P O W E R M A G O S T O, S A M A I N

23
ENDL DO CEIP “ PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA”-SADA

Transcript of P O W E R M A G O S T O, S A M A I N

Page 1: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

ENDL DO CEIP “ PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA”-SADA

Page 2: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

Descrición e orixe do SAMAÍN

Hai máis de 3000 anos, os celtas celebraban o 31 de outubro a entrada do aninovo.Esa data marcaba a fin do outono e o comezo do inverno.

Este pobo, cunhas crenzas relixiosas moi enraizadas, tiña unha grande preocupación pola inmortalidade da alma. Pensaban que os seus familiares defuntos non debían permanecer á intemperie nos cemiterios e procuraban que repousaran do mellor xeito. Así xurdiu a necesidade de celebrar uns rituais nos que os vivos preparaban un gran banquete para os familiares mortos que “voltarían ás súas casas para comer e quentarse ao carón do lume”.

Polo Samaín era costume baleirar nabos ( nun principio) e máis tarde cabazas, en cuxo interior, se prendían candeas para asustar aos veciños.

¿ Que comían nesa celebración?

• Cabazas • Mazás • Noces • Nabos • Carne de vaca.

¿ Que herbas ou plantas utilizaban nos seus rituais?

• Mandrágora • Salvia • Palla • Follas de carballo

O Samaín na cultura galega

Hai aproximadamente uns 30 anos, un mestre de Cedeira, tentou revitalizar en Galicia a tradición do Samaín . Analizou a relación que existía entre o rito das cabazas e o culto á morte, moi arraigado en Galicia.Nun libro escrito por este mestre, quedaban recollidos moitos lugares de Galicia,Cáceres,Madrid ou Zamora,onde perviviron estas tradicións. En Quiroga( Lugo), as cabazas que se tallaban no Samaín,secábanse e gardábanse para usar como máscaras no Entroido.

Page 3: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

Follas de verán e de outono

Semente

Froito

Page 4: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

AS NOCES E A NOCEIRA

Page 5: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

A CABAZA DO SAMAÍN

Page 6: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

ADIVIÑAS

• "Unha cousiña cousa, criada no monte, enxoita na casa e cómese sen tasa".

• "Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, ¿Que cousa cousiña son?

• "¿Cal é a cousa, cal é ela, ten tres capas de inverno: a primeira mete medo, a segunda é lustrosa a terceira é amargosa?"

• "Outo me vexo no meu lugarexo.

• “Por unha risada, perdín a miña añada"

• "Outo estou, color de ouro teño, por unha risada perdo canto teño"

• "Outo me vexo no meu canguerexo, vexo vir e non podo fuxir"

• "Outo, outo cabaleiro dalle a risa e caelle o diñeiro"

• "Alto foi meu nascimento de doncela recollida; cando ia para me rir, tal foi a queda que dei que a casa non máis voltei"

• "Altetes, altetes cos seus carrapetes; co riso que lle deu, todo se perdeu"

Page 7: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

REFRÁNS POPULARES

¿ SABES O QUE SIGNIFICAN?.MARCA A RESPOSTA

Po lo San M ar t iñ o ,v ai v e- lo t eu So u t iñ o . a) Que recollas as castañas polo San Martiño. b) Que o souto só se ve polo San Martiño. c) Que San Martiño está no souto. a c aSt añ a q u e eSt á n o c aM iñ o , é d o v ec iñ o . • a) Que o veciño colle castañas no souto. • b) Que as castañas do camiño non teñen dono nin dona. • c) Que o veciño ten as castañas no chan. Po lo San M ar t iñ o , bu x ain aS ó c aM iñ o . • a) Que nesta época pódese xogar coa buxaina. • b) Que San Martiño anda polos camiños. • c) Que as buxainas son de San Martiño. Po lo c aSt iñ eir o , o c o rPo Pid e o lar eir o • a) Que se celebra o verán de San Martiño. • b) Que se afuman as castañas no lareiro. • c) Que na época das castañas vai frío.

Page 8: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

10

c an t iG aS Po Pu lar eS

Page 9: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

c an t iG aS Po Pu lar eS

"As castañas son castañas, os ourizos son ourizos; os ollos da túa cara, para min son dous feitizos"

"Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto; Probiño daquel que espera polo que está na man doutro"

"¡Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira! ¡encólgate nun castaño coas pernas para riba!"

. "Acabáronse as castañas, secáronse os castiñeiros, acabáronse as rapazas; quedan os mozos solteiros”.

"A aldea da miña nena , de lonxe parece vila, ten corredoira na entrada, e un souto sen saída".

"Acabáronse as vendimas ahí veñen as esfolladas para comer coas nenas catro castañas asadas"

"Teño un castiñeiro alto, no tronco ten mil enredos, tampouco os namorados poden te-los ollos quedos".

"Ábreme a porta, Marica, que che quero dar castañas; -Eu a porta non cha abro, que ben sei as tuas mañas".

"Has de cantar que che hei de dar zonchos,

has de cantar que che hei de dar moitos; has de cantar e has de cantar,

has de cantar que chos hei de dar".

Page 10: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 11: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

Po eM aS

"Castaños de Dormeá,

os do corpo ben comprido, de graciosa estatura,

dobrados e ben seguidos: ¡ouh! Castaños somellantes

ós celtas nosos antigos; a quen as hedras demostran

amor, con abrazo amigo: os arrebatados ventos

do mes bretemoso e frío de Xaneiro, entre vós fungan

dando doentes suspiros: e o musgo dos vosos gallos,

ermos e desgornecidos, ó impulso das duras ráfagas vai lonxe caer rompido" ...

Eduardo Pondal

..."¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?...

Cantádeme un maio Sin bruxas nin demos;

Un maio sin segas, Usuras nin preitos,

Sin quintas nin portas, Nin foros, nin cregos."

Curros Enriquez

Page 12: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

r eFr án S Po Pu lar eS

• "Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

• "Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

• "Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

• "Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

• "Temperá é a castaña que por setembro regaña"

• "Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

• "Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño

ruín".

• “ A cabaza e o casar, todo é acertar”.

• “A cabaza e o queixo,sempre ó peso”.

Page 13: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

len d aS e d it o S Po Pu lar eS

Segundo a tradición, o castiñeiro tén os mesmos poderes benéficos e máxicos có carballo, aínda que a súa sombra dá mala sorte. Segundo a sabiduría popular, ó cortares a árbore, sae o demo, que pode quitar a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén hai tradición de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de gabanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio. É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón. Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.

Page 14: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 15: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

c o lo r ea aS Fo llaS d o o u t o n o

Page 16: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 17: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 18: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 19: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

¿ COMO SE BALEIRA UNHA CABAZA?

Faise un burato na parte superior,coma se fora unha boina.Levántase a tapa e cunha culler ou raspador baléirase toda a polpa e as pebidas do interior,ata que quede ben limpo.Fanse dous ocos para os ollos,outro para o nariz e outro para a boca.Remátase de decorar libremente e por último métese unha candea no interior.

Page 20: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

VOCABULARIO DO MAGOSTO E SAMAÍN Souto- Lugar onde abondan os castiñeiros. Zonchos- Castañas cocidas coa pel,que se ensartaban para formar colares. Nébeda- Herba aromática para cocer as castañas. Ourizo - Envoltorio exterior da castaña,cheo de espiñas. Candea- Flor do castiñeiro.Tamén recibe este nome o cirio ou vela. Sequeiros- Pequenas construcións típicas de pedra para secar as castañas. Caínzo- Construción de madeira,semellante aos cabaceiros para gardar os froitos secos. Varear- Mover fortemente o castiñeiro cunha vara para coller castañas. Bolecos- Castañas pequenas non comestibles,que só teñen pel. Barais – Castañas duras moi saborosas. Bravas – Froitos do castiñeiro sen enxertar. Temperás – Castañas redondas e pequenas que nacen antes cás demais. Rañudas- Castañas alongadas e de cor clara.

Page 21: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 22: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N
Page 23: P O W E R  M A G O S T O, S A M A I N

Po eM aS

"Debaixo dun castiñeiro paseando unha galiña caeu degarado ourizo

e un golpe lle deu na crista, bota a correr a galiña

e dille de presa ao galo: -Fuxa, señor galo, fuxa,

que cae o ceo en anacos. -Quén llo dixo, ña galiña? -Sentin un na coroniña. Apreta o galo a correr

e, cô raposo encarando: -Fuxa, -dille,- señor Pedro, que cae o ceo en anacos.

- Quén llo dixo, señor galo? -Dixo a señora galiña.

-Quén llo dixo, ña galiña? -Sentin un na coroniña. Bota o raposo a correr

e, atopando o can ao paso: -Fuxa, -dille,- señor can,

que cae o ceo en anacos. -Quém llo dís, señor raposo?

-Díxomo o señor galo. -Quén llo dixo, señor galo?

-Dixo a señora galiña. -Quén llo dixo, ña galiña? -Sentin un na coroniña. Bótase o can a correr e cô lobo tropezando:

-Fuxa, -dille,- señor lobo, que cae o ceo en anacos."