - Duración: 200 horas

-Temas:1.- Bases psicosociolóxicas da educación no tempo libre.2.- Bases pedagóxicas da educación no tempo libre.3.- Área de animación: técnicas e recursos do monitor de tempo libre.4.- Lexislación vixente para actividades de tempo libre.

- Datas e lugar: Do 27 de Xuño ao 31 de Xullo de acordo coa seguinte distribución:- 27, 28, 29 e 30 de Xuño, no Centro Xuvenil Don Bosco- 16, 17, 18, 19 e 20 de Xullo, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche- 21, 23, 24, 26, 27, 28 e 29 de Xullo, no Centro Xuvenil Don Bosco- 30 e 31 de Xullo, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche

- Horario:De 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h. Exceptuando a asignatura de Técnicas de Acampada que inclúe unha noite.

- Avaliación: Realizarase obedencendo aos seguintes parámetros:

A asistencia • (inasistencia a máis de 40 h. considérase non apto) As observacións do profesorado e do coordinador do curso.•A elaboración e entrega dos traballos esixidos.•

FASE DE PRÁCTICAS - Modalidades de realización:

a) 14 días de actividade intensa nunha actividade ao aire libre (campamentos, colonias,...) en bloques non inferiores a 3 días.

b) 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

- Prazo de realización: dous anos, unha vez rematada a fase teórica.

DURACIÓN TOTAL: 350 horas (200 horas teóricas e 150 horas prácticas)

DESTINATARIOS: Mozos e mozas, a partir de 18 anos, preferentemente empadroados no Concello de Santiago.

PREZO125 € empadroados en Santiago250 € non empadroadosPara a expedición do título haberá que abonar as taxas correspondentes no momento da solicitude do mesmo (unha vez rematadas e aprobadas as dúas fases do curso).

PARTICIPACIÓNPara poder participar nesta actividade formativa é necesaria a realización dunha preinscripción. Unha vez confirmada a praza por parte do departamento de Xuventude a praza, procederase a realizar a inscrición.

1.- PREINCRICIÓNMediante o impreso correspondente, debidamente cumprimentado no rexistro do Concello de Santiago.

Lugar: Os impresos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, (Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16).

Datas: Do 5 de marzo ao 28 de Abril. Horario: en días laborables de 9 a 14 horas.

As prazas serán cubertas por rigoroso orde de preinscrición. Terán prioridade os mozos e mozas empadronadas no Concello de Santiago.

2.- INSCRICIÓNUnha vez confirmada a praza polo Departamento de Xuventude, deberá formalizarse a inscrición, procedemento sobre o que se informará no seu momento.